Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
A intelixibilidade mutua é unha propiedade das variedades lingüísticas ou dialectos pola cal dous falantes de variedades diferentes poden comprenderse mutuamente sen ter estudado ou aprendido previamente a variedade allea. Trátase dunha propiedade non moi ben definida, xa que a intelixibilidade é cuestión de graos e subxetividade, e tamén depende de varios factores, como o nivel edcuativo e cultural do falante e a súa habilidade lingüística.
Anne das tellas verdes 2 (en inglés: Anne of Green Gables: The Sequel) é un telefilme canadense dirixido por Kevin Sullivan que se estreou en 1987. É a secuela de Anne das tellas verdes, e o segundo da tetraloxía. A miniserie dramatiza material de diversos libros da serie "Anne" escrita por Lucy Maud Montgomery; os libros son Anne of Avonlea (libros dous), Anne of the Island (libro tres) e Anne of Windy Poplars (libro catro).
O Gran Danés, Dogo Alemán ou Alano Alemán é unha raza canina coñecida polo seu gran tamaño e personalidade delicada, considerado como o «Apolo entre todas as razas» pola Federación Cinolóxica Internacional. O Gran Danés, aínda sendo unha raza xigante, non debe de ser torpe no seu andar e movementos. O seu carácter debe ser amigábel e nunca tímido.
Tempada 2025/26 do Deportivo da Coruña
Durante a tempada 2025/26 o Deportivo da Coruña competiu na Segunda División por 43ª vez na súa historia, acadando a segunda posición e o ascenso á Primeira División.
O distrito do Werra-Meißner (en alemán, Werra-Meißner-Kreis) é un dos 21 distritos do Estado federado de Hessen (Alemaña). Os 21 distritos son resultado da última reorganización do territorio aprobada no primeiro de agosto 1979, tras reverter a proposta da creación dunha macro-cidade bautizada como Lahn resultado da fusión de Gießen e Wetzlar, tras unha moi intensa oposición popular o cambio reverteuse e fixouse na actual división. O distrito limita, comezando polo noroeste e en sentido horario, co distrito de Göttingen, Eichsfeld, Unstrut-Hainich-Kreis, Wartburgkreis, Fulda, Schwalm-Eder-Kreis e Kassel.
A Meca (nome completo: Makkah al-Mukarramah; árabe: مكة المكرمة) é a capital da Provincia da Meca e a principal cidade da rexión do Hiyaz, na actual Arabia Saudita, e unha das máis importantes da península de Arabia. Atópase ao oeste da península e localízase nun estreito val, a 277 m sobre o nivel do mar; a uns a 80 km do mar Vermello e está considerada a cidade máis santa do islam e centro relixioso que os que profesan a fe musulmá, e son capaces, teñen a obriga de visitar polo menos unha vez na vida. A súa última poboación rexistrada foi de 1.578.722 habitantes en 2015.
Skins é o título dunha serie de televisión dramática británica. É un drama que segue as vivencias dun grupo de mozos en Bristol, ó suroeste de Inglaterra. A serie explora unha variedade de temas problématicos da xuventude actual tales como o uso de drogas e alcohol, a homofobia, a obesidade, o estrés postraumático, a anorexia nerviosa, a depresión psicótica, o autismo, o bullying, as familias desestruturadas, entre outras problemáticas frecuentes.
O Ducado de Nápoles nun principio foi unha provincia bizantina dirixida por un gobernador militar (dux). Como noutros territorios bizantinos de Italia, a nobreza local dá convertido o ducado nun estado autónomo e a volver hereditario o cargo de duque. O estado, que durou outros cinco séculos na alta Idade Media, tamén se coñece co nome de Ducado Napolitano.
O Souto da Retorta é un souto declarado árbore senlleira e monumento natural que se atopa na parroquia luguesa de Chavín (Viveiro), na marxe dereita do río Landro e a uns 6 km da capital municipal. Dentro do souto destaca un rodal duns 600 eucaliptos da especie Eucalyptus globulus, algúns deles centenarios e de gran tamaño, ós que debe o sobrenome polo que tamén é coñecido: o eucaliptal de Chavín. A súa declaración de árbore senlleira foi grazas ás árbores que destacan nel polo seu porte e idade.
