Wikipedia en galego Top 100

Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...

  1. 1

    María Jamardo

    María Jamardo

    María Jamardo Carballo, nada en Pontevedra en 1979, é unha política e periodista galega especializada en análise política.

    918 visitas (↑819 de onte)33,687,86,32,0,34,55,0,99, 918

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  2. 2

    Elxokas

    Elxokas

    Joaquín Domínguez Portela, coñecido como Elxokas, nado en Lugo o 13 de abril de 1991, é un influenciador, streamer, youtuber e creador de contido en Twitch e YouTube. Comezou como streamer en 2018 en Twitch creando contido do videoxogo World of Warcraft. En 2019, era xa o creador de contido máis grande da comunidade hispanofalante nesta categoría.

    516 visitas (↑377 de onte)95,40,143,168,163,141,205,130,139, 516

    9+ días na lista

    🔍 🗞️
  3. 3

    Aaron Paul

    Aaron Paul

    Aaron Paul Sturtevant, nado en Emmett (Idaho) o 27 de agosto de 1979 é un actor estadounidense.

    150 visitas (↑150 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 150

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  4. 4

    Joss Whedon

    Joss Whedon

    Joseph Hill «Joss» Whedon nado o 23 de xuño de 1964 en Nova York, é un director e guionista estadounidense. Traballou en televisión como director, produtor executivo e creador de varias series, sendo coñecido especialmente o seu traballo en Buffy the Vampire Slayer. En banda deseñada o seu traballo máis difundido realizouno dende 2004 en Astonishing X-Men.

    149 visitas (↓184 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,333, 149

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  5. 5

    Pierre-Emerick Aubameyang

    Pierre-Emerick Aubameyang

    Pierre-Emerick Emiliano François Aubameyang, nado o 18 de xuño de 1989 en Laval, é un futbolista franco-gabonés que xoga como dianteiro no FC Barcelona. Anteriormente xogou en clubs de varios países europeos, destacando especialmente no Saint-Étienne, no Borussia Dortmund e no Arsenal, club este último do que foi capitán. É internacional dende 2009 coa selección de Gabón, da que é o máximo goleador histórico.

    86 visitas (↓248 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,334, 86

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  6. 6

    Lionel Scaloni

    Lionel Scaloni

    Lionel Sebastián Scaloni, nado en Pujato, Santa Fe, o 16 de maio de 1978, é un exfutbolista e adestrador arxentino, que dende 2018 dirixe a selección arxentina. Xogaba como lateral dereito ou centrocampista e desenvolveu a maior parte da súa carreira como futbolista no Deportivo da Coruña, no que militou durante nove tempadas, disputando 301 partidos oficiais. Gañou co equipo galego unha liga de Primeira División, unha Copa do Rei e dúas Supercopas de España, e é o xogador con máis partidos da historia do club na Liga de Campións (52).

    85 visitas (↓24 de onte)29,0,0,0,0,0,0,0,109, 85

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  7. 7

    Mauro Scaloni

    Mauro Scaloni

    Mauro José Scaloni, nado en Pujato, Arxentina, o 25 de abril de 1976, é un ex futbolista arxentino que xogaba como centrocampista. A súa carreira discorreu á sombra da do seu irmán máis novo, Lionel Scaloni, formando parte sempre dos mesmos clubs que el, pero xogando nos equipos filiais. Cando Lionel deu o salto ao fútbol europeo, fichando polo Deportivo da Coruña, Mauro fixo o mesmo incorporándose ao Fabril, no que permaneceu durante 9 tempadas sen chegar a xogar ningún partido oficial.

    79 visitas (0 de onte)0,0,0,28,64,47,55,45,79, 79

    7 días na lista

    🔍 🗞️
  8. 8

    El Rubius

    El Rubius

    Rubén Doblas Gundersen, máis coñecido como «El Rubius» ou «Rubius», nado en Mijas o 13 de febreiro de 1990, é un videoprodutor na plataforma YouTube de orixe española. Na actualidade, é o youtuber máis seguido do seu país, a 21° canle máis seguida en lingua española e a 172° máis popular de YouTube a nivel global. A temática principal dos seus vídeos son os videoxogos comentados, tratados dun xeito humorístico.

    78 visitas (↑78 de onte)0,31,0,0,0,0,0,40,0, 78

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  9. 9

    -1322

    -1322

    74 visitas (↑74 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 74

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  10. 10

    O Alto do Rodicio

    O Alto do Rodicio

    63 visitas (↑63 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 63

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  11. 11

    Guerra das Malvinas

    Guerra das Malvinas

    A guerra das Malvinas ou guerra do Atlántico Sur foi un conflito armado entre a Arxentina e o Reino Unido ocorrido nas illas Malvinas, Xeorxia do Sur e Sandwich do Sur entre o 2 de abril e o 14 de xuño de 1982 pola soberanía sobre estes arquipélagos austrais ocupados en 1833 e dominados desde entón por Reino Unido. Aínda así, a Arxentina ségueos a reclamar como propios e inclúeos nominalmente dentro da súa provincia de Terra do Fogo, Antártida e Illas do Atlántico Sur. O saldo final da guerra foi a reocupación das Malvinas polo Reino Unido e a morte de 649 arxentinos e 258 británicos .

    63 visitas (↓28 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,91, 63

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  12. 12

    Lamine Yamal

    Lamine Yamal

    Lamine Yamal Nasraoui Ebana, nado en Esplugues de Llobregat o 13 de xullo de 2007 é un futbolista español que xoga como dianteiro no FC Barcelona da Primeira División de España. É o xogador máis novo da historia (16 anos e 57 días) en debutar e marcar un gol coa selección de España, na Primeira División de España (16 anos e 87 días), e na Eurocopa en debutar e asistir (16 anos e 338 días) e anotar un gol (16 anos e 361 días).

