Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
José Ángel Esmorís Tasende, coñecido como Angeliño, nado en Silván (Erbecedo, Coristanco) o 4 de xaneiro de 1997, é un futbolista galego que xoga de lateral esquerdo no Deportivo da Coruña, da Primeira División, cedido pola Roma. Formado nas canteiras do Bergantiños e do Deportivo da Coruña, desenvolveu a súa carreira como profesional en clubs de sete países diferentes, vestindo as camisetas de Manchester City, New York City, Girona, Mallorca, NAC Breda, PSV Eindhoven, RB Leipzig, Galatasaray e Roma. É irmán do tamén futbolista Dani Tasende, xogador do Córdoba.
A columna vertebral, raque ou espiña dorsal é unha complexa estrutura osteofibrocartilaxinosa articulada e resistente, en forma de talo lonxitudinal, que constitúe a porción posterior e inferior do esqueleto axial. A columna vertebral é un órgano situado (na súa maior extensión) na parte media e posterior do tronco, e vai dende a cabeza (á cal sostén), pasando polo pescozo e as costas, até a pelve á cal lle dá soporte.
Teoría microbiana da enfermidade
A teoría microbiana da enfermidade ou teoría xerminal da enfermidade é a teoría científica actualmente aceptada que explica a causa das doenzas infecciosas. Afirma que os microorganismos denominados patóxenos ou "xermes" poden causar doenzas. Estes pequenos organismos, que son demasiado pequenos para poder verse sen magnificación, invaden animais, plantas e mesmo bacterias.
A cultura castrexa é unha cultura arqueolóxica do noroeste da Península Ibérica que abranguía as rexións de Galicia, Asturias, norte e centro de Portugal e oeste de León que durou dende os séculos XI ou VI a. C. ata a romanización dos galaicos cara o século I. É a cultura arqueolóxica asociada cos pobos galaicos e ástures. A manifestación máis característica desta cultura é o castro (do latín castrum do que toma o nome), as súas oppidum amuralladas e a produción de espadas, machadas, torques e outros bens de bronce xa dende a Idade do bronce atlántico.
Joaquín Domínguez Portela, coñecido como Elxokas, nado en Lugo o 13 de abril de 1991, é un influenciador, streamer, youtuber e creador de contido en Twitch e YouTube. Comezou como streamer en 2018 en Twitch creando contido do videoxogo World of Warcraft. En 2019, era xa o creador de contido máis grande da comunidade hispanofalante nesta categoría.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
O sistema endócrino ou hormonal é un conxunto de órganos e tecidos do organismo que liberan substancias denominadas hormonas e está constituído, ademais destas, por células especializadas e glándulas endócrinas. O sistema endócrino axuda a realizar, por tanto, a función de relación dos seres vivos. Actúa como unha rede de comunicación celular que responde aos estímulos liberando hormonas e é o encargado de diversas funcións metabólicas do organismo; entre elas destacan: Controlar a intensidade de funcións químicas nas células.
Eclipse solar do 12 de agosto de 2026
A eclipse solar do 12 de agosto de 2026 será unha eclipse solar total. É a seguinte europea despois das que tiveron lugar o 11 de agosto de 1999 no norte de Francia, o sur de Bélxica, Luxemburgo, o sur de Alemaña, Austria, Hungría, o norte de Iugoslavia e Bulgaria; e o 29 de marzo de 2006 na illa de Kastelórizo en Grecia e o sur da Rusia europea. Esta será visíbel como total no extremo norte da Siberia rusa, no extremo oeste de Islandia, na illa danesa de Groenlandia e na maior parte da metade norte de España, ben como nunha pequena extremidade nordeste de Portugal, no distrito de Braganza.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Unión Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Os Yomiuri Giants (読売ジャイアンツ Yomiuri Jaiantsu) son un equipo profesional xaponés de béisbol con sede no barrio de Bunkyō de Tokyo. O club compite na Nippon Professional Baseball (NPB) como membro da Central League. O campo onde xogan os seus partidos como local desde 1988 é o Tokyo Dome, recinto con capacidade para 46.000 espectadores.