Cóndores no entierran todos los días
Cóndores no entierran todos los días é un filme colombiano de 1984 dirixido por Francisco Norden. Estreouse na sección Un Certain Regard do Festival Internacional de Cinema de Cannes de 1994. O filme foi escollido como candidato colombiano para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 57ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.
Subdivisións do Imperio Austrohúngaro
O Imperio Austrohúngaro, como monarquía dual, compoñíase de dúas entidades estatais: Austria por un lado, e Hungría polo outro. Ademais, Bosnia e Hercegovina formaba un condominio baixo administración conxunta austríaca e húngara. Os territorios da coroa austríaca reciben o nome de Cisleitania e os da húngara Transleitania.
As amatoxinas son un grupo de polo menos nove toxinas relacionadas que son péptidos cíclicos e se atopan en tres xéneros de cogomelos velenosos (Amanita, Galerina e Lepiota) e na especie Pholiotina rugosa (sinónimo Conocybe filaris). As amatoxinas son moi potentes, xa que inxerir medio píleo (o chapeu ou sombreiro) dun deses fungos pode causar danos hepáticos.
A autovía do Cantábrico (A-8) e autoestrada do Cantábrico (AP-8) é unha vía terrestre de dobre calzada e sentido que se estende ao longo do norte de España paralela á costa do mar Cantábrico que comeza en Bilbao na unión da AP-8 coa AP-68 e remata en Baamonde (provincia de Lugo) onde liga coa A-6. Ten unha lonxitude de 486 quilómetros. Na Rede de Estradas Europeas ten a denominación E-70.
Cala Tuent é unha cala do concello de Escorca, na illa de Mallorca, nas Illas Baleares. Sitúase entre La Costera e Sa Calobra, no pé do Puig Major. A cala contou cun proxecto de urbanización dos anos 60 que incluía dous hoteis, finalmente converteuse en chan rústico protexido polo Plan Territorial de Mallorca, quedando como a maior das calas da Serra de Tramuntana que non foi gravemente transformada, a pesar de ter acceso por estrada, diversas edificacións unifamiliares e gran parte dos viais previstos.
Candy Candy (no orixinal en xaponés: キャンディ・キャンディ; Kyandi Kyandi) é un manga creado pola escritora Kyōko Mizuki, un dos pseudónimos de Keiko Nagita, e a mangaka Yumiko Igarashi, pseudónimo de Yumiko Fijii, publicado no Xapón por Kōdansha Ltd. desde 1975 a 1979 e gañou o primeiro premio Kodansha Manga para shōjo en 1977. A historia conta as vivencias dunha rapaza orfa chamada Candice "Candy" White.
Cyanocorax chrysops é unha especie de ave paseriforme da familia dos córvidos pertencente ao xénero Cyanocorax. Propia da rexión Neotropical, encóntrase no centro-sur de América do Sur: no suroeste do Brasil, Bolivia, Paraguai, o Uruguai e o nordeste da Arxentina, incluídas as rexións d0 sur dos sistemas fluviais da conca do Amazonas que bordean o Pantanal.
Vreneli é a denominación dunha serie de moedas de ouro da Confederación Suíza composta por moedas de 10, 20 e 100 francos, deseñadas polo gravador Fritz Ulysse Landry. Estas moedas foron cuñadas entre os anos 1897 e 1935 e desmonetizáronse o 27 de setembro de 1936 (aínda que hai recuñaxes oficiais posteriores dedicadas ao comercio de ouro, como investimento). Cómpre non confundir esta serie coa anterior, entre os anos 1883 e 1896, coñecida como Helvetia.
