Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Erling Braut Haaland, tamén escrito Håland, nado en Leeds o 21 de xullo de 2000, é un futbolista noruegués. Xoga como dianteiro no Manchester City da Premier League e na selección de Noruega. Está considerado un dos mellores xogadores do mundo e ostenta o récord de maior número de goles anotados nunha mesma tempada da Premier League, con 36.
Sons of Anarchy é unha serie de televisión de xénero drama policial creada e producida por Kurt Sutter. Narra a vida dun club de moteiros en Charming, California, unha cidade ficticia situada en Central Valley. O protagonista da historia é Jackson "Jax" Teller (Charlie Hunnam), quen comeza coma vicepresidente do club, e comeza a cuestionar ó club e a el mesmo.
Cabo Verde (en portugués [ˈkabu ˈveɾdɨ] (AFI)), oficialmente República de Cabo Verde, sitúase no océano Atlántico, no arquipélago de orixe volcánica do mesmo nome. As illas estaban deshabitadas ata que foron descubertas polos portugueses no século XV, que procederon a colonizalas para convertelas nun centro de trata de escravos. A maior parte dos habitantes actuais provén de ambos os grupos.
Donald Frank "Don" Cheadle, Jr., nado o 29 de novembro de 1964 en Kansas City, Missouri, é un actor e produtor de cine e televisión estadounidense. Gañou o Globo de Ouro ó mellor actor secundario - Serie, miniserie ou telefilme en 1999 e estivo nomeado en varias ocasións ós Premios Óscar, Emmy e BAFTA. É coñecido polas súas intervencións en filmes como Volcano (1997), Traffic (2000), Ocean's Twelve (2004), Hotel Ruanda (2004), Crash (2004) e Iron Man 2 (2010).
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
Fukaya (深谷市, ふかやし, Fukaya-shi) é un concello da prefectura de Saitama no Xapón. Está situado no centro da rexión de Kantō e ao norte da prefectura, na parte leste da illa de Honshū. Ten 137,58 km² de superficie, unha poboación de 145.776 habitantes (2009) e unha densidade de poboación de 1.060 h/km².
Lion, orixinalmente titulado A Long Way Home, é un filme australiano-estadounidense de drama dirixido por Garth Davis e escrito por Luke Davies, baseado no libro de non ficción A Long Way Home de Saroo Brierley. É protagonizado por Dev Patel, Rooney Mara, David Wenham e Nicole Kidman. Foi estreado mundialmente o 10 de setembro de 2016 no Festival Internacional de Cine de Toronto 2016.
Guerra de Restauración Portuguesa
A Guerra de Restauración (en portugués: Guerra da Restauração) foi unha serie de enfrontamentos armados entre o reino de Portugal e o Reino de Castela. Este conflito comezou o 1 de decembro de 1640 e rematou co Tratado de Lisboa de 1668, asinado por Afonso VI de Portugal e Carlos II de España, no que se recoñeceu a independencia total de Portugal. A sublevación de 1640 e a longa guerra que desatou puxeron fin a un período de sesenta anos de goberno pola Casa de Austria en Portugal.
O río Ussuri, en ruso река Уссури; en chinés simplificado 乌苏里江; en chinés tradicional 烏蘇里江; en pinyin Wūsūlǐ Jiāng, é un longo río do nordeste de Asia, afluente pola marxe dereita do Amur no seu curso baixo. Ten unha lonxitude de 897 km, un caudal medio de 1 150 m³/s e drena unha conca de 193 000 km² (superficie similar á de países como Senegal, Siria ou Camboxa). Administrativamente, discorre polos krais de Khabárovsk e Primorie da Federación de Rusia e forma durante un longo treito a fronteira coa provincia chinesa de Heilongjiang.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Unión Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
O xenotransplante /ks/ (do grego xenos-, 'alleo, estraño') ou transplante heterólogo, é un transplante de células, tecidos ou órganos dunha especie a outra. Tales células, tecidos ou órganos denomínanse xenoenxertos ou xenotransplantes. Diferénciase do alotransplante (dun individuo a outro da mesma especie), do transplante sinxénico ou isotransplante (enxertos transplantados entren dous individuos xeneticamente idénticos, como os xemelgos monocigóticos, da mesma especie), e do autotransplante (dunha parte do ocrpo a outra dun mesmo individuo).[Cómpre referencia] O xenotransplante é un método artificial de crear unha quimera animal-humano, que é, un humano cun conxunto de células dun animal.
