Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Santiago de Morgadáns é unha parroquia que se localiza no concello de Gondomar na comarca de Vigo. Segundo o padrón municipal de 2008 tiña 1.255 habitantes (624 homes e 631 mulleres), distribuídos en 21 entidades de poboación, o que supón un aumento progresivo en relación aos anos 2004, cando tiña 1.229 habitantes, e 1999, con 1.160. Durante o antigo réxime formou un morgadío xunto ás parroquias de Chenlo (O Porriño) e Pazos de Reis (Tui).
A lingua Waray-Waray, Visaya de Leyte ou Samareño é unha lingua que pertence á familia lingüística austranesia, dentro da rama occidental malaio-polinesia e no grupo visayo, escrita en alfabeto latino (antigamente empregábase o alfabeto baybayin). É falada por arredor de tres millóns de persoas nas provincias de Samar, Samar do Norte, Samar Oriental, e en certos lugares de Leyte e Biliran, nas Filipinas. Déuselle o código ISO 639-2 war, pero non ten un código de dúas letras ISO 639-1, para a representación mediante códigos dos nomes das linguas.
Rocío Pérez Armenteros, nada en Alcalá la Real (provincia de Xaén) o 13 de xullo de 1989 é unha cantante, compositora e actriz andaluza, máis coñecida polo seu nome artístico Roko compuxo cancións de estilo soul principalmente en castelán, aínda que tamén noutros idiomas. Maqueta temas para outros artistas e traballa con Antonio Ferrara que é colaborador de Carlos Jean. O seu disco de cabeceira é Un día en el mundo, de Vetusta Morla.
En xeoloxía, un conglomerado ou rudita é unha rocha sedimentaria de tipo detrítico formada maioritariamente por clastos arredondados do tamaño de gravas ou maior (>2 mm). A natureza litolóxica de ditos clastos pode corresponder a calquera tipo de rocha. Un tipo de rocha similar son as brechas pero estas distínguense dos conglomerados (ver pudingas) por estar compostas de clastos angulosos.
Adiaratou Iglesias Forneiro, nada en Bamaco o 6 de febreiro de 1999, é unha atleta galega radicada en Lugo. Adestra no club Lucus Caixa Rural Galega. En 2019 proclamouse subcampioa do mundo de atletismo paralímpico nas probas de 200 e 100 metros lisos e en 2021 conseguiu o ouro en 100 m e a prata en 400 m nos Xogos Paralímpicos de Toquio.
La casa de papel é unha serie española creada por Álex Pina e producida por Atresmedia en colaboración con Vancouver Media para a súa emisión en Antena 3. Protagonizada por Úrsula Corberó, Itziar Ituño e Álvaro Morte, entre outros, presentouse no III FesTVal de televisión de primavera en Burgos en marzo de 2017. Estreouse o 2 de maio de 2017 e acabou o 23 de novembro do mesmo ano, cun total de 15 capítulos.
En Galicia, segundo o decreto 65/1997 da Xunta, existen oficialmente 53 comarcas, das cales 18 pertencen á provincia da Coruña, 13 á de Lugo, 12 á de Ourense e 10 están na provincia de Pontevedra. As comarcas constitúen o ámbito de actuación dos plans de desenvolvemento comarcal e carecen de funcións administrativas.
A evolución diverxente é a acumulación de diferenzas entre poboacións estreitamente relacionadas dentro dunha especie que dá lugar a unha especiación, é dicir, á formación de especies diferentes. A evolución diverxente dáse normalmente cando dúas poboacións quedan separadas por unha barreira xeográfica (como na especiación alopátrica ou na peripátrica) e experimentan diferentes presións selectivas que dan lugar a adaptacións ao seu novo ambiente. Despois de moitas xeracións e unha evolución continua, as poboacións xa son menos capaces de hibridarse entre si.
O Baloncesto Málaga S.A.D., coñecido por motivos de patrocinio como Unicaja Málaga, é un equipo profesional de baloncesto español con sede na cidade de Málaga. Actualmente compite na Liga ACB, disputando os seus encontros como local no Palacio de Deportes José María Martín Carpena, recinto con capacidade para 11 300 espectadores.