    61 visitas (↓31 de onte)32,0,0,67,34,0,50,82,92, 61

    4 días na lista

    🔍 🗞️
  13. 13

    Posicións sexuais

    Posicións sexuais

    Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.

    56 visitas (↓17 de onte)84,84,60,75,55,49,75,69,73, 56

    9+ días na lista

    🔍 🗞️
  14. 14

    Aymeric Laporte

    Aymeric Laporte

    Aymeric Laporte, nado en Agen (Lot e Garona) o 27 de maio de 1994, é un futbolista vasco-francés que forma parte do Manchester City F.C., da Premier League inglesa.

    53 visitas (↓126 de onte)0,0,0,72,0,0,0,182,179, 53

    3 días na lista

    🔍 🗞️
  15. 15

    Filipe Luís

    Filipe Luís

    Filipe Luís Kasmirski, nado en Jaraguá do Sul (Santa Catarina) o 9 de agosto de 1985, é un adestrador e exfutbolista brasileiro que xogaba como lateral esquerdo. Dende xullo de 2026 adestra o Monaco, da Ligue 1 francesa. Desenvolveu a maior parte da súa carreira como xogador no fútbol europeo, comezando a destacar no Deportivo da Coruña, co que disputou 137 partidos en catro anos.

    52 visitas (↑52 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 52

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  16. 16

    Vicente Gómez García

    Vicente Gómez García

    Vicente Gómez García, nado en Nocedo do Val (Castrelo do Val) en 1954 e finado o 16 de xullo de 2026, foi un político galego do PSdeG-PSOE que foi alcalde do seu concello durante máis de dúas décadas.

    51 visitas (↑51 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 51

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  17. 17

    Nacho Castaño

    Nacho Castaño

    Ignacio Castaño Gómez, máis coñecido como Nacho Castaño, nado en Vilagarcía de Arousa en 1972, é un actor de televisión, cine, dobraxe e teatro galego.

    50 visitas (↑16 de onte)48,44,35,239,226,105,65,47,34, 50

    9+ días na lista

    🔍 🗞️
  18. 18

    Criptomeria

    Criptomeria

    A criptomeria ou cedro xaponés, Cryptomeria japonica (L.f.) D. Don, é a única especie de árbore do xénero Cryptomeria. É unha conífera pertencente á familia das cupresáceas, endémica do Xapón, onde é coñecida co nome xaponés de sugi (杉). En Occidente incrementouse o uso do termo "sugi" para se referir a esta árbore, xa que semella máis axeitado ca o usado antigamente: "cedro xaponés", xa que o "sugi" non é un auténtico cedro (xénero Cedrus).

    49 visitas (↑7 de onte)46,36,32,33,0,0,0,50,42, 49

    3 días na lista

    🔍 🗞️
  19. 19

    Carlos Ares

    Carlos Ares

    Carlos Ares, nado en 1997 na Coruña, é un músico, cantautor e produtor galego. A súa música foi definida como pop, folk e alternativa.

    47 visitas (↑27 de onte)0,0,0,24,0,0,0,28,20, 47

    3 días na lista

    🔍 🗞️
  20. 20

    Alfred Nisonoff

    Alfred Nisonoff

    Alfred Nisonoff, nado en Queens, Nova York, en 1923 e finado en 2001, foi un químico estadounidense que axudou a determinar experimentalmente a estrutura molecular dos anticorpos, e, como resultado, fixo unha gran contribución á inmunoloxía. A monografía de Nisonoff “The Antibody Molecule” foi a publicación máis importante e completa sobre os anticorpos no seu tempo.

    46 visitas (↑46 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 46

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  21. 21

    Roque Ruiz

    Roque Ruiz

    Roque Ruiz, nado en Arteixo o 24 de novembro de 1999, é un actor galego.

    45 visitas (↑21 de onte)0,0,0,0,0,36,41,46,24, 45

    5 días na lista

    🔍 🗞️
  22. 22

    Lugares de Rodeiro

    Lugares de Rodeiro

    Galicia → Parroquias de Galicia → Lugares de Galicia → Lugares de Rodeiro

    42 visitas (↑42 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 42

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  23. 23

    Galicia

    Galicia

    Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Unión Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.

    39 visitas (↑10 de onte)0,40,26,22,0,31,0,39,29, 39

    3 días na lista

    🔍 🗞️
  24. 24

    Tamara Andrés

    Tamara Andrés

    Tamara Andrés Padín, nada en Combarro (Poio) o 8 de agosto de 1992, é unha escritora e tradutora galega.

    38 visitas (↓9 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,47, 38

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  25. 25

    Lingua galega

    Lingua galega

    O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.

    37 visitas (↓4 de onte)27,28,35,32,0,0,0,26,41, 37

    3 días na lista

    🔍 🗞️
  26. 26

    De Ninghures

    De Ninghures

    De Ninghures é unha banda galega de música folk conformada, á altura de 2019, por un total de 7 integrantes, naturais de distintas localidades do país, tales como Carballo, Santiago de Compostela ou A Fonsagrada. Como grupo, caracterízase pola mestura de ritmos e sons de raíz galega cos equivalentes doutros pobos ibéricos, latinoamericanos ou magrebís.

    37 visitas (↑37 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 37

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  27. 27

    Marcial Mouzo

    Marcial Mouzo

    Marcial Mouzo Vidal, máis coñecido como Marcial Mouzo, nado en Mazaricos o 20 de abril de 1961, é un xornalista e comunicador galego.

