Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Jordi Évole Requena, nado o 21 de xullo de 1974 en Cornellà de Llobregat, Barcelona, é un presentador, humorista e guionista catalán, anteriormente coñecido tamén como El Follonero. Dende 2008 a 2019 presentou o programa Salvados, na cadea de televisión laSexta, e tamén escribe artigos de opinión no diario La Vanguardia e anteriormente en Mundo Deportivo e El Periódico de Catalunya.
Cabo Verde (en portugués [ˈkabu ˈveɾdɨ] (AFI)), oficialmente República de Cabo Verde, sitúase no océano Atlántico, no arquipélago de orixe volcánica do mesmo nome. As illas estaban deshabitadas ata que foron descubertas polos portugueses no século XV, que procederon a colonizalas para convertelas nun centro de trata de escravos. A maior parte dos habitantes actuais provén de ambos os grupos.
Sons of Anarchy é unha serie de televisión de xénero drama policial creada e producida por Kurt Sutter. Narra a vida dun club de moteiros en Charming, California, unha cidade ficticia situada en Central Valley. O protagonista da historia é Jackson "Jax" Teller (Charlie Hunnam), quen comeza coma vicepresidente do club, e comeza a cuestionar ó club e a el mesmo.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
Mandato británico de Palestina
O Mandato británico de Palestina foi unha administración territorial encomendada pola Sociedade de Nacións ao Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte en Oriente Medio, tras a primeira guerra mundial e como parte da partición do Imperio Otomán, co status de territorio baixo mandato. O territorio sobre o que se estableceu correspondía á rexión meridional do Levante mediterráneo, unha rexión que o Imperio Otomán perdeu como consecuencia da súa derrota na guerra. Aínda que o Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda administraba estes territorios de facto desde 1917, o Mandato entrou en vigor en xuño de 1922 e expirou en maio de 1948.
Os numerosos nomes usados dende a Antigüidade clásica para o pobo coñecido hoxe como Celtas teñen diversas orixes. O nome Κελτοί Keltoi e Celtae é usado en grego e latín, respectivamente, como nome para designar á xente da cultura de La Tène na rexión superior do Rin e o Danubio dende o século -VI ó -I pola etnografía grecorromana. O nome ven probablemente dunha auto-designación tribal, pero a súa etimoloxía é incerta.
DSCAM e Dscam son as abreviaturas do nome en inglés da proteína Down syndrome cell adhesion molecule (molécula de adhesión celular da síndrome de Down). Nos humanos DSCAM refírese ao xene que codifica unha das varias isoformas proteicas situado no cromosoma 21. A síndrome de Down, causada pola trisomía 21, é o defecto conxénito máis común asociado coa discapacidade intelectual.
Mundial de Fútbol de 2018 - Grupo F
O Grupo F da Copa do Mundo de Fútbol de 2018, realizada en Rusia, está composto por catro equipos que se enfrontarán entre si nun total de seis encontros: Alemaña, México, Suecia e Corea do Sur. Ao termo dos mesmos os dous con maior cantidade de puntos clasificaranse para a seguinte fase, e as outras dúas seleccións quedarán eliminadas.
O Instituto de Ensinanza Secundaria Monelos é un centro de educación secundaria e de bacharelato pertencente á rede pública de institutos da Xunta de Galicia, situado no Barrio de Monelos, na cidade da Coruña. A súa construción foi prevista durante a ditadura franquista polo Boletín Oficial do Estado do 27 de agosto de 1966, para dar unha liña alternativa como continuación do Instituto Masculino (IES Salvador de Madariaga), e aínda que na actualidade funciona como extensión do CEIP San Francisco Javier, tamén recibe gran parte de alumnos do CEIP Juan Fernández Latorre e estudantes do IES Ramon Otero Pedrayo para o nivel de bacharelato. O Instituto abriu por primeira vez as súas portas o 1 de outubro de 1969 albergando os 5 niveis do antigo bacharelato.
