Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
François Rabelais nado en La Devinière, preto de Chinon, cara a 1494 e finado en París o 9 de abril do 1553, foi un médico e escritor francés, humanista do Renacemento. Rabelais renovou, á luz do pensamento antigo, o ideal filosófico e moral do seu tempo. A súa obra foi incluída no Index Librorum Prohibitorum.
A comuna é a división administrativa de menor nivel en Francia. A palabra francesa commune apareceu no século XII, da verba pertencente ao latín medieval communia, cuxo significado se refire ao pequeno conxunto de xente que comparte unha vida común, do latín communis, cousas en común. As comunas francesas son aproximadamente equivalentes ao concello galego.
O esquema Ponzi é un unha operación fraudulenta de investimento na que se prometen anormalmente altos réditos a custa do capital procedente de novos investidores máis que dos beneficios reais da operación. Constitúe unha forma sofisticada do venda piramidal que forma unha burbulla económica destinada ó colapso. O esquema débelle o nome a Charles Ponzi, un inmigrante italiano nos Estados Unidos, quen utilizou esta técnica na década de 1920, aínda que non foi el quen a inventou, pois xa Charles Dickens a describiu nunha das súas novelas.
Year Zero (tamén coñecido coma Halo 24) é o sexto álbum de estudio da banda de rock industrial estadounidense Nine Inch Nails. Foi editado o día 16 de abril do 2007 baixo o selo Interscope Records. O álbum foi producido polo líder da banda, Trent Reznor, e Atticus Ross, mesturado polo vello colaborador do grupo Alan Moulder e masterizado por Brian Gardner.
O rock industrial é un xénero musical que fusiona música industrial e determinados subxéneros do rock. O rock industrial xerou o metal industrial, co que adoita confundirse. As primeiras fusións da música industrial e o rock leváronas a cabo un feixe de bandas de post-punk, incluídas Chrome, Killing Joke, Swans, Foetus e Big Black.
The Ethnologue: Languages of the World (O etnólogo: linguas do mundo) é unha publicación impresa e virtual de SIL International (antes coñecida como o Summer Institute of Linguistics, "Instituto Lingüístico de Verán"), unha organización cristiá de servizos lingüísticos que estuda as linguas menos coñecidas, basicamente para prover servizos misioneiros aos seus falantes. Posúe estatísticas de 6.809 idiomas (edición do ano 2000, 6.912 na súa web en febreiro do 2007), incluíndo o número de falantes, a súa localización, dialectos, afiliación lingüística, dispoñibilidade de textos bíblicos etc. Actualmente é un dos inventarios máis completos das linguas existentes, xunto ao Linguasphere Register .
Halo: Combat Evolved (tamén coñecido como Halo: CE, Halo 1, ou sinxelamente Halo), é un videoxogo en primeira persoa creado por Bungie e publicado por Microsoft Game Studios. É o primeiro xogo da franquía, foi lanzado ó mercado o 15 de novembro de 2001 para a consola Xbox, e ten vendido máis de cinco millóns de copias en todo o mundo. Microsoft lanzou versións do xogo para Microsoft Windows (creada por Gearbox Software) e Mac OS X en 2003, e a historia foi adaptada e elaborada nunha serie de novelas e bandas deseñadas.
Spacewar (estilizado en ocasións Spacewar!) é un videoxogo de simulación de combate espacial desenvolvido no ano 1962, sendo un dos primeiros xogos creados nos comezos da historia dos videoxogos. Foi deseñado por Steve Russell, en colaboración con Martin Graetz e Wayne Wiitanen, e programado polo propio Russell coa axuda de Bob Saunders e Steve Piner para a minicomputadora DEC PDP-1 no Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts. Trala súa creación, outros estudantes e empregados das universidades da zona expandiron o videoxogo, entre eles Dan Edwards e Peter Samson.
