Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
O grilo ceboleiro, Gryllotalpa gryllotalpa, é unha especie de insecto ortóptero da familia Gryllotalpidae nativo de Europa Occidental e norte de África, aínda que foi exportado ao leste de Asia, a América do Sur e ao leste dos Estados Unidos.[Cómpre referencia] En galego tamén é coñecido como alacrán ceboleiro, carriola, corta, cortón, osa, ralo ou relo. Marcial Valladares chámao grilo-toupa. Eladio Rodríguez distingue entre o grilo ceboleiro ou grilo real e o grilo toupa.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
A criptomeria ou cedro xaponés, Cryptomeria japonica (L.f.) D. Don, é a única especie de árbore do xénero Cryptomeria. É unha conífera pertencente á familia das cupresáceas, endémica do Xapón, onde é coñecida co nome xaponés de sugi (杉). En Occidente incrementouse o uso do termo "sugi" para se referir a esta árbore, xa que semella máis axeitado ca o usado antigamente: "cedro xaponés", xa que o "sugi" non é un auténtico cedro (xénero Cedrus).
O Día Nacional de Galicia, coñecido tamén como Día da Patria Galega, Día Nacional da Galiza, Día da Galiza, Día de Galicia ou Día da Patria, é a festa oficial do país galego, segundo decreto da Xunta de Galicia publicado no DOG do 1 de xaneiro de 1979. Celébrase o día 25 de xullo, día da festividade do apóstolo Santiago o Maior.
De Ninghures é unha banda galega de música folk conformada, á altura de 2019, por un total de 7 integrantes, naturais de distintas localidades do país, tales como Carballo, Santiago de Compostela ou A Fonsagrada. Como grupo, caracterízase pola mestura de ritmos e sons de raíz galega cos equivalentes doutros pobos ibéricos, latinoamericanos ou magrebís.
O accidente ferroviario de Angrois de 2013 foi un descarrilamento ferroviario sucedido o 24 de xullo de 2013 no lugar de Angrois, en Santiago de Compostela. Foi o accidente de tren máis grave da historia de Galicia e de España, se ben hai hipóteses que sinalan que o máis grave da historia de España foi o accidente de Torre del Bierzo, que tamén facía ruta dende a meseta ata Galicia. Ademais, tamén foi o primeiro accidente de tren mortal producido nunha liña de alta velocidade en España.
A Inmunoprecipitación (IP) é unha técnica para precipitar un antíxeno proteico dunha solución usando un anticorpo que se une especificamente a esa determinada proteína. Este proceso pode usarse para illar e concentrar unha determinada proteína nunha mostra que contén milleiros de proteínas diferentes. A inmunoprecipitación require que o anticorpo estea acoplado a un substrato sólido nalgún momento do procedemento.
Joaquín Domínguez Portela, coñecido como Elxokas, nado en Lugo o 13 de abril de 1991, é un influenciador, streamer, youtuber e creador de contido en Twitch e YouTube. Comezou como streamer en 2018 en Twitch creando contido do videoxogo World of Warcraft. En 2019, era xa o creador de contido máis grande da comunidade hispanofalante nesta categoría.
Maria Anna Cecilia Sophia Kalogeropoulos, nada en Nova York o 2 de decembro de 1923 e finada en París o 16 de setembro de 1977, máis coñecida polo nome artístico de Maria Callas, foi unha soprano grega, a máis famosa cantante de ópera do período de posguerra. Combinaba unha impecable técnica do bel canto cun gran talento dramático, o que fixo dela a máis famosa actriz cantante naquela época. Era extraordinariamente versátil, xa que o seu repertorio ía dende a ópera seria clásica, como La Vestale de Gaspare Spontini, ata as óperas de Giuseppe Verdi, ou Giacomo Puccini.
Tadej Pogačar, nado en Klanec, Komenda, o 21 de setembro de 1998, é un ciclista esloveno, membro do equipo UAE Team Emirates. En 2019 converteuse no ciclista máis novo en gañar unha carreira por etapas da UCI WorldTour (máxima categoría do ciclismo profesional) ao vencer no Tour de California 2019 con só 20 anos. Tamén gañou ese ano tres etapas na Volta a España 2019, na que acabou terceiro.
Santa Cristina, coñecida tamén como Cristina de Bolsena, Cristina de Tiro ou Cristina a Gran Mártir, é unha santa do século III venerada pola Igrexa católica, a Igrexa ortodoxa e a Igrexa anglicana. Escavacións na contorna do lago de Bolsena descubriron o seu culto xa no século V, polo que é posible que a tradición oriental que conecta a santa Cristina coa cidade fenicia de Tiro se deba a unha confusión co nome dunha localidade preto de Bolsena. A súa festividade celébrase o 24 de xullo.
Carmen é unha ópera en catro actos con música do compositor francés Georges Bizet sobre un libreto en francés de Henri Meilhac e Ludovic Halévy, baseado na novela de Prosper Mérimée Carmen. A ópera foi estreada o 3 de marzo de 1875 na Opéra-Comique de París baixo a dirección de Adolphe Deloffre sen un particular éxito.
