Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
O Palacio de Westminster é o lugar no que se reúnen as dúas cámaras do Parlamento do Reino Unido (a Cámara dos Lores e a Cámara dos Comúns). O palacio atópase situado na beira norte do río Támese en Westminster en Londres, preto doutros edificios gobernamentais en Whitehall. O palacio serviu inicialmente como residencia real, a pesar de que ningún monarca viviu nel dende o século XVI. A maior parte da estrutura actual data do século XIX, data na que o palacio foi reconstruído logo dun incendio en 1834 que destruíu a maior parte do edificio.
Isamu Akasaki (en xaponés: 赤崎 勇), nado o 30 de xaneiro de 1929, e finado o 1 de abril de 2021, foi un enxeñeiro e físico xaponés, galardoado co Premio Nobel de Física no ano 2014, especializado no eido dos semicondutores, coñecido pola invención dos LED azuis mediante unha xunción P–N de nitruro de galio (GaN) en 1989.Por este e outros éxitos, Akasaki foi galardoado con moitos premios de gran prestixio, tales como o Premio Quioto de Tecnoloxía Avanzada en 2009, e a Medalla Edison IEEE en 2011. Tamén foi galardoado co premio Nobel de Física de 2014, xunto con Hiroshi Amano e Shuji Nakamura, "pola invención de díodos emisores de luz azul eficientes, que permitiron o desenvolvemento de fontes de luz azul enerxeticamente eficientes". En 2021, Akasaki, foi galardoado co Premio Raíña Isabel de Enxeñaría "pola creación e desenvolvemento de iluminación LED, constituentes da base de toda a tecnoloxía de iluminación de estado sólido".
Fundación, Fundación e Imperio e Segunda Fundación son os tres títulos da saga de Isaac Asimov nos que percorre a historia da caída dun imperio galáctico e o nacemento dun novo baseado nunha interconexión dos humanos co seu contorno. A saga tivo despois ampliación para dar cabida á existencia dun planeta consciente, na idea da Hipótese Gaia de James Lovelock.
Albert Camus, nado en Mondovi -actual Dréan (en arabe : الذرعان)- (Alxeria) o 7 de novembro de 1913 e finado en Villeblevin no departamento de Yonne (Francia) o 4 de xaneiro de 1960, foi un escritor e filósofo francés. Dende un punto de vista artístico, trátase dun autor vencellado ao existencialismo, malia que afirmou non comungar cos seus postulados filosóficos. En 1957 concedéuselle o Premio Nobel de Literatura.
A bandeira do Xapón, coñecida como Nisshōki (日章旗) ou Hinomaru no hata (日の丸の旗) traducido como "o disco solar" en xaponés, consiste nun fondo branco cun gran disco vermello (representando ao sol) no centro. As súas proporcións son de 2:3; o disco atópase exactamente no centro e o diámetro do mesmo é igual a tres quintas partes da medida vertical. Non se coñece cando comezou a empregarse como símbolo pero quedaron recollidos discos solares en abanos pregables chamados guisen que datan do século XII e foron debuxados por guerreiros samurai (bushi).
A mensaxería instantánea (IM) é un servizo de Internet que posibilita conversar en liña a través de Internet tecleando as palabras no lugar de pronuncialas; estas son enviadas instantaneamente ó receptor. Constitúe unha evolución do protocolo chat. Os programas de mensaxería instantánea máis usados son: MSN Messenger Yahoo Messenger Google Talk Skype Gaim Kopete GnomeMeeting ICQ AIM JabberAlgunhas destas aplicacións son capaces tamén de transmitir comunicación de son e/ou vídeo (VOIP).
International Music Score Library Project
A International Music Score Library Project (en galego Proxecto de Biblioteca Internacional de Partituras Musicais) ou IMSLP, tamén coñecido coma Petrucci Music Library (Biblioteca Musical Petrucci) en honor ao editor italiano Ottaviano Petrucci, é un proxecto para a creación dunha biblioteca virtual de partituras de dominio público empregando a tecnoloxía wiki, así como incluír traballos de novos compositores que desexen compartir as súas creacións musicais de xeito libre e gratuíto, é dicir, a partir de licenzas de Creative Commons ou cedendo os seus dereitos de autoría. Dende a súa creación, o 16 de febreiro de 2006, foron subidos en torno a 220.000 partituras e 21.000 gravacións de arredor de 61.000 composicións de arredor de 7.800 compositores. O proxecto emprega software MediaWiki para prover aos usuarios dunha interface familiar.
