Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Joaquín Domínguez Portela, coñecido como Elxokas, nado en Lugo o 13 de abril de 1991, é un influenciador, streamer, youtuber e creador de contido en Twitch e YouTube. Comezou como streamer en 2018 en Twitch creando contido do videoxogo World of Warcraft. En 2019, era xa o creador de contido máis grande da comunidade hispanofalante nesta categoría.
Erling Braut Haaland, tamén escrito Håland, nado en Leeds o 21 de xullo de 2000, é un futbolista noruegués. Xoga como dianteiro no Manchester City da Premier League e na selección de Noruega. Está considerado un dos mellores xogadores do mundo e ostenta o récord de maior número de goles anotados nunha mesma tempada da Premier League, con 36.
Mandato británico de Palestina
O Mandato británico de Palestina foi unha administración territorial encomendada pola Sociedade de Nacións ao Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte en Oriente Medio, tras a primeira guerra mundial e como parte da partición do Imperio Otomán, co status de territorio baixo mandato. O territorio sobre o que se estableceu correspondía á rexión meridional do Levante mediterráneo, unha rexión que o Imperio Otomán perdeu como consecuencia da súa derrota na guerra. Aínda que o Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda administraba estes territorios de facto desde 1917, o Mandato entrou en vigor en xuño de 1922 e expirou en maio de 1948.
Xosé Santiago Neira Vilas, nado en Gres (Vila de Cruces) o 3 de novembro de 1928 e finado no mesmo lugar o 27 de novembro de 2015, foi un xornalista, recoñecido e premiado escritor galego en lingua galega e lingua castelá e dinamizador cultural, emigrante na Arxentina e Cuba, membro da Real Academia Galega, Medalla Castelao e Medalla de Ouro de Galicia, autor dunha ampla obra narrativa, na que destaca Memorias dun neno labrego (1961), o libro máis editado da historia da literatura galega. Cultivou tamén o ensaio, a poesía e a literatura infantil. A súa obra, tanto por calidade como por cantidade, converteuno nun clásico das letras de Galicia.
Augusto José Ramón Pinochet Ugarte, nado en Valparaíso o 25 de novembro de 1915 e finado en Santiago de Chile o 10 de decembro de 2006, foi un militar e ditador chileno. Foi gobernante de Chile entre 1973 e 1990, logo de dar un golpe de Estado que derrocou o goberno de Salvador Allende o 11 de setembro de 1973, primeiro baixo o cargo de Presidente da Xunta Militar de Goberno (1973-1981), ao que sumou o título de Xefe Supremo da Nación o 27 de xuño de 1974, que lle confería o poder executivo, e que logo substituíu o 16 de decembro dese mesmo ano polo de Presidente da República. Desde 1981 asumiu o cargo de Presidente baixo a Constitución de 1980.
Manuel José Blanco y Calvo de Encalada, nado en Buenos Aires, Vicerreinado do Río da Prata, o 21 de abril de 1790 e finado en Santiago de Chile o 5 de setembro de 1876, foi un militar, político e diplomático chileno, de orixe galega, que tivo unha destacada participación na guerra de independencia de Chile e o Perú. Foi un dos fundadores da Armada de Chile e o seu primeiro comandante, e máis tarde, ao entrar no campo da política, foi o primeiro en ostentar o título de presidente da República de Chile. Fillo do galego Manuel Lorenzo Blanco Cicerón e da chilena Mercedes Calvo de Encalada y Recabarren, naceu na cidade de Santa María de los Buenos Aires, na aquela altura capital do Virreinado do Río da Prata.
A serie de manga e anime Naruto transcorre nun universo ficticio no cal hai gran cantidade de "Países" e "Aldeas Ninja". Os países están dirixidos por Señores Feudais (Daimyō, ao estilo do Xapón medieval). O único que establece as relacións entre eles son os potenciais bélicos e os tratados de paz e alianzas, que non sempre son tidos en conta.
