Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Khmer vermellos (en francés Khmers Rouges, en camboxano ខ្មែរក្រហម, Khmae Krɑ-hɑɑm) é o nome co que foi coñecida a organización guerrilleira camboxana que, tras a Guerra de Vietnam, a saída dos Estados Unidos e o derrocamento do xeneral Lon Nol (que rexía unha ditadura militar desde 1970), tomaron o poder o 17 de abril de 1975 (a «Caída de Phnom Penh»). Os Khmer vermellos fundaron Kampuchea Democrática, un sistema de goberno de características autoritarias que, baixo a aparencia formal dunha república popular de inspiración maoísta, consolidou na práctica un sistema de economía radicalmente agraria, baixo a consigna da evacuación das cidades e destrución da civilización urbana e a súa cultura, consideradas burguesas, a reconstrución social desde as orixes da civilización e a recuperación da cultura khmer ancestral baixo a dirección de Pol Pot, o seu principal líder. Ademais dun férreo control militar sobre a poboación civil, sometida en boa parte a un réxime de traballos forzados, desenvolveron extensos métodos de detención, tortura e asasinatos selectivos en masa, baixo a consigna da chamada «procura do inimigo interno».
Augusto José Ramón Pinochet Ugarte, nado en Valparaíso o 25 de novembro de 1915 e finado en Santiago de Chile o 10 de decembro de 2006, foi un militar e ditador chileno. Foi gobernante de Chile entre 1973 e 1990, logo de dar un golpe de Estado que derrocou o goberno de Salvador Allende o 11 de setembro de 1973, primeiro baixo o cargo de Presidente da Xunta Militar de Goberno (1973-1981), ao que sumou o título de Xefe Supremo da Nación o 27 de xuño de 1974, que lle confería o poder executivo, e que logo substituíu o 16 de decembro dese mesmo ano polo de Presidente da República. Desde 1981 asumiu o cargo de Presidente baixo a Constitución de 1980.
O grilo ceboleiro, Gryllotalpa gryllotalpa, é unha especie de insecto ortóptero da familia Gryllotalpidae nativo de Europa Occidental e norte de África, aínda que foi exportado ao leste de Asia, a América do Sur e ao leste dos Estados Unidos.[Cómpre referencia] En galego tamén é coñecido como alacrán ceboleiro, carriola, corta, cortón, osa, ralo ou relo. Marcial Valladares chámao grilo-toupa. Eladio Rodríguez distingue entre o grilo ceboleiro ou grilo real e o grilo toupa.
As saponinas son unha clase de compostos químicos, especialmente abondosos en diversas especies de plantas, que son glicósidos anfipáticos agrupados pola súa propiedade de producir unha escuma parecida á do xabón cando se baten en solucións acuosas, de onde lles vén o seu nome (sapo-onis é xabón en latín). Estruturalmente teñen un ou máis residuos de glicósido hidrófilos combinados cun derivado triterpeno lipófilo. As saponinas forman micelas e cambian a tensión superficial dos líquidos.
En Química analítica, a titulación ou valoración é un método de análise química cuantitativa utilizado para determinar a concentración descoñecida dunha substancia a partir dun reactivo de concentración coñecida. Na literatura científica inglesa coñécese como titration. Debido a que as medidas de volume desempeñan un papel fundamental nas titulacións, coñécese tamén como análise volumétrica e inclúe un gran número de poderosos procedementos cuantitativos que se basean en medir a cantidade dun reactivo de concentración coñecida que é consumido por un analito durante unha reacción química ou electroquímica.
Perfect Days é un filme de 2023 dirixido por Wim Wenders a partir dun guión escrito por Wenders e Takuma Takasaki. É unha coprodución entre o Xapón e Alemaña, e conta a historia da vida rutineira de Hirayama (Kōji Yakusho), un limpador de lavabos públicos en Tokyo. Perfect Days estreouse o 23 de maio de 2023 no Festival Internacional de Cinema de Cannes, onde competiu pola Palma de Ouro e gañou o Premio do Xurado Ecuménico e o premio ao mellor actor para Kōji Yakusho.