    37 visitas (↑37 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 37

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  28. 28

    Test de Coombs

    Test de Coombs

    Os tests de Coombs directo e indirecto ou probas de Coombs, tamén chamados test de antiglobulina (TAG ou AGT), son uns tipos de análises de sangue usados en inmunohematoloxía. O test de Coombs directo detecta anticorpos que están adheridos á superficie dos glóbulos vermellos do sangue. Como estes anticorpos ás veces destrúen os glóbulos vermellos, poden causar anemia e este test pode axudar a aclarar esta condición.

    35 visitas (↑35 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 35

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  29. 29

    Illas Malvinas

    Illas Malvinas

    As Illas Malvinas (en inglés: Falkland Islands) son un arquipélago do océano Atlántico meridional, na plataforma continental patagoa. As illas principais atópanse a 483 km ó leste da costa da Patagonia, en América do Sur, na latitude 52°S. O arquipélago, cunha área de 12 000 km², abrangue a illa Soidade, a illa Gran Malvina e 776 illas máis pequenas. É un Territorio Británico de Ultramar e conta cun autogoberno, mais o Reino Unido encárgase da súa defensa e das relacións exteriores.

    32 visitas (↑32 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 32

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  30. 30

    Ester Expósito

    Ester Expósito

    Ester Expósito, nada en Madrid o 26 de xaneiro de 2000, é unha actriz española de cine e televisión, coñecida por interpretar a Carla Rosón Caleruega na serie de Netflix Élite (2018) e a Cayetana Aldama en Alguien tiene que morir (2020).

    32 visitas (↑4 de onte)0,0,36,28,0,0,0,44,28, 32

    3 días na lista

    🔍 🗞️
  31. 31

    Nosa Señora do Monte Carmelo

    Nosa Señora do Monte Carmelo

    Nosa Señora de Monte Carmelo, referida comunmente e máis coñecida como Virxe do Carme, é unha das diversas advocacións da Virxe María.

    32 visitas (↑32 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 32

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  32. 32

    Butte

    Butte

    Un butte é un termo usado nos Estados Unidos e o Canadá para designar un outeiro prominente alto illado, de ladeiras ben pronunciadas e cun pequeno cumio plano. Os buttes encóntranse por todo o oeste dos Estados Unidos. Só se encontran máis raramente por Europa.

    30 visitas (↑30 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 30

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  33. 33

    Jude Bellingham

    Jude Bellingham

    Jude Victor William Bellingham, nado en Stourbridge, Inglaterra, Reino Unido, o 29 de xuño de 2003, máis coñecido como Jude Bellingham, é un futbolista británico que xoga de centrocampista no Real Madrid, da Primeira División de España.

    30 visitas (↓47 de onte)0,0,0,0,42,38,0,27,77, 30

    3 días na lista

    🔍 🗞️
  34. 34

    Masturbación coas mamas

    Masturbación coas mamas

    A masturbacion coas mamas ou coito mamario é un acto sexual, que se realiza como preludio ou como sexo sen penetración, que implica a estimulación do pene cos peitos dunha muller e viceversa. Implica colocar o pene entre os peitos dunha muller e mover o pene cara a arriba e abaixo para simular a penetración sexual e para crear pracer sexual. Pódese usar como alternativa a unha masturbación manual.

    30 visitas (↑7 de onte)30,29,27,22,66,31,50,0,23, 30

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  35. 35

    Molotov (grupo musical)

    Molotov (grupo musical)

    Molotov é unha banda mexicana de rock, hip hop e rapcore que foi fundada na Cidade de México o 23 de setembro de 1995. Os seus poemas líricos caracterízanse unha mestura de español e inglés, mesturado e cantado por todos os membros do grupo. Moitas das súas cancións, como "Gimme Tha Power" e "Frijolero", son inspiradas na política, con temas como a inmigración de mexicanos aos Estados Unidos.

    28 visitas (↑28 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 28

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  36. 36

    José Legrá

    José Legrá

    José Legrá Utría, nado en Baracoa (Cuba) o 19 de marzo de 1943 e finado en Madrid o 14 de xullo de 2026, foi un boxeador de peso pluma español de orixe cubana.

    27 visitas (↓14 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,41, 27

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  37. 37

    Mar de ardora

    Mar de ardora

    O mar de ardora, tamén chamado só ardora ou ardentía, é un fenómeno luminoso no océano no que a superficies de auga mariña brilla de forma translúcida en diferentes tons de azul. O termo é usado desde hai moito tempo en lingua galega. Os mariñeiros informaron de que o océano adoita emite un brillo visible que se pode estender durante millas pola noite.

    27 visitas (↑3 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,24, 27

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  38. 38

    Eva Iglesias

    Eva Iglesias

    Eva Iglesias Miguéns, nada o 1 de novembro de 1987 en Rianxo, é unha cantante e actriz galega.

    27 visitas (↑27 de onte)0,0,48,0,33,0,0,0,0, 27

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  39. 39

    Gianni Infantino

    Gianni Infantino

    Gianni Infantino, nado en Brig-Glis o 23 de marzo de 1970, é un avogado suízo de ascendencia italiana vinculado administrativamente ao mundo do fútbol.

    26 visitas (↓6 de onte)46,36,0,0,0,0,0,0,32, 26

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  40. 40

    Xosé Luís Blanco Campaña

    Xosé Luís Blanco Campaña

    Xosé Luís Blanco Campaña, nado en Camariñas o 14 de marzo de 1948, é un xornalista, escritor, locutor de radio, presentador de televisión e compositor galego.

    25 visitas (↑25 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 25

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  41. 41

    Leo Messi

    Leo Messi

    Lionel Andrés Messi Cuccittini, nado en Rosario (Santa Fe) o 24 de xuño de 1987, é un futbolista arxentino de orixe italiana. Xoga de dianteiro ou mediapunta no Inter de Miami da MLS dos Estados Unidos. É internacional coa selección absoluta da Arxentina, equipo do que é capitán, xogador con máis partidos e máximo goleador histórico.

