Wikipedia en galego Top 100

Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...

  1. 1

    Cecilia (cantante)

    Cecilia (cantante)

    Evangelina Sobredo Galanes, nada en El Pardo (Madrid) o 11 de outubro de 1948 e finada en Colinas de Trasmonte (Provincia de Zamora) o 2 de agosto de 1976, foi unha cantautora española, máis coñecida como Cecilia. Acadou sona con cancións como "Un ramito de violetas", "Mi querida España" ou "Dama, dama".

    112 visitas (↑112 de onte)0,0,24,0,0,0,14,38,0, 112

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  2. 2

    Carlos Ares

    Carlos Ares

    Carlos Ares, nado en 1997 na Coruña, é un músico, cantautor e produtor galego. A súa música foi definida como pop, folk e alternativa.

    110 visitas (↑13 de onte)56,43,57,42,40,60,40,37,97, 110

    9+ días na lista

    🔍 🗞️
  3. 3

    Tania Varela

    Tania Varela

    María Tania Varela Otero, nada en Cambados o 17 de xaneiro de 1974, é unha avogada galega, durante un tempo a única muller na lista das 70 persoas máis buscadas pola Europol.

    97 visitas (↑97 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 97

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  4. 4

    Candy Candy

    Candy Candy

    Candy Candy (no orixinal en xaponés: キャンディ・キャンディ; Kyandi Kyandi) é un manga creado pola escritora Kyōko Mizuki, un dos pseudónimos de Keiko Nagita, e a mangaka Yumiko Igarashi, pseudónimo de Yumiko Fijii, publicado no Xapón por Kōdansha Ltd. desde 1975 a 1979 e gañou o primeiro premio Kodansha Manga para shōjo en 1977. A historia conta as vivencias dunha rapaza orfa chamada Candice "Candy" White.

    89 visitas (↓11 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,100, 89

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  5. 5

    Socialismo

    Socialismo

    O socialismo é unha filosofía política, económica e social que defende a propiedade social ou a regulación dos medios de produción e dos recursos naturais por parte da comunidade no seu conxunto, xeralmente a través do Estado ou de cooperativas de traballadores, co obxectivo de distribuír a produción económica de xeito máis equitativo e reducir os antagonismos de clase. Xurdido no século XIX en medio das convulsións sociais da Revolución Industrial, critica a propiedade privada e a competencia de mercado do capitalismo como fontes de explotación e de desigualdade, propondo no seu lugar unha planificación colectiva para satisfacer as necesidades humanas por riba dos motivos de lucro. Entre os pensadores fundacionais clave figuran Karl Marx e Friedrich Engels, cuxa análise en obras como O Manifesto Comunista postulaba o materialismo histórico, a loita de clases e a inevitabilidade dunha revolución proletaria que conducise a unha sociedade sen clases.

    79 visitas (↑61 de onte)0,0,0,0,67,15,29,0,18, 79

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  6. 6

    Zara Larsson

    Zara Larsson

    Zara Maria Larsson, nada en Estocolmo o 16 de decembro de 1997, é unha cantante e cantautora sueca. Conseguiu sona no seu país após gañar no 2008 o concurso televisivo Talang, a versión sueca de Got Talent. Zara asinou co selo discográfico TEN Music Group no 2010 e lanzou o seu primeiro álbum EP Introducing, en xaneiro de 2013.

    64 visitas (↑64 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 64

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  7. 7

    Maruja Torres

    Maruja Torres

    Maria Dolors Torres Manzanera, coñecida como Maruja Torres, nada o 16 de marzo de 1943 en Barcelona, é unha xornalista e escritora catalá.

    63 visitas (↑63 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 63

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  8. 8

    Ceuta

    Ceuta

    Ceuta é unha cidade autónoma española, enclave situado na costa norte de África rodeada por Marrocos. Separada da Península Ibérica polo estreito de Xibraltar, Ceuta é o límite entre o mar Mediterráneo e o océano Atlántico. Marrocos reivindicou a súa anexión como parte do seu territorio pola súa proximidade xeográfica, xunto con Melilla e outros territorios españois de menor entidade no norte de África.

    62 visitas (↓18 de onte)0,0,0,0,0,0,76,162,80, 62

    4 días na lista

    🔍 🗞️
  9. 9

    Almudena Ariza

    Almudena Ariza

    Almudena Ariza Núñez, nada en Madrid o 1 de setembro de 1964, é unha xornalista española.

    62 visitas (↑62 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 62

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  10. 10

    Elxokas

    Elxokas

    Joaquín Domínguez Portela, coñecido como Elxokas, nado en Lugo o 13 de abril de 1991, é un influenciador, streamer, youtuber e creador de contido en Twitch e YouTube. Comezou como streamer en 2018 en Twitch creando contido do videoxogo World of Warcraft. En 2019, era xa o creador de contido máis grande da comunidade hispanofalante nesta categoría.

    54 visitas (↑1 de onte)44,49,95,44,35,52,23,42,53, 54

    9+ días na lista

    🔍 🗞️
  11. 11

    Posicións sexuais

    Posicións sexuais

    Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.

    53 visitas (↓25 de onte)61,81,74,53,66,76,56,66,78, 53

    9+ días na lista

    🔍 🗞️
  12. 12

    Jorquera

    Jorquera

    Jorquera é un concello español da provincia de Albacete, na comunidade autónoma de Castela-A Mancha. O termo municipal atópase na comarca de Manchuela.