Un neuroblasto é unha célula en división que normalmente se desenvolve orixinando unha neurona xeralmente despois dunha fase de migración. Os neuroblastos diferéncianse a partir de células nai neurais e están destinadas á produción de neuronas.. A principal diferenza entre un neuroblasto e unha neurona é a capacidade de dividirse; os neuroblastos poden realizar mitoses, pero as neuronas non.
Belisardo Pumpido Flores, nado en Cádiz o 30 de decembro de 1818 e finado en Santiago de Compostela o 8 de agosto de 1875, foi un militar español. Participou nas guerras carlistas e recibiu a Cruz Laureada de San Fernando de primeira clase, a cruz da Orde de Carlos III, a cruz da Orde de San Hermenexildo e a cruz militar dos Defensores de Reus. Foi un dos primeiros oficiais do exército que se incorporou á Garda Civil, pouco despois da súa fundación polo Duque de Ahumada.
Ceuta é unha cidade autónoma española, enclave situado na costa norte de África rodeada por Marrocos. Separada da Península Ibérica polo estreito de Xibraltar, Ceuta é o límite entre o mar Mediterráneo e o océano Atlántico. Marrocos reivindicou a súa anexión como parte do seu territorio pola súa proximidade xeográfica, xunto con Melilla e outros territorios españois de menor entidade no norte de África.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
Club Deportivo Burela Fútbol Sala Feminino
O Club Deportivo Burela Fútbol Sala Feminino, coñecido por motivos de patrocinio como Burela Pescados Rubén, é un equipo galego feminino de fútbol sala con sede en Burela. Dende 2009 xoga na Primeira División, sendo o club máis laureado da historia da competición, empatado a seis títulos co Futsi Navalcarnero e o Femesala Elche. Fundouse en 2008 en Foz como a sección feminina do CD Burela FS, comezando a competir na Segunda División tras tomar os dereitos do Foz FSF e ascendendo a Primeira na súa primeira tempada.
Joaquín Domínguez Portela, coñecido como Elxokas, nado en Lugo o 13 de abril de 1991, é un influenciador, streamer, youtuber e creador de contido en Twitch e YouTube. Comezou como streamer en 2018 en Twitch creando contido do videoxogo World of Warcraft. En 2019, era xa o creador de contido máis grande da comunidade hispanofalante nesta categoría.
Lista das constelacións por área
Esta é a lista das 88 constelacións modernas, organizada segundo a área que cobren de firmamento, medido en graos cadrados, determinados polos límites trazados por Eugène Joseph Delporte no 1930, por mandato da Unión Astronómica Internacional (UAI) e publicadas no Délimitation scientifique des constellations (Cambridge University Press). Antes do traballo de Delporte, os límites só foron vagamente definidos. Delporte debuxou os límites usando as liñas verticais e horizontais de ascensión recta e declinación; Porén, fixo esta tarefa segundo a época besseliana B1875.0, o que significa que, debido á precesión dos equinoccios, os bordos dos mapas modernos (por exemplo, para a época xuliana X2000) téñense movido un pouco, polo que xa non son liñas perfectamente verticais ou horizontais.
O escalo (Squalius carolitertii, Doadrio 1988; antes Leuciscus carolitertii) é un peixe de augas doces propio dos ríos do noroeste de España e norte de Portugal. Pertence á familia Cyprinidae, da orde dos cipriniformes. O epíteto específico do nome científico (carolitertii) déuselle en honor do rei Carlos III de España.
Lista de vocalistas e músicas de heavy metal
Esta é unha lista non exhaustiva de vocalistas e músicas notables de heavy metal.
O socialismo é unha filosofía política, económica e social que defende a propiedade social ou a regulación dos medios de produción e dos recursos naturais por parte da comunidade no seu conxunto, xeralmente a través do Estado ou de cooperativas de traballadores, co obxectivo de distribuír a produción económica de xeito máis equitativo e reducir os antagonismos de clase. Xurdido no século XIX en medio das convulsións sociais da Revolución Industrial, critica a propiedade privada e a competencia de mercado do capitalismo como fontes de explotación e de desigualdade, propondo no seu lugar unha planificación colectiva para satisfacer as necesidades humanas por riba dos motivos de lucro. Entre os pensadores fundacionais clave figuran Karl Marx e Friedrich Engels, cuxa análise en obras como O Manifesto Comunista postulaba o materialismo histórico, a loita de clases e a inevitabilidade dunha revolución proletaria que conducise a unha sociedade sen clases.