    25 visitas (↓34 de onte)41,0,0,0,0,0,0,0,59, 25

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  42. 42

    Máquina comecartos

    Máquina comecartos

    Unha máquina comecartos ou simplemente un comecartos é un aparello automático concibido para ofrecer xogos de aposta sen a intervención dun empregado. Estes dispositivos poden ser mecánicos, electrónicos ou dixitais. O xogo consiste en introducir unha moeda coa esperanza de que saia unha combinación gañadora e obter un premio en metálico que proporciona a propia máquina.

    25 visitas (↓2 de onte)0,0,38,0,44,28,31,28,27, 25

    6 días na lista

    🔍 🗞️
  43. 43

    Pobo galego

    Pobo galego

    Os galegos son un grupo nacional, cultural e etnolingüístico que vive maioritariamente en Galicia, no noroeste da Península Ibérica, pero que por mor da emigración histórica tamén ten importantes poboacións noutras partes de España, Europa e América. Os galegos teñen os seus propios costumes, cultura, lingua, música, danza, deportes, arte, cociña e mitoloxía. O galego, lingua romance derivada do latín que se falaba na antiga Gallaecia romana, é a lingua propia de Galicia e constitúe a máxima expresión cultural do pobo galego.

    24 visitas (↑24 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 24

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  44. 44

    Víctor Duplá

    Víctor Duplá

    Víctor Dupla López, máis coñecido como Víctor Duplá, nado en Santander en 1976, é un actor e director de teatro moi vinculado a Galicia, onde leva residindo varios anos.

    24 visitas (↓16 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,40, 24

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  45. 45

    Camilo Barcia García-Villamil

    Camilo Barcia García-Villamil

    Camilo Barcia García-Villamil, nado en Ribadeo o 28 de outubro de 1937 e finado en Madrid o 7 de decembro de 2018, foi un diplomático e economista galego.

    23 visitas (↑23 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 23

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  46. 46

    Abadín

    Abadín

    Abadín ( pronunciación ) é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca da Terra Chá. Segundo o IGE en 2014 tiña 2.646 habitantes. (2.896 no 2009, 3.141 no 2006, 3.201 no 2005, 3.256 no 2004).

    22 visitas (↑22 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 22

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  47. 47

    Selección de fútbol de España

    Selección de fútbol de España

    A selección de fútbol de España é o equipo formado por xogadores de nacionalidade española que representa á Real Federación Española de Fútbol, o máximo organismo do fútbol en España, nas competicións oficiais organizadas pola FIFA. A selección española participou en 16 das 22 edicións da Copa do Mundo e é unha das oito seleccións campioas do torneo, grazas ao seu triunfo na edición de 2010 celebrada en Suráfrica. A nivel continental, é a selección con máis títulos da Eurocopa, competición que gañou en catro ocasións (1964, 2008, 2012 e 2024). Os éxitos conseguidos entre o 2008 e o 2012 e o nivel de xogo amosado polo combinado español, levou a que moitos expertos e analistas consideren a selección dese período como un dos mellores equipos da historia do fútbol.

    22 visitas (↓2 de onte)0,30,0,50,0,0,0,46,24, 22

    3 días na lista

    🔍 🗞️
  48. 48

    LU-170

    LU-170

    A LU-170 (na provincia de Lugo), é unha estrada da Rede Primaria Complementaria da Xunta de Galicia que une as localidades de Parga (Guitiriz) e Cabreiros (Xermade); atravesa os concellos de Guitiriz e Xermade. Ten unha lonxitude de 29,69 quilómetros e iníciase nun cruzamento coa N-6 en Parga (Guitiriz) e finaliza nun cruzamento coa AG-64 en Cabreiros (Xermade).

    22 visitas (↑22 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 22

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  49. 49

    Xunta de Galicia

    Xunta de Galicia

    A Xunta de Galicia é o órgano colexiado de goberno de Galicia, tal e como aparece definido no Estatuto de Autonomía de Galicia de 1981. Está composta pola presidencia, a ou as vicepresidencias e mais os conselleiros. As vicepresidencias e os conselleiros noméanse desde a presidencia.

    21 visitas (↓9 de onte)0,24,0,0,0,0,0,0,30, 21

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  50. 50

    Galipedia

    Galipedia

    A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e hoxe ten un total de 232.495.

    21 visitas (↑3 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,18, 21

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  51. 51

    A Coruña

    A Coruña

    A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. Con 247.376 habitantes (INE 2023), é o segundo municipio máis poboado de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².

    21 visitas (↑21 de onte)0,0,30,0,0,0,0,0,0, 21

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  52. 52

    María Ramallo

    María Ramallo

    María Pilar Ramallo Vázquez, nada o 12 de agosto de 1970 en Marín, é unha política galega do PPdeG, dende maio de 2011 alcaldesa de Marín. Foi deputada no Congreso dos Deputados en dúas lexislaturas.

    21 visitas (↑21 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 21

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  53. 53

    División Administrativa da República Popular da China

    División Administrativa da República Popular da China

    Debido á magnitude da súa superficie e da súa poboación, e á presenza de numerosas minorías étnicas, a organización territorial ou división político-administrativa da China comprende varios niveis desde tempos antigos. A vixente Constitución da República Popular da China prevé, de jure, tres niveis de goberno, aínda que actualmente, na práctica (de facto), hai cinco niveis: a provincia, a prefectura, o xián (ou condado), o municipio e a cidade. Desde o século XVII, na China, os límites provinciais mantivéronse en gran medida invariábeis.

    21 visitas (↑21 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 21

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  54. 54

    Xurxo Fernandes

    Xurxo Fernandes

    Xurxo Fernandes García, tamén coñecido como Jako el Muzicante, nado na Coruña, é un músico e investigador da música tradicional galega e sefardí.

