Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Diego Luna Alexander, nado en Toluca de Lerdo o 29 de decembro de 1979, é un actor, director e produtor mexicano. É coñecido polo seu traballo como actor infantil en telenovelas, por protagonizar Y tu mamá también e polos seus papeis secundarios en filmes como Rudo y Cursi, The Terminal, Elysium e Milk. Tamén protagonizou a carón de Romola Garai o filme Dirty Dancing: Havana Nights e proporcionou a narración en lingua española do documental de National Geographic Great Migrations.
As mil e unha noites (en árabe: كتاب ألف ليلة وليلة, Alf layla wa-layla ou en persa: هزار و یک شب) é unha compilación de historias e contos populares orixinarios de Oriente Medio e Asia Meridional, compilados en lingua árabe a partir do século IX. A obra foi recompilada durante moitos séculos por varios autories, tradutores e estudosos de Asia occidental, central e meridional e do norte de África. Algúns contos teñen as súas raíces no folclore e nas literaturas árabe, persa, india, grega, xudía e turca. En particular, moitos dos relatos foron contos orixinais das eras abbásida e mamluk, mentres que outros, especialmente a historia marco, probablemente proceden da obra persa pahlavi Hezār Afsān (persa: هزار افسان, literalmente Mil Contos), que en cambio teñen en parte elementos indios.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
David Roy Lithgow, nado en Toowoomba o 20 de novembro de 1928 e finado en Brisbane o 26 de outubro de 1994, foi un médico, lingüista, tradutor bíblico e misioneiro protestante australiano vencellado ao Summer Institute of Linguistics (SIL) e á Wycliffe Bible Translators (WBT) . Desenvolveu durante máis de tres décadas o seu traballo principalmente na provincia de Milne Bay, en Papúa Nova Guinea, onde participou na tradución da Biblia, na descrición de varias linguas austronesias, xunto coa súa muller Daphne Lithgow, e en actividades médicas e educativas. Foi director rexional do SIL en Milne Bay dende a década de 1970 e coordinador de traducións do SIL en Papúa Nova Guinea de 1991 a 1993 .
Xosé Santiago Neira Vilas, nado en Gres (Vila de Cruces) o 3 de novembro de 1928 e finado no mesmo lugar o 27 de novembro de 2015, foi un xornalista, recoñecido e premiado escritor galego en lingua galega e lingua castelá e dinamizador cultural, emigrante na Arxentina e Cuba, membro da Real Academia Galega, Medalla Castelao e Medalla de Ouro de Galicia, autor dunha ampla obra narrativa, na que destaca Memorias dun neno labrego (1961), o libro máis editado da historia da literatura galega. Cultivou tamén o ensaio, a poesía e a literatura infantil. A súa obra, tanto por calidade como por cantidade, converteuno nun clásico das letras de Galicia.
Lamine Yamal Nasraoui Ebana, nado en Esplugues de Llobregat o 13 de xullo de 2007 é un futbolista español que xoga como dianteiro no FC Barcelona da Primeira División de España. É o xogador máis novo da historia (16 anos e 57 días) en debutar e marcar un gol coa selección de España, na Primeira División de España (16 anos e 87 días), e na Eurocopa en debutar e asistir (16 anos e 338 días) e anotar un gol (16 anos e 361 días).
Kaliningrado (en ruso: Калининград, tr. "Kaliningrad", [kəlʲɪnʲɪnˈgrat] (AFI)), Królewiec en polaco, Karaliaučius en lituano, antigamente chamada Königsberg (pronuncia en alemán [ˈkøːnɪçsˌbɛʁk] (AFI)), é a capital da provincia rusa de Kaliningrad, enclave ruso entre Polonia e Lituania, na beira do Mar Báltico. A cidade tamén é célebre polo problema topolóxico das Sete pontes de Königsberg, resolvido por Euler no 1736.
Alternativa dos Veciños é un partido político que actuou ao longo da súa historia no concello de Oleiros. A partir das eleccións de 2015 iniciou un proceso de ampliación coa presentación de candidaturas nos concellos da Coruña, Arteixo e Culleredo o que lle permitu entrar na Deputación da Coruña. Nos anos seguintes o partido aumentou as agrupacións locais, e así tras as eleccións de 2019 fíxose coa alcaldía do concello de Carral e entrou nos gobernos locais de Bergondo e Sada.