Álvaro Muñiz Mora nado na Coruña o 17 de decembro de 1981, é un piloto de rally que compite no Súper Campionato de España de Rallys. Anteriormente competiu durante anos no Campionato de Galicia de Rallys e no antigo Campionato de España e en 2023 proclamouse campión da Copa de España de Rallys de Asfalto. Álvaro é neto e sobriño de pilotos.
Para outras moedas denominadas patacón, ver a páxina de homónimos: Patacón. O patacón ou patagón (en neerlandés: patacon; en castelán: patacón; en portugués: patacão; en italiano: pataccone; en alemán: albertusthaler; en francés: écu à la croix de Bourgogne) é un tipo de tálero, unha moeda de prata aparecida inicialmente a principios do século XVII nos Países Baixos españois e que chegou a ser moi popular na economía dos países da contorna do mar Báltico, onde se converteu na principal moeda de cambio nese século.
A Copa do Mundo de 2026 é a 23ª edición do máximo campionato internacional de seleccións nacionais de fútbol organizado cada catro anos pola FIFA. O torneo está a ter lugar en 11 cidades dos Estados Unidos, 2 do Canadá e 3 de México, cuxa candidatura conxunta derrotou a de Marrocos o 13 de xuño de 2018 na votación levada a cabo no 68º Congreso da FIFA celebrado en Moscova. É a primeira edición da Copa do Mundo de Fútbol organizada por tres países, e a primeira con 48 seleccións nacionais participantes, en lugar das 32 de edicións anteriores.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Unión Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Historia dos Chicago Blackhawks
Os Chicago Blackhawks son un equipo profesional de hóckey sobre xeo, foron fundados o 1 de maio de 1926 na cidade de Chicago, Illinois (Estados Unidos). Os Blackhawks foron creados como equipo de expansión da National Hockey League (NHL) baixo o nome Chicago Black Hawks, e xogaron o seu primeiro partido o 17 de novembro de 1926. Os Blackhawks gañaron a Stanley Cup en seis ocasións, sendo o quinto equipo con máis campionatos.
Un ditador é un gobernante que exerce a autoridade absoluta ou autocrática e que asume solitariamente o poder sobre o Estado (a pesar do termo non se aplica as monarquías absolutistas). Un estado gobernado por un ditador chámase ditadura. A palabra ditador proben do título dun maxistrado da Roma Antiga proposto polo senado romano para gobernar o estado en tempo de emerxencias.
O galeón de Manila, galeón de Manila-Acapulco ou galeón de Acapulco, era o nome co que eran coñecidas as naves españolas que cruzaban o océano Pacífico unha ou dúas veces por ano, establecendo a ruta marítima entre Manila (Filipinas) e os portos de Nova España (hoxe México), principalmente Acapulco, e cuxas mercancías eran despois transportadas por terra desde Acapulco a Veracruz e que, posteriormente, eran reembarcadas de Veracruz ata ás cidades españolas de Sevilla e Cádiz. O nome do galeón variaba segundo fose a cidade de destino.
O Circuíto Gilles Villeneuve é un circuíto de carreiras semiurbano utilizado para o Gran Premio do Canadá de Fórmula 1 previamente albergou o World Sportscar Championship da FIA, as Champ Car World Series, as Canadian Tire Series da NASCAR, as Xfinity Series da NASCAR e a Rolex Sports Car Series da Grand-Am. Atópase localizado na Île Notre-Dáme, unha illa situada no Río San Lourenzo e que é parte de Montreal, na provincia francófona do Quebec. O circuíto debe o seu nome ao piloto canadense Gilles Villeneuve.
Ghost in the Shell (filme de 2017)
Ghost in the Shell é un filme estadounidense de ciencia ficción dirixido por Rupert Sanders e escrito por Jamie Moss, William Wheeler e Ehren Kruger, baseado no manga xaponés homónimo de Masamune Shirow. Está protagonizado por Scarlett Johansson, Takeshi Kitano, Michael Pitt, Pilou Asbæk, Chin Han e Juliette Binoche. Está ambientado nunha futuro no que a liña que separa o humano do robótico é difusa, e o argumento conta a historia de Major (Johansson), un supersoldado cyborg que quere coñecer o seu pasado esquecido.