Alan Moulder (nacido o 11 de xuño de 1959) é un produtor británico de rock alternativo. Como un dos maiores arquitectos do moderno son británico, Moulder traballou con artistas como Depeche Mode, Gary Numan, The Jesus and Mary Chain, Ride e My Bloody Valentine, así como moitos artistas estadounidenses, incluíndo Nine Inch Nails, A Perfect Circle, The Smashing Pumpkins e Blonde Redhead.
Unha linguaxe de programación é unha linguaxe informática consistente nun conxunto de instrucións nun código concreto que ten como obxectivo facilitar a comunicación entre o programador e o sistema informático, permitindo que os primeiros poidan comunicarse cos segundos que empregan o código máquina (unha combinación de 0 e 1) mediante un sistema semellante á linguaxe humana. Deste xeito, posibilítase que os humanos poidan expresar dunha forma precisa algoritmos para estes seren executados polos ordenadores, sen ter que compor manualmente as instrucións de baixo nivel nunha linguaxe de máquina. Estas linguaxes artificiais non permiten unha liberdade de expresión tan ampla como as naturais.
Michael Trent Reznor, nado o 17 de maio de 1965 en Mercer, Pensilvania, é un músico, compositor, multi-instrumentista e produtor estadounidense. É o fundador do proxecto de rock industrial Nine Inch Nails e estivo tamén relacionado coas bandas Option 30, Exotic Birds e Tapeworm entre outros. Reznor deixou Interscope Records no ano 2007, pasando a ser un artista independente.
WhatsApp (denominación curta de WhatsApp Messenger) é un servizo de mensaxería instantánea, de balde dende 2016 (anteriormente tiña un período de proba de 365 días, despois dese período esixía o pago de 1 USD ao ano) para dispositivos móbiles mediante internet. Permite a creación de grupos e o envío de texto, imaxe, son e vídeo. A aplicación está dispoñible para diversos sistemas operativos iOS, Android, BlackBerry OS, Windows Phone e algúns dos dispositivos que utilizan Symbian de Nokia.
O Himno da Unión Soviética (Гимн Советского Союза) foi adoptado o 15 de marzo de 1944 como himno nacional en substitudicón da Internacional. A letra foi escrita por Sergei Mikhalkov (nado en 1913) en colaboración con Gabriel El-Registan e a música foi composta por Alexander Alexandrov (1883-1946). Críase que os soldados soviéticos responderían mellor a un himno dedicado á Unión Soviética que a un dedicado a un movemento mundial.
A música skiffle é un tipo de música folk influenciada por xéneros como o jazz e o blues. Utilizan instrumentos como guitarra acústica e banjo, aínda que utilizan tamén instrumentos improvisados ou caseros como peites, un kazoo, un folio, unha táboa de lavar, papeles etc. O skiffle e os jug bands están estreitamente relacionados.
"Discipline" é un sinxelo da banda estadounidense de rock industrial Nine Inch Nails. É o primeiro sinxelo da banda dende que abandonou o selo Interscope Records e publica a súa música independentemente. Ao contrario que os anteriores sinxelos de NIN, "Discipline" non tivo unha edición física, aparecendo soamente en formato MP3.
O Billboard Hot 100 é un gran conteo dos 100 sinxelos máis populares e vendidos nos Estados Unidos, axuda a promover a industria musical nacional e internacional, e defínese como a máis importante das listas de Billboard xunto co Billboard 200. A publicación desta lista é semanal a través da revista Billboard, e tamén a través de Internet na súa páxina oficial. A primeira canción en chegar ao número un da Billboard Hot 100 foi "Poor Little Fool" de Ricky Nelson en 1958.[Cómpre referencia]No ano 2008 a revista Billboard realizou a lista Billboard Hot 100 All-Time Artists, cos artistas máis exitosos, e situou a The Beatles e Madonna nos 2 primeiros postos.
iOS é un sistema operativo móbil da multinacional Apple Inc. Orixinalmente desenvolvido para o iPhone (iPhone OS), despois foi usado en dispositivos como o iPod touch e o iPad. Máis tarde en iPad, crearíase o sistema operativo iPad OS para substituír a iOS. Apple non permite a instalación de iOS en hardware de terceiros.