Azul de metileno é o nome que comunmente se dá ao cloruro de metiltioninio, que é un sal usado como tintura biolóxica e como medicamento. Como medicamento, úsase principalmente para tratar a metahemoglobinemia. Foi usado previamente para tratar o envelenamento por cianuro e infeccións do tracto urinario, pero ese uso xa non se recomenda.
3Cat (tamén chamado TREScat ou 3ALaCarta) é a fusión dixital entre os diferentes medios que forman parte da Corporación Catalá de Medios Audiovisuais (CCMA): Televisió de Catalunya e Catalunya Ràdio, que agora se chama CatRàdio. Esta nova marca de contidos audiovisuais en catalán tomará o relevo das devanditas marcas Televisió de Catalunya e Catalunya Ràdio antes de que remate o actual mandato da CCMA en 2028. O obxectivo é reformular a estrutura clásica da televisión e da radio, xa que engade podcasts, videopodcasts e programas de televisión exclusivos, e transformala nunha gran fábrica de contidos para converterse nunha poderosa marca única e conectar máis e mellor coa cidadanía.
Memorias dun neno labrego é unha novela social e histórica do galego Xosé Neira Vilas, publicada na Arxentina o 5 de xaneiro de 1961 por Follas Novas, distribuidora de libros e editorial fundada polo propio autor e a súa muller. É o segundo libro publicado polo autor, primeiro en prosa, despois do poemario Dende lonxe (1960). Memorias foi escrito en tres meses no café La Vieja Viena, do barrio porteño de Villa Urquiza.
José Ángel Esmorís Tasende, coñecido como Angeliño, nado en Silván (Erbecedo, Coristanco) o 4 de xaneiro de 1997, é un futbolista galego que xoga de lateral esquerdo na Roma, da Serie A italiana. Formado nas canteiras do Bergantiños e do Deportivo da Coruña, desenvolveu a súa carreira como profesional en clubs de sete países diferentes, vestindo as camisetas de Manchester City, New York City, Girona, Mallorca, NAC Breda, PSV Eindhoven, RB Leipzig, Galatasaray e Roma. É irmán do tamén futbolista Dani Tasende.
A rádula é un órgano propio dos moluscos (excepto os bivalvos), formado por unha cinta membranosa cuberta de dentículos quitinosos transversais, coa función de raspar o seu alimento. A boca destes moluscos dispón dun saco radular no que se localiza a rádula. Esta móvese cara a adiante e cara a atrás sobre unha cartilaxe, odontóforo, que sobresae do cego farínxeo, movemento que proporcionan músculos retractores e protactores que se fixan nos extremos desa cinta membranosa.
Antía Muíño, nada en Santiago de Compostela, é unha cantautora e guitarrista galega. O seu estilo vai dende a canción de autor, a música tradicional galega, o jazz ou a bossa nova. En 2020 publicou o seu primeiro sinxelo "Carta Aberta" e dous anos máis tarde o seu primeiro álbum, tamén titulado Carta Aberta.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Unión Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
A batalla de Alarcos (en árabe: معركة الأرك ma'rakat al-Arak) foi unha batalla librada xunto ao castelo de Alarcos (en árabe: al-Arak الأرك), situado nun cerro a cuxos pés corre o río Guadiana, cerca de Cidade Real (España), o 19 de xullo de 1195, entre as tropas cristiás de Afonso VIII de Castela e as almohades de Abū Ya'qūb Yūsuf al-Mansūr (Iusuf II), saldándose coa derrota para as tropas cristiás, a cal desestabilizou por completo ao Reino de Castela e frenou todo intento de reconquista ata a batalla das Navas de Tolosa.