A criptomeria ou cedro xaponés, Cryptomeria japonica (L.f.) D. Don, é a única especie de árbore do xénero Cryptomeria. É unha conífera pertencente á familia das cupresáceas, endémica do Xapón, onde é coñecida co nome xaponés de sugi (杉). En Occidente incrementouse o uso do termo "sugi" para se referir a esta árbore, xa que semella máis axeitado ca o usado antigamente: "cedro xaponés", xa que o "sugi" non é un auténtico cedro (xénero Cedrus).
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Unión Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Luís Vaz de Camões, tamén grafado como Camoéns, nado cara a 1524 e finado o 10 de xuño de 1580, foi un poeta portugués, recoñecido, en numerosas ocasións, como o maior poeta de lingua portuguesa e dos maiores da Humanidade. O seu xenio é comparábel ao de Homero, Virxilio, Dante e Shakespeare. Das súas obras, a epopea Os Lusíadas é a máis significativa.
Os mamíferos acuáticos e os semiacuáticos son un diverso grupo de mamíferos que viven parcial ou enteiramente nun corpo de auga. Entre eles están varios mamíferos mariños que habitan no océano, e diversas especies de auga doce, como a lontra. Non constitúen un taxon e non están unificados en ningún agrupamento biolóxico distintivo, que non sexa a súa dependencia ou relación integral cos ecosistemas acuáticos.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Listenbourg é un país ficticio creado como un meme de Internet en outubro de 2022, que o representa como unha extensión da Península Ibérica. O usuario francés de Twitter Gaspard Hoelscher compartiu un mapa manipulado de Europa cunha frecha vermella que apuntaba ao contorno dun territorio situado en Galiza, Asturias e Norte de Portugal, coa forma virada do mapa de Francia, e bromeou dicindo que os estadounidenses non poderían nomear ese Estado europeo membro da UE. O tal país fíxose viral nas redes sociais, con algunhas marcas, políticos e organizacións seguindo a broma.
Para o aeroporto Federico García Lorca Granada-Xaén véxase: Aeroporto de Granada. Federico García Lorca, nado en Fuente Vaqueros (Provincia de Granada) o 5 de xuño de 1898 e finado en Víznar (Provincia de Granada) o 18 de agosto de 1936, foi un poeta e dramaturgo andaluz. Membro da Xeración do 27 e autor en lingua galega de Seis poemas galegos (1935), é considerado o poeta español máis lido de tódolos tempos.
O Movemento 15-M, tamén chamado movemento dos indignados, é un movemento cidadán formado após a manifestación do 15 de maio de 2011 (convocada por diversos colectivos), onde despois de que 40 persoas decidisen acampar na Porta do Sol esa noite de xeito espontáneo, produciuse unha serie de protestas pacíficas en España co obxectivo de promover unha democracia máis participativa arredada do bipartidismo PSOE - PP e do dominio de bancos e corporacións, así como unha "auténtica división de poderes" e outras medidas coa intención de mellorar o sistema democrático. Aglutinou diversos colectivos cidadáns con diferentes lemas, como o da manifestación do 15 de maio: «Non somos monicreques en mans de políticos e banqueiros» ou «Democracia real XA! Non somos mercadoría en mans de políticos e banqueiros ».
Rosalía Castro de Murguía, de solteira, Rosalía de Castro Abadía, nada en Conxo (Santiago de Compostela) o 23 de febreiro de 1837 e finada na Matanza (Padrón) o 15 de xullo de 1885, foi unha escritora e poeta galega, considerada a máis ilustre figura da lírica moderna, unha das máis altas da poesía española do século XIX e a principal responsable do Rexurdimento galego do século XIX, xunto a Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez. O 17 de maio, Día das Letras Galegas, celébrase co gallo de ser a data de edición da súa obra Cantares gallegos. A súa figura e as súas creacións literarias foron obxecto dunha abondosa bibliografía e recibiron unha constante atención crítica, tanto no territorio galego coma no estranxeiro.