Iñaki Mirena Anasagasti Olabeaga, nado o 16 de novembro de 1947 en Cumana (Venezuela) é un político vasco. Nacido no exilio nunha familia de nacionalistas vascos, está licenciado en xornalismo e socioloxía, dirixiu a publicación Euzkadi, detido o 1 de abril de 1976, estivo na cadea durante tres días por orde de Manuel Fraga. Deputado no Parlamento de Euskadi (1980-1986), deputado no Congreso dos Deputados de España e voceiro do Partido Nacionalista Vasco PNV desde 1986 ata 2004.
Segundo o Seminario de Onomástica da Real Academia Galega, existen máis de 6000 apelidos galegos, que corresponden aproximadamente co 95% da poboación galega. Ao longo dos Séculos Escuros, moitos apelidos fóronse, ben adaptándose foneticamente ao español: *Feijoo/Feixoo, ben substituíndo polos seus equivalentes casteláns *Iglesias/Igrexas ou Eirexas. Por tanto, apelidos moi abundantes como Otero ou Alonso non proceden, na maior parte dos casos, de xente que viñese de fóra de Galiza, senón de transformacións que sufriron apelidos xenuinamente galegos (Outeiro e Afonso, neste caso).
Hercules: The Legendary Journeys
Hercules: The Legendary Journeys foi unha serie de televisión estadounidense baseada na mitoloxía grega e no semi-deus Hércules, protagonizada por Kevin Sorbo. A serie, rodada nun parque natural de Nova Zelandia, empezou como un telefilme, ata rematar sendo 5 telefilmes para a televisión en 1994. Posteriormente a serie estreouse o 16 de xaneiro de 1995, emitíndose ata finais de 1999.
Ruxe Ruxe é un grupo de música galego formado en Aríns (Santiago de Compostela) en 1996. A súa música é rock combinada con sons tradicionais galegos, empregando ás veces instrumentos como a gaita e o saxofón, e sempre con actitude punk. As súas letras son en galego e de temática moi variada nas que predominan os textos costumistas, os de carácter social e o realismo máxico.
Marco Antonio, en latín Marcus Antonius, foi un militar e político romano da época final da República (Roma, circa 83 a.C. - Alexandría, 30 a.C.). Foi un importante colaborador de Xulio César, como comandante militar e administrador. Tralo asasinato de César, coligouse con Octavio e Lépido para formar o Segundo Triunvirato (43 - 33 a.C.).
O acetato de amilo ou acetato de pentilo (amil acetato, pentil acetato) é un composto orgánico e un éster coa fórmula química CH3COO[CH2]4CH3 e un peso molecular de 130,19 g/mol. É incoloro e ten un cheiro similar ás bananas e ás mazás. Máis detalladamente, o seu aroma descríbese como etéreo, a froita, a banana, pera ou mazá.
Rusia, oficialmente Federación Rusa, é un país situado no leste de Europa e no norte de Asia. É o estado máis extenso do mundo, abrangue once fusos horarios e comparte fronteiras terrestres con catorce países. Cunha poboación superior aos 140 millóns de habitantes, Rusia é o país máis poboado de Europa e o noveno máis poboado do mundo.
Candy Candy (no orixinal en xaponés: キャンディ・キャンディ; Kyandi Kyandi) é un manga creado pola escritora Kyōko Mizuki, un dos pseudónimos de Keiko Nagita, e a mangaka Yumiko Igarashi, pseudónimo de Yumiko Fijii, publicado no Xapón por Kōdansha Ltd. desde 1975 a 1979 e gañou o primeiro premio Kodansha Manga para shōjo en 1977. A historia conta as vivencias dunha rapaza orfa chamada Candice "Candy" White.
Os xiros idiomáticos son expresións propias dunha lingua cun significado unitario que non pode deducirse do significado das palabras que os forman e que carece de tradución literal noutra lingua. Tamén podemos denominalos locucións ou mesmo frases feitas, as cales na actualidade son interferidas continuamente pola lingua castelá, sobre todo nas xeracións máis novas, nas cidades e mesmo nos medios de comunicación. A seguinte lista contén unha serie de xiros idiomáticos e ditos propios da lingua galega.