O acetileno ou etino (C2H2) é un hidrocarburo moi inflamable, incoloro e tóxico. Mesturado co aire é explosivo, disolto en acetona e gardado en cilindros a presión pódese utilizar para fins comerciais, en especial para soldadura de metais e fabricación de explosivos, disolventes, resinas e fibras sintéticas. Obtense pola acción da auga sobre o carburo de calcio.
"HOMR" (co nome de "HOMЯ") é o noveno episodio da duodécima tempada da comedia de animación estadounidense The Simpsons. O 257 episodio en xeral, emitiuse orixinalmente na cadea Fox dos Estados Unidos o 7 de xaneiro de 2001. No episodio, Homer, mentres traballaba como cobaia humano (para pagar os aforros perdidos da familia despois de facer un mal investimento), descobre a causa raíz da súa intelixencia subnormal: un lapis que estaba aloxado no seu cerebro dende que tiña seis anos.
Durante a Inundación do mar do Norte de 1953, a brecha nun dique dos Países Baixos causou a morte a 1.835 persoas, forzou a evacuación doutras 70.000 e resultaron destruídas 4.500 edificacións. Para evitar que unha catástrofe así se repetise, executouse un ambicioso proxecto , chamado Plan Delta (en neerlandés: Deltawerken) que reuniu as desembocaduras do Rin e o Mosa. A obra máis destacada do complexo é a Oosterscheldekering.
New Kids on the Block (tamén escrito como NKOTB) é un grupo de música estadounidense formado en Boston, Massachusetts. Está formado polos irmáns Jordan e Jonathan Knight, Joey McIntyre, Donnie Wahlberg e Danny Wood. New Kids on the Block tivo un grande éxito a finais da década de 1980 e comezos de 1990 e vendeu máis de 20 millóns de gravacións en todo o mundo.
O sueco (svenska escoitar ) é unha lingua xermánica falada no norte de Europa, en concreto en Suecia e na costa de Finlandia (falada por un 5% dos fineses), é moi similar ó danés e o noruegués, máis diferénciase delas na pronunciación e ortografía. É falada por nove millóns de persoas, sobre todo en Suecia e en partes da Finlandia, especialmente na costa e nas illas Åland.
A NBC (pronunciado en inglés /'εn.'bi.'si/) é unha empresa estadounidense de televisión e medios de comunicación. É propietaria de cadeas de televisión, produce programas de televisión, e foi propietaria e operou emisoras de radiodifusión nos Estados Unidos, posúe varias cadeas de televisión por cable e por satélite e investimentos en activades multimedia, Internet e televisión por cable. NBC é unha división da empresa NBC Universal, que á súa vez é propiedade da General Electric Company e de Vivendi.
Un peiteado refírese a un estilo de levar o cabelo. A súa elaboración pode considerarse un aspecto de hixiene, moda e cosmética, malia que tamén inflúen moito aspectos prácticos, culturais e populares. Os diferentes estilos de peiteados empréganse frecuentemente como sinal de identidade cultural, social ou étnica, e poden reflectir o status social e a individualidade.
Marguerite Annie Johnson nada en Saint Louis (Missouri) o 4 de abril de 1928 e finada en Winston-Salem o 28 de maio de 2014 foi unha autora, poeta, bailarina, actriz e cantante estadounidense coñecida como Maya Angelou. Publicou sete autobiografías, tres libros de ensaio, varios libros de poesía e unha importante cantidade de obras teatrais, filmes e espectáculos de televisión de gran relevancia durante máis de cincuenta anos. Angelou recibiu ducias de premios e máis de cincuenta títulos honoríficos.Converteuse en escritora e poeta despois de ter diferentes ocupacións durante a súa mocidade, incluíndo cociñeira, prostituta, bailarina e actriz de clubs nocturnos, membro do elenco do musical Porgy and Bess, coordinadora da Conferencia Sur de Liderado Cristián e xornalista en Exipto e Ghana durante a descolonización de África.