Alien: Covenant é un filme estadounidense de ciencia ficción dirixido por Ridley Scott e escrito por John Logan e Dante Harper, baseado nunha historia de Michael Green e Jack Paglen. O filme é a secuela de Prometheus, sendo o segundo título das precuelas da franquía Alien e o terceiro dirixido por Scott. Está protagonizado por Michael Fassbender, Katherine Waterston, Billy Crudup, Danny McBride e Demián Bichir.
Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega, unha enciclopedia en liña, de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. Botou a andar o 8 de marzo de 2003 e ten agora mesmo 176.011 artigos, superando os 100 000 o 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario. A comezos do ano 2013 usábanse xa 101 305 imaxes distintas.Para unha relación cronolóxica dos acontecementos da Galipedia pode consultarse o apartado Actualidade.
Zenobia Camprubí Aymar, nada en Malgrat de Mar, Barcelona, o 31 de agosto de 1887 e finada en San Xoán de Porto Rico o 28 de outubro de 1956, foi unha escritora, tradutora e lingüista española. Pertenceu á idade de prata das ciencias e as letras españolas. Foi a primeira tradutora hispánica de Rabindranath Tagore e chegou a traducir vinte e dous volumes á vez que desenvolveu múltiples actividades cívicas, culturais, comerciais e docentes.
O pexego é o froito do pexegueiro (Prunus persica), da familia Rosaceae. Contén unha única e gran semente cuberta por unha casca dura, dentro dunha froita, de pel de veludo, que posúe unha carne que pode tirar a branco, amarelo, laranxa e incluso algo colorado; presenta un sabor doce e despide un delicado aroma. Os pexegos, xunto coas cereixas, ameixas e albaricoques, son froitas de carabuña.
Nicanor Parra Sandoval, nado en San Fabián de Alico o 5 de setembro de 1914 e finado en Santiago de Chile o 23 de xaneiro de 2018, foi un poeta chileno. A el atribúeselle a antipoesía, unha expresión literaria que rompe cos canons tradicionais da lírica. Unha das súas obras máis recoñecidas é Poemas y Antipoemas, onde substitúe unha sintaxe coidada e metafórica por unha linguaxe cotiá e directa.
A serra da Groba é un sistema montañoso que atravesa os concellos pontevedreses de Baiona, Oia e O Rosal, en dirección norte - sur. A altura máxima acádaa no Alto da Groba, de 662 metros de altitude, en Belesar. Outros picos importantes son Corroubelo, en Pedornes, de 599 m e Campo do Couto, no Rosal, que alcanza os 553 metros.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Guido Álvarez Parga, nado en Lugo o 16 de setembro de 1985, é un turismólogo e docente universitario. Colaborador asiduo en diversos medios de comunicación (principalmente prensa escrita e radio), é un dos fundadores do movemento social Coidemos Lugo. Foi nomeado como un dos 10 Lucenses do Ano no ano 2020.
Lista de nomes masculinos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes masculinos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
O Pazo Baión é unha propiedade rústica situada na parroquia de Baión (Vilanova de Arousa), dedicada á produción de viño albariño. O recinto componse de plantacións desta variedade de uva, o pazo que lle dá nome á propiedade, un edificio adicado ás tarefas agropecuarias e un almacén, todos eles de pedra. Pazo Baión acadou gran sona por ser a propiedade emblemática do narcotraficante Laureano Oubiña, sendo tamén un símbolo da loita contra o narcotráfico.
Jean-Jacques Rousseau, nado en Xenebra (Suíza) o 28 de xuño de 1712 e finado en Ermenonville o 2 de xullo de 1778, foi un filósofo suízo, escritor, teórico político e un compositor autodidacta. Unha das figuras sobranceiras do Iluminismo francés, Rousseau é tamén un precursor do romanticismo. Rousseau cóntase entre os autores que mitificaron un pasado fraternal e feliz de todos os Homes, fronte a un presente desordenado e desigual do século XVIII. Voltaire criticou a Rousseau afirmando que: "ninguén colocou algunha vez tanto enxeño en nos querer converter en animais" do que el.
