Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
El abuelo é un filme español de 1998 escrito, producido e dirixido por José Luis Garci. Está protagonizado por Fernando Fernán Gómez, Cayetana Guillén Cuervo e Rafael Alonso Ochoa. O filme, unha adaptación da novela do mesmo título por Benito Pérez Galdós, conta a historia dun nobre fidalgo que regresa do Perú que descobre que unha das súas dúas netas é filla ilexítima, produto dun amorío entre a súa nora e un artista.
O fosfatidilglicerol é un fosfoglicérido que forma parte das membranas celulares eucarióticas e bacterianas (nalgunhas bacterias é o principal compoñente), e forma parte do surfactante pulmonar, que reduce a tensión superficial no alvéolo e facilita o intercambio respiratorio de gases. Nas cianobacterias e plantas abunda na membrana tilacoidal (pero tamén está presente noutras membranas), e parece que mantén a proporción de lípidos aniónicos no tilacoide necesarios para realizar a fotosíntese.A estrutura xeral do fosfatidilglicerol pode describirse como un diacilglicérido esterificado cun fosfato cunha molécula de glicerol esterificada no fosfato. Por tanto, contén dúas moléculas de glicerol, unha no diacilglicérido e outra na cabeza polar.
ABBA foi un grupo sueco de música pop, integrado por Benny Andersson, Anni-Frid «Frida» Lyngstad, Björn Ulvaeus e Agnetha Fältskog. O nome «ABBA» é un acrónimo formado polas primeiras letras do nome de cada membro (Agnetha, Björn, Benny, Anni-Frid). O cuarteto formouse en Estocolmo en 1972, pero só lograron fama internacional ao triunfar no Festival de Eurovisión 1974.
En Galicia, segundo o decreto 65/1997 da Xunta, existen oficialmente 53 comarcas, das cales 18 pertencen á provincia da Coruña, 13 á de Lugo, 12 á de Ourense e 10 están na provincia de Pontevedra. As comarcas constitúen o ámbito de actuación dos plans de desenvolvemento comarcal e carecen de funcións administrativas.
La casa de papel é unha serie española creada por Álex Pina e producida por Atresmedia en colaboración con Vancouver Media para a súa emisión en Antena 3. Protagonizada por Úrsula Corberó, Itziar Ituño e Álvaro Morte, entre outros, presentouse no III FesTVal de televisión de primavera en Burgos en marzo de 2017. Estreouse o 2 de maio de 2017 e acabou o 23 de novembro do mesmo ano, cun total de 15 capítulos.
Cuentos de buenas noches para niñas rebeldes
Cuentos de buenas noches para niñas rebeldes é unha serie de libros infantís, para nenas e nenos de 6 anos en diante. Os libros foron financiados a través do sitio web de crowdfunding, Cada un dos libros inclúe cen historias curtas sobre biografías de mulleres reais que poden ser un modelo, cada biografía vén acompañada de ilustracións realizadas por artistas mulleres de todo o mundo.
A bandeira de Lituania (en lituano: Lietuvos vėliava) está formada por tres franxas horizontais do mesmo tamaño: A superior, de cor amarela, simboliza os campos de trigo; a central, verde, simboliza os bosques, e a inferior, vermella, a cor do sangue dos que morreron loitando pola patria. A relación entre a anchura e a lonxitude da bandeira é de 3:5 (as proporcións foron 1:2 ata o 1 de setembro de 2004). Está documentado o uso por parte do Gran Ducado de Lituania dun estandarte de cor vermella coa figura do "cabaleiro branco" que aparece no escudo durante a Batalla de Grunwald (1410).
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Zenobia Camprubí Aymar, nada en Malgrat de Mar, Barcelona, o 31 de agosto de 1887 e finada en San Xoán de Porto Rico o 28 de outubro de 1956, foi unha escritora, tradutora e lingüista española. Pertenceu á idade de prata das ciencias e as letras españolas. Foi a primeira tradutora hispánica de Rabindranath Tagore e chegou a traducir vinte e dous volumes á vez que desenvolveu múltiples actividades cívicas, culturais, comerciais e docentes.
A espada de Mouruás é unha espada da idade de bronce atopada na aldea de Mouruás (San Xoán de Río), e conservada actualmente no museo de Ourense. A espada foi achada en novembro de 1967, nunha escavación na canteira da Pena dos Castros, nos penedos da Pastora, preto das rochas da Raíña e A Moura, un conxunto granítico no medio dunha fraga no val do río Navea.