    20 visitas (↑20 de onte)0,0,0,0,0,38,0,0,0, 20

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  55. 55

    Rosa López

    Rosa López

    Rosa María López Cortés (Láchar, Granada, 14 de xaneiro de 1981), máis coñecida como Rosa López, é unha cantante solista andaluza. Deuse a coñecer no concurso de Operación Triunfo proclamandose vencedora, e representou a España no Festival de Eurovisión en 2002 co tema "Europe's Living a Celebration". Posteriormente lanzou seis álbums de estudio dos cales tres números un en Promusicae, un álbum en DVD e trece sinxelos.

    20 visitas (↑20 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 20

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  56. 56

    Santiago de Compostela

    Santiago de Compostela

    Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, ten a sede nel o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o INE, en 2025 o concello tiña 100.965 habitantes. O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».

    20 visitas (↓3 de onte)0,0,22,0,0,0,0,0,23, 20

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  57. 57

    Copa do Mundo de Fútbol

    Copa do Mundo de Fútbol

    A Copa do Mundo da FIFA, tamén coñecida como Campionato Mundial de Fútbol ou Mundial de Fútbol, é un torneo internacional de fútbol, organizado cada catro anos pola FIFA. O torneo ten dúas fases principais, un proceso clasificatorio onde os países compiten agrupados por diferentes confederacións continentais, chegando na edición de 2010 a 204 participantes, e unha fase final nunha sede designada pola organización na que participan 48 seleccións nun período aproximado dun pouco máis dun mes. A primeira edición do Mundial organizouse en 1930 no Uruguai, coa vitoria da selección anfitrioa, e dende entón foi celebrado cada catro anos coa excepción de 1942 e 1946 debido á segunda guerra mundial. A selección do Brasil é a selección que acadou máis títulos mundiais até o momento, con cinco, sendo tamén a única que participou en tódalas edicións.

    19 visitas (↓37 de onte)0,0,0,0,0,0,0,33,56, 19

    3 días na lista

    🔍 🗞️
  58. 58

    Francia

    Francia

    Francia ( pronunciación ) (en francés: France, [fʁɑ̃s] (AFI), escoitar), oficialmente República Francesa ( pronunciación ) (en francés: République française, [ʁepyblik fʁɑ̃sɛz] (AFI)) é un estado membro da Unión Europea, con capital en París, que se estende sobre unha superficie total de 675 417 km², incluíndo Francia metropolitana e os territorios de ultramar espallados nos cinco continentes. Conta cunha poboación de 64,9 millóns de habitantes. Constituído en estado democrático de dereito, a súa forma de goberno esta organizada como república semipresidencialista, co nome oficial de República Francesa (République française) e o lema Liberté, Égalité, Fraternité (Liberdade, Igualdade, Fraternidade).

    19 visitas (↑19 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 19

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  59. 59

    Miguel Ángel Blanco

    Miguel Ángel Blanco

    Miguel Ángel Blanco Garrido, nado en Ermua (Biscaia), o 13 de maio de 1968 e finado en Lasarte o 13 de xullo de 1997, foi un político do PP secuestrado e asasinado por ETA.

    19 visitas (0 de onte)39,0,0,32,0,73,58,0,19, 19

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  60. 60

    Portalén e Marco do Vento

    Portalén e Marco do Vento

    Portalén (a Porta do Alén) e o Marco do Vento son dúas formacións xeolóxicas moi próximas situadas no Monte do Seixo, na Serra do Cando, entre os concellos de Forcarei e A Lama, na provincia de Pontevedra.

    19 visitas (↑19 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 19

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  61. 61

    Frontón Municipal de Riazor

    Frontón Municipal de Riazor

    O Frontón Municipal de Riazor é unha instalación polideportiva da cidade da Coruña na confluencia da avenida de La Habana coa praza de Portugal, inaugurada en 1944 e propiedade do Concello da Coruña. Foi proxectada por Santiago Rey Pedreira como parte do complexo coñecido como Cidade Deportiva Municipal de Riazor, composta —ademais de polo frontón— polo Estadio Municipal, o Palacio dos Deportes, a Piscina Municipal de Riazor e as Pistas Polideportivas de Riazor. Consta de: Un muro de escalada de carácter deportivo.

    19 visitas (↑19 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 19

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  62. 62

    Pornografía

    Pornografía

    A pornografía é o conxunto de materiais, imaxes, vídeos ou reproducións da realización de actos sexuais co fin de provocar a excitación sexual do receptor, etimoloxicamente procede do grego: πορνογραφíα, porne é "prostituta" e grafía, "descrición", é dicir, "descrición dunha prostituta". Designa en orixe, xa que logo, a descrición das prostitutas e, por extensión, das actividades propias do seu traballo. Hai que dicir, con todo, que o termo é de aparición moi recente pois na Antiga Grecia nunca se usou a palabra "pornografía".

    18 visitas (↑18 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 18

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  63. 63

    Cristiano Ronaldo

    Cristiano Ronaldo

    Cristiano Ronaldo dos Santos Aveiro, OIH, nado en Funchal (Madeira) o 5 de febreiro de 1985, máis coñecido como Cristiano Ronaldo (AFI: kɾɨʃˈtiɐnu ʁuˈnaɫdu), é un futbolista portugués, que xoga como extremo no Al-Nassr FC, da Liga Profesional Saudita. É o máximo goleador da historia do fútbol e está considerado como un dos mellores futbolistas de todos os tempos. Foi distinguido co premio ao Mellor xogador da Premier League en 2007 e 2008, así como Deportista Portugués do Ano neses mesmos anos.