A fisioterapia é unha disciplina das ciencias da saúde que ofrece unha alternativa terapéutica non farmacolóxica para diagnosticar, previr e tratar síntomas de múltiplas doencias, tanto agudas como crónicas, por medio do exercicio terapéutico mediante a calor, o frío, a luz, a auga, a electricidade e técnicas manuais.
O Baloncesto Fuenlabrada S.A.D., tamén chamado Urbas Fuenlabrada por motivos de patrocinio, é un equipo profesional de baloncesto con sede na cidade de Fuenlabrada (Comunidade de Madrid), que xoga actualmente na Liga ACB. O club foi fundado en 1983, chegando á máxima categoría do baloncesto español por primeira vez en 1996. Xoga os seus encontros como local no Polideportivo Fernando Martín, un pavillón con capacidade para 5 700 espectadores.
O Valencia Basket Club S.A.D. é un club profesional de baloncesto da cidade de Valencia, que xoga na liga ACB, a máxima competición do baloncesto español. Fundado en 1986, o club é herdeiro da sección de baloncesto do Valencia Club de Fútbol. Estaba patrocinado pola empresa Pamesa, polo que era comunmente coñecido até 2009 como Pamesa Valencia.
A Lúa é o único satélite natural da Terra, visible desde esta só en parte e baixo formas distintas, chamadas fases, segundo a posición que teña respecto da Terra e o lado por onde reciba a luz do Sol. Cun diámetro de 3476 km é o quinto satélite máis grande do Sistema Solar, mentres que en canto ao tamaño proporcional respecto do seu planeta é o satélite máis grande: un cuarto do diámetro da Terra e 1/81 da súa masa. Logo de Ío, é ademais o segundo satélite máis denso.
Lista de programas de Televisión Española
Esta lista inclúe programas emitidos pola Televisión Española, desde a súa creación en 1956.
Corpus Scriptorum Historiae Byzantinae
O Corpus Scriptorum Historiae Byzantinae (CSHB; en galego: Corpus de escritores de Historia Bizantina), tamén denominado Corpus de Bonn, é unha monumental serie de cincuenta volumes de fontes primarias para o estudo da historia bizantina (dende o 330 até o 1453), publicada na cidade alemá de Bonn entre 1828 e 1897. Cada volume contén unha edición crítica dun texto histórico en grego bizantino, acompañada dunha tradución paralela en latín.
A Tettigoniidae (tettigónidos) é unha familia de insectos ortópteros da que se coñecen 6 400 especies. Forman parte da suborde Ensifera, e son a única familia da superfamilia Tettigonioidea. Son de hábitos principalmente nocturnos, e fan chamadas de apareamento estridentes, moitos presentan mimetismo e camuflaxe, normalmente con formas e cores similares a follas.
Cuentos de buenas noches para niñas rebeldes
Cuentos de buenas noches para niñas rebeldes é unha serie de libros infantís, para nenas e nenos de 6 anos en diante. Os libros foron financiados a través do sitio web de crowdfunding, Cada un dos libros inclúe cen historias curtas sobre biografías de mulleres reais que poden ser un modelo, cada biografía vén acompañada de ilustracións realizadas por artistas mulleres de todo o mundo.
Nelyubov (en ruso: Нелюбовь) é un filme tráxico de 2017 dirixido por Andrey Zvyagintsev, quen tamén escribiu o guión a carón de Oleg Negin. Conta a historia de dous pais separados, interpretados por Maryana Spivak e Aleksey Rozin, cuxa relación sen amor converteuse a un estado de aversión e hostilidade. Vense obrigados a xuntarse temporalmente despois de que o seu único fillo desapareza.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
Lista de nomes femininos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes femininos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
En electromagnetismo, o diamagnetismo é unha propiedade dos materiais que consiste en repeler os campos magnéticos. É o oposto aos materiais paramagnéticos os cales son atraídos polos campos magnéticos. O fenómeno do diamagnetismo foi descuberto por Sebald Justinus Brugmans que observou en 1778 que o bismuto e o antimonio foron repelidos polos campos magnéticos.
