Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
En informática, un teclado de ordenador é un periférico utilizado pola introdución de ordes e datos nun ordenador, aínda que teclados similares se utilizan tamén en máquinas de escribir. Actualmente o teclado é un elemento indispensábel para un ordenador e é xunto co rato o periférico de entrada máis importante.
Un grupo étnico é un grupo de persoas que se identifican unhas coas outras, ou son identificadas como tal por terceiros, con base en semellanzas culturais ou biolóxicas, ou ambas, reais ou presumidas. Tal como os conceptos de raza e nación, o de etnicidade desenvolveuse no contexto da expansión colonial europea, cando o mercantilismo e o capitalismo promovían movementos globais de poboacións ao mesmo tempo que as fronteiras dos estados eran definidas máis clara e rixidamente. No século XIX, os estados modernos, en xeral, procuraban lexitimidade reclamando a representación de nacións.
Un festival de cinema é unha presentación organizada e estendida de filmes nun ou máis cinemas ou locais de visionado, normalmente nunha soa cidade ou rexión. Tamén son adoitos os festivais de cinema que exhiben filmes no exterior.Os máis prestixiosos festivais de cinema do mundo, coñecidos como os "Tres Grandes", son o Cannes, Venecia e Berlín.
Dicionario da Real Academia Galega
O Dicionario da Real Academia Galega (DRAG) é un dicionario en galego, unicamente dispoñible en formato dixital, producido pola Real Academia Galega e herdeiro do Diccionario da Real Academia Galega. Foi estreado en abril do 2012, cunhas 50.000 entradas, coa pronunciación de todas as palabras. En xuño de 2013 o dicionario actualizouse e acadou as 52.000 entradas, engadíronse os sinónimos e sete criterios de busca, tendo en conta a palabra completa, o comezo, o remate, letras que a conforman, contidos da súa definición, exemplos ou tamén a que grupo de tecnolecto pertence.
Jeffrey Lionel Dahmer, nado o 21 de maio de 1960 en Milwaukee, Wisconsin, e finado o 28 de novembro de 1994 en Portage, Wisconsin, alcumado como o Caníbal de Milwaukee ou o Monstro de Milwaukee, foi un asasino en serie e delincuente sexual estadounidense resposábel do asasinato e desmembramento de dezasete homes e rapaces entre 1978 e 1991. Moitos dos seus últimos asasinatos incluían a necrofilia, o canibalismo e a conservación permanente de partes do corpo, xeralmente todo ou parte do esqueleto. Malia ser diagnosticado con trastorno límite da personalidade, trastorno de personalidade esquizotípica e cun trastorno psicótico, Dahmer foi declarado legalmente san no seu xuízo.
Alejandro Guillán Castaño, coñecido artisticamente como Baiuca, nado en Catoira en 1990 é un músico galego. Usou o nome artístico Alex Casanova ata 2017, momento no que deixou atrás o estilo musical pop para innovar coa mestura de música electrónica e música tradicional galega, resultando un estilo que algúns dan en chamar folktrónica. Reside en Madrid.
Marilyn Monroe, de nome real Norma Jeane Mortensen, nada nos Ánxeles o 1 de xuño de 1926 e finada na mesma cidade o 5 de agosto de 1962, foi unha actriz, modelo e cantante estadounidense. Converteuse nun importante sex symbol, protagonizando un bo número de exitosos filmes durante a década de 1950 e principios da de 1960, chegando a ser unha das actrices de Hollywood máis famosas de todos os tempos.Iniciou a súa carreira como modelo fotográfica e a partir de 1946 comezou a interpretar pequenos papeis en películas de baixo custo. Os primeiros papeis destacados interpretounos nas películas A xungla do asfalto (1950) e Todo sobre Eva (1950).
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. Ten actualmente 190.204 artigos, e o 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000.
A candorca ou alcandorca, Orcinus orca, é unha especie de cetáceo odontoceto da familia dos delfínidos, a única do xénero Orcinus. É o membro de maior tamaño dos chamados golfiños oceánicos (pode chegar a pesar 10 t., e é un poderoso e versátil depredador que pode cazar peixes, pinnípedes como focas, cefalópodos, aves, tartarugas e, cazando en grupo, presas de maior tamaño, como morsas e incluso baleas. Está, polo tanto, no cumio da cadea trófica oceánica.
Go, Dog. Go! (serie de televisión)
Go, Dog. Go! é unha serie de televisión por streaming de animación por ordenador canadense-estadounidense baseada no libro infantil homónimo de 1961 de P. D. Eastman.