    18 visitas (↓22 de onte)55,0,0,0,0,0,0,0,40, 18

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  64. 64

    Maldivas

    Maldivas

    A República das Maldivas (en maldivano: ދިވެހި ޖުމްހުރިޔަ, Dhivehi Jumhuriya) é un país de Asia constituído por 1 196 illas, das cales están 203 habitadas, situadas a aproximadamente 450 km ao sur do Decan. A súa superficie é de 302 km². As illas reagrúpanse en 26 atois cada un co nome dunha ou dúas letras do alfabeto maldivano (escritura Taana).

    18 visitas (↑18 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 18

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  65. 65

    Maret

    Maret

    Mari Laura González González, máis coñecida como Maret, nada en Cameixa (Boborás) o 6 de outubro de 1986, é unha cantante e presentadora de televisión galega.

    18 visitas (↑18 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 18

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  66. 66

    Anxo González Núñez

    Anxo González Núñez

    Anxo González Núñez é un biblista, tradutor e sacerdote galego. Formou parte do equipo responsable da primeira tradución íntegra da Biblia ao galego realizada directamente desde as linguas orixinais, publicada por SEPT en 1989, unha obra que obtivo o Premio Nacional de Tradución en 1990.

    18 visitas (↑18 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 18

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  67. 67

    Borja Iglesias

    Borja Iglesias

    Borja Iglesias Quintás, nado en Santiago de Compostela o 13 de xaneiro de 1993, é un futbolista galego que xoga na demarcación de dianteiro centro no Celta de Vigo da Primeira División. Formouse nas canteiras do Santiago, do Valencia e do Villarreal e debutou na Primeira División coa camiseta do Celta de Vigo en 2015, despois de militar varios anos no seu filial, do que é o máximo goleador histórico. A continuación conseguiu boas cifras goleadoras no Zaragoza e no Espanyol e en 2019 fichou polo Betis.

    18 visitas (↓15 de onte)0,0,0,42,0,0,0,30,33, 18

    3 días na lista

    🔍 🗞️
  68. 68

    Posición do misioneiro invertida

    Posición do misioneiro invertida

    A posición da amazona é calquera posición sexual na que a muller está enriba do seu compañeiro sexual durante a actividade sexual. A posición máis comunmente asociada coa muller na parte superior adoita chamarse posición da vaqueira ou cabalgando, que deriva o seu nome da imaxe da muller que "monta" o home como vaqueira montando a cabalo. Nesta posición, o home adoita deitarse de costas coas pernas pechadas, mentres que a parella está a cabalo sobre el estendendo as pernas a cada lado, normalmente de xeonllos, coas canelas detrás, ou sentado sobre o sexo e as pernas da parella, mirando cara a adiante ou cara a atrás, e o home ou a muller insire o pene erecto do home na vaxina ou no ano da muller.

    18 visitas (↓1 de onte)24,0,0,0,0,0,0,0,19, 18

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  69. 69

    España

    España

    España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ) (en castelán: Reino de España, en catalán/valenciano: Regne d'Espanya, en vasco: Espainiako Erresuma, en asturiano: Reinu d'España, en occitano: Reialme d'Espanha e en aragonés: Reino d'España), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera, o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.

    17 visitas (↑17 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 17

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  70. 70

    Mundial de Fútbol de 2026

    Mundial de Fútbol de 2026

    A Copa do Mundo de 2026 é a 23ª edición do máximo campionato internacional de seleccións nacionais de fútbol organizado cada catro anos pola FIFA. O torneo está a ter lugar en 11 cidades dos Estados Unidos, 2 do Canadá e 3 de México, cuxa candidatura conxunta derrotou a de Marrocos o 13 de xuño de 2018 na votación levada a cabo no 68º Congreso da FIFA celebrado en Moscova. É a primeira edición da Copa do Mundo de Fútbol organizada por tres países, e a primeira con 48 seleccións nacionais participantes, en lugar das 32 de edicións anteriores.

    17 visitas (↓18 de onte)44,32,0,32,0,0,0,41,35, 17

    3 días na lista

    🔍 🗞️
  71. 71

    Campo da Leña (A Coruña)

    Campo da Leña (A Coruña)

    O campo da Leña é unha zona urbana da cidade da Coruña situado entre os seus dous barrios, a Cidade Vella e A Pescaría. Actualmente está dividido en dúas prazas: a praza de España e a praza das Atochas. É un dos puntos fundamentais do barrio de Monte Alto.

    17 visitas (↑17 de onte)0,0,0,40,0,0,0,0,0, 17

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  72. 72

    Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2027

    Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2027

    O Campionato Mundial da FIA de Fórmula 1 de 2027 será a 78ª tempada de Fórmula 1 organizada pola Fédération Internationale de l'Automobile (FIA). Está recoñecido pola Fédération Internationale de l'Automobile (FIA), o órgano de goberno internacional do automobilismo, como a máxima clase de competición para coches de carreiras de rodas aberta. O campionato disputarase nunha serie de carreiras, ou Grandes Premios, celebradas en todo o mundo.

    17 visitas (↑17 de onte)0,0,22,0,0,0,0,0,0, 17

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  73. 73

    Belém Tajes

    Belém Tajes

    Belém Tajes, (pronunciado /beˈlɛŋ taˈʃɛs/), nada en Buenos Aires en 1985, é cantante, compositora e especialista en musicoterapia. Converteuse en vocalista de Luar na Lubre no ano 2017.

    17 visitas (↑17 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 17

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  74. 74

    Kylian Mbappé

    Kylian Mbappé

    Kylian Mbappé Lottin, nado o 20 de decembro de 1998 en París, é un futbolista francés. Xoga de dianteiro para o Real Madrid CF. Ademais, é internacional coa selección francesa.

