Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
A columna vertebral, raque ou espiña dorsal é unha complexa estrutura osteofibrocartilaxinosa articulada e resistente, en forma de talo lonxitudinal, que constitúe a porción posterior e inferior do esqueleto axial. A columna vertebral é un órgano situado (na súa maior extensión) na parte media e posterior do tronco, e vai dende a cabeza (á cal sostén), pasando polo pescozo e as costas, até a pelve á cal lle dá soporte.
Joaquín Domínguez Portela, coñecido como Elxokas, nado en Lugo o 13 de abril de 1991, é un influenciador, streamer, youtuber e creador de contido en Twitch e YouTube. Comezou como streamer en 2018 en Twitch creando contido do videoxogo World of Warcraft. En 2019, era xa o creador de contido máis grande da comunidade hispanofalante nesta categoría.
A cultura castrexa é unha cultura arqueolóxica do noroeste da Península Ibérica que abranguía as rexións de Galicia, Asturias, norte e centro de Portugal e oeste de León que durou dende os séculos XI ou VI a. C. ata a romanización dos galaicos cara o século I. É a cultura arqueolóxica asociada cos pobos galaicos e ástures. A manifestación máis característica desta cultura é o castro (do latín castrum do que toma o nome), as súas oppidum amuralladas e a produción de espadas, machadas, torques e outros bens de bronce xa dende a Idade do bronce atlántico.
O sistema endócrino ou hormonal é un conxunto de órganos e tecidos do organismo que liberan substancias denominadas hormonas e está constituído, ademais destas, por células especializadas e glándulas endócrinas. O sistema endócrino axuda a realizar, por tanto, a función de relación dos seres vivos. Actúa como unha rede de comunicación celular que responde aos estímulos liberando hormonas e é o encargado de diversas funcións metabólicas do organismo; entre elas destacan: Controlar a intensidade de funcións químicas nas células.
A fermentación industrial é o uso deliberado da fermentación nun proceso de fabricación. Ademais da produción en masa de alimentos e bebidas fermentadas, a fermentación industrial ten moitas aplicacións na industria química. Produtos químicos básicos, como o ácido acético, ácido cítrico e etanol prodúcense por fermentación.
Os Yomiuri Giants (読売ジャイアンツ Yomiuri Jaiantsu) son un equipo profesional xaponés de béisbol con sede no barrio de Bunkyō de Tokyo. O club compite na Nippon Professional Baseball (NPB) como membro da Central League. O campo onde xogan os seus partidos como local desde 1988 é o Tokyo Dome, recinto con capacidade para 46.000 espectadores.
Hercules: The Legendary Journeys
Hercules: The Legendary Journeys foi unha serie de televisión estadounidense baseada na mitoloxía grega e no semi-deus Hércules, protagonizada por Kevin Sorbo. A serie, rodada nun parque natural de Nova Zelandia, empezou como un telefilme, ata rematar sendo 5 telefilmes para a televisión en 1994. Posteriormente a serie estreouse o 16 de xaneiro de 1995, emitíndose ata finais de 1999.
Eclipse solar do 12 de agosto de 2026
A eclipse solar do 12 de agosto de 2026 será unha eclipse solar total. É a seguinte europea despois das que tiveron lugar o 11 de agosto de 1999 no norte de Francia, o sur de Bélxica, Luxemburgo, o sur de Alemaña, Austria, Hungría, o norte de Iugoslavia e Bulgaria; e o 29 de marzo de 2006 na illa de Kastelórizo en Grecia e o sur da Rusia europea. Esta será visíbel como total no extremo norte da Siberia rusa, no extremo oeste de Islandia, na illa danesa de Groenlandia e na maior parte da metade norte de España, ben como nunha pequena extremidade nordeste de Portugal, no distrito de Braganza.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
De Ninghures é unha banda galega de música folk conformada, á altura de 2019, por un total de 7 integrantes, naturais de distintas localidades do país, tales como Carballo, Santiago de Compostela ou A Fonsagrada. Como grupo, caracterízase pola mestura de ritmos e sons de raíz galega cos equivalentes doutros pobos ibéricos, latinoamericanos ou magrebís.
Santa Baia do Araño é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Rianxo. Segundo o padrón municipal de 2013 tiña 1.372 habitantes (667 homes e 715 mulleres), distribuídos en 25 entidades de poboación, o que reflicte unha diminución en relación ao ano 2004, cando tiña 1.512 habitantes, e ao ano 1999, cando tiña 1.655 habitantes.
