Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Un cazador en manda (ou grupo) ou predador social é un animal predador que caza as súas presas traballando colaborativamente xunto con outros membros da súa especie. Cando a cooperación na caza se realiza entre dúas ou máis especies, o termo máis amplo que se adoita utilizar é caza cooperativa. Un cazador en manda ben coñecido é o lobo; os humanos tamén se poden considerar cazadores en manda.
Lizzie Andrew Borden, nada en Fall River, Massachusetts o 19 de xullo de 1860 e finada no mesmo lugar o 1 de xuño de 1927, coñecida como Lizzie Borden, foi unha muller solteira de Nova Inglaterra e a única sospeitosa dos asasinatos do seu pai e da súa madrasta, que tiveron lugar na súa casa o 4 de agosto de 1892. A crueldade do dobre asasinato, levado a cabo a machadas, así como o posterior xuízo e o feito de que ninguén fose finalmente condenado polas mortes, converteu o caso nunha cause celébre en Norteamérica e segue sendo un episodio cheo de dúbidas no mundo da criminoloxía. Aínda que Lizzie Borden foi absolta dos crimes, si que quedou ela como a autora deles, converténdose nunha figura mítica do folclore estadounidense, que aparece en numerosas pezas de teatro ou ópera, así como en filmes.
Adolfo Prego de Oliver Domínguez
Adolfo Prego de Oliver Domínguez, nado en Ourense o 1 de xaneiro de 1913 e finado en Madrid o 15 de outubro de 2000, foi un xornalista, escritor e crítico teatral galego.
A criptomeria ou cedro xaponés, Cryptomeria japonica (L.f.) D. Don, é a única especie de árbore do xénero Cryptomeria. É unha conífera pertencente á familia das cupresáceas, endémica do Xapón, onde é coñecida co nome xaponés de sugi (杉). En Occidente incrementouse o uso do termo "sugi" para se referir a esta árbore, xa que semella máis axeitado ca o usado antigamente: "cedro xaponés", xa que o "sugi" non é un auténtico cedro (xénero Cedrus).
Lista de xentilicios de concellos galegos
Esta é unha lista dos xentilicios dos concellos de Galicia:
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Unión Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Denomíname semidúplex —en inglés half-duplex— a un modo de envío de información que é bidireccional pero non simultáneo. Isto ten moito que ver por exemplo coas radios, que utilizan este método de comunicación para intercambiar mensaxes, xa que cando se fala por radio o que se fai é mandar unha mensaxe e logo mediante un sinal indícaselle á outra persoa que xa finalizou a transmisión. As dúas persoas non poden transmitir á vez, senón que unha envía mensaxes até indicar que finalizou e a outra persoa xa pode pasar a transmitir.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Os galegos son un grupo nacional, cultural e etnolingüístico que vive maioritariamente en Galicia, no noroeste da Península Ibérica, pero que por mor da emigración histórica tamén ten importantes poboacións noutras partes de España, Europa e América. Os galegos teñen os seus propios costumes, cultura, lingua, música, danza, deportes, arte, cociña e mitoloxía. O galego, lingua romance derivada do latín que se falaba na antiga Gallaecia romana, é a lingua propia de Galicia e constitúe a máxima expresión cultural do pobo galego.
José María Román Guerrero, nado en Chiclana de la Frontera, o 25 de abril de 1958, é un profesor e político español, que foi alcalde da súa cidade natal dúas veces: de 2004 a 2007 e de novo de 2008 a 2012. O 13 de xuño de 2015 foi reelixido alcalde, cargo que ocupa na actualidade tras a dimisión de Ernesto Marín. Román é irmán de Rafael Román Guerrero, expresidente da Deputación Provincial de Cádiz.