San Gangolfo, tamén chamado Gangolfo de Varennes, Gangolfo de Borgoña e Gangolfo de Avallon, finado o 11 de maio de 760 é venerado como mártir pola Igrexa católica. É padroeiro dos maridos enganados, dos fabricantes de luvas e da industria da lan, porque se lle atribuía o don de evitar que as ovellas caesen en trampas e arames.
Rusia, oficialmente Federación Rusa, é un país situado no leste de Europa e no norte de Asia. É o estado máis extenso do mundo, abrangue once fusos horarios e comparte fronteiras terrestres con catorce países. Cunha poboación superior aos 140 millóns de habitantes, Rusia é o país máis poboado de Europa e o noveno máis poboado do mundo.
Bandeira da República Popular da China
A bandeira da República Popular da China é un pano de cor vermella que simboliza a revolución, con cinco estrelas amarelas de cinco puntas que simbolizan á súa vez a unidade do pobo revolucionario baixo a dirección do Partido Comunista da China. Como se pode apreciar as estrelas pequenas aparecen orientadas cara á estrela de maior tamaño. A bandeira foi deseñada por Zang Liansong, un cidadán de Zhejiang e na China é coñecida como 五星红旗 (en pinyin: Wǔ Xīng Hóng Qí) que significa "a bandeira vermella das cinco estrelas".
O Gran Premio de México de 2017 (oficialmente coñecido como Gran Premio de Fórmula 1 de México de 2017)foi unha carreira de motor de Fórmula Un que se disputou o 29 de outubro de 2017 no Autódromo Hermanos Rodríguez en Cidade de México. A carreira foi a décimo novena carreira do Gran Premio de México, e a décimo sétima vez que a carreira disputouse como un evento do Campionato Mundial desde a tempada inaugural en 1950.
O hurling (en irlandés, iomáint o iománaíocht) é un deporte de equipo de orixe celta.[Cómpre referencia] É un deporte de equipo xogado ao aire libre con orixe antiga Irlanda. Está rexido pola Asociación Atlética Gaélica (GAA). A orixe do hurling dise que foi hai xa 3000 anos e considérase que é o deporte de campo máis rápido do mundo.
Alxeria (en árabe: الجزائر, al-Jazā’ir, en tamazight: ⴷⵥⴰⵢⴻⵔ, Dzayer), oficialmente República Democrática e Popular de Alxeria (en árabe: الجمهورية الجزائرية الديمقراطية الشعبية en Tamazight: ⵜⴰⴳⴷⵓⴷⴰ ⵜⴰⴷⵣⴰⵢⵔⵉⵜ ⵜⴰⵎⴰⴳⴷⴰⵢⵜ ⵜⴰⵖⴻⵔⴼⴰⵏⵜ ), é un estado situado na África do Norte, formando parte do Magreb. A súa capital, Alxer, está ao norte, á beira da costa mediterránea. Cunha superficie de 2 381 741 km² é o país maior da cunca mediterránea, de África e do mundo árabe.
Mundial de Fútbol de 2018 - Grupo F
O Grupo F da Copa do Mundo de Fútbol de 2018, realizada en Rusia, está composto por catro equipos que se enfrontarán entre si nun total de seis encontros: Alemaña, México, Suecia e Corea do Sur. Ao termo dos mesmos os dous con maior cantidade de puntos clasificaranse para a seguinte fase, e as outras dúas seleccións quedarán eliminadas.
Mundial de Fútbol de 2018 - Grupo H
O Grupo H da Copa do Mundo de Fútbol de 2018, realizada en Rusia, está composto por catro equipos que se enfrontarán entre si nun total de seis encontros: Polonia, Senegal, Colombia e Xapón. Ao termo dos mesmos os dous con maior cantidade de puntos clasificaranse para a seguinte fase, e as outras dúas seleccións quedarán eliminadas.