    52 visitas (↑52 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 52

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  13. 13

    Columna vertebral

    Columna vertebral

    A columna vertebral, raque ou espiña dorsal é unha complexa estrutura osteofibrocartilaxinosa articulada e resistente, en forma de talo lonxitudinal, que constitúe a porción posterior e inferior do esqueleto axial. A columna vertebral é un órgano situado (na súa maior extensión) na parte media e posterior do tronco, e vai dende a cabeza (á cal sostén), pasando polo pescozo e as costas, até a pelve á cal lle dá soporte.

    48 visitas (↑29 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,19, 48

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  14. 14

    Desirée Vila

    Desirée Vila

    Desirée Vila Bargiela, a miúdo coñecida como Desi Vila, nada en Gondomar o 15 de xuño de 1998, é unha atleta paralímpica galega.

    46 visitas (↑46 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 46

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  15. 15

    Concha Espina

    Concha Espina

    Concepción Rodríguez-Espina y García-Tagle, nada en Santander o 15 de abril de 1869 e finada en Madrid o 19 de maio de 1955, máis coñecida como Concha Espina, foi unha escritora española, autora de novelas —varias delas adaptadas ao cine— como La niña de Luzmela, La esfinge maragata e Altar mayor. Tamén cultivou a poesía, o teatro e o conto.

    42 visitas (↑42 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 42

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  16. 16

    Lista de castelos de Portugal

    Lista de castelos de Portugal

    Esta é uma lista dos Castelos de Portugal, lista ordenada por ordem alfabética da unidade territorial administrativa (freguesía ou concello) onde os castelos estão localizados.

    42 visitas (↓10 de onte)0,0,28,0,13,0,72,48,52, 42

    4 días na lista

    🔍 🗞️
  17. 17

    Roque Ruiz

    Roque Ruiz

    Roque Ruiz, nado en Arteixo o 24 de novembro de 1999, é un actor galego.

    42 visitas (0 de onte)24,39,53,29,33,36,26,38,42, 42

    9+ días na lista

    🔍 🗞️
  18. 18

    Mercedes Peón

    Mercedes Peón

    Mercedes Peón, nada na Coruña en 1967, é unha música, cantante e instrumentista galega.

    41 visitas (↑41 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 41

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  19. 19

    Catuxa Salom

    Catuxa Salom

    Catalina Salom Nunia, máis coñecida como Catuxa Salom, nada en Vilagarcía de Arousa en 1989, é unha cantante, compositora, actriz e socióloga galega.

    41 visitas (↑41 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 41

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  20. 20

    Border Collie

    Border Collie

    O Border Collie é unha raza de can desenvolvida na rexión fronteiriza angloescocesa, criada orixinalmente para pastorear o gando, especialmente as ovellas. Considerado altamente intelixente, extremadamente enerxético, acrobático e atlético, compiten de maneira habitual en probas de pastoreo e deportes caninos. A miúdo son considerados como a raza de can doméstico máis intelixente.

    41 visitas (↑41 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 41

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  21. 21

    Quintanar del Rey

    Quintanar del Rey

    Quintanar del Rey é unha localidade e un concello da provincia de Cuenca, na comunidade autónoma de Castela-A Mancha. O termo municipal, que pertence ao partido xudicial de Motilla del Palancar e da comarca de La Manchuela, ten unha poboación de 7484 habitantes, segundo o INE de 2024.

    40 visitas (↑40 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 40

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  22. 22

    Yomiuri Giants

    Yomiuri Giants

    Os Yomiuri Giants (読売ジャイアンツ Yomiuri Jaiantsu) son un equipo profesional xaponés de béisbol con sede no barrio de Bunkyō de Tokyo. O club compite na Nippon Professional Baseball (NPB) como membro da Central League. O campo onde xogan os seus partidos como local desde 1988 é o Tokyo Dome, recinto con capacidade para 46.000 espectadores.

    40 visitas (↑14 de onte)0,0,0,0,0,0,0,21,26, 40

    3 días na lista

    🔍 🗞️
  23. 23

    Cultura castrexa

    Cultura castrexa

    A cultura castrexa é unha cultura arqueolóxica do noroeste da Península Ibérica que abranguía as rexións de Galicia, Asturias, norte e centro de Portugal e oeste de León que durou dende os séculos XI ou VI a. C. ata a romanización dos galaicos cara o século I. É a cultura arqueolóxica asociada cos pobos galaicos e ástures. A manifestación máis característica desta cultura é o castro (do latín castrum do que toma o nome), as súas oppidum amuralladas e a produción de espadas, machadas, torques e outros bens de bronce xa dende a Idade do bronce atlántico.

    40 visitas (↑40 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 40

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  24. 24

    Stavanger Oilers

    Stavanger Oilers

    Stavanger Oilers é un equipo de hóckey sobre xeo da cidade de Stavanger, Noruega. Foi fundado o 6 de xuño de 2000 e na tempada 2022-23 compite na Fjordkraft-ligaen, a máxima categoría do hóckey sobre xeo noruegués.

    38 visitas (↑38 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 38

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  25. 25

    Manuel Gómez Cantos

    Manuel Gómez Cantos

    Manuel Gómez Cantos, nado en San Fernando o 25 de marzo de 1892 e finado en Madrid o 29 de maio de 1977, foi un militar e político español.

    37 visitas (↓76 de onte)0,0,0,0,0,0,0,37,113, 37

    3 días na lista

    🔍 🗞️
  26. 26

    Esther Latorre

    Esther Latorre

    Esther Latorre Fernández, coñecida como Esther Latorre, nada en Lugo en 1990, é unha bailarina, coreógrafa e xestora cultural galega. Dende 2016 é cofundadora e directora da cía galaico-portuguesa Colectivo Glovo xunto a Hugo Pereira.