Os premios Pedrón de Ouro, dende 1964, Pedrón de Honra e o Premio Modesto R. Figueiredo son os premios outorgados en Padrón polos membros da Fundación Pedrón de Ouro, fundada por Avelino Abuín de Tembra, Maximino Rodríguez Buján e Octavio Sanmartín Domínguez, e que ten entre os seus membros a Manuel Caamaño Suárez e David Otero. O Padrón de Ouro entrégase á personalidade ou entidade viva e residente en Galicia que máis destacou na defensa e promoción das diversas facetas da cultura nacional ao longo do ano ou nunha traxectoria vital. O Premio Pedrón de Honra dáselle a residentes foráneos que destacasen coas súas achegas ao engrandecemento da nación e da cultura.
O tempo de protrombina (PT) –xunto coas súas medidas derivadas razón de (tempo de) protrombina (PR) e razón normalizada internacional (INR)– é unha proba de laboratorio para avaliar o funcionamento da vía extrínseca e vía común da coagulación do sangue nun paciente. Este test sanguíneo tamén se chama INR protempo e PT/INR. Utilízanse para determinar a tendencia á coagulación do sangue, en casos como a medida da dosificación da warfarina, danos hepáticos (cirrose), e situación da vitamina K no paciente. O PT mide os seguintes factores de coagulación: I (fibrinóxeno), II (protrombina), V (proacelerina), VII (proconvertina) e X (factor de Stuart–Prower).
A filla do ladrón de bicicletas
A filla do ladrón de bicicletas é unha novela de Teresa González Costa. Foi publicada por Edicións Xerais en outubro de 2010, logo de acadar o Premio Merlín de literatura infantil e xuvenil dese ano.
A tempada 2021-22 da Premier League foi a 30.ª tempada da Premier League, a máxima categoría profesional do fútbol inglés dende a creación da competición en 1992, e a 123.ª tempada da máxima categoría do fútbol de Inglaterra en conxunto. As datas de inicio e fin da tempada publicáronse o 25 de marzo de 2021, e o calendario de partidos publicouse o 16 de xuño de 2021. O Manchester City revalidou o título e proclamouse campión por segunda tempada consecutiva na última xornada.
María do Socorro Ortega Romero
María do Socorro Ortega Romero, nada en Arteixo e finada en Santiago de Compostela o 12 de decembro de 2011, foi unha historiadora da arte galega.
Un rastro (tamén chamado frecuentemente polo seu termo en inglés, cookie) é un arquivo de texto que se envía dende os servidores dun sitio web e que se garda nos dispositivos dos usuarios (móbiles, ordenadores, etc). Almacenan información sobre a actividade dos usuarios cada vez que visitan un sitio web e permiten recuperar a información almacenada ata o momento cada vez que estes acceden aos sitios (os rastros envíanse aos servidores para a súa consulta). Deste xeito, o sitio web ou os seus propietarios poden consultar a devandita información e servir determinados contidos, segundo as preferencias do usuario, ou ben conseguir información sobre os hábitos de navegación.
O Centro Cívico El Cerrillo é un espazo sociocultural situado nas zonas de El Pilar e Fuente Amarga de Chiclana de la Frontera, Cádiz (Andalucía, España). Foi inaugurado en 2011 polo entón alcalde da cidade, José María Román, e o conselleiro de Gobernación e Xustiza da Xunta de Andalucía, Luis Pizarro. Alberga varios centros educativos e asociacións culturais e sociais, como AMUCODICH, a Asociación polos Dereitos Humanos, Escape Libre Taetro e o Club Deportivo Silvestrista.
A batalla polo Noroeste (título orixinal en inglés: The Battle for Wesnoth), tamén coñecido como A batalla por Wesnoth ou simplemente Wesnoth polo seu nome en orixinal en inglés, é un videoxogo de estratexia por roldas ambientado nun mundo de fantasía medieval. Caracterízase por unhas regras moi simples, e xógase en mapas hexagonais (formados por hexágonos). O xogo é software libre, con licenza GNU GPL, e está dispoñible de balde para un gran número de plataformas.
Concellos do departamento de Allier
A seguinte é unha lista das 317 comunas do departamento de Allier, en Auvernia-Ródano-Alpes, en Francia.
A xeografía de Galicia, abrangue a xeografía de Galicia e das súas fronteiras, caracterízase polo contraste entre os relevos costeiros, de baixa altitude, e o do interior, dunha maior altitude. Tamén contrasta a morfoloxía entre as chairas elevadas setentrionais e as serras e depresións meridionais. A superficie do territorio galego é de 29 576,74 km².
