Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Xosé Santiago Neira Vilas, nado en Gres (Vila de Cruces) o 3 de novembro de 1928 e finado no mesmo lugar o 27 de novembro de 2015, foi un xornalista, recoñecido e premiado escritor galego en lingua galega e lingua castelá e dinamizador cultural, emigrante na Arxentina e Cuba, membro da Real Academia Galega, Medalla Castelao e Medalla de Ouro de Galicia, autor dunha ampla obra narrativa, na que destaca Memorias dun neno labrego (1961), o libro máis editado da historia da literatura galega. Cultivou tamén o ensaio, a poesía e a literatura infantil. A súa obra, tanto por calidade como por cantidade, converteuno nun clásico das letras de Galicia.
Economía dos Estados Unidos de América
A economía dos Estados Unidos de América é a máis forte e influente do mundo. O país posúe un produto interior bruto duns 12 billóns de dólares americanos, un número maior que o PIB da Unión Europea, mesmo tendo esta última 160 millóns de habitantes máis. A economía dos Estados Unidos está baseada no capitalismo.
Bulgaria ( pronunciación ) (en búlgaro: България/Balgariya), oficialmente República de Bulgaria ( pronunciación ) (en búlgaro: Република България/Republika Balgariya) é un país situado ao sueste de Europa, na península dos Balcáns. Limita ao norte con Romanía, estando a maior parte da fronteira entre estes dous países conformada polo río Danubio, ao sur con Turquía e Grecia, o oeste con Macedonia do Norte e Serbia e está bañada ao leste polo Mar Negro. Foi aceptada na OTAN no ano 2004 e é membro da Unión Europea dende o 1 de xaneiro de 2007.
Cabo Verde (en portugués [ˈkabu ˈveɾdɨ] (AFI)), oficialmente República de Cabo Verde, sitúase no océano Atlántico, no arquipélago de orixe volcánica do mesmo nome. As illas estaban deshabitadas ata que foron descubertas polos portugueses no século XV, que procederon a colonizalas para convertelas nun centro de trata de escravos. A maior parte dos habitantes actuais provén de ambos os grupos.
O Gran Premio de México de 2017 (oficialmente coñecido como Gran Premio de Fórmula 1 de México de 2017)foi unha carreira de motor de Fórmula Un que se disputou o 29 de outubro de 2017 no Autódromo Hermanos Rodríguez en Cidade de México. A carreira foi a décimo novena carreira do Gran Premio de México, e a décimo sétima vez que a carreira disputouse como un evento do Campionato Mundial desde a tempada inaugural en 1950.
Valentino Rossi, nado en Urbino o 16 de febreiro de 1979, é un piloto italiano de motociclismo que gañou nove títulos mundiais en diferentes categorías do Mundial de Motociclismo (125 cc, 250 cc, 500 cc, e MotoGP de 990 e 800 cc). Foi o único motociclista da historia en logralo. É coñecido polos alcumes que se deu a si mesmo en diferentes momentos da su carreira: "The Doctor" (O Doutor), Valentinik e Rossifumi.
Día Internacional dos Traballadores
O Día Internacional dos Traballadores ou Día Internacional do Traballo ou Primeiro de Maio, é a festa por antonomasia do movemento obreiro mundial. Desde o seu establecemento na maioría de países (aínda que a consideración de día festivo foi en moitos casos tardía) por acordo do Congreso Obreiro Socialista da Segunda Internacional, celebrado en París en 1889, é unha xornada de loita reivindicativa e de homenaxe ós Mártires de Chicago, sindicalistas anarquistas, que foron axustizados nos Estados Unidos pola súa participación nas xornadas de loita pola consecución da xornada laboral de oito horas que tiveron a súa orixe na folga iniciada o 1 de maio de 1886 e o seu punto álxido tres días máis tarde, o 4 de maio, na Revolta de Haymarket en Chicago. As xornadas foron realizadas seguindo o éxito que tivera o movemento sindical no Canadá, cunha campaña semellante a partir do 1872 a favor do día laboral limitado e dos dereitos sindicais.