Rosario Porto Ortega, nada en Santiago de Compostela o 18 de decembro de 1969 e finada en Brieva o 18 de novembro de 2020, foi unha avogada galega non exercente, condenada, canda a seu esposo, Alfonso Basterra, polo asasinato da filla adoptiva de ámbolos dous, Asunta Basterra, en 2013. Rosario remataría suicidándose en prisión.
Os Yomiuri Giants (読売ジャイアンツ Yomiuri Jaiantsu) son un equipo profesional xaponés de béisbol con sede no barrio de Bunkyō de Tokyo. O club compite na Nippon Professional Baseball (NPB) como membro da Central League. O campo onde xogan os seus partidos como local desde 1988 é o Tokyo Dome, recinto con capacidade para 46.000 espectadores.
A criptomeria ou cedro xaponés, Cryptomeria japonica (L.f.) D. Don, é a única especie de árbore do xénero Cryptomeria. É unha conífera pertencente á familia das cupresáceas, endémica do Xapón, onde é coñecida co nome xaponés de sugi (杉). En Occidente incrementouse o uso do termo "sugi" para se referir a esta árbore, xa que semella máis axeitado ca o usado antigamente: "cedro xaponés", xa que o "sugi" non é un auténtico cedro (xénero Cedrus).
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
Borja Iglesias Quintás, nado en Santiago de Compostela o 13 de xaneiro de 1993, é un futbolista galego que xoga na demarcación de dianteiro centro no Celta de Vigo da Primeira División. Formouse nas canteiras do Santiago, do Valencia e do Villarreal e debutou na Primeira División coa camiseta do Celta de Vigo en 2015, despois de militar varios anos no seu filial, do que é o máximo goleador histórico. A continuación conseguiu boas cifras goleadoras no Zaragoza e no Espanyol e en 2019 fichou polo Betis.
Cabo Verde (en portugués [ˈkabu ˈveɾdɨ] (AFI)), oficialmente República de Cabo Verde, sitúase no océano Atlántico, no arquipélago de orixe volcánica do mesmo nome. As illas estaban deshabitadas ata que foron descubertas polos portugueses no século XV, que procederon a colonizalas para convertelas nun centro de trata de escravos. A maior parte dos habitantes actuais provén de ambos os grupos.
A metilcobalamina (mecobalamina, MeCbl ou MeB12) é un tipo de cobalamina, unha forma de vitamina B12. Difire da cianocobalamina en que o grupo ciano unido ao cobalto foi substituído por un grupo metilo. A metilcobalamina ten un centro octaédrico de cobalto(III) e pode obterse como cristais vermellos intensos.
Joaquín Domínguez Portela, coñecido como Elxokas, nado en Lugo o 13 de abril de 1991, é un influenciador, streamer, youtuber e creador de contido en Twitch e YouTube. Comezou como streamer en 2018 en Twitch creando contido do videoxogo World of Warcraft. En 2019, era xa o creador de contido máis grande da comunidade hispanofalante nesta categoría.
Mundial de Fútbol de 2018 - Grupo F
O Grupo F da Copa do Mundo de Fútbol de 2018, realizada en Rusia, está composto por catro equipos que se enfrontarán entre si nun total de seis encontros: Alemaña, México, Suecia e Corea do Sur. Ao termo dos mesmos os dous con maior cantidade de puntos clasificaranse para a seguinte fase, e as outras dúas seleccións quedarán eliminadas.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Unión Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
SonDeSeu é a primeira orquestra de música folk e tradicional de Galiza, considerada como unha das primeiras orquestras folk de Europa, formada por 67 membros e dirixida por Rodrigo Romaní. É tamén unha das primeiras orquestras europeas de música folk contemporánea. O seu repertorio consta de temas procedentes da tradición oral da música popular de Galiza, arranxados especialmente para a formación polos seus compoñentes e responsables das distintas seccións, que abranguen gaitas, percusión, zanfonas, violíns, requintas e frautas de madeira, canto, arpas e corda pulsada.
