Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Cabo Verde (en portugués [ˈkabu ˈveɾdɨ] (AFI)), oficialmente República de Cabo Verde, sitúase no océano Atlántico, no arquipélago de orixe volcánica do mesmo nome. As illas estaban deshabitadas ata que foron descubertas polos portugueses no século XV, que procederon a colonizalas para convertelas nun centro de trata de escravos. A maior parte dos habitantes actuais provén de ambos os grupos.
Apocalypse Now é un filme estadounidense dirixido por Francis Ford Coppola que se estreou en 1979. O guión de John Milius e Coppola vén da idea de Milius de adaptar a novela de Joseph Conrad Corazón da escuridade coa ambientación da Guerra de Vietnam. É un filme de guerra épico ambientado nos últimos anos da guerra, e está protagonizado por Marlon Brando, Robert Duvall e Martin Sheen.
Partido Demócrata Cristiano (Chile)
O Partido Demócrata Cristiano (Partido Demócrata Cristián) (PDC), chamado tamén Democracia Cristiana (Democracia Cristiá) (DC), é un partido político chileno do centro político e centro esquerda cristiá. O partido foi fundado no 28 de xullo de 1957 pola unificación de varios grupos do socialcristianismo. Os participantes da súa creación foron a Falanxe Nacional e o Partido Conservador Social Cristiano, grupos sociais escindidos do Partido Conservador que formaron a Federación Social Cristiana.
A Semana Santa de Sevilla é unha festa cristiá que conmemora a Paixón, Morte e Resurrección de Cristo na cidade de Sevilla. Entre o Domingo de Ramos e o Domingo de Resurrección, sesenta irmandades realizan estación de penitencia ata a catedral da cidade. Nos días previos, o Venres de Dores e o Sábado de Paixón, 16 irmandades e agrupacións parroquiais procesionan pola cidade sen acceder á catedral.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
O aeroporto de Marrakech-Menara (IATA: RAK, ICAO: GMMX) é un aeroporto internacional que serve a Marrakech, a capital da rexión marroquí de Marrakech-Tensift-Al Hauz. Recibe avións de distintas cidades europeas, ademais de operar voos cara Casablanca e varios países árabes. No ano 2014 pasaron polas súas instalacións máis de 4 millóns de pasaxeiros.
Defense of the Ancients (DotA) é un mod dentro do xénero multiplayer online battle arena para o videoxogo de estratexia Warcraft III: Reign of Chaos e a súa expansión Warcraft III: The Frozen Throne, baseado no mapa "Aeon of Strife" de StarCraft. O obxectivo do xogo é que cada equipo destrúa un edificio central da base do inimigo, fortemente protexidas e situada cada unha delas en esquinas opostas do mapa. Cada xogador controla unha unidade ou "heroe", formando equipo con outros xogadores así como con outras unidades controladas pola IA. Ao igual que nos xogos de rol, os xogadores poden subir de nivel ós seus heroes e usan ouro que van conseguindo durante a partida para mercar e mellorar o seu equipamento.
Lamine Yamal Nasraoui Ebana, nado en Esplugues de Llobregat o 13 de xullo de 2007 é un futbolista español que xoga como dianteiro no FC Barcelona da Primeira División de España. É o xogador máis novo da historia (16 anos e 57 días) en debutar e marcar un gol coa selección de España, na Primeira División de España (16 anos e 87 días), e na Eurocopa en debutar e asistir (16 anos e 338 días) e anotar un gol (16 anos e 361 días).
Cortes de Santiago de Compostela e A Coruña
As Cortes de Santiago de Compostela e A Coruña foron unha reunión das Cortes de Castela acontecida en ambas as localidades galegas, primeiro en Santiago de Compostela e logo na Coruña, que tiveron lugar ao comezo do reinado de Carlos I, entre o 31 de marzo e o 25 de abril de 1520. A finais de 1519 o mozo Carlos I foi elixido emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico. Uns meses despois, en febreiro de 1520, convocou as Cortes co fin de obter un cuantioso servizo que lle permitise sufragar a súa viaxe cara a terras xermanas e reembolsar os préstamos que empregara para gañar a elección imperial.