Rosalía Castro de Murguía, de solteira, Rosalía de Castro Abadía, nada en Conxo (Santiago de Compostela) o 23 de febreiro de 1837 e finada na Matanza (Padrón) o 15 de xullo de 1885, foi unha escritora e poeta galega, considerada a máis ilustre figura da lírica moderna, unha das máis altas da poesía española do século XIX e a principal responsable do Rexurdimento galego do século XIX, xunto a Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez. O 17 de maio, Día das Letras Galegas, celébrase co gallo de ser a data de edición da súa obra Cantares gallegos. A súa figura e as súas creacións literarias foron obxecto dunha abondosa bibliografía e recibiron unha constante atención crítica, tanto no territorio galego coma no estranxeiro.
Formentera é unha illa mediterránea e concello español que forma parte das Illas Pitiusas, no arquipélago Balear. Cunha superficie de 77 km² é a illa habitada de menor extensión das Illas Baleares. Ocupa a posición máis meridional, separada da illa de Eivisa por un estreito paso de auga e de illotes chamado Es Freus, de 7 km de lonxitude.
O sexo anal é unha práctica sexual que consiste na introdución do pene erecto no ano e o recto da parella, co fin de obter pracer. Outras formas de sexo anal inclúen o fingering, o uso de xoguetes sexuais, o sexo oral realizado no ano (anilingus), e o pegging. O termo sexo anal refírese máis comunmente á penetración do pene no ano, mais algunhas fontes refírense a coito anal para a penetración anal, e sexo anal para calquera forma actividade sexual, especialmente en parellas, e oposta á masturbación anal.
O Partido do Pobo Palestino, tamén coñecido como Partido Popular Palestino (en árabe: Jizb Al-Cha'b Al-Filastini; حزب الشعب الفلسطيني), é un partido político socialista de Palestina que forma parte da alianza 'Al-Badíl' ("a alternativa") xunto coa Fronte Democrática para a Liberación de Palestina (FDLP) e a Unión Palestina Democrática ou 'Fida'. O partido foi fundado en 1982 como Partido Comunista Palestino despois dunha conferencia formada por membros do movemento comunista de Palestina que se escindiron do Partido Comunista de Xordania.
Unha máquina comecartos ou simplemente un comecartos é un aparello automático concibido para ofrecer xogos de aposta sen a intervención dun empregado. Estes dispositivos poden ser mecánicos, electrónicos ou dixitais. O xogo consiste en introducir unha moeda coa esperanza de que saia unha combinación gañadora e obter un premio en metálico que proporciona a propia máquina.
O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península Ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.
Lamine Yamal Nasraoui Ebana, nado en Esplugues de Llobregat o 13 de xullo de 2007 é un futbolista español que xoga como dianteiro no FC Barcelona da Primeira División de España. É o xogador máis novo da historia (16 anos e 57 días) en debutar e marcar un gol coa selección de España, na Primeira División de España (16 anos e 87 días), e na Eurocopa en debutar e asistir (16 anos e 338 días) e anotar un gol (16 anos e 361 días).
María Teresa Fernández de la Vega
María Teresa Fernández de la Vega Sanz, nada en Valencia o 15 de xuño de 1949, é unha política española, membro do Consello de Estado.
Para ver unha introdución non enciclopédica para os visitantes do que é a Wikipedia, véxase Wikipedia:Acerca de. A Wikipedia é un proxecto de enciclopedia de contido libre, multilingüe e de contido aberto operativo grazas á organización sen ánimo de lucro Fundación Wikimedia. O seu nome é unha mestura das palabras wiki (unha tecnoloxía para crear páxinas web colaborativas) e enciclopedia.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ) (en castelán: Reino de España, en catalán/valenciano: Regne d'Espanya, en vasco: Espainiako Erresuma, en asturiano: Reinu d'España, en occitano: Reialme d'Espanha e en aragonés: Reino d'España), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera, o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
Vigo ( pronunciación ) (tamén coñecida como a cidade olívica) é unha cidade e concello da provincia de Pontevedra, na comunidade autónoma de Galicia, no noroeste da Península Ibérica. É a capital da comarca de Vigo, aínda que historicamente pertenceu á comarca de Val de Fragoso. Ademais é a capital da súa área metropolitana.
