Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Erling Braut Haaland, tamén escrito Håland, nado en Leeds o 21 de xullo de 2000, é un futbolista noruegués. Xoga como dianteiro no Manchester City da Premier League e na selección de Noruega. Está considerado un dos mellores xogadores do mundo e ostenta o récord de maior número de goles anotados nunha mesma tempada da Premier League, con 36.
Joaquín Domínguez Portela, coñecido como Elxokas, nado en Lugo o 13 de abril de 1991, é un influenciador, streamer, youtuber e creador de contido en Twitch e YouTube. Comezou como streamer en 2018 en Twitch creando contido do videoxogo World of Warcraft. En 2019, era xa o creador de contido máis grande da comunidade hispanofalante nesta categoría.
Cristiano Ronaldo dos Santos Aveiro, OIH, nado en Funchal (Madeira) o 5 de febreiro de 1985, máis coñecido como Cristiano Ronaldo (AFI: kɾɨʃˈtiɐnu ʁuˈnaɫdu), é un futbolista portugués, que xoga como extremo no Al-Nassr FC, da Liga Profesional Saudita. É o máximo goleador da historia do fútbol e está considerado como un dos mellores futbolistas de todos os tempos. Foi distinguido co premio ao Mellor xogador da Premier League en 2007 e 2008, así como Deportista Portugués do Ano neses mesmos anos.
Lamine Yamal Nasraoui Ebana, nado en Esplugues de Llobregat o 13 de xullo de 2007 é un futbolista español que xoga como dianteiro no FC Barcelona da Primeira División de España. É o xogador máis novo da historia (16 anos e 57 días) en debutar e marcar un gol coa selección de España, na Primeira División de España (16 anos e 87 días), e na Eurocopa en debutar e asistir (16 anos e 338 días) e anotar un gol (16 anos e 361 días).
Álvaro Muñiz Mora nado na Coruña o 17 de decembro de 1981, é un piloto de rally que compite no Súper Campionato de España de Rallys. Anteriormente competiu durante anos no Campionato de Galicia de Rallys e no antigo Campionato de España e en 2023 proclamouse campión da Copa de España de Rallys de Asfalto. Álvaro é neto e sobriño de pilotos.
Verónica Boquete Giadáns, coñecida como Vero Boquete, nada en Santiago de Compostela o 9 de abril de 1987, é unha futbolista galega, que xoga como centrocampista e dianteira na Como 1907, da Serie A de Italia. Considerada como unha das mellores futbolistas españolas da historia, desenvolveu a súa carreira en máis dunha ducia de equipos de oito países e tres continentes. Foi a primeira española en gañar a Liga de Campións e a primeira en marcar nunha final.
Roberto Baggio, nado o 18 de febreiro de 1967 en Caldogno, Véneto, é un exfutbolista italiano, considerado un dos mellores e máis populares da década dos 1990. Tamén foi coñecido como Divino rabo de cabalo, Robertino e Codino. Coa selección italiana xogou en tres Mundiais de Fútbol e é o único futbolista do seu país que anotou en tres copas de mundo 1990, 1994 e 1998.
Asa Yoelson, nado en Seredzius (Lituania) o 26 de maio de 1886 e finado en San Francisco (California) o 23 de outubro de 1950, foi un cantante, actor, guionista e director de música estadounidense de orixe lituana, coñecido como Al Jolson. Jolson foi alcumado "o rei da blackface", convención teatral dende mediados do século XIX. Tamén foi chamado "o artista máis grande do mundo" no cumio da súa carreira. O seu estilo interpretativo era atrevido e extravertido, e popularizou moitas cancións.
A literatura erótica é un xénero literario no cal os textos se relacionan, directa ou indirectamente, co erotismo e o sexo. En ocasións pódese referir tamén á literatura pornográfica se as escenas sexuais son realmente moi explícitas, aínda que normalmente segue considerándose dentro do erotismo. Dentro deste xénero poden atoparse habitualmente novelas de ficción de contido erótico, historias curtas ou contos, poesía, obras de teatro, memorias e manuais de sexo.