Vigo ( pronunciación ) (tamén coñecida como a cidade olívica) é unha cidade e concello da provincia de Pontevedra, na comunidade autónoma de Galicia, no noroeste da península ibérica. É a capital da comarca de Vigo, aínda que historicamente pertenceu á comarca de Val do Fragoso. Ademais é a capital da súa área metropolitana.
Acabadora (en italiano: Accabadora) é unha novela escrita por Michela Murgia e publicada orixinalmente en lingua italiana en maio de 2009 pola editorial Einaudi. En maio de 2010, a novela foi premiada co SuperMondello, o recoñecemento máis importante do premio Mondello e, en setembro dese mesmo ano, co premio Campiello.Foi traducida ó galego por Moisés Barcia Rodríguez e foi publicada pola editorial Rinoceronte Editora no ano 2018.
José Manuel Baltar Blanco, nado en Ourense o 3 de agosto de 1967, é un político galego, militante do PPdeG. É fillo de Xosé Luis Baltar, a quen sucedeu na presidencia da Deputación de Ourense. Está casado con María José Caldelas e ten cinco fillos.Concelleiro no concello de Esgos e presidente da Deputación Provincial de Ourense dende o 6 de febreiro de 2012, e presidente do PPdeG na provincia de Ourense dende o 30 de xaneiro de 2010, cando foi elixido no XV Congreso Provincial. Presidente de Partenalia, asociación europea de gobernos provinciais, integrada por autoridades locais intermedias de países europeos.
O son é a sensación producida no órgano do oído pola mudanza de presión atmosférica xerada polo movemento vibratorio dos corpos, transmitido por un medio elástico. Está producido por ondas de compresión do medio (lonxitudinais). A función do medio transmisor é fundamental, pois o son, como vibración mecánica, non se propaga no baleiro (onde non hai materia que se poida mover).
A Copa Mundial da FIFA Qatar 2022™ (en árabe: 2022™ بطولة كأس العالم لكرة القدم) será a edición número vinte e dous do Campionato Mundial de fútbol de seleccións, a competición máis importante deste deporte. O torneo celebrarase en Qatar durante o ano 2022 (do 21 de novembro ao 18 de decembro). Esta edición será a primeira que se xogará nun país árabe.
Portugal (pronuncia en portugués [puɾtuˈɣaɫ] (AFI), en mirandés: Pertual), oficialmente República Portuguesa, é unha República unitaria semipresidencialista situada en Europa Occidental. Ademais do territorio continental, no oeste da Península Ibérica, o territorio da República comprende os arquipélagos autónomos dos Azores e Madeira. Portugal ten unha extensión total de 92.212 km², e unha poboación de 10.487.289 habitantes no 2012.
Harrison Ford, nado en Chicago o 13 de xullo de 1942, é un coñecido actor e produtor de cine estadounidense. Acadou fama mundial polos seus papeis protagonistas como Han Solo na serie de películas Star Wars e como o personaxe de Indiana Jones na serie de películas de Indiana Jones. Ford tamén é coñecido polos seus papeis como Rick Deckard na película neo-noir distópica ciencia ficción Blade Runner (1982) e a súa secuela Blade Runner 2049 (2017); John Book no thriller Testemuña única (1985), polo cal foi nomeado para o Óscar ao mellor actor; e Jack Ryan nas películas de acción Patriot Games (1992) e Clear and Present Danger (1994).
O nacionalismo bosníaco (en bosníaco: bošnjaštvo) é o nacionalismo que afirma que os bosníacos son unha nación e promove a identidade e unidade cultural dos bosníacos. Tanto no pasado coma no presente, o nacionalismo bosníaco baseouse en gran parte nun enfoque para preservar a integridade territorial de Bosnia e Hercegovina e para garantir a unidade nacional e cultural e os dereitos dos bosníacos.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, radicando nesta cidade e concello o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o INE en 2019 tiña 97.260 habitantes (94.824 en 2010). O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
Un TECOR societario é un tipo de TECOR (Terreo Cinexeticamente Ordenado) promovido polas sociedades ou asociacións de cazadores legalmente constituídas. A súa sinalización está indicada por carteis de forma rectangular cunha diagonal do lado superior esquerdo ao inferior dereito; a metade inferior en negro e a superior en branco.