A expresión latina Deus Fratesque Gallaeciae ("Deus e os irmáns galegos") pode referirse a: Deus Fratesque Gallaeciae, lema dos irmandiños; "Deus Fratesque Gallaecia", poema de Alfredo Brañas, himno da organización Ultreya, musicado entre outros por Luís Taibo, Antón Iglesias Vilarelle, Suso Vaamonde e Skárnio; Deus Scientia Fratresque Gallaetia, lema do Seminario de Estudos Galegos.
Aliança Catalana (en galego: Alianza Catalá) é un partido independentista catalán de extrema dereita fundado en Ripoll en 2020. Avoga polo proteccionismo das empresas catalás, a separación entre Estado e relixión e a defensa da economía de mercado. O partido tomou posición contra o bilingüismo en Cataluña e tamén contra a inmigración, feito polo que foi considerado islamófobo.
Nicolás Alvarado Caporale, coñecido como Nico, nado en Buenos Aires o 24 de xullo de 1976, é un adestrador e ex xogador de fútbol e fútbol praia galego. É un dos xogadores máis destacados da historia da selección española de fútbol praia, na que sucedeu a Amarelle como capitán, e coa que disputou sete Campionatos do Mundo. Gañou tres Eurocopas, sendo elixido mellor xogador en dúas delas, e cinco Ligas Europeas, así como o Mundialito de 2013.
A presenza de viquingos en Galicia tivo lugar entre os séculos IX e XII, cando estes deviran unha potencia naval e militar, lanzando expedicións de saqueo e conquista polo océano Atlántico e subindo polo leito dos ríos até as cidades que pretendían saquear. Así chegaron até o mar Mediterráneo, e no camiño estaba Galicia.
Rohan é un dos reinos pertencentes ó mundo fantástico de O Señor dos Aneis (do británico J. R. R. Tolkien). É un país de guerreiros e gandeiros, localizado na zona central do noroeste da Terra Media, entre o río Anduin, o Isen e as Ered Nimrais. Os seus habitantes son os descendentes dos éothéod de Rhovanion, pobos criadores de cabalos que viviron durante os primeiros séculos da Terceira Idade en Eriador e que á súa vez descendían da Segunda Casa dos Edain que abandonaron Beleriand antes das dúas últimas grandes guerras contra Morgoth.
A criptomeria ou cedro xaponés, Cryptomeria japonica (L.f.) D. Don, é a única especie de árbore do xénero Cryptomeria. É unha conífera pertencente á familia das cupresáceas, endémica do Xapón, onde é coñecida co nome xaponés de sugi (杉). En Occidente incrementouse o uso do termo "sugi" para se referir a esta árbore, xa que semella máis axeitado ca o usado antigamente: "cedro xaponés", xa que o "sugi" non é un auténtico cedro (xénero Cedrus).
A cervexa é unha bebida alcohólica aromatizada con lúpulo, obtida da fermentación (polo xeral inducida cando non espontánea), por medio dun lévedo, dos azucres extraídos da malte de cebada, ou ben doutros cereais en gran, copos malteados ou non. En moitos países orientais (como China ou Xapón), e nalgunhas industrias, vén sendo utilizado o arroz para baixar os custos da materia prima; mentres no continente africano vénse empregando o paínzo ou o sorgo. Dos catro elementos básicos: a auga é o principal elemento, ademais do malte, do lúpulo, e do lévedo, por medio de cinco fases normais (mosto, filtrado, fervido, fermentación, maduración) pódese obter unha gama especialmente ampla de cervexas, segundo as diferentes formas de elaboración, os ingredientes utilizados, as súas características organolépticas, a taxa alcohólica e o tipo de consumo.
Full House é unha serie de televisión estadounidense creada por Jeff Franklin para a ABC. Ambientada na cidade de San Francisco, a serie conta a historia do pai viúvo Danny Tanner, quen despois da morte da súa muller Pam, é axudado polo seu mellor amigo Joey Gladstone e o seu medio irmán Jesse Katsopolis a criar as súas fillas, D.J., Stephanie e Michelle. Emitiuse dende o 22 de setembro de 1987 ata o 23 de maio de 1995, cun total de 192 episodios en oito temporadas.