A Selección de fútbol do Perú é o equipo representativo do Perú nas competicións oficiais de fútbol. A súa organización está a cargo da Federación Peruana de Fútbol, a cal é membro da Confederación Suramericana de Fútbol. O debut da selección peruana produciuse o 1 de novembro de 1927 ante a selección do Uruguai no Campionato Suramericano daquel ano.
François Patrick Nogueira Gouveia, nado en Altamira (Pará) o 6 de novembro de 1996, é un asasino brasileiro que cumpre tres penas de prisión permanente revisable máis 25 anos en España polos asasinatos da súa tía, do seu tío e dos seus dous curmáns pequenos nun chalé de Pioz, Castela-A Mancha, o 17 de agosto de 2016. A prensa española alcumouno como o "descuartizador de Pioz". Nogueira medrou no seo dunha familia acomodada.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
Hibatullah Akhundzada, tamén transcrito como Haibatullah Akhunzada, nado no distrito de Panjwayi (Reino de Afganistán) o 19 de outubro de 1967, é un clérigo afgán, actual líder supremo de Afganistán baixo o goberno talibán. Lidera o movemento talibán desde 2016 e chegou ao poder coa súa vitoria sobre as forzas apoiadas polos Estados Unidos na guerra de 2001-2021. Unha figura hermética, case non ten pegada dixital agás unha fotografía non verificada e varias gravacións de audio de discursos.
Excalibur é un filme estadounidense de 1981 dirixido, producido e coescrito por John Boorman. Conta a lenda do Rei Artur e os cabaleiros da Táboa Redonda e baséase no romance artúrico do século XV Le Morte d'Arthur, de Thomas Malory. Está protagonizado por Nigel Terry no papel de Artur, Nicol Williamson como Merlín, Nicholas Clay como Lanzarote do Lago, Cherie Lunghi como Xenevra, Helen Mirren como Morgana, Liam Neeson como Galván, Gabriel Byrne como Uther Pendragon, Corin Redgrave como Gorlois, Duque de Cornwall, Patrick Stewart como Leodegrance e Paul Geoffrey como Perceval.
Augusto da Costa, nado no Río de Xaneiro o 22 de outubro de 1920 e finado na mesma cidade o 1 de marzo de 2004, foi un futbolista brasileiro que xogaba como lateral dereito. Desenvolveu toda a súa carreira entre o São Cristóvão e o Vasco da Gama. Foi internacional coa selección brasileira, á que capitaneou no Mundial de 1950, proclamándose subcampión.
A terapia de inmunoglubulinas é o uso dunha mestura de anticorpos (inmunoglobulinas humanas normais) para tratar varios problemas de saúde. Entre eles están os seguintes: a inmunodeficiencia primaria, a púrpura trombocitopénica inmune, a polineuropatía desmielinizante inflamatoria crónica, a enfermidade de Kawasaki, certos casos de VIH/SIDA, o sarampelo, a síndrome de Guillain-Barré, e algunhas outras infeccións cando non se dispón de inmunoglobulinas máis específicas. Dependendo da formulación pode administrarse por inxección intramuscular, por vía intravenosa ou por inxección subcutánea.
O castro de Taramancos, tamén coñecido como Poboado de Espiñeira ou Taramancos Vello, foi un castro localizado no lugar de Taramancos, na parroquia de Boa, no concello de Noia, preto da praia de Taramancos e da enseada do Testal. Foi descuberto en 2011 durante as obras da variante de Noia (AG-56), que incluían a construción da ponte sobre a ría de Muros e Noia. Unha vez finalizada a intervención arqueolóxica, a maior parte do castro foi destruída en marzo de 2012 durante a construción da variante de Noia.
Memorias dun neno labrego é unha novela social e histórica do galego Xosé Neira Vilas, publicada na Arxentina o 5 de xaneiro de 1961 por Follas Novas, distribuidora de libros e editorial fundada polo propio autor e a súa muller. É o segundo libro publicado polo autor, primeiro en prosa, despois do poemario Dende lonxe (1960). Memorias foi escrito en tres meses no café La Vieja Viena, do barrio porteño de Villa Urquiza.