Purificación Campos Sánchez, nada en Barcelona o 18 de agosto de 1937 e finada en Madrid o 19 de novembro de 2019, foi unha historietista, ilustradora e pintora española, que traballou fundamentalmente para o mercado exterior. Está entre os artistas españois de banda deseñada que máis venderon e con maior éxito.
Gibran Khalil Gibran (en árabe: جبران خليل جبران بن ميکائيل بن سعد; en siríaco: ܓ̰ܒܪܢ ܚܠܝܠ ܓ̰ܒܪܢ), nado en Bsharri o 6 de xaneiro de 1883 e finado en Nova York o 10 de abril de 1931, foi un ensaísta, filósofo, narrador, poeta, conferenciante e pintor de orixe libanesa tamén coñecido como Kahlil Gibran. Os seus libros e escritos, de simple beleza e espiritualidade, son recoñecidos e admirados fóra do mundo árabe. O seu nome completo, transliterado para linguas occidentais é Gibran Khalil Gibran, mais no colexio dos Estados Unidos en que viviu e traballou a maior parte da súa vida, un erro de rexistro reduciu o seu nome a Kahlil Gibran.Na súa relativamente curta, mais prolífica existencia (viviu apenas 48 anos), Khalil Gibran produciu unha obra literaria destacada e artisticamente marcada polo misticismo oriental.
Francia ( pronunciación ) (en francés: France, [fʁɑ̃s] (AFI), escoitar), oficialmente República Francesa ( pronunciación ) (en francés: République française, [ʁepyblik fʁɑ̃sɛz] (AFI)) é un estado membro da Unión Europea, con capital en París, que se estende sobre unha superficie total de 675 417 km², incluíndo Francia metropolitana e os territorios de ultramar espallados nos cinco continentes. Conta cunha poboación de 64,9 millóns de habitantes.Constituído en estado democrático de dereito, a súa forma de goberno esta organizada como república semipresidencialista, co nome oficial de República Francesa (République française) e o lema Liberté, Égalité, Fraternité (Liberdade, Igualdade, Fraternidade). O territorio de Francia esténdese por diversas rexións do mundo situándose a súa parte metropolitana (refírese ao territorio continental de Francia máis a illa de Córsega, a parte continental chámase popularmente l'Hexagone (o Hexágono) pola súa similitude con esta forma xeométrica), en Europa Occidental, onde limita ao sur co mar Mediterráneo, Mónaco (4,4 km), España (623 km) e Andorra (56,6 km); ao oeste co golfo de Biscaia e o océano Atlántico; ao norte coa canle da Mancha (que separa o continente das Illas británicas), o mar do Norte e Bélxica (620 km) e ao leste, con Luxemburgo (73 km), Alemaña (451 km), Suíza (573 km) e Italia (488 km).
Tintín no Congo (francés: Tintin au Congo; Pronunciación francesa: tɛ̃tɛn o kɔ̃go) é o segundo álbum da serie As aventuras de Tintín, creada polo debuxante Hergé. Encargado polo conservador xornal belga Le Vingtième Siècle para o suplemento infantil Le Petit Vingtième. A banda deseñada publicouse primeiro por entregas, en branco e negro, en Le Petit Vingtième entre o 5 de xuño de 1930 e o 11 de xuño de 1931.
Isaac Asimov (Isaak Yudovich Ozimov; en ruso: Исаак Юдович Озимов), nado en Petrovichi o 2 de xaneiro de 1920 e finado en Nova York o 6 de abril de 1992, foi un autor e bioquímico estadounidense nado en Rusia. Trátase dun escritor de éxito e excepcionalmente prolífico coñecido polas súas obras de ciencia ficción e ciencia popular ou divulgación científica. A obra máis famosa de Asimov é a "Saga da Fundación", que despois combinou con dúas das súas outras series, a serie Imperio Galáctico e a serie de Robots.
Partitura é un documento manuscrito ou impreso que indica como debe interpretarse unha composición musical, mediante unha linguaxe propia formado por signos musicais e chamado sistema de notación. Como os seus análogos os libros, os folletos, etc., o medio da partitura xeralmente é o papel ou, en épocas anteriores, o pergamiño. Aínda que o acceso á notación musical nos últimos anos inclúe tamén a presentación en pantallas de ordenador.