Balada refírese a unha obra musical de movementos lentos e con calidades narrativas líricas e dramáticas cuxa historia é presentada en forma de poesía. Nun principio, a balada é unha forma fixa de lirismo cortesía dos últimos anos da Idade Media, o termo experimento un auxe no século XIX, grazas ao movemento do romanticismo que usaba a peza vocal acompañada dun piano. Aínda se utiliza hoxe en día na súa forma orixinal, como na obra de Jean Chollet, non só na forma dunha epopea.
Bahrain, (en árabe: البحرين; al-Baḥrayn) tamén coñecido como o Reino de Bahrain (en árabe: مملكة البحرين Mamlakat al-Baḥrayn), é un país do Oriente Medio. É un dos máis pequenos da rexión e está integrado por cinco illas, das cales a maior é a illa de Bahréin e 50 illas naturais e 33 illas artificiais adicionais, centradas na Illa de Bahrain que representa ao redor do 83 por cento da masa terrestre do país. Está situado no Golfo Pérsico, compartindo fronteiras marítimas con Qatar polo sur e o leste; e con Arabia Saudita polo oeste e o noroeste, unidos pola Ponte do Rei Fahd.
Nine Inch Nails (abreviado como NIN e escrito como NIИ) é unha banda de rock industrial estadounidense formada en Cleveland, Ohio en 1988 por Trent Reznor, que é o único membro permanente do grupo, e que fai as funcións de produtor, vocalista, compositor e instrumentista. A música de NIN abarca unha ampla gama de xéneros, conservando ao mesmo tempo un característico son utilizando instrumentos e procesadores electrónicos. Despois de gravar cada novo álbum, Reznor monta unha banda de directo para actuar con ela.
O ganso do Canadá (Branta canadensis), é unha especie de ave anseriforme da familia Anatidae. É o membro do xénero Branta máis amplamente distribuído por América do Norte. Aínda se poden atopar bravas as sete subespecies, cinco das cales eran antes asignadas ao ganso de Hutchins (Branta hutchinsii).
The Legend of Zelda: Breath of the Wild
The Legend of Zelda: Breath of the Wild (en xaponés: ゼルダの伝説 ブレス オブ ザ ワイルド, Zeruda no Densetsu: Buresu obu za Wairudo) é un videoxogo de acción e aventuras desenvolvido e publicado por Nintendo para as consolas Nintendo Switch e Wii U. O xogo forma parte da franquía The Legend of Zelda e conta a historia do protagonista Link con amnesia, que esperta dun soño de cen anos unha misteriosa voz que o guía cara a derrota de Calamity Ganon antes de que poida destruír o reino de Hyrule. O xogo tivo un longo período de desenvolvemento que abrangueu cinco anos. Ó concibir Breath of the Wild, o produtor Eiji Aonuma quixo reformar as convencións do modo de xogo da serie Zelda.
O Festival de Cinema de Tribeca (en inglés: TriBeCa Film Festival) foi creado no ano 2002 polo produtor cinematográfico Jane Rosenthal e o actor Robert De Niro, en resposta á perda de vitalidade do barrio neoiorquino de Tribeca despois dos atentados do 11 de setembro de 2001. Con preto de 250 filmes e máis de 1.000 proxeccións en 2006 e 2007, o de TriBeCa é hoxe en día un dos festivais de cinema máis destacados no mundo. O seu programa ofrece aos asistentes unha gran variedade de filmes independentes, incluíndo documentais, curtametraxes e longametraxes narrativos, e un programa de filmes aptos para toda a familia.
Google Play (anteriormente Android Market) é unha plataforma de distribución dixital de aplicacións móbiles para os dispositivos con sistema operativo Android, así como unha tenda en liña desenvolvida e operada por Google. Esta plataforma permítelles aos usuarios navegar e descargar aplicacións (desenvolvidas mediante Android SDK), xogos, música, libros, revistas e películas. Tamén se poden adquirir dispositivos móbiles como ordenadores Chromebook, teléfonos intelixentes Nexus, Google Chromecast, entre outros.