Non confundir con tiburóns serra, un grupo diferente. Co nome de peixes serra coñécense os peixes cartilaxinosos elasmobranquios da superorde dos batoideos que integran a orde dos pristiformes (Pristiformes, do latín pristis, "peixe serra", e -formes, "en forma de"). A orde comprende unha soa familia, a dos prístidos (Pristidae), con dous xéneros e sete especies.
Ladislao Mazurkiewicz Iglesias, nado en Piriápolis, Maldonado, Uruguai, o 14 de febreiro de 1945 e finado en Montevideo o 2 de xaneiro de 2013, foi un futbolista uruguaio. De orixe polaca e galega, contaba cunha grande axilidade e reflexos, sendo considerado o mellor porteiro uruguaio de todos os tempos e un dos mellores da historia do fútbol. Xogou en equipos de cinco países, brillando especialmente no Peñarol, co que gañou catro campionatos uruguaios.
Incendies é un filme canadense de 2010 dirixido por Denis Villeneuve, quen tamén escribiu o guión xunto con Valérie Beaugrand-Champagne. É unha adaptación da obra homónima de Wajdi Mouawad e está protagonizado por Lubna Azabal, Mélissa Désormeaux-Poulin, Maxim Gaudette e Rémy Girard. Estreouse nos Festivais de Cinema de Venecia e Toronto en setembro de 2010 e no Quebec o 17 de setembro de 2010.
Aeroporto de Montreal-Pierre Elliott Trudeau
O aeroporto internacional de Montreal-Pierre Elliott Trudeau (IATA: YUL, ICAO: CYUL) ou sinxelamente Montreal-Trudeau, anteriormente coñecido como aeroporto internacional de Montreal-Dorval, é un aeroporto canadense situado na illa de Montreal, a 20 km do centro da cidade. As terminais atópanse no suburbio de Dorval, mentres que o complexo de oficinas de Air Canada e unha das pistas están na veciñanza de Saint-Laurent. O aeroporto serve ao Gran Montreal e ás rexións adxacentes no Quebec, o leste de Ontario, Vermont, e o norte do estado de Nova York.
A igrexa de Brønshøj (en dinamarqués: Brønshøj Kirke) está localizada en Brønshøj, ao oeste de Copenhaguen, concello este último ao que pertence a parroquia dende 1901. É un dos máis antigos edificios, pois data de 1180, mandado construí na época do bispo Absalon en estilo románico. A torre, de estilo gótico, foi engadida arredor do 1450, mentres que a sancristía é de 1942.
O Mundial de Fútbol de 1930 (en castelán: 1er Campionato Mundial de Football) foi a edición inaugural do campionato do mundo de equipos internacionais de fútbol asociación, a Copa do Mundo FIFA. Xogouse no Uruguai do 13 ao 30 de xullo. A Federación Internacional de Fútbol Asociación (FIFA) elixiu o Uruguai como país anfitrión xa que ía a celebrar o centenario da súa independencia, ademais de que a súa selección de fútbol viña de conseguir a medalla de ouro nos Xogos Olímpicos de 1928 en Ámsterdam. Todos os encontros se xogaron na capital uruguaia, Montevideo, a maioría no Estadio Centenario, que foi construído para o torneo.
O castelo de San Paio de Luto (en latín: Castellum Sancti Pelagii de Luto, ou tamén citado como Castellum Sancti Pelagii de Lodo) foi unha fortaleza medieval situada nas proximidades de Ponte Sampaio, na desembocadura do sistema fluvial Verdugo–Oitavén, entre os actuais concellos de Pontevedra e Soutomaior. A súa posición estratéxica, no illote do Castelo, permitía controlar a ponte de Ponte Sampaio, un dos principais pasos do Camiño Portugués a Santiago de Compostela e unha importante vía de comunicación entre o sur e o norte de Galicia.