En física, matemáticas, arte e artes gráficas os patróns moiré ou de moiré son uns patróns de interferencia que ocorren cando se pode atopar un patrón opaco con ocos ou baleiros transparentes sobre outro patrón semellante. Para que apareza tal interferencia, os dous patróns non deben de ser completamente idénticos, senón estaren máis ben desprazados, rotados ou cun ton lixeiramente diferentes. As liñas poden ser as fibras dun tecido de moiré (as que lle dan nome ao efecto), liñas simples na pantalla do ordenador, ou en acetatos, en liñas de varas, etc.
Universidade de Santiago de Compostela
A Universidade de Santiago de Compostela (USC) é unha institución universitaria con sede en Santiago de Compostela. As súas orixes datan de finais do século XV, sendo a primeira universidade fundada en Galiza e a sexta en España. Porén, non hai unanimidade nas datas de fundación das universidades españolas.
Tréveris (en alemán, Trier), é unha cidade de Renania-Palatinado, Alemaña, situada ás beiras do río Mosela, a apenas 15 km da fronteira con Luxemburgo. Cidade natal de Karl Marx (5 de maio de 1818), cuxa residencia familiar é hoxe un museo, e Santo Ambrosio de Milán (340), Trier tamén está orgullosa da súa rica herdanza arquitectónica xa que é considerada a cidade máis antiga de Alemaña, e é con certeza a sede episcopal máis antiga de todo o territorio alemán. En 1986 foi declarada cidade patrimonio da humanidade pola UNESCO. Está localizada no estado da Renania-Palatinado.
As aves son animais vertebrados, de sangue quente, que camiñan, saltan ou se manteñen só sobre as extremidades posteriores, mentres que as extremidades anteriores evolucionaron até converterse en ás que, do mesmo xeito que moitas outras características anatómicas únicas, permítenlles, na maioría dos casos, voar, aínda que non todas voan. Teñen o corpo cuberto de plumas e, as aves stricto sensu, un bico córneo sen dentes. Para reproducírense poñen ovos que incuban até a súa eclosión.
Karla Camila Cabello Estrabao, máis coñecida como Camila Cabello, nada en Cojímar, Habana, Cuba o 3 de marzo de 1997, é unha cantante e compositora cubana que vive nos Estados Unidos. Ela é popularmente coñecida por ser membro do grupo Fifth Harmony, xunto a Lauren Jauregui, Normani Kordei, Ally Brooke e Dinah Jane. En solitario, Cabello lanzou dous sinxelos que fixeron o Billboard Hot 100 top 20: "I Know What You Did Last Summer" con Shawn Mendes e "Bad Things" con Machine Gun Kelly, a última chegando ao número catro.
Johnny colleu o seu fusil (en inglés: Johnny Got His Gun) é un filme estadounidense antibélico escrito e dirixido por Dalton Trumbo e protagonizado por Timothy Bottoms, Kathy Fields, Marsha Hunt, Jason Robards, Donald Sutherland e Diane Varsi. Está baseado na novela homónima de Trumbo. Aínda que tivo certo éxito no tempo da súa estrea, foi esquecido pouco despois polo gran público.
O escáncer común, ou liscanzo, Anguis fragilis, é un réptil da orde dos escamoso, familia dos ánguidos e subfamilia dos anguinos, unha das cinco integradas no xénero Anguis.Ten as súas patas atrofiadas, polo que semella unha pequena cobra. É habitual en toda Galicia e, en contra das crenzas populares, é completamente inofensivo. Recibe o cualificativo de común para diferencialo doutra especie similar, o escáncer cego (Blanus cinereus), moito máis pequeno e escaso e doutra familia.
O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.
Magdalena del Carmen Frida Kahlo Calderón, nada en Coyoacán (Cidade de México) o 6 de xullo de 1907 e finada o 13 de xullo de 1954, foi unha recoñecida pintora e poetisa mexicana, así como esposa do muralista Diego Rivera. Kahlo naceu e morreu en Cidade de México, no seu fogar coñecido como "La casa azul". A súa obra é considerada emblemática en México pola tradición indíxena, e polos feministas pola súa comprometida representación da forma e da experiencia feminina.