Joaquín Domínguez Portela, coñecido como Elxokas, nado en Lugo o 13 de abril de 1991, é un influenciador, streamer, youtuber e creador de contido en Twitch e YouTube. Comezou como streamer en 2018 en Twitch creando contido do videoxogo World of Warcraft. En 2019, era xa o creador de contido máis grande da comunidade hispanofalante nesta categoría.
Moeda de 2.000 pesetas de 1994
A moeda de 2.000 pesetas de 1994 é unha moeda española de prata dese valor facial emitida pola FNMT para conmemorar a celebración da asemblea anual do Fondo Monetario Internacional e do Banco Mundial, que tivo lugar en outubro de 1994 no Palacio Municipal de Congresos, do Campo das Nacións, en Madrid. Trátase da primeira emisión da serie de moedas circulantes de 2.000 pesetas de prata, que culminou en 2001 coa dedicada á derradeira emisión en pesetas.
Sharice Lynnette Davids, nada en Frankfurt o 22 de maio de 1980, é unha avogada, exloitadora de artes marciais mixtas e política estadounidense do pobo ho-chunk que serve como o Representante de Kansas no 3º distrito dende 2019. Membro do Partido Demócrata, representa un distrito que inclúe a maioría da área metropolitana de Kansas City, incluíndo cidades como Kansas City, Overland Park, Prairie Village, Leawood, Lenexa e Olathe. Elixida nas eleccións de 2018, Davids converteuse na primeira demócrata elixida como representante dun distrito de Kansas nunha década.
Blade Runner é un filme de ciencia ficción, cyberpunk e cinema negro de 1982 dirixido por Ridley Scott e protagonizado por Harrison Ford, Rutger Hauer, Sean Young, Edward James Olmos e Daryl Hannah. O guión, escrito por Hampton Fancher e David Peoples, foi unha adaptación libre da novela de 1968 Soñan os androides con ovellas eléctricas? de Philip K. Dick.
A Copa do Mundo de 2026 é a 23ª edición do máximo campionato internacional de seleccións nacionais de fútbol organizado cada catro anos pola FIFA. O torneo está a ter lugar en 11 cidades dos Estados Unidos, 2 do Canadá e 3 de México, cuxa candidatura conxunta derrotou a de Marrocos o 13 de xuño de 2018 na votación levada a cabo no 68º Congreso da FIFA celebrado en Moscova. É a primeira edición da Copa do Mundo de Fútbol organizada por tres países, e a primeira con 48 seleccións nacionais participantes, en lugar das 32 de edicións anteriores.
As muqarnas (en árabe: مقرنص; en persa: مقرنس) son unha forma de ornamento arquitectónico en forma de bóveda que se pode describir como a «subdivisión xeométrica dunha trompa angular, cúpula ou ménsula, nun elevado número de bóvedas en miniatura, que forman unha especie de estrutura celular». Utilízanse en cúpulas e principalmente en semicúpulas nas entradas e ábsidas, especialmente na arquitectura tradicional islámica e persa.
Valongo é unha cidade portuguesa no Distrito do Porto, Região Norte e subrexión de Grande Porto, con cerca de 18 700 habitantes. É un municipio de 72,99 km² de área e 86 005 habitantes (2001), subdividido en 5 freguesías. O municipio limita ao norte co municipio de Santo Tirso, ao nordeste con Paços de Ferreira, ao leste con Paredes, ao suroeste con Gondomar e ao oeste con Maia.
Jordi Évole Requena, nado o 21 de xullo de 1974 en Cornellà de Llobregat, Barcelona, é un presentador, humorista e guionista catalán, anteriormente coñecido tamén como El Follonero. Dende 2008 a 2019 presentou o programa Salvados, na cadea de televisión laSexta, e tamén escribe artigos de opinión no diario La Vanguardia e anteriormente en Mundo Deportivo e El Periódico de Catalunya.
DSCAM e Dscam son as abreviaturas do nome en inglés da proteína Down syndrome cell adhesion molecule (molécula de adhesión celular da síndrome de Down). Nos humanos DSCAM refírese ao xene que codifica unha das varias isoformas proteicas situado no cromosoma 21. A síndrome de Down, causada pola trisomía 21, é o defecto conxénito máis común asociado coa discapacidade intelectual.
