Wikipedia en galego Top 100

Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...

  1. 1

    Ana Belén Vázquez

    Ana Belén Vázquez

    Ana Belén Vázquez Blanco, nada en Bande o 27 de xaneiro de 1975, é unha política galega do PPdeG.

    573 visitas (↑573 de onte)0,0,21,0,0,0,0,0, 573

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  2. 2

    José Antonio Armada

    José Antonio Armada

    José Antonio Armada Pérez, nado en Bande en marzo de 1975, é un político galego do PPdeG.

    503 visitas (↑503 de onte)25,0,0,0,0,0,0,0, 503

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  3. 3

    José Luis Armada Castro

    José Luis Armada Castro

    José Luís Armada Castro, nado en Cariño en 1953, é un político galego do PSdeG-PSOE.

    176 visitas (↑176 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0, 176

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  4. 4

    Roque Ruiz

    Roque Ruiz

    Roque Ruiz, nado en Arteixo o 24 de novembro de 1999, é un actor galego.

    113 visitas (↑48 de onte)39,51,135,93,91,66,56,65, 113

    8+ días na lista

    🔍 🗞️
  5. 5

    Santi Mina

    Santi Mina

    Santiago Mina Lorenzo, nado o 7 de decembro de 1995 en Vigo é un futbolista galego que xoga de dianteiro centro e actualmente está sen equipo. É fillo do defensa Santiago Mina Vallespín, que xogou tamén no Celta durante a década de 1980.

    108 visitas (↑108 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0, 108

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  6. 6

    Sandra Quintas

    Sandra Quintas

    Sandra Quintas Vázquez, nada en Bande o 28 de decembro de 1982, é unha política e mestra galega, alcaldesa de Bande polo PPdeG.

    83 visitas (↑83 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0, 83

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  7. 7

    Jean-Pierre Thiollet

    Jean-Pierre Thiollet

    Jean-Pierre Thiollet, nado en Poitiers o 9 de decembro de 1956, é un escritor francés.

    78 visitas (↑78 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0, 78

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  8. 8

    Pedro Alonso

    Pedro Alonso

    Pedro González Alonso, máis coñecido como Pedro Alonso, nado en Vigo o 21 de xuño de 1971, é un actor galego. É licenciado pola Real Escola Superior de Arte Dramática e realizou estudos tamén de teatro e danza.

    69 visitas (↑69 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0, 69

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  9. 9

    Bande

    Bande

    Bande é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Baixa Limia. Segundo o IGE en 2018 tiña 1.591 habitantes (1735 en 2015, 2083 en 2010, 2217 en 2006, 2285 en 2005, 2326 en 2004 e 2332 en 2003). O xentilicio é bandés.

    69 visitas (↑69 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0, 69

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  10. 10

    Lotaría

    Lotaría

    A lotaría ou lotería é un xogo de azar que consiste en acertar os números dun billete previamente comprado cos números extraídos dunha tómbola ou un recipiente que garanta que sexan extraídos ao chou. Os números do devandito billete poden xa estar preimprimidos ou ben ser elixidos polas propias persoas. O número de acertos poden ser todos ou parte dos número do billete.

    68 visitas (↑68 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0, 68

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  11. 11

    Fátima Iglesias

    Fátima Iglesias

    María Fátima Iglesias Ferreira, nada na Guarda o 22 de agosto de 1971, é unha política galega.

    66 visitas (↑38 de onte)45,0,124,111,93,19,0,28, 66

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  12. 12

    Lizzie Borden

    Lizzie Borden

    Lizzie Andrew Borden, nada en Fall River, Massachusetts o 19 de xullo de 1860 e finada no mesmo lugar o 1 de xuño de 1927, coñecida como Lizzie Borden, foi unha muller solteira de Nova Inglaterra e a única sospeitosa dos asasinatos do seu pai e da súa madrasta, que tiveron lugar na súa casa o 4 de agosto de 1892. A crueldade do dobre asasinato, levado a cabo a machadas, así como o posterior xuízo e o feito de que ninguén fose finalmente condenado polas mortes, converteu o caso nunha cause celébre en Norteamérica e segue sendo un episodio cheo de dúbidas no mundo da criminoloxía. Aínda que Lizzie Borden foi absolta dos crimes, si que quedou ela como a autora deles, converténdose nunha figura mítica do folclore estadounidense, que aparece en numerosas pezas de teatro ou ópera, así como en filmes.

    54 visitas (↓10 de onte)0,0,69,86,90,124,83,64, 54

    7 días na lista

    🔍 🗞️
  13. 13

    María Jamardo

    María Jamardo

    María Jamardo Carballo, nada en Pontevedra en 1979, é unha política e periodista galega especializada en análise política.

    53 visitas (↑2 de onte)210,45,0,212,24,95,38,51, 53

    6 días na lista

    🔍 🗞️
  14. 14

    Posicións sexuais

    Posicións sexuais

    Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.

    52 visitas (↑7 de onte)80,50,57,55,66,56,83,45, 52

    8+ días na lista

    🔍 🗞️
  15. 15

    Eva Iglesias

    Eva Iglesias

    Eva Iglesias Miguéns, nada o 1 de novembro de 1987 en Rianxo, é unha cantante e actriz galega.

    49 visitas (↑16 de onte)47,45,35,33,25,52,56,33, 49

    8+ días na lista

    🔍 🗞️
  16. 16

    Carlos Ares

    Carlos Ares

    Carlos Ares, nado en 1997 na Coruña, é un músico, cantautor e produtor galego. A súa música foi definida como pop, folk e alternativa.

    49 visitas (↓33 de onte)37,41,76,36,89,117,51,82, 49

    8+ días na lista

    🔍 🗞️
  17. 17

    Comunismo no Brasil

    Comunismo no Brasil

    O comunismo no Brasil existiu polo menos desde a década de 1920. O movemento deu lugar a varias faccións e levantamentos de esquerda. Encarnouse nos movementos sociais, diversos partidos políticos e nas obras intelectuais de diversos autores marxistas.