Columbia Records é un selo discográfico estadounidense, pertencente a Sony Music Entertainment, e operado como parte do Columbia/Epic Label Group. Fundouse en 1888, evolucionando dunha empresa anterior, a American Graphophone Company (sucesora da Volta Graphophone Company). Columbia é a marca máis antiga de son pre-gravado, sendo a primeira compañía discográfica en producir discos pre-gravados en oposición aos cilindros.
O Gran Gatsby é unha novela en lingua inglesa escrita polo estadounidense F. Scott Fitzgerald, publicada por vez primeira en 1925 co título orixinal de The Great Gatsby. A trama desenvólvese en Nova York e Long Island na década de 1920. O libro foi descrito como o reflexo da era do jazz na literatura estadounidense.
Para a linguaxe de programación, véxase Logo Un logotipo, ou abreviada e popularmente logo, é un debuxo que lle serve a unha entidade ou a un grupo de persoas para representarse. Historicamente, os artesáns do barro, do vidro, os fabricantes de espadas e artefactos de ferro fino, e os impresores utilizaban marcas para sinalar a súa autoría. Os reis que sabían asinar ademais cruzaban os documentos legais cun logotipo da súa creación, á man ou cun selo.
Obsidian Entertainment é unha empresa estadounidense desenvolvedora de videoxogos fundada en 2003 con sede en Irvine, California. Foi fundada por Chris Jones, Chris Avellone, Darren Monahan e Feargus Urquhart, ex-empregados de Black Isle Studios. Esta empresa é recoñecida polo desenvolvemento de xogos para PC, como Star Wars: Knights of the Old Republic II: The Sith Lords, Neverwinter Nights 2, Pillars of Eternity, Fallout New Veigas e The Outer Worlds.
Reunión (en francés La Réunion) é un departamento francés no Océano Índico, localizado ao leste de Madagascar. A illa principal é unha das dúas maiores illas Mascareñas, sendo o seu veciño máis próximo a outra: Mauricio. Reunión ten, ademais, varias dependencias, espalladas en torno de Madagascar, no Índico e na Canle de Mozambique.
A koruna checa ou coroa checa (signo monetario : Kč; código: CZK ) é a moeda da República Checa dende 8 de febreiro de 1993 cando, xunto coa súa homóloga eslovaca, substituíu á coroa checoslovaca cunha taxa de cambio equivalente (1:1). O nome oficial en checo é koruna česká (plural koruny české, aínda que a forma do xenitivo plural do ablaut indoeuropeo -korun českých- é usada en billetes e moedas cun valor facial de 5 Kč ou superior). O código ISO 4217 é CZK e o abreviatura da moeda é Kč, que é colocada despois do valor numérico (por exemplo, "50 Kč").
Parlophone é un selo discográfico fundado en Alemaña en 1896 pola Carl Lindström Company como Parlophon, a filial británica xurdiu en 1923 como "Parlophone" e durante os anos '20 converteuse nun selo líder no jazz. En 1927, foi adquirida por Columbia Gramophone Company, que máis tarde se convertería en EMI. A mediados de 1962 converteuse nun dos selos discográficos máis importantes do mundo cando un directivo, George Martin, contratou a The Beatles, chegando a producir os seus primeiros nove álbums e os sinxelos correspondentes.
Un estudio de gravación é un lugar adaptado para o rexistro de voces e música, polo que debe reunir unhas condicións de acústica e electrónica. Unha das condicións máis importantes no seu deseño é a insonorización, de forma que o son interior non se propague cara ao exterior nin que o son exterior penetre e interfira nas gravacións. Isto conséguese mediante a aplicación de diversos materiais especiais (absorbentes e illantes) e o uso de cámaras de aire.