Brian Hugh Warner, coñecido como Marilyn Manson, nado en Canton (Ohio) o 5 de xaneiro de 1969 é un cantante, compositor, actor, escritor, pintor e director de cine estadounidense, coñecido pola súa personalidade e a súa imaxe controvertidas como vocalista e líder da banda de metal industrial Marilyn Manson. O seu nome artístico formouse a partir dos nomes da actriz Marilyn Monroe e do convicto Charles Manson. Apareceu nalgunhas películas como Jawbreaker, Lost Highway de David Lynch e Party Monster, e en series como Sons of Anarchy.
A masturbacion coas mamas ou coito mamario é un acto sexual, que se realiza como preludio ou como sexo sen penetración, que implica a estimulación do pene cos peitos dunha muller e viceversa. Implica colocar o pene entre os peitos dunha muller e mover o pene cara a arriba e abaixo para simular a penetración sexual e para crear pracer sexual. Pódese usar como alternativa a unha masturbación manual.
Ana Victoria García Obregón, máis coñecida como Ana Obregón, nada en Madrid o 18 de marzo de 1955, é unha actriz, presentadora, bailarina e cantante española moi coñecida no ámbito da televisión, tanto en series de ficción como en programas e concursos televisivos. Desde hai moitos anos é un dos rostros máis populares da prensa rosa española.
Joaquín Domínguez Portela, coñecido como Elxokas, nado en Lugo o 13 de abril de 1991, é un influenciador, streamer, youtuber e creador de contido en Twitch e YouTube. Comezou como streamer en 2018 en Twitch creando contido do videoxogo World of Warcraft. En 2019, era xa o creador de contido máis grande da comunidade hispanofalante nesta categoría.
A pornografía é o conxunto de materiais, imaxes, vídeos ou reproducións da realización de actos sexuais co fin de provocar a excitación sexual do receptor, etimoloxicamente procede do grego: πορνογραφíα, porne é "prostituta" e grafía, "descrición", é dicir, "descrición dunha prostituta". Designa en orixe, xa que logo, a descrición das prostitutas e, por extensión, das actividades propias do seu traballo. Hai que dicir, con todo, que o termo é de aparición moi recente pois na Antiga Grecia nunca se usou a palabra "pornografía".
Jacques Celestin Songo'o, nado en Sakbayenne (Pouma, Rexión do Litoral, Camerún) o 17 de marzo de 1964, é un exfutbolista camerunés, que xogaba de porteiro. Destacou especialmente nas filas do Metz, co que gañou unha Copa da Liga de Francia, e no Deportivo da Coruña, co que gañou o Trofeo Zamora en 1997 e do que foi o gardameta titular na histórica tempada 1999/00 na que o club galego conquistou o seu único título de liga. Internacional coa selección do Camerún, gañou tres veces a Copa de África e foi convocado para as catro Copas do Mundo que se disputaron entre as edicións de 1990 e 2002.
O Red Bull Ring (chamado anteriormente A1-Ring e antes Österreich-Ring), é un autódromo situado na vila austríaca de Spielberg (Estiria). O circuíto de carreiras foi fundado como Österreichring e foi sede do Gran Premio de Austria de Fórmula 1 durante 18 anos consecutivos, de 1970 a 1987. Máis tarde acurtado e reconstruído foi rebautizado como A1-Ring, foi de novo sede do Gran Premio de Austria desde 1997 a 2003.
Erling Braut Haaland, tamén escrito Håland, nado en Leeds o 21 de xullo de 2000, é un futbolista noruegués. Xoga como dianteiro no Manchester City da Premier League e na selección de Noruega. Está considerado un dos mellores xogadores do mundo e ostenta o récord de maior número de goles anotados nunha mesma tempada da Premier League, con 36.