O millo ou maínzo (Zea mays) é unha planta gramínea anual e na mesma planta (monoica) atópanse as súas inflorescencias masculinas (nos extremos terminais) e femininas (nas vaíñas axilares). Ten un crecemento rápido, chegando aos 2,5 metros de altura nun ano, que é a súa quenda de colleita. As follas teñen forma alongada saíndo do talo cun lixeiro ángulo e coa punta caída cara abaixo.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
O axolote (do náhuatl clásico: āxōlōtl; Ambystoma mexicanum) é unha especie de urodelo, estreitamente relacionada co Ambystoma tigrinum. Malia que o axolote é coñecido coloquialmente como "peixe camiñante", non é un peixe, senón un anfibio. A especie é orixinaria de numerosos lagos, como o lago Xochimilco preto da Cidade de México.
Lista de nomes femininos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes femininos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.
A Historia da Arquitectura estuda a evolución e historia da Arquitectura no mundo considerando varias influencias, a artística, sociocultural, política, económica e tecnolóxica. En xeral, a cuestión é como relacionar o significado (funcións intanxibles, propostas, símbolos) co medio construído (táboas, xanelas, teitos, camiños) a través das necesidades da vida (comida, traballo, comunidade etc.) no contexto histórico. A Historia da Arquitectura, como calquera outra forma de coñecemento, é moi subxectiva sobre as limitacións e potenciais da historia divisada como unha disciplina.
Eclecticismo (do grego εκλεκτός, «escoller»), é en Filosofía a escola de pensamento que se caracteriza por escoller (sen principios determinados) concepcións filosóficas, puntos de vista, ideas e valoracións entre as outras escolas que se asume poden chegar a ser compatibles de forma coherente, combinándoas e mesturándoas aínda que o resultado poida ser a miúdo contraposto sen chegar a formar un todo orgánico.
Lista de nomes masculinos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes masculinos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Vigo ( pronunciación ) (tamén coñecida como a cidade olívica) é unha cidade e concello da provincia de Pontevedra, na comunidade autónoma de Galicia, no noroeste da península ibérica. É a capital da comarca de Vigo, aínda que historicamente pertenceu á comarca de Val do Fragoso. Ademais é a capital da súa área metropolitana.
O Panteón de Galegos Ilustres atópase na igrexa do convento de San Domingos de Bonaval, en Santiago de Compostela. Toda a igrexa é Panteón, aínda que so se estean usando a Capela da Visitación (ou de San Domingos en Suriano) e a Capela do Santo Cristo. Nel repousan os restos de galegos sobranceiros como a poeta Rosalía de Castro, o político rexionalista Alfredo Brañas, o escultor Francisco Asorey, o poeta Ramón Cabanillas, o xeógrafo Domingo Fontán e o artista e político nacionalista Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.
O presidente de Cantabria, segundo o Estatuto de Autonomía de Cantabria, preside o Goberno de Cantabria, coa función de dirixir, coordinar a Administración da comunidade autónoma, designar e separar os conselleiros e ostentar a suprema representación da comunidade autónoma e a ordinaria do Estado en Cantabria. É elixido polo Parlamento de Cantabria entre os seus membros e é nomeado polo rei. O Parlamento elíxeo por maioría absoluta en primeira convocatoria e por maioría simple nas posteriores.
YouTube é un espazo web que lles permite aos usuarios publicar, ver e compartir vídeos. Fundouse en febreiro de 2005 por tres antigos empregados de PayPal: Chad Hurley, Steve Chen e Jawed Karim. YouTube é un nome composto de you (en inglés ti) e tube (en inglés tubo, ou sexa, televisión), que quere dicir algo así como ti es a televisión.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
O burro ( pronunciación ) ou asno (Equus asinus) é un mamífero doméstico da familia dos équidos, de ata metro e medio aproximadamente de altura á cruz, caracterizado polas longas orellas e a cabeza proporcionalmente grande. O pelo das crinas é curto, polo que estas son erectas. Emprégase, ou mellor empregábase, como animal de carga.
O escáncer común, ou liscanzo, Anguis fragilis, é un réptil da orde dos escamoso, familia dos ánguidos e subfamilia dos anguinos, unha das cinco integradas no xénero Anguis.Ten as súas patas atrofiadas, polo que semella unha pequena cobra. É habitual en toda Galicia e, en contra das crenzas populares, é completamente inofensivo. Recibe o cualificativo de común para diferencialo doutra especie similar, o escáncer cego (Blanus cinereus), moito máis pequeno e escaso e doutra familia.