    48 visitas (↑24 de onte)0,0,0,0,0,0,0,24, 48

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  18. 18

    Centro Cívico El Cerrillo

    Centro Cívico El Cerrillo

    O Centro Cívico El Cerrillo é un espazo sociocultural situado nas zonas de El Pilar e Fuente Amarga de Chiclana de la Frontera (provincia de Cádiz). Inaugurouse o 21 de novembro de 2010 coa presenza do alcalde José María Román e do conselleiro de Gobernación e Xustiza da Xunta de Andalucía, Luis Pizarro.

    48 visitas (↑21 de onte)0,0,0,0,0,0,0,27, 48

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  19. 19

    Nacho Castaño

    Nacho Castaño

    Ignacio Castaño Gómez, máis coñecido como Nacho Castaño, nado en Vilagarcía de Arousa en 1972, é un actor de televisión, cine, dobraxe e teatro galego.

    46 visitas (↑9 de onte)23,28,40,101,40,31,47,37, 46

    8+ días na lista

    🔍 🗞️
  20. 20

    Lingua galega

    Lingua galega

    O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.

    45 visitas (↑8 de onte)34,53,32,25,25,18,47,37, 45

    8+ días na lista

    🔍 🗞️
  21. 21

    A filla do ladrón de bicicletas

    A filla do ladrón de bicicletas

    A filla do ladrón de bicicletas é unha novela de Teresa González Costa. Foi publicada por Edicións Xerais en outubro de 2010, logo de acadar o Premio Merlín de literatura infantil e xuvenil dese ano.

    44 visitas (↑10 de onte)33,29,39,0,0,0,38,34, 44

    3 días na lista

    🔍 🗞️
  22. 22

    Nomes da folla do piñeiro en Galicia

    Nomes da folla do piñeiro en Galicia

    Existe en Galicia unha riqueza sinonímica enorme que fai referencia á folla do piñeiro, habendo gran número de palabras para denominar á folla desta árbore. Fermín Bouza Brey publicou no ano 1948 Nombres de la hoja del pino en Galicia, nos Cuadernos de Estudios Gallegos do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, traballo no que se recollen por orde alfabética un total de 92 termos diferentes para denominar á folla do piñeiro, e ó seu carón, os lugares onde son utilizados. Segundo os datos recompilados no Atlas Lingüístico de Galicia (ALGa), non se produciron variacións significativas ó longo dos últimos anos canto á terminoloxía descrita por Bouza Brey, polo que segue estando vixente na actualidade.

    43 visitas (↑43 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0, 43

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  23. 23

    Ecosistema mariño

    Ecosistema mariño

    Este artigo trata dos ecosistemas completos en auga salgada, incluíndo os organismos vivos e as súas interaccións. Para aspectos máis detallados sobre tipos específicos de ambientes en ecosistemas mariños, ver Hábitat mariño. Os ecosistemas mariños son os ecosistemas acuáticos máis grandes da Terra e existen en augas cun alto contido en sal.

    42 visitas (↑42 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0, 42

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  24. 24

    Gomesende

    Gomesende

    Gomesende é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Terra de Celanova. Segundo o padrón municipal, en 2015 tiña 829 habitantes (1105 en 2003).

    40 visitas (↑40 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0, 40

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  25. 25

    Amador de Celis

    Amador de Celis

    Amador de Celis Suárez, nado en Villaquilambre (León) en 1937 e finado en Ourense o 13 de novembro de 2006, foi un político galego do PPdeG.

    38 visitas (↑38 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0, 38

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  26. 26

    Alicerce (BNG)

    Alicerce (BNG)

    Alicerce é un colectivo político constituído o 16 de novembro de 2024 como corrente interna do BNG de cara á súa XVIII Asemblea Nacional celebrada o 1 de decembro do mesmo ano. O seu voceiro nacional é Gustavo Barcia, candidato á alcaldía de Mos nas eleccións municipais do 2019 e 2023.

    37 visitas (↑37 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0, 37

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  27. 27

    Rastro (informática)

    Rastro (informática)

    Un rastro (tamén chamado frecuentemente polo seu termo en inglés, cookie) é un arquivo de texto que se envía dende os servidores dun sitio web e que se garda nos dispositivos dos usuarios (móbiles, ordenadores, etc). Almacenan información sobre a actividade dos usuarios cada vez que visitan un sitio web e permiten recuperar a información almacenada ata o momento cada vez que estes acceden aos sitios (os rastros envíanse aos servidores para a súa consulta). Deste xeito, o sitio web ou os seus propietarios poden consultar a devandita información e servir determinados contidos, segundo as preferencias do usuario, ou ben conseguir información sobre os hábitos de navegación.

    35 visitas (↑5 de onte)22,20,22,30,17,0,0,30, 35

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  28. 28

    A batalla polo Noroeste

    A batalla polo Noroeste

    A batalla polo Noroeste (título orixinal en inglés: The Battle for Wesnoth), tamén coñecido como A batalla por Wesnoth ou simplemente Wesnoth polo seu nome en orixinal en inglés, é un videoxogo de estratexia por roldas ambientado nun mundo de fantasía medieval. Caracterízase por unhas regras moi simples, e xógase en mapas hexagonais (formados por hexágonos). O xogo é software libre, con licenza GNU GPL, e está dispoñible de balde para un gran número de plataformas.

    34 visitas (↑8 de onte)0,0,0,0,0,0,0,26, 34

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  29. 29

    José Viale Moutinho

    José Viale Moutinho

    José Viale Moutinho, nado o 12 de xuño de 1945 en Funchal, na Madeira, e finado o 22 de setembro de 2026, foi un escritor e xornalista portugués moi vinculado á Galiza, académico de honra da Real Academia Galega.