Two Cars in Every Garage and Three Eyes on Every Fish
"Two Cars in Every Garage and Three Eyes on Every Fish" é o cuarto episodio da segunda tempada de The Simpsons. Emitiuse orixinalmente na cadea Fox dos Estados Unidos o 1 de novembro de 1990. No episodio, Bart atrapa un peixe de tres ollos río abaixo da central nuclear de Springfield.
CiNii é un servizo de referencias bibliográficas, ou base de datos bibliográfica, de material incluído nas bibliotecas académicas xaponesas, que se centra especialmente en obras en xaponés e inglés publicadas no Xapón. Permite realizar, de balde, procuras de información académica en artigos, libros e disertacións. A base de datos foi fundada en abril de 2005 e o seu mantemento corre ó cargo do National Institute of Informatics.
Rhea Perlman, nada en Brooklyn (Nova York) o 31 de marzo de 1948, é unha actriz estadounidense coñecida mundialmente polo seu papel de Carla Tortelli na popular comedia de situación Cheers. Está casada co tamén actor Danny DeVito. Perlman foi nomeada 10 veces aos premios Emmy na categoría de mellor actriz secundaria en series de comedia pola súa participación en Cheers (que estivo 11 tempadas en antena, de 1982 a 1993), obtendo o devandito galardón en 4 ocasións (1984, 85, 86 e 89).
The Simpsons (en galego, Os Simpson) é unha comedia de situación de animación estadounidense creada por Matt Groening para a canle de televisión, tamén estadounidense, Fox Broadcasting Company. A serie é unha parodia satírica do estilo de vida do americano de clase media personificado na familia protagonista, formada por Homer, Marge, Bart, Lisa e Maggie. O programa está ambientado na cidade de ficción Springfield, satirizando moitos dos aspectos das condicións humanas, dentro das que se atopa a cultura, sociedade e televisión dos Estados Unidos.
A psicanálise é unha disciplina fundada por Sigmund Freud que agrupa tres tipos de reflexións e de estudos: un conxunto de teorías nacidos da experiencia analítica, a metapsicoloxía; unha serie de métodos de investigación das significations inconscientes da lingua, do comportamento ou das producións da imaxinación; unha psicoterapia, a cura psicanalítica.A psicanálise, como disciplina creada para tratar enfermidades mentais, baséase na revelación do inconsciente. O seu campo de acción é o da psicoterapia que procura elucidar a través dun proceso de asociacións as conexións entre os compoñentes inconscientes dos procesos mentais dos pacientes. Na psicanálise clásica, a materia fundamental da psicanálise son os patróns inconscientes da vida conforme son revelados a través das asociacións libres do analizando.
The Twilight Saga: Breaking Dawn – Part 2
The Twilight Saga: Breaking Dawn – Part 2 é un filme estadounidense dirixido por Bill Condon que foi estreado no 2012. Quinto e derradeiro filme da saga Twilight, e conclusión do filme de 2011 The Twilight Saga: Breaking Dawn – Part 1. Está baseado no cuarto libro escrito por Stephenie Meyer, Breaking Dawn.
As amazonas (grego: Ἀμαζόνες, Amazónes, singular Ἀμαζών, Amazōn), eran unha nación de mulleres guerreiras na mitoloxía grega e na Antigüidade clásica. Heródoto situounas na rexión de Escitia, en Sarmatia (territorio moderno de Ucraína). Outros historiadores sitúanas en Asia Menor, ou tamén en Libia.Raíñas notábeis das amazonas foron Pentesilea, que participou na Guerra de Troia, e a súa irmá Hipólita, cuxo cinto máxico, agasallo do seu pai Ares, foi o obxecto dun dos doce traballos de Heracles.
"Lisa the Iconoclast" (en galego, "Lisa a iconoclasta") é o décimo sexto episodio da sétima tempada da serie animada The Simpsons. A súa primeira emisión foi o 18 de febreiro de 1996. Neste episodio, conmemórase o bicentenario de Springfield, e Lisa escribe un ensaio sobre o fundador da cidade Jebediah Springfield.