María do Socorro Ortega Romero
María do Socorro Ortega Romero, nada en Arteixo e finada en Santiago de Compostela o 12 de decembro de 2011, foi unha historiadora da arte galega.
Unha máquina comecartos ou simplemente un comecartos é un aparello automático concibido para ofrecer xogos de aposta sen a intervención dun empregado. Estes dispositivos poden ser mecánicos, electrónicos ou dixitais. O xogo consiste en introducir unha moeda coa esperanza de que saia unha combinación gañadora e obter un premio en metálico que proporciona a propia máquina.
Richard Antonio Carapaz Montenegro, nado o 29 de maio de 1993 no Carmelo na provincia de Carchi no Ecuador, é un corredor ciclista. En xullo de 2021, converteuse en campión olímpico de estrada nos Xogos Olímpicos de Toquio. Especialista en carreiras por etapas, gañou Giro de Italia de 2019, a primeira para un piloto ecuatoriano.
Gulpilleiras, Piñeira, A Fonsagrada
Gulpilleiras é un lugar da parroquia de Piñeira no concello lugués da Fonsagrada, na comarca da Fonsagrada. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2020 tiña 6 habitantes (3 homes e 3 mulleres).
Os galegos son un grupo nacional, cultural e etnolingüístico que vive maioritariamente en Galicia, no noroeste da Península Ibérica, pero que por mor da emigración histórica tamén ten importantes poboacións noutras partes de España, Europa e América. Os galegos teñen os seus propios costumes, cultura, lingua, música, danza, deportes, arte, cociña e mitoloxía. O galego, lingua romance derivada do latín que se falaba na antiga Gallaecia romana, é a lingua propia de Galicia e constitúe a máxima expresión cultural do pobo galego.
As inmunoglobulinas W ou IgW son un tipo de inmunoglobulinas que aparecen en peixes cartilaxinosos e pulmonados e celacantos, pero non nos demais peixes óseos. Ata agora identificáronse tres clases de Ig en elasmobanquios adultos: IgM, IgNAR e IgW. Exprésanse fortemente no páncreas, e en menor nivel no bazo, branquias, riles e gónadas destes peixes. O descubrimento de IgW nos peixes pulmonados suxire que esta Ig estaba xa presente no antepasado común dos peixes óseos e cartilaxinosos, hai 460 millóns e anos.
Adolfo Prego de Oliver Domínguez
Adolfo Prego de Oliver Domínguez, nado en Ourense o 1 de xaneiro de 1913 e finado en Madrid o 15 de outubro de 2000, foi un xornalista, escritor e crítico teatral galego.
De Ninghures é unha banda galega de música folk conformada, á altura de 2019, por un total de 7 integrantes, naturais de distintas localidades do país, tales como Carballo, Santiago de Compostela ou A Fonsagrada. Como grupo, caracterízase pola mestura de ritmos e sons de raíz galega cos equivalentes doutros pobos ibéricos, latinoamericanos ou magrebís.
A Odisea é un poema épico atribuído ao grego Homero. Crese que foi escrito no século VIII a.C. nos asentamentos que Grecia tiña na costa oeste de Asia Menor (actual Turquía asiática). A súa tradución ao galego, editado na década de 1990 polo Consello da Cultura Galega, correu a cargo de Evaristo de Sela.
O topónimo Grove pode referirse a: En Galiza O Grove, concello da comarca do Salnés; O Grove, parroquia do devandito concello; O Grove, lugar da devandita parroquia; San Vicente do Grove, parroquia do devandito concello; Grove, lugar da parroquia de Vilamor, no concello de Mondoñedo; Grove, lugar da parroquia de San Xián de Insua, no concello de Taboada; O Grove, lugar da parroquia de Andrade, no concello de Pontedeume.