    36 visitas (↑36 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 36

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  27. 27

    Eva Iglesias

    Eva Iglesias

    Eva Iglesias Miguéns, nada o 1 de novembro de 1987 en Rianxo, é unha cantante e actriz galega.

    36 visitas (↓9 de onte)0,0,0,39,20,0,68,21,45, 36

    4 días na lista

    🔍 🗞️
  28. 28

    9Louro

    9Louro

    Martín Louro, nado en Muros en 2004, máis coñecido coma 9Louro, é un cantante galego de pop urbano, trap, música electrónica e raeggeton.

    36 visitas (↓1 de onte)0,22,0,18,0,13,23,21,37, 36

    5 días na lista

    🔍 🗞️
  29. 29

    Xosé Manuel Piñeiro

    Xosé Manuel Piñeiro

    Xosé Manuel Piñeiro Borrajo, máis coñecido como Piñeiro ou Superpiñeiro, nado en Vilaboa (Allariz) o 1 de decembro de 1957 e falecido en Santiago de Compostela o 22 de xaneiro de 2025, foi un presentador de televisión e cantante galego.

    34 visitas (↑34 de onte)0,26,19,0,0,0,15,18,0, 34

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  30. 30

    Eclipse solar do 12 de agosto de 2026

    Eclipse solar do 12 de agosto de 2026

    A eclipse solar do 12 de agosto de 2026 será unha eclipse solar total. É a seguinte europea despois das que tiveron lugar o 11 de agosto de 1999 no norte de Francia, o sur de Bélxica, Luxemburgo, o sur de Alemaña, Austria, Hungría, o norte de Iugoslavia e Bulgaria; e o 29 de marzo de 2006 na illa de Kastelórizo en Grecia e o sur da Rusia europea. Esta será visíbel como total no extremo norte da Siberia rusa, no extremo oeste de Islandia, na illa danesa de Groenlandia e na maior parte da metade norte de España, ben como nunha pequena extremidade nordeste de Portugal, no distrito de Braganza.

    33 visitas (↑33 de onte)0,0,0,0,0,16,0,0,0, 33

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  31. 31

    Literatura en aragonés

    Literatura en aragonés

    A lingua aragonesa actualmente resiste nas súas formas dialectais nos vales pirenaicos e entre unhas ducias de neofalantes das cidades e vilas de Aragón, sempre co temor da desaparición que impregnou desde o comezo o xurdimento da literatura contemporánea nesa lingua. Cunha tradición literaria escrita escasa, a literatura actual desenvólvese entre unha literatura dialectal nas diversas variedades do aragonés e nun aragonés común, cunha koiné establecida polo Consello d'a Fabla Aragonesa nos anos 70.

    33 visitas (↑33 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 33

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  32. 32

    Galicia

    Galicia

    Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Unión Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.

    33 visitas (↓10 de onte)26,44,46,33,38,33,33,27,43, 33

    9+ días na lista

    🔍 🗞️
  33. 33

    Javier de Hoyos

    Javier de Hoyos

    Javier de Hoyos Martínez, nado en Santander o 23 de outubro de 1990, é un xornalista, actor e modelo español. É licenciado en Comunicación Audiovisual pola Universidade do País Vasco e máster en Xornalismo de Televisión pola Universidade Antonio de Nebrija.

    33 visitas (↑2 de onte)0,159,99,14,14,16,0,0,31, 33

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  34. 34

    Alvise Pérez

    Alvise Pérez

    Luis Pérez Fernández, nado en Sevilla o 26 de febreiro de 1990, máis coñecido como Alvise Pérez, é un consultor político, influenciador dixital e político español.

    32 visitas (↑8 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,24, 32

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  35. 35

    Mago Antón

    Mago Antón

    Antón López Rivas, nado na Meda (Castroverde) en 1956, é un mago e ilusionista galego, coñecido profesionalmente como o Mago Antón. Está especializado en números de escapismo e maxia creativa.

    32 visitas (↑32 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 32

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  36. 36

    Sexo anal

    Sexo anal

    O sexo anal é unha práctica sexual que consiste na introdución do pene erecto no ano e o recto da parella, co fin de obter pracer. Outras formas de sexo anal inclúen o fingering, o uso de xoguetes sexuais, o sexo oral realizado no ano (anilingus), e o pegging. O termo sexo anal refírese máis comunmente á penetración do pene no ano, mais algunhas fontes refírense a coito anal para a penetración anal, e sexo anal para calquera forma actividade sexual, especialmente en parellas, e oposta á masturbación anal.

    32 visitas (↑5 de onte)0,44,22,36,24,23,23,24,27, 32

    9 días na lista

    🔍 🗞️
  37. 37

    Quen anda aí?

    Quen anda aí?

    Quen anda aí? é un programa da tarde da Televisión de Galicia. Está presentado por Raquel Atanes, Juan Fuentes e Roberto Vilar.

    31 visitas (↑31 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 31

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  38. 38

    Cadea perpetua (filme)

    Cadea perpetua (filme)

    Cadea perpetua (en inglés: The Shawshank Redemption) é un filme estadounidense estreado en 1994, dirixido e escrito por Frank Darabont. É unha adaptación da novela de 1982 de Stephen King titulada Rita Hayworth and Shawshank Redemption. Narra a historia de Andy Dufresne (Tim Robbins), un banqueiro sentenciado a cadea perpetua na Penitenciaría Estatal de Shawshank polo asasinato da súa muller e do amante desta, malia declararse inocente do feito.