Margaret Eleanor Atwood, nada en Otava o 18 de novembro de 1939, é unha poeta, escritora, crítica literaria, mestra, activista ambiental e inventora canadense. Dende 1961, publicou dezaoito libros de poesía, dezaoito novelas, once libros de non ficción, nove coleccións de historias curtas de ficción, oito libros infantís e dúas novelas gráficas, así como unha serie de publicación en prensa tanto de poesía como ficción. Atwood gañou numerosos premios e honras pola súa escritura, incluíndo dous Premios Booker, o Premio Arthur C. Clarke, o Premio do Gobernador Xeral, o Premio Franz Kafka, o Premio Princesa de Asturias das Letras e o Premio PEN Center USA Lifetime Achievement do Círculo de Críticos Nacional do Libro.
Simpsons Roasting on an Open Fire
"Simpsons Roasting on an Open Fire", tamén coñecido como "The Simpsons Christmas Special", é o primeiro episodio da serie de animación The Simpsons que estaba pensado para que, orixinalmente, fose o oitavo episodio producido para a primeira temporada. A súa estrea orixinal foi na cadea FOX o 17 de decembro de 1989. No episodio, Homer descobre que non cobrará a paga extra de Nadal, polo que a familia non terá cartos para mercar agasallos de Nadal.
Le Monde diplomatique, chamado coloquialmente Le Diplo, é un xornal francés de periodicidade mensual fundado en maio de 1954 por Hubert Beuve-Méry a modo de suplemento para o diario Le Monde. Presenta unha liña editorial esquerdista, defendendo outro tipo de globalización e posicionándose a prol dos países do Terceiro Mundo.
Jacques René Chirac, nado en París o 29 de novembro de 1932 e finado o 26 de setembro de 2019, foi un político francés que foi presidente de Francia e copríncipe de Andorra dende o 17 de maio de 1995 ata o 16 de maio de 2007. Anteriormente fora Primeiro Ministro francés entre 1974 e 1976 e dende 1986 ata 1988, e alcalde de París entre 1977 e 1995. En 1959 tras completar os seus estudos na Escola Nacional de Administración, entra ao servizo da administración, e axiña comeza a súa carreira política, na que ocupou postos de alta responsabilidade como ministro de economía, primeiro ministro e ao cabo presidente de Francia.
Un ordenador, tamén chamado computadora ou computador, é unha máquina que realiza cálculos e controla operacións expresadas en termos lóxicos e numéricos. O ordenador é un sistema dixital con tecnoloxía microelectrónica, capaz de procesar datos a partir dun grupo de instrucións denominado programa. A estrutura básica dun ordenador inclúe microprocesador (CPU), memoria e dispositivos de entrada/saída (E/S), xunto ós buses que permiten a comunicación entre eles.
A historia (provén da lingua latina, dende o grego historia, -as 'investigación', derivado de histor 'sabio', 'coñecedor') é a ciencia que ten como obxecto de estudo o pasado da humanidade e como método o propio das ciencias sociais . Tamén se denomina historia ao período histórico que transcorre desde a aparición da escritura ata a actualidade. Máis aló das acepcións propias da ciencia histórica, historia na linguaxe usual é a narración de calquera suceso, ata de sucesos imaxinarios e de mentiras sexa o seu propósito o engano, o pracer estético ou calquera outro (ficción histórica).
O International Cricket Council (do inglés: Consello Internacional de Crícket), universalmente coñecido polo seu acrónimo ICC, é o organismo mundial reitor do crícket. Fundouse o en 1909 co nome de Imperial Cricket Conference (Conferencia Imperial de Crícket) con representantes de Australia, Inglaterra e Suráfrica. En 1965 mudou o nome a International Cricket Conference (Conferencia Internacional de Crícket) e en 1987 adoptou o seu actual nome.
Jin-Roh (人狼, Jinrō, lit. "Lobishome") é un filme anime xaponés dirixido por Hiroyuki Okiura que foi estreado en 1999. É a terceira adaptación do manga de Mamoru Oshii Ken-Roh Densetsu, despois de dous filmes en vivo: The Red Spectacles e StrayDog: Kerberos Panzer Cops estreados en 1987 e 1991 respectivamente.