    17 visitas (↓27 de onte)0,0,161,44,44,0,33,125,44, 17

    4 días na lista

    🔍 🗞️
  75. 75

    Manu Baqueiro

    Manu Baqueiro

    Manuel Baqueiro López de Sá, nado en Madrid, 20 de abril de 1976, tamén coñecido como Manu Baqueiro, é un actor español, coñecido principalmente polo seu papel de Marcelino «Marce» Gómez en Amar en tiempos revueltos e Amar es para siempre. É irmán maior do tamén actor Alfonso Bassave.

    17 visitas (↑17 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 17

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  76. 76

    Diáspora galega

    Diáspora galega

    Coñécese como diáspora galega o proceso de emigración masiva do pobo galego que se produciu durante as tres últimas décadas do século XIX ata ben pasada a metade do século XX. Así, entre 1850 e 1960 marcharon cara a América máis de dous millóns de galegos e galegas. Cómpre destacar a importancia deste fenómeno nos contextos socioeconómico, político e cultural da Galicia territorial e da Galicia exterior. Posteriormente, xa na segunda década do século XXI, por mor da crise en Galicia e España, iniciouse unha segunda vaga de emigración galega, principalmente cara a países de Europa (Alemaña e Inglaterra), formada normalmente por mozos con estudos e un nivel cultural medio-alto.

    17 visitas (↑17 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 17

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  77. 77

    Carmela López Moreno

    Carmela López Moreno

    María del Carmen Carmela López Moreno, nada en Burela en 1982, é unha política galega do PSdeG-PSOE.

    17 visitas (0 de onte)0,0,0,0,36,0,0,0,17, 17

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  78. 78

    António Carlos Cortez

    António Carlos Cortez

    António Carlos Cortez, nado en Lisboa en 1976, é un poeta, crítico literario e profesor portugués.

    17 visitas (↓2 de onte)25,0,0,0,0,0,0,0,19, 17

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  79. 79

    Daria Serenko

    Daria Serenko

    Daria Serenko, nada en Khabarovsk o 23 de xaneiro de 1993, é unha poeta, curadora e artista pública rusa.

    17 visitas (↑17 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 17

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  80. 80

    9Louro

    9Louro

    Martín Louro, nado en Muros en 2004, máis coñecido coma 9Louro, é un cantante galego de pop urbano, trap, música electrónica e raeggeton.

    16 visitas (↓11 de onte)0,43,99,69,0,0,40,0,27, 16

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  81. 81

    Mundial de Fútbol de 2010 - Final

    Mundial de Fútbol de 2010 - Final

    A final do Mundial de Fútbol de Suráfrica 2010 foi un partido de fútbol disputado o 11 de xullo de 2010 no Estadio Soccer City de Xohanesburgo que determinou o campión do mundo de fútbol do mundial de 2010. Xogouse entre as seleccións dos Países Baixos e España, resultando vencedora esta última por 0-1, cun gol de Andrés Iniesta a catro minutos do final da prórroga. O partido destacou polo seu infrecuente número de cartóns amarelos, a meirande parte producidos polos neerlandeses, que foron criticados polos seu xogo sucio.

    16 visitas (↑16 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 16

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  82. 82

    Compresión de datos

    Compresión de datos

    A compresión de datos é o proceso de representar unha información mediante unha cantidade menor de datos ca na súa representación orixinal. Un sistema de compresión consta dun codificador, que transforma os datos de entrada nunha representación comprimida, e dun descodificador, que reconstrúe a información a partir dela. A compresión emprégase para reducir o espazo de almacenamento e a taxa de transmisión, mais introduce custos de cálculo, memoria e latencia que dependen do método utilizado.

    16 visitas (↑16 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 16

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  83. 83

    Erling Haaland

    Erling Haaland

    Erling Braut Haaland, tamén escrito Håland, nado en Leeds o 21 de xullo de 2000, é un futbolista noruegués. Xoga como dianteiro no Manchester City da Premier League e na selección de Noruega. Considerado un dos mellores xogadores do mundo e o mellor futbolista noruegués de todos os tempos, destaca pola súa velocidade, forza, e finalización dentro da área.

    16 visitas (↓3 de onte)108,65,140,101,132,60,54,0,19, 16

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  84. 84

    Chuza!

    Chuza!

    Chuza! foi unha rede social de promoción de novas, que funciona maioritariamente nun ámbito galego. Foi creada por Berto Yáñez e comezou a funcionar o 20 de febreiro de 2006 e o 25 de xullo de 2010 foi pechada temporalmente polo seu autor, quen alegou esgotamento.

    16 visitas (↑16 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 16

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  85. 85

    Ourense

    Ourense

    Ourense é unha cidade e concello de Galicia, capital da provincia de Ourense e da súa comarca homónima. É a terceira cidade máis poboada de Galicia despois de Vigo e A Coruña. Ourense tiña 104.891 habitantes (IGE 2024).

    16 visitas (↑16 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 16

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  86. 86

    Lista de castelos de Portugal

    Lista de castelos de Portugal

    Esta é uma lista dos Castelos de Portugal, lista ordenada por ordem alfabética da unidade territorial administrativa (freguesía ou concello) onde os castelos estão localizados.

    15 visitas (↑15 de onte)0,27,28,73,76,31,0,0,0, 15

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  87. 87

    Sol Mariño

    Sol Mariño

    Sol Rivas López, coñecida como Sol Mariño, nada en Vimianzo en 1986, é unha fotógrafa e escritora galega.

    15 visitas (↑15 de onte)0,0,21,0,0,0,0,0,0, 15

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  88. 88

    Posición do can

    Posición do can

    A posición do can é unha postura sexual na que a muller se agacha, se pon a catro patas (xeralmente nas mans e os xeonllos) ou se deita sobre o seu abdome, para manter relacións sexuais, xa sexa penetración sexual ou outra actividade sexual. O estilo can é unha forma de posición de penetración desde atrás, outros están co compañeiro que o recibe deitado de lado na posición sexual da culler ou a posición do misioneiro invertida. O sexo sen penetración nesta posición tamén pode ser considerado como estilo can.