    30 visitas (↑30 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 30

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  39. 39

    Luz Casal

    Luz Casal

    María Luz Casal Paz, coñecida como Luz Casal, nada en Andavao (Boimorto) o 11 de novembro de 1958, aínda que viviu en Asturias xa dende a súa infancia, é unha cantante galega de pop-rock. Durante a súa carreira discográfica vendeu xa máis de 5 millóns de discos. Recibiu a Medalla Castelao en 2010 e a Medalla de Galicia en 2023.

    30 visitas (↑7 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,23, 30

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  40. 40

    Lucía Veiga

    Lucía Veiga

    Lucía Veiga López, coñecida como Lucía Veiga e nada na Coruña en 1979, é unha actriz, monologuista e presentadora de televisión galega.

    30 visitas (↓4 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,34, 30

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  41. 41

    Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2027

    Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2027

    O Campionato Mundial da FIA de Fórmula 1 de 2027 será a 78ª tempada de Fórmula 1 organizada pola Fédération Internationale de l'Automobile (FIA). Está recoñecido pola Fédération Internationale de l'Automobile (FIA), o órgano de goberno internacional do automobilismo, como a máxima clase de competición para coches de carreiras de rodas aberta. O campionato disputarase nunha serie de carreiras, ou Grandes Premios, celebradas en todo o mundo.

    29 visitas (↑11 de onte)21,26,52,23,12,15,31,21,18, 29

    9+ días na lista

    🔍 🗞️
  42. 42

    Augusto Pérez Alberti

    Augusto Pérez Alberti

    Augusto Pérez Alberti, nado en Tortosa o 18 de novembro de 1947, é un xeógrafo galego.

    29 visitas (↑29 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 29

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  43. 43

    Nacho Castaño

    Nacho Castaño

    Ignacio Castaño Gómez, máis coñecido como Nacho Castaño, nado en Vilagarcía de Arousa en 1972, é un actor de televisión, cine, dobraxe e teatro galego.

    28 visitas (↓18 de onte)35,44,46,33,30,36,27,32,46, 28

    9+ días na lista

    🔍 🗞️
  44. 44

    Alfredo Caamaño Pato

    Alfredo Caamaño Pato

    Alfredo Jesús Atilano Caamaño Pato, coñecido como Alfredito, nado en Negreira en 1897 e finado en Venezuela en 1970, foi un avogado e político galego.

    28 visitas (↑28 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 28

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  45. 45

    Pantxoa eta Peio

    Pantxoa eta Peio

    Pantxoa eta Peio foi un grupo de música de canción popular do País Vasco con letras integramente en éuscaro, formado en 1969 por Pantxoa Carrere (cantante, guitarra e trikitixa) e mais Peio Ospita (cantante e guitarra).

    28 visitas (↑28 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 28

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  46. 46

    María Jamardo

    María Jamardo

    María Jamardo Carballo, nada en Pontevedra en 1979, é unha política e periodista galega especializada en análise política.

    28 visitas (↓14 de onte)54,39,39,15,24,90,14,156,42, 28

    9+ días na lista

    🔍 🗞️
  47. 47

    Sistema endócrino

    Sistema endócrino

    O sistema endócrino ou hormonal é un conxunto de órganos e tecidos do organismo que liberan substancias denominadas hormonas e está constituído, ademais destas, por células especializadas e glándulas endócrinas. O sistema endócrino axuda a realizar, por tanto, a función de relación dos seres vivos. Actúa como unha rede de comunicación celular que responde aos estímulos liberando hormonas e é o encargado de diversas funcións metabólicas do organismo; entre elas destacan: Controlar a intensidade de funcións químicas nas células.

    27 visitas (↑27 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 27

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  48. 48

    Aratinga de testa azul

    Aratinga de testa azul

    A aratinga de testa azul (Thectocercus acuticaudatus) é un pequeno papagaio neotropical con cabeza azul e bico claro, nativo de gran parte de Suramérica, desde o leste de Colombia a Curaçao no sur do Caribe, e ata a rexión norte da Arxentina. É a única especie do xénero Thectocercus. Vive en hábitats de tipo sabana, bosques e marxes de bosques, pero evita as selvas densas e húmidas como as do Amazonas.

    27 visitas (↑27 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 27

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  49. 49

    Gareth Bale

    Gareth Bale

    Gareth Frank Bale, nado en Cardiff o 16 de xullo de 1989, é un exfutbolista galés que xogaba de centrocampista e extremo. Está considerado como un dos mellores xogadores da súa xeración e un dos mellores futbolistas galeses de todos os tempos. Foi internacional coa selección de Gales, sendo o xogador que máis veces vestiu a súa camiseta (111 veces) e o seu máximo goleador histórico, con 41 tantos.

    27 visitas (↑27 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 27

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  50. 50

    Rafael María de Labra Cadrana

    Rafael María de Labra Cadrana

    Rafael María de Labra Cadrana, nado na Habana o 7 de setembro de 1840 e finado en Madrid o 16 de abril de 1918, foi un ideólogo, político español, liberal e republicano, destacado abolicionista e prolífico escritor. Foi unha figura clave na campaña pola abolición da escravitude en Porto Rico e Cuba. Foi deputado, reitor da Institución Libre de Enseñanza, senador, membro de número da Real Academia de Ciencias Morais e Políticas e presidente do Ateneo de Madrid.

    27 visitas (↑6 de onte)0,0,0,0,0,18,0,29,21, 27

    3 días na lista

    🔍 🗞️
  51. 51

    San Juan de la Rambla

    San Juan de la Rambla

    San Juan de la Rambla é un concello español situado no norte da illa de Tenerife, na provincia de Santa Cruz de Tenerife, Canarias. Limita ao norte co océano Atlántico, ao oeste con La Guancha, ao sur con La Orotava e ao leste con Los Realejos. A altitude máxima do concello acádase no Risco de la Fortaleza, de 2.163 metros.