Utah Jazz é un equipo da National Basketball Association (NBA) da cidade de Salt Lake City, Utah. Actualmente compiten na División Noroeste da Conferencia Oeste, xogando os seus partidos como local no EnergySolutions Arena (antigo Delta Center). A franquía dos Jazz foi fundada en 1974 en Nova Orleáns, onde o equipo obtivo o seu actual nome, xa que a capital de Luisiana é coñecida como o berce dese xénero musical.
O Real Madrid Club de Fútbol é un club deportivo da cidade de Madrid (España), fundado o 6 de marzo de 1902, que ten case 100.000 socios. Xoga na Primeira división española desde 1929, sendo un dos equipos que nunca descendeu, xunto co Athletic Club e o FC Barcelona. Formou parte, en calidade de membro fundador, da Asociación de Clubs Europeos, unha organización internacional que agrupaba os clubs máis importantes e influentes de Europa.
Mundial de Fútbol de 2018 - Grupo F
O Grupo F da Copa do Mundo de Fútbol de 2018, realizada en Rusia, está composto por catro equipos que se enfrontarán entre si nun total de seis encontros: Alemaña, México, Suecia e Corea do Sur. Ao termo dos mesmos os dous con maior cantidade de puntos clasificaranse para a seguinte fase, e as outras dúas seleccións quedarán eliminadas.
Mandato británico de Palestina
O Mandato británico de Palestina foi unha administración territorial encomendada pola Sociedade de Nacións ao Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte en Oriente Medio, tras a primeira guerra mundial e como parte da partición do Imperio Otomán, co status de territorio baixo mandato. O territorio sobre o que se estableceu correspondía á rexión meridional do Levante mediterráneo, unha rexión que o Imperio Otomán perdeu como consecuencia da súa derrota na guerra. Aínda que o Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda administraba estes territorios de facto desde 1917, o Mandato entrou en vigor en xuño de 1922 e expirou en maio de 1948.
Augusto José Ramón Pinochet Ugarte, nado en Valparaíso o 25 de novembro de 1915 e finado en Santiago de Chile o 10 de decembro de 2006, foi un militar e ditador chileno. Foi gobernante de Chile entre 1973 e 1990, logo de dar un golpe de Estado que derrocou o goberno de Salvador Allende o 11 de setembro de 1973, primeiro baixo o cargo de Presidente da Xunta Militar de Goberno (1973-1981), ao que sumou o título de Xefe Supremo da Nación o 27 de xuño de 1974, que lle confería o poder executivo, e que logo substituíu o 16 de decembro dese mesmo ano polo de Presidente da República. Desde 1981 asumiu o cargo de Presidente baixo a Constitución de 1980.
Cuatro é unha canle de televisión privada española propiedade de Mediaset España que emite a través da TDT e nas plataformas de televisión de pago Movistar+ e Vodafone TV, Orange TV e R en España. Empezou a emitir o día 7 de novembro de 2005 por reconversión da concesión da canle analóxica nacional pola que emitiu desde 1990 a canle de pago do grupo, Canal+.
Greensboro é unha cidade no estado de Carolina do Norte, nos Estados Unidos. É a terceira maior cidade en canto á poboación en Carolina do Norte e a maior cidade do condado de Guilford e arredores da rexión metropolitana de Piedmont Triad. De acordo co Censo de Estimación dos Estados Unidos do 2011 a poboación de Greensboro é de 273.425 habitantes.
Marco Antonio, en latín Marcus Antonius, foi un militar e político romano da época final da República (Roma, circa 83 a.C. - Alexandría, 30 a.C.). Foi un importante colaborador de Xulio César, como comandante militar e administrador. Tralo asasinato de César, coligouse con Octavio e Lépido para formar o Segundo Triunvirato (43 - 33 a.C.).
Alxeria (en árabe: الجزائر, al-Jazā’ir, en tamazight: ⴷⵥⴰⵢⴻⵔ, Dzayer), oficialmente República Democrática e Popular de Alxeria (en árabe: الجمهورية الجزائرية الديمقراطية الشعبية en Tamazight: ⵜⴰⴳⴷⵓⴷⴰ ⵜⴰⴷⵣⴰⵢⵔⵉⵜ ⵜⴰⵎⴰⴳⴷⴰⵢⵜ ⵜⴰⵖⴻⵔⴼⴰⵏⵜ ), é un estado situado na África do Norte, formando parte do Magreb. A súa capital, Alxer, está ao norte, á beira da costa mediterránea. Cunha superficie de 2 381 741 km² é o país maior da cunca mediterránea, de África e do mundo árabe.