Moeda dun centavo de dólar Chain
A moeda dun centavo de dólar Chain foi o a primeira moeda estadounidense dun centavo de cobre de tamaño grande, producida unicamente en 1793. Esta moeda caracterízase pola presenza no seu reverso dunha cadea —en inglés Chain, que lle dá o nome—, como símbolo da unión dos estados dos Estados Unidos, aínda que este deseño causou controversia entre a poboación, que asociou a cadea coa falta de liberdade. O centavo Chain foi a primeira moeda producida oficialmente pola Casa da Moeda dos Estados Unidos para a súa circulación ordinaria, de conformidade coa Lei do 14 de xaneiro de 1793.
Brian Hugh Warner, coñecido como Marilyn Manson, nado en Canton (Ohio) o 5 de xaneiro de 1969 é un cantante, compositor, actor, escritor, pintor e director de cine estadounidense, coñecido pola súa personalidade e a súa imaxe controvertidas como vocalista e líder da banda de metal industrial Marilyn Manson. O seu nome artístico formouse a partir dos nomes da actriz Marilyn Monroe e do convicto Charles Manson. Apareceu nalgunhas películas como Jawbreaker, Lost Highway de David Lynch e Party Monster, e en series como Sons of Anarchy.
Ringo Starr nado como Richard Starkey, (MBE) en Liverpool o 7 de xullo de 1940, é un músico, cantante, compositor e actor británico, recoñecido por ser o batería de The Beatles. Dos catro membros do grupo, foi o último en incorporarse á formación definitiva. Chámanlle así porque sempre usa aneis, aínda que nunha entrevista dixo: "Elixino porque é nome de can e os cans agrádanme".
Roundhay Garden Scene é unha curtametraxe muda de 1888 gravada polo inventor francés Louis Le Prince. Rodado en Oakwood Grange en Roundhay, Leeds, no norte de Inglaterra, crese que esta escena é o filme máis antigo que existe dos que sobreviviron até o presente. Segundo o fillo de Le Prince, Adolphe, o filme foi rodado en Oakwood Grange, o fogar de Joseph e Sarah Whitley, en Roundhay, Leeds, West Riding of Yorkshire, o 14 de outubro de 1888.
Freetown é a cidade maior e a capital de Serra Leoa, con 820.000 habitantes estimados (2006), localizada na zona occidental do país, sobre a denominada península de Freetown, na costa do océano Atlántico. Coas zonas suburbanas a poboación supera lixeiramente 1 000 000 habitantes. Administrativamente Freetown é tamén capital da Área Occidiental e máis do Distrito Urbano da Área Occidental.
Na mitoloxía nórdica, Skaði (transcrito o inglés en ocasións como Skadi, Skade ou Skathi) era unha xigante e deusa asociada coa caza con arco, o esquí, o inverno e as montañas. Skaði aparece na Edda poética, compilada no século XIII dende fontes tradicionais, así como na Edda prosaica e na saga Heimskringla, escritas no século XIII por Snorri Sturluson, e en diversas obras dos escaldos. En tódalas fontes Skaði é a filla do falecido Þjazi, e Skaði casa co deus Njörðr como parte da compensación recibida polo feito de que os deuses matasen o seu pai Þjazi.
Álvaro Muñiz Mora nado na Coruña o 17 de decembro de 1981, é un piloto de rally que compite no Súper Campionato de España de Rallys. Anteriormente competiu durante anos no Campionato de Galicia de Rallys e no antigo Campionato de España e en 2023 proclamouse campión da Copa de España de Rallys de Asfalto. Álvaro é neto e sobriño de pilotos.
Augusto da Costa, nado no Río de Xaneiro o 22 de outubro de 1920 e finado na mesma cidade o 1 de marzo de 2004, foi un futbolista brasileiro que xogaba como lateral dereito. Desenvolveu toda a súa carreira entre o São Cristóvão e o Vasco da Gama. Foi internacional coa selección brasileira, á que capitaneou no Mundial de 1950, proclamándose subcampión.
Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2027
O Campionato Mundial da FIA de Fórmula 1 de 2027 será a 78ª tempada de Fórmula 1 organizada pola Fédération Internationale de l'Automobile (FIA). Está recoñecido pola Fédération Internationale de l'Automobile (FIA), o órgano de goberno internacional do automobilismo, como a máxima clase de competición para coches de carreiras de rodas aberta. O campionato disputarase nunha serie de carreiras, ou Grandes Premios, celebradas en todo o mundo.
Ignacio Rivera Quintana, nado na Coruña o 24 de abril de 1965, é un empresario galego, presidente executivo actual da Corporación Hijos de Rivera, empresa galega con actividade centrada na distribución de bebidas, cuxa marca máis recoñecida é a Estrella Galicia. Pertence á cuarta xeración da familia Rivera, sendo bisneto de José María Rivera Corral, o fundador da empresa Estrella Galicia na Coruña, en 1906.
Sistema do grupo sanguíneo ABO
O sistema ABO (letras a-be-o), que tamén foi chamado sistema AB0 (a-be-cero), de grupos sanguíneos é unha clasificación dos tipos de sangue atendendo á presenza na membrana dos eritrocitos de determinados antíxenos, que hoxe se pensa son unhas glicoproteínas (a parte de carbohidrato é a inmunoxénica). A detección do tipo de molécula presente pode realizarse mediante dous métodos: fenotipo: combínase o sangue cun antisoro que contén anticorpos, outras moléculas que reaccionan cos antíxenos producindo unha reacción de aglutinación; xenotipo: buscando o patrón xenético que determina as proteínas que crean os antíxenos; Os tres sistemas coñecidos habitualmente proceden da fenotipación dos grupos, pero existen outros subgrupos especiais que teñen reaccións distintas: por exemplo, existe un subgrupo dentro do A que só se pode detectar xenotipicamente, pois non presenta reacción ante o antisoro A. O nivel de reacción é importante, sobre todo tras un primeiro contacto, pois daquela xa se produciron anticorpos no sistema inmunitario do individuo receptor. Inda así, non é inmediato, como pode ser o caso do sistema Rhesus.
God Bless Our Homeland Ghana (en inglés: Deus bendiza a nosa patria Ghana), é o himno nacional de Ghana. O himno foi escrito e composto orixinalmente por Philip Gbeho e adoptado en 1957 tras a independencia. O texto actual foi mudado tempo despois tras o golpe de 1966 de Ghana, escrito polo estudante Michael Kwame Gbordzoe dentro dun concurso.
República Socialista Soviética Galiciana
A República Socialista Soviética Galiciana existiu entre o 8 de xullo de 1920 e o 21 de setembro de 1920 no contexto da revolución bolxevique no Imperio Ruso e a guerra ruso-polaca. Comprendía a área de influencia na fronte dominada polo Exército Vermello. Foi controlada polo Comité Revolucionario Galiciano (Galrevkom) a capital situouse en Tarnopol, en Galicia, o primeiro presidente foi Vladimir Zatonsky.
Somersby Cider (en galego "Sidra Somersby"), é unha marca de bebida de sidra de 4,5 % de contido alcohólico, feita pola fábrica de cervexas danesa Carlsberg Group. Desenvolvida no ano 2008 e orixinalmente fabricada para o mercado danés, na actualidade distribúese en máis de 35 países, incluídos os países da Escandinavia, Reino Unido, Rusia, Australia, Malaisia, Canadá e os Estados Unidos de América. Das dez marcas de sidra máis vendidas do mundo, Somersby foi a que tivo o maior crecemento no ano 2012.
A masturbacion coas mamas ou coito mamario é un acto sexual, que se realiza como preludio ou como sexo sen penetración, que implica a estimulación do pene cos peitos dunha muller e viceversa. Implica colocar o pene entre os peitos dunha muller e mover o pene cara a arriba e abaixo para simular a penetración sexual e para crear pracer sexual. Pódese usar como alternativa a unha masturbación manual.
Alexandre III de Macedonia, coñecido como Alexandre o Grande ou Alexandre Magno (en grego: Μέγας Ἀλέξανδρος), nado o 21 de xullo de 356 a.C. en Pela (Reino de Macedonia) e finado o 10 ou 13 de xuño de 323 a.C. en Babilonia, foi rei do antigo reino de Macedonia entre o 21 de xullo de 336 a.C. e o 13 de xuño de 323 a.C. Sucedeu o seu pai Filipo II no trono no 336 a.C. aos 20 anos, e pasou a maior parte dos seus anos de goberno realizando unha longa campaña militar por todo o oeste de Asia e o nordeste de África. Á idade de trinta anos, creara un dos imperios máis grandes da historia, que se estendía desde Grecia ata o noroeste da India. Trátase dun dos máis exitosos comandantes do mundo antigo, tanto que foi considerado por moitos o maior xenio militar da historia.