    27 visitas (↑27 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 27

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  52. 52

    Cristo da Vitoria de Vigo

    Cristo da Vitoria de Vigo

    O Cristo da Vitoria de Vigo ou Cristo da Boa Vitoria é unha imaxe escultórica que se asociou tradicionalmente á Reconquista de Vigo aos franceses no ano 1809, coa liberación da vila pola intercesión divina. Ángel Ilarri Gimeno, conservador do Pazo de Castrelos, atopou un documento transpapelado nas actas municipais de Vigo, un documento de 1740 no que Bernarda Bello de los Ríos pedía permiso ao Concello para colocar unha tarima para o seu uso e asento, que fora retirada cando o recente enlousado do templo, alá polo ano 1734 e tal como viñan facendo os seus maiores. O Cristo de Vigo tamén é coñecido, por tradición oral, como "Cristo do Sal", pero non existe ningún documento oficial que acredite esta denominación.

    26 visitas (↑26 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 26

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  53. 53

    William Shakespeare

    William Shakespeare

    William Shakespeare, nado en Stratford-upon-Avon, Warwickshire, Reino de Inglaterra, c. 23 de abril de 1564xul. bautizado o 26 de abril de 1564 e finado ib o 23 de abrilxul./ 3 de maio de 1616greg.

    26 visitas (↓8 de onte)0,0,0,0,0,20,0,0,34, 26

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  54. 54

    Wikipedia

    Wikipedia

    Para ver unha introdución non enciclopédica para os visitantes do que é a Wikipedia, véxase Wikipedia:Acerca de. A Wikipedia é un proxecto de enciclopedia de contido libre, multilingüe e de contido aberto operativo grazas á organización sen ánimo de lucro Fundación Wikimedia. O seu nome é unha mestura das palabras wiki (unha tecnoloxía para crear páxinas web colaborativas) e enciclopedia.

    26 visitas (0 de onte)27,0,20,27,14,13,14,0,26, 26

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  55. 55

    Beta-Amanitina

    Beta-Amanitina

    A β-amanitina (beta-amanitina) é un péptido cíclico de oito aminoácidos. Forma parte do grupo de toxinas chamadas amatoxinas, que se poden encontrar en varios cogomelos do xénero Amanita. Algúns exemplos son Amanita phalloides e outros membros como A. virosa e A. bisporigera.

    26 visitas (↑26 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 26

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  56. 56

    Pena Trevinca

    Pena Trevinca

    Pena Trevinca é un pico da serra do Eixe, no macizo de Pena Trevinca, que fai fronteira entre as provincias de Ourense e Zamora. É o punto de maior altitude do territorio galego pois está a 2127 m sobre o nivel do mar. Pena Trevinca é ademais un espazo natural galego declarado zona especial de conservación (ZEC) e parte dunha zona de especial protección para as aves (ZEPA) que abrangue o macizo montañoso dos vales glaciais galegos que rodean este pico.

    26 visitas (↑26 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 26

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  57. 57

    A borracheira na cultura popular galega

    A borracheira na cultura popular galega

    A acción de emborracharse, como os termos borracheira e borracho, reciben en Galicia numerosas denominacións, descritivas ou eufemísticas. Nesta sinonimia tan ampla inflúen diversos factores, como o rexistro do falante (culto, coloquial, vulgar) ou os distintos graos que se poden presentar, desde o resultante do consumo de pequenas cantidades, que conseguen achispar ou causar contenteira, ata a borracheira absoluta. Inclúense tamén algúns castelanismos que, por razóns eufemísticas, adoitan utilizarse para referirse a determinados feitos como o que nos ocupa, e como tamén acontece con realidades de carácter sexual ou escatolóxico: Aballoarse, acamballarse, achisparse, afumarse, embebedarse, embriagarse, empiparse, encherse, enchisparse.

    26 visitas (↑26 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 26

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  58. 58

    Clint Eastwood

    Clint Eastwood

    Clint Eastwood, nado en San Francisco (California) o 31 de maio de 1930, é un actor, produtor e director de cine estadounidense.

    26 visitas (↑26 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 26

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  59. 59

    Lista de apelidos galegos

    Lista de apelidos galegos

    Segundo o Seminario de Onomástica da Real Academia Galega, existen máis de 6000 apelidos galegos, que corresponden aproximadamente co 95% da poboación galega. Ao longo dos Séculos Escuros, moitos apelidos fóronse, ben adaptándose foneticamente ao español: *Feijoo/Feixoo, ben substituíndo polos seus equivalentes casteláns *Iglesias/Igrexas ou Eirexas. Por tanto, apelidos moi abundantes como Otero ou Alonso non proceden, na maior parte dos casos, de xente que viñese de fóra de Galiza, senón de transformacións que sufriron apelidos xenuinamente galegos (Outeiro e Afonso, neste caso).

    25 visitas (↑25 de onte)0,0,0,0,12,18,0,0,0, 25

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  60. 60

    Lingua galega

    Lingua galega

    O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.

    25 visitas (↓1 de onte)29,23,30,19,21,25,30,36,26, 25

    9+ días na lista

    🔍 🗞️
  61. 61

    Alfa-Amanitina

    Alfa-Amanitina

    A α-amanitina (alfa-amanitina) é un péptido cíclico de oito aminoácidos (octapéptido). Posiblemente é a máis tóxica de todas as amatoxinas, toxinas que se encontran en varias especies de cogomelos do xénero Amanita, entre elas a Amanita phalloides e un complexo de especies similares, principalmente A. virosa e A. bisporigera. Tamén se encontra nos cogomelos Galerina marginata, Lepiota subincarnata e Conocybe rugosa.