O reino viquingo de York ou Jórvík foi un antigo estado de Europa que existiu no período desde o 866 até o 954. Os viquingos orixinarios de Dinamarca estableceron un potente estado na illa de Gran Bretaña con capital en York, que nun principio se chamou Jórvik. A rexión ao redor desta cidade coñeceuse como Danelaw, termo que se aplicou tamén á xurisdición detentada polos daneses durante a segunda metade do século X. Territorio tamén coñecido como a York Escandinava, termo usado polos historiadores para identificar ao reino de Northumbria a finais do século IX e primeira metade do século X, durante a dominación escandinava, en particular baixo o reinado dos reis viquingos.
Greensboro é unha cidade no estado de Carolina do Norte, nos Estados Unidos. É a terceira maior cidade en canto á poboación en Carolina do Norte e a maior cidade do condado de Guilford e arredores da rexión metropolitana de Piedmont Triad. De acordo co Censo de Estimación dos Estados Unidos do 2011 a poboación de Greensboro é de 273.425 habitantes.
Le Bleu du caftan (en árabe: القفطان الأزرق) é un filme marroquí de 2022 dirixido por Maryam Touzani. Conta a historia dunha muller e o seu marido gai no armario que rexentan unha tenda de caftán na medina de Salé, Marrocos, e contratan a un mozo como aprendiz. O filme estreouse na sección Un Certain Regard do Festival Internacional de Cinema de Cannes de 2022.
Bulgaria ( pronunciación ) (en búlgaro: България/Balgariya), oficialmente República de Bulgaria ( pronunciación ) (en búlgaro: Република България/Republika Balgariya) é un país situado ao sueste de Europa, na península dos Balcáns. Limita ao norte con Romanía, estando a maior parte da fronteira entre estes dous países conformada polo río Danubio, ao sur con Turquía e Grecia, o oeste con Macedonia do Norte e Serbia e está bañada ao leste polo Mar Negro. Foi aceptada na OTAN no ano 2004 e é membro da Unión Europea dende o 1 de xaneiro de 2007.
Cuatro é unha canle de televisión privada española propiedade de Mediaset España que emite a través da TDT e nas plataformas de televisión de pago Movistar+ e Vodafone TV, Orange TV e R en España. Empezou a emitir o día 7 de novembro de 2005 por reconversión da concesión da canle analóxica nacional pola que emitiu desde 1990 a canle de pago do grupo, Canal+.
Negu Gorriak (en éuscaro significa Invernos Ruíns) foi un grupo de música crossover fundado en Guipúscoa en 1990. A súa influencia ten sido moi grande no desenvolvememento do rock tanto no País Vasco como no resto do estado. Foron cualificados como unha das bandas de rock «máis importantes dos noventa».
Unha máquina comecartos ou simplemente un comecartos é un aparello automático concibido para ofrecer xogos de aposta sen a intervención dun empregado. Estes dispositivos poden ser mecánicos, electrónicos ou dixitais. O xogo consiste en introducir unha moeda coa esperanza de que saia unha combinación gañadora e obter un premio en metálico que proporciona a propia máquina.
A baía de Santander, está situada en Cantabria e é o maior estuario da costa norte de España, cunha extensión de 22,42 km², unha lonxitude de 9 km e unha anchura de 5 km. Debido á influencia de Santander e a súa área metropolitana, ao seu ao redor concéntrase case a metade da poboación da comunidade autónoma polo que a presión antrópica sobre esta lámina de auga é elevada. A entrada á baía está precedida pola enseada de El Sardinero, onde se localiza a illa de Mouro.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Cabo Verde (en portugués [ˈkabu ˈveɾdɨ] (AFI)), oficialmente República de Cabo Verde, sitúase no océano Atlántico, no arquipélago de orixe volcánica do mesmo nome. As illas estaban deshabitadas ata que foron descubertas polos portugueses no século XV, que procederon a colonizalas para convertelas nun centro de trata de escravos. A maior parte dos habitantes actuais provén de ambos os grupos.