Humanidades (do latín humanitas) son o conxunto de disciplinas relacionadas co coñecemento humano e a cultura. Distínguense das ciencias sociais no carácter ideográfico - estudo de particularidades sen crear leis ou postulados xerais – dos seus métodos de investigación. As Humanidades están conformadas polas seguintes disciplinas de estudos: Arte e Historia da arte Literatura e Literatura comparada Historia Teoloxía e Relixión Filosofía Filoloxía Lingüística Semiótica e SemioloxíaEstas tres últimas son ás veces clasificadas coas ciencias sociais.
Unha cámara fotográfica é un dispositivo utilizado para tomar fotografías, xa sexa individualmente ou en secuencia. O seu nome deriva do latín camera obscura, que significa "cámara escura" e refírese a un mecanismo antigo para proxectar imaxes no cal unha habitación (ou cámara) funcionaba de maneira similar a como funciona unha cámara fotográfica actualmente.
O sánscrito (saṃskr̥tam / संस्कृतम) é unha lingua indoeuropea, da familia indoirania, outrora falada no subcontinente indio. En especial, é a lingua dos textos relixiosos hindús e, neste senso, segue a ser utilizada, ao xeito do latín nos séculos pasados en Occidente, como lingua de culto, cultural e vehicular (un censo de 1981 indica que habería aínda cerca de 6100 falantes; en 1961 aproximadamente 194400 persoas dicían que o empregaban como lingua secundaria). É ademais unha das vinte e dúas linguas oficias da India.
Un xogo de cartas é calquera tipo de xogo que se xoga con cartas ou naipes que son cartóns rectangulares, con vértices redondeados, iguais, con figuras debuxadas por un lado. Estas figuras son todas diferentes (excepto os comodíns). O outro lado é exactamente igual en todas as cartas, de xeito que, cando se ven dende este lado, as cartas non se distinguen para que os xogadores poidan ocultar as súas cartas de xogo aos seus compañeiros de xogo.
Brawl Stars é un videoxogo multixogador en liña gratuíto para móbiles dispoñible en Android e IOS, desenvolvido por Supercell e lanzado globalmente en 2018. A versión de demostración do xogo foi lanzada o 14 de xuño do 2017 unicamente para o Canadá, con temáticas simples e sen moito cuidado no apartado visual, cun control básico no xogo e mecánicas sinxelas, mentres que a versión global se lanzou agregando un apartado visual con maiores detalles interesantes e diferentes funcionalidades, que se lle engadiron ao xogo o 12 de decembro do 2018. En 2019 foi distinguido como xogo do ano.
Eleccións presidenciais dos Estados Unidos de 2016
As eleccións presidenciais dos Estados Unidos de 2016 foron as 58ª eleccións presidencias dos Estados Unidos de América, celebradas o martes 8 de novembro de 2016. Os votantes elixen ós compromisarios que á súa vez deberán escoller ó novo presidente e vicepresidente a través do Colexio Electoral. O límite estabelecido pola Vixésimo segunda Emenda constitucional impediu ó presidente en exercicio, Barack Obama, ser reelixido para un terceiro período de goberno.
A cadeira eléctrica é unha máquina que serve para a aplicación da pena capital, isto é, para executar a alguén. Utilizouse principalmente en Estados Unidos desde o 6 de agosto de 1890 cando se realizou a primeira execución con este método. Coa prohibición do seu uso no Estado de Nebrasca o 8 de febreiro de 2008, deixou de ser o método primario de execución nese país aínda que algúns estados prevén a súa utilización como opción suxeita á elección do reo.
O cortisol (ou hidrocortisona) é unha hormona esteroide do grupo dos glicocorticoides, producida na glándula adrenal. Libérase en resposta ao estrés e a baixos niveis sanguíneos de glicocorticoides. As súas funcións principais son incrementar os niveis de azucre en sangue estimulando a glicoxenólise; suprime o sistema inmunitario; e intervén no metabolismo das graxas, proteínas e carbohidratos.