Unha máquina comecartos ou simplemente un comecartos é un aparello automático concibido para ofrecer xogos de aposta sen a intervención dun empregado. Estes dispositivos poden ser mecánicos, electrónicos ou dixitais. O xogo consiste en introducir unha moeda coa esperanza de que saia unha combinación gañadora e obter un premio en metálico que proporciona a propia máquina.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Para ver unha introdución non enciclopédica para os visitantes do que é a Wikipedia, véxase Wikipedia:Acerca de. A Wikipedia é un proxecto de enciclopedia de contido libre, multilingüe e de contido aberto operativo grazas á organización sen ánimo de lucro Fundación Wikimedia. O seu nome é unha mestura das palabras wiki (unha tecnoloxía para crear páxinas web colaborativas) e enciclopedia.
Os galegos son un grupo nacional, cultural e etnolingüístico que vive maioritariamente en Galicia, no noroeste da Península Ibérica, pero que por mor da emigración histórica tamén ten importantes poboacións noutras partes de España, Europa e América. Os galegos teñen os seus propios costumes, cultura, lingua, música, danza, deportes, arte, cociña e mitoloxía. O galego, lingua romance derivada do latín que se falaba na antiga Gallaecia romana, é a lingua propia de Galicia e constitúe a máxima expresión cultural do pobo galego.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Unión Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Os awīlū (singular awīlum) eran unha das tres clases nas que se dividía a sociedade das antigas Esnunna e Babilonia, segundo as interpretacións derivadas do estudo das Leis de Esnunna e o Código de Hammurabi. As outras dúas clases eran os wārdū (escravos) e os muškēnū (un grupo social intermedio de características exactas moi debatidas). Awīlum significa literalmente home libre.
A candorca ou alcandorca, (Orcinus orca) é unha especie de cetáceo odontoceto da familia dos delfínidos, a única do xénero Orcinus. É o membro de maior tamaño dos chamados golfiños oceánicos, e pode chegar a pesar 10 t. Poderoso e versátil depredador, pode cazar peixes, pinnípedes, cefalópodos, aves e tartarugas.
Xosé Santiago Neira Vilas, nado en Gres (Vila de Cruces) o 3 de novembro de 1928 e finado no mesmo lugar o 27 de novembro de 2015, foi un xornalista, recoñecido e premiado escritor galego en lingua galega e lingua castelá e dinamizador cultural, emigrante na Arxentina e Cuba, membro da Real Academia Galega, Medalla Castelao e Medalla de Ouro de Galicia, autor dunha ampla obra narrativa, na que destaca Memorias dun neno labrego (1961), o libro máis editado da historia da literatura galega. Cultivou tamén o ensaio, a poesía e a literatura infantil. A súa obra, tanto por calidade como por cantidade, converteuno nun clásico das letras de Galicia.
Borja Iglesias Quintás, nado en Santiago de Compostela o 13 de xaneiro de 1993, é un futbolista galego que xoga na demarcación de dianteiro centro no Celta de Vigo da Primeira División. Formouse nas canteiras do Santiago, do Valencia e do Villarreal e debutou na Primeira División coa camiseta do Celta de Vigo en 2015, despois de militar varios anos no seu filial, do que é o máximo goleador histórico. A continuación conseguiu boas cifras goleadoras no Zaragoza e no Espanyol e en 2019 fichou polo Betis.
Os wārdū (singular wārdum) eran unha das tres clases nas que se dividía a sociedade das antigas Esnunna e Babilonia, segundo as interpretacións derivadas do estudo das Leis de Esnunna e o Código de Hammurabi. As outras dúas clases eran os awīlū (persoas libres) e os muškēnū (un grupo social intermedio de características exactas moi debatidas). Os wārdū eran escravos, que constituían a clase social máis baixa da antiga Babilonia.
Os Pinos é o himno galego, un texto poético de Eduardo Pondal de 1890, incluído, dende 1935, nas edicións do libro de poemas Queixumes dos pinos (1886), concretamente das dúas primeiras partes, musicado por Pascual Veiga. Foi adoptado oficialmente como himno trala aprobación do Estatuto de autonomía de Galicia de 1981.
Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2027
O Campionato Mundial da FIA de Fórmula 1 de 2027 será a 78ª tempada de Fórmula 1 organizada pola Fédération Internationale de l'Automobile (FIA). Está recoñecido pola Fédération Internationale de l'Automobile (FIA), o órgano de goberno internacional do automobilismo, como a máxima clase de competición para coches de carreiras de rodas aberta. O campionato disputarase nunha serie de carreiras, ou Grandes Premios, celebradas en todo o mundo.
A masturbacion coas mamas ou coito mamario é un acto sexual, que se realiza como preludio ou como sexo sen penetración, que implica a estimulación do pene cos peitos dunha muller e viceversa. Implica colocar o pene entre os peitos dunha muller e mover o pene cara a arriba e abaixo para simular a penetración sexual e para crear pracer sexual. Pódese usar como alternativa a unha masturbación manual.
Andrés Parada Alvite, nado en Ribeira o 27 de setembro de 1938, é un exfutbolista galego máis coñecido como Suco. Xogaba de extremo esquerdo e tras destacar no Racing de Ferrol foi fichado polo FC Barcelona, co que gañou unha liga e unha Copa de Feiras. Posteriormente xogou no Racing de Santander e no Valencia, antes de pechar a súa carreira no Deportivo da Coruña.
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
Antonio García Matos, coñecido como Toninho, nado en Santiago de Compostela o 18 de outubro de 1967, é un activista galego do independentismo vinculado polos medios e por fontes xudiciais á chamada organización Resistência Galega ou REGA, un grupo independentista galego que foi declarado organización terrorista no Estado español.