A acetilcolina (ás veces abreviada como ACh) é un ión poliatómico orgánico formado por unha molécula de colina unida a un grupo acetilo por enlace éster , que actúa como neurotransmisor dos sistemas nerviosos central e periférico do home e moitos organismos. A acetilcolina é un dos moitos neurotransmisores do sistema nervioso autónomo e o único neurotransmisor que se usa na división motora do sistema nervioso somático (as neuronas sensoriais utilizan o glutamato e varios péptidos nas súas sinapses). A acetilcolina é tamén o principal neurotransmisor en todos os ganglios autónomos.
A sementeira é unha cantiga popular galega. A canción fíxose popular coa versión (Sementeira) que fixo a banda Fuxan os Ventos, publicada en 1978 no seu álbum homónimo, con texto escrito por Luís Álvarez Pousa e música de Xosé Luís Rivas Cruz. A canción converteuse nun dos símbolos culturais de Galicia e particularmente representativa dunha xeración nos anos 1970.
A Semana Santa de Cartaxena é unha celebración relixiosa que ten lugar cada ano en Cartaxena, coa organización de procesións entre a madrugada do Venres de Dores e o mediodía do Domingo de Resurrección. O seu inicio, coincidindo coa festividade da patroa da cidade, a Virxe da Caridade, considérase a primeira procesión de España dentro do calendario anual da Semana Santa. A Xunta de Confrarías da Semana Santa de Cartaxena está integrada por catro confrarías penitenciais: Marrajos, Californios, Resucitado e Socorro, das que as dúas primeiras procesionan varios días.
Blas Infante Pérez de Vargas, nado en Casares (Provincia de Málaga) o 5 de xullo de 1885 e finado en Sevilla o 11 de agosto de 1936, foi un político andaluz, considerado oficialmente polo Congreso dos Deputados e polo Parlamento de Andalucía como o "Pai da Patria andaluza", por ser o máximo ideólogo do nacionalismo andaluz.
As muqarnas (en árabe: مقرنص; en persa: مقرنس) son unha forma de ornamento arquitectónico en forma de bóveda que se pode describir como a «subdivisión xeométrica dunha trompa angular, cúpula ou ménsula, nun elevado número de bóvedas en miniatura, que forman unha especie de estrutura celular». Utilízanse en cúpulas e principalmente en semicúpulas nas entradas e ábsidas, especialmente na arquitectura tradicional islámica e persa.
A peeira dos lobos é un ser da mitoloxía galega e portuguesa, un ser normalmente feminino que a consecuencia dunha mala fada ou maldición, abandona o seu fogar e vai vivir entre os lobos, pero mantendo a súa forma humana. Este feito marca a diferenza entre estes seres e os lobishomes. A peeira convive cunha manda de lobos, come a comida dos lobos e fala a súa lingua.
O xenotransplante /ks/ (do grego xenos-, 'alleo, estraño') ou transplante heterólogo, é un transplante de células, tecidos ou órganos dunha especie a outra. Tales células, tecidos ou órganos denomínanse xenoenxertos ou xenotransplantes. Diferénciase do alotransplante (dun individuo a outro da mesma especie), do transplante sinxénico ou isotransplante (enxertos transplantados entren dous individuos xeneticamente idénticos, como os xemelgos monocigóticos, da mesma especie), e do autotransplante (dunha parte do ocrpo a outra dun mesmo individuo).[Cómpre referencia] O xenotransplante é un método artificial de crear unha quimera animal-humano, que é, un humano cun conxunto de células dun animal.
Borja Iglesias Quintás, nado en Santiago de Compostela o 13 de xaneiro de 1993, é un futbolista galego que xoga na demarcación de dianteiro centro no Celta de Vigo da Primeira División. Formouse nas canteiras do Santiago, do Valencia e do Villarreal e debutou na Primeira División coa camiseta do Celta de Vigo en 2015, despois de militar varios anos no seu filial, do que é o máximo goleador histórico. A continuación conseguiu boas cifras goleadoras no Zaragoza e no Espanyol e en 2019 fichou polo Betis.