As illas Ashmore e Cartier son un territorio dependente de Australia (Territory of Ashmore and Cartier Islands), formado por dous grupos de pequenas illas tropicais deshabitadas, localizadas no océano Índico, a 320 km ao noroeste de Australia e a 170 km ao sur da illa indonesia de Roti. O grupo fórmano o arrefice de Ashmore (formado polos illotes de West, Middle e East) e a illa de Cartier, que forman parte do Territorio do Norte australiano.
A Torre de Hércules é unha torre e faro situado nun cabo da península da cidade da Coruña, que ten o privilexio de ser o único faro de orixe romana en funcionamento no mundo. O 27 de xuño de 2009 foi proclamada Patrimonio da Humanidade en Sevilla pola Comisión do Patrimonio Mundial da UNESCO. Deste xeito converteuse no cuarto recoñecemento da UNESCO en Galicia xunto co Camiño de Santiago, a Muralla de Lugo e a Cidade vella de Santiago de Compostela.
A criptomeria ou cedro xaponés, Cryptomeria japonica (L.f.) D. Don, é a única especie de árbore do xénero Cryptomeria. É unha conífera pertencente á familia das cupresáceas, endémica do Xapón, onde é coñecida co nome xaponés de sugi (杉). En Occidente incrementouse o uso do termo "sugi" para se referir a esta árbore, xa que semella máis axeitado ca o usado antigamente: "cedro xaponés", xa que o "sugi" non é un auténtico cedro (xénero Cedrus).
Paul Bruce Dickinson, nado o 7 de agosto de 1958 e coñecido profesionalmente como Bruce Dickinson, é un cantante, compositor, músico, piloto, autor e locutor inglés. É o cantante da banda de heavy metal Iron Maiden e é coñecido polo seu amplo rango vocal e a súa enerxética presenza no escenario. Nado en Worksop, Nottinghamshire, Dickinson iniciou a súa carreira na música liderando pequenos grupos nos anos 70 mentres estudaba, primeiro en Sheffield e despois na universidade en Londres.
O comunismo en Alemaña esténdese desde mediados do século XIX ata a actualidade, abarcando movementos revolucionarios, partidos políticos e réximes gobernamentais. As súas raíces atópanse na á radical do Partido Socialdemócrata de Alemaña (SPD), que, baixo a influencia de Karl Marx e Friedrich Engels, converteuse no partido socialista máis grande e influente do mundo antes da primeira guerra mundial. Tras o Machtergreifung en 1933, o KPD foi prohibido e brutalmente reprimido, con decenas de miles dos seus membros executados ou encarcerados.
Malik bin Anas (en árabe: مالك بن أنس), nado en Medina en 711 (93 AH) e finado na mesma cidade en 795 (179 AH), foi un xurista, teólogo e hadithista árabe musulmán. O seu nome completo era Mālik bin ʾAnas bin Mālik bin ʾAbī ʿĀmir bin ʿAmr bin al-Ḥārith bin Ghaymān bin Khuthayn bin ʿAmr bin al-Ḥārith al-Aṣbaḥīy, e é coñecido como Imam Mālik polos sunnitas malikianos.
As bacterias ou bacterios son organismos unicelulares procariotas, que se poden atopar illados ou en colonias. Pertencen ao reino Monera e constitúen un dos dominios dos seres vivos. Este microorganismo está constituído soamente por unha célula, non ten un verdadeiro núcleo celular, e xeralmente carece de orgánulos membranosos.