    25 visitas (↓21 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,46, 25

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  62. 62

    As Laceiras

    As Laceiras

    O topónimo galego As Laceiras pode referirse a: As Laceiras, lugar da parroquia de Vilar de Condes, no concello de Carballeda de Avia; As Laceiras, lugar da parroquia de Valga, no concello de Valga; As Laceiras, lugar da parroquia de Ourille, no concello de Verea.

    25 visitas (↑25 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 25

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  63. 63

    Jorge Mira

    Jorge Mira

    Jorge Mira Pérez, nado en Baio (Zas) o 30 de outubro de 1968, é un físico, investigador, divulgador científico e colaborador en diferentes medios de comunicación galego. Dende 2016 é membro correspondente da Real Academia Galega polas súas investigacións desenvolvendo modelos matemáticos para estudar a lingua galega. Dende 2026 é vicepresidente do Consello da Cultura Galega.

    25 visitas (↑25 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 25

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  64. 64

    Javier Domínguez

    Javier Domínguez

    Javier Domínguez Álvarez, nado en Ourense en 1957 é un músico e escritor galego, membro fundador de Los Suaves.

    25 visitas (↑25 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 25

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  65. 65

    Alxeria

    Alxeria

    Alxeria (en árabe: الجزائر, al-Jazā’ir, en tamazight: ⴷⵥⴰⵢⴻⵔ, Dzayer), oficialmente República Democrática e Popular de Alxeria (en árabe: الجمهورية الجزائرية الديمقراطية الشعبية en Tamazight: ⵜⴰⴳⴷⵓⴷⴰ ⵜⴰⴷⵣⴰⵢⵔⵉⵜ ⵜⴰⵎⴰⴳⴷⴰⵢⵜ ⵜⴰⵖⴻⵔⴼⴰⵏⵜ ), é un estado situado na África do Norte, formando parte do Magreb. A súa capital, Alxer, está ao norte, á beira da costa mediterránea. Cunha superficie de 2 381 741 km² é o país maior da cunca mediterránea, de África e do mundo árabe.

    25 visitas (↑4 de onte)0,0,0,0,0,0,16,18,21, 25

    4 días na lista

    🔍 🗞️
  66. 66

    Cabo Verde

    Cabo Verde

    Cabo Verde (en portugués [ˈkabu ˈveɾdɨ] (AFI)), oficialmente República de Cabo Verde, sitúase no océano Atlántico, no arquipélago de orixe volcánica do mesmo nome. As illas estaban deshabitadas ata que foron descubertas polos portugueses no século XV, que procederon a colonizalas para convertelas nun centro de trata de escravos. A maior parte dos habitantes actuais provén de ambos os grupos.

    24 visitas (↑1 de onte)0,0,0,0,0,0,17,21,23, 24

    4 días na lista

    🔍 🗞️
  67. 67

    1644

    1644

    24 visitas (↑24 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 24

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  68. 68

    Ciclina

    Ciclina

    As ciclinas son unha familia de proteínas que controlan a progresión das células polas sucesivas fases do ciclo celular ao activaren os encimas quinases dependentes de ciclinas (Cdk). As ciclinas non teñen actividade encimática propia, pero actúan formando un complexo coas Cdk, que si a teñen.

    24 visitas (↑24 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 24

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  69. 69

    Alexia Putellas

    Alexia Putellas

    Alexia Putellas Segura, nada en Mollet del Vallès o 4 de febreiro de 1994, é unha futbolista catalá que xoga como mediocampista, concretamente na posición de interior esquerdo, como capitá na primeira división española de fútbol feminino co Futbol Club Barcelona. É tamén internacional coa Selección Absoluta de España desde o 2013. No 2021 e no 2022 foi premiada co Balón de Ouro á mellor xogadora do mundo, e o 17 de xaneiro de 2022, foi premiada co Premio The Best FIFA de 2021, sendo a segunda futbolista en acadar ambos premios na mesma temporada, trala americana Megan Rapinoe, que o fixo no ano 2019.

    23 visitas (↑23 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 23

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  70. 70

    -536

    -536

    23 visitas (↑23 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 23

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  71. 71

    FC St. Pauli

    FC St. Pauli

    O Fußball-Club St. Pauli é un club polideportivo alemán con sede no barrio de Hamburgo de Sankt Pauli (Hamburg-Mitte). A sección de fútbol é a de maior importancia do club, mais tamén posúe equipos de rugby, fútbol americano, béisbol, boxeo, xadrez, ciclismo ou balonmán, entre outros.

    23 visitas (↓56 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,79, 23

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  72. 72

    O Carballiño, O Carballiño

    O Carballiño, O Carballiño

    San Cibrao do Carballiño é unha parroquia do concello do Carballiño, na comarca do Carballiño, na provincia de Ourense. Segundo o INE e o IGE en 2011 tiña 11 118 habitantes (5249 homes e 5869 mulleres), 56 máis ca en 2010.

    23 visitas (↑23 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 23

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  73. 73

    Miocito

    Miocito

    O miocito, tamén chamado fibra muscular ou célula muscular é o tipo de célula que forma o tecido muscular. Son células longas e tubulares que se orixinan a partir de mioblastos. Hai varias clases de miocitos, especializados segundo o tipo de músculo no que se atopen, polo que se distinguen os seguintes tipos: Fibra muscular estriada esquelética.

    23 visitas (↑23 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 23

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  74. 74

    Blackburn First Monoplane

    Blackburn First Monoplane

    O Blackburn First Monoplane (tamén coñecido como Monoplane No 1) foi un avión experimental británico construído por Robert Blackburn en 1909.