    33 visitas (↓38 de onte)0,0,0,0,0,0,0,71, 33

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  30. 30

    Lista de xentilicios de concellos galegos

    Lista de xentilicios de concellos galegos

    Esta é unha lista dos xentilicios dos concellos de Galicia:

    33 visitas (↓13 de onte)20,0,26,0,0,0,23,46, 33

    3 días na lista

    🔍 🗞️
  31. 31

    Criptomeria

    Criptomeria

    A criptomeria ou cedro xaponés, Cryptomeria japonica (L.f.) D. Don, é a única especie de árbore do xénero Cryptomeria. É unha conífera pertencente á familia das cupresáceas, endémica do Xapón, onde é coñecida co nome xaponés de sugi (杉). En Occidente incrementouse o uso do termo "sugi" para se referir a esta árbore, xa que semella máis axeitado ca o usado antigamente: "cedro xaponés", xa que o "sugi" non é un auténtico cedro (xénero Cedrus).

    32 visitas (↓14 de onte)37,22,29,55,25,0,0,46, 32

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  32. 32

    Freguesías de Portugal

    Freguesías de Portugal

    No 2010, segundo o INE, Portugal contaba con 4.260 freguesías:

    31 visitas (↑31 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0, 31

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  33. 33

    Galicia

    Galicia

    Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Unión Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.

    31 visitas (↓10 de onte)44,26,33,42,18,34,24,41, 31

    8+ días na lista

    🔍 🗞️
  34. 34

    España

    España

    España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ) (en castelán: Reino de España, en catalán/valenciano: Regne d'Espanya, en vasco: Espainiako Erresuma, en asturiano: Reinu d'España, en occitano: Reialme d'Espanha e en aragonés: Reino d'España), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera, o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.

    30 visitas (↑11 de onte)0,20,27,18,0,0,0,19, 30

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  35. 35

    El Puto Coke

    El Puto Coke

    El Puto Coke, nado en Vigo en 1979 co nome de Jorge Céspedes Santos, é un Mc galego tamén coñecido como El Puto ou El 5º Elemento.

    30 visitas (↑30 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0, 30

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  36. 36

    Marcial Mouzo

    Marcial Mouzo

    Marcial Mouzo Vidal, máis coñecido como Marcial Mouzo, nado en Mazaricos o 20 de abril de 1961, é un xornalista e comunicador galego.

    30 visitas (↑11 de onte)24,28,23,0,0,0,19,19, 30

    3 días na lista

    🔍 🗞️
  37. 37

    Lamine Yamal

    Lamine Yamal

    Lamine Yamal Nasraoui Ebana, nado en Esplugues de Llobregat o 13 de xullo de 2007 é un futbolista español que xoga como dianteiro no FC Barcelona da Primeira División de España. É o xogador máis novo da historia (16 anos e 57 días) en debutar e marcar un gol coa selección de España, na Primeira División de España (16 anos e 87 días), e na Eurocopa en debutar e asistir (16 anos e 338 días) e anotar un gol (16 anos e 361 días).

    30 visitas (↑9 de onte)0,35,22,0,18,0,27,21, 30

    3 días na lista

    🔍 🗞️
  38. 38

    Flora invasora de Galicia

    Flora invasora de Galicia

    A flora invasora de Galicia é o conxunto de especies de plantas que foi transportado e introducido polo ser humano en Galicia, fóra da súa área de distribución natural. Estas especies conseguiron establecerse e espallarse resultando as máis das veces daniñas ecolóxica e/ou paisaxisticamente. Que unha especie vexetal invasora resulta daniña significa que produce cambios importantes na composición, a estrutura ou os procesos dos ecosistemas naturais ou seminaturais, pondo en perigo a diversidade biolóxica nativa (en diversidade de especies, diversidade dentro das poboacións ou diversidade de ecosistemas).

    29 visitas (↑29 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0, 29

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  39. 39

    Arona Sané

    Arona Sané

    Arona Sané, nado en Sindia (Thiès, Senegal) o 21 de xuño de 1995, é un futbolista senegalés que xoga na posición de extremo. Na tempada 2026/27 forma parte da SD Sarriana da Terceira Federación.

    28 visitas (↑28 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0, 28

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  40. 40

    Chuza!

    Chuza!

    Chuza! foi unha rede social de promoción de novas, que funciona maioritariamente nun ámbito galego. Foi creada por Berto Yáñez e comezou a funcionar o 20 de febreiro de 2006 e o 25 de xullo de 2010 foi pechada temporalmente polo seu autor, quen alegou esgotamento.

    28 visitas (↑28 de onte)21,18,27,0,0,20,0,0, 28

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  41. 41

    HTTP 404

    HTTP 404

    HTTP 404, 404 not found, 404, 404 error, page not found ou file not found é unha mensaxe de erro do código estándar de resposta do protocolo HTTP que indica que o cliente se puido comunicar co servidor pero que este non foi capaz de atopar o que se buscaba. Un erro 404 indica que o recurso buscado, xeralmente unha páxina web, pode estar dispoñible no futuro. O erro tamén pode aparecer cando un servidor non quere revelar se ten a información solicitada.

    27 visitas (↑27 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0, 27

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  42. 42

    Sexo anal

    Sexo anal

    O sexo anal é unha práctica sexual que consiste na introdución do pene erecto no ano e o recto da parella, co fin de obter pracer. Outras formas de sexo anal inclúen o fingering, o uso de xoguetes sexuais, o sexo oral realizado no ano (anilingus), e o pegging. O termo sexo anal refírese máis comunmente á penetración do pene no ano, mais algunhas fontes refírense a coito anal para a penetración anal, e sexo anal para calquera forma actividade sexual, especialmente en parellas, e oposta á masturbación anal.