A RNA-Seq é unha técnica de bioloxía molecular que utiliza secuenciación de seguinte xeración para revelar a presenza e cantidade de ARN nunha mostra biolóxica nun momento dado, analizando o transcritoma celular en constante cambio. Especificamente, a RNA-Seq facilita a capacidade de observar transcritos de xenes de empalme alternativo, modificacións postranscricionais, fusións de xenes, mutacións/SNPs e cambios na expresión xénica co tempo ou diferenzas en expresión xénica entre diferentes grupos ou tratamentos. Ademais dos transcritos e ARNm, a RNA-Seq pode analizar diferentes poboacións de ARN, incluíndo o ARN total, o ARN pequeno, como o miARN, o ARNt e o perfil ribosómico.
O tardofranquismo constitúe a última etapa da ditadura franquista que termina coa morte de Francisco Franco o 20 de novembro de 1975. Adóitase situar o seu comezo en outubro de 1969 cando se forma o goberno «monocolor» presidido de facto polo almirante Carrero Blanco, o principal conselleiro de Franco. Tres meses antes o Caudillo designara como sucesor «co título de rei» o príncipe Xoán Carlos de Borbón).
Theodore John Kaczynski, nado en Chicago (Illinois) o 22 de maio de 1942, e finado o 10 de xuño de 2023, máis coñecido co alcume de Unabomber, foi un matemático, filósofo, neoludita e terrorista estadounidense, que se dedicou á fabricación e envío de cartas e paquetes bomba, motivado e influenciado por un pensamento crítico da sociedade actual.
Isabel Rodríguez García, nada en Abenójar, provincia de Cidade Real, o 5 de xuño de 1981, é unha avogada e política española, deputada no Congreso dos Deputados polo PSOE e que dende xullo de 2017, presidiu a Comisión de Xustiza. En xullo de 2021, foi nomeada ministra de Política Territorial por Pedro Sánchez e, tamén, voceira do seu goberno. En novembro de 2023 foi nomeada ministra de Vivenda e Axenda Urbana.
Lizzie Andrew Borden, nada en Fall River, Massachusetts o 19 de xullo de 1860 e finada no mesmo lugar o 1 de xuño de 1927, coñecida como Lizzie Borden, foi unha muller solteira de Nova Inglaterra e a única sospeitosa dos asasinatos do seu pai e da súa madrasta, que tiveron lugar na súa casa o 4 de agosto de 1892. A crueldade do dobre asasinato, levado a cabo a machadas, así como o posterior xuízo e o feito de que ninguén fose finalmente condenado polas mortes, converteu o caso nunha cause celébre en Norteamérica e segue sendo un episodio cheo de dúbidas no mundo da criminoloxía. Aínda que Lizzie Borden foi absolta dos crimes, si que quedou ela como a autora deles, converténdose nunha figura mítica do folclore estadounidense, que aparece en numerosas pezas de teatro ou ópera, así como en filmes.
Os galegos son un grupo nacional, cultural e etnolingüístico que vive maioritariamente en Galicia, no noroeste da Península Ibérica, pero que por mor da emigración histórica tamén ten importantes poboacións noutras partes de España, Europa e América. Os galegos teñen os seus propios costumes, cultura, lingua, música, danza, deportes, arte, cociña e mitoloxía. O galego, lingua romance derivada do latín que se falaba na antiga Gallaecia romana, é a lingua propia de Galicia e constitúe a máxima expresión cultural do pobo galego.
Cristina Ortiz Rodríguez, nada o 19 de marzo de 1964 en Adra e finada o 9 de novembro de 2016 en Madrid, máis coñecida polo alcume de La Veneno ("A Veleno"), foi unha vedete, cantante e colaboradora de televisión española, famosa por intervir nos programas de entrevistas nocturnos Esta noche cruzamos el Mississippi e La sonrisa del pelícano, emitidos en España entre 1996 e 1997, ámbolos dous programas presentados polo xornalista Pepe Navarro. La Veneno foi unhas das primeiras mulleres transxénero en visibilizar a realidade do colectivo transxénero, e é recoñecida como unha das iconas LGBT máis atrevidas de España.