A criptomeria ou cedro xaponés, Cryptomeria japonica (L.f.) D. Don, é a única especie de árbore do xénero Cryptomeria. É unha conífera pertencente á familia das cupresáceas, endémica do Xapón, onde é coñecida co nome xaponés de sugi (杉). En Occidente incrementouse o uso do termo "sugi" para se referir a esta árbore, xa que semella máis axeitado ca o usado antigamente: "cedro xaponés", xa que o "sugi" non é un auténtico cedro (xénero Cedrus).
La Banda Trapera del Río foi unha banda de punk rock nacida no barrio La Satélite (hoxe chamado Sant Ildefons) de Cornellà de Llobregat, (Barcelona). Precursores do punk en España e autores da primeira canción rock en catalán: «Ciutat Podrida» («Cidade podrecida», en galego). Estiveron activos desde 1976 a 1982.
Elliot Page, nado como Ellen Grace Philpotts-Page en Halifax, Nova Escocia o 21 de febreiro de 1987, é un actor e produtor canadense. É coñecido polo seu papel no filme e serie de televisión Pit Pony (1997–2000), o cal lle valeu un Premio Young Artist, e polos seus papeis recorrentes en Trailer Park Boys (2002) e ReGenesis (2004). Page tamén obtivo recoñecemento polo seu papel no filme Hard Candy (2005), gañando o premio da Austin Film Critics Association á mellor actriz.
Chámase carnada, ou engado, a calquera alimento ou substancia que o imita utilizados para atraer a unha presa, na pesca e na caza. O obxecto da carnada é o de atraer a un animal (peixe, crustáceo ou molusco) a a unha trampa (por exemplo, unha nasa) e, nos casos dos peixes, sobre todo a que mordan un anzol. Na caza, o de atraer ao animal ao lugar onde se encontra o cazador, ou a unha trampa.
Guerra de Restauración Portuguesa
A Guerra de Restauración (en portugués: Guerra da Restauração) foi unha serie de enfrontamentos armados entre o reino de Portugal e o Reino de Castela. Este conflito comezou o 1 de decembro de 1640 e rematou co Tratado de Lisboa de 1668, asinado por Afonso VI de Portugal e Carlos II de España, no que se recoñeceu a independencia total de Portugal. A sublevación de 1640 e a longa guerra que desatou puxeron fin a un período de sesenta anos de goberno pola Casa de Austria en Portugal.
Criónica (tradución do inglés cryonics, derivado da palabra grega κρύος (kryos), conxelado) é o proceso de conservación en baixas temperaturas de humanos e outros animais que non poden máis ser sometido vivos pola medicina contemporánea, coa esperanza de que a cura e reanimación sexan posibles no futuro. A criopreservación de persoas ou animais non é reversible coa tecnoloxía actual. A razón para a criónica é que as persoas que son consideradas mortas polos actuais criterios legais médicos poden non necesariamente estar mortas de acordo coa definición máis rigorosa de morte teórica de información.
François Joseph Hubert Ponscarme, nado en Belmont-lès-Darney, Vosgos, o 20 de maio de 1827 e finado en Malakoff, Altos do Sena, o 27 de febreiro de 1903, foi un escultor, medallista e deseñador de moeda francés. Ponscarme, recoñecido creador de medallas de retrato, foi un dos retratistas de medallas de Napoleón III (1852-1870). Tamén é coñecido por deseñar e gravar as moedas de ouro a nome de Carlos III de Mónaco (1856-1889).
Cristiano Ronaldo dos Santos Aveiro, OIH, nado en Funchal (Madeira) o 5 de febreiro de 1985, máis coñecido como Cristiano Ronaldo (AFI: kɾɨʃˈtiɐnu ʁuˈnaɫdu), é un futbolista portugués, que xoga como extremo no Al-Nassr FC, da Liga Profesional Saudita. É o máximo goleador da historia do fútbol e está considerado como un dos mellores futbolistas de todos os tempos. Foi distinguido co premio ao Mellor xogador da Premier League en 2007 e 2008, así como Deportista Portugués do Ano neses mesmos anos.
O Utahraptor ("depreador de Utah" ou "ladrón de Utah") é un xénero de dinosauros dromeosáuridos (un grupo de terópodos carnívoros con plumas) de tamaño grande que viviu durante o período Cretáceo inferior ao redor de hai 135 a 130 millóns de anos no que agora son os Estados Unidos. O xénero foi descrito en 1993 polo paleontólogo estadounidense James Kirkland coa especie tipo Utahraptor ostrommaysi, baseado en fósiles que foran escavados previamente na Formación da montaña Cedar de Utah. Máis tarde, moitos exemplares adicionais foron descritos incluíndo individuos máis novos.