A fisioterapia é unha disciplina das ciencias da saúde que ofrece unha alternativa terapéutica non farmacolóxica para diagnosticar, previr e tratar síntomas de múltiplas doencias, tanto agudas como crónicas, por medio do exercicio terapéutico mediante a calor, o frío, a luz, a auga, a electricidade e técnicas manuais.
Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega, unha enciclopedia en liña, de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. Botou a andar o 8 de marzo de 2003 e ten agora mesmo 176.011 artigos, superando os 100 000 o 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario. A comezos do ano 2013 usábanse xa 101 305 imaxes distintas.Para unha relación cronolóxica dos acontecementos da Galipedia pode consultarse o apartado Actualidade.
Lugo é unha das catro provincias de Galicia creadas por Javier de Burgos en 1833. É a meirande provincia galega e a de menor poboación relativa. Limita ó norte co mar Cantábrico, ó oeste coa provincia da Coruña e a de Pontevedra, ó sur coa provincia de Ourense e ó leste co Principado de Asturias e a provincia de León, pertencente a Castela e León.
En electromagnetismo, o diamagnetismo é unha propiedade dos materiais que consiste en repeler os campos magnéticos. É o oposto aos materiais paramagnéticos os cales son atraídos polos campos magnéticos. O fenómeno do diamagnetismo foi descuberto por Sebald Justinus Brugmans que observou en 1778 que o bismuto e o antimonio foron repelidos polos campos magnéticos.
Afganistán (en paxto e dari افغانستان, Afġānistān), oficialmente coñecido como República Islámica de Afganistán, é un país localizado en Asia Central. Ten unha poboación de arredor de 31 millóns de habitantes, sendo o país 42 máis poboado do mundo. Limita con Irán ó oeste, con Paquistán ó sur e ó leste, con Turkmenistán, Uzbekistán e Taxiquistán no norte e coa República Popular da China no extremo máis oriental do país.
Monforte de Lemos é un concello galego situado ao sur da provincia de Lugo, capital da comarca da Terra de Lemos e da Ribeira Sacra. Recibiu o título de cidade en 1885.Cunha poboación de 18.599 habitantes en 2018 segundo o IGE, Monforte de Lemos é o segundo concello máis poboado da provincia de Lugo, só superado pola capital. Durante o século XX chegou a superar os 20.000 habitantes, cifra que non acada desde os anos noventa.
A Lúa é o único satélite natural da Terra, visible desde esta só en parte e baixo formas distintas, chamadas fases, segundo a posición que teña respecto da Terra e o lado por onde reciba a luz do Sol. Cun diámetro de 3476 km é o quinto satélite máis grande do Sistema Solar, mentres que en canto ao tamaño proporcional respecto do seu planeta é o satélite máis grande: un cuarto do diámetro da Terra e 1/81 da súa masa. Logo de Ío, é ademais o segundo satélite máis denso.
Lista de nomes masculinos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes masculinos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
O termo vehículo deportivo utilitario (en inglés SUV, de sport utility vehicle) designa a aqueles vehículos semellantes aos vehículos familiares pero cun chasis máis lixeiro e normalmente equipado con tracción ás catro rodas coa pretensión de ser utilizado nalgunha medida como vehículo todo terreo, a súa orixe está nos vehículos militares tales como os jeeps e os Land Rover. Foi un vehículo popular na década de 1990 e 2000 nos Estados Unidos, Canadá e Australia e en menor medida en Europa. Desde aquela declinou polo aumento do prezo do combustible e a crise económica substituído polo crossover que conta ademais cunha mellor eficiencia no consumo de combustible.
Europa ( pronunciación ) é un dos continentes que conforman o supercontinente euroasiático, situado entre os paralelos 35º 30’ e 70º 30’ de latitude norte. Europa é unha das grandes penínsulas de Eurasia (segundo como se considere, a maior delas), á que de forma convencional e por motivos históricos considérase un continente propio, e pertence a súa a Eurafrasia. De forma convencional e por motivos histórico-culturais é considerada un continente, tras a delimitación realizada polo xeógrafo ruso Vasili Tatíshchev quen desexaba sinalar a pertenza de Rusia a Europa e a Asia.As fronteiras de Europa e a súa poboación son obxecto de controversia, xa que o termo continente pode referirse a un ben cultural e político ou a distincións fisiográficas.