A Lenda do Meco recolle unha vella lenda popular na que os veciños do Grove enforcaron a un crego, fartos dos abusos sexuais que protagonizara, e declaráronse culpables colectivamente, todos a un, ante a xustiza. O feito deu lugar ó xentilicio popular que reciben os grovenses como mecos. Aparece documentada por vez primeira da man de frei Martín Sarmiento, que a cita na súa Viaje a Galicia, de 1745, como un sucedido uns oitenta anos antes da súa viaxe.
Limanda é un xénero de peixes teleósteos da orde dos pleuronectiformes, suborde dos pleuronectoideos, familia dos pleuronéctidos e subfamilia dos pleuronectinos, que comprende seis especies propias das costas do norte dos océanos Atlántico e Pacífico, coñecidas en galego como limandas. Como todos os peixes da familia dos pleuronéctidos, as especies deste xénero teñen o corpo aplanado, asimétrico, e cos dous ollos situados no lado pigmentado do corpo.
Eclipse solar do 12 de agosto de 2026
A eclipse solar do 12 de agosto de 2026 será unha eclipse solar total. É a seguinte europea despois das que tiveron lugar o 11 de agosto de 1999 no norte de Francia, o sur de Bélxica, Luxemburgo, o sur de Alemaña, Austria, Hungría, o norte de Iugoslavia e Bulgaria; e o 29 de marzo de 2006 na illa de Kastelórizo en Grecia e o sur da Rusia europea. Esta será visíbel como total no extremo norte da Siberia rusa, no extremo oeste de Islandia, na illa danesa de Groenlandia e na maior parte da metade norte de España, ben como nunha pequena extremidade nordeste de Portugal, no distrito de Braganza.
Vox (latín: Voz) é un partido político español nacional conservador. Foi fundado en decembro de 2013 coa intención de presentar candidatura nas eleccións ao Parlamento Europeo de 2014, o seu presidente é Santiago Abascal e o seu secretario xeral é Ignacio Garriga. É considerado por moitos como unha formación de ultradereita ou de dereita radical.
Anaxyrus boreas (antes chamado Bufo boreas) é unha especie de sapo relativamente grande (entre 5,6 e 13 cm de lonxitude) nativo do oeste de Norteamérica. Pode encontrarse frecuentemente durante a estación seca en estradas ou preto da auga noutras épocas do ano. Cando se colle na man o adulto adoita emitir un son similar ao piar dun polo debaténdose.
Os Yomiuri Giants (読売ジャイアンツ Yomiuri Jaiantsu) son un equipo profesional xaponés de béisbol con sede no barrio de Bunkyō de Tokyo. O club compite na Nippon Professional Baseball (NPB) como membro da Central League. O campo onde xogan os seus partidos como local desde 1988 é o Tokyo Dome, recinto con capacidade para 46.000 espectadores.
A criptomeria ou cedro xaponés, Cryptomeria japonica (L.f.) D. Don, é a única especie de árbore do xénero Cryptomeria. É unha conífera pertencente á familia das cupresáceas, endémica do Xapón, onde é coñecida co nome xaponés de sugi (杉). En Occidente incrementouse o uso do termo "sugi" para se referir a esta árbore, xa que semella máis axeitado ca o usado antigamente: "cedro xaponés", xa que o "sugi" non é un auténtico cedro (xénero Cedrus).
Enida ou Enide é unha personaxe da lenda Artúrica. É a muller de Erec no Érec et Énide de Chrétien de Troyes, e de Geraint no romance galés Geraint e Enid, análogo á versión de Chrétien. Algúns estudosos acreditan que tanto o romance en francés antigo como en galés derivan dunha fonte común máis antiga agora perdida.