San Martiño de Tameiga é unha parroquia que se localiza no concello de Mos na comarca de Vigo. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 3.064 habitantes (1.546 homes e 1.518 mulleres), distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 2.838 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación ascendera ata os 3.397 habitantes, sendo 1.697 homes e 1.700 mulleres.
Ceuta é unha cidade autónoma española, enclave situado na costa norte de África rodeada por Marrocos. Separada da Península Ibérica polo estreito de Xibraltar, Ceuta é o límite entre o mar Mediterráneo e o océano Atlántico. Marrocos reivindicou a súa anexión como parte do seu territorio pola súa proximidade xeográfica, xunto con Melilla e outros territorios españois de menor entidade no norte de África.
A cerámica é calquera dos diversos materiais duros, fráxiles, resistentes á calor e resistentes á corrosión que se obteñen mediante a conformación e posterior cocción dun material inorgánico e non metálico, como a arxila ou a terracota, a alta temperatura (de 700 °C a 1100 °C) despois de lles dar a forma mediante un moldeado ou modelaxe. Exemplos comúns son o barro, a porcelana e o ladrillo. Tamén se refire a arte que fabrica obxectos como olas ou xerras (olaría), tellas e materiais de construción.
Provincias da República Dominicana
A República Dominicana divídese en 31 provincias e o Distrito Nacional, onde se encontra a capital, Santo Domingo de Guzmán.
Steatornis caripensis, é unha especie de ave caprimulxiforme da familia Steatornithidae orixinaria de Suramérica. É a única especie do xénero Steatornis e da familia Steatornithidae, e a única ave fruxívora nocturna da orde, e unha das poucas aves, e a única nocturna, que navegan por ecolocación en condicións de baixa luz. Esta ave, provista do mecanismo de ecolocación e un potente olfacto, aliméntase na noite dunha gran variedade de froitas, o que a converte nunha especie case única.
O asedio da Coruña, tamén coñecido como a defensa da Coruña, foron unha serie de encontros militares entre a Armada Inglesa, tamén coñecida coma Contra Armada ou a expedición Drake-Norris, unha expedición inglesa de vinganza situada dentro da guerra anglo-española; e os defensores da cidade da Coruña en Galiza en maio de 1589. Representou a primeira interacción entre a expedición Drake-Norris e as tropas españolas e marcou o ton para o resto da campaña. Drake e Norreys tiñan o encargo de atacar Santander, onde estaban atracados a maioría dos galeóns superviventes da armada española, e destruír a frota española.
A illa Hoste é unha das illas máis austrais de Chile, situada na comuna de Cabo de Fornos, Provincia da Antártica Chilena, XII Rexión de Magalláns e da Antártida Chilena. Está situada entre a illa Navarino polo leste e a illa Grande de Terra do Fogo polo norte, da cal está separada polo canle Beagle. Forma parte do Parque Nacional Alberto de Agostini.
Noel Thomas David Gallagher, nado o 29 de maio de 1967 en Manchester, é un músico, cantante, guitarrista e compositor inglés. Foi o principal guitarrista e compositor, ademais de co-vocalista da banda de rock Oasis. Gallagher comzou a tocar a guitarra as trece anos, e despois de distintos traballos na construción traballou para a banda de Manchester Inspiral Carpets como roadie e técnico en 1988.
O abrótano macho ou herba lombrigueira[Cómpre referencia] (Artemisia abrotanum) é un arbusto da familia das artemisias. As súas follas e o sámago, que desprende un aroma semellante ao dun limón, empréganse como purgante, en especial para botar fóra as lombrigas e contra da calvicie. Non ten relación co abrótano femia (Santolina chamaecyparissus).
A división celular é o proceso por medio do cal unha célula orixina dúas ou máis células fillas. A división celular nos seres pluricelulares é necesaria durante a embrioxénese, o crecemento, e para substituír as células que morren nos tecidos, e o ritmo de división varía moito dun tecido a outro. Un ser humano ao longo da súa vida realiza miles de millóns de divisións celulares no seu corpo , pero as divisións dunha célula individual están limitadas debido ao acurtamento dos telómeros dos cromosomas, e no ser humano o número máximo de divisións é 52 (límite de Hayflick) .