    27 visitas (↑4 de onte)0,19,0,0,21,21,19,23, 27

    5 días na lista

    🔍 🗞️
  43. 43

    Cariño

    Cariño

    Cariño é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca do Ortegal. Segundo o IGE, en 2014 tiña 4.241 habitantes (4.590 no 2009, 4.700 no 2006, 4.788 no 2005, 4.798 no 2004, 4.812 no 2003). O xentilicio é cariñés.

    27 visitas (↑27 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0, 27

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  44. 44

    Nós, a Xente do Redor

    Nós, a Xente do Redor

    Nós, a Xente do Redor é unha revista cultural en lingua galega creada en 2020 grazas ao movemento cultural «Nós, a Xente do Redor» de Ourense e impulsada por Avelino Jácome Iglesias.

    26 visitas (↑26 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0, 26

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  45. 45

    Posición do misioneiro invertida

    Posición do misioneiro invertida

    A posición da amazona é calquera posición sexual na que a muller está enriba do seu compañeiro sexual durante a actividade sexual. A posición máis comunmente asociada coa muller na parte superior adoita chamarse posición da vaqueira ou cabalgando, que deriva o seu nome da imaxe da muller que "monta" o home como vaqueira montando a cabalo. Nesta posición, o home adoita deitarse de costas coas pernas pechadas, mentres que a parella está a cabalo sobre el estendendo as pernas a cada lado, normalmente de xeonllos, coas canelas detrás, ou sentado sobre o sexo e as pernas da parella, mirando cara a adiante ou cara a atrás, e o home ou a muller insire o pene erecto do home na vaxina ou no ano da muller.

    26 visitas (↑26 de onte)17,18,17,0,25,0,21,0, 26

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  46. 46

    ABBA

    ABBA

    ABBA foi un grupo sueco de música pop, integrado por Benny Andersson, Anni-Frid «Frida» Lyngstad, Björn Ulvaeus e Agnetha Fältskog. O nome «ABBA» é un acrónimo formado polas primeiras letras do nome de cada membro (Agnetha, Björn, Benny, Anni-Frid). O cuarteto formouse en Estocolmo en 1972, pero só lograron fama internacional ao triunfar no Festival de Eurovisión 1974.

    25 visitas (↑25 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0, 25

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  47. 47

    Dado-Dadá

    Dado-Dadá

    O Dado Dadá foi un club de jazz do ensanche compostelán, situado no número 19 da rúa Alfredo Brañas. Abriu as súas portas en febreiro de 1980 e pechou en febreiro de 2019.

    25 visitas (↑25 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0, 25

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  48. 48

    Alfonso Daniel Rodríguez Castelao

    Alfonso Daniel Rodríguez Castelao

    Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".

    24 visitas (↑24 de onte)0,0,0,0,0,0,16,0, 24

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  49. 49

    Bertín Osborne

    Bertín Osborne

    Norberto Juan Ortiz Osborne, coñecido como Bertín Osborne, nado en Madrid o 7 de decembro de 1953, é un cantante, presentador e actor español.

    24 visitas (↑24 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0, 24

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  50. 50

    Masturbación coas mamas

    Masturbación coas mamas

    A masturbacion coas mamas ou coito mamario é un acto sexual, que se realiza como preludio ou como sexo sen penetración, que implica a estimulación do pene cos peitos dunha muller e viceversa. Implica colocar o pene entre os peitos dunha muller e mover o pene cara a arriba e abaixo para simular a penetración sexual e para crear pracer sexual. Pódese usar como alternativa a unha masturbación manual.

    24 visitas (↑24 de onte)22,19,0,0,0,0,19,0, 24

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  51. 51

    Ignatius Farray

    Ignatius Farray

    Juan Ignacio Delgado Alemany, máis coñecido como Ignatius Farray, nado en Granadilla de Abona (Santa Cruz de Tenerife) o 2 de decembro de 1973, é un cómico, escritor, actor, guionista e cantante canario, nado na illa de Tenerife mais residente en Madrid. No 2018 gañou o Premios Ondas e foi nomeado ao Emmy.

    24 visitas (↑24 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0, 24

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  52. 52

    Galipedia

    Galipedia

    A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e hoxe ten un total de 234.881.

    23 visitas (↑23 de onte)0,0,28,22,0,0,27,0, 23

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  53. 53

    Pobo galego

    Pobo galego

    Os galegos son un grupo nacional, cultural e etnolingüístico que vive maioritariamente en Galicia, no noroeste da Península Ibérica, pero que por mor da emigración histórica tamén ten importantes poboacións noutras partes de España, Europa e América. Os galegos teñen os seus propios costumes, cultura, lingua, música, danza, deportes, arte, cociña e mitoloxía. O galego, lingua romance derivada do latín que se falaba na antiga Gallaecia romana, é a lingua propia de Galicia e constitúe a máxima expresión cultural do pobo galego.

    23 visitas (↓12 de onte)24,0,21,22,20,25,23,35, 23

    7 días na lista

    🔍 🗞️
  54. 54

    Pablo Diego Dios

    Pablo Diego Dios

    Pablo Diego Dios, nado en Pontevedra o 11 de febreiro de 1998, é un escritor, sociólogo, internacionalista e activista en defensa da lingua e a cultura galega.

    22 visitas (↑22 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0, 22

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  55. 55

    Patricia Domínguez Barja

    Patricia Domínguez Barja

    Patricia Domínguez Barja, nada na Pobra de Trives o 28 de xaneiro de 1979, é unha avogada e política galega do PSdeG-PSOE.

    22 visitas (↑6 de onte)0,0,0,0,0,0,0,16, 22

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  56. 56

    Jacobo Paz

    Jacobo Paz

    Jacobo Paz Limia, nado na Coruña en 1979, é un guionista e dramaturgo galego.