Mauro José Scaloni, nado en Pujato, Arxentina, o 25 de abril de 1976, é un ex futbolista arxentino que xogaba como centrocampista. A súa carreira discorreu á sombra da do seu irmán máis novo, Lionel Scaloni, formando parte sempre dos mesmos clubs que el, pero xogando nos equipos filiais. Cando Lionel deu o salto ao fútbol europeo, fichando polo Deportivo da Coruña, Mauro fixo o mesmo incorporándose ao Fabril, no que permaneceu durante 9 tempadas sen chegar a xogar ningún partido oficial.
A Odisea é un poema épico atribuído ao grego Homero. Crese que foi escrito no século VIII a.C. nos asentamentos que Grecia tiña na costa oeste de Asia Menor (actual Turquía asiática). A súa tradución ao galego, editado na década de 1990 polo Consello da Cultura Galega, correu a cargo de Evaristo de Sela.
A segunda guerra mundial foi un conflito armado a escala mundial que durou do 1 de setembro de 1939 ó 2 de setembro de 1945. Involucrou a maioría de países do mundo, incluídas todas as grandes potencias que eventualmente formaron dúas alianzas militares opostas: os Aliados e o Eixe. Foi a guerra de máis alcance da historia, involucrando directamente máis de 100 millóns de persoas de máis de 30 países.
El Tiemblo é unha localidade e un concello da provincia de Ávila, na comunidade autónoma de Castela e León. Atópase situado na vertente setentrional da serra de Gredos. O termo municipal, que pertence ao partido xudicial de Ávila e ás comarcas de Valle del Alberche e de Tierra de Pinares, ten unha poboación de 4526 habitantes, segundo o INE de 2024.
Masinisa (en númida: MSNSN), nado en -238 e finado en -148, foi un antigo rei númida mellor coñecido por dirixir unha federación de tribos bérberes massylii durante a segunda guerra púnica (218-201 a.C.), uníndoos finalmente nun reino que se converteu nunha gran potencia rexional no norte de África. Moito do que se sabe acerca de Masinisa provén de Ab urbe condita libri de Tito Livio, e en menor medida do Soño de Escipión de Cicerón. Como fillo dun xefe númida aliado a Cartago, loitou contra os romanos na segunda guerra púnica, pero máis tarde cambiou de bando ao concluír que Roma prevalecería.
O topónimo Vila pode referirse a: En Galiza Vila, parroquia do concello de Calvos de Randín; Vila, lugar de devandita parroquia; Vila, parroquia do concello de Carballeda de Valdeorras; Vila, lugar de devandita parroquia; Vila de Mouros, parroquia do concello do Incio; Vilacampa, parroquia do concello do Valadouro; Viladabade, parroquia do concello de Tordoia; Viladavil, parroquia do concello de Arzúa; Viladonelle, parroquia do concello de Neda; Viladonga, parroquia do concello de Castro de Rei; Vilaformán, parroquia do concello de Trabada; Vilalonga, parroquia do concello de Sanxenxo; Vilamateo, parroquia do concello de Vilarmaior; Vilantime, parroquia do concello de Arzúa; Vilaronte, parroquia do concello de Foz; Vilarromarís, parroquia do concello de Oroso; Vilarrube, parroquia do concello de Valdoviño; Vila Herminia, lugar de devandita parroquia; Vilaselán, parroquia do concello de Ribadeo; Vilasouto, parroquia do concello do Incio; Vila, lugar da parroquia de Ledesma, no concello de Boqueixón; Vila, lugar da parroquia de Carballedo, no concello de Carballedo; Vila, lugar da parroquia de Alcázar de Milmanda, no concello de Celanova; Vila, lugar da parroquia de Campo, no concello do Irixo; Vila, lugar da parroquia de Santiso, no concello de Lalín; Vila, lugar da parroquia de Pin, no concello de Navia de Suarna; Vila, lugar da parroquia de Esperante, no concello de Taboada; Vila, lugar da parroquia da Rigueira, no concello de Xove; Vila, lugar da parroquia de San Martiño de Meanos, no concello de Zas; A Vila, lugar da parroquia de Borraxeiros, no concello de Agolada; A Vila, lugar da parroquia de Augas Santas, no concello de Allariz; A Vila, lugar da parroquia de Muniferral, no concello de Aranga; A Vila, lugar da parroquia de Arbo, no concello de Arbo; A Vila, lugar da parroquia de Begonte, no concello de Begonte; A Vila, lugar da parroquia de Gaibor, no concello de Begonte; A Vila, lugar da parroquia de San Vicente de Pena, no concello de Begonte; A Vila, lugar da parroquia de Trobo, no concello de Begonte; A Vila, lugar da parroquia de Pazos de Arenteiro, no concello de Boborás; A Vila, lugar da parroquia de Mercurín, no concello de Boimorto; A Vila, lugar da parroquia de Rodieiros, no concello de Boimorto; A Vila, lugar da parroquia de Freituxe, no concello de Bóveda; A Vila, lugar da parroquia da Cova, no concello de Carballedo; A Vila, lugar da parroquia de Santo Estevo de Farnadeiros, no concello do Corgo; A Vila, lugar da parroquia de Eirexalba, no concello do Incio; A Vila, lugar da parroquia de Laiosa, no concello do Incio; A Vila, lugar da parroquia de Santa María do Mao, no concello do Incio; A Vila, lugar da parroquia da Xesta, no concello de Lalín; A Vila, lugar da parroquia de Lobeira, no concello de Lobeira; A Vila, lugar