Evangelina Sobredo Galanes, nada en El Pardo (Madrid) o 11 de outubro de 1948 e finada en Colinas de Trasmonte (Provincia de Zamora) o 2 de agosto de 1976, foi unha cantautora española, máis coñecida como Cecilia. Acadou sona con cancións como "Un ramito de violetas", "Mi querida España" ou "Dama, dama".
Os ríos de Galicia son parte da densa hidrografía de Galicia. A súa gran densidade fai que Galicia sexa cualificada decote como a terra dos mil ríos, en palabras de Otero Pedrayo. A maioría dos cursos, por mor do seu escaso caudal, non son navegables, agás o río Miño na súa desembocadura, nos numerosos encoros, e nos cursos baixos dalgúns ríos, nos que se celebran regatas.
Unha máquina comecartos ou simplemente un comecartos é un aparello automático concibido para ofrecer xogos de aposta sen a intervención dun empregado. Estes dispositivos poden ser mecánicos, electrónicos ou dixitais. O xogo consiste en introducir unha moeda coa esperanza de que saia unha combinación gañadora e obter un premio en metálico que proporciona a propia máquina.
Augusto José Ramón Pinochet Ugarte, nado en Valparaíso o 25 de novembro de 1915 e finado en Santiago de Chile o 10 de decembro de 2006, foi un militar e ditador chileno. Foi gobernante de Chile entre 1973 e 1990, logo de dar un golpe de Estado que derrocou o goberno de Salvador Allende o 11 de setembro de 1973, primeiro baixo o cargo de Presidente da Xunta Militar de Goberno (1973-1981), ao que sumou o título de Xefe Supremo da Nación o 27 de xuño de 1974, que lle confería o poder executivo, e que logo substituíu o 16 de decembro dese mesmo ano polo de Presidente da República. Desde 1981 asumiu o cargo de Presidente baixo a Constitución de 1980.
Git é un sistema de control de versións (VCS) que traza os cambios en ficheiros e permite a coordinación de traballo en grupos de moitas persoas. Emprégase máis para o desenvolvemento de software, pero úsase para xestionar traballos sobre calquera tipo de ficheiros. É un sistema de control de versións distribuído orientado á ser rápido, manter a integridade dos datos, e soportar modelos de traballo distribuídos e non lineais.
A neuse é un método de construción xeométrica, no que se emprega unha regra na que se marca unha distancia que debe encaixarse entre dúas curvas, e que ademais debe pasar por un punto dado. Foi utilizado na antigüidade por matemáticos gregos, aínda que era considerado un recurso atípico que só se debía empregar para abordar determinados problemas cuxa resolución non parecía posible usando exclusivamente regra e compás (nos que non se admite valerse dunha regra cunha marca de distancia).
A masturbacion coas mamas ou coito mamario é un acto sexual, que se realiza como preludio ou como sexo sen penetración, que implica a estimulación do pene cos peitos dunha muller e viceversa. Implica colocar o pene entre os peitos dunha muller e mover o pene cara a arriba e abaixo para simular a penetración sexual e para crear pracer sexual. Pódese usar como alternativa a unha masturbación manual.
Khmer vermellos (en francés Khmers Rouges, en camboxano ខ្មែរក្រហម, Khmae Krɑ-hɑɑm) é o nome co que foi coñecida a organización guerrilleira camboxana que, tras a Guerra de Vietnam, a saída dos Estados Unidos e o derrocamento do xeneral Lon Nol (que rexía unha ditadura militar desde 1970), tomaron o poder o 17 de abril de 1975 (a «Caída de Phnom Penh»). Os Khmer vermellos fundaron Kampuchea Democrática, un sistema de goberno de características autoritarias que, baixo a aparencia formal dunha república popular de inspiración maoísta, consolidou na práctica un sistema de economía radicalmente agraria, baixo a consigna da evacuación das cidades e destrución da civilización urbana e a súa cultura, consideradas burguesas, a reconstrución social desde as orixes da civilización e a recuperación da cultura khmer ancestral baixo a dirección de Pol Pot, o seu principal líder. Ademais dun férreo control militar sobre a poboación civil, sometida en boa parte a un réxime de traballos forzados, desenvolveron extensos métodos de detención, tortura e asasinatos selectivos en masa, baixo a consigna da chamada «procura do inimigo interno».