    22 visitas (↑22 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0, 22

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  57. 57

    Sito Miñanco

    Sito Miñanco

    José Ramón Prado Bugallo, máis coñecido como Sito Miñanco, nado en San Tomé do Mar (Cambados) o 23 de setembro de 1955, é un empresario e, no seu momento, contrabandista galego.

    21 visitas (↑21 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0, 21

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  58. 58

    Partido Comunista pola República Galega

    Partido Comunista pola República Galega

    O Partido Comunista pola República Galega (PCRG) é un partido político galego de ideoloxía marxista-leninista e independentista, fundado en decembro de 2021. Defende a construción dunha República Socialista Galega e sitúa a clase traballadora como suxeito central da emancipación nacional e social. A súa estratexia combina a loita polo dereito de autodeterminación de Galicia coa defensa do internacionalismo proletario, manifestando solidariedade con Cuba, Venezuela e Palestina, e rexeitando a pertenza de España á OTAN. Inclúe como un dos seus eixes fundamentais a liberación da muller traballadora desde unha perspectiva de clase.

    21 visitas (↑21 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0, 21

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  59. 59

    Santiago Mina Vallespín

    Santiago Mina Vallespín

    Santiago Mina Vallespín, nado en Urrea de Gaén o 11 de marzo de 1958, é un exfutbolista aragonés que xogaba na posición de defensa central.

    20 visitas (↑20 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0, 20

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  60. 60

    Lista de apelidos galegos

    Lista de apelidos galegos

    Segundo o Seminario de Onomástica da Real Academia Galega, existen máis de 6000 apelidos galegos, que corresponden aproximadamente co 95% da poboación galega. Ao longo dos Séculos Escuros, moitos apelidos fóronse, ben adaptándose foneticamente ao español: *Feijoo/Feixoo, ben substituíndo polos seus equivalentes casteláns *Iglesias/Igrexas ou Eirexas. Por tanto, apelidos moi abundantes como Otero ou Alonso non proceden, na maior parte dos casos, de xente que viñese de fóra de Galiza, senón de transformacións que sufriron apelidos xenuinamente galegos (Outeiro e Afonso, neste caso).

    20 visitas (↑20 de onte)0,0,18,0,0,0,0,0, 20

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  61. 61

    Marie Curie

    Marie Curie

    Maria Salomea Skłodowska-Curie (ˈmarja salɔˈmɛa skwɔˈdɔfska), máis coñecida como Marie Curie, nada en Varsovia o 7 de novembro de 1867 e finada en Passy (Francia) o 4 de xullo de 1934, foi unha física e química polonesa nacionalizada francesa. Pioneira no campo da radioactividade, foi a primeira muller en recibir un premio Nobel, a primeira persoa e a única muller en recibir dous premios Nobel, sendo ata o momento a única persoa en recibir o premio Nobel en distintas categorías científicas. Foi parte do legado da familia Curie de cinco premios Nobel (dous, ela; un, o seu marido Pierre Curie; un, a súa filla Irène Joliot-Curie; e outro, o seu xenro Frédéric Joliot-Curie).

    20 visitas (↑20 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0, 20

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  62. 62

    Carl Sagan

    Carl Sagan

    Carl Edward Sagan, nado en Brooklyn (Nova York) o 9 de novembro de 1934 e finado en Seattle (estado de Washington) o 20 de decembro de 1996, foi un astrónomo, astrofísico, cosmólogo, astrobiólogo, escritor e divulgador científico estadounidense. Foi un defensor do pensamento escéptico científico e do método científico, pioneiro da exobioloxía e promotor da procura de intelixencia extraterrestre a través do Proxecto SETI. Impulsou o envío de mensaxes a bordo de sondas espaciais, destinadas a informar a posibles civilizacións extraterrestres acerca da cultura humana. Mediante as súas observacións da atmosfera de Venus, foi dos primeiros científicos en estudar o efecto invernadoiro a escala planetaria.

    20 visitas (↑20 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0, 20

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  63. 63

    Néstor Pardo

    Néstor Pardo

    Néstor Pardo, nado na Coruña o 22 de xaneiro de 1985, é un músico e cantautor galego.

    19 visitas (↑19 de onte)0,0,0,0,0,0,20,0, 19

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  64. 64

    Lúa Arufe

    Lúa Arufe

    Lúa Arufe Calo, nada no Porto do Son o 6 de setembro de 2008, é unha futbolista galega. Xoga como dianteira no FC Barcelona Feminino B desde a tempada 2024-25.

    19 visitas (↑19 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0, 19

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  65. 65

    Android

    Android

    Android é un sistema operativo para móbiles baseado en Linux, que xunto con aplicacións middleware está destinado para ser empregado en dispositivos móbiles como teléfonos intelixentes, tabletas, Google TV e outros dispositivos. É desenvolvido pola Open Handset Alliance, a cal é liderada por Google. Este sistema polo xeral manexa aplicacións como Google Play Store.

    19 visitas (↑1 de onte)0,0,0,0,0,0,0,18, 19

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  66. 66

    Vitrasa

    Vitrasa

    Viguesa de Transportes (Vitrasa), é unha empresa de transportes viguesa, responsable do transporte público urbano nesa cidade en réxime de concesión municipal desde 1968. É unha marca comercial de Avanza, pertencente á multinacional mexicana Mobility ADO. Ademais explota en réxime de concesión autonómica, unha liña, entre o Alto da Encarnación e Vigo, (liña C3) unindo o concello de Vigo co de Redondela. En 2007 contaba cunha frota de 118 autocares, cubrindo un total de 35 liñas.

    19 visitas (↑19 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0, 19

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  67. 67

    Vigo

    Vigo

    Vigo ( pronunciación ) (tamén coñecida como a cidade olívica) é unha cidade e concello da provincia de Pontevedra, na comunidade autónoma de Galicia, no noroeste da Península Ibérica. É a capital da comarca de Vigo, aínda que historicamente pertenceu á comarca de Val de Fragoso. Ademais é a capital da súa área metropolitana.