Os Yomiuri Giants (読売ジャイアンツ Yomiuri Jaiantsu) son un equipo profesional xaponés de béisbol con sede no barrio de Bunkyō de Tokyo. O club compite na Nippon Professional Baseball (NPB) como membro da Central League. O campo onde xogan os seus partidos como local desde 1988 é o Tokyo Dome, recinto con capacidade para 46.000 espectadores.
Rusia, oficialmente Federación Rusa, é un país situado no leste de Europa e no norte de Asia. É o estado máis extenso do mundo, abrangue once fusos horarios e comparte fronteiras terrestres con catorce países. Cunha poboación superior aos 140 millóns de habitantes, Rusia é o país máis poboado de Europa e o noveno máis poboado do mundo.
Mark Neary Donohue Jr., nado en Haddon Township (Nova Jersey) o 18 de marzo de 1937 e finado en Graz o 19 de agosto de 1975, alcumado "Captain Nice," foi un piloto de automobilismo estadounidense, coñecido pola súa habilidade para preparar o seu propio coche de carreiras, e levalo a vitoria. Donohue é probablemente o máis coñecido como o piloto de 1500 bhp "Can-Am Killer" Porsche 917-30 e como o gañador das 500 Millas de Indianápolis de 1972.
A Selección de fútbol do Perú é o equipo representativo do Perú nas competicións oficiais de fútbol. A súa organización está a cargo da Federación Peruana de Fútbol, a cal é membro da Confederación Suramericana de Fútbol. O debut da selección peruana produciuse o 1 de novembro de 1927 ante a selección do Uruguai no Campionato Suramericano daquel ano.
Khmer vermellos (en francés Khmers Rouges, en camboxano ខ្មែរក្រហម, Khmae Krɑ-hɑɑm) é o nome co que foi coñecida a organización guerrilleira camboxana que, tras a Guerra de Vietnam, a saída dos Estados Unidos e o derrocamento do xeneral Lon Nol (que rexía unha ditadura militar desde 1970), tomaron o poder o 17 de abril de 1975 (a «Caída de Phnom Penh»). Os Khmer vermellos fundaron Kampuchea Democrática, un sistema de goberno de características autoritarias que, baixo a aparencia formal dunha república popular de inspiración maoísta, consolidou na práctica un sistema de economía radicalmente agraria, baixo a consigna da evacuación das cidades e destrución da civilización urbana e a súa cultura, consideradas burguesas, a reconstrución social desde as orixes da civilización e a recuperación da cultura khmer ancestral baixo a dirección de Pol Pot, o seu principal líder. Ademais dun férreo control militar sobre a poboación civil, sometida en boa parte a un réxime de traballos forzados, desenvolveron extensos métodos de detención, tortura e asasinatos selectivos en masa, baixo a consigna da chamada «procura do inimigo interno».
A serie de manga e anime Naruto transcorre nun universo ficticio no cal hai gran cantidade de "Países" e "Aldeas Ninja". Os países están dirixidos por Señores Feudais (Daimyō, ao estilo do Xapón medieval). O único que establece as relacións entre eles son os potenciais bélicos e os tratados de paz e alianzas, que non sempre son tidos en conta.
O hurling (en irlandés, iomáint o iománaíocht) é un deporte de equipo de orixe celta.[Cómpre referencia] É un deporte de equipo xogado ao aire libre con orixe antiga Irlanda. Está rexido pola Asociación Atlética Gaélica (GAA). A orixe do hurling dise que foi hai xa 3000 anos e considérase que é o deporte de campo máis rápido do mundo.
Ontario é unha provincia do Canadá e a máis populosa do país. Segundo o censo de poboación de 2021, é o fogar do 38,5% da poboación total do país, e é a segunda provincia por tamaño detrás do Quebec. A maior cidade canadense, Toronto, así como a capital nacional do país, Ottawa, están localizadas en Ontario.