Unha máquina comecartos ou simplemente un comecartos é un aparello automático concibido para ofrecer xogos de aposta sen a intervención dun empregado. Estes dispositivos poden ser mecánicos, electrónicos ou dixitais. O xogo consiste en introducir unha moeda coa esperanza de que saia unha combinación gañadora e obter un premio en metálico que proporciona a propia máquina.
A criptomeria ou cedro xaponés, Cryptomeria japonica (L.f.) D. Don, é a única especie de árbore do xénero Cryptomeria. É unha conífera pertencente á familia das cupresáceas, endémica do Xapón, onde é coñecida co nome xaponés de sugi (杉). En Occidente incrementouse o uso do termo "sugi" para se referir a esta árbore, xa que semella máis axeitado ca o usado antigamente: "cedro xaponés", xa que o "sugi" non é un auténtico cedro (xénero Cedrus).
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Wild Things é un filme de suspense erótico estadounidense de 1998 dirixido por John McNaughton, e protagonizado por Matt Dillon, Neve Campbell, Kevin Bacon, Denise Richards e Theresa Russell. En 2004 editouse en DVD unha versión sen cortes, con sete minutos máis. A sona da película veulle por varias escenas de sexo, mais en particular unha que implica un home e dúas mulleres asemade; esas escenas son máis explícitas do habitual en filmes das grandes producións de Hollywood.
7 Year Bitch foi unha banda estadounidense de punk rock procedente de Seattle, Washington, activa durante 7 anos, dende 1990 ata 1997. Ao longo da súa carreira publicou tres álbums de estudio. O grupo formouse ao mesmo tempo que aparecía o subxénero do punk rock riot grrrl, xurdido a principios dos 90 e que enfatizaba o rol da muller na música rock, O movemento riot grrrl naceu como unha resposta feminista á violencia e misoxinia que se fixo máis presente na música punk de mediados a finais dos anos 80.
El Dorado é un filme estadounidense de 1966 producido e dirixido por Howard Hawks e protagonizado por John Wayne e Robert Mitchum. Escrito por Leigh Brackett e vagamente baseado no libro The Stars in Their Courses de Harry Brown, o filme conta a historia dun pistoleiro que chega en auxilio dun vello amigo: un alguacil bébedo que loita por defender un gandeiro e a súa familia contra outro gandeiro que tenta roubarlles a auga. O pistoleiro e o alguacil son axudados por un guerreiro indio envellecido e un xogador novo.
Tell es-Sultan (en árabe: تل السلطان, lit. Outeiro do Sultán), tamén coñecido como Tel Jericho ou Antiga Xericó, é un sitio arqueolóxico e un Patrimonio da Humanidade da UNESCO en Palestina, na cidade de Xericó, que consiste nos restos da cidade fortificada máis antiga do mundo. Está situado xunto ao campo de refuxiados de Ein es-Sultan, a dous quilómetros ao norte do centro da cidade palestina de Xericó.
Lamine Yamal Nasraoui Ebana, nado en Esplugues de Llobregat o 13 de xullo de 2007 é un futbolista español que xoga como dianteiro no FC Barcelona da Primeira División de España. É o xogador máis novo da historia (16 anos e 57 días) en debutar e marcar un gol coa selección de España, na Primeira División de España (16 anos e 87 días), e na Eurocopa en debutar e asistir (16 anos e 338 días) e anotar un gol (16 anos e 361 días).
Sófocles (en grego Σοφοκλής, Sophoklēs, pronunciación grega clásica: [so.pʰo.klɛ̂ːs]), nado en Colono, Atenas (Grecia) no 496 a.C e finado na mesma cidade no 406 a.C., foi un poeta tráxico da Antiga Grecia, autor de obras como Antígona ou Edipo rei. Sitúase, xunto con Esquilo e Eurípides, entre as figuras máis destacadas da traxedia grega. De toda a súa produción literaria só se conservan sete traxedias completas, que son de importancia capital para o xénero.