Lamine Yamal Nasraoui Ebana, nado en Esplugues de Llobregat o 13 de xullo de 2007 é un futbolista español que xoga como dianteiro no FC Barcelona da Primeira División de España. É o xogador máis novo da historia (16 anos e 57 días) en debutar e marcar un gol coa selección de España, na Primeira División de España (16 anos e 87 días), e na Eurocopa en debutar e asistir (16 anos e 338 días) e anotar un gol (16 anos e 361 días).
José Luis Ábalos Meco, nado en Torrent (provincia de Valencia) o 9 de decembro de 1959, é un político español, membro do PSOE, deputado por Valencia deste partido nas IX, X, XI, XII, XIII e XIV lexislaturas. Tamén foi ministro de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana (2020-2021) e ministro de Fomento (2018-2020) do Goberno de España.
HTTP 404, 404 not found, 404, 404 error, page not found ou file not found é unha mensaxe de erro do código estándar de resposta do protocolo HTTP que indica que o cliente se puido comunicar co servidor pero que este non foi capaz de atopar o que se buscaba. Un erro 404 indica que o recurso buscado, xeralmente unha páxina web, pode estar dispoñible no futuro. O erro tamén pode aparecer cando un servidor non quere revelar se ten a información solicitada.
Atendendo á distribución xeográfica e á maneira de se combinaren os fenómenos diferenciadores das falas galegas, poden delimitarse tres grandes complexos lingüísticos ou bloques: occidental, central, e oriental. No interior destes bloques hai varias áreas, zonas lingüísticas de desigual extensión e unidade, delimitables coa isoglosa dun ou dous fenómenos caracterizadores. Esta división baséase fundamentalmente na fonética e mais na morfoloxía; no futuro a análise da distribución de áreas léxicas do ALGa axudará a precisala ou modificala.
Posición do misioneiro invertida
A posición da amazona é calquera posición sexual na que a muller está enriba do seu compañeiro sexual durante a actividade sexual. A posición máis comunmente asociada coa muller na parte superior adoita chamarse posición da vaqueira ou cabalgando, que deriva o seu nome da imaxe da muller que "monta" o home como vaqueira montando a cabalo. Nesta posición, o home adoita deitarse de costas coas pernas pechadas, mentres que a parella está a cabalo sobre el estendendo as pernas a cada lado, normalmente de xeonllos, coas canelas detrás, ou sentado sobre o sexo e as pernas da parella, mirando cara a adiante ou cara a atrás, e o home ou a muller insire o pene erecto do home na vaxina ou no ano da muller.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
A Ilíada (/iˈliaða/; en grego antigo: Ἰλιάς, romanizado: Iliás; "[un poema] sobre Ilión (Troia)") é un dos dous principais poemas épicos da Grecia antiga, atribuídos a Homero, así coma unha das obras literarias máis antigas lidas aínda por audiencias modernas. Do mesmo xeito que na Odisea, o poema divídese en 24 cantos, foi escrito en hexámetro dactílico e contén, na súa versión máis amplamente aceptada, 15 693 versos. O poema, ambientado na guerra de Troia, relata eventos significativos das derradeiras semanas do asedio á cidade de Troia por unha coalición de estados gregos micénicos, que durou dez anos.
Agrupación al Servicio de la República
A Agrupación al Servicio de la República (ASR) foi un movemento político español creado en febreiro de 1931 por José Ortega y Gasset, Gregorio Marañón e Ramón Pérez de Ayala con vistas a «mobilizar todos os españois de oficio intelectual para formaren un copioso continxente de propagandistas e defensores da República española», segundo o seu manifesto fundacional publicado no xornal madrileño El Sol o 10 de febreiro de 1931.