da parroquia de Araúxo, no concello de Lobios; A Vila, lugar da parroquia de Prógalo, no concello de Lugo; A Vila, lugar da parroquia de Rubiás, no concello de Lugo; A Vila, lugar da parroquia de Maceda, no concello de Melide; A Vila, lugar da parroquia de Castro, no concello de Mesía; A Vila, lugar da parroquia de San Xurxo de Moeche, no concello de Moeche; A Vila, lugar da parroquia de Bascós, no concello de Monforte de Lemos; A Vila, lugar da parroquia das Nocedas, no concello de Monforte de Lemos; A Vila, lugar da parroquia de Vilar de Donas, no concello de Palas de Rei; A Vila, lugar da parroquia de Pantón, no concello de Pantón; A Vila, lugar da parroquia de San Vicente de Castillón, no concello de Pantón; A Vila, lugar da parroquia de Moscán, no concello do Páramo; A Vila, lugar da parroquia de Toubes, no concello da Peroxa; A Vila, lugar da parroquia de Eixón, no concello da Pobra do Brollón; A Vila, lugar da parroquia de Vilavella, no concello das Pontes de García Rodríguez; A Vila, lugar da parroquia de Vilela, no concello de Punxín; A Vila, lugar da parroquia de Rodeiro, no concello de Rodeiro; A Vila, lugar da parroquia de Formigueiros, no concello de Samos; A Vila, lugar da parroquia de Pereda, no concello de San Cristovo de Cea; A Vila, lugar da parroquia de Ferreira, no concello de San Sadurniño; A Vila, lugar da parroquia de Naraío, no concello de San Sadurniño; A Vila, lugar da parroquia de San Miguel de Vilapedre, no concello de Sarria; A Vila, lugar da parroquia de Recemel, no concello das Somozas; A Vila, lugar da parroquia de Meixonfrío, no concello de Taboada; Vila Clara, lugar da parroquia de Dorneda, no concello de Oleiros; Vila da Area, lugar da parroquia de San Xurxo da Mariña, no concello de Ferrol; A Vila da Carreira, lugar da parroquia de Ferreira de Pantón, no concello de Pantón; Vila da Eirexa, lugar da parroquia de San Xurxo da Mariña, no concello de Ferrol; Vila de Amigo, lugar da parroquia de Portas, no concello de Portas; A Vila de Anca, lugar da parroquia de Anca, no concello de Neda; A Vila de Bares, lugar da parroquia de Bares, no concello de Mañón; Vila de Cais, lugar da parroquia de Toldaos, no concello do Incio; A Vila de Cambás, lugar da parroquia de Cambás, no concello de Aranga; A Vila de Castro, lugar da parroquia de Foxado, no concello de Curtis; A Vila de Tres, lugar da parroquia de Monseiro, no concello de Láncara; A Vila do Cabo, lugar da parroquia de Antas, no concello da Lama; Vila do Castro, lugar da parroquia de San Xoán de Lóuzara, no concello de Samos; A Vila do Río, lugar da parroquia de San Román de Montoxo, no concello de Cedeira; A Vila do Souto, lugar da parroquia de Ferreira de Pantón, no concello de Pantón; Vila Fernández, lugar da parroquia de Marantes, no concello de Santiago de Compostela; Vila Valdés, lugar da parroquia de Ordes, no concello de Ordes; Vila Verde, lugar da parroquia de Calo, no concello de Teo; Os Agros da Vila, lugar da parroquia de Lesón, no concello da Pobra do Caramiñal; Aira da Vila, lugar da parroquia de Fión, no concello do Saviñao; Area da Vila, lugar da parroquia de Camariñas, no concello de Camariñas; Campos de Vila, lugar da parroquia do Hospital, no concello de Quiroga; Cances da Vila, lugar da parroquia de Cances, no concello de Carballo; Casal da Vila, lugar da parroquia de San Xosé de Ribarteme, no concello das Neves; Chan de Vila, lugar da parroquia de Bordóns, no concello de Sanxenxo; Chao de Vila, lugar da parroquia de Agüeira, no concello de Becerreá; Fontevila, lugar da parroquia de Vigo, no concello de Cambre; Fraga de Vila, lugar da parroquia da Graña de Vilarente, no concello de Abadín; A Lama da Vila, lugar da parroquia de Santo André, no concello das Nogais; O Outeiro da Vila, lugar da parroquia de Catoira, no concello de Catoira; O Porto da Vila, lugar da parroquia de Roupar, no concello de Xermade; Quinzán da Vila, lugar da parroquia de Adá, no concello de Chantada; Río da Vila, lugar da parroquia de Labacengos, no concello de Moeche; O Río da Vila, lugar da parroquia de Meaño, no concello de Meaño; O Souto da Vila, lugar da parroquia de Abalo, no concello de Catoira; O Souto da Vila, lugar da parroquia de San Xurxo de Moeche, no concello de Moeche; Veiga de Vila, lugar da parroquia de Rebordechán, no concello de Crecente; Veiga da Vila, lugar da parroquia de Nogueira, no concello de Meis; As Veigas da Vila, lugar da parroquia das Pontes de García Rodríguez, no concello das Pontes de García Rodríguez; Vilabalde, lugar da parroquia de Figueiroá, no concello de Sober; Vilaboi, lugar da parroquia de Loira, no concello de Valdoviño; Vilabranca, lugar da parroquia de Soñeiro, no concello de Sada; Vilabuíl, lugar da parroquia de Castrofeito, no concello do Pino; Vilabuín, lugar da parroquia de Miñotos, no concello de Ourol; Vilacacín, lugar da parroquia de Cedeira, no concello de Cedeira; Vilacalva, lugar da parroquia de Cira, no concello de