    18 visitas (0 de onte)0,0,0,0,0,0,15,18, 18

    3 días na lista

    🔍 🗞️
  68. 68

    Fernando Tallón Cabana

    Fernando Tallón Cabana

    Fernando Tallón Cabana, nado en Lugo en 1944, é un político e mestre galego do PPdeG.

    18 visitas (↑18 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0, 18

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  69. 69

    Real Expedición Filantrópica da Vacina

    Real Expedición Filantrópica da Vacina

    A Real Expedición Filantrópica da Vacina, coñecida como Expedición Balmis-Salvany ou Expedición Balmis en referencia ao médico alacantino Francisco Xavier Balmis, foi unha expedición de carácter filantrópico que deu a volta ao mundo e que durou desde o 30 de novembro de 1803 até 1806. O seu obxectivo era nun principio que a vacina da varíola chegase a cada recuncho do Imperio Español (América, Filipinas e outras illas do Pacífico), xa que a alta mortalidade do virus estaba ocasionando a morte de miles de nenos. O rei Carlos IV apoiou e sufragou con fondos públicos ao médico da corte, o doutor Balmis, na súa idea dunha vacinación masiva de nenos ao longo de todo o imperio, xa que a súa propia filla a Infanta María Luísa sufrira tamén a enfermidade.

    17 visitas (↑17 de onte)0,0,0,0,0,0,15,0, 17

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  70. 70

    Xabier Deive

    Xabier Deive

    Xabier Deive Martínez, nado en Narón o 14 de maio de 1970 e finado o 18 de xullo de 2024, foi un actor galego cunha ampla experiencia interpretativa. Traballou en teatro, cine e televisión, sendo especialmente coñecido polos seus papeis en numerosas series da Televisión de Galicia como A vida por diante, Matalobos ou Serramoura.

    17 visitas (↑17 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0, 17

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  71. 71

    Xerardo Quintiá

    Xerardo Quintiá

    Xerardo Quintiá Pérez, nado en Friol o 28 de marzo de 1970, é un escritor galego.

    17 visitas (↓51 de onte)0,0,0,0,0,0,0,68, 17

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  72. 72

    Ramón González Costas

    Ramón González Costas

    Ramón González Costas, coñecido como Moncho Barreras, nado en Castrelos (Vigo) en 1946, é un sindicalista galego.

    17 visitas (↑17 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0, 17

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  73. 73

    Raposo

    Raposo

    Para a especie de raposo presente en Galicia, véxase raposo común. Para outros conceptos referenciados como raposo ou raposa, véxase raposo (homónimos). O raposo, raposa ou golpe é un mamífero carnívoro de pequeno e medio tamaño que pertence a varios xéneros da familia dos cánidos.

    17 visitas (↓4 de onte)0,0,21,28,0,0,38,21, 17

    3 días na lista

    🔍 🗞️
  74. 74

    Alfabeto galego

    Alfabeto galego

    O alfabeto galego, segundo a representación gráfica moderna e oficial, ten 23 letras e 6 dígrafos, ademais dalgunhas letras (ç, j, k, w, e y) usadas en estranxeirismos, abreviaturas e símbolos internacionais. No galego medieval (galego-portugués), como en calquera outro estándar non codificado, existían moitas vacilacións na representación de sons. Por exemplo, para o son (/ɲ/) aparecen nos textos galegos representacións con n, nn, ñ, ni, etc.

    17 visitas (↑2 de onte)0,0,0,0,0,0,0,15, 17

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  75. 75

    Máquina comecartos

    Máquina comecartos

    Unha máquina comecartos ou simplemente un comecartos é un aparello automático concibido para ofrecer xogos de aposta sen a intervención dun empregado. Estes dispositivos poden ser mecánicos, electrónicos ou dixitais. O xogo consiste en introducir unha moeda coa esperanza de que saia unha combinación gañadora e obter un premio en metálico que proporciona a propia máquina.

    17 visitas (↓5 de onte)22,32,31,23,17,0,18,22, 17

    3 días na lista

    🔍 🗞️
  76. 76

    Justo González Ballesta

    Justo González Ballesta

    Justo José González Ballesta, nado en Lugo o 9 de outubro de 1951 e finado en Vigo o 21 de setembro de 2026, foi un médico e político galego do PPdeG.

    17 visitas (↓43 de onte)0,0,0,0,0,0,171,60, 17

    3 días na lista

    🔍 🗞️
  77. 77

    Gerardo Pardo de Vera

    Gerardo Pardo de Vera

    Gerardo Manuel Pardo de Vera Díaz, nado na Coruña o 18 de outubro de 1942, é un avogado, escritor e político galego.

    17 visitas (↑17 de onte)0,0,0,0,0,0,46,0, 17

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  78. 78

    Charles Darwin

    Charles Darwin

    Charles Robert Darwin [tʃɑrlz ˈdɑrwɪn], nado o 12 de febreiro de 1809 e finado o 19 de abril de 1882, foi un naturalista, biólogo e xeólogo inglés que destaca pola súa achega á teoría evolutiva. Observou e postulou que todas as especies de organismos vivos evolucionaron a partir dun único antecesor común. Nunha publicación conxunta con Alfred Russel Wallace, introduciu a teoría de que ese fenómeno de diversificación é o resultado do que denominaron selección natural; un proceso no que a competición por persistir ten a mesma resultante que teñen os cruzamentos selectivos na selección artificial.

    16 visitas (↓2 de onte)0,0,0,37,0,0,20,18, 16

    3 días na lista

    🔍 🗞️
  79. 79

    Noelia Rey

    Noelia Rey

    Noelia Rodríguez Rey, máis coñecida como Noelia Rey, nada en Ourense o 9 de abril de 1995, é unha xornalista galega de televisión.