Os galegos na Arxentina son os inmigrantes galegos, e os seus descendentes, que se asentaron na Arxentina. No ano 2015, eran 168 263 habitantes, concentrados principalmente na cidade de Bos Aires e, en menor medida, noutras provincias arxentinas. A inmigración galega na Arxentina foi un dos fluxos migratorios máis importantes da historia do país, constituíndo arredor do 70% dos inmigrantes españois nese país.
O Premio Camões (portugués: 'Prémio Camões') é un galardón literario concedido anualmente a autores en lingua portuguesa, en recoñecemento á traxectoria e contribución ó enriquecemento da literatura en portugués das persoas gañadoras. O premio foi bautizado en honor do poeta portugués Luís de Camões.
O pazo de Xelmírez é o antigo palacio episcopal da catedral de Santiago de Compostela, situado no lado norte da catedral cara á praza do Obradoiro. Foi construído por Diego Xelmírez, arcebispo de Santiago entre 1120 e 1136 pero do edificio orixinal só se conservan as portas de comunicación coa basílica: a Porta de Gramáticos, a porta da Torre e a porta da tribuna.
As Pléiades («pombas» en grego), tamén coñecidas coma Obxecto Messier 45, M45, As Sete Irmás ou o Setestrelo, son un cúmulo estelar aberto visible a simple vista no ceo nocturno, cun prominente lugar na mitoloxía antiga, situado nun costado da constelación de Tauro. As Pléiades son un grupo de estrelas moi novas situadas a unha distancia aproximada de 440 anos luz da Terra, contidas nun espazo de trinta anos luz. Formáronse hai uns 100 millóns de anos aproximadamente, durante a era Mesozoica na Terra, a partir do colapso dunha nube de gas interestelar.
O coala (Phascolarctos cinereus) é un marsupial herbívoro nativo de Australia. É a única especie da familia dos fascolárctidos, e o seu familiar máis próximo é o uombat. Este animal vive en zonas costeiras das rexións do leste e do sur de Australia, nos estados de Queensland, Nova Gales do Sur, Victoria e Australia Meridional.
San Pedro de Cangas é unha parroquia do concello de Foz, na provincia de Lugo, cunha superficie de 9,25 km². Segundo o Instituto Galego de Estatística en 2017 tiña 813 habitantes (411 mulleres e 402 homes) distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 877 habitantes.
A corte (tamén frecuentemente en plural) é un espazo cuberto e pechado onde se acolle o gando doméstico durante a noite ou, modernamente, de forma permanente. Pode estar constituída por un edificio propio ou formar parte doutra principal. Adoita utilizarse esta denominación para o espazo onde se acolle o gando bovino ou equino, reservando para o caso do gando porcino o nome de cortello.
Jean-Baptiste Poquelin, coñecido como Molière, bautizado o 15 de xaneiro de 1622 e finado o 17 de febreiro de 1673 na súa casa da rúa de Richelieu, é o dramaturgo e actor de teatro de lingua francesa máis famoso. Nacido no seo dunha familia de comerciantes parisienses, aos 21 anos asóciase cunha ducia de amigos, entre eles tres membros da familia Béjart, para formar a compañía de teatro Illustre Théâtre, que, a pesar duns comezos prometedores e a colaboración de dramaturgos de renome, non logra ter un impacto duradeiro en París. Alistado en Pascua de 1646 nunha prestixiosa "compañía de campo" mantida polo duque de Épernon, gobernador de Güiena, e logo por varios mecenas sucesivos, Molière e os seus amigos Béjart percorreron as provincias do sur do reino durante doce anos.
Resultados de McLaren na Fórmula 1
A primeira táboa mostra os Resultados nos Grandes Premios do Campionato do Mundo do equipo McLaren de Fórmula Un. A segunda táboa inclúe os resultados dos coches McLaren privados nos Grandes Premios do Campionato Mundial.
Samuel de Luque Batuecas, nado en Madrid o 12 de abril de 1989, coñecido en Internet como Vegetta777 ou Samuel, é un youtubeiro e streamer español que sobe vídeos de gameplays principalmente, aínda que a súa canle ten contido variado. En 2026 a súa canle de YouTube tiña máis de 34 millóns de subscritores e 16 mil millóns de visualizacións, sendo o terceiro youtubeiro con máis subscritores e o primeiro con máis visualizacións de España.