Silleda; Vilacarpide, lugar da parroquia de Pacio, no concello de Friol; Vilaceite, lugar da parroquia de Loureiro, no concello de Samos; Vilaceleiro, lugar da parroquia de Segovia, no concello do Corgo; Vilacemil, lugar da parroquia de Budián, no concello do Valadouro; Vilachaíño, lugar da parroquia de Teo, no concello de Teo; Vilacimas, lugar da parroquia de Xerdiz, no concello de Ourol; Vilacizal, lugar da parroquia de Santa Cilla do Valadouro, no concello de Foz; Vilacorbe, lugar da parroquia de Folgosa, no concello do Corgo; Vilacornelle, lugar da parroquia do Val, no concello de Narón; Vilacote, lugar da parroquia de Riomol, no concello de Castroverde; Vilacrespo, lugar da parroquia de Anzo, no concello de Lalín; Vilacriste, lugar da parroquia de Cora, no concello da Estrada; A Viladafonso, lugar da parroquia de Olives, no concello da Estrada; Viladaíde, lugar da parroquia de San Cosme de Barreiros, no concello de Barreiros; Viladarcas, lugar da parroquia de Barbeito, no concello de Vilasantar; Viladeite, lugar da parroquia de Vilapún, no concello de Cervantes; Viladriz, lugar da parroquia de Lamas de Moreira, no concello da Fonsagrada; O Viladroiro, lugar da parroquia da Devesa, no concello de Ribadeo; Vilaescusa, lugar da parroquia da Valenzá, no concello de Barbadás; Vilaester, lugar da parroquia de Rioaveso, no concello de Vilalba; Vilaestremil, lugar da parroquia de Frexulfe, no concello do Valadouro; Vilafabeiro, lugar da parroquia de Roo, no concello de Noia; Vilafaíl, lugar da parroquia de Queixeiro, no concello de Monfero; Vilafernández, lugar da parroquia de Olveira, no concello de Dumbría; Vilaferreiros, lugar da parroquia de Alborés, no concello de Mazaricos; Vilaflor, lugar da parroquia de Paizás, no concello de Ramirás; Vilaflores, lugar da parroquia de San Martiño de Pacios, no concello de Begonte; Vilafranca, lugar da parroquia de Marcón, no concello de Pontevedra; Vilafrial, lugar da parroquia de San Tomé de Cancelada, no concello de Cervantes; Vilafrime, lugar da parroquia de Vieiro, no concello da Fonsagrada; Vilagabe, lugar da parroquia de San Pedro de Mor, no concello de Alfoz do Castrodouro; Vilagamelle, lugar da parroquia de Cabreiros, no concello do Corgo; Vilagocende, lugar da parroquia de San Martín de Suarna, no concello da Fonsagrada; Vilagoíz, lugar da parroquia da Devesa, no concello de Ribadeo; Vilagoncide, lugar da parroquia de Pin, no concello de Navia de Suarna; Vilagondriz, lugar da parroquia de Lanzós, no concello de Vilalba; Vilagormar, lugar da parroquia de Pousada, no concello de Pastoriza; Vilagude, lugar da parroquia de Moreira, no concello da Estrada; Vilagudel, lugar da parroquia da Veiga de Logares, no concello da Fonsagrada; Vilaguillulfe, lugar da parroquia de Cartelos, no concello de Carballedo; Vilaguisada, lugar da parroquia de Xermar, no concello de Cospeito; Vilalbarro, lugar da parroquia de Oroso, no concello de Oroso; Vilaldar, lugar da parroquia de Miraz, no concello de Friol; Vilalence, lugar da parroquia de Goián, no concello de Sarria; Vilallonte, lugar da parroquia de Sedes, no concello de Narón; Vilalpol, lugar da parroquia de Portocelo, no concello de Xove; Vilaluz, lugar da parroquia do Castro, no concello de Cervantes; Vilalverde, lugar da parroquia de Xerdiz, no concello de Ourol; Vilamar, lugar da parroquia de San Xusto de Cabarcos, no concello de Barreiros; Vilamarce, lugar da parroquia de Santa Comba, no concello de Lugo; Vilamarcol, lugar da parroquia de Magazos, no concello de Viveiro; Vilamariz, lugar da parroquia de Arante do concello de Ribadeo; Vilamarta, lugar da parroquia de Rodís do concello de Cerceda; Vilameixe, lugar da parroquia de Vale, no concello de Baralla; Vilameixide, lugar da parroquia de Freixís, no concello de Navia de Suarna; Vilamel, lugar da parroquia de Outeiro, no concello de Castro de Rei; Vilamiñao, lugar da parroquia de Cuíña, no concello de Lugo; Vilamoire, lugar da parroquia de Breamo, no concello de Pontedeume; A Vilamoura, lugar da parroquia de Oíns, no concello de Arzúa; Vilamouro, lugar da parroquia de Tabeaio, no concello de Carral; Vilance, lugar da parroquia de Valboa, no concello de Monterroso; Vilancosta, lugar da parroquia de Berres, no concello da Estrada; Vilandriz, lugar da parroquia da Devesa, no concello de Ribadeo; Vilane, lugar da parroquia de Antas de Ulla, no concello de Antas de Ulla; Vilanoviña, lugar da parroquia de Paradela, no concello de Meis; Vilantes, lugar da parroquia de Tremoedo, no concello de Vilanova de Arousa; Vilanustre, lugar da parroquia de Asados, no concello de Rianxo; Vilañán, lugar da parroquia do Hospital, no concello de Quiroga; Vilapape, lugar da parroquia de Vilarmaior, no concello de Vilarmaior; Vilaperre, lugar da parroquia de Loxo, no concello de Touro; Vilapide, lugar da parroquia de Albeos, no concello de Crecente; Vilapiñol, lugar da parroquia da Fonsagrada, no concello da Fonsagrada; Vilapol, lugar da