Mandato británico de Palestina
O Mandato británico de Palestina foi unha administración territorial encomendada pola Sociedade de Nacións ao Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte en Oriente Medio, tras a primeira guerra mundial e como parte da partición do Imperio Otomán, co status de territorio baixo mandato. O territorio sobre o que se estableceu correspondía á rexión meridional do Levante mediterráneo, unha rexión que o Imperio Otomán perdeu como consecuencia da súa derrota na guerra. Aínda que o Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda administraba estes territorios de facto desde 1917, o Mandato entrou en vigor en xuño de 1922 e expirou en maio de 1948.
O Couto Mixto (en portugués: Couto Misto) foi un microestado independente situado no val do río Salas, na vertente norte da serra do Larouco entre Galicia e Portugal. Constituído polas aldeas de Santiago, onde se estableceu a capital, Rubiás e Meaus (hoxe As Maus). Ocupaba unha superficie de 26,9 km² e segundo estimacións do seu penúltimo xuíz, Delfín Modesto Brandón, tiña unha poboación de non máis de 1000 habitantes entre os anos 1862 e 1864.
Para ver unha introdución non enciclopédica para os visitantes do que é a Wikipedia, véxase Wikipedia:Acerca de. A Wikipedia é un proxecto de enciclopedia de contido libre, multilingüe e de contido aberto operativo grazas á organización sen ánimo de lucro Fundación Wikimedia. O seu nome é unha mestura das palabras wiki (unha tecnoloxía para crear páxinas web colaborativas) e enciclopedia.
Valentino Rossi, nado en Urbino o 16 de febreiro de 1979, é un piloto italiano de motociclismo que gañou nove títulos mundiais en diferentes categorías do Mundial de Motociclismo (125 cc, 250 cc, 500 cc, e MotoGP de 990 e 800 cc). Foi o único motociclista da historia en logralo. É coñecido polos alcumes que se deu a si mesmo en diferentes momentos da su carreira: "The Doctor" (O Doutor), Valentinik e Rossifumi.
A columna vertebral, raque ou espiña dorsal é unha complexa estrutura osteofibrocartilaxinosa articulada e resistente, en forma de talo lonxitudinal, que constitúe a porción posterior e inferior do esqueleto axial. A columna vertebral é un órgano situado (na súa maior extensión) na parte media e posterior do tronco, e vai dende a cabeza (á cal sostén), pasando polo pescozo e as costas, até a pelve á cal lle dá soporte.
Alxeria (en árabe: الجزائر, al-Jazā’ir, en tamazight: ⴷⵥⴰⵢⴻⵔ, Dzayer), oficialmente República Democrática e Popular de Alxeria (en árabe: الجمهورية الجزائرية الديمقراطية الشعبية en Tamazight: ⵜⴰⴳⴷⵓⴷⴰ ⵜⴰⴷⵣⴰⵢⵔⵉⵜ ⵜⴰⵎⴰⴳⴷⴰⵢⵜ ⵜⴰⵖⴻⵔⴼⴰⵏⵜ ), é un estado situado na África do Norte, formando parte do Magreb. A súa capital, Alxer, está ao norte, á beira da costa mediterránea. Cunha superficie de 2 381 741 km² é o país maior da cunca mediterránea, de África e do mundo árabe.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
A posición do can é unha postura sexual na que a muller se agacha, se pon a catro patas (xeralmente nas mans e os xeonllos) ou se deita sobre o seu abdome, para manter relacións sexuais, xa sexa penetración sexual ou outra actividade sexual. O estilo can é unha forma de posición de penetración desde atrás, outros están co compañeiro que o recibe deitado de lado na posición sexual da culler ou a posición do misioneiro invertida. O sexo sen penetración nesta posición tamén pode ser considerado como estilo can.