Bandeira da República Popular da China
A bandeira da República Popular da China é un pano de cor vermella que simboliza a revolución, con cinco estrelas amarelas de cinco puntas que simbolizan á súa vez a unidade do pobo revolucionario baixo a dirección do Partido Comunista da China. Como se pode apreciar as estrelas pequenas aparecen orientadas cara á estrela de maior tamaño. A bandeira foi deseñada por Zang Liansong, un cidadán de Zhejiang e na China é coñecida como 五星红旗 (en pinyin: Wǔ Xīng Hóng Qí) que significa "a bandeira vermella das cinco estrelas".
Unha constelación é unha agrupación de estrelas cuxa posición no ceo nocturno é aparentemente tan próxima que as civilizacións antigas decidiron conectalas mediante liñas imaxinarias, trazando así figuras sobre a bóveda celeste. No espazo tridimensional, en cambio, as estrelas dunha constelación non están, necesariamente, fisicamente asociadas; ata poden atoparse distanciadas por centos de anos luz unhas doutras. Doutra banda, devanditos grupos son completamente arbitrarios, xa que distintas culturas recoñeceron constelacións diferentes.
Mundial de Fútbol de 2018 - Grupo H
O Grupo H da Copa do Mundo de Fútbol de 2018, realizada en Rusia, está composto por catro equipos que se enfrontarán entre si nun total de seis encontros: Polonia, Senegal, Colombia e Xapón. Ao termo dos mesmos os dous con maior cantidade de puntos clasificaranse para a seguinte fase, e as outras dúas seleccións quedarán eliminadas.
Manuel José Blanco y Calvo de Encalada, nado en Buenos Aires, Vicerreinado do Río da Prata, o 21 de abril de 1790 e finado en Santiago de Chile o 5 de setembro de 1876, foi un militar, político e diplomático chileno, de orixe galega, que tivo unha destacada participación na guerra de independencia de Chile e o Perú. Foi un dos fundadores da Armada de Chile e o seu primeiro comandante, e máis tarde, ao entrar no campo da política, foi o primeiro en ostentar o título de presidente da República de Chile. Fillo do galego Manuel Lorenzo Blanco Cicerón e da chilena Mercedes Calvo de Encalada y Recabarren, naceu na cidade de Santa María de los Buenos Aires, na aquela altura capital do Virreinado do Río da Prata.
O xenotransplante (/ks/, do grego xenos-, 'alleo, estraño') ou transplante heterólogo, é un transplante de células, tecidos ou órganos dunha especie a outra. Tales células, tecidos ou órganos denomínanse xenoenxertos ou xenotransplantes. Diferénciase do alotransplante (dun individuo a outro da mesma especie), do transplante sinxénico ou isotransplante (enxertos transplantados entren dous individuos xeneticamente idénticos, como os xemelgos monocigóticos, da mesma especie), e do autotransplante (dunha parte do corpo a outra dun mesmo individuo).[Cómpre referencia] O xenotransplante é un método artificial de crear unha quimera animal-humano, que é, un humano cun conxunto de células dun animal.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
Memorias dun neno labrego é unha novela social e histórica do galego Xosé Neira Vilas, publicada na Arxentina o 5 de xaneiro de 1961 por Follas Novas, distribuidora de libros e editorial fundada polo propio autor e a súa muller. É o segundo libro publicado polo autor, primeiro en prosa, despois do poemario Dende lonxe (1960). Memorias foi escrito en tres meses no café La Vieja Viena, do barrio porteño de Villa Urquiza.
Donald Frank "Don" Cheadle, Jr., nado o 29 de novembro de 1964 en Kansas City, Missouri, é un actor e produtor de cine e televisión estadounidense. Gañou o Globo de Ouro ó mellor actor secundario - Serie, miniserie ou telefilme en 1999 e estivo nomeado en varias ocasións ós Premios Óscar, Emmy e BAFTA. É coñecido polas súas intervencións en filmes como Volcano (1997), Traffic (2000), Ocean's Twelve (2004), Hotel Ruanda (2004), Crash (2004) e Iron Man 2 (2010).
Erling Braut Haaland, tamén escrito Håland, nado en Leeds o 21 de xullo de 2000, é un futbolista noruegués. Xoga como dianteiro no Manchester City da Premier League e na selección de Noruega. Está considerado un dos mellores xogadores do mundo e ostenta o récord de maior número de goles anotados nunha mesma tempada da Premier League, con 36.