parroquia de Lourenzá, no concello de Lourenzá; Vilaprego, lugar da parroquia de Bardaos, no concello de Tordoia; Vilaprogreso, lugar da parroquia de Cerceda, no concello de Cerceda; Vilaproi, lugar da parroquia de Vedro, no concello de Portomarín; A Vilara, lugar da parroquia de Mourence, no concello de Vilalba; Vilaragonte, lugar da parroquia de San Simón da Costa, no concello de Vilalba; O Vilarao, lugar da parroquia de Santa Cruz do Valadouro, no concello do Valadouro; Vilaravide, lugar da parroquia de San Cristovo do Az, no concello de Rodeiro; Vilaravides, lugar da parroquia de Rosende, no concello do Saviñao; Vilarcai, lugar da parroquia de Esteiro, no concello de Cedeira; Vilarede, lugar da parroquia de Outeiro, no concello de Castro de Rei; Vilarés, lugar da parroquia de Vilaza, no concello de Gondomar; Vilaresmo, lugar da parroquia de Cicillón, no concello de Taboada; Vilarigo, lugar da parroquia de Fraialde, no concello de Pol; Vilariz, lugar da parroquia de Oleiros, no concello de Vilalba; A Vilarradeira, lugar da parroquia de Castelo, no concello de Trazo; Vilarramil, lugar da parroquia de Quindimil, no concello de Palas de Rei; Vilarreis, lugar da parroquia de Dena, no concello de Meaño; Vilarrel, lugar da parroquia de Castrofeito, no concello do Pino; Vilarreme, lugar da parroquia de Piñeiró, no concello do Saviñao; Vilarrodís, lugar da parroquia de Oseiro, no concello de Arteixo; Vilas, lugar da parroquia de Bastavales, no concello de Brión; Vilas, lugar da parroquia de Cervo, no concello de Cedeira; Vilas, lugar da parroquia de Morgadáns, no concello de Gondomar; Vilas, lugar da parroquia de Fruíme, no concello de Lousame; Vilas, lugar da parroquia de Posmarcos, no concello da Pobra do Caramiñal; Vilas, lugar da parroquia de Asados, no concello de Rianxo; Vilas, lugar da parroquia de Fecha, no concello de Santiago de Compostela; O Barrio de Vilas, lugar da parroquia de Loureza, no concello de Oia; Vilasal, lugar da parroquia de Anxeriz, no concello de Tordoia; Vilasanche, lugar da parroquia de Serantes, no concello de Ferrol; Vilasancho, lugar da parroquia de Sello, no concello de Lalín; Vilasantán, lugar da parroquia de Covas, no concello de Baralla; Vilaselle, lugar da parroquia da Esperela, no concello de Baleira; Vilasenín, lugar da parroquia de Leira, no concello de Ordes; Vilaserío, lugar da parroquia de Bugallido, no concello de Negreira; Vilasibil, lugar da parroquia de Meiraos, no concello de Folgoso do Courel; Vilasilvestre, lugar da parroquia de Belesar, no concello de Vilalba; Vilasindre, lugar da parroquia de Cangas, no concello de Foz; Vilasión, lugar da parroquia de San Fiz de Amarante, no concello de Antas de Ulla; Vilasol, lugar da parroquia de Padornelo, no concello de Pedrafita do Cebreiro; Vilaspesa, lugar da parroquia de Fontecuberta, no concello de Palas de Rei; Vilastrexe, lugar da parroquia de Villestro, no concello de Santiago de Compostela; Vilastriz, lugar da parroquia de Recemel, no concello das Somozas; Vilasusao, lugar da parroquia de Farnadeiros, no concello do Corgo; Vilasuxá, lugar da parroquia de Moura, no concello de Nogueira de Ramuín; Vilate, lugar da parroquia de Lanzós, no concello de Vilalba; Vilatiñosa, lugar da parroquia de Rosende, no concello do Saviñao; Vilatuíxe, lugar da parroquia de Santa Cilla do Valadouro, no concello de Foz; Vilaúde, lugar da parroquia de San Pedro de Mor, no concello de Alfoz do Castrodouro; Vilauriz, lugar da parroquia de Cubilledo, no concello de Baleira; Vilauxín, lugar da parroquia de Barcela, no concello de Negueira de Muñiz; Vilavedra, lugar da parroquia de Romai, no concello de Portas; Vilavexe, lugar da parroquia de Santo André, no concello das Nogais; Vilavidal, lugar da parroquia de Santo André de Penosiños, no concello de Ramirás; Vilavide, lugar da parroquia de Trasanquelos, no concello de Oza Cesuras; Vilaxán, lugar da parroquia do Mosteiro, no concello de Cervantes; Vilaxestoso, lugar da parroquia de San Fiz de Monfero, no concello de Monfero; Vilaxuega, lugar da parroquia de Xil, no concello de Meaño; Vilaxurxo, lugar da parroquia de Barredo, no concello de Castroverde; Vilaxuso, lugar da parroquia de Meira, no concello de Meira; Vilazanche, lugar da parroquia de Santa Cruz de Moeche, no concello de Moeche; Ardevila, lugar da parroquia de Dorna, no concello de Cervantes; Cabovila, lugar da parroquia de Calo, no concello de Teo; Caldavila, lugar da parroquia de Loño, no concello de Vila de Cruces; Eilavila, lugar da parroquia de Gondulfe no concello de Taboada; Mediavila, lugar da parroquia de Cecebre, no concello de Cambre; Miegodevila, lugar da parroquia de Melias, no concello de Coles; Pontavila, lugar da parroquia de Foxado, no concello de Curtis; A Ribeira de Vilapape, lugar da parroquia de Vilarello, no concello de Láncara; Soavila lugar da parroquia de Cañás, no concello de Carral; Susovila, lugar da parroquia de Bodaño, no concello de Vila de Cruces.