Alfredo James "Al" Pacino, nado o 25 de abril de 1940 en Manhattan, Nova York, é un actor, produtor, guionista e director de cine estadounidense. Considerado como un dos mellores e máis influentes actores do século XX, Pacino recibiu numerosos premios e recoñecementos, entre os que destacan un Premio Óscar, dous Premios Tony e dous Premios Primetime Emmy. Tamén gañou catro Premios Globo de Ouro, un BAFTA, dous Premios do Sindicato de Actores, o Premio Cecil B. DeMille en 2001, o Premio AFI Life Achievement en 2007, a Medalla Nacional das Artes en 2011 e o Kennedy Center Honors en 2016.
Gareth Frank Bale, nado en Cardiff o 16 de xullo de 1989, é un exfutbolista galés que xogaba de centrocampista e extremo. Está considerado como un dos mellores xogadores da súa xeración e un dos mellores futbolistas galeses de todos os tempos. Foi internacional coa selección de Gales, sendo o xogador que máis veces vestiu a súa camiseta (111 veces) e o seu máximo goleador histórico, con 41 tantos.
Benito Fernández Alonso, nado en Asperelo (Galez, Entrimo) o 31 de marzo de 1848 e finado en Ourense o 8 de maio de 1922, foi un político e escritor galego. Foi fundador da Real Academia Galega, cronista oficial e concelleiro da cidade de Ourense, e deputado provincial entre outras moitos cargos e responsabilidades que mantivo principalmente no ámbito provincial de Ourense.
Gonzalo Queipo de Llano y Sierra, nado en Tordesillas (provincia de Valladolid) o 5 de febreiro de 1875 e finado en Camas, Sevilla, o 9 de marzo de 1951, foi un xeneral español, conspirador e un dos principais protagonistas, sobre todo en Sevilla, do golpe que deu orixe á guerra civil española. Foi educado nun seminario, loitou na Guerra hispano-estadounidense e na Guerra do Rif, ascendendo a Xeneral de Brigada en 1923. Aínda que inicialmente apoiou ao ditador Miguel Primo de Rivera, as críticas ás súas políticas fixeron que quedase atrasado na escala e nos nomeamentos e foi trasladado á reserva en 1928.
A iluminación a tres puntos é unha técnica de iluminación básica empregada en vídeos, filmes, fotografías e imaxes creadas por ordenador para as personaxes que non se atopan en movemento. Este é un sistema moi versátil que forma a base da maioría de coñecementos sobre iluminación en fotografías de estudio.
José Torres Mourelle, coñecido como Pepe Torres, nado en Ourense o 8 de outubro de 1901 e finado na Coruña o 19 de xaneiro de 1988, foi un futbolista e adestrador de fútbol galego. Considerado un dos mellores extremos galegos da historia, destacou especialmente no Deportivo da Coruña das décadas de 1920 e 1930.
A metilcobalamina (mecobalamina, MeCbl ou MeB12) é un tipo de cobalamina, unha forma de vitamina B12. Difire da cianocobalamina en que o grupo ciano unido ao cobalto foi substituído por un grupo metilo. A metilcobalamina ten un centro octaédrico de cobalto(III) e pode obterse como cristais vermellos intensos.
O tálero de María Tareixa (en alemán: Maria-Theresien-Taler) é a denominación dunha moeda austríaca de prata con valor facial dun tálero (reichstaler), cuñada por primeira vez en Viena en 1741 a nome da emperatriz María Tareixa de Austria (1740-1780), que chegou a se converter en moeda de circulación internacional e de investimento ata a segunda metade do século XX.
Santalla de Caneda é unha parroquia do concello de Monforte de Lemos na comarca de Terra de Lemos, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 102 habitantes, deles 55 eran homes e 47 eran mulleres. Limita coas parroquias de Bascós ao norte, Sindrán ao leste, Vilamarín ao sur e Santa Mariña do Monte e Monforte de Lemos ao oeste.