Este artigo trata sobre a bebida, para a planta véxase o artigo: Cafeeira; para o establecemento onde se serve café véxase o artigo: Cafetaría. Denomínase café a unha bebida (infusión) que se elabora co gran torrado e posteriormente moído da cafeeira (Coffea) ou planta do café. De cor escura, amargo e lixeiramente ácido, o café ten un efecto estimulante nos humanos, principalmente debido ao seu contido en cafeína, pero tamén se atopa dispoñible comercialmente café descafeinado.
Android é un sistema operativo para móbiles baseado en Linux, que xunto con aplicacións middleware está destinado para ser empregado en dispositivos móbiles como teléfonos intelixentes, tabletas, Google TV e outros dispositivos. É desenvolvido pola Open Handset Alliance, a cal é liderada por Google. Este sistema polo xeral manexa aplicacións como Google Play Store.
Ceuta é unha cidade autónoma española, enclave situado na costa norte de África rodeada por Marrocos. Separada da Península Ibérica polo estreito de Xibraltar, Ceuta é o límite entre o mar Mediterráneo e o océano Atlántico. Marrocos reivindicou a súa anexión como parte do seu territorio pola súa proximidade xeográfica, xunto con Melilla e outros territorios españois de menor entidade no norte de África.
Betanzos é un concello e cidade da provincia da Coruña, que pertence á comarca de Betanzos. Segundo o IGE no ano 2017 tiña 12.941 habitantes (13.352 no 2015, 13.673 no 2010). Betanzos foi unha vila creada polo rei Afonso IX, tras aceptar en 1219 o traspaso da poboación de Betanzos O Vello ao lugar de Castro de Untia.
Charles Robert Darwin [tʃɑrlz ˈdɑrwɪn], nado o 12 de febreiro de 1809 e finado o 19 de abril de 1882, foi un naturalista, biólogo e xeólogo inglés que destaca pola súa achega á teoría evolutiva. Observou e postulou que todas as especies de organismos vivos evolucionaron a partir dun único antecesor común. Nunha publicación conxunta con Alfred Russel Wallace, introduciu a teoría de que ese fenómeno de diversificación é o resultado do que denominaron selección natural; un proceso no que a competición por persistir ten a mesma resultante que teñen os cruzamentos selectivos na selección artificial.
Diego Villares Yáñez, nado en Samarugo (Vilalba) o 17 de xuño de 1996, é un futbolista galego que xoga de centrocampista no Deportivo da Coruña, da Primeira División, club do que é o capitán. Disputou máis de 200 partidos oficiais co club e é un dos únicos dous xogadores, xunto a Álex Bergantiños, en defender a camiseta do Deportivo en catro categorías diferentes (Primeira, Segunda, Segunda B e Primeira Federación).
Xosé Santiago Neira Vilas, nado en Gres (Vila de Cruces) o 3 de novembro de 1928 e finado no mesmo lugar o 27 de novembro de 2015, foi un xornalista, recoñecido e premiado escritor galego en lingua galega e lingua castelá e dinamizador cultural, emigrante na Arxentina e Cuba, membro da Real Academia Galega, Medalla Castelao e Medalla de Ouro de Galicia, autor dunha ampla obra narrativa, na que destaca Memorias dun neno labrego (1961), o libro máis editado da historia da literatura galega. Cultivou tamén o ensaio, a poesía e a literatura infantil. A súa obra, tanto por calidade como por cantidade, converteuno nun clásico das letras de Galicia.
Jean-Max Bellerive, nado en 1958 en Porto Príncipe, é o actual Primeiro Ministro de Haití. O actual presidente haitiano, en seguimento das ordes da resolución do senado, nomeouse o 30 de outubro de 2009, en substitución da anterior Primeira Ministra Michèle Pierre-Louis. Foi fillo dun destacado médico, deixou o seu país natal a unha idade temperá para estudar en Suíza, Francia e Bélxica.