Pitaia é o froito en baga da planta do mesmo nome, dos xéneros Hylocereus e Selenicereus, da familia dos cactos (Cactaceae), proveniente das Américas, de forma ovoide e que, segundo as especies, pode ter a pela de cor rosa, vermella ou amarela, con brácteas verdes que tornan amarelas cando madurece, e a polpa branca ou rosada con sementes negras, moi zumarenta e de sabor doce. Hoxe cultívanse en diferentes zonas tropicais e subtropicais do mundo, incluíndo xa as Illas Canarias e o sur da Península Ibérica.
A historia evolutiva da vida na Terra describe os procesos e acontecementos polos cales os organismos vivos e fósiles evolucionaron desde que apareceu a vida sobre o noso planeta ata os nosos días. A Terra formouse hai uns 4,5 Ga (xigaanos), é dicir, hai 4.500 millóns de anos e hai probas de que a vida apareceu 500 millóns de anos despois. As similitudes que presentan todos os organismos actuais indican a presenza dun antepasado común a partir do cal diverxiron todas as especies coñecidas polo proceso da evolución.
Lista de nomes femininos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes femininos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Everis Spain, S.L. é unha compañía multinacional con sede en Madrid, especializada na consultoría de aplicacións tecnolóxicas. A consultora abarca os sectores de telecomunicacións, entidades financeiras, Industria, Utilities & Enerxía, Banca, Seguros e Administracións Públicas. Everis conta con máis de 6.000 empregados e ten oficinas en España, Portugal, Italia, Brasil, Arxentina, México, Chile e Colombia.
Un organismo aerobio ou aerobio é un organismo que necesita oxíxeno para sobrevivir, xa que o utiliza como aceptor de electróns no seu metabolismo enerxético. A diferenza deles, os organismos anaerobios son os que non requiren oxíxeno para crecer, e algúns deles mesmo se ven prexudicados ou morren en presenza de oxíxeno. Todos os aerobios poden vivir en ambientes con oxíxeno, xa que poderán obter enerxía e están protexidos encimaticamente dos efectos nocivos oxidantes de derivados do oxíxeno que se poden formar, pero algúns anaerobios aerotolerantes tamén poden vivir en presenza de oxíxeno aínda que non o usen.
Os moinantes son un grupo social de España e algúns países de Europa. Principalmente son nómades con algunhas similitudes co pobo xitano e considéranse unha etnia con identidade propia. Son tamén chamados quincalleros polo oficio que historicamente realizaban, vender, facer e reparar trebellos metálicos como tixolas e potas.
Lista de programas de Televisión Española
Esta lista inclúe programas emitidos pola Televisión Española, desde a súa creación en 1956.
Non confundir con Antonio Tovar Llorente (Valladolid 1911-1985), filólogo, lingüista e historiador.Antón Tovar Bobillo, nado na Pereira, Rairiz de Veiga, en 1921 e falecido en Ourense o 16 de xuño de 2004, foi un poeta galego que escribiu en lingua castelá e lingua galega, encadrado na chamada promoción de enlace. A súa obra está marcada polo pesimismo, o sentimento poético sincero e auténtico, o existencialismo, o intimismo e a preocupación social, ademais da baldía procura de deus. Foi membro correspondente e de honra da Real Academia Galega.
Gmail, coñecido como Google Mail en Alemaña, Austria e Reino Unido por problemas legais, é un servizo de correo electrónico de balde con posibilidades POP3 e IMAP proporcionado pola empresa estadounidense Google dende o 15 de abril de 2004, que captou a atención dos medios de información polas súas innovacións tecnolóxicas e mais pola súa capacidade. Dende novembro de 2012, é o servizo de correo electrónico con máis usuarios rexistrados a nivel global, superando a Outlook, propiedade de Microsoft. En 2014, Gmail superou as mil millóns de descargas en dispositivos Android.
Inés Santé Riveira, nada en Ferrol o 29 de novembro de 1976, é unha investigadora e científica galega, profesora da área de Enxeñaría Cartográfica, Xeodésica e Fotogrametría do Departamento de Enxeñaría Agroforestal da Universidade de Santiago de Compostela e Secretaria da Comisión Académica do Programa de Doutoramento en Xestión Sustentable da Terra. Ocupa a Dirección do Instituto de Estudos do Territorio da Xunta de Galicia.