Franco Alejandro Colapinto, nado o 27 de maio de 2003 é un piloto de carreiras arxentino, actualmente. competindo na Fórmula 1 para Williams. Colapinto pasou das carreiras de karts ás carreiras de fórmula júnior en 2018 e gañou o seu primeiro campionato no Campionato de España de F4 de 2019 con Drivex.
Noora Helena Räty, ou simplemente Noora Räty, nada o 29 de maio de 1989 en Espoo (Finlandia), é unha porteira finlandesa de hóckey sobre xeo. Na tempada 2021-22 asinou co HPK de Hämeenlinna da Naisten Liiga finlandesa, con todo, antes de comezar a segunda fase da competición asinou co KRS Vanke Rays da liga rusa. En 2014 Räty converteuse na segunda muller en xogar un partido na segunda categoría do hóckey sobre xeo masculino de Finlandia, a Mestis, logo do debut de Hayley Wickenheiser en 2003, deste xeito Räty converteuse na primeira muller finlandesa e a primeira porteira en xogar na Mestis.
Azul de metileno é o nome que comunmente se dá ao cloruro de metiltioninio, que é un sal usado como tintura biolóxica e como medicamento. Como medicamento, úsase principalmente para tratar a metahemoglobinemia. Foi usado previamente para tratar o envelenamento por cianuro e infeccións do tracto urinario, pero ese uso xa non se recomenda.
A haptoglobina (abreviada como Hp) é a proteína que nos humanos está codificada polo xene HP. No plasma sanguíneo, a haptoglobina únese á hemoglobina (Hb) libre liberada polos eritrocitos con alta afinidade e deste modo inhibe a súa actividade oxidativa. O complexo haptoglobina-hemoglobina será despois eliminado polo sistema reticuloendotelial (principalmente no bazo). Nos laboratorios clínicos, a proba da haptoglobulina utilízase para examinar e monitorizar a anemia hemolítica intravascular.
A Copa do Mundo de 2026 é a 23ª edición do máximo campionato internacional de seleccións nacionais de fútbol organizado cada catro anos pola FIFA. O torneo está a ter lugar en 11 cidades dos Estados Unidos, 2 do Canadá e 3 de México, cuxa candidatura conxunta derrotou a de Marrocos o 13 de xuño de 2018 na votación levada a cabo no 68º Congreso da FIFA celebrado en Moscova. É a primeira edición da Copa do Mundo de Fútbol organizada por tres países, e a primeira con 48 seleccións nacionais participantes, en lugar das 32 de edicións anteriores.
San Gangolfo, tamén chamado Gangolfo de Varennes, Gangolfo de Borgoña e Gangolfo de Avallon, finado o 11 de maio de 760 é venerado como mártir pola Igrexa católica. É padroeiro dos maridos enganados, dos fabricantes de luvas e da industria da lan, porque se lle atribuía o don de evitar que as ovellas caesen en trampas e arames.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ) (en castelán: Reino de España, en catalán/valenciano: Regne d'Espanya, en vasco: Espainiako Erresuma, en asturiano: Reinu d'España, en occitano: Reialme d'Espanha e en aragonés: Reino d'España), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera, o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
Medalleiro histórico dos Xogos Panamericanos
O Medalleiro histórico dos Xogos Panamericanos reúne as medallas conseguidas por cada Comité Olímpico Nacional participante de entre todas as edicións disputadas.