Amparo Cebrián Fernández de Villegas, nada en Salamanca o 11 de decembro de 1883 e finada en Bogotá en 1955, foi unha pedagoga española ligada á Institución Libre de Enseñanza, vogal do Padroado das Misiones Pedagógicas, esposa de Luis de Zulueta, irmá de Dolores Cebrián e nai de Carmen, Concepción, Juan Antonio, Julián e Carlos.
Pierre-Emerick Emiliano François Aubameyang, nado o 18 de xuño de 1989 en Laval, é un futbolista franco-gabonés que xoga como dianteiro no Deportivo da Coruña, da Primeira División. Anteriormente xogou en clubs de varios países europeos, destacando especialmente no Saint-Étienne, no Borussia Dortmund e no Arsenal, club este último do que foi capitán. É internacional dende 2009 coa selección de Gabón, da que é o máximo goleador histórico.
Posición do misioneiro invertida
A posición da amazona é calquera posición sexual na que a muller está enriba do seu compañeiro sexual durante a actividade sexual. A posición máis comunmente asociada coa muller na parte superior adoita chamarse posición da vaqueira ou cabalgando, que deriva o seu nome da imaxe da muller que "monta" o home como vaqueira montando a cabalo. Nesta posición, o home adoita deitarse de costas coas pernas pechadas, mentres que a parella está a cabalo sobre el estendendo as pernas a cada lado, normalmente de xeonllos, coas canelas detrás, ou sentado sobre o sexo e as pernas da parella, mirando cara a adiante ou cara a atrás, e o home ou a muller insire o pene erecto do home na vaxina ou no ano da muller.
O Tempo Universal Coordenado, ou UTC, tamén coñecido como tempo civil, é o fuso horario de referencia a partir do cal se calculan todas as outras zonas horarias do planeta Terra. É o sucesor do Tempo Medio de Greenwich (Greenwich Mean Time), abreviadamente GMT. Acuñouse esta nova denominación para eliminar a inclusión dunha localización específica nun patrón internacional, así como para basear a medida do tempo nos patróns atómicos, máis do que nos celestes. Ao contrario do GMT, o UTC non se define polo Sol ou as estrelas, senón que se mide polos reloxos atómicos.
Sanguijuelas del Guadiana é unha banda de música emerxente procedente de Casas de Don Pedro (Badaxoz), na comarca da Siberia Estremeña. O seu estilo, que eles mesmos definen como "rock rústico", combina elementos do rock and roll, o punk, o flamenco e a música electrónica con letras que narran a vida cotiá nas zonas rurais da España baleirada.
Un striptease, do inglés strip (espir) e tease (tentar), é un baile sensual, é dicir, un espectáculo no que a persoa que baila vai quitando a roupa gradualmente, xa sexa parcialmente ou completamente, de forma sedutora e de xeito sexualmente suxestivo diante dos espectadores. Realizado xeralmente sobre dunha tarima, en cabarés ou clubs nocturnos, o striptease adoita facerse devagar para provocar no público o desexo dunha maior exhibición. Con ese obxectivo, o executante leva un maior número de pezas de roupa por baixo das primeiras pezas que quita, ou ben xoga a manter a roupa que vai quitando, deixando soamente entrever as partes do corpo que vai espindo.
Aldea del Fresno é un concello da Comunidade de Madrid, en España. Limita ao norte con Chapinería e Navas del Rey; ao sur, con Méntrida e Santa Cruz del Retamar; ao leste con Villamanta e Villamantilla, e ao oeste con Villa del Prado e San Martín de Valdeiglesias. En 2013 tiña unha poboación de 2.574 habitantes.
Rodrigo Paz Pereira, nado en Santiago de Compostela o 22 de setembro de 1967, é un político boliviano, de ascendencia galega, que foi senador nacional na Asemblea Lexislativa Plurinacional de Bolivia pola alianza política Comunidade Cidadá en representación do departamento de Tarija desde 2020. É o presidente electo de Bolivia, tras ser elixido o 19 de outubro de 2025. Ten tamén a nacionalidade española.