Na noite estrelecida é unha obra poética de Ramón Cabanillas, publicada en 1926. Está conformada por tres poemas escritos en series de pareados alexandrinos, mesturados con romances e sextinas, que ten como tema principal a materia de Bretaña. Dúas das sagas xa foran publicadas (con algunhas variantes) antes de 1926, mais foi nese ano cando apareceron as tres reunidas nunha publicación.
Un cogomelo ou cogumelo ( pronunciación ) (do latín cucumellum, diminutivo formado sobre cucuma -ae denominación dun recipiente de cociña) é un fungo pluricelular que adoita medrar en lugares húmidos e pouco soleados. Hai moitas especies de cogomelos, con diferentes características e que se dan en diferentes ecosistemas. Habitualmente, encádranse dentro do filo Basidiomicota (Basidiomicetos).
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
O Señor dos Aneis (en inglés: The Lord of the Rings) é unha triloxía épica de fantasía escrita por J. R. R. Tolkien. A historia comezou como unha secuela da novela de fantasía de Tolkien de 1937 O Hobbit, mais finalmente converteuse nunha obra moito maior. Escrita por etapas entre 1937 e 1949, O Señor dos Aneis é un dos libros máis vendidos de tódolos tempos, con máis de 150 millóns de copias vendidas.O título da novela refírese ó principal antagonista da historia, o señor escuro Sauron, que na idade antiga creou o Anel Único para dominar os outros Aneis de Poder como a arma definitiva na súa campaña por conquistar e gobernar toda a Terra Media.
O Palacio de Buckingham, en inglés Buckingham Palace, é a residencia oficial do monarca británico en Londres. Situado na municipalidade de City of Westminster, o palacio adoita ser o centro de cerimonias e visitas de Estado. É un punto de encontro para o pobo británico en tempos de crise e de festividade nacional.
Eleccións municipais en Vilamarín
Corporacións democráticas en Vilamarín desde a aprobación da Constitución de 1978. 1979 Alcalde: José Pérez Novoa — UCD 1983 Alcalde: Amador Vázquez Vázquez — CG 1987 Alcalde: Amador Vázquez Vázquez — AP 1991 Alcalde: Amador Vázquez Vázquez — Centristas de Galicia 1995 Alcalde: Amador Vázquez Vázquez — PPdeG 1999 Alcalde: Amador Vázquez Vázquez — PPdeG 2003 Alcalde: Amador Vázquez Vázquez — PPdeG 2007 Alcalde: Amador Vázquez Vázquez — PPdeG 2011 Alcalde: Amador Vázquez Vázquez — PPdeG 2015 Alcalde: Amador Vázquez Vázquez — PPCandidatos: Amador Vázquez Vázquez (PP), Pablo López González (PSdeG-PSOE) e María Rosa Pérez González (BNG).
Lista de xentilicios de concellos galegos
Esta é unha lista dos xentilicios dos concellos de Galicia:
Un TECOR societario é un tipo de TECOR (Terreo Cinexeticamente Ordenado) promovido polas sociedades ou asociacións de cazadores legalmente constituídas. A súa sinalización está indicada por carteis de forma rectangular cunha diagonal do lado superior esquerdo ao inferior dereito; a metade inferior en negro e a superior en branco.
Rocío Pérez Armenteros, nada en Alcalá la Real (provincia de Xaén) o 13 de xullo de 1989 é unha cantante, compositora e actriz andaluza, máis coñecida polo seu nome artístico Roko compuxo cancións de estilo soul principalmente en castelán, aínda que tamén noutros idiomas. Maqueta temas para outros artistas e traballa con Antonio Ferrara que é colaborador de Carlos Jean. O seu disco de cabeceira é Un día en el mundo, de Vetusta Morla.
Gambia, oficialmente República de Gambia é unha nación en África occidental. É o país máis pequeno de África continental atópase rodeada na súa totalidade polo Senegal, agás onde o río Gambia desemboca no Océano Atlántico. Gambia está situada a ambos os dous lados do curso inferior do río Gambia, o homónimo da nación, que atravesa o centro de Gambia e desemboca no océano Atlántico, polo que a forma longa do país.
A donicela (Mustela nivalis), tamén coñecida como doniña, denociña, garridiña ou saltaparedes, é un animal mamífero, membro da familia Mustelidae moi semellante ao armiño (Mustela erminea) o seu parente máis achegado. Difire deste no tamaño e sobre todo no pelame: no armiño o extremo da cola permanece negro tanto no verán como no inverno. A donicela é o mustélido máis pequeno.