O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.
A Mocidade Nacionalista Galega (MNG), constituída o 13 de novembro de 2010 na cidade de Santiago de Compostela como o referente xuvenil de Máis Galiza, é unha organización xuvenil que estivo integrada no seo de Galiza Nova (Bloque Nacionalista Galego) ata o 10 de marzo de 2012. Na actualidade é o referente xuvenil de Compromiso por Galicia. Como organización política da mocidade galega, a MNG defende o dereito de Galiza a definirse e decidir o seu futuro libre e soberanamente co fin de acadar a súa autodeterminación.[Cómpre referencia]A Mocidade Nacionalista Galega é herdeira política directa da Mocidade Socialista Galega e da súa política de ampliación de horizontes políticos encarnada na plataforma 'Entre tod@s, Galiza Nova' destinada á XI Asemblea Nacional das mocidades do BNG e no proceso 'Máis Mocidade' que derivou na fundación da propia MNG. A Mocidade Socialista Galega autodisolveuse o propio día 13 de novembro na MNG[Cómpre referencia].
José Manuel Baltar Blanco, nado en Ourense o 3 de agosto de 1967, é un político galego, militante do PPdeG. É fillo de Xosé Luis Baltar, a quen sucedeu na presidencia da Deputación de Ourense. Está casado con María José Caldelas e ten cinco fillos.Concelleiro no concello de Esgos e presidente da Deputación Provincial de Ourense dende o 6 de febreiro de 2012, e presidente do PPdeG na provincia de Ourense dende o 30 de xaneiro de 2010, cando foi elixido no XV Congreso Provincial. Presidente de Partenalia, asociación europea de gobernos provinciais, integrada por autoridades locais intermedias de países europeos.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
Para ver unha introdución non enciclopédica para os visitantes do que é a Wikipedia, véxase Wikipedia:Acerca de. A Wikipedia é un proxecto de enciclopedia de contido libre, multilingüe e de contido aberto operativo grazas á organización sen ánimo de lucro Fundación Wikimedia. O seu nome é unha mestura das palabras wiki (unha tecnoloxía para crear páxinas web colaborativas) e enciclopedia.
O UCAM Murcia Club Baloncesto, S.A.D., onde UCAM fai referencia á Universidad Católica de Murcia, é un equipo de baloncesto profesional español con sede na cidade de Murcia. Fundado en 1985, actualmente compite na liga ACB, máxima categoría do baloncesto español. O UCAM Murcia xoga os seus partidos como local no Palacio de Deportes de Murcia, pavillón con capacidade para 7 454 espectadores.
Un aerobio obrigado é un organismo que necesita oxíxeno para crecer e sen el morrería. Por medio da respiración celular estes organismos utilizan o oxíxeno para metabolizar substancias, xeralmente azucres e graxas, para obter enerxía. Neste tipo de respiración o oxíxeno funciona como aceptor final de electróns da cadea de transporte de electróns respiratoria.
Society for Worldwide Interbank Financial Telecommunication
A Society for Worldwide Interbank Financial Telecommunication (SWIFT) (inglés para Sociedade para as Telecomunicacións Financeiras Interbancarias Mundiais), legalmente S.W.I.F.T. SCRL, proporciona unha rede que permite ás institucións financeiras de todo o mundo enviar e recibir información de transaccións financeiras nun contorno seguro, estandarizado e fiábel. SWIFT tamén vende software e servizos a institucións financeiras, a maioría para usar na rede SWIFTNet, e Códigos de Identificación de Negocios ISO 9362 (BICs, antes Códigos de Identificación de Banco), popularmente coñecidos como "códigos SWIFT". En 2018, arredor da metade dos pagos transfronteirizos de valor elevado de todo o mundo usaron a rede da SWIFT. En 2015, SWIFT conectou a máis de 11 000 institucións financeiras en máis de 200 países e territorios, que intercambiaron unha media de máis de 32 millóns de mensaxes ao día (comparado a unha media de 2,4 millóns de mensaxes diarias en 1995).