Pena Trevinca é un pico da serra do Eixe, no macizo de Pena Trevinca, que fai fronteira entre as provincias de Ourense e Zamora. É o punto de maior altitude do territorio galego pois está a 2127 m sobre o nivel do mar. Pena Trevinca é ademais un espazo natural galego declarado zona especial de conservación (ZEC) e parte dunha zona de especial protección para as aves (ZEPA) que abrangue o macizo montañoso dos vales glaciais galegos que rodean este pico.
Laureano Oubiña Piñeiro, nado na Modia (Cambados) o 30 de marzo de 1946, é un empresario, contrabandista e narcotraficante galego. Foi condenado en tres ocasións por delitos contra a saúde pública: en 1990, no marco do sumario 13/90 (máis coñecido como Operación Nécora), foi condenado a 12 anos de prisión por tráfico de tabaco. A segunda foi de 4 anos de prisión por traficar en 1997 con 6 toneladas de haxix desde Galiza até os Países Baixos.
Para ver unha introdución non enciclopédica para os visitantes do que é a Wikipedia, véxase Wikipedia:Acerca de. A Wikipedia é un proxecto de enciclopedia de contido libre, multilingüe e de contido aberto operativo grazas á organización sen ánimo de lucro Fundación Wikimedia. O seu nome é unha mestura das palabras wiki (unha tecnoloxía para crear páxinas web colaborativas) e enciclopedia.
Turquía (turco: Türkiye, ˈtyɾcije) —de forma oficial República de Turquía (turco: Türkiye Cumhuriyeti, (Türkiye Cumhuriyeti)— é un país soberano intercontinental, coa maior parte do seu territorio situado na Asia Occidental (95 % do seu territorio) e unha menor na Europa meridional (5 % do seu territorio), que se estende por toda a península de Anatolia (a península de Anatolia atópase entre o mar Negro e o mar Mediterráneo e forma o «corazón» do país) e Tracia Oriental na zona dos Balcáns. Linda ó nordeste con Armenia, ó norte co mar Negro, ó oeste con Grecia, o mar Exeo e Bulgaria, ó sueste con Irán, e ó sur con Iraq, Siria e o mar Mediterráneo, ó leste con Xeorxia e Azerbaidján. O mar de Mármara, e os estreitos turcos do Bósforo é o Dardanelos, separan Europa de Asia, polo que Turquía está considerado un país transcontinental.
Valencia (en valenciano e oficialmente: València, pronunciado [vaˈlensia]) é unha cidade española situada na costa do mar Mediterráneo, capital da Comunidade Valenciana, da provincia de Valencia e da comarca homónima. Ten 807.200 habitantes, sendo a terceira cidade máis poboada de España por detrás de Barcelona e Madrid, que aumentan até 1.738.690 coa área metropolitana, chamada L'Horta de València. A cidade tamén é coñecida como Cap i Casal ou Capital do Turia.
Segundo o Seminario de Onomástica da Real Academia Galega, existen máis de 6000 apelidos galegos, que corresponden aproximadamente co 95% da poboación galega. Ao longo dos Séculos Escuros, moitos apelidos fóronse, ben adaptándose foneticamente ao español: *Feijoo/Feixoo, ben substituíndo polos seus equivalentes casteláns *Iglesias/Igrexas ou Eirexas. Por tanto, apelidos moi abundantes como Otero ou Alonso non proceden, na maior parte dos casos, de xente que viñese de fóra de Galiza, senón de transformacións que sufriron apelidos xenuinamente galegos (Outeiro e Afonso, neste caso).
Cabo Verde (en portugués [ˈkabu ˈveɾdɨ] (AFI)), oficialmente República de Cabo Verde, sitúase no océano Atlántico, no arquipélago de orixe volcánica do mesmo nome. As illas estaban deshabitadas ata que foron descubertas polos portugueses no século XV, que procederon a colonizalas para convertelas nun centro de trata de escravos. A maior parte dos habitantes actuais provén de ambos os grupos.
Oppenheimer é un filme británico-estadounidense de 2023, escrito e dirixido por Christopher Nolan. Está protagonizado por Cillian Murphy no papel de J. Robert Oppenheimer, un físico teórico que foi fundamental no desenvolvemento das primeiras armas nucleares, director do Laboratorio Nacional de Los Álamos, como parte do Proxecto Manhattan que deu comezo a era atómica. Baséase na biografía American Prometheus de Kai Bird e Martin J. Sherwin, e narra a carreira de Oppenheimer, coa historia centrada principalmente nos seus estudos, a súa dirección do Proxecto Manhattan durante a segunda guerra mundial e a súa eventual caída en desgraza por mor da audiencia de seguridade de 1954.