Pavement é unha banda estadounidense de indie rock dos 90. A pesar de só experimentar un moderado éxito comercial, acadou un significante grao de culto e foi unha das máis populares e influentes bandas lo-fi dos 90. O grupo permaneceu en selos independentes durante toda a súa carreira ata a súa disolución en 1999.
A criptomeria ou cedro xaponés, Cryptomeria japonica (L.f.) D. Don, é a única especie de árbore do xénero Cryptomeria. É unha conífera pertencente á familia das cupresáceas, endémica do Xapón, onde é coñecida co nome xaponés de sugi (杉). En Occidente incrementouse o uso do termo "sugi" para se referir a esta árbore, xa que semella máis axeitado ca o usado antigamente: "cedro xaponés", xa que o "sugi" non é un auténtico cedro (xénero Cedrus).
O circuíto de Silverstone é un autódromo localizado en Silverstone, Inglaterra, no que se disputa o Gran Premio do Reino Unido de Fórmula 1. O primeiro Gran Premio da historia correuse alí, nun aeródromo inactivo desde a segunda guerra mundial. As tres pistas de engalaxe, trazadas no clásico formato triangular da época, aínda poden apreciarse dentro do circuíto.
Trinta moedas de prata foi o prezo polo que, consonte o relato do Evanxeo de Mateu do Novo Testamento, Xudas Iscariote traizoou a Xesús. Antes da Última Cea, dise que Xudas foi aos sumos sacerdotes e aceptou entregar a Xesús a cambio de 30 moedas de prata, e que logo intentou devolver os cartos, cheo de remordementos. No Evanxeo de Mateu afírmase que a posterior compra do Agro do Oleiro foi o cumprimento, por parte de Xesús, dunha profecía de Zacarías.
Unha máquina comecartos ou simplemente un comecartos é un aparello automático concibido para ofrecer xogos de aposta sen a intervención dun empregado. Estes dispositivos poden ser mecánicos, electrónicos ou dixitais. O xogo consiste en introducir unha moeda coa esperanza de que saia unha combinación gañadora e obter un premio en metálico que proporciona a propia máquina.
A electroerosión é un proceso de fabricación tamén coñecido como mecanizado por descarga eléctrica ou EDM (polo seu nome en inglés, electrical discharge machining). O proceso de electroerosión consiste na xeración dun arco eléctrico entre unha peza e un eléctrodo nun medio dieléctrico para arrincar partículas da peza até conseguir reproducir nela as formas do eléctrodo. Ambos, peza e eléctrodo, deben ser condutores, para que poida estabelecerse o arco eléctrico que provoque o arranque de material.
A mnemotécnica ou mnemónica describe o conxunto de aplicacións prácticas da investigación psicolóxica sobre a memoria, e de técnicas, ás veces moi antigas, que aumentan a memorización da información. A intelixencia implica memoria aínda que o inverso non sempre é verdade. Ademais, a memoria é moi importante para os estudos, a vida profesional e a vida cotiá.
Lencería é unha categoría de roupa principalmente feminina que inclúe roupa interior (principalmente apertadores), roupa de durmir e batas lixeiras. A elección da palabra adoita estar motivada pola intención de dar a entender que as pezas son atractivas, de moda ou ambas as dúas cousas.[Cómpre referencia] Nunha enquisa de 2015 nos Estados Unidos de América, o 75 % das mulleres e o 26 % dos homes informou de ter usado lencería sexy ao longo da súa vida. A lencería está feita de tecidos lixeiros, elásticos, lisos, transparentes ou decorativos como seda, satén, licra, charmeuse, gasa , ou (especialmente e tradicionalmente) encaixe.
O sexo anal é unha práctica sexual que consiste na introdución do pene erecto no ano e o recto da parella, co fin de obter pracer. Outras formas de sexo anal inclúen o fingering, o uso de xoguetes sexuais, o sexo oral realizado no ano (anilingus), e o pegging. O termo sexo anal refírese máis comunmente á penetración do pene no ano, mais algunhas fontes refírense a coito anal para a penetración anal, e sexo anal para calquera forma actividade sexual, especialmente en parellas, e oposta á masturbación anal.