    15 visitas (↓7 de onte)26,0,0,27,0,0,0,0,22, 15

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  89. 89

    Faustino Santalices

    Faustino Santalices

    Faustino Santalices Pérez, nado na Granxa (Cadós, Bande) o 16 de novembro de 1877 e finado en Madrid o 6 de decembro de 1960, foi un gaiteiro galego e o investigador máis importante de zanfona na primeira metade do século XX.

    15 visitas (↑15 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 15

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  90. 90

    Relación sexual humana

    Relación sexual humana

    No ser humano chámanse actos sexuais ou relacións sexuais a calquera acto íntimo de carácter sexual celebrados por persoas, en número e xénero variables co obxectivo de dar ou recibir pracer sexual. Neles interveñen aspectos fisiolóxicos, psíquicos, sociais e morais do individuo, entre outros.

    15 visitas (↑15 de onte)28,0,0,0,0,0,0,0,0, 15

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  91. 91

    Pedro Sánchez

    Pedro Sánchez

    Pedro Sánchez Pérez-Castejón, nado en Madrid o 29 de febreiro de 1972, é un economista e político español, presidente do Goberno de España dende 2018. Tamén é secretario xeral do Partido Socialista Obrero Español (PSOE). Concelleiro do Concello de Madrid entre 2004 e 2009, en setembro de 2009 converteuse en deputado no Congreso.

    14 visitas (↑14 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 14

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  92. 92

    Mariano Rajoy

    Mariano Rajoy

    Mariano Rajoy Brey, nado en Santiago de Compostela o 27 de marzo de 1955, é un político galego, presidente do Goberno de España desde 2011 ata 2018, durante as X e a XII lexislaturas e presidente do Goberno en funcións durante a breve XI lexislatura de España. Rajoy serviu como ministro nos gobernos de José María Aznar en diversas carteiras entre 1996 e 2003, e como vicepresidente do Executivo de 2000 a 2003. Entre 2003 e 2004, cando foi elixido presidente do Partido Popular, desempeñou o cargo de secretario xeral da formación.

    14 visitas (↑14 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 14

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  93. 93

    Mártires de Carral

    Mártires de Carral

    Coñécense como Mártires de Carral os doce militares sublevados en varios lugares de Galicia en 1846 contra o presidente Narváez que foron executados o 26 de abril na vila coruñesa de Carral.

    14 visitas (↑14 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 14

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  94. 94

    Esteban Bilbao

    Esteban Bilbao

    Esteban Martín Higinio de Bilbao Eguía, nado en Bilbao o 11 de xaneiro de 1879 e finado en Durango o 23 de setembro de 1970, foi un político carlista español durante gran parte do século XX e, en especial, durante a ditadura de Francisco Franco, na que obtivo varios cargos relevantes como Ministro de Xustiza ou presidente das primeiras Cortes durante o franquismo, cargo que mantivo durante máis de vinte anos.

    14 visitas (↑14 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 14

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  95. 95

    Hard GZ

    Hard GZ

    Pedro Ruibal Iglesias, nado en Vigo en 1995, máis coñecido polo seu nome artístico Hard GZ, é un rapeiro galego aveciñado en Barcelona.

    14 visitas (↑14 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 14

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  96. 96

    Félix Juncal

    Félix Juncal

    Félix Juncal Novas, nado no Outeiro (Bueu) o 12 de xuño de 1968, é un político galego do BNG.

    14 visitas (↓15 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,29, 14

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  97. 97

    Barbada da pedra

    Barbada da pedra

    A barbada da pedra ou barbada de area (Gaidropsarus mediterraneus) é un peixe de pequeno talle, alongado, con manchas marróns. Lembra a unha anguía con tres barbelas na cabeza, coa segunda aleta dorsal e a aleta anal percorrendo o seu corpo. Estas aletas están en continuo movemento de onda.

    14 visitas (↑14 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 14

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  98. 98

    Lina Abu Akleh

    Lina Abu Akleh

    Lina Abu Akleh, en árabe: لينا أبو عاقلة, nada en Xerusalén en 1995, é unha palestina defensora dos dereitos humanos En 2022 foi nomeada unha das 100 mulleres máis influíntes pola BBC e incluída na lista Time 100 de líderes emerxentes.

    14 visitas (↑14 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 14

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  99. 99

    Segunda guerra mundial

    Segunda guerra mundial

    A segunda guerra mundial foi un conflito armado a escala mundial que durou do 1 de setembro de 1939 ó 2 de setembro de 1945. Involucrou a maioría de países do mundo, incluídas todas as grandes potencias que eventualmente formaron dúas alianzas militares opostas: os Aliados e o Eixe. Foi a guerra de máis alcance da historia, involucrando directamente máis de 100 millóns de persoas de máis de 30 países.

    14 visitas (↑14 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 14

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  100. 100

    Lista de apelidos galegos

    Lista de apelidos galegos

    Segundo o Seminario de Onomástica da Real Academia Galega, existen máis de 6000 apelidos galegos, que corresponden aproximadamente co 95% da poboación galega. Ao longo dos Séculos Escuros, moitos apelidos fóronse, ben adaptándose foneticamente ao español: *Feijoo/Feixoo, ben substituíndo polos seus equivalentes casteláns *Iglesias/Igrexas ou Eirexas. Por tanto, apelidos moi abundantes como Otero ou Alonso non proceden, na maior parte dos casos, de xente que viñese de fóra de Galiza, senón de transformacións que sufriron apelidos xenuinamente galegos (Outeiro e Afonso, neste caso).

    14 visitas (↑14 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 14

    1 días na lista

    🔍 🗞️