Cynthia Ann Crawford, coñecida como Cindy Crawford, nada o 20 de febreiro de 1966 en DeKalb, Illinois, é unha modelo e actriz de cinema estadounidense. A semellanza de Claudia Schiffer, Naomi Campbell, Linda Evangelista ou Christy Turlington, forma parte da gran vaga de modelos de prestixio acontecida ao longo dos anos 80.
Biarritz (en francés: Biarritz, en éuscaro: Biarritz ou Miarritze, en gascón, Biàrritz) é unha cidade e comuna francesa situada no departamento de Pireneos Atlánticos, na rexión de Aquitania. É unha das principais localidades do territorio vascofrancés de Labort, e forma xunto con Baiona o Anglet a Comunidade de aglomeración do País Vasco, a área urbana máis importante da rexión. Bañada polo mar Cantábrico (golfo de Biscaia), atópase moi preto de Baiona e de Anglet e a 20 quilómetros da fronteira con España.
Mohamed VI (Mohamed Ben Al-Hassan) (الملك محمد السادس للمغرب), nado o 21 de agosto de 1963, é Rei de Marrocos dende o 23 de xullo de 1999 trala morte de seu pai, Hasan II. É o 18º rei da dinastía alauí, que reina en Marrocos desde 1666, e de acordo coa a Constitución de Marrocos ostenta ademais o cargo de Amir al-Mu'minin (protector ou guía relixioso dos fieis).
Clementina Yolanda Lastra García, nada na Cidade de México o 12 de setembro de 1932, algunhas veces mencionada como Yolanda Lastra de Suárez, é unha antropóloga, lingüista, catedrática e académica mexicana. Pioneira no eido da sociolingüística en México, é recoñecida como especialista en lingüística descritiva das linguas indíxenas americanas, en particular, do náhuatl moderno, o otomí e castelán de México. Asemade, tamén fixos estudos do chichimeco jonaz e do matlatzinca.
Microsoft Corporation é unha compañía de software fundada por Bill Gates e Paul Allen en 1975 en Albuquerque, Novo México. Ten a súa sede actual en Redmond, Washington. É a maior compañía de software do mundo con máis de 50.000 empregados en total en varíos países[cando?] e é coñecida principalmente polas diferentes versións dos seus sistemas operativos Windows e MS-DOS, así como polo paquete de aplicacións ofimáticas Microsoft Office, da que fan parte programas como Word, Excel, Access ou FrontPage.
O paradoxo de tolerancia foi descrito polo filósofo austríaco Karl Popper en 1945, enmarcado na teoría da decisión. Este paradoxo declara que se unha sociedade ten tolerancia ilimitada, a súa capacidade de ser tolerante acabará por ser reducida, ou mesmo destruída, pola propia intolerancia. Popper concluíu que, malia semellar paradoxal, para manter unha sociedade tolerante, cómpre ser intolerante coa intolerancia.
Pontevedra é unha cidade e concello do suroeste de Galicia, capital da provincia de Pontevedra, da comarca homónima e das rías Baixas. Está situada nas beiras do río Lérez e da ría de Pontevedra en pleno centro das Rías Baixas e foi alcumada polos medios de comunicación franceses "a cidade onde o peón é rei". A cidade é coñecida polo seu urbanismo, converténdose nunha referencia internacional en materia de peonalización, mobilidade urbana e desenvolvemento sostible.
O alfabeto galego, segundo a representación gráfica moderna e oficial, ten 23 letras e 6 dígrafos, ademais dalgunhas letras (ç, j, k, w, e y) usadas en estranxeirismos, abreviaturas e símbolos internacionais. No galego medieval (galego-portugués), como en calquera outro estándar non codificado, existían moitas vacilacións na representación de sons. Por exemplo, para o son (/ɲ/) aparecen nos textos galegos representacións con n, nn, ñ, ni, etc.