Xabier Deive Martínez, nado en Narón o 14 de maio de 1970 e finado o 18 de xullo de 2024, foi un actor galego cunha ampla experiencia interpretativa. Traballou en teatro, cine e televisión, sendo especialmente coñecido polos seus papeis en numerosas series da Televisión de Galicia como A vida por diante, Matalobos ou Serramoura.
Jean-Luc Mélenchon, nado en Tánxer o 19 de agosto de 1951, é un político francés, eurodeputado e co-presidente do Partido de Esquerda. Electo local de Massy e logo do departamento de Essonne a partir de 1983, foi elixido senador de Essonne en 1986 e reelixido en 1995 e 2004. Foi despois elixido eurodeputado na Circunscrición do Suroeste de París en 2009, baixo a bandexa da Fronte de Esquerda, que comprende o Partido Comunista Francés, o Partido de Esquerda e Esquerda Unitaria.
Vigo ( pronunciación ) (tamén coñecida como a cidade olívica) é unha cidade e concello da provincia de Pontevedra, na comunidade autónoma de Galicia, no noroeste da Península Ibérica. É a capital da comarca de Vigo, aínda que historicamente pertenceu á comarca de Val de Fragoso. Ademais é a capital da súa área metropolitana.
Memorias dun neno labrego é unha novela social e histórica do galego Xosé Neira Vilas, publicada na Arxentina o 5 de xaneiro de 1961 por Follas Novas, distribuidora de libros e editorial fundada polo propio autor e a súa muller, Anisia Miranda. É o segundo libro publicado polo autor, primeiro en prosa, despois do poemario Dende lonxe (1960). Memorias foi escrito en tres meses no café La Vieja Viena, do barrio porteño de Villa Urquiza.
A masturbacion coas mamas ou coito mamario é un acto sexual, que se realiza como preludio ou como sexo sen penetración, que implica a estimulación do pene cos peitos dunha muller e viceversa. Implica colocar o pene entre os peitos dunha muller e mover o pene cara a arriba e abaixo para simular a penetración sexual e para crear pracer sexual. Pódese usar como alternativa a unha masturbación manual.
A maioría das linguas de Europa pertencen á familia de linguas indoeuropeas. Esta familia está dividida en numerosas pólas, incluíndo a itálica, a xermánica, a báltica, a eslava, a albanesa, a céltica, a armenia e a helénica (grego). As linguas urálicas, que inclúen o húngaro, o finés e o estoniano, tamén teñen unha presenza significativa en Europa.
Stranger Eyes (en chinés: 默視錄) é un filme de misterio de 2024 dirixido por Yeo Siew Hua e protagonizado por Lee Kang-sheng e Wu Chien-ho. É unha coprodución internacional entre Singapur, Taiwán, Francia e os Estados Unidos de América. Estreouse na competición principal do Festival Internacional de Cinema de Venecia, converténdose no primeiro filme de Singapur en competir polo León de Ouro.
Eleccións municipais en Oleiros
Estes foron os resultados das eleccións municipais no concello de Oleiros dende 1979.
Joan Fuster i Ortells, nado en Sueca o 23 de novembro de 1922 e finado na mesma vila o 21 de xuño de 1992, foi un escritor valenciano en lingua catalá. É recoñecido sobre todo pola súa obra ensaística, especialmente Nosaltres els valencians (1962) ou Qüestió de noms, Diccionari per a ociosos (1963).
La Mesías é unha serie de televisión española de suspense e drama creada, escrita e dirixida por Javier Ambrossi e Javier Calvo para Movistar Plus+. Está protagonizada por un amplo elenco liderado por Macarena García, Roger Casamajor, Lola Dueñas, Ana Rujas, Carmen Machi, Albert Pla, Amaia, Cecilia Roth, Nora Navas, Rossy de Palma, Aixa Villagrán e Gracia Olayo, entre outros. Tivo a súa estrea mundial no Festival Internacional de Cine de Donostia o 28 de setembro de 2023, e logo estreouse para o público en Movistar Plus+ o 11 de outubro de 2023.
O niobio (tamén chamado columbio) é un elemento químico de símbolo Nb (anteriormente Cb) e número atómico 41, situado no grupo 5 da táboa periódica dos elementos. É un metal de transición dúctil, brando e de cor gris, atopado principalmente no mineral chamado niobita. O seu nome procede da personaxe mitolóxica Níobe, filla de Tántalo, debido as similitudes que este elemento presenta co elemento homónimo a este último.