Alxeria (en árabe: الجزائر, al-Jazā’ir, en tamazight: ⴷⵥⴰⵢⴻⵔ, Dzayer), oficialmente República Democrática e Popular de Alxeria (en árabe: الجمهورية الجزائرية الديمقراطية الشعبية en Tamazight: ⵜⴰⴳⴷⵓⴷⴰ ⵜⴰⴷⵣⴰⵢⵔⵉⵜ ⵜⴰⵎⴰⴳⴷⴰⵢⵜ ⵜⴰⵖⴻⵔⴼⴰⵏⵜ ), é un estado situado na África do Norte, formando parte do Magreb. A súa capital, Alxer, está ao norte, á beira da costa mediterránea. Cunha superficie de 2 381 741 km² é o país maior da cunca mediterránea, de África e do mundo árabe.
A montería ou montaría é unha modalidade de caza maior. Nela teñen un especial protagonismo os cans de caza, xa que sen eles sería imposible levala a cabo. Existiron e existen diferentes tipos de montería segundo o territorio onde se practica, o xeito de entender a caza e a utilización dunhas ou doutras razas de cans.
A criptomeria ou cedro xaponés, Cryptomeria japonica (L.f.) D. Don, é a única especie de árbore do xénero Cryptomeria. É unha conífera pertencente á familia das cupresáceas, endémica do Xapón, onde é coñecida co nome xaponés de sugi (杉). En Occidente incrementouse o uso do termo "sugi" para se referir a esta árbore, xa que semella máis axeitado ca o usado antigamente: "cedro xaponés", xa que o "sugi" non é un auténtico cedro (xénero Cedrus).
A simboloxía do franquismo é o conxunto de símbolos que se utilizaron como referente icónico para identificar visualmente o réxime franquista e as persoas e institucións que se identificaban con el, e marcar a apropiación simbólica de lugares emblemáticos, moitos deles utilizados como espazos da memoria. Utilizouse masivamente, seguindo as técnicas modernas de propaganda para conseguir unha presenza abafadora en todos os ámbitos públicos e privados: bandeiras, escudos, efixies, monumentos, selos, medallas, insignias, uniformes e distintivos de todas as clases. Incluso os asentos dos transportes públicos eran obxecto de apropiación simbólica para perpetuar o recordo da Gloriosa Cruzada: un cartel que indicaba Reservado para caballeros mutilados ("Reservado para cabaleiros mutilados").
O coala (Phascolarctos cinereus) é un marsupial herbívoro nativo de Australia. É a única especie da familia dos fascolárctidos, e o seu familiar máis próximo é o uombat. Este animal vive en zonas costeiras das rexións do leste e do sur de Australia, nos estados de Queensland, Nova Gales do Sur, Victoria e Australia Meridional.
Ana Alicia Guerra Morales, nada en San Cristóbal de La Laguna (Tenerife) o 18 de febreiro de 1994, coñecida como Ana Guerra, é unha cantante e compositora española que se deu a coñecer pola súa participación no programa Operación Triunfo 2017. Foi candidata para representar a España no Festival de Eurovisión 2018, con dous temas, «El remedio», e un tema en dueto coa tamén concursante Aitana Ocaña titulado «Lo malo». Finalmente, ambas as cantantes non foron seleccionadas para representar o país no certame europeo.
Sir Lewis Carl Davidson Hamilton, nado o 7 de xaneiro de 1985 en Tewin, Hertfordshire, Inglaterra, Reino Unido, é un piloto británico de automobilismo, fillo de nai británica e pai das Illas das Antillas, que compite na Fórmula 1 para Mercedes. Hamilton gañou un récord conxunto de sete Títulos do Campionato do Mundo de Pilotos de Fórmula 1—empatado con Michael Schumacher—e posúe o récord de máis vitorias 106, pole positions (104), e podios (207), entre outros. Nado e criado en Stevenage, Hamilton comezou a súa carreira no karting aos seis anos, gañando varios títulos nacionais e atraendo a atención de Ron Dennis, que o fichou para o McLaren-Mercedes Young Driver Programme en 1998.