Eclipse solar do 12 de agosto de 2026
A eclipse solar do 12 de agosto de 2026 será unha eclipse solar total. É a seguinte europea despois das que tiveron lugar o 11 de agosto de 1999 no norte de Francia, o sur de Bélxica, Luxemburgo, o sur de Alemaña, Austria, Hungría, o norte de Iugoslavia e Bulgaria; e o 29 de marzo de 2006 na illa de Kastelórizo en Grecia e o sur da Rusia europea. Esta será visíbel como total no extremo norte da Siberia rusa, no extremo oeste de Islandia, na illa danesa de Groenlandia e na maior parte da metade norte de España, ben como nunha pequena extremidade nordeste de Portugal, no distrito de Braganza.
Lista de templos gregos antigos
Esta lista dos antigos templos gregos abarca templos construídos polos helénicos desde o século VI a.C. ata o século II d.C. na Grecia continental e nas cidades helénicas das Illas do Exeo, Asia Menor, Sicilia e Italia, e onde queira que houbera colonias gregas, ou se establecera a cultura grega. A Arquitectura da Grecia antiga era de forma moi regular, sendo a construción "xamba e lintel". Hai tres estilos claramente definidos: a orde dórica, atopada en toda Grecia, Sicilia e Italia; a orde xónica, de Asia Menor, con exemplos en Grecia; e a orde corintia máis adornada, usada inicialmente só para interiores, empregándose cada vez máis durante o período helenístico desde o século I a.C. en diante e usada extensivamente por arquitectos romanos.
Brugmansia é un xénero de plantas fanerógamas da familia Solanaceae, nativa das rexións subtropicais de México, Centro e Suramérica, ao longo de Andes de Colombia até o norte de Chile e mesmo o sueste do Brasil. Son coñecidas como "trompetas de anxo" por mor das súas enormes flores e comparten devandito nome cos toloaches do xénero Datura co cal están estreitamente emparentados. O nome común en Colombia é de "borrachero" ou "cacao sabanero", que tamén se dá a algunhas plantas do xénero Datura.
Pablo Presbere (adaptación do seu nome orixinal en bribri: Pabru Presberi) nado circa 1670 e finado en 1710, foi un líder indíxena bribri da comunidade de Suinse, na rexión que hoxe se coñece co nome de Talamanca, ao sueste de Costa Rica. É recoñecido como xefe indíxena que liderou a insurrección de Tierra Adentro contra as autoridades españolas o 29 de setembro de 1709, no transcurso da cal foron asasinados varios frades e soldados e a muller dun destes, e foron queimados catorce templos erixidos polos misioneiros. Na rebelión apoiárono todos os indíxenas de Costa Rica dende o Cerro Chirripó até a Illa Tojar, na baía do Almirante, Panamá, agás os viceitas, e permitiu ós indíxenas recuperar o control do territorio de Talamanca, que se converteu nunha zona de refuxio durante a época colonial de Costa Rica.
Héroes del Silencio (ás veces denominado simplemente Héroes) foi un grupo de Rock & Roll de Zaragoza (Aragón, España), formado inicialmente por Juan Valdivia e Enrique Bunbury a mediados dos anos 80. Na década de 1990 experimentaron un grande éxito en torno a España e América, e varios países europeos, incluíndo Alemaña, Bélxica, Suíza e Francia, converténdose nun dos máis exitosos grupos na historia do rock en español. Despois de doce anos e numerosos álbums, a banda separouse no ano 1996.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
Stephen Ray Vaughan, nado o 3 de outubro de 1954 e finado o 27 de agosto de 1990) foi un guitarrista estadounidense, cantante, compositor, e produtor de música. A pesar da súa curta carreira de apenas sete anos, foi un dos guitarristas máis influentes no rexurdimento do blues nos anos 80. Nado e criado en Dallas, Vaughan comezou a tocar a guitarra con sete anos, inspirado polo seu irmán máis vello, Jimmie.
Khinalug ou Khinalyg (en lingua azerí Xınalıq; en Khinalug: Kətş) é un concello e unha antiga aldea caucásica con orixes que se remontan ao período da Albania caucásica. Está situado nas montañas do Distrito de Quba, Acerbaixán. O concello de Khinalug forma parte do distrito de Quba e consta das aldeas de Khinalug e Galaykhudat.