Dungen é unha banda sueca de rock baseada en Estocolmo. Adoita a ser clasificado como un grupo de rock psicodélico, aínda que tamén está influenciado pola música folk (principalmente a sueca), o rock clásico, o rock progresivo, o garage rock o rock alternativo. A banda está liderada polo vocalista e compositor Gustav Ejstes, que compón toda a música e toca a meirande parte dos instrumentos nos discos do grupo.
Roscoe Conkling Arbuckle, nado en Smith Center (Kansas) o 24 de marzo de 1887 e finado en Manhattan o 29 de xuño de 1933, foi un actor cómico estadounidense do cinema mudo, coñecido como Fatty Arbuckle. Foi mentor de Charles Chaplin e descubriu a Buster Keaton e Bob Hope. Foi unha das estrelas mudas máis populares e influentes das décadas de 1910 e 1920 e un dos actores mellor pagados en Hollywood, asinando un contrato en 1920 con Paramount Pictures por 14 000 dólares.
Lista de filmes con versión en galego
A lista de filmes con versión en galego está ordenada alfabeticamente segundo os títulos galegos das obras relacionadas. Para esta orde non se teñen en conta, por defecto, os artigos (morfemas) ao inicio dos títulos en galego. Inclúense longametraxes das que hai versión oficial en galego, ben sexa dobrada, orixinal, ou subtitulada, considerando os seus títulos galegos tal e como se impuxo cada un deles, independentemente de que sexan correctos segundo diferentes criterios ou variantes da lingua galega.
Ontario é unha provincia do Canadá e a máis populosa do país. Segundo o censo de poboación de 2021, é o fogar do 38,5% da poboación total do país, e é a segunda provincia por tamaño detrás do Quebec. A maior cidade canadense, Toronto, así como a capital nacional do país, Ottawa, están localizadas en Ontario.
Stephen Ray Vaughan, nado o 3 de outubro de 1954 e finado o 27 de agosto de 1990) foi un guitarrista estadounidense, cantante, compositor, e produtor de música. A pesar da súa curta carreira de apenas sete anos, foi un dos guitarristas máis influentes no rexurdimento do blues nos anos 80. Nado e criado en Dallas, Vaughan comezou a tocar a guitarra con sete anos, inspirado polo seu irmán máis vello, Jimmie.
O Hospital do Tórax (en catalán Hospital del Tòrax ou Sanatori de Terrassa), é un antigo hospital catalán situado no norte da cidade de Terrassa (provincia de Barcelona). Albergou doentes con doenzas respiratorias dende 1952 até 1997. No ano 2014 o recinto foi totalmente reformado e converteuse no Parque Audiovisual de Cataluña, un complexo de produción audiovisual.
A Copa do Mundo de 2026 é a 23ª edición do máximo campionato internacional de seleccións nacionais de fútbol organizado cada catro anos pola FIFA. O torneo está a ter lugar en 11 cidades dos Estados Unidos, 2 do Canadá e 3 de México, cuxa candidatura conxunta derrotou a de Marrocos o 13 de xuño de 2018 na votación levada a cabo no 68º Congreso da FIFA celebrado en Moscova. É a primeira edición da Copa do Mundo de Fútbol organizada por tres países, e a primeira con 48 seleccións nacionais participantes, en lugar das 32 de edicións anteriores.
A fermentación láctica é un proceso metabólico polo cal unha molécula de glicosa ou outra hexosa ou tamén disacáridos que conteñen hexosas como a. sacarosa ou a lactosa convértense en ácido láctico (ou lactato en disolución a pH celular) á vez que se obtén enerxía e forma de ATP. É un proceso fermentativo anaerobio que ocorre nalgunhas bacterias e en células animais, como as musculares. Hai dous tipos de fermentación láctica, dependendo de se o produto final é só lactato ou se é lactato e outros produtos adicionais, que se denominan fermentación homoláctica e fermentación heteroláctica, respectivamente.
Brooklyn Joseph Beckham, nado en Westminster, Londres, o 4 de marzo de 1999, mellor coñecido como Brooklyn Beckham, é un modelo e fotógrafo británico. É coñecido tamén por ser o fillo máis vello do exfutbolista británico David Beckham e da excantante británica do grupo musical Spice Girls e deseñadora de moda Victoria Beckham.