Rafael Nadal Parera, nado o 3 de xuño de 1986 en Manacor (Mallorca), é un tenista español, actual número 3 do mundo na clasificación ATP.É o tenista que, cun total de 22, ten máis títulos de individual masculino en torneos de Grand Slam. Foi campión de Roland Garros en 14 ocasións (2005, 2006, 2007, 2008, 2010, 2011, 2012, 2013, 2014, 2017, 2018, 2019, 2020 e 2022), gañador do Torneo de Wimbledon en 2008 e 2010 e onde foi outras tres veces finalista (2006, 2007 e 2011), do Aberto dos Estados Unidos en 2010, 2013, 2017 e 2019 (finalista en 2011) e do Aberto de Australia en 2009 e 2022 (finalista en 2012, 2014, 2017 e 2019). Foi medalla de ouro nos Xogos Olímpicos de Pequín 2008 en individuais e nos Xogos Olímpicos de Río de 2016 en dobres formando parella con Marc López.
Carolyn Ruth Bertozzi, nada en Boston, Massachusetts ( Estados Unidos) o 10 de outubro de 1966, é unha química estadounidense da Universidade de Stanford, onde ocupa a cátedra Anne T. e Robert M. Bass na Escola de Humanidades e Ciencias. En 2022, foi galardoada co Premio Nobel de Química, xunto con Barry Sharpless, que obtivo así o seu segundo Nobel, e Morten Meldal, polos seus estudos e implementación da teoría do clic da química, no caso de Bertozzi levando a técnica a un nivel máis avanzado que permitiu utilizala sobre os seres vivos. Ela e o seu equipo chamáronlle química bioortogonal.
Qatar (/ˈkætɑːr/,) (en árabe: قطر), oficialmente o Estado de Qatar (en árabe: دولة قطر, Dawlat Qatar) é un país soberano localizado no oeste de Asia, ocupando a pequena Península de Qatar na costa noroeste da Península Arábiga. Ten fronteira terrestre con Arabia Saudita no sur, co resto do seu territorio rodeado polo Golfo Pérsico. Un estreito no Golfo Pérsico separa Qatar do seu veciño Bahrain, tamén compartindo fronteiras marítimas cos Emiratos Árabes Unidos e Irán.
Galería de imaxes de arañas de Galicia
Galería de imaxes de arañas de Galicia. As arañas pertencen á orde Araneae dos artrópodos.
Lista de palabras galegas de orixe celta
Esta é unha lista de palabras galegas de orixe celta (non completa), moitas delas comúns co portugués. Algunhas destas palabras existían no latín como préstamos dunha fonte celta, como o galo, mentres que outras foron recibidas máis tarde doutras linguas, como o francés, o occitano e o castelán. Por último, algunhas desas palabras proveñen directamente das linguas locais prerromanas.
Os moinantes son un grupo social de España e algúns países de Europa. Principalmente son nómades con algunhas similitudes co pobo xitano e considéranse unha etnia con identidade propia. Son tamén chamados quincalleros polo oficio que historicamente realizaban, vender, facer e reparar trebellos metálicos como tixolas e potas.
Santo Estevo de Saiar é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Caldas de Reis. Segundo o padrón municipal de 2013 tiña 872 habitantes (440 mulleres e 432 homes) distribuídos en 14 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2004 cando tiña 990 habitantes. Linda coas parroquias de Bemil en Caldas, Portas e Lantaño en Portas, Godos en Caldas de Reis e Cea en Vilagarcía.
Lista de programas de Televisión Española
Esta lista inclúe programas emitidos pola Televisión Española, desde a súa creación en 1956.
Os fentos, fieito/as, felgos ou folgueiras son un grupo de plantas vasculares (con xilema e floema) que se reproducen a través de esporas e que carecen de sementes e flores. Diferéncianse dos musgos en seren vasculares, isto é, en ter tecidos especializados no transporte da auga e dos nutrientes e en ter ciclos de vida no que os esporófitos son a fase dominante. Teñen talos, follas e raíces como as outras plantas vasculares.
Atendendo á distribución xeográfica e á maneira de se combinaren os fenómenos diferenciadores das falas galegas, poden delimitarse tres grandes complexos lingüísticos ou bloques: occidental, central, e oriental. No interior destes bloques hai varias áreas, zonas lingüísticas de desigual extensión e unidade, delimitables coa isoglosa dun ou dous fenómenos caracterizadores. Esta división baséase fundamentalmente na fonética e mais na morfoloxía; no futuro a análise da distribución de áreas léxicas do ALGa axudará a precisala ou modificala.