O himno de Baxkortostán (en baxkir Башҡортостан Республикаһыныӊ Дәүләт гимны, Başqortostan Respublikahynyň Däwlät himny) é un dos símbolos da república rusa de Baxkortostán. A música foi composta por Farit Idrisov e a letra oficial en baxkir é obra de Ravil Bikbaev e Raşita Şakura. Foi adoptado o 12 de outubro de 1993 e oficialmente o 18 de setembro de 2008.
Zaedyus pichiy, coñecido vulgarmente na literatura internacional como pichi, é unha especie de mamífero placentario da orde dos cingulados, familia dos dasipódidos e subfamilia dos eufractinos, a única incluída no xénero Zaedyus. É unha pequena especie de armadillo cuxa área de dispersión, na Patagonia, é a máis meridional do mundo, sendo o único armadillo que experimenta hibernación. O xénro foi descito en 1889 polo naturalista arxentino Florentino Ameghino, mentres que a especie fora descrita xa en 1804 polo zoólogo francés Anselme Gaëtan Desmarest, baixo o nome de Loricatus pichiy.
Transnistria (nalgúns casos escrito como "Transdniéster", "Transdniestria" ou "Cisdniéster") é un territorio separatista de Moldova situado principalmente entre o río Dnister e a fronteira oriental da República Moldova con Ucraína. Desde a súa declaración de independencia en 1990 e, especialmente despois da Guerra de Transnistria en 1992, é gobernada como a República Moldova Pridnestroviana (RMP), tamén coñecida como "Pridnestrovia"), un Estado non recoñecido que reclama o territorio ao leste do río Dnister, a cidade de Bender e as súas localidades circundantes situadas na beira oeste deste río. Moldova non recoñece a secesión e considera que os territorios controlados poa RMP son parte da rexión autónoma moldova de Stînga Nistrului (literalmente, "a ribeira esquerda do Dnister"), oficialmente denominada Unidade Territorial Autónoma Transistria, cun status xurídico especial.
O río Ussuri, en ruso река Уссури; en chinés simplificado 乌苏里江; en chinés tradicional 烏蘇里江; en pinyin Wūsūlǐ Jiāng, é un longo río do nordeste de Asia, afluente pola marxe dereita do Amur no seu curso baixo. Ten unha lonxitude de 897 km, un caudal medio de 1 150 m³/s e drena unha conca de 193 000 km² (superficie similar á de países como Senegal, Siria ou Camboxa). Administrativamente, discorre polos krais de Khabárovsk e Primorie da Federación de Rusia e forma durante un longo treito a fronteira coa provincia chinesa de Heilongjiang.
Machuca é un filme chileno escrito e dirixido por Andrés Wood que se estreou en 2004. Ambientado en Santiago de Chile en 1973 durante o goberno socialista de Salvador Allende e até pouco despois do golpe de estado do Xeneral Augusto Pinochet. Conta o historia de dous mozos: Gonzalo Infante que provén dunha familia rica de ascendencia europea, e Pedro Machuca que vive na pobreza e ten ascendencia indíxena.
O Utahraptor ("depreador de Utah" ou "ladrón de Utah") é un xénero de dinosauros dromeosáuridos (un grupo de terópodos carnívoros con plumas) de tamaño grande que viviu durante o período Cretáceo inferior ao redor de hai 135 a 130 millóns de anos no que agora son os Estados Unidos. O xénero foi descrito en 1993 polo paleontólogo estadounidense James Kirkland coa especie tipo Utahraptor ostrommaysi, baseado en fósiles que foran escavados previamente na Formación da montaña Cedar de Utah. Máis tarde, moitos exemplares adicionais foron descritos incluíndo individuos máis novos.