Mauro José Scaloni, nado en Pujato, Arxentina, o 25 de abril de 1976, é un ex futbolista arxentino que xogaba como centrocampista. A súa carreira discorreu á sombra da do seu irmán máis novo, Lionel Scaloni, formando parte sempre dos mesmos clubs que el, pero xogando nos equipos filiais. Cando Lionel deu o salto ao fútbol europeo, fichando polo Deportivo da Coruña, Mauro fixo o mesmo incorporándose ao Fabril, no que permaneceu durante 9 tempadas sen chegar a xogar ningún partido oficial.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. Con 247.376 habitantes (INE 2023), é o segundo municipio máis poboado de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2027
O Campionato Mundial da FIA de Fórmula 1 de 2027 será a 78ª tempada de Fórmula 1 organizada pola Fédération Internationale de l'Automobile (FIA). Está recoñecido pola Fédération Internationale de l'Automobile (FIA), o órgano de goberno internacional do automobilismo, como a máxima clase de competición para coches de carreiras de rodas aberta. O campionato disputarase nunha serie de carreiras, ou Grandes Premios, celebradas en todo o mundo.
Consello Internacional de Enfermaría
O Consello Internacional de Enfermaría (en inglés: International Council of Nurses, ICN) é unha federación que agrupa 141 asociacións nacionais de enfermaría de todo o mundo. Fundado en 1899, foi a primeira organización internacional creada para representar os profesionais da saúde. A súa sede atópase en Xenebra, en Suíza, e a súa misión é promover o desenvolvemento da profesión enfermeira, impulsar a excelencia nos coidados e contribuír á mellora das políticas de saúde a nivel internacional.
Lucio Elio Sexano, nado cara ao 20 a. C. en Volsinii (Etruria) e finado o 18 de outubro do 31, foi un militar romano e confidente do emperador romano Tiberio. Nado na clase ecuestre, Sexano ascendeu ao poder como prefecto da garda pretoriana, da cal foi comandante dende o ano 14 até a súa execución por traizón no ano 31.
Vigo ( pronunciación ) (tamén coñecida como a cidade olívica) é unha cidade e concello da provincia de Pontevedra, na comunidade autónoma de Galicia, no noroeste da Península Ibérica. É a capital da comarca de Vigo, aínda que historicamente pertenceu á comarca de Val de Fragoso. Ademais é a capital da súa área metropolitana.
O rodaballo (Psetta maxima ou Scophthalmus maximus (Linné, 1758) ) é un peixe mariño da familia dos pleuronectiformes que vive en augas pouco profundas e raramente por debaixo dos 150 m, repousando sobre fondos areosos ou de cunchas. Ríos Panisse recolle de Corominas a orixe do nome a partir dunha forma celta *ROTOBALLIOS, o do corpo redondo (de ROTA 'roda' + BALLOS 'membro'). Ós rodaballos pequenos denomínaselles en Cedeira rodos, nome que, segundo Ríos Panisse, sería unha forma regresiva de rodaballo.
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
José Luis Rodríguez Zapatero ( pronunciación ), nado o 4 de agosto de 1960 en Valladolid e criado en León, é un político español, que foi o quinto Presidente do Goberno de España dende a aprobación da Constitución española de 1978. Asumiu o seu cargo despois da vitoria do PSOE nas eleccións ao Congreso dos Deputados do 14 de marzo de 2004, revalidada nos seguintes comicios, celebrados o 9 de marzo de 2008. Deixou o cargo o 21 de decembro de 2011.
O sexo anal é unha práctica sexual que consiste na introdución do pene erecto no ano e o recto da parella, co fin de obter pracer. Outras formas de sexo anal inclúen o fingering, o uso de xoguetes sexuais, o sexo oral realizado no ano (anilingus), e o pegging. O termo sexo anal refírese máis comunmente á penetración do pene no ano, mais algunhas fontes refírense a coito anal para a penetración anal, e sexo anal para calquera forma actividade sexual, especialmente en parellas, e oposta á masturbación anal.