Os anélidos (Annelida, do latín annelus, "anel pequeno", e o elemento -ida, plural de -idus, do grego -ίδες -ídes, de είδοσ eídos, "aparencia" "aspecto") son un gran filo de animais invertebrados triploblásticos, protóstomos, esquizocelomados, con simetría bilateral, corpo segmentado en aneis e carentes de apéndices articulados. O corpo dos anélidos está composto por numerosos metámeros ou aneis similares entre si. A súa anatomía interna reficte a externa, con repetición de diversos órganos en cada metámero.
Serena Jameka Williams, nada o 26 de setembro de 1981 en Saginaw, Míchigan, é unha tenista estadounidense. A Women's Tennis Association situouna no número 1 da clasificación en dez ocasións diferentes. Converteuse en número un por primeira vez o 8 de xullo de 2002, e conseguiu este posto por décima vez o 24 de abril de 2017, sumando ata o de agora 319 semanas como número un da WTA. É a única xogadora feminina en gañar máis de 40 millóns de dólares en premios.
O Neue Deutsche Härte ([ˈnɔʏə ˈdɔʏtʃə ˈhɛʁtə], lit. "Nova dureza alemá"), ás veces abreviado NDH, é un subxénero do heavy metal orixinado en Alemaña e Austria nos 1990. O termo é unha chiscadela ao movemento Neue Deutsche Welle, xurdido no mundo xermanófono a mediados dos anos 1970, e foi acuñado tralo lanzamento do álbum Herzeleid en 1995 pola banda Rammstein.
A posición do can é unha postura sexual na que a muller se agacha, se pon a catro patas (xeralmente nas mans e os xeonllos) ou se deita sobre o seu abdome, para manter relacións sexuais, xa sexa penetración sexual ou outra actividade sexual. O estilo can é unha forma de posición de penetración desde atrás, outros están co compañeiro que o recibe deitado de lado na posición sexual da culler ou a posición do misioneiro invertida. O sexo sen penetración nesta posición tamén pode ser considerado como estilo can.
O topónimo Miragaia (do verbo mirar co adxectivo de orixe provenzal gaia, ‘alegre’) pode referirse a: Miragaia, freguesía portuguesa do concello de Lourinhã; Miragaia, freguesía portuguesa do concello de Pinhel; Miragaia, freguesía portuguesa do concello do Porto; Miragaia, freguesía portuguesa do concello de Santa Luzia; Como apelido pode referirse a: Euclides Bueno Miragaia, revolucionario brasileiro (1911-1932.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
A Fraga, Soutordei, Ribas de Sil
A Fraga é un lugar da parroquia de Soutordei, no concello lucense de Ribas de Sil, na comarca de Quiroga. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2025 tiña 1 habitante (1 muller), pero levaba deshabitado desde polo menos o ano 2000.
«A Day in the Life» –en galego: «Un día na vida»– é unha canción da banda británica The Beatles e é o último tema do álbum Sgt. Pepper's Lonely Hearts Club Band, de 1967. Acreditada a Lennon-McCartney, pero maiormente escrita por Lennon, a canción inclúe distintos fragmentos que foron escritos polos membros da banda John Lennon e Paul McCartney por separado, coa colaboración dunha orquestra adicional, sendo esta unha das últimas veces en que realizaron unha canción xuntos como nos seus primeiros anos.
De Ninghures é unha banda galega de música folk conformada, á altura de 2019, por un total de 7 integrantes, naturais de distintas localidades do país, tales como Carballo, Santiago de Compostela ou A Fonsagrada. Como grupo, caracterízase pola mestura de ritmos e sons de raíz galega cos equivalentes doutros pobos ibéricos, latinoamericanos ou magrebís.
Chanel S.A. é unha compañía francesa propiedade de Alain e Gerard Wertheimer, netos de Pierre Wertheimer, compañeiro de negocios de Gabrielle Bonheur Chanel. Chanel S.A. é unha casa da moda especializada na roupa de alta costura e de prêt-à-porter, nos produtos luxosos e nos accesorios. Na súa mocidade, Gabrielle Chanel gañou o alcume de Coco no tempo que foi cantante.