Abbey Road é o undécimo primeiro álbum de The Beatles, saíu o 26 de setembro de 1969 no Reino Unido (o 1 de outubro nos Estados Unidos) e foi o último álbum gravado polo grupo, aínda que Let It Be se publicou despois. Produciuno George Martin. Rolling Stone considérao o 14º mellor álbum de todos os tempos.
Central do Brasil é un filme franco-brasileiro de 1998 dirixido por Walter Salles, protagonizado por Fernanda Montenegro e Vinícius de Oliveira. O guión, adaptado por João Emanuel Carneiro e Marcos Bernstein a partir dunha historia do director Walter Salles, conta a amizade entre un rapaz e unha muller de mediana idade. A interpretación de Montenegro valeulle o recoñecemento internacional da crítica e un nomeamento ó Óscar á mellor actriz, ó tempo que o filme foi nomeado ó Óscar ó mellor filme internacional na 71ª edición dos premios.
O portugués é unha lingua romance nada na alta Idade Media na Gallaecia, que agora é Galiza e o norte de Portugal. Estendeuse polo mundo nos séculos XV e XVI, na época en que Portugal fundou un imperio colonial, incluíndo o Brasil en Suramérica, Goa na India e Macau na China. Daquela xurdiron tamén varias linguas crioulas baseadas no portugués, sobre todo en África, Asia e o Caribe.
Ghosts I–IV é o sétimo álbum de estudio da banda estadounidense de rock industrial Nine Inch Nails, editado o 2 de marzo do 2008 coma descarga dixital e posteriormente en CD. O álbum foi o primeiro despois de que a banda anunciase que cortaría os seus vínculos co selo Interscope Records e procuraría editar o seu futuro material independentemente. Inicialmente pensouse como un EP de cinco pistas, pero finalmente lanzouse como 4 EPs de nove pistas cada un. O álbum lanzouse baixo unha licenza Creative Commons e en varios formatos e prezos, indo da descarga dixital gratuíta dos 9 primeiros temas a unha "edición limitada de luxo" de 300 dólares.
Os Países Cataláns (Països Catalans en catalán) son os territorios nos que a lingua autóctona é o catalán, ou ben os territorios que forman parte dunha unidade xeohistórica, cultural e lingüística de predominio catalán. Son tamén os territorios onde viviron ou viven os falantes de catalán.En termos xerais, os Países Cataláns abranguen a zona oriental da península Ibérica, entre os Pireneos, até a Lagoa de Leucate e a serra das Corbières, polo norte, e o río Segura polo sur, o arquipélago das Baleares (que inclúe o das Pitiusas) e illas adxacentes (como as Columbretes e a illa de Tabarca), a Franxa Oriental (no leste de Aragón), a comarca do Carxe (na Rexión de Murcia) e a cidade de L'Alguer (na illa de Sardeña), onde un 30% da poboación fala catalán.Os Países Cataláns teñen unha superficie conxunta de 70 520 quilómetros cadrados e unha poboación de 14,4 millóns de habitantes.
A Dinastía Joseon (en coreano: 조선, 朝鮮; tamén Chosŏn, Choson, Chosun, Cho-sen) foi un reino coreano fundado por Taejo Yi Seong-gye que durou aproximadamente cinco séculos, dende xullo de 1392 até outubro de 1897. Foi fundado despois da caída da dinastía Goryeo no que hoxe é actual cidade de Kaesong. As fronteiras do norte foron expandidas até os límites naturais dos ríos Amnok e Duman despois da subxugación dos jurchens.
Vancouver é unha cidade do Canadá, na provincia da Columbia Británica. Localízase na costa do Pacífico, no suroeste da provincia. Con cerca de 550 mil habitantes distribuídos en 113 quilómetros cadrados (na cidade propiamente dita) e 2,14 millóns de habitantes na súa zona metropolitana, a densidade demográfica de Vancouver é a segunda máis alta da América do Norte, só por detrás de Nova York.