Tréveris (en alemán, Trier), é unha cidade de Renania-Palatinado, Alemaña, situada ás beiras do río Mosela, a apenas 15 km da fronteira con Luxemburgo. Cidade natal de Karl Marx (5 de maio de 1818), cuxa residencia familiar é hoxe un museo, e Santo Ambrosio de Milán (340), Trier tamén está orgullosa da súa rica herdanza arquitectónica xa que é considerada a cidade máis antiga de Alemaña, e é con certeza a sede episcopal máis antiga de todo o territorio alemán. En 1986 foi declarada cidade patrimonio da humanidade pola UNESCO. Está localizada no estado da Renania-Palatinado.
A guerra civil española foi un conflito bélico que se desenvolveu tralo fracaso parcial do golpe de estado dun sector do exército contra o goberno democrático da Segunda República española, e que durou do 18 de xullo de 1936 até o 1 de abril de 1939, concluíndo coa vitoria do bando rebelde e coa instauración dunha ditadura de carácter fascista e con trazos propios coñecida como franquismo, debido ó apelido do ditador Francisco Franco Bahamonde. Este decretaría a fin do estado de guerra no ano 1948. O alzamento contra o goberno lexítimo estivo planificado polo xeneral Emilio Mola, encabezado polo xeneral José Sanjurjo Sacanell e secundado entre outros polo xeneral Francisco Franco Bahamonde.
O nacionalismo bérber, tamén chamado berberismo ou amazighismo, é un movemento político bérber baseado no nacionalismo cultural e étnico. Comezou principalmente en Cabilia (en Alxeria) e en Marrocos, e posteriormente estendeuse ao resto de comunidades bérberes da rexión do Magreb, no norte de África. Un grupo bérber, os tuaregs, declaráronse en rebelión contra Malí no ano 2012, e estabeleceron temporalmente un estado independente de facto chamado Azawad, que se identificaba a si mesmo como bérber.
O pexego é o froito do pexegueiro (Prunus persica), da familia Rosaceae. Contén unha única e gran semente cuberta por unha casca dura, dentro dunha froita, de pel de veludo, que posúe unha carne que pode tirar a branco, amarelo, laranxa e incluso algo colorado; presenta un sabor doce e despide un delicado aroma. Os pexegos, xunto coas cereixas, ameixas e albaricoques, son froitas de carabuña.
Galería de imaxes de arañas de Galicia
Galería de imaxes de arañas de Galicia. As arañas pertencen á orde Araneae dos artrópodos.
O Real Madrid Baloncesto, coñecido comunmente como Real Madrid, é un equipo profesional de baloncesto con sede na cidade de Madrid (España). É a sección de baloncesto do Real Madrid Club de Fútbol, creada en 1932 da man de Angel Cabrera. É o club máis laureado de España e do baloncesto FIBA, e o único, xunto ao Club Joventut de Badalona que, unha vez nela, nunca baixou da máxima categoría do baloncesto español.
Segunda división B española de fútbol
A Segunda División B (Segunda RFEF), anteriormente chamada Campionato Nacional de Liga de Segunda División B, é a cuarta categoría da liga española de fútbol. Xerarquicamente está situada entre a Primeira División RFEF e a Terceira División (Terceira RFEF). Foi introducida en 1977 como terceira categoría da liga española de fútbol, cambiando a súa denominación e converténdose na cuarta categoría en 2021 trala creación da Primeira División RFEF.A súa organización depende da Real Federación Española de Fútbol.
Vigo ( pronunciación ) (tamén coñecida como a cidade olívica) é unha cidade e concello da provincia de Pontevedra, na comunidade autónoma de Galicia, no noroeste da península ibérica. É a capital da comarca de Vigo, aínda que historicamente pertenceu á comarca de Val do Fragoso. Ademais é a capital da súa área metropolitana.
Os nanoaerobios son organismos que non poden crecer en presenza de concentracións micromolares de oxíxeno (como os microaerófilos), pero poden crecer en presenza de concentracións nanomolares de oxíxeno. Un exemplo é a bacteria Bacteroides fragilis. O termo nanoaerobio (nanaerobe) foi proposto en 2004 para os organismos que poden respirar niveis nanomolares de oxíxeno e que viven mellor en condicións anóxicas.
YouTube é un espazo web que lles permite aos usuarios publicar, ver e compartir vídeos. Fundouse en febreiro de 2002 por tres antigos empregados de PayPal: Chad Hurley, Steve Chen e Jawed Karim. YouTube é un nome composto de you (en inglés ti) e tube (en inglés tubo, ou sexa, televisión), que quere dicir algo así como ti es a televisión.