Santuario de Nosa Señora da Peneda
O Santuario de Nosa Señora da Peneda (en portugués: Santuário de Nossa Senhora da Peneda) é un santuario católico que se localiza na freguesía da Gavieira, concello de Arcos de Valdevez, distrito de Viana do Castelo, en Portugal, a camiño da vila de Melgaço, moi preto da raia con Galiza. Atópase mesmo no Parque Nacional da Peneda-Gerês. A Festa da Señora da Peneda é anual, dura unha semana, entre o día 31 de agosto e o oito de setembro; realízase no santuario unha gran romaría popular.
O teixugo euroasiático ou porco teixo (Meles meles) é un mamífero que habita en gran parte do continente asiático e na maior parte do continente europeo, tirante o norte de Escandinavia e mais as illas de Islandia, Córsega, Sardeña, Sicilia e Chipre. Destacan as súas grandes poboacións no Reino Unido e Irlanda. O porco teixo pertence á familia dos mustélidos, xunto cos armiños, as londras, os visóns ou as martas, sendo o único da súa familia clasificado no xénero Meles.
Rosalía Vila Tobella, nada en Sant Esteve Sesrovires, provincia de Barcelona, o 25 de setembro de 1992, máis coñecida como Rosalía, é unha cantante e actriz española.En 2018, converteuse na española con máis premios Grammy Latinos por un único traballo. A súa canción «Malamente», con raíces flamencas e fusión urbana, obtivo cinco nomeamentos dos cales conseguiu dous galardóns.
Everis Spain, S.L. é unha compañía multinacional con sede en Madrid, especializada na consultoría de aplicacións tecnolóxicas. A consultora abarca os sectores de telecomunicacións, entidades financeiras, Industria, Utilities & Enerxía, Banca, Seguros e Administracións Públicas. Everis conta con máis de 6.000 empregados e ten oficinas en España, Portugal, Italia, Brasil, Arxentina, México, Chile e Colombia.
Non confundir con Iolanda Díaz Gallego (Sarria 1934), activa colaboradora nas distintas actividades desenvolvidas pola emigración galega.Yolanda Díaz Pérez, nada en Fene o 6 de maio de 1971, é unha dirixente política galega, ministra de Traballo e Economía Social do Goberno de España desde xaneiro de 2020 e vicepresidenta terceira desde marzo de 2021. Pertenceu ata 2019 á federación galega de Esquerda Unida, da que foi a súa coordinadora desde 2005 ata o 3 de xuño de 2017 en que foi relevada no cargo por Eva Solla. Foi deputada no Parlamento de Galicia entre 2012 e 2016.
Galería de imaxes de arañas de Galicia
Galería de imaxes de arañas de Galicia. As arañas pertencen á orde Araneae dos artrópodos.
Para obter información da especie normalmente cultivada ver o artigo Avea común As aveas son plantas pertencentes ao xénero Avena da familia das poáceas, utilizadas como alimento e coma forraxe para o gado. As especies máis cultivadas a nivel mundial son a Avena sativa e mais a Avena byzantina nesta orde. En Galicia, malia terse cultivado dende a antigüidade, non foi dos cereais máis sonados.
Redondela é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Vigo. O seu xentilicio é redondelán. Ten unha superficie de 52,1 km² e, segundo o IGE, a 1 de xaneiro de 2019 tiña 29.218 habitantes, dos cales 14.208 eran varóns e 15.010 eran mulleres, resultando unha densidade de poboación de 560,81 hab./km².
Labios, na anatomía feminina humana, son dobras de pel existentes na vulva. Tras a puberdade, así como a vulva, cúbrense polos pelos pubianos. Existen dous tipos de labios vaxinais: Labios maiores (labia majora) e os Labios menores (labia minora), tamén chamados de ninfas.Existen nunha grande variedade de tamaños e formas, e sofren intumescemento cando a muller está sexualmente excitada.
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".