    16 visitas (↑16 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0, 16

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  80. 80

    Elena Ferro

    Elena Ferro

    María Elena Ferro Lamela, máis coñecida como Elena Ferro, nada en Merza (Vila de Cruces) en 1975, é unha zoqueira artesanal galega adicada ao deseño, fabricación e venda de artesanía: zocos, bolsos e complementos sita na súa vila natal, e que tivo un papel fundamental na revalorización dos zocos a finais do século XX inicios do século XXI. Creou unha franquía denominada Eferro (Elena Ferro).

    16 visitas (↑16 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0, 16

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  81. 81

    Anna's Archive

    Anna's Archive

    Anna's Archive é un motor de procura de código aberto para bibliotecas na sombra (repositorios de textos dixitais que non son facilmente accesíbeis doutro xeito). Foi creado por alguén que utiliza o Pseudónimo Anna #, pouco despois dos intentos de pechar a biblioteca Z-Library en 2022, aplicando a lei. O sitio web recolle rexistros de Z-Library, Sci-Hub, e a Biblioteca Genesis (LibGen), entre outras fontes.

    16 visitas (↑16 de onte)0,0,0,0,0,16,19,0, 16

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  82. 82

    Lugo

    Lugo

    Lugo é unha cidade e concello de Galicia, capital da provincia de Lugo e da comarca homónima. Fundada no ano 25 a. C. por Paulo Fabio Máximo, é unha cidade de orixe romana e a máis antiga de Galicia.

    16 visitas (↑16 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0, 16

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  83. 83

    A derradeira leición do mestre

    A derradeira leición do mestre

    A derradeira leición do mestre é unha obra pictórica de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao que foi pintada no ano 1945 en Buenos Aires. O cadro consérvase no Centro Galicia de Buenos Aires.

    16 visitas (↑16 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0, 16

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  84. 84

    Coroa (ornamento)

    Coroa (ornamento)

    A coroa para ornamento da cabeza considerouse en todas as épocas como distintivo da autoridade real e nalgunhas das súas formas, como premio ou condecoración debida a méritos moi singulares. A coroa radiante ou con puntas no bordo superior foi entre os romanos un atributo dos deuses e dos emperadores a quen se tributaron honores divinos. A coroa triunfal ou de loureiro, xa natural, xa metálica, dábase polos romanos aos xenerais vitoriosos A coroa cívica ou de rama de carballo concedíase en Roma aos cidadáns beneméritos.

    16 visitas (↑16 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0, 16

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  85. 85

    Seo

    Seo

    O termo Seo pode referirse a Seo, cada unha das glándulas mamarias da muller; Seo materno, sinónimo de útero; Seo; Seo; Seo do óso, cavidade dentro do espesor dun óso ou entre as articulaciones dos ósos; Seo-BirdLife, colectivo ecoloxista dedicada ó estudo das aves. Como topónimo, pode referirse a: En Galiza O Seo, lugar da parroquia de Cazás, no concello de Xermade; Viseo, lugar da parroquia de Morquintián, no concello de Muxía.

    16 visitas (↑16 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0, 16

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  86. 86

    Khmer vermellos

    Khmer vermellos

    Khmer vermellos (en francés Khmers Rouges, en camboxano ខ្មែរក្រហម, Khmae Krɑ-hɑɑm) é o nome co que foi coñecida a organización guerrilleira camboxana que, tras a Guerra de Vietnam, a saída dos Estados Unidos e o derrocamento do xeneral Lon Nol (que rexía unha ditadura militar desde 1970), tomaron o poder o 17 de abril de 1975 (a «Caída de Phnom Penh»). Os Khmer vermellos fundaron Kampuchea Democrática, un sistema de goberno de características autoritarias que, baixo a aparencia formal dunha república popular de inspiración maoísta, consolidou na práctica un sistema de economía radicalmente agraria, baixo a consigna da evacuación das cidades e destrución da civilización urbana e a súa cultura, consideradas burguesas, a reconstrución social desde as orixes da civilización e a recuperación da cultura khmer ancestral baixo a dirección de Pol Pot, o seu principal líder. Ademais dun férreo control militar sobre a poboación civil, sometida en boa parte a un réxime de traballos forzados, desenvolveron extensos métodos de detención, tortura e asasinatos selectivos en masa, baixo a consigna da chamada «procura do inimigo interno».

    16 visitas (↑16 de onte)17,22,18,20,38,26,0,0, 16

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  87. 87

    Tonhito de Poi

    Tonhito de Poi

    Antón Axeitos Ares, máis coñecido como Tonhito de Poi, nado en Castiñeiras (Ribeira) o 27 de novembro de 1969, é un artista polifacético galego.

    16 visitas (↑16 de onte)0,18,36,32,26,23,0,0, 16

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  88. 88

    Elxokas

    Elxokas

    Joaquín Domínguez Portela, coñecido como Elxokas, nado en Lugo o 13 de abril de 1991, é un influenciador, streamer, youtuber e creador de contido en Twitch e YouTube. Comezou como streamer en 2018 en Twitch creando contido do videoxogo World of Warcraft. En 2019, era xa o creador de contido máis grande da comunidade hispanofalante nesta categoría.

    16 visitas (↑16 de onte)22,0,22,0,0,23,0,0, 16

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  89. 89

    Borja Verea

    Borja Verea

    Borja Verea Fraiz, nado en Santiago de Compostela en 1980, é un funcionario e político galego do PPdG, presidente do Partido Popular de Santiago de Compostela, voceiro no Concello de Santiago polo PPdG e deputado no Parlamento de Galicia pola circunscrición electoral da Coruña.