    23 visitas (↑23 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 23

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  75. 75

    Valencia

    Valencia

    Valencia (en valenciano e oficialmente: València, pronunciado [vaˈlensia]) é unha cidade española situada na costa do mar Mediterráneo, capital da Comunidade Valenciana, da provincia de Valencia e da comarca homónima. Ten 807.200 habitantes, sendo a terceira cidade máis poboada de España por detrás de Barcelona e Madrid, que aumentan até 1.738.690 coa área metropolitana, chamada L'Horta de València. A cidade tamén é coñecida como Cap i Casal ou Capital do Turia.

    23 visitas (↑23 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 23

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  76. 76

    Voo 103 de Pan Am

    Voo 103 de Pan Am

    O voo 103 de Pan Am era un voo regular transatlántico de Pan Am entre Frankfurt e Detroit, a través de Londres e Nova York. O 21 de decembro de 1988, o N739PA, o avión que operaba a parte sobre o océano da ruta, resultou esnaquizado por unha bomba, matando aos seus 243 pasaxeiros e 16 tripulantes, no que se coñeceu como o atentado de Lockerbie. Grandes seccións do avión caeron sobre zonas residenciais de Lockerbie, Escocia, matando a 11 persoas en terra.

    23 visitas (↑3 de onte)0,0,0,0,0,0,22,0,20, 23

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  77. 77

    Nuria González

    Nuria González

    Nuria González, nada en Málaga o 16 de maio de 1962, é unha actriz española.

    23 visitas (↑23 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 23

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  78. 78

    Prabook

    Prabook

    Prabook é unha obra de referencia biográfica estadounidense en inglés, de acceso gratuíto como base de datos en liña. Fundada por Valeri Tsepkalo en 2018, a enciclopedia en liña Prabook é mantida e desenvolvida pola empresa The World Biographic Encyclopedia, Inc., con sede en Nova York. Prabook usa unha base de datos relacional en segundo plano, coa que o mundo exterior se comunica a través de SQL. Un artigo de Prabook consta de contido libre (Creative Commons) e imaxes (por exemplo, fotos).

    23 visitas (↑23 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 23

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  79. 79

    Vegetta777

    Vegetta777

    Samuel de Luque Batuecas, nado en Madrid o 12 de abril de 1989, coñecido en Internet como Vegetta777 ou Samuel, é un youtubeiro e streamer español que sobe vídeos de gameplays principalmente, aínda que a súa canle ten contido variado. En 2026 a súa canle de YouTube tiña máis de 34 millóns de subscritores e 16 mil millóns de visualizacións, sendo o terceiro youtubeiro con máis subscritores e o primeiro con máis visualizacións de España.

    23 visitas (↑23 de onte)0,0,0,14,0,0,0,0,0, 23

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  80. 80

    Bande

    Bande

    Bande é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Baixa Limia. Segundo o IGE en 2018 tiña 1.591 habitantes (1735 en 2015, 2083 en 2010, 2217 en 2006, 2285 en 2005, 2326 en 2004 e 2332 en 2003). O xentilicio é bandés.

    23 visitas (↑23 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 23

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  81. 81

    Jennifer Connelly

    Jennifer Connelly

    Jennifer Lynn Connelly nada en Cairo (Nova York) o 12 de decembro de 1970 é unha actriz e formadora de modelos infantís estadounidense.

    23 visitas (↑23 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 23

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  82. 82

    Río Xallas

    Río Xallas

    O río Xallas pertence á vertente atlántica galega. Nace preto dos montes do Castelo (Santa Comba), discorre polos concellos de Coristanco, Santa Comba, A Baña e Zas, e forma o límite entre Mazaricos, Carnota e Dumbría. Finalmente, desemboca na enseada do Ézaro, formando unha fervenza rodeada de espectaculares microformas graníticas no Monte Pindo.

    23 visitas (↑23 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 23

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  83. 83

    Simeón II de Bulgaria

    Simeón II de Bulgaria

    Simeón II (en búlgaro: Симеон Борисов Сакскобургготски), nado en Sofía o 16 de xuño de 1937, é un nobre búlgaro, o último Tsar do seu país entre 1943 e 1946. Foi primeiro ministro de Bulgaria desde 2001 ata agosto de 2005. Agora utiliza o nome de Simeón Borisov Sakskoburggotski (Симеон Сакскобурготски).

    22 visitas (↑22 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 22

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  84. 84

    Coala

    Coala

    O coala (Phascolarctos cinereus) é un marsupial herbívoro nativo de Australia. É a única especie da familia dos fascolárctidos, e o seu familiar máis próximo é o uombat. Este animal vive en zonas costeiras das rexións do leste e do sur de Australia, nos estados de Queensland, Nova Gales do Sur, Victoria e Australia Meridional.

    22 visitas (↑22 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 22

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  85. 85

    Hard GZ

    Hard GZ

    Pedro Ruibal Iglesias, nado en Vigo o 2 de agosto de 1995, máis coñecido polo seu nome artístico Hard GZ, é un rapeiro galego.

    22 visitas (↑2 de onte)0,64,31,36,0,72,15,0,20, 22

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  86. 86

    Zendaya

    Zendaya

    Zendaya Maree Stoermer Coleman, nada o 1 de setembro de 1996 en Oakland, é unha actriz e cantante estadounidense. Gañadora de numerosos premios de elevado prestixio no cine, entre os que se atopan dous Premios Emmy, un Globo de Ouro e un Critics Choice Award.