O campo de concentración de Auschwitz (en alemán: Konzentrationslager Auschwitz) foi un complexo de 40 campos de concentración e de exterminio operados pola Alemaña nazi na Polonia ocupada durante a segunda guerra mundial e o Holocausto. Componse de Auschwitz I, o campo principal (Stammlager) en Oświęcim; Auschwitz-Birkenau, un campo de concentración e exterminio construído con numerosas cámaras de gas; Auschwitz III-Monowitz, un campo de traballo creado para achegar persoal a unha fábrica para o conglomerado químico IG Farben; así como ducias de subcampos. Os campos convertéronse nun importante lugar para a Solución final do réxime nazi.
Un sátiro (en grego Σάτυρος, Sátyros) é unha criatura da mitoloxía grega na que encarna un espírito ou forza vital da natureza. Os sátiros, relacionados coas Ménades, forman o cortexo dionisíaco (tíaso) que acompaña ó deus Dioniso. Suponíase que vivían no campo, bebendo e danzando con Dioniso, e perseguendo ás Ménades.
A Real Academia Galega (RAG) é unha institución científica, creada en 1906, que ten como obxectivo o estudo da cultura galega, e en especial a ilustración, defensa e promoción da lingua galega. Elabora as Normas Ortográficas e Morfolóxicas do Idioma Galego, e decide a personalidade literaria á que se lle dedica o Día das Letras Galegas. Os seus membros son personalidades influentes do mundo da cultura galega, relacionados maioritariamente coa lingua.
O Juan Carlos I (L-61), catalogado inicialmente como Buque de Proxección Estratéxica, é un buque de asalto anfibio da Armada Española botado o 10 de marzo de 2008 pola empresa española Navantia (Ferrol) que recibe o seu nome en honor ao xefe do Estado, o rei Xoán Carlos I de España. Este buque é o de maior tamaño e tonelaxe que tivo a Armada Española en toda a súa historia.
Patrimonio da Humanidade en Ucraína
A Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO) designa como Patrimonio da Humanidade aqueles elementos do patrimonio cultural ou patrimonio natural que posúen un valor universal excepcional e que propoñen os países asinantes da Convención do Patrimonio da Humanidade da UNESCO, establecida en 1972. O patrimonio cultural comprende monumentos (como obras arquitectónicas, esculturas monumentais ou inscricións), conxuntos de edificios e sitios (incluíndo xacementos arqueolóxicos). O patrimonio natural defínese como os elementos naturais (que consisten en formacións físicas e biolóxicas), as formacións xeolóxicas e fisiográficas (incluíndo os hábitats de especies animais e vexetais ameazadas) e os sitios naturais que son importantes desde o punto de vista da ciencia, a conservación ou a beleza natural.
Jabba Desilijic Tiure, comunmente coñecido como Jabba o Hutt, é un personaxe ficticio de A guerra das galaxias creado por George Lucas. É un extraterrestre da especie dos hutt, grande e parecido a unha lesma, que como moitos outros da súa especie, opera como un poderoso señor do crime dentro da galaxia. Na estrea cinematográfica da triloxía orixinal de Star Wars, Jabba o Hutt apareceu por primeira vez en O retorno do Jedi (1983), no entanto menciónase en A guerra das galaxias (1977) e en O imperio contraataca (1980).
O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península Ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.
O nome San Fins, pode referirse: Fins de Nola, santo da Igrexa católica (século III); Fins de Xirona, ou Fins, o Africano, santo da Igrexa católica (século IV). Como topónimo, pode referirse a: En Galiza San Fins de Eirón, parroquia do concello de Mazaricos; San Fins de Sales, parroquia do concello de Vedra; San Fins, lugar da parroquia de Cesullas, no concello da Cabana de Bergantiños; San Fins, lugar da parroquia de Montemaior, no concello da Laracha; San Fins de Campelo, lugar da parroquia de Campelo, no concello de Negreira; As Minas de San Fins, lugar da parroquia de Vilacova, no concello de Lousame. Monte de Galiza Monte de San Fins, nos Montes da Paradanta, con cumio na parroquia de Cabeiras (Arbo).