Head over Heels é o segundo álbum da banda escocesa de dream pop Cocteau Twins, publicado o 31 de outubro de 1983 a través do selo 4AD. Foi o seu primeiro disco como dúo formado por Elizabeth Fraser e Robin Guthrie. O álbum amosa o típico son da banda con "guitarras exuberantes de Guthrie baixo as voces principalmente sen palabras de Fraser" e está considerado un arquetipo da primeira música ethereal wave.
O Neue Deutsche Härte ([ˈnɔʏə ˈdɔʏtʃə ˈhɛʁtə], lit. "Nova dureza alemá"), ás veces abreviado NDH, é un subxénero do heavy metal orixinado en Alemaña e Austria nos 1990. O termo é unha chiscadela ao movemento Neue Deutsche Welle, xurdido no mundo xermanófono a mediados dos anos 1970, e foi acuñado tralo lanzamento do álbum Herzeleid en 1995 pola banda Rammstein.
A música popular de Nova Zelandia ten sido influenciada polo blues, jazz, country, rock and roll e hip hop, e moitos destes xéneros recibiron unha interpretación única no país oceánico. Un bo número de músicos populares acadaron éxito internacional, entre eles: Split Enz, Crowded House, OMC, Bic Runga, Ladyhawke, The Naked and Famous, Fat Freddy's Drop, Flight of the Conchords, e Lorde. A música maorí precolonial estaba baseada en torno a unha forma de canto microtonal, e instrumentos chamados taonga pūoro: unha variedade de soprado, golpeo e instrumentos feitos de madeira baleirada, pedra, marfil de balea, ósos de albatros, e ósos humanos.
Alaíde Foppa Falla, nada en Barcelona no 1914 e desaparecida en Guatemala o 19 de decembro de 1980, foi profesora universitaria na Universidad Nacional Autónoma de México (UNAM), poeta, feminista, crítica de arte e activista política. Fundadora e directora da revista feminista Fem. e do programa de radio da UNAM Foro de la mujer, onde unha das súas últimas convidadas fora a que sería Premio Nobel da Paz Rigoberta Menchú -daquela co alcume de Guadalupe-.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Unión Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Joaquín Domínguez Portela, coñecido como Elxokas, nado en Lugo o 13 de abril de 1991, é un influenciador, streamer, youtuber e creador de contido en Twitch e YouTube. Comezou como streamer en 2018 en Twitch creando contido do videoxogo World of Warcraft. En 2019, era xa o creador de contido máis grande da comunidade hispanofalante nesta categoría.
A criptomeria ou cedro xaponés, Cryptomeria japonica (L.f.) D. Don, é a única especie de árbore do xénero Cryptomeria. É unha conífera pertencente á familia das cupresáceas, endémica do Xapón, onde é coñecida co nome xaponés de sugi (杉). En Occidente incrementouse o uso do termo "sugi" para se referir a esta árbore, xa que semella máis axeitado ca o usado antigamente: "cedro xaponés", xa que o "sugi" non é un auténtico cedro (xénero Cedrus).
A visualización de datos, representación gráfica de datos ou data visualization en inglés (VD) é un campo de estudo interdisciplinario e unha expresión da comunicación visual que consiste na representación visual de datos. Na VD, hai exposición gráfica (tipicamente imaxes e vídeos, mais tamén p. ex.
Filmes de Rusia propostos ó Óscar ó mellor filme internacional
Rusia presentou filmes para Óscar ó mellor filme internacional dende o ano 1992. O premio é concedido anualmente pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas dos Estados Unidos de América a unha longametraxe producida fóra dos Estados Unidos e cuxo diálogo estea principalmente nunha lingua diferente do inglés. O galardón foi creado para a 28ª edición dos premios, sucedendo os premios honoríficos non competitivos que se presentaron entre 1947 e 1955 en recoñecemento dos mellores filmes en lingua estranxeira estreados nos Estados Unidos.
Siavo, O Freixo de Sabardes, Outes
Siavo é un lugar da parroquia do Freixo de Sabardes no concello coruñés de Outes, na comarca de Noia. Segundo o padrón municipal (INE 2020) ten 124 habitantes (61 homes e 63 mulleres).