Redondela é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Vigo. O seu xentilicio é redondelán. Ten unha superficie de 52,1 km² e, segundo o IGE, a 1 de xaneiro de 2019 tiña 29.218 habitantes, dos cales 14.208 eran varóns e 15.010 eran mulleres, resultando unha densidade de poboación de 560,81 hab./km².
Cidade do Vaticano (en italiano: Città del Vaticano), é un estado soberano cuxo territorio está composto por un enclave dentro da cidade de Roma, capital de Italia. Abrangue unha superficie 0,439 km² (44 hectáreas), sendo o país independente recoñecido internacionalmente máis pequeno do mundo. A súa poboación é de pouco máis de 800 habitantes, dos cales 438 persoas gozan do dereito de cidadanía vaticana, mentres que o resto están autorizadas a residir nel sen ese dereito.
Pedro Sánchez Pérez-Castejón, nado en Madrid o 29 de febreiro de 1972, é un economista e político español, presidente do Goberno de España dende 2018. Tamén é secretario xeral do Partido Socialista Obrero Español (PSOE). Concelleiro do Concello de Madrid entre 2004 e 2009, en setembro de 2009 converteuse en deputado no Congreso.
Central Unitaria de Traballadores
A Central Unitaria de Traballadores/as, CUT, é un sindicato galego creado o 4 de decembro de 1998. O Congreso fundacional celebrouse en Vigo o 19 de abril de 1999. Defínese como un sindicato de clase, que ten como obxectivo a defensa dos intereses de clase de todos os traballadores e traballadoras de Galicia.
Denomínase como enerxía renovable a aquela enerxía que se obtén de recursos naturais virtualmente inesgotables, unhas pola inmensa cantidade de enerxía que conteñen (por exemplo a enerxía xeotérmica), e outras por seren capaces de rexenerarse por medios naturais (a enerxía solar ou a eólica). Sendo esta o conxunto de fontes de enerxía que periodicamente se atopan a disposición dos humanos e que estes son capaces de transformar en enerxía útil . Consideramos que se rexeneran, ou se renovan, naturalmente de xeito máis rápido á velocidade que as consumimos.
Pasqual Maragall i Mira, nado en Barcelona en 1941, é un político e antigo presidente do Partit dels Socialistes de Catalunya que foi presidente da Generalitat de Cataluña dende decembro de 2003 até novembro de 2006. Antes fora alcalde de Barcelona de 1982 a 1997, etapa na cal tiveron lugar os Xogos Olímpicos de Barcelona 1992.
Un organismo microaerófilo é un microorganismo que necesita oxíxeno par vivir, pero require ambientes que só conteñan niveis de oxixeno inferiores aos que existen na atmosfera terrestre (é dicir, <21% O2; tipicamente entre o 2 e o 10% O2) ; a niveis de oxíxeno máis altos non poden vivir. Moitos microaerófilos son tamén capnófilos, xa que necesitan unha elevada concentración de dióxido de carbono (por exemplo, do 10% de CO2 no caso de especies de Campylobacter).
A batalla de Naiso (ou Naissus) foi un enfrontamento armado, no 268 ou 269, entre unha coalición de tribos godas e o exército do Imperio romano, comandado polo emperador Claudio II o Gótico, na antiga cidade de Naiso (ou Naissus), hoxe Niš, na actual Serbia. O resultado da batalla foi unha contundente vitoria romana, que combinada coas campañas posteriores do emperador Lucio Domitio Aureliano, logrou eliminar a ameaza de invasións xermánicas na fronteira dos Balcáns durante as décadas seguintes.
Marte é o cuarto planeta do Sistema Solar pola súa proximidade ao Sol. Chamado así polo deus da guerra da mitoloxía romana Marte, recibe ás veces o alcume de planeta vermello debido á aparencia avermellada que lle confire o óxido de ferro que domina a súa superficie. Ten unha atmosfera delgada formada por dióxido de carbono, e dúas lúas, pequenas e deformadas,: Fobos e Deimos, posibelmente asteroides capturados polo planeta, así mesmo ten apenas un cuarto da superficie da Terra e apenas un décimo da súa masa.