A posición do can é unha postura sexual na que a muller se agacha, se pon a catro patas (xeralmente nas mans e os xeonllos) ou se deita sobre o seu abdome, para manter relacións sexuais, xa sexa penetración sexual ou outra actividade sexual. O estilo can é unha forma de posición de penetración desde atrás, outros están co compañeiro que o recibe deitado de lado na posición sexual da culler ou a posición do misioneiro invertida. O sexo sen penetración nesta posición tamén pode ser considerado como estilo can.
Tempada 2025/26 do Celta de Vigo
A tempada 2025/26 foi a número 103 na historia do Celta de Vigo, e a décimo cuarta consecutiva na primeira división española de fútbol.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e hoxe ten un total de 232.611.
Francisco González Galán, coñecido como Paco González, nado na Coruña o 14 de febreiro de 1897 e finado na mesma cidade o 9 de febreiro de 1976, foi un futbolista, adestrador e artista galego. Xogaba como interior dereito ou dianteiro centro e xogou nos dous principais equipos coruñeses da súa época, o Real Club Coruña e o Deportivo da Coruña. Fóra de Galicia xogou no Espanyol e foi o primeiro futbolista profesional do Real Madrid.
Anna's Archive é un motor de procura de código aberto para bibliotecas na sombra (repositorios de textos dixitais que non son facilmente accesíbeis doutro xeito). Foi creado por alguén que utiliza o Pseudónimo Anna #, pouco despois dos intentos de pechar a biblioteca Z-Library en 2022, aplicando a lei. O sitio web recolle rexistros de Z-Library, Sci-Hub, e a Biblioteca Genesis (LibGen), entre outras fontes.
Walter Elias "Walt" Disney, nado en Chicago o 5 de decembro de 1901 e finado en Burbank (California) o 15 de decembro de 1966, foi un debuxante, produtor, director e guionista de filmes estadounidense. Un dos produtores cinematográficos máis coñecidos do mundo, Disney foi tamén un debuxante de banda deseñada e caricaturista en xornais, creador do parque de atraccións coñecido como Disneyland, e é o fundador, xunto co seu irmán Roy O. Disney da compañía Walt Disney Productions, que anos despois se converteu na máis soada produtora do campo da animación e na actualidade é a maior compañía de medios de comunicación e entretemento do mundo. Esta corporación, que se coñece hoxe co nome de The Walt Disney Company, é unha empresa multimillonaria con ingresos anuais de decenas de miles de millóns de dólares.
O Pazo de Raxoi é un edificio civil de Santiago de Compostela de estilo neoclásico francés , sede da corporación municipal da cidade, aínda que ao longo da historia ten acollido outros organismos. O seu nome honra ao arcebispo Bartolomé de Raxoi, que foi impulsor principal da edificación, aínda que non o único.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ) (en castelán: Reino de España, en catalán/valenciano: Regne d'Espanya, en vasco: Espainiako Erresuma, en asturiano: Reinu d'España, en occitano: Reialme d'Espanha e en aragonés: Reino d'España), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera, o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. Con 247.376 habitantes (INE 2023), é o segundo municipio máis poboado de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
LeBron Raymone James, nado o 30 de decembro de 1984 en Akron, Ohio, é un xogador americano de baloncesto profesional que xoga en Los Angeles Lakers da National Basketball Association (NBA). Coñecido coma "King James", foi seleccionado na primeira posición do draft da NBA de 2003 polos Cleveland Cavaliers. Foi nomeado Rookie do Ano na tempada 2003-04, MVP da tempada da NBA nas tempadas 2008-09, 2009-10, 2011-12 e 2012-13, MVP das Finais da NBA nas 2011-12 e 2012-13, e foi All-Star todas as tempadas dende 2005.
Ana Mena Rojas, nada en Estepona (Málaga) o 25 de febreiro de 1997, é unha cantante e actriz española. Deuse a coñecer no ano 2006 após gañar a XII edición rexional dos Premios Veo Veo, aínda que a súa popularidade aumentou cando participou na miniserie Marisol, la película interpretando a Marisol. Mena debutou na industria musical en 2016 co seu sinxelo "No soy como tú crees".
Amy Jade Winehouse, nada en Londres, Inglaterra o 14 de setembro de 1983 e finada na mesma cidade o 23 de xullo de 2011, máis coñecida simplemente como Amy Winehouse, foi unha cantante e compositora inglesa recoñecida polo seu alcance vocal contralto, descrito como "acusticamente poderoso" e capaz de expresar "profunda emoción", destacando pola mestura ecléctica de xéneros musicais, incluíndo soul (ás veces denominado como blue-eyed soul e neo soul), rhythm and blues, jazz e reggae. O seu álbum de debut do ano 2003 Frank foi valorado positivamente pola crítica especializada e foi comercialmente un éxito no seu país natal, o Reino Unido, e foi candidato ó premio Mercury Prize. O seguinte álbum de Winehouse do ano 2006, Back to Black, levou cinco premios Grammy, igualando naquel entón a marca de maior número de triunfos nunha única noite para unha artista feminina, e foi a primeira muller británica en gañar cinco premios Grammy, incluíndo a Mellor Artista Revelación, Gravación do Ano e Canción do Ano.