José Tojeiro Díaz, nado en Ortigueira[Cómpre referencia] o 11 de xullo de 1934 e finado o 4 de marzo de 2015 en Narón, foi un cidadán galego que se fixo célebre a comezo de 1990 pola súa aparición no programa de televisión Código Uno, de TVE, onde denunciaba un roubo no seu domicilio. Foi o autor da cita «me echaron droja en el Cola Cao». Após volver de Suíza en 1993, onde emigrara por motivos laborais, José Tojeiro acudiu ao programa de Televisión Española Código Uno, presentado polo escritor Arturo Pérez-Reverte.
Unha árbore senlleira na lexislación galega é unha árbore autóctona ou importada que, polas súas características extraordinarias ou destacábeis (tamaño, idade, rareza, beleza, significación histórica, cultural ou científica etc.) é considerada reliquia botánica. Coa súa declaración, son obxecto de protección, concédeselle garantía de respecto comunitario e foméntase o seu valor científico, cultural, didáctico, paisaxístico ou ornamental. A figura de "árbore senlleira" é similar a figuras de protección doutras autonomías españolas e doutros estados europeos.
O Club Sportif Bourgoin-Jallieu Rugby, ou CS Bourgoin-Jallieu, é un club de rugby francés da vila homónima, que compite na Nationale, a terceira categoría do rugby francés. A súa mellor tempada foi a 1996/97, na que foi subcampión do Top 14 e campión da Challenge Cup. O club está ausente da máxima categoría do rugby francés dende a tempada 2010/11.
Manuel Rivas Barrós, nado no barrio coruñés de Montealto o 26 de outubro de 1957, é un escritor, poeta, ensaísta e xornalista galego, membro de número da Real Academia Galega dende 2009. A súa obra literaria está escrita orixinalmente en galego e é considerado na actualidade o escritor galego con máis proxección internacional, a súa obra está traducida a vinte idiomas, entre eles o francés, italiano, inglés, alemán, grego, turco, ruso, finés, holandés, croata e xaponés. Entre outros moitos premios é Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes (2022) e Premio Nacional das Letras Españolas (2024) do Goberno de España.
Posición do misioneiro invertida
A posición da amazona é calquera posición sexual na que a muller está enriba do seu compañeiro sexual durante a actividade sexual. A posición máis comunmente asociada coa muller na parte superior adoita chamarse posición da vaqueira ou cabalgando, que deriva o seu nome da imaxe da muller que "monta" o home como vaqueira montando a cabalo. Nesta posición, o home adoita deitarse de costas coas pernas pechadas, mentres que a parella está a cabalo sobre el estendendo as pernas a cada lado, normalmente de xeonllos, coas canelas detrás, ou sentado sobre o sexo e as pernas da parella, mirando cara a adiante ou cara a atrás, e o home ou a muller insire o pene erecto do home na vaxina ou no ano da muller.
Cartes é un municipio situado na comunidade autónoma de Cantabria, España, na comarca do Besaya. Os seus límites son: ao norte con Reocín, ao oeste con Mazcuerras, ao sur con Los Corrales de Buelna e ao leste Torrelavega. O municipio de Cartes sitúase no eixo do río Besaya, xusto na zona de influencia de dúas dos focos industrialles máis importantes da comunidade: Torrelavega e Los Corrales de Buelna.
Gmail, tamén coñecido como Google Mail, é un servizo de correo electrónico de balde con posibilidades POP3 e IMAP proporcionado pola empresa estadounidense Google. Dende novembro de 2012, é o servizo de correo electrónico con máis usuarios rexistrados a nivel global, superando a Outlook, propiedade de Microsoft. En 2014, Gmail superou as mil millóns de descargas en dispositivos Android.
O antibolivianismo fai referencia a hostilidade cara aos bolivianos baseado nunha combinación de prexuízos de tipo histórico, cultural e político. Considerado á vez unha propaganda negativa do país baseada en estereotipos como unha nación fracasada, principalmente da visión dalgúns dos seus veciños países. Exprésase como contratendencias en correntes nacionalistas de países como Chile ou o Perú, polo suceso da guerra do Pacífico de 1879 e en menor medida como reacción contra a inmigración boliviana á Arxentina.