Hermerico, tamén Ermengaire ou Hermenerico (en latín: Hermericus), nado na segunda metade do século IV e finado no ano 441, foi o primeiro rei do Reino Suevo de Galicia, gobernando dende o 409 até o seu retiro, en favor do seu fillo Requila, no ano 438. A súa relixión era o paganismo xermánico e foi maioritariamente inimigo do Imperio Romano.
O Bloque Nacionalista Galego (BNG) é unha organización política nacionalista galega. Considérase como unha organización de esquerda (influenciada pola socialdemocracia e o marxismo) e nacionalista, e dende o punto de vista organizativo, defínese como unha fronte de partidos. O BNG tiña, en 2009, 9.000 militantes, 468 concelleiros e 30 alcaldes en diversos concellos de Galiza.
Pablo Iglesias Turrión, nado como Pablo Manuel Iglesias Turrión en Madrid o 17 de outubro de 1978, é un politicólogo, presentador de televisión e expolítico español. Foi vicepresidente segundo e ministro de Dereitos Sociais e Axenda 2030 do Goberno de España entre 2020 e 2021. Foi secretario xeral do partido Podemos dende 2014 até o 5 de maio de 2021.Doutor en Ciencias Políticas pola Universidade Complutense de Madrid, onde tamén traballou como profesor titular interino, foi un dos fundadores de Podemos en 2014, ano no que foi elixido deputado do Parlamento Europeo por devandita formación.
Alejandro Valverde Belmonte, nado o 25 de abril de 1980 en Las Lumbreras de Monteagudo (Murcia) é un ciclista español, gañador do UCI ProTour nos anos 2006 e 2008, e da Vuelta a España en 2009. Considerado un especialista nas clásicas, gañou unha Clásica de San Sebastián, 4 Flèches Wallonnes (marca na carreira) e 3 Liexa-Bastogne-Liexa entre outras probas. Tamén gañou 2 veces o Critérium du Dauphiné, 1 Volta a Cataluña e a UCI ProTour en 2006 e 2008.
Mundial de Fútbol de 2014 - Fase final
A fase final da Copa do Mundo de Fútbol de 2014 celebrada no Brasil enfrontou aos campións e subacampións dos diferentes grupos da primeira fase. Así pois, dous equipos de cada grupo, dun total de dezaseis, enfrontáronse nunha primeira rolda a partido único, pasando os vencedores do mesmo aos cuartos de final. Despois de eliminatorias sucesivas xogouse a final cos dous equipos que pasaron todas as roldas: Alemaña e Arxentina, gañando o título de campión finalmente a selección xermana.
O teixugo euroasiático, porco teixo, teixo, melandro ou tourón (Meles meles) é un mamífero que habita en gran parte do continente asiático e na maior parte do continente europeo, tirante o norte de Escandinavia e mais as illas de Islandia, Córsega, Sardeña, Sicilia e Chipre. Destacan as súas grandes poboacións no Reino Unido e Irlanda. O porco teixo pertence á familia dos mustélidos, xunto cos armiños, as londras, os visóns ou as martas, sendo o único da súa familia clasificado no xénero Meles.
A segunda guerra mundial foi un conflito armado a escala mundial que durou do 1 de setembro de 1939 ó 2 de setembro de 1945. Involucrou a maioría de países do mundo, incluídas todas as grandes potencias que eventualmente formaron dúas alianzas militares opostas: os Aliados e o Eixe. Foi a guerra de máis alcance da historia, involucrando directamente máis de 100 millóns de persoas de máis de 30 países.
Teira dugesii é unha especie de lagarto da familia dos lacértidos, subfamilia dos lacertinos, e tribo dos Lacertini, a única do xénero Teira.A especie é endémica do arquipélago de Madeira, Portugal. Nas Azores este lagarto naturalizouse tras a súa introdución involuntaria polo comercio marítimo entre os dous arquipélagos. Así mesmo, tamén hai poboacións introducidas na área de Lisboa.
Estatua de Che Guevara en Oleiros
A Estatua de Che Guevara en Oleiros é unha homenaxe a Che Guevara na avenida que leva o seu nome en Oleiros, na rotonda á altura do parque de Nirvana, preto da praia de Bastiagueiro. A estatua está baseada na famosa fotografía Guerrilleiro Heroico de Alberto Korda. A Escola de Artes Plásticas San Alejandro, da Habana fixo un concurso de deseño da estatua que gañou o escultor Juan Quintanilla Álvarez e o músico Karol William Pérez.