A mitoloxía galega é o conxunto de mitos máis ou menos relacionados (ou mesmo sen conexións entre si): relatos que forman parte da cultura do pobo galego. Poden chegar a través de discursos, narracións ou expresións culturais de orixe sagrada e que posteriormente foron secularizados e tratados como discursos relativos a esta cultura, a unha época concreta ou a unha serie de crenzas de carácter imaxinario.
Anvita Abbi (en hindi: अन्विता अब्बी), nada en Delhi o 9 de xaneiro de 1949, é unha lingüista india e erudita das linguas minoritarias, especialmente coñecida polos seus estudos sobre linguas tribais e outras linguas de minorías do sur de Asia. En 2013, foi honrada co Padma Shri, o cuarto premio civil máis alto polo Goberno da India polas súas achegas no eido da lingüística.
A India (en hindi: Bharat), oficialmente a República da India (Bharat Ganrajya), é un estado situado en Asia Meridional. É o sétimo país do mundo en superficie, o segundo máis poboado e a democracia máis poboada do mundo con máis de 1,2 miles de millóns de habitantes. Rodeado polo océano Índico ao sur, o mar de Arabia ao suroeste e a baía de Bengala ao sueste, a India conta cunha costa de 7 517 km de extensión.
O denominado Pemento de Padrón ou de Herbón é unha variedade de pemento (Capsicum annuum L.) categorizada como Indicación Xeográfica Protexida con denominación de orixe, orixinaria do concello coruñés de Padrón. O nome de Herbón vén do topónimo da parroquia padronense onde esta variedade foi introducida polos monxes franciscanos, procedente das Américas. Trátase dun pemento de pequenas dimensións que ten, como particularidade gastronómica, ademais do seu intenso sabor, o feito de que algúns exemplares resulten particularmente picantes (aproximadamente entre un 10% -ou menos, como se explica embaixo- e un 25 %).
Robyn Rihanna Fenty, máis coñecida como Rihanna, nada o 20 de febreiro de 1988, é unha cantante, actriz, modelo e deseñadora barbadense. Nada en Barbados, a súa carreira comezou despois de coñecer ó produtor musical Evan Rogers a finais de 2003. Canda el gravou cancións demo, e o seu traballo foi enviado a varios selos musicais.
Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. Ten actualmente 191.663 artigos, e o 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
The Lord of the Rings: The Battle for Middle-earth II: The Rise of the Witch-king
The Lord of the Rings: The Battle for Middle-earth II: The Rise of the Witch-king (tamén coñecido como LOTRBFME2ROTWK) é un videoxogo de estratexia en tempo real publicado por Electronic Arts. É a terceira parte do xogo de estratexia da Terra Media, baseado na serie de filmes Lord of the Rings dirixidos por Peter Jackson. The Rise of the Witch-king é a expansión oficial de The Lord of the Rings: The Battle for Middle-earth II, que foi publicado pola mesma compañía e lanzado en 2006, para Microsoft Windows.
O axolote (do náhuatl clásico: āxōlōtl; Ambystoma mexicanum) é unha especie de urodelo, estreitamente relacionada co Ambystoma tigrinum. Malia que o axolote é coñecido coloquialmente como "peixe camiñante", non é un peixe, senón un anfibio. A especie é orixinaria de numerosos lagos, como o lago Xochimilco preto da Cidade de México.
Eleccións municipais en Arteixo
Corporacións democráticas en Arteixo desde a aprobación da Constitución de 1978. 1979 Alcalde: Ernesto Pampín Gontán — UCD. Forzado a dimitir en setembro de 1982, foi substituído por Manuel Platas Varela (UCD). 1983 Alcalde: Eulogio Gestal Varela — CP 1987 Alcalde: Frutos Xesús Martínez Saavedra — PSdeG-PSOE 1991 Alcalde: Frutos Xesús Martínez Saavedra — PSdeG-PSOE 1995 Alcalde: Manuel Pose Miñones — PPdeG 1999 Alcalde: Manuel Pose Miñones — PPdeG 2003 Alcalde: Manuel Pose Miñones — PPdeG 2007 Alcalde: Pilar Souto Iglesias — PSdeG-PSOE 2011 Alcalde: José Carlos Calvelo Martínez — PPdeGCandidaturas: José Carlos Calvelo Martínez (PP), Pilar Souto Iglesias (PSdeG-PSOE), Silvia Seixas Naia (BNG) e Xosé Márquez Fraiz (Terra Galega).