Lewis Allen Reed, nado en Freeport (Long Island, Nova York) o 2 de marzo de 1942 e finado o 27 de outubro de 2013, foi un cantante de rock e escritor estadounidense, máis coñecido como Lou Reed. Está considerado o pai do rock independente, primeiro como líder do grupo The Velvet Underground e logo en solitario. Enormemente influente na arte pop desde a década de 1960, os seus principais discos son Rock'n Roll Animal, Transformer e, para un primeiro acercamento, o soberbio concerto que ofreceu no Meltdown Festival: Perfect Night Live in London.
Francia ( pronunciación ) (en francés: France, [fʁɑ̃s] (AFI), escoitar), oficialmente República Francesa ( pronunciación ) (en francés: République française, [ʁepyblik fʁɑ̃sɛz] (AFI)) é un estado membro da Unión Europea, con capital en París, que se estende sobre unha superficie total de 675 417 km², incluíndo Francia metropolitana e os territorios de ultramar espallados nos cinco continentes. Conta cunha poboación de 64,9 millóns de habitantes.Constituído en estado democrático de dereito, a súa forma de goberno esta organizada como república semipresidencialista, co nome oficial de República Francesa (République française) e o lema Liberté, Égalité, Fraternité (Liberdade, Igualdade, Fraternidade). O territorio de Francia esténdese por diversas rexións do mundo situándose a súa parte metropolitana (refírese ao territorio continental de Francia máis a illa de Córsega, a parte continental chámase popularmente l'Hexagone (o Hexágono) pola súa similitude con esta forma xeométrica), en Europa Occidental, onde limita ao sur co mar Mediterráneo, Mónaco (4,4 km), España (623 km) e Andorra (56,6 km); ao oeste co golfo de Biscaia e o océano Atlántico; ao norte coa canle da Mancha (que separa o continente das Illas británicas), o mar do Norte e Bélxica (620 km) e ao leste, con Luxemburgo (73 km), Alemaña (451 km), Suíza (573 km) e Italia (488 km).
TV.com é un sitio web propiedade de CNET Networks. O sitio alberga contido sobre os programas e canles de televisión e tamén alberga información sobre a radio dos Estados Unidos, Reino Unido, Canadá, Australia, Xapón, e de Irlanda. Ofrece unha guía de televisión, noticias, comentarios, fotos, tráileres e anuncios de televisión.
A música folk é un termo de orixe anglosaxoa empregado xeralmente para referirse á "música folclórica" moderna. Nalgúns contextos, por influencia do sentido en lingua inglesa da "folk music", o seu significado esténdese a toda a música folclórica, tanto á tradicional como á máis moderna baseada naquela. Os artistas de folk poden empregar temas musicais folclóricos xa existentes facéndolles un arranxo musical ou ben tomar simplemente o estilo e crear os seus propios temas orixinais.
Kuwait (/kʊˈweɪt/; árabe: الكويت al-Kuwayt, oficialmente Estado de Kuwait (árabe: دولة الكويت Dawlat al-Kuwayt), é un país de Asia Occidental. Está situado no extremo norte de Arabia Oriental na punta do Golfo Pérsico, limitando con Iraq ao norte e Arabia Saudita ao sur. Kuwait tamén comparte fronteira marítima con Irán.
A Corporación Espacial Estatal "Roscosmos" (ruso: Государственная корпорация по космической деятельности «Роскосмос»), coñecida de xeito sinxelo como Roscosmos (ruso: Роскосмос), é unha empresa estatal da Federación Rusa responsable dos voos espaciais, incluíndo o programa de cosmonáutica e a investigación aerospacial.
The Null Corporation é un selo discográfico independente estadounidense que edita o traballo de Nine Inch Nails e How to Destroy Angels. Os álbums de Nine Inch Nails Ghosts I–IV e The Slip foron lanzados en formato físico baixo a etiqueta de The Null Corporation. O seu nome tamén está asociado ás descargas dixitais da banda, á súa canle oficial en YouTube, e aos seus perfís de MySpace e Facebook.