Universidade Aberta de Cataluña
A Universidade Aberta de Cataluña (en catalán: Universitat Oberta de Catalunya), coñecida como UOC, é unha universidade privada española con sede en Barcelona. Foi creada en xuño de 1995 e a súa oferta académica inclúe programas de grao, especializacións, mestrados e doutoramentos, así como seminarios, materias que se poden cursar libremente e cursos de idiomas. As linguas que se utilizan para desenvolver a actividade académica son o castelán, o inglés e o catalán, segundo os requirimentos de cada un dos programas académicos.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. Con 247.376 habitantes (INE 2023), é o segundo municipio máis poboado de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
"Summertime Blues" (1958) é unha canción escrita por Eddie Cochran e Jerry Capehart sobre as experiencias e tribulacións da vida dun adolescente en Estados Unidos. Era só unha cara B dun single, pero chegou ó posto oitavo na Billboard Hot 100, o 29 de setembro de 1958. As palmas foron realizadas por Sharon Sheeley e a voz de baixo profundo o final de cada verso é a do propio Eddie Cochran.
Xosé Ramón Fernández-Oxea, nado en Ourense o 5 de abril de 1896 e finado en Madrid o 2 de maio de 1988, foi un escritor, mestre e investigador galego tamén coñecido como Ben-Cho-Shey, Xan Fouciño e Raimundo Antela, un intelectual de obra poliédrica que abarca dialectoloxía, heráldica, arqueoloxía, etnografía, historia da arte e creación literaria. Colaborou con publicacións como O Tio Marcos d'a Portela, La Zarpa, Nós, A Nosa Terra, Lar, Opinión Gallega, Eufonía, La Temporada en Mondariz, Faro de Vigo, La Noche, Vieiros, Boletín de la Real Academia Gallega, Cuadernos de Estudios Gallegos, El Museo de Pontevedra e Chan. Foi membro das Irmandades da Fala, o Seminario de Estudos Galegos e o Partido Galeguista.
Ontario é unha provincia do Canadá e a máis populosa do país. Segundo o censo de poboación de 2021, é o fogar do 38,5% da poboación total do país, e é a segunda provincia por tamaño detrás do Quebec. A maior cidade canadense, Toronto, así como a capital nacional do país, Ottawa, están localizadas en Ontario.
Tadej Pogačar, nado en Klanec, Komenda, o 21 de setembro de 1998, é un ciclista esloveno, membro do equipo UAE Team Emirates. En 2019 converteuse no ciclista máis novo en gañar unha carreira por etapas da UCI WorldTour (máxima categoría do ciclismo profesional) ao vencer no Tour de California 2019 con só 20 anos. Tamén gañou ese ano tres etapas na Volta a España 2019, na que acabou terceiro.
A masturbacion coas mamas ou coito mamario é un acto sexual, que se realiza como preludio ou como sexo sen penetración, que implica a estimulación do pene cos peitos dunha muller e viceversa. Implica colocar o pene entre os peitos dunha muller e mover o pene cara a arriba e abaixo para simular a penetración sexual e para crear pracer sexual. Pódese usar como alternativa a unha masturbación manual.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Unión Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Joseba Imanol Idiakez Barkaiztegi, nado en Donostia o 14 de marzo de 1972, é un ex-futbolista e actual adestrador de fútbol español, que dende abril de 2026 adestra o Cádiz, da Segunda División. Formado na canteira da Real Sociedad, desenvolveu case toda a súa carreira como xogador na Segunda División B, categoría na que disputou 364 partidos entre 1991 e 2007, conseguindo un ascenso á Segunda División co Ciudad de Murcia. Como adestrador dirixiu varios clubs da Segunda e a Segunda B e proclamouse campión da Primeira Federación co Deportivo da Coruña en 2024.
Igrexa de San Martiño de Gargantáns
A igrexa de San Martiño de Gargantáns é un templo católico situado na parroquia de San Martiño de Gargantáns, no concello de Moraña, na provincia de Pontevedra. Constitúe un dos principais exemplos do románico rural da comarca de Caldas, conservando a súa cabeceira románica do século XII, mentres que a fachada principal e outras partes do edificio foron reformadas durante a época barroca.