O Forte de Lahore (en panxabí شاہی قلعہ; transliteración Śā'ī Qilā; en urdú شاہی قلعی قلعہ; romanizado Śā'ī Qilā, literalmente Forte Real) é unha cidadela no interior amurallado de Lahore en Panxab, Paquistán. A fortaleza está situada no extremo norte da cidade amurallada e esténdese por unha área superior a 20 ha. Contén 21 monumentos notables, algúns dos cales datan da época do emperador Akbar.
Rusia, oficialmente Federación Rusa, é un país situado no leste de Europa e no norte de Asia. É o estado máis extenso do mundo, abrangue once fusos horarios e comparte fronteiras terrestres con catorce países. Cunha poboación superior aos 140 millóns de habitantes, Rusia é o país máis poboado de Europa e o noveno máis poboado do mundo.
A cerámica é calquera dos diversos materiais duros, fráxiles, resistentes á calor e resistentes á corrosión que se obteñen mediante a conformación e posterior cocción dun material inorgánico e non metálico, como a arxila ou a terracota, a alta temperatura (de 700 °C a 1100 °C) despois de lles dar a forma mediante un moldeado ou modelaxe. Exemplos comúns son o barro, a porcelana e o ladrillo. Tamén se refire a arte que fabrica obxectos como olas ou xerras (olaría), tellas e materiais de construción.
Audioslave foi un supergrupo estadounidense de hard rock, rock alternativo e post-grunge formado en Glendale (California) no ano 2001 e separado no ano 2007. Os membros do grupo foron o daquela ex-vocalista de Soundgarden Chris Cornell, e os ex-membros de Rage Against the Machine Tom Morello (guitarra), Tim Commerford (baixo) e Brad Wilk (batería). A crítica describiu inicialmente o grupo como unha combinación de Soundgarden e Rage Against the Machine, pero trala publicación do seu segundo álbum Out of Exile os medios afirmaron de forma unánime que o grupo establecera unha identidade diferente.
As náiades (en grego antigo Ναϊάδες, naiádes, de ναϊς, naís, nadar) son personaxes da mitoloxía grega, ninfas da auga doce (sexan fontes, ríos, lagos ou regos), encarnando a divindade do manancial ou río que habitan. Podía darse o caso de que nunha fonte houbese unha única náiade, ou ben que houbese varias, consideradas irmás entre si, pero en todo caso toda fonte de certa relevancia tiña a súa náiade, con nome propio e lendas específicas , e podían ser obxecto de culto local. Segundo Homero, o seu pai sería o deus Zeus.
O asedio da Coruña, tamén coñecido como a defensa da Coruña, foron unha serie de encontros militares entre a Armada Inglesa, tamén coñecida coma Contra Armada ou a expedición Drake-Norris, unha expedición inglesa de vinganza situada dentro da guerra anglo-española; e os defensores da cidade da Coruña en Galiza en maio de 1589. Representou a primeira interacción entre a expedición Drake-Norris e as tropas españolas e marcou o ton para o resto da campaña. Drake e Norreys tiñan o encargo de atacar Santander, onde estaban atracados a maioría dos galeóns superviventes da armada española, e destruír a frota española.
Samuel de Luque Batuecas, nado en Madrid o 12 de abril de 1989, coñecido en Internet como Vegetta777 ou Samuel, é un youtubeiro e streamer español que sobe vídeos de gameplays principalmente, aínda que a súa canle ten contido variado. En 2026 a súa canle de YouTube tiña máis de 34 millóns de subscritores e 16 mil millóns de visualizacións, sendo o terceiro youtubeiro con máis subscritores e o primeiro con máis visualizacións de España.
A dos hiénidos (Hyaenidae) é unha familia de mamíferos carnívoros pertencente á suborde dos feliformes, que son coñecidos co nome de hienas. Na actualidade inclúe tres xéneros: Hyaena, Crocuta e Proteles, con tan só catro especies en total. É, con moita diferenza, a familia menos numerosa da súa orde, e unha das máis pequenas dentro dos mamíferos.
Gonzalo Queipo de Llano y Sierra, nado en Tordesillas (provincia de Valladolid) o 5 de febreiro de 1875 e finado en Camas, Sevilla, o 9 de marzo de 1951, foi un xeneral español, conspirador e un dos principais protagonistas, sobre todo en Sevilla, do golpe que deu orixe á guerra civil española. Foi educado nun seminario, loitou na Guerra hispano-estadounidense e na Guerra do Rif, ascendendo a Xeneral de Brigada en 1923. Aínda que inicialmente apoiou ao ditador Miguel Primo de Rivera, as críticas ás súas políticas fixeron que quedase atrasado na escala e nos nomeamentos e foi trasladado á reserva en 1928.