Francisco Juan Zabaleta Zabaleta, nado en Leiza, Navarra, o 20 de maio de 1947, coñecido como Patxi Zabaleta, é un avogado, político e escritor vasco de ideoloxía nacionalista. Foi membro fundador e dirixente dos partidos de esquerda abertzale HASI e Aralar e das coalicións Herri Batasuna e Nafarroa Bai.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Unión Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Posición do misioneiro invertida
A posición da amazona é calquera posición sexual na que a muller está enriba do seu compañeiro sexual durante a actividade sexual. A posición máis comunmente asociada coa muller na parte superior adoita chamarse posición da vaqueira ou cabalgando, que deriva o seu nome da imaxe da muller que "monta" o home como vaqueira montando a cabalo. Nesta posición, o home adoita deitarse de costas coas pernas pechadas, mentres que a parella está a cabalo sobre el estendendo as pernas a cada lado, normalmente de xeonllos, coas canelas detrás, ou sentado sobre o sexo e as pernas da parella, mirando cara a adiante ou cara a atrás, e o home ou a muller insire o pene erecto do home na vaxina ou no ano da muller.
Annie Hawkins-Turner, nada en Atlanta o 26 de decembro de 1958, é unha modelo pornográfica fetiche máis coñecida polo seu alcume Norma Stitz. O tamaño dos seus peitos é 102ZZZ, e cada un deles pesa arredor de 25 kg segundo a revista británica "This Morning", onde apareceu o 23 de xuño de 2011. No ano 1999, recibiu o Récord Guinness por ser a persoa cos peitos naturais meirandes do mundo.
Lucas Pérez Martínez, nado na Coruña o 10 de setembro de 1988, é un futbolista galego, que xoga de dianteiro. Militou en máis dunha ducia de clubs de cinco países diferentes, pero é principalmente coñecido polas súas tres etapas no Deportivo da Coruña, co que marcou 62 goles en 172 partidos. Considerado un emblema e unha figura histórica do club, xogou con este en tres categorías diferentes e capitaneouno no ascenso á Segunda División na tempada 2023/24, despois de deixar o Cádiz e renunciar á Primeira División para baixar dúas categorías pagando el mesmo a metade da súa fichaxe.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
James Todd Spader, nado en Boston, Massachusetts, o 7 de febreiro de 1960, é un actor estadounidense. Os seus papeis son recoñecidos polos particulares toques excéntricos e dramáticos nas súas películas, tales como Pretty in Pink, Sex, Lies, and Videotape, Crash, Stargate, Wolf ou Secretary. Os seus papeis máis famosos na televisión son do avogado Alan Shore na serie The Practice, a súa spin-off Boston Legal, polo que gañou tres premios Emmy e o seu máis recente papel, Raymond Reddington na serie The Blacklist, onde se aprecia a calidade de actor.
O Imperio Songai ou Imperio Songhai foi un estado pre-colonial africano e unha gran civilización da África Occidental que se desenvolveu en áreas pertencentes sobre todo o actual estado de Malí. Do inicio do século XV até o final do XVI, Songai foi un dos maiores imperios africanos da historia. Tiña o mesmo nome do seu grupo étnico líder, os songais.
Unha máquina comecartos ou simplemente un comecartos é un aparello automático concibido para ofrecer xogos de aposta sen a intervención dun empregado. Estes dispositivos poden ser mecánicos, electrónicos ou dixitais. O xogo consiste en introducir unha moeda coa esperanza de que saia unha combinación gañadora e obter un premio en metálico que proporciona a propia máquina.
O cloroformo ou triclorometano (abreviado TCM) é un composto orgánico coa fórmula CHCl3 e un solvente común. É un líquido denso, moi volátil, incoloro e de forte cheiro producido a grande escala como precursor de refrixerantes e PTFE (politetrafluoroetileno). O cloroformo é un trihalometano que funciona como un potente anestésico, euforizante, ansiolítico e sedante cando é inhalado ou inxerido.
Magic Mike XXL é un filme estadounidense de 2015 dirixido por Gregory Jacobs, escrito por Reid Carolin e protagonizado por Channing Tatum, Matt Bomer, Kevin Nash e Joe Manganiello. É a secuela do filme de 2012 Magic Mike, e estreouse en Hollywood o 26 de xuño de 2015. Recibiu boas valoracións por parte da crítica e recadou 122 millóns de dólares.