O luisón (en guaraní: Luisõ), tamén chamado lobizón ou juicho, é un dos sete monstros da mitoloxía guaraní e o sétimo fillo de Taú e Keraná. Trátase dunha criatura metade home e metade besta, cuxa figura garda semellanzas coa lenda europea do lobishome. É un ser mitolóxico propio da tradición de Paraguai, moi popular en devandito país e no nordeste da Arxentina, sur de Santa Cruz (Bolivia), norte do Uruguai e os estados de Mato Groso do Sur, Río Grande do Sur, Santa Catarina e o Paraná (no Brasil).
Lista das estrelas do Paseo da Fama de Hollywood
A seguinte é unha lista das estrelas do Paseo da Fama de Hollywood, inclúese a categoría e a localización de cada unha das estrelas.
Caso das fotografías de Alberto Núñez Feijóo con Marcial Dorado
O caso das fotografías de Alberto Núñez Feijóo con Marcial Dorado, en ocasións citado como escándalo das fotos con Marcial Dorado fai referencia ao escándalo político en Galicia tras a publicación dunhas fotografías no xornal El País o 30 de marzo de 2013, onde aparecía o presidente da Xunta de Galicia, o político do Partido Popular Alberto Núñez Feijóo, xunto ao narcotraficante Marcial Dorado. A publicación da información puxo en evidencia a relación de amizade entre o político galego e o narcotraficante, os cales chegaron a realizar viaxes xuntos. As polémicas fotos foron tiradas nunha embarcación recreativa no ano 1995.
Unha máquina comecartos ou simplemente un comecartos é un aparello automático concibido para ofrecer xogos de aposta sen a intervención dun empregado. Estes dispositivos poden ser mecánicos, electrónicos ou dixitais. O xogo consiste en introducir unha moeda coa esperanza de que saia unha combinación gañadora e obter un premio en metálico que proporciona a propia máquina.
Fernando Javier Llorente Torres, nado en Pamplona o 26 de febreiro de 1985, é un exfutbolista español que xogaba de dianteiro centro. Foi internacional coa selección española, coa que gañou a Copa do Mundo en 2010 e a Eurocopa de 2012, dous dos tres títulos do triplete conseguido pola selección entre 2008 e 2012, inédito na historia do fútbol.
Manuel Castells Oliván, nado en Hellín, Albacete, o 9 de febreiro de 1942, é un sociólogo e profesor universitario español, especializado na sociedade da información, a comunicación e a globalización. É catedrático de Socioloxía da Universitat Oberta de Catalunya (UOC), en Barcelona. É membro da Real Academia de Ciencias Económicas e Financeiras, da Academia Británica, da Academia de Ciencias Políticas e Sociais dos Estados Unidos, da Academia Mexicana de Ciencias e da Academia Europea.
Sistema do grupo sanguíneo ABO
O sistema ABO (letras a-be-o), que tamén foi chamado sistema AB0 (a-be-cero), de grupos sanguíneos é unha clasificación dos tipos de sangue atendendo á presenza na membrana dos eritrocitos de determinados antíxenos, que hoxe se pensa son unhas glicoproteínas (a parte de carbohidrato é a inmunoxénica). A detección do tipo de molécula presente pode realizarse mediante dous métodos: fenotipo: combínase o sangue cun antisoro que contén anticorpos, outras moléculas que reaccionan cos antíxenos producindo unha reacción de aglutinación; xenotipo: buscando o patrón xenético que determina as proteínas que crean os antíxenos; Os tres sistemas coñecidos habitualmente proceden da fenotipación dos grupos, pero existen outros subgrupos especiais que teñen reaccións distintas: por exemplo, existe un subgrupo dentro do A que só se pode detectar xenotipicamente, pois non presenta reacción ante o antisoro A. O nivel de reacción é importante, sobre todo tras un primeiro contacto, pois daquela xa se produciron anticorpos no sistema inmunitario do individuo receptor. Inda así, non é inmediato, como pode ser o caso do sistema Rhesus.