Aeroporto de Santiago-Rosalía de Castro
O aeroporto de Santiago-Rosalía de Castro (IATA: SCQ, OACI: LEST), tamén coñecido como aeroporto da Lavacolla ou simplemente como aeroporto de Santiago, é un aeródromo situado preto do lugar da Lavacolla, Sabugueira, Santiago de Compostela. Aínda así, boa parte das pistas de rodaxe e aterraxe sitúanse tamén en terras das parroquias de Pereira, no concello do Pino e, en moita menor medida, de Loureda, no de Boqueixón. Na actualidade está xestionado por AENA, e abrangue a maior parte do tráfico aéreo en Galicia, tanto nacional como internacional.
O Día do Mestre é unha festividade na que se rende homenaxe ás persoas que fan do ensino o seu traballo habitual, como mestres e profesores. A data desta celebración varía entre os diferentes países, aínda que a UNESCO suxire facelo o 5 de outubro, declarado Día Mundial dos Docentes, práctica que foi seguida por numerosas nacións. En 1943, a Primeira Conferencia de Ministros e Directores de Educación das Repúblicas Americanas, celebrada en Panamá, propuxo tamén unha data unificada para todo o continente; elixiuse o 11 de setembro, aniversario do falecemento do estadista e educador arxentino Domingo Faustino Sarmiento.
O sexo anal é unha práctica sexual que consiste na introdución do pene erecto no ano e o recto da parella, co fin de obter pracer. Outras formas de sexo anal inclúen o fingering, o uso de xoguetes sexuais, o sexo oral realizado no ano (anilingus), e o pegging. O termo sexo anal refírese máis comunmente á penetración do pene no ano, mais algunhas fontes refírense a coito anal para a penetración anal, e sexo anal para calquera forma actividade sexual, especialmente en parellas, e oposta á masturbación anal.
O Día das Letras Galegas é un día de exaltación da lingua de Galicia a través da súa manifestación literaria. Comezou a celebrarse o 17 de maio do 1963, coincidindo co centenario da primeira edición de Cantares gallegos, de Rosalía de Castro. Ata 2026, 72 autores (14 mulleres e 58 homes) foron homenaxeados nas 64 edicións do Día das Letras Galegas, posto que en 1998 houbo unha homenaxe colectiva a Martín Codax, Xoán de Cangas e Mendiño (tres trobadores ligados á ría de Vigo) e en 2025 escolléronse sete mulleres en representación das cantareiras (Adolfina Casás Rama, Rosa Casás Rama, Eva Castiñeira, Teresa García Prieto, Asunción Garrido Ameixenda, Prudencia Garrido Ameixenda e Manuela Lema Villar).
A Copa do Mundo de 2026 é a 23ª edición do máximo campionato internacional de seleccións nacionais de fútbol organizado cada catro anos pola FIFA. O torneo está a ter lugar en 11 cidades dos Estados Unidos, 2 do Canadá e 3 de México, cuxa candidatura conxunta derrotou a de Marrocos o 13 de xuño de 2018 na votación levada a cabo no 68º Congreso da FIFA celebrado en Moscova. É a primeira edición da Copa do Mundo de Fútbol organizada por tres países, e a primeira con 48 seleccións nacionais participantes, en lugar das 32 de edicións anteriores.
Rubén Doblas Gundersen, máis coñecido como «El Rubius» ou «Rubius», nado en Mijas o 13 de febreiro de 1990, é un videoprodutor na plataforma YouTube de orixe española. Na actualidade, é o youtuber máis seguido do seu país, a 21° canle máis seguida en lingua española e a 172° máis popular de YouTube a nivel global. A temática principal dos seus vídeos son os videoxogos comentados, tratados dun xeito humorístico.
A selección de fútbol de España é o equipo formado por xogadores de nacionalidade española que representa á Real Federación Española de Fútbol, o máximo organismo do fútbol en España, nas competicións oficiais organizadas pola FIFA. A selección española participou en 16 das 22 edicións da Copa do Mundo e é unha das oito seleccións campioas do torneo, grazas ao seu triunfo na edición de 2010 celebrada en Suráfrica. A nivel continental, é a selección con máis títulos da Eurocopa, competición que gañou en catro ocasións (1964, 2008, 2012 e 2024). Os éxitos conseguidos entre o 2008 e o 2012 e o nivel de xogo amosado polo combinado español, levou a que moitos expertos e analistas consideren a selección dese período como un dos mellores equipos da historia do fútbol.