San Salvador de Sanguñedo é unha parroquia do concello de Verea na comarca da Terra de Celanova, na provincia de Ourense. No ano 2020 tiña noventa e sete habitantes, deles cincuenta eran homes e corenta e sete eran mulleres, o que supón unha diminución de 84 habitantes en relación ao ano 2000. A parroquia engloba os lugares de Abeleda, Balín, Casal de Abade, Os Casares, Outeiro e Sanguñedo.
O nacionalismo romanés é o nacionalismo que afirma que os romaneses son unha nación e que promove a unidade cultural dos romaneses. A súa variación extremista é o ultranacionalismo romanés. Unha das ideas defendidas polo nacionalismo romanés é a da Gran Romanía, cuxo principal obxectivo é a creación dun estado nación que incorpore a todos os falantes de lingua romanesa.
Michael John ("Mick") Collins (en irlandés Mícheál Seán Ó Coileáin), nado en Sam's Cross (Condado de Cork) o 12 ou o 16 de outubro de 1890 e finado o 22 de agosto de 1922, foi un líder revolucionario irlandés, Ministro de Finanzas na República de Irlanda, Director de Intelixencia do IRA, e membro da delegación irlandesa durante as negociacións do Tratado Anglo-Irlandés, tanto como Presidente do Goberno Provisional e como Comandante en Xefe do Exército Irlandés. Foi asasinado en agosto de 1922, durante a Guerra Civil Irlandesa. A pesar de que a maioría dos partidos políticos irlandeses recoñece a súa contribución á fundación do estado moderno irlandés, os membros e os simpatizantes do Fine Gael gardan a súa memoria con particular estima, téndoo como pai fundador do seu movemento.
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
Os organismos anaerobios obrigados son microorganismos que morren en presenza das concentracións de oxíxeno que son normais na atmosfera terrestre (20,95% O2), polo que só poden vivir en ambientes sen oxíxeno ou con moi pouco. A tolerancia ao oxíxeno varía entre as especies, algunhas das cales poden sobrevivir incluso cun 8% de oxíxeno, mentres que outras non son viables en ambientes nos que a concentración do oxíxeno supere o 0,5%.
O sector primario é unha das clasificacións das actividades económicas. Considéranse actividades pertencentes ao sector primario as actividades económicas relacionadas coa obtención de recursos da natureza: agricultura extracción mineral gandería explotación forestal pesca caza.Aproximadamente o 50% da poboación mundial traballa no sector primario. En África faino o 62%; en Asia, o 58%; o 6% en Europa, e o 3% en América do Norte.
O capitalismo é unha orde ou sistema social e económico que se atopa en constante movemento, derivado do usufruto da propiedade privada sobre o capital como ferramenta de produción, que se atopa maiormente constituído por relacións empresariais vinculadas ás actividades de investimento e obtención de beneficios, así como de relacións laborais tanto autónomas como asalariadas subordinadas a fins mercantis. Máis especificamente o capitalismo é un sistema económico dominado polo capital e non polo traballo. No capitalismo, os individuos e as empresas usualmente representadas polos mesmos, levan a cabo a produción de bens e servizos de forma privada e interdependiente, dependendo así dun mercado de consumo para a obtención de recursos.
Ortiga, estruga ou herba do cego (Urtica sp.) é o nome común de varias plantas herbáceas da familia das urticáceas, de talo ergueito e flores verdosas en espiga. Caracterízase polos pelos que cobren as súas follas e que liberan unha substancia que produce proído e inflamación en contacto coa pel. Considérase herba ruín, con todo, é unha das plantas que máis aplicacións medicinais posúen.
Ana Peleteiro Brión, nada en Ribeira o 2 de decembro de 1995, é unha atleta galega, especialista en triplo salto e medallista de bronce nos Xogos Olímpicos de Toquio 2020. Asombrou desde moi nena, batendo os récords de España cadete, xuvenil, júnior e promesa e, con 16 anos, foi campioa do mundo júnior no Estadio Olímpico de Barcelona, cun salto de 14,17 m, batendo ademais o récord nacional absoluto.Proclamouse en once ocasións campioa absoluta de España de triplo salto, cinco delas ao aire libre e seis en pista cuberta, a primeira delas en febreiro de 2014, aínda en idade júnior. No Mundial de atletismo en pista cuberta de 2018, disputado en Birmingham, acadou o bronce en triplo salto cunha distancia de 14,40 m.