Donald Frank "Don" Cheadle, Jr., nado o 29 de novembro de 1964 en Kansas City, Missouri, é un actor e produtor de cine e televisión estadounidense. Gañou o Globo de Ouro ó mellor actor secundario - Serie, miniserie ou telefilme en 1999 e estivo nomeado en varias ocasións ós Premios Óscar, Emmy e BAFTA. É coñecido polas súas intervencións en filmes como Volcano (1997), Traffic (2000), Ocean's Twelve (2004), Hotel Ruanda (2004), Crash (2004) e Iron Man 2 (2010).
Acorus calamus, o ácoro, é unha das dúas especies do xénero Acorus da familia das acoráceas; é coñecido vulgarmente como "cálamo aromático”. Orixinario da India, atópase amplamente distribuído pola zona temperada do hemisferio norte, e incluso se está a aclimatar en zonas pantanosas de América do sur. Tamén é coñecido como cálamo aromático.
Fokker foi un fabricante aeronáutico neerlandés chamado así polo seu fundador, Anthony Fokker. A compañía operou baixo varios nomes, creándose en 1912 en Schwerin, Alemaña, e trasladandose aos Países Baixos en 1919. Durante o seu período máis exitoso, nos anos 20 e 30 do século XX, dominou o mercado da aviación civil.
Cabo Verde (en portugués [ˈkabu ˈveɾdɨ] (AFI)), oficialmente República de Cabo Verde, sitúase no océano Atlántico, no arquipélago de orixe volcánica do mesmo nome. As illas estaban deshabitadas ata que foron descubertas polos portugueses no século XV, que procederon a colonizalas para convertelas nun centro de trata de escravos. A maior parte dos habitantes actuais provén de ambos os grupos.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
En economía, un mercado é un marco institucional no que individuos ou grupos intercambian bens, servizos, traballo ou outras mercadorías mediante transaccións voluntarias, normalmente mediadas por prezos determinados pola interacción entre a oferta e a demanda. Os mercados funcionan como mecanismos de coordinación da actividade económica sen dirección central, apoiándose na toma de decisións descentralizada por parte de participantes que responden a sinais de prezos que reflicten a escaseza relativa e as preferencias. Este mecanismo de prezos asigna os recursos escasos de xeito eficiente ao incentivar os produtores a ofrecer aquilo que os consumidores valoran máis, como amosan estudos empíricos que mostran que os mercados superan as asignacións planificadas á hora de axustar a oferta á demanda en diversos bens e rexións.
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
Os galegos son un grupo nacional, cultural e etnolingüístico que vive maioritariamente en Galicia, no noroeste da Península Ibérica, pero que por mor da emigración histórica tamén ten importantes poboacións noutras partes de España, Europa e América. Os galegos teñen os seus propios costumes, cultura, lingua, música, danza, deportes, arte, cociña e mitoloxía. O galego, lingua romance derivada do latín que se falaba na antiga Gallaecia romana, é a lingua propia de Galicia e constitúe a máxima expresión cultural do pobo galego.
O aeroporto internacional de Salt Lake City (IATA: SLC, OACI: KSLC) é un aeroporto civil e militar estadounidense situado a 6,4 quilómetros ao oeste do centro de Salt Lake City, Utah. É o aeroporto máis próximo para unha poboación de máis de 2,5 millóns de persoas e está a menos de 30 minutos por estrada de preto de 1,3 postos de traballo. O aeroporto é o cuarto centro de conexións máis grande de Delta Air Lines, ademais de ser un centro de conexións para aeroliña de Delta Connection SkyWest Airlines, con preto de 300 saídas diárias.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Unión Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
A selección de fútbol de España é o equipo formado por xogadores de nacionalidade española que representa á Real Federación Española de Fútbol, o máximo organismo do fútbol en España, nas competicións oficiais organizadas pola FIFA. A selección española participou en 16 das 22 edicións da Copa do Mundo e é unha das oito seleccións campioas do torneo, grazas ao seu triunfo na edición de 2010 celebrada en Suráfrica. A nivel continental, é a selección con máis títulos da Eurocopa, competición que gañou en catro ocasións (1964, 2008, 2012 e 2024). Os éxitos conseguidos entre o 2008 e o 2012 e o nivel de xogo amosado polo combinado español, levou a que moitos expertos e analistas consideren a selección dese período como un dos mellores equipos da historia do fútbol.