Ecleidira Maria Fonseca Paes, nada en Abaetetuba o 30 de xuño de 1969, máis coñecida polo seu nome artístico Dira Paes, é unha actriz brasileira. Entre os premios e nomeamentos que recibiu, Paes gañou o premio a mellor actriz e actriz secundaria no Festival de Brasília por Corisco & Dadá e Anahy de las Misiones, respectivamente, así como o premio a mellor actriz no 2013 no Grande Prêmio do Cinema Brasileiro por À Beira do Caminho.
O sexo anal é unha práctica sexual que consiste na introdución do pene erecto no ano e o recto da parella, co fin de obter pracer. Outras formas de sexo anal inclúen o fingering, o uso de xoguetes sexuais, o sexo oral realizado no ano (anilingus), e o pegging. O termo sexo anal refírese máis comunmente á penetración do pene no ano, mais algunhas fontes refírense a coito anal para a penetración anal, e sexo anal para calquera forma actividade sexual, especialmente en parellas, e oposta á masturbación anal.
O tiburón tigre (Galeocerdo cuvier) é unha especie de tiburón carcarrínido e único membro existente do xénero Galeocerdo. É un macrodepredador relativamente grande, que pode chegar aos 5 m de lonxitude. Vive en moitos mares de augas tropicais e temperadas, e é especialmente común arredor das illas do Pacífico central.
O urmetazoo (urmetazoa, do prefixo en alemán ur- «orixinal, primitivo, arquetípico» e do grego μετα-ζωα, metazoa, «animais») é o hipotético derradeiro devanceiro común de todos os animais. Quizais o primeiro urmetazoo fose acuático, pero máis aló disto a súa forma é difícil de determinar, xa que se formularon diferentes hipóteses e a discriminación mediante o método científico entre estas hipóteses é difícil por mor de que as relacións entre os filos animais non se resolveron de todo.
A historia de Galiza abrangue a historia de Galiza e dos seus estados predecesores. Comeza arredor do 19 a. C., cando o Imperio Romano logra anexionar definitivamente os pobos galaicos —kallaikoi segundo o autor grego Estrabón— unificándoos por vez primeira na historia e denominando ó seu territorio como Gallaecia —terra dos callaeci—, e que acabaría derivando nos actuais nomes Galicia ou Galiza, motivo polo que é considerada como unha das entidades político-administrativas máis antigas de toda Europa.
Ataque estadounidense-israelí contra Irán de 2026
O ataque estadounidense-israelí contra Irán de 2026 comezou o 28 de febreiro cunha operación militar conxunta estadounidense-israelí dirixida a obxectivos militares, civís, cargos políticos e líderes de mando en Irán. A operación israelí recibiu o nome de Ruxido do León (en hebreo: שאגת האריה), mentres que a operación estadounidense foi denominada Operation Epic Fury («Operación Furia Épica») polo Departamento de Defensa dos Estados Unidos. En resposta ao ataque, Irán lanzou a Operación Verdadeira promesa 4 (en farsi, Va'de-ye Sadeq), que consistiu nunha onda de operacións de represalia no Oriente Medio.
Mastodon é unha banda estadounidense de metal procedente de Atlanta (Xeorxia, formada en 1999. O grupo está composto polo baixista e vocalista Troy Sanders, o guitarrista e vocalista Brent Hinds, o guitarrista Bill Kelliher e o batería Brann Dailor. Leva editados catro álbums de estudio ata a data, expandindo as súas fronteiras musicais dende un inicial sludge metal cru ata os últimos temas máis psicodélicos, aínda que mantendo o seu estilo progresivo con tempos infrecuentes.
A Feira das San Lucas é unha feira tradicional que se celebra anualmente na cidade de Mondoñedo, arredor do 18 de outubro, festividade de San Lucas Evanxelista. Está considerada a feira máis antiga de Galicia en funcionamento continuo e unha das máis antigas de Europa. A súa principal actividade foi historicamente o comercio de gando cabalar, aínda que no presente combina esta tradición cun amplo programa festivo, cultural e comercial.