Os mouros eran un pobo de criaturas sobrenaturais presentes en mitos e relatos estendidos polo norte da Península Ibérica (Galicia, Asturias, León, Zamora e Norte de Portugal), e presentados como non bautizados e pagáns, que noutro tempo tamén eran coñecidos como xentís. Evidentemente, non teñen que ver cos musulmáns nin cos habitantes do norte de África. Viven baixo terra, nos castros, dólmenes, castelos ou outros antigos monumentos.
O Castillo de Montjuich foi un buque mercante español que desapareceu no océano Atlántico en decembro de 1963. Orixinalmente construído en 1919 polo estaleiro Furnness en Middlesbrough (Reino Unido), durante a guerra civil española sufriu un bombardeo e afundiu no porto de Barcelona en 1939. Posteriormente, foi reflotado, incautado e reparado, entrando en servizo como cargueiro.
A masturbacion coas mamas ou coito mamario é un acto sexual, que se realiza como preludio ou como sexo sen penetración, que implica a estimulación do pene cos peitos dunha muller e viceversa. Implica colocar o pene entre os peitos dunha muller e mover o pene cara a arriba e abaixo para simular a penetración sexual e para crear pracer sexual. Pódese usar como alternativa a unha masturbación manual.
Para os historiadores andalusís de igual nome, véxase Al-Razí (historiadores). Al-Razí, de nome completo Abū Bakr Muhammad ibn Zakarīyā al-Rāzī) (ابو بکر محمد بن زكريا الرازی), coñecido como "Zakariya-ye Razi زكريای رازی" en persa e tamén "Zakariya al-Razi" en árabe, ou como Rhazes e Rasis en latín, nado en Ray (Irán) en 865 e finado na mesma localidade en 925, foi un sabio persa.
A homocisteína é un aminoácido que aparece nas proteínas, aínda que non está codificado no código xenético (ver aminoácido non proteinoxénico). É homólogo do aminoácido cisteína, do que se diferenza por ter unha ponte metileno (-CH2-) adicional. Biosintetízase a partir da metionina eliminándolle o seu grupo metilo Cε terminal.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Nymphomaniac (estilizado como NYMPH()MANIAC) é un filme europeo de cine arte escrito e dirixido por Lars von Trier que se estreou en 2013. Está protagonizado por Charlotte Gainsbourg, Stellan Skarsgård, Stacy Martin, Shia LaBeouf, Christian Slater, Jamie Bell, Uma Thurman, Willem Dafoe e Connie Nielsen. Orixinalmente, só sería un único filme, pero por mor da súa longa duración, von Trier tomou a decisión de dividilo en dúas partes separadas.
O Medi Bayreuth (estilizado: medi bayreuth), é un equipo de baloncesto profesional alemán con sede na cidade de Bayreuth, Baviera. Fundado como unha sección do Post SV Bayreuth en 1975, actualmente compite na Basketball Bundesliga, a máxima categoría do baloncesto xermano. Disputa os seus partidos como local no Oberfrankenhalle, pavillón con capacidade para 3.600 espectadores.
A lingua romanesa ou romanés (limba română AFI /'limba ro'mɨnə/) é unha lingua romance do Leste de Europa, falada por uns 30 millóns de persoas, a maioría delas en Romanía (onde é lingua oficial) e en Moldova, así como en zonas de Serbia (na provincia autónoma de Voivodina), de Hungría e da Ucraína. Existen importantes núcleos de emigración romanesa en países como Italia, España, Israel, Estados Unidos, Francia e Alemaña, entre outros.
Nobuko Yoshiya (xaponés: 吉屋信子, Yoshiya Nobuko), nada o 12 de xaneiro de 1896 e finada o 11 de xullo de 1973, foi unha novelista xaponesa activa durante os períodos Taishō e Shōwa. Trátase dunha das escritoras máis vendidas e prolíficas do Xapón contemporáneo, especializada nas novelas románticas e para rapazas adolescentes.