A metilcobalamina (mecobalamina, MeCbl ou MeB12) é un tipo de cobalamina, unha forma de vitamina B12. Difire da cianocobalamina en que o grupo ciano unido ao cobalto foi substituído por un grupo metilo. A metilcobalamina ten un centro octaédrico de cobalto(III) e pode obterse como cristais vermellos intensos.
Os carbohidratos, tamén denominados glícidos, sacáridos ou, antes, hidratos de carbono, son compostos químicos orgánicos que conteñen xeralmente osíxeno, hidróxeno e carbono. A súa función é nutritiva e fundamentalmente enerxética, pero tamén estrutural. A súa fórmula química é Cn(H2O)n ou derivadas dela, variando o valor de n desde 3 ata miles de átomos de carbono.
O Høgnorsk («alto noruegués») é un termo que abrangue as variedades da normativa Nynorsk da lingua norueguesa que rexeitan as máis das reformas oficiais que se viñeron introducindo desde a creación da variante Landsmål. A meirande parte das variedades do Høgnorsk acepta as reformas iniciais que eliminaron algunhas letras mudas de orixe etimolóxica; porén manteñen a maior parte da gramática do Landsmål intacta. O profesor Torleiv Hannaas é xeralmente considerado o creador do termo Høgnorsk, que introduciu nun artigo do 1922, Høgnorsk eller flatnorsk?.
Os xiros idiomáticos son expresións propias dunha lingua cun significado unitario que non pode deducirse do significado das palabras que os forman e que carece de tradución literal noutra lingua. Tamén podemos denominalos locucións ou mesmo frases feitas, as cales na actualidade son interferidas continuamente pola lingua castelá, sobre todo nas xeracións máis novas, nas cidades e mesmo nos medios de comunicación. A seguinte lista contén unha serie de xiros idiomáticos e ditos propios da lingua galega.
A tecnoloxía (do grego, (τεχνολογια) techne (τεχνη) "oficio" + logía (λογια) "que di") é o coñecemento técnico humano e as ferramentas creadas pola humanidade a partir de tal coñecemento, así mesmo é a suma de técnicas, habilidades, métodos e procesos utilizados na produción de bens ou servizos ou no logro de obxectivos, como a investigación científica. A tecnoloxía pode ser o coñecemento de técnicas, procesos e similares, ou pode integrarse en máquinas para permitir o seu funcionamento sen un coñecemento detallado do seu funcionamento. Os sistemas (por exemplo, máquinas) que aplican tecnoloxía tomando unha entrada, cambiándoa de acordo con o uso do sistema e logo producindo un resultado denomínanse sistemas tecnolóxicos.
A olaría é o traballo con arxila cocida co obxecto de elaborar utensilios tal que potas, pratos, vasos, porróns e moitas outras pezas. A olaría é un dos máis antigos inventos da humanidade, orixinada antes do neolítico, con obxectos cerámicos como a Venus de Dolní Věstonice ou os vasos de cerámica descubertos en Jiangxi. A olaría fabrícase formando obxectos de cerámica (a miúdo de arxila) coa forma desexada e quentándoos a altas temperaturas (600-1600 °C) nunha fogueira, pozo ou forno que induce reaccións que levan a cambios permanentes, incluídos o aumento da forza e rixidez do obxecto.
Aliança Catalana (en galego: Alianza Catalá) é un partido independentista catalán de extrema dereita fundado en Ripoll en 2020. Avoga polo proteccionismo das empresas catalás, a separación entre Estado e relixión e a defensa da economía de mercado. O partido tomou posición contra o bilingüismo en Cataluña e tamén contra a inmigración, feito polo que foi considerado islamófobo.
Prabook é unha obra de referencia biográfica estadounidense en inglés, de acceso gratuíto como base de datos en liña. Fundada por Valeri Tsepkalo en 2018, a enciclopedia en liña Prabook é mantida e desenvolvida pola empresa The World Biographic Encyclopedia, Inc., con sede en Nova York. Prabook usa unha base de datos relacional en segundo plano, coa que o mundo exterior se comunica a través de SQL. Un artigo de Prabook consta de contido libre (Creative Commons) e imaxes (por exemplo, fotos).