A posición do can é unha postura sexual na que a muller se agacha, se pon a catro patas (xeralmente nas mans e os xeonllos) ou se deita sobre o seu abdome, para manter relacións sexuais, xa sexa penetración sexual ou outra actividade sexual. O estilo can é unha forma de posición de penetración desde atrás, outros están co compañeiro que o recibe deitado de lado na posición sexual da culler ou a posición do misioneiro invertida. O sexo sen penetración nesta posición tamén pode ser considerado como estilo can.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
Forza Aérea dos Estados Unidos de América
A Forza Aérea dos Estados Unidos (en inglés: United States Air Force, USAF) é unha das ramas das Forzas Armadas dos Estados Unidos. É a forza aérea máis grande e máis avanzada tecnoloxicamente do mundo e conta cuns 15 000 avións en servizo e uns 352 000 homes en activo, 72 000 na reserva, e 102 000 na garda aérea nacional (Air National Guard). O 18 de setembro de 1947, trala aprobación da Acta de Seguridade Nacional de 1947, escindiuse do exército (US Army).
Organización Internacional do Traballo
A Organización Internacional do Traballo (OIT) é un organismo especializado das Nacións Unidas que se ocupa das cuestións relativas ó traballo e as relacións laborais. Foi fundada o 11 de abril de 1919, no marco das negociacións do Tratado de Versalles. A súa constitución, sancionada en 1919, compleméntase coa Declaración de Filadelfia de 1944.
Amy Jade Winehouse, nada en Londres, Inglaterra o 14 de setembro de 1983 e finada na mesma cidade o 23 de xullo de 2011, máis coñecida simplemente como Amy Winehouse, foi unha cantante e compositora inglesa recoñecida polo seu alcance vocal contralto, descrito como "acusticamente poderoso" e capaz de expresar "profunda emoción", destacando pola mestura ecléctica de xéneros musicais, incluíndo soul (ás veces denominado como blue-eyed soul e neo soul), rhythm and blues, jazz e reggae. O seu álbum de debut do ano 2003 Frank foi valorado positivamente pola crítica especializada e foi comercialmente un éxito no seu país natal, o Reino Unido, e foi candidato ó premio Mercury Prize. O seguinte álbum de Winehouse do ano 2006, Back to Black, levou cinco premios Grammy, igualando naquel entón a marca de maior número de triunfos nunha única noite para unha artista feminina, e foi a primeira muller británica en gañar cinco premios Grammy, incluíndo a Mellor Artista Revelación, Gravación do Ano e Canción do Ano.
Francisco José Rivera Pantoja, máis coñecido como Kiko Rivera ou Paquirrín, nado en Sevilla o 9 de febreiro de 1984, é un personaxe dos medios español, fillo da cantante Isabel Pantoja e do toureiro Francisco Rivera "Paquirri", que faleceu cando el tiña só 7 meses. Converteuse nun personaxe coñecido polas súas aparicións na prensa rosa e en programas de televisión. Nos últimos anos iniciou a súa carreira como DJ e cantante, con éxitos como Quítate el top (2011), Chica loca (2013) con Dr.Bellido ou Sangre caliente (2016).
Rianxo é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca do Barbanza. Linda ao norte cos municipios de Lousame e Rois, ao oeste con Boiro, ao leste con Dodro e Catoira a través da Ponte de Catoira sobre o río Ulla, e ao sur coa ría de Arousa. Sitúase a menos de 50 km de Santiago de Compostela e a 150 km da capital de provincia galega máis distante: Ourense.
A dobre penetración (ás veces chamada DP para abreviar) é unha práctica sexual que consiste en que unha persoa é penetrada simultaneamente por múltiples orificios ou nun único orificio por dous penes ou outros obxectos. Comunmente, no caso de que a persoa penetrada sexa unha muller, o habitual é que a dobre penetración se realice a través do orificio vaxinal e o ano ao mesmo tempo.
Mary Jane Seacole, nada como Mary Jane Grant en Kingston en 1805 e finada en Londres o 14 de maio de 1881, foi unha enfermeira, empresaria e filántropa xamaicana de ascendencia escocesa e crioula. É coñecida polo labor asistencial que desenvolveu durante a guerra de Crimea, onde fundou o British Hotel, un establecemento situado preto da fronte que ofrecía aloxamento, alimentos e atención aos oficiais enfermos e aos soldados feridos. Ademais de administrar o establecemento, desprazábase aos campos de batalla para prestar asistencia aos militares feridos.