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
O Camerún (en francés: Cameroun; en inglés: Cameroon), oficialmente República do Camerún (en francés: République du Cameroun; en inglés: Republic of Cameroon) é un país africano. Limita ao oeste e o norte con Nixeria, ao leste co Chad e a República Centroafricana, ao sur coa República do Congo, Gabón e Mbini (Guinea Ecuatorial) e ao leste co golfo da Guinea, a través do cal fai fronteira coa Guinea Ecuatorial, cara á illa de Bioko. A súa capital é Yaoundé.
Rocío Pérez Armenteros, nada en Alcalá la Real (provincia de Xaén) o 13 de xullo de 1989 é unha cantante, compositora e actriz andaluza, máis coñecida polo seu nome artístico Roko compuxo cancións de estilo soul principalmente en castelán, aínda que tamén noutros idiomas. Maqueta temas para outros artistas e traballa con Antonio Ferrara que é colaborador de Carlos Jean. O seu disco de cabeceira é Un día en el mundo, de Vetusta Morla.
A Coruña é unha das catro provincias de Galicia creadas por Javier de Burgos en 1833, e está situada no noroeste do país e da península Ibérica. Limita ao norte e ao oeste co océano Atlántico, ao leste coa provincia de Lugo e ao sur coa provincia de Pontevedra. Toma o nome da súa capital, a cidade da Coruña.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
O ouro é un elemento químico de número atómico 79 (isto convérteo nun dos elementos de maior número atómico que se producen na natureza) situado no grupo 11 da táboa periódica. O seu símbolo é Au (do latín aurum ‘brillante amencer’). O ouro é un metal de transición brando, brillante, amarelo, pesado, maleable, dúctil (trivalente e univalente) que non reacciona coa maioría de produtos químicos, pero é sensible ao cloro e á auga rexia.
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
Inxeba (do xosa: "ferida") é un filme surafricano de 2017 dirixido por John Trengove. Estreouse na Competición de Cine Dramático do Mundo no Festival de Cinema de Sundance de 2017 e na sección Panorama do Festival de Cine de Berlín. O filme abriu o Festival Internacional de Cine LGBT de Tel Aviv en 2017.
O Auditorio e Pazo de Congresos de Pontevedra ou Pazo da Cultura é un edificio que acolle congresos, exposicións, concertos, obras de teatro e espectáculos de ballet e danza en Pontevedra. Está situado na zona norte da cidade, á beira do río Lérez e á altura da ponte dos Tirantes e foi deseñado polo arquitecto Manuel de las Casas.
O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.
A morfosintaxe é o conxunto de elementos e regras que permiten construír oracións con sentido e carentes de ambigüidade mediante a marcaxe de relacións gramaticais, indexacións e estrutura xerárquica de constituíntes sintácticos. Inclúe a morfoloxía e a sintaxe, dous compoñentes da gramática que, por utilidade didáctica e conceptual, se analizan por separado; porén, debe tomarse en conta que en realidade son dúas unidades indesligables. Para moitas estruturas lingüísticas particulares os fenómenos morfolóxicos e sintácticos están estreitamente entrelazados e non sempre é posible separalos.
O bancor foi unha proposta de unidade monetaria internacional ideada polo economista John Maynard Keynes nas negociacións que chegaron ao establecemento dos Acordos de Bretton Woods, na súa condición de líder da delegación británica. O nome estaba inspirado no francés banque or ("banco ouro"). Porén, o bancor non chegou a ser instrumentado como moeda global, xa que se empregou no canto del o dólar estadounidense.
A comarca de Ferrol é unha comarca galega situada na provincia da Coruña e a súa capital é Ferrol. A ela pertencen os concellos de Ares, Cedeira, Fene, Ferrol, Moeche, Mugardos, Narón, Neda, San Sadurniño, As Somozas e Valdoviño. Limita ao norte e ao leste co océano Atlántico, ao leste coa comarca do Ortegal e ao sur coa comarca do Eume.
Lista de nomes masculinos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes masculinos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.