Indiana Jones and the Dial of Destiny
Indiana Jones and the Dial of Destiny é un filme estadounidense de 2023 dirixido por James Mangold, quen coescribiu o guión con David Koepp e o equipo de escritura de Jez e John-Henry Butterworth. É o quinto e derradeiro filme da serie cinematográfica de Indiana Jones e a continuación de Indiana Jones and the Kingdom of the Crystal Skull (2008). Está protagonizado por Harrison Ford, John Rhys-Davies e Karen Allen, que retoman os seus papeis da saga como Indiana, Sallah e Marion Ravenwood respectivamente, así como por Phoebe Waller-Bridge, Antonio Banderas, Toby Jones, Boyd Holbrook, Ethann Isidore e Mads Mikkelsen.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
A criptomeria ou cedro xaponés, Cryptomeria japonica (L.f.) D. Don, é a única especie de árbore do xénero Cryptomeria. É unha conífera pertencente á familia das cupresáceas, endémica do Xapón, onde é coñecida co nome xaponés de sugi (杉). En Occidente incrementouse o uso do termo "sugi" para se referir a esta árbore, xa que semella máis axeitado ca o usado antigamente: "cedro xaponés", xa que o "sugi" non é un auténtico cedro (xénero Cedrus).
Unha intelixencia xeral artificial (IXA, AGI polas siglas en inglés de artificial general intelligence) é un tipo hipotético de axente intelixente. En caso de se materializar, unha AGI podería aprender a realizar calquera tarefa intelectual que poidan realizar os seres humanos ou os animais. Alternativamente, AGI definiuse como un sistema autónomo que supera as capacidades humanas na maioría das tarefas economicamente valiosas.
Xiuhtēcuhtli (en galego: Señor das Turquesas ou Señor do Lume), tamén coñecido como Cuezaltzin (en galego: Laparada) ou Ixcozauhqui, é o deus do lume, o día e a calor na mitoloxía azteca. As fontes históricas refírense a el por varios nomes, que reflicten os seus diferentes aspectos e moradas nas tres partes do cosmos. Era considerado o señor dos volcáns, a personificación da vida no alén, a calor no frío (é dicir, o lume), a luz na escuridade e a comida durante unha gran fame.
Slint foi unha banda estadounidense de post-rock composta por Brian McMahan (guitarra e voces), David Pajo (guitarra), Britt Walford (batería), Todd Brashear (baixo en Spiderland) e Ethan Buckler (baixo en Tweez). O grupo formouse en Louisville, Kentucky no ano 1986 e separouse despois da gravación do seu último álbum, Spiderland, en 1991. O seu primeiro traballo, Tweez, foi gravado polo enxeñeiro Steve Albini en 1987 e lanzado polo selo Jennifer Hartman Records en 1989.
A viaxe de Chihiro (título orixinal en xaponés: 千と千尋の神隠し; Sen to Chihiro no kamikakushi) é un filme de animación xaponés escrito e dirixido por Hayao Miyazaki no 2001 e producido por Studio Ghibli. O filme conta a historia de Chihiro Ogino, unha cativa de dez anos que está a mudar de fogar cos seus pais, e que accidentalmente quedan presos nun misterioso mundo de espíritos e deuses.
O etnocacerismo (ou etnonacionalismo peruano) é unha ideoloxía política peruana caracterizada polo etnonacionalismo que evoca tanto o poderío e a identidade do Imperio Inca ou Tahuantinsuyo, a proxección dun neo-Tahuantinsuyo, a admiración á figura de Andrés Avelino Cáceres, a exaltación da «raza cobriza» e as civilizacións andinas, así como o nacionalismo das Forzas Armadas do Perú durante o goberno de Juan Velasco Alvarado, o antichilenismo e o irredentismo.