    22 visitas (↑22 de onte)0,0,0,0,0,14,0,0,0, 22

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  87. 87

    KK Pieno žvaigždės

    KK Pieno žvaigždės

    O Krepšinio klubas Pieno žvaigždės (en galego: Club Baloncesto Pieno žvaigždės) é un equipo de baloncesto profesional da cidade de Pasvalys (Lituania), sendo o mellor club de dita cidade. Actualmente compite na Lietuvos Krepšinio Lyga e na Liga Báltica.

    22 visitas (↑22 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 22

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  88. 88

    Mar de Aral

    Mar de Aral

    O mar de Aral é un mar interior da Asia Central, situado entre os 53° e os 56° de latitude norte e entre os 58° e os 62° de lonxitude leste. Está situado entre Kazakhstán ao norte e Uzbekistán ao sur, é un grande lago de auga doce que estivo considerada como a cuarta extensión de auga doce da Terra. A inicios do século XXI atópase en grave degradación ao ser desviada durante décadas a auga dos dous ríos tributarios, Amur Daria e Sir Daria, con fins agrícolas, o que provocou que perdese unha gran parte da súa superficie e maior aínda do seu volume de auga.

    22 visitas (↑22 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 22

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  89. 89

    Viquingos en Galicia

    Viquingos en Galicia

    A presenza de viquingos en Galicia tivo lugar entre os séculos IX e XII, cando estes deviran unha potencia naval e militar, lanzando expedicións de saqueo e conquista polo océano Atlántico e subindo polo leito dos ríos até as cidades que pretendían saquear. Así chegaron até o mar Mediterráneo, e no camiño estaba Galicia.

    22 visitas (↑22 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 22

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  90. 90

    Tom Holland (actor)

    Tom Holland (actor)

    Thomas Stanley Holland, nado en Londres o 1 de xuño de 1996, coñecido simplemente como Tom Holland, é un actor, actor de voz e bailarín británico. Comezou a súa carreira no teatro no ano 2008, interpretando a personaxe principal no musical Billy Elliot. Posteriormente, tras graduarse da BRIT School en 2012, debutou no cine coa película Lo imposible (2012), e logrou gran recoñecemento por parte da crítica, tras ter sido nomeado pola National Board of Review como o Actor Revelación dese ano, ademais de ter sido nomeado ós Critics' Choice Awards como Mellor Intérprete Xove.

    22 visitas (↑22 de onte)0,0,0,0,0,14,15,0,0, 22

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  91. 91

    -416

    -416

    22 visitas (↑22 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 22

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  92. 92

    Little Britain

    Little Britain

    Little Britain é un programa de humor de trinta minutos de duración consistente en "sketches" sobre a vida en Gran Bretaña. A serie está escrita e dirixida por Matt Lucas e David Walliams. Foi emitida por primeira vez en Radio 4 da BBC no ano 2001 e posteriormente foi trasladada á televisión na BBC Three.

    22 visitas (↑22 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 22

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  93. 93

    Alfabeto ge'ez

    Alfabeto ge'ez

    O alfabeto ge'ez (ግዕዝ Gəʿəz), (tamén coñecido como etíope) é un sistema de escrita alfasilabario empregado por varias linguas de Etiopía e Eritrea. Orixinouse como un abjad (alfabeto só consonántico) e foi empregado primeiramente para escribir a lingua ge'ez, hoxe unha lingua litúrxica da Igrexa Etíope Tewahedo e da Igrexa Tewahedo de Eritrea. En amhárico e tigriña chámase fidäl (ፊደል), que significa "escrita" ou "alfabeto".

    22 visitas (↑22 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 22

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  94. 94

    -871

    -871

    22 visitas (↑22 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 22

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  95. 95

    Corte (do gando)

    Corte (do gando)

    A corte (tamén frecuentemente en plural) é un espazo cuberto e pechado onde se acolle o gando doméstico durante a noite ou, modernamente, de forma permanente. Pode estar constituída por un edificio propio ou formar parte doutra principal. Adoita utilizarse esta denominación para o espazo onde se acolle o gando bovino ou equino, reservando para o caso do gando porcino o nome de cortello.

    22 visitas (↑22 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 22

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  96. 96

    Alfonso Blanco Torrado

    Alfonso Blanco Torrado

    Alfonso Blanco Torrado, nado en Montevideo o 15 de marzo de 1950, é un sacerdote, ensaísta, mestre e dinamizador cultural galego residente en Guitiriz.

    22 visitas (↑22 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 22

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  97. 97

    Tom Welling

    Tom Welling

    Thomas John Patrick "Tom" Welling nado o 26 de abril de 1977 en Putnam Valley, Nova York, é un actor, modelo e produtor estadounidense. Coñecido por interpretar o papel de Clark Kent na serie de televisión Smallville.

    22 visitas (↑22 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 22

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  98. 98

    -700

    -700

    22 visitas (↑22 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 22

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  99. 99

    Muras

    Muras

    Muras é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca da Terra Chá. Segundo o IGE, en 2018 tiña 636 habitantes (926 no 2006, 941 no 2005, 978 no 2004, 1.020 no 2003).

    22 visitas (↑22 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 22

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  100. 100

    Xeorxia

    Xeorxia

    Xeorxia é un país situado no límite entre Asia e Europa localizado na costa do mar Negro, ao sur do Cáucaso, que se independizou da Unión Soviética, tras ser a República Socialista Soviética de Xeorxia. Limita ao norte e ao leste con Rusia, ao leste e sur con Azerbaidján, ao sur con Armenia e Turquía, e ao oeste co Mar Negro. A súa capital é Tbilisi.

    22 visitas (↑22 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 22

    1 días na lista

    🔍 🗞️

Estes datos son de .