O hóckey sobre xeo é un deporte que se xoga entre dous equipos de seis xogadores con patíns sobre unha pista de xeo. Os patinadores deben dirixir un disco de caucho (puck) cun bastón longo (stick), para tratar de anotar na portaría do rival. Ao termo dun partido, o equipo que máis goles marcou gana.
A batalla do Pantano de Vargas foi un enfrontamento armado que ocorreu no hoxe chamado Pantano de Vargas, no concello colombiano de Paipa, o 25 de xullo de 1819. Enfrontou as tropas patriotas e as tropas realistas na campaña libertadora pola independencia de Nova Granada, hoxe Colombia, Panamá, Venezuela e Ecuador. Nela, o exército neogranadino-venezolano ó mando de Simón Bolívar pretendía pechar o paso ás forzas de apoio de José María Barreiro que se dirixía á cidade de Bogotá.
Ittoqqortoormiit (en lingua danesa: Scoresbysund), é un asentamento no municipio de Sermersooq no leste de Groenlandia. A súa poboación era de 345 habitantes en 2020. O nome danés de Scoresbysund deriva do nome do explorador do Ártico e baleeiro William Scoresby, que foi o primeiro en trazar un mapa da área en 1822.
Os galegos na Arxentina son os inmigrantes galegos, e os seus descendentes, que se asentaron na Arxentina. No ano 2015, eran 168 263 habitantes, concentrados principalmente na cidade de Bos Aires e, en menor medida, noutras provincias arxentinas. A inmigración galega na Arxentina foi un dos fluxos migratorios máis importantes da historia do país, constituíndo arredor do 70% dos inmigrantes españois nese país.
A AG-42 ou Autovía do Baixo Miño é unha autovía dependente da Xunta de Galicia. Actualmente esta en obras na ligazón coa autovía A-55 en O Regueiro, Areas, Tui e o resto do tramo ata Goián esta en fase de redacción de proxecto. O primeiro treito en inaugurarse será a ligazón do polígono industrial de Areas (O Regueiro, Areas, Tui), a primeira inauguración foi o 28 de febreiro de 2024 coa apertura dun pequeno tramo á conexión do polígono industrial de Areas.
Benito Fernández Alonso, nado en Asperelo (Galez, Entrimo) o 31 de marzo de 1848 e finado en Ourense o 8 de maio de 1922, foi un político e escritor galego. Foi fundador da Real Academia Galega, cronista oficial e concelleiro da cidade de Ourense, e deputado provincial entre outras moitos cargos e responsabilidades que mantivo principalmente no ámbito provincial de Ourense.
A Universidade Airlangga (abreviada como Unair ou UA; en xavanés: ꦈꦤꦶꦮ꦳ꦼꦂꦱꦶꦠꦱ꧀ꦄꦲꦶꦂꦭꦁꦒ) é unha universidade estatal situada en Surabaia, Xava Oriental. Esta universidade foi fundada o 10 de novembro de 1954 coincidindo co IX Día dos Heroes. Segundo a clasificación do QS World University Ranking 2025, a Universidade Airlangga ocupa o cuarto lugar como a mellor universidade de Indonesia e o 287º posto como a mellor universidade do mundo.
Os galegos son un grupo nacional, cultural e etnolingüístico que vive maioritariamente en Galicia, no noroeste da Península Ibérica, pero que por mor da emigración histórica tamén ten importantes poboacións noutras partes de España, Europa e América. Os galegos teñen os seus propios costumes, cultura, lingua, música, danza, deportes, arte, cociña e mitoloxía. O galego, lingua romance derivada do latín que se falaba na antiga Gallaecia romana, é a lingua propia de Galicia e constitúe a máxima expresión cultural do pobo galego.
O río Ganxes ou Ganga —en lingua sánscrita e na maioría das linguas indias, gáṅgā, que significa «va, va», ou sexa, «que se move rapidamente»; en escritura devánagari, गंगा; no sistema IAST de transliteración, gaṅgā— é un río internacional do subcontinente indio que flue a través da India e Bangladesh. O curso da auga, de 2525 km, nace nos Himalaias occidentais no estado indio de Uttarakhand, e flue cara o sur e o leste a través da chaira indoganxética da India do Norte, que recibe o afluente da súa marxe dereita, o río Yamuna, que tamén nace no Himalaia indio occidental, e varios afluentes da marxe esquerda procedentes do Nepal que representan a maior parte do seu caudal. No estado de Bengala Occidental (India), unha canle artificial que parte da súa marxe dereita desvía o 50% do seu caudal cara ao sur, conectándoo artificialmente co río Hooghly.