Women's National Basketball Association
A Women's National Basketball Association (WNBA) é unha liga de baloncesto profesional feminina nos Estados Unidos. Actualmente está composta por 12 equipos. A liga foi fundada o 24 de abril de 1996, coma homóloga da National Basketball Association (NBA).
O sexo anal é unha práctica sexual que consiste na introdución do pene erecto no ano e o recto da parella, co fin de obter pracer. Outras formas de sexo anal inclúen o fingering, o uso de xoguetes sexuais, o sexo oral realizado no ano (anilingus), e o pegging. O termo sexo anal refírese máis comunmente á penetración do pene no ano, mais algunhas fontes refírense a coito anal para a penetración anal, e sexo anal para calquera forma actividade sexual, especialmente en parellas, e oposta á masturbación anal.
Erling Braut Haaland, tamén escrito Håland, nado en Leeds o 21 de xullo de 2000, é un futbolista noruegués. Xoga como dianteiro no Manchester City da Premier League e na selección de Noruega. Está considerado un dos mellores xogadores do mundo e ostenta o récord de maior número de goles anotados nunha mesma tempada da Premier League, con 36.
Sabine Hossenfelder, nada en Frankfurt o 18 de setembro de 1976, é unha física e autora alemá especializada en física teórica e gravidade cuántica. É investigadora no Instituto de Estudos Avanzados de Frankfurt onde ten ao seu cargo un grupo de análise gravitatoria. É autora do libro Lost in Math: How Beauty Leads Physics Astray, onde explica de maneira accesible ao público xeral conceptos fundamentais de física e cosmoloxía.
Lingua náhuatl nos Estados Unidos de América
A lingua náhuatl é falada nos Estados Unidos principalmente por inmigrantes mexicanos de comunidades indíxenas e por chicanos que a estudan e falan como segunda lingua. Malia que non existe un censo oficial da lingua no país norteamericano, calcúlase que hai uns 140.800 falantes de náhuatl. Durante as últimas décadas, os Estados Unidos levou a cabo moitas iniciativas educativas destinadas a ensinar o náhuatl como lingua de herdanza cultural.
Fernando VI de España, chamado «o Prudente» ou «o Xusto», nado en Madrid, España, o 23 de setembro de 1713 e finado en Villaviciosa de Odón, España, o 10 de agosto de 1759, foi rei de España desde 1746 ata 1759. Foi o cuarto fillo de Filipe V e da súa primeira esposa María Luísa Gabriela de Savoia. Casou na igrexa de San Juan Bautista de Badaxoz con Bárbara de Braganza en 1729, que foi raíña de España ata a súa morte en 1758.
dredg é unha banda estadounidense de rock alternativo formada e 1993 en Los Gatos, California. O seu son é bastante experimental e é difícil definilo, indo dende sinxelas baladas románticas ata peculiares temas instrumentais con fortes tendencias progresivas. A banda está formada polo vocalista Gavin Hayes, o guitarrista Mark Engles, o baixista Drew Roulette e o batería e pianista Dino Campanella.
Pro Evolution Soccer 2011 (oficialmente abreviado PES 2011 e coñecido como World Soccer: Winning Eleven 2011 no Xapón) é o décimo videoxogo da serie Pro Evolution Soccer desenvolvido por Konami coa asistencia do equipo de produción de Blue Sky. O xogo anunciouse o 9 de febreiro de 2010 e lanzouse o 30 de setembro para Microsoft Windows, PlayStation 3 e Xbox 360 e o 28 de outubro de 2010 para PlayStation Portable, PlayStation 2 e Wii. O xogo conta coas xa licenzadas Liga de Campións da UEFA e UEFA Europa League, ademais de incluír a Supercopa de Europa para o seu modo Liga Máster.
Tetris (en ruso: Тетрис) é un videoxogo de crebacabezas orixinalmente creado e programado por Alexey Pajitnov o 6 de xuño de 1984, mentres estaba a traballar para o Centro de Computación de Dorodnicyn da Academia das Ciencias da URSS en Moscova. Collía o seu nome do prefixo numérico grego tetra (todas as pezas do xogo, denominadas tetrominós, que posúen catro segmentos) combinado co do tenis, o deporte favorito de Pajitnov. O xogo (ou unha das súas moitas variantes) está dispoñíbel para case todas as consolas de videoxogos e sistemas operativos de computadoras, así coma outros dispositivos coma calculadoras, teléfonos móbiles, reprodutores portátiles de son ou PDAs.