O río Ussuri, en ruso река Уссури; en chinés simplificado 乌苏里江; en chinés tradicional 烏蘇里江; en pinyin Wūsūlǐ Jiāng, é un longo río do nordeste de Asia, afluente pola marxe dereita do Amur no seu curso baixo. Ten unha lonxitude de 897 km, un caudal medio de 1 150 m³/s e drena unha conca de 193 000 km² (superficie similar á de países como Senegal, Siria ou Camboxa). Administrativamente, discorre polos krais de Khabárovsk e Primorie da Federación de Rusia e forma durante un longo treito a fronteira coa provincia chinesa de Heilongjiang.
Qian Xuesen ou Hsue-Shen Tsien (en chinés tradicional: 錢學森; en chinés simplificado: 钱学森; pinyin: Qián Xuésēn; Wade-Giles: Ch'ien2 Hsüe2-shen1), nado en Shanghai o 11 de decembro de 1911 e finado en Pequín o 31 de outubro de 2009, foi un matemático, ciberneticista, enxeñeiro aeroespacial e físico chinés que realizou significativas contribucións no campo da aerodinámica e sentou as bases da enxeñaría cibernética. Recrutado polo MIT, uniuse ao grupo de Theodore von Kármán no Caltech, e durante a segunda guerra mundial estivo involucrado no Proxecto Manhattan, que finalmente levou ao desenvolvemento con éxito da primeira bomba atómica nos Estados Unidos. Durante a época do macartismo, na década de 1950, o goberno federal dos Estados Unidos acusouno de simpatías comunistas.
Posición do misioneiro invertida
A posición da amazona é calquera posición sexual na que a muller está enriba do seu compañeiro sexual durante a actividade sexual. A posición máis comunmente asociada coa muller na parte superior adoita chamarse posición da vaqueira ou cabalgando, que deriva o seu nome da imaxe da muller que "monta" o home como vaqueira montando a cabalo. Nesta posición, o home adoita deitarse de costas coas pernas pechadas, mentres que a parella está a cabalo sobre el estendendo as pernas a cada lado, normalmente de xeonllos, coas canelas detrás, ou sentado sobre o sexo e as pernas da parella, mirando cara a adiante ou cara a atrás, e o home ou a muller insire o pene erecto do home na vaxina ou no ano da muller.
Michel Georges Jean Ghislain Preud’Homme, máis coñecido como Michel Preud'homme, nado en Ougrée, preto de Liexa o 24 de xaneiro de 1959, é un adestrador de fútbol belga e francófono, que tivo un recoñecido pasado como porteiro. Como xogador, desempeñou o mellor da súa carreira no Standard de Liège, (co que conseguiu 2 títulos de campión belga), no YRKV Mechelen (co que gañou unha Recopa de Europa o último trofeo europeo conseguido por un club belga) e no Benfica de Lisboa. Disputou 104 partidos europeos, o primeiro deles contra o Slavia de Praga, o 14 de setembro de 1977 coa camisola branquivermella do Standard de Liège.
Escuadrón de Vigilancia Aérea 10
Escuadrón de Vigilancia Aérea 10 (EVA 10) é unha base militar do éxercito do aire español situada no cumio do monte Iroite na comarca de Noia, no límite dos concellos de Boiro, Lousame e Porto do Son. A base aérea militar do Exército Español foi creada en 1980. O primeiro continxente de tropas chegou ao centro en 1981, se ben non comezou a estar operativo até o 1 de decembro de 1984.
Cristiano Ronaldo dos Santos Aveiro, OIH, nado en Funchal (Madeira) o 5 de febreiro de 1985, máis coñecido como Cristiano Ronaldo (AFI: kɾɨʃˈtiɐnu ʁuˈnaɫdu), é un futbolista portugués, que xoga como extremo no Al-Nassr FC, da Liga Profesional Saudita. É o máximo goleador da historia do fútbol e está considerado como un dos mellores futbolistas de todos os tempos. Foi distinguido co premio ao Mellor xogador da Premier League en 2007 e 2008, así como Deportista Portugués do Ano neses mesmos anos.