    16 visitas (↑16 de onte)0,0,0,0,22,0,0,0, 16

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  90. 90

    Isabel Zendal

    Isabel Zendal

    Isabel Zendal Gómez, nada na Grela (Parada, Ordes) o 26 de febreiro de 1773 e finada no Vicerreinado de Nova España (actual México), foi unha enfermeira e reitora do Hospital de Caridade da Coruña. Participou na Real Expedición Filantrópica da Vacina de Francisco Xavier Balmis coidando dos 22 nenos da Casa de Expósitos da Coruña, que foron dende A Coruña a México e dos 26 que foron dende Acapulco a Filipinas durante os 10 anos que durou a expedición para levar a vacina da varíola aos territorios españois de ultramar. É considerada a primeira enfermeira da historia en misión internacional.

    15 visitas (↑15 de onte)0,0,0,0,0,0,22,0, 15

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  91. 91

    Benjamin Compaoré

    Benjamin Compaoré

    Benjamin Compaoré, nado o 5 de agosto de 1987 en Bar-le-Duc, é un atleta francés especialista na proba de triplo salto.

    15 visitas (↑15 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0, 15

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  92. 92

    Brad Pitt

    Brad Pitt

    William Bradley "Brad" Pitt, nado en Shawnee (Oklahoma) o 18 de decembro de 1963, é un actor e produtor estadounidense. Pitt recibiu catro nomeamentos ós Premios Óscar e cinco ós Globos de Ouro, e é gañador dun Globo de Ouro. Foi descrito como un dos homes máis atractivos do mundo, un feito polo cal recibiu moita atención por parte dos medios de comunicación.

    15 visitas (↑15 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0, 15

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  93. 93

    Sonsoles Espinosa

    Sonsoles Espinosa

    Sonsoles Espinosa Díaz, nada en Ávila o 8 de novembro de 1961, é unha xurista, soprano e profesora de música española.

    15 visitas (↓1 de onte)0,0,0,0,0,0,26,16, 15

    3 días na lista

    🔍 🗞️
  94. 94

    Peter Kenilorea

    Peter Kenilorea

    Peter Kenilorea, nado como Kenirorea Kau'ona Keninaraiso'ona en Takataka o 23 de maio de 1943 e finado en Honiara o 24 de febreiro de 2016, foi un alto funcionario e político salomonés. Foi o primeiro ministro das Illas Salomón entre 1978 e 1981 e de novo de 1984 a 1986.

    15 visitas (↑15 de onte)0,0,0,0,0,0,24,0, 15

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  95. 95

    Vilagarcía de Arousa

    Vilagarcía de Arousa

    Vilagarcía de Arousa é un concello e vila da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Salnés.

    15 visitas (↑15 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0, 15

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  96. 96

    Alxeria

    Alxeria

    Alxeria (en árabe: الجزائر, al-Jazā’ir, en tamazight: ⴷⵥⴰⵢⴻⵔ, Dzayer), oficialmente República Democrática e Popular de Alxeria (en árabe: الجمهورية الجزائرية الديمقراطية الشعبية en Tamazight: ⵜⴰⴳⴷⵓⴷⴰ ⵜⴰⴷⵣⴰⵢⵔⵉⵜ ⵜⴰⵎⴰⴳⴷⴰⵢⵜ ⵜⴰⵖⴻⵔⴼⴰⵏⵜ ), é un estado situado na África do Norte, formando parte do Magreb. A súa capital, Alxer, está ao norte, á beira da costa mediterránea. Cunha superficie de 2 381 741 km² é o país maior da cunca mediterránea, de África e do mundo árabe.

    15 visitas (↑15 de onte)0,27,21,23,18,23,20,0, 15

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  97. 97

    Xosé Neira Vilas

    Xosé Neira Vilas

    Xosé Santiago Neira Vilas, nado en Gres (Vila de Cruces) o 3 de novembro de 1928 e finado no mesmo lugar o 27 de novembro de 2015, foi un xornalista, recoñecido e premiado escritor galego en lingua galega e lingua castelá e dinamizador cultural, emigrante na Arxentina e Cuba, membro da Real Academia Galega, Medalla Castelao e Medalla de Ouro de Galicia, autor dunha ampla obra narrativa, na que destaca Memorias dun neno labrego (1961), o libro máis editado da historia da literatura galega. Cultivou tamén o ensaio, a poesía e a literatura infantil. A súa obra, tanto por calidade como por cantidade, converteuno nun clásico das letras de Galicia.

    15 visitas (↓2 de onte)0,0,22,0,0,0,16,17, 15

    3 días na lista

    🔍 🗞️
  98. 98

    Álex Fidalgo

    Álex Fidalgo

    Alejandro Fidalgo Conde, nado en Corcubión o 20 de abril de 1985, é un xornalista, locutor de radio e presentador de televisión galego, máis coñecido como Álex Fidalgo. É membro dos equipos de La Rosa de los Vientos e No son horas de Onda Cero. Tamén formou parte do equipo do programa nocturno La parroquia, na mesma cadea, até o seu peche en 2016.

    15 visitas (↑15 de onte)0,0,0,0,22,17,15,0, 15

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  99. 99

    José Miguel Alonso Pumar

    José Miguel Alonso Pumar

    José Miguel Alonso Pumar, nado en Cariño en 1976, é un político galego do PSG-PSOE, exalcalde de Cariño.

    14 visitas (↑14 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0, 14

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  100. 100

    Xeografía de Naruto

    Xeografía de Naruto

    A serie de manga e anime Naruto transcorre nun universo ficticio no cal hai gran cantidade de "Países" e "Aldeas Ninja". Os países están dirixidos por Señores Feudais (Daimyō, ao estilo do Xapón medieval). O único que establece as relacións entre eles son os potenciais bélicos e os tratados de paz e alianzas, que non sempre son tidos en conta.

    14 visitas (↑14 de onte)0,22,20,22,39,22,18,0, 14

    1 días na lista

    🔍 🗞️

Estes datos son de .