Michelle de Paula Firmo Reinaldo Bolsonaro, nada en Ceilandia (Distrito Federal) o 22 de marzo de 1982, foi a primeira dama do Brasil, polo seu matrimonio co presidente Jair Bolsonaro, dende o 1 de xaneiro de 2019 ata o 1 de xaneiro de 2023. Nada en Ceilândia, rexión administrativa do Distrito Federal, completou os seus estudos nun colexio público e traballou como secretaria parlamentaria entre 2004 e 2008 na Cámara dos Deputados, onde coñeceu ao seu futuro marido, Jair Bolsonaro. Membro da Igrexa Bautista Attitude, é defensora de causas sociais relacionadas coas persoas con discapacidade, con visibilidade sobre enfermidades raras, inclusión dixital, concienciación sobre o autismo, inclusión de Libras nas escolas e outros proxectos sociais.
Lionel Sebastián Scaloni, nado en Pujato, Santa Fe, o 16 de maio de 1978, é un exfutbolista e adestrador arxentino, que dende 2018 dirixe a selección arxentina. Xogaba como lateral dereito ou centrocampista e desenvolveu a maior parte da súa carreira como futbolista no Deportivo da Coruña, no que militou durante nove tempadas, disputando 301 partidos oficiais. Gañou co equipo galego unha liga de Primeira División, unha Copa do Rei e dúas Supercopas de España, e é o xogador con máis partidos da historia do club na Liga de Campións (52).
A masturbacion coas mamas ou coito mamario é un acto sexual, que se realiza como preludio ou como sexo sen penetración, que implica a estimulación do pene cos peitos dunha muller e viceversa. Implica colocar o pene entre os peitos dunha muller e mover o pene cara a arriba e abaixo para simular a penetración sexual e para crear pracer sexual. Pódese usar como alternativa a unha masturbación manual.
Grigorii Efimovich Rasputin (en ruso: Григорий Ефимович Распутин), nado en Pokrovskoe o 9 de xaneiroxul./ 21 de xaneiro de 1869greg. e finado en San Petersburgo o 17 de decembroxul./ 30 de decembro de 1916greg., foi un campesiño siberiano de grande influencia nos últimos anos da Dinastía Romanov. Tamén foi coñecido coma o monxe tolo.
La Banda de Mozart é unha serie de animación española producida por BRB Internacional e Marathon Animation Studios. A serie céntrase en catro mozos, cada un co nome dun compositor famoso de música clásica, os cales viven unha aventura en cada episodio que pode equivaler máis ou menos no momento da vida real do compositor homónimo da personaxe e como foi motivado a escribir algunha das súas obras.
Richard Hugh «Ritchie» Blackmore, nado en Weston-super-Mare o 14 de abril de 1945, é un guitarrista inglés de música rock, coñecido principalmente por ser o guitarrista e fundador de Deep Purple, Rainbow e Blackmore's Night. Na década de 1960, Blackmore formou parte do grupo instrumental The Outlaws, ademais de colaborar como músico de sesión con cantantes como Glenda Collins, Heinz, Screaming Lord Sutch ou Neil Christian, entre outros. En 1968 fundou Deep Purple, co que alcanzou o éxito comercial, aínda que logo de seis anos e gravar nove álbums de estudio, abandonou a formación en 1974 por diferenzas creativas cos demais membros.
A pornografía é o conxunto de materiais, imaxes, vídeos ou reproducións da realización de actos sexuais co fin de provocar a excitación sexual do receptor, etimoloxicamente procede do grego: πορνογραφíα, porne é "prostituta" e grafía, "descrición", é dicir, "descrición dunha prostituta". Designa en orixe, xa que logo, a descrición das prostitutas e, por extensión, das actividades propias do seu traballo. Hai que dicir, con todo, que o termo é de aparición moi recente pois na Antiga Grecia nunca se usou a palabra "pornografía".
A posición do can é unha postura sexual na que a muller se agacha, se pon a catro patas (xeralmente nas mans e os xeonllos) ou se deita sobre o seu abdome, para manter relacións sexuais, xa sexa penetración sexual ou outra actividade sexual. O estilo can é unha forma de posición de penetración desde atrás, outros están co compañeiro que o recibe deitado de lado na posición sexual da culler ou a posición do misioneiro invertida. O sexo sen penetración nesta posición tamén pode ser considerado como estilo can.