O nome de República irmá (République sœur) foi acuñado durante o período do Directorio (1795-1799) da Primeira República francesa para referirse aos estados creados polos exércitos franceses nos territorios "liberados" por eles durante as Guerras revolucionarias, ou proclamadas por revolucionarios locais. Tratábase de estados satélites que foron organizados seguindo o modelo da Constitución do ano III (26 de outubro de 1795) e nos que implantaron os principios da Revolución francesa. Durante a época napoleónica (1799-1814) foron incorporadas ao Grande imperio francés.
A Estrela de David (en hebreo: מגן דוד, transl.: Magen David), coñecida tamén como escudo supremo de David, é un símbolo en forma de estrela formada por dous triángulos iguais superpostos, tendo un a punta cara a arriba e outro cara a abaixo. É utilizado polo xudaísmo e os seus adeptos, alén doutras doutrinas como o Santo Daime. Outro nome dado a este símbolo é "Selo de Salomón".
Jorge Alberto Francisco Valdano Castellanos, nado en Las Parejas, Santa Fe, o 4 de outubro de 1955, é un exfutbolista e ex adestrador arxentino. Campión do mundo coa selección arxentina no Mundial de México 1986, xogaba como dianteiro e o seu primeiro equipo foi o Newell's Old Boys, club no que xogou antes da súa chegada ao fútbol español, para xogar no Alavés, Zaragoza, e finalmente no Real Madrid. Como adestrador desenvolveu toda a súa carreira en España, dirixindo ao Tenerife, ao Valencia e ao Real Madrid.
Jabba Desilijic Tiure, comunmente coñecido como Jabba o Hutt, é un personaxe ficticio de A guerra das galaxias creado por George Lucas. É un extraterrestre da especie dos hutt, grande e parecido a unha lesma, que como moitos outros da súa especie, opera como un poderoso señor do crime dentro da galaxia. Na estrea cinematográfica da triloxía orixinal de Star Wars, Jabba o Hutt apareceu por primeira vez en O retorno do Jedi (1983), no entanto menciónase en A guerra das galaxias (1977) e en O imperio contraataca (1980).
O Campo de Medado, Soandres, A Laracha
O Campo de Medado é un lugar da parroquia de Soandres no concello coruñés da Laracha na Comarca de Bergantiños. Tiña 44 habitantes no ano 2009 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística, dos cales eran 21 homes e 23 mulleres.
Bones é unha serie de televisión estadounidense que está inspirada na vida real da antropóloga forense e escritora Kathy Reichs. Está producida por Barry Josephson (Hide and Seek, Like Mike) e Hart Hanson (Joan of Arcadia, A xuíz Amy), e protagonizada por Emily Deschanel e David Boreanaz, que tamén son produtores da serie. A sintonía é un tema de The Crystal Method composto especialmente para a serie.
Juan Luis Guerra Seijas, nado en Santo Domingo (República Dominicana) o 7 de xuño de 1957, é un compositor, cantautor e produtor musical caribeño. As súas 14 producións (10 delas en estudo) acadaron unhas vendas superiores a 20 millóns de discos en todo o mundo. O seu estilo propio mestura o merengue, bolero e salsa con fusións afroantillanas, xunto coas bases da bachata popular dominicana.
Barry Lyndon é un filme anglo-estadounidense dramático e histórico de 1975, escrito e dirixido por Stanley Kubrick; protagonizado por Ryan O'Neal, Marisa Berenson, Patrick Magee e Hardy Krüger. Baséase na novela homónima de William Makepeace Thackeray, publicada en 1844. O filme describe as aventuras ficticias dun personaxe irlandés durante o século XVIII, e está ambientado en parte durante a Guerra dos Sete Anos. Os exteriores foron rodados en diversas localizacións de Irlanda, Inglaterra e Alemaña.
Elodie Di Patrizi, nada en Roma o 3 de maio de 1990, coñecida simplemente como Elodie, é unha cantante e actriz italiana. Finalizada segunda na décimo quinta edición do concurso de talentos Amici di Maria De Filippi, logrou a consagración popular ao participar no Festival de San Remo 2017 coa canción Tutta colpa mia. Participa novamente como competidora en 2020 con Andromeda e en 2023 con Due, ademais de ocupar o rol de coanfitriona na segunda velada da edición de 2021.