Exército Guerrilheiro do Povo Galego Ceive
O Exército Guerrilheiro do Povo Galego Ceive (EGPGC) foi un grupo terrorista galego operativo en Galicia entre 1986 e 1991 cuxo obxectivo era a independencia de Galicia e a instauración dun réxime socialista. Foi fundado por membros de Galiza Ceive-OLN e do Partido Comunista de Liberación Nacional (PCLN). O EGPGC estivo operativo entre 1986 e 1991, tempo durante o cal levaron a cabo arredor de 90 atentados, a maioría dos cales contra torres de alta tensión de Unión Fenosa en zonas deshabitadas.
Manuel Rivas Barrós, nado no barrio coruñés de Montealto o 26 de outubro de 1957, é un escritor, poeta, ensaísta e xornalista galego, membro de número da Real Academia Galega dende 2009. A súa obra literaria está escrita orixinalmente en galego e é considerado na actualidade o escritor galego con máis proxección internacional, a súa obra está traducida a vinte idiomas, entre eles o francés, italiano, inglés, alemán, grego, turco, ruso, finés, holandés, croata e xaponés. Entre outros moitos premios é Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes (2022) e Premio Nacional das Letras Españolas (2024) do Goberno de España.
As chamadas matanzas de Paracuellos foron unha serie de episodios de execucións masivas organizadas durante a batalla de Madrid, no transcurso da guerra civil española, que levaron á morte de algo máis de dous mil prisioneiros considerados opostos ao bando republicano. Os feitos desenvolvéronse en dous lugares próximos á cidade de Madrid: as paraxes do regato de San José, en Paracuellos de Jarama, e no souto de Aldovea, no termo municipal de Torrejón de Ardoz. As execucións realizáronse aproveitando os traslados de presos de diversos cárceres madrileños, coñecidos popularmente como sacas, levados a cabo entre o 7 de novembro e o 4 de decembro de 1936, mentres se enfrontaban as tropas gobernamentais e franquistas polo control da cidade.
María Soledad Soengas González, nada en Agolada en 1968, é unha científica galega especialista en microbioloxía e recoñecida investigadora a nivel mundial sobre o melanoma. Dende 2008 lidera o Grupo de Melanoma do Centro Nacional de Investigacións Oncolóxicas, equipo que vén traballando dende 2017 en torno ao papel que a proteína midkina xoga na metástase do melanoma.
Maria Anna Cecilia Sophia Kalogeropoulos, nada en Nova York o 2 de decembro de 1923 e finada en París o 16 de setembro de 1977, máis coñecida polo nome artístico de Maria Callas, foi unha soprano grega, a máis famosa cantante de ópera do período de posguerra. Combinaba unha impecable técnica do bel canto cun gran talento dramático, o que fixo dela a máis famosa actriz cantante naquela época. Era extraordinariamente versátil, xa que o seu repertorio ía dende a ópera seria clásica, como La Vestale de Gaspare Spontini, ata as óperas de Giuseppe Verdi, ou Giacomo Puccini.
O Día Nacional de Galicia, coñecido tamén como Día da Patria Galega, Día Nacional da Galiza, Día da Galiza, Día de Galicia ou Día da Patria, é a festa oficial do país galego, segundo decreto da Xunta de Galicia publicado no DOG do 1 de xaneiro de 1979. Celébrase o día 25 de xullo, día da festividade do apóstolo Santiago o Maior.
Lista de nomes masculinos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes masculinos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ) (en castelán: Reino de España, en catalán/valenciano: Regne d'Espanya, en vasco: Espainiako Erresuma, en asturiano: Reinu d'España, en occitano: Reialme d'Espanha e en aragonés: Reino d'España), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera, o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.