Xavier Tebas Medrano, máis coñecido como Javier Tebas, nado en San Xosé (Costa Rica) o 31 de xullo de 1962, é un avogado e directivo español procedente de Huesca, considerado un dos dirixentes máis influentes do fútbol mundial. Desde 2013 é o presidente da Liga Nacional de Fútbol Profesional (tamén coñecida como LFP ou LaLiga) tras ser reelixido en decembro de 2023 para un cuarto mandato ata 2027. Tebas prometeu que este será o seu último mandato.
Lista de series de televisión con versión en galego
A lista de series de televisión con versión en galego está ordenada alfabeticamente segundo os títulos galegos das obras relacionadas. Para esta orde non se teñen en conta, por defecto, os artigos (morfemas) ao inicio dos títulos en galego. Inclúense series e miniseries das que hai versión oficial en galego, ben sexa dobrada ou subtitulada, considerando os seus títulos galegos tal e como se impuxo cada un deles, independentemente de que sexan correctos segundo diferentes criterios ou variantes da lingua galega.
Siti Nurhaliza binti Tarudin, nada en Kampung Awah o 11 de xaneiro de 1979, é unha cantante e empresaria malaisiana, que ao longo da súa carreira recibiu case 300 premios locais e internacionaise canta fundamentalmente en malaio e bahasa indonesio e ademais de inglés tamén gravou en xavanés, mandarín árabe, urdú e xaponés.
Moeda dun centavo de dólar Lincoln
A moeda dun centavo de dólar Lincoln (en inglés: Lincoln cent ou Lincoln penny) é unha moeda emitida con ese valor facial desde 1909 pola Casa da Moeda dos Estados Unidos, caracterizada por amosar no seu anverso o retrato do expresidente Abraham Lincoln, deseñado por Victor Brenner. Brenner foi tamén o autor do reverso orixinal da moeda (1909-1958), que foi posteriormente substituído por outro deseñado por Frank Gasparro (1959-2008), no sesquicentenario do nacemento de Lincoln, e finalmente por un terceiro creado por Lyndall Bass (desde 2010). Ademais, en 2009 houbo unha serie de reversos conmemorativos do bicentenario do nacemento do expresidente.
Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2027
O Campionato Mundial da FIA de Fórmula 1 de 2027 será a 78ª tempada de Fórmula 1 organizada pola Fédération Internationale de l'Automobile (FIA). Está recoñecido pola Fédération Internationale de l'Automobile (FIA), o órgano de goberno internacional do automobilismo, como a máxima clase de competición para coches de carreiras de rodas aberta. O campionato disputarase nunha serie de carreiras, ou Grandes Premios, celebradas en todo o mundo.
Non confundir con tiburóns serra, un grupo diferente. Co nome de peixes serra coñécense os peixes cartilaxinosos elasmobranquios da superorde dos batoideos que integran a orde dos pristiformes (Pristiformes, do latín pristis, "peixe serra", e -formes, "en forma de"). A orde comprende unha soa familia, a dos prístidos (Pristidae), con dous xéneros e sete especies.
O capitalismo é un sistema económico caracterizado pola propiedade privada dos medios de produción, no que individuos e empresas operan estes activos para xerar beneficio a través de intercambios voluntarios en economías de mercado competitivas, cunha asignación de recursos determinada principalmente pola oferta e a demanda en lugar de por unha autoridade central. As súas características definitorias inclúen dereitos de propiedade privada seguros, o motivo de lucro como impulsor da innovación e a eficiencia, a competencia que fomenta a mellora, e unha intervención gobernamental limitada para facer cumprir os contratos e previr a coerción. Orixinado na Europa medieval a través da expansión comercial e as prácticas mercantís, o capitalismo cristalizou intelectualmente coa obra A riqueza das nacións (1776) de Adam Smith e practicamente a través da Revolución Industrial, que desencadeou a produción mecanizada, a urbanización e o comercio global.