Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Rocío Pérez Armenteros, nada en Alcalá la Real (provincia de Xaén) o 13 de xullo de 1989 é unha cantante, compositora e actriz andaluza, máis coñecida polo seu nome artístico Roko compuxo cancións de estilo soul principalmente en castelán, aínda que tamén noutros idiomas. Maqueta temas para outros artistas e traballa con Antonio Ferrara que é colaborador de Carlos Jean. O seu disco de cabeceira é Un día en el mundo, de Vetusta Morla.
A protesta expresa unha reacción contraria a eventos ou a situación. As protestas poden adoptar moitas formas diferentes, desde as declaracións individuais ás manifestacións masivas. Os protestantes organizan unha protesta como unha maneira pública de que as súas opinións se escoiten nunha tentativa de influenciar á opinión pública ou á política do goberno, ou poden emprender a acción directa tentando decretar directamente as mudanzas desexadas por eles mesmos.
O delito, en sentido estrito, é definido como unha conduta ou acción típica (tipificada pola lei), antixurídica, culpábel e puníbel. Supón unha conduta infraccional do Dereito penal, é dicir, unha acción ou omisión tipificada e penada pola lei. A palabra delito deriva do verbo latino delinquere, que significa abandonar, apartarse do bo camiño, afastarse do vieiro sinalado pola lei.
O aneto ou endro (Anethum graveolens) é unha planta herbácea de curta vida. Medra silvestre nos campos da Península Ibérica, sobre todo no val do Ebro e en Andalucía, resto da Europa meridional, Exipto, Asia Menor, África do Norte, cultívase en Alemaña, Hungría, Italia, Gran Bretaña, Países Baixos, India, Paquistán, Estados Unidos para a súa utilización nos sectores farmacéutico, cosmético, alimentario e para a produción de licores. É unha planta anual de entre 60 e 150 cm, co talo feble e oco, as flores amarelas, os froitos de cor castaña e arrodeados por unha película clara, cun cheiro aromático.
The New Yorker é unha revista estadounidense semanal que publica críticas, ensaios, reportaxes de investigación e ficción. Aínda que se concentra preferentemente na vida social de Nova York, The New Yorker ten unha ampla audiencia fóra desta cidade debido á calidade dos seus xornalistas. É cosmopolita, cun carácter urbano acentuado pola súa sección "Talk of the Town", cos seus comentarios sobre a vida en Nova York, a cultura popular e as excentricidades estadounidenses, e o seco enxeño dos seus sketches e famosas viñetas.
O Victoria and Albert Museum (a miúdo abreviado como V&A) de Londres é o maior museo do mundo de artes aplicadas e decorativas e deseño, así como de escultura, que alberga unha colección permanente de máis de 2,27 millóns de obxectos. Foi fundado en 1852 e leva o nome da raíña Vitoria e do príncipe Alberte. O V&A está situado no Royal Borough de Kensington e Chelsea, nunha zona coñecida como "Albertopolis" debido á súa asociación con príncipe Alberte, o Albert Memorial e as principais institucións culturais coas que estivo asociado.
O límite de velocidade das estradas é empregado en moitos países para fixar a velocidade máxima (ou mínima nalgúns casos) na que os vehículos poden circular legalmente en diferentes tramos da estrada. Os límites poden ser variables nalgúns lugares, e noutros non existen límites (como as Autobahn en Alemaña). Os límites están normalmente indicados en sinais de tráfico.
Ambroise Vollard, nado en Saint-Denis (Reunión) o 3 de xullo de 1866 e finado en París o 22 de xullo de 1939, foi un tratante de pintura e galerista francés. Foi unha figura clave das vangardas e axudou a descubir a varios artistas como Paul Cézanne, Paul Gauguin, Vincent van Gogh, Henri Matisse, Pablo Picasso, dos que, en moitas ocasións foi amigo persoal.
Un ácido aldónico é un azucre ácido orixinado pola oxidación do grupo aldehido dunha aldosa, que se transforma nun grupo carboxilo (COOH) . A súa fórmula química xeral é HOOC-(CHOH)n-CH2OH. Os ácidos aldónicos adoitan prepararse por oxidación do azucre con bromo. Xeralmente encóntranse en forma de lactona, manténdose o anel esencialmente coa mesma estrutura cíclica do grupo hemiacetal que presentaba no azucre orixinal.
Un distrito electoral é unha división electoral formada polo conxunto de persoas dun territorio que votan e constitúen unha unidade de voto. Nas eleccións municipais o distrito é o concello; nas eleccións ao Parlamento galego e ás Cortes españolas, cada provincia é un distrito; nas eleccións ao Parlamento europeo cada estado membro da Unión Europea constitúe un distrito electoral.
O linchamento ou lei de Lynch é o asasinato dun individuo, xeralmente por unha multitude, sen procedemento xudicial legal e en detrimento dos dereitos básicos de todo cidadán. Moitos autores atribúen a orixe da palabra ao coronel Charles Lynch, que o puxo en práctica arredor do 1782, durante a guerra de independencia dos Estados Unidos de América. Porén, é máis ben atribuída ao capitán William Lynch (1742-1820), do condado de Pittsylvania, Virxinia, que mantivo un comité para mantemento da orde durante a revolución, no 1780.
Cartel é un soporte, normalmente en papel, fixado de forma que sexa visible en locais públicos. A súa función principal é a de divulgar información visualmente, pero tamén é apreciada como unha peza de valor estético. Alén da súa importancia como medio de publicidade e de información visual, o cartel posúe un valor histórico como medio de divulgación en importantes movementos de carácter político ou artístico.
Google Street View é unha característica do Google Maps conxuntamente co Google Earth que proporciona imaxes case esféricas a nivel de rúa (360 graos horizontal, 290 graos vertical), permitindo aos usuarios ver partes das cidades seleccionadas e as súas áreas metropolitanas circundantes. Cando se lanzou o servizo, o 25 de maio de 2007, só cinco cidades estadounidenses estaban incluídas. Dende aquela expandiuse a 22 países europeos, 4 latinoamericanos, 4 asiáticos e un africano.
A biosfera (do grego βίος bíos "vida" e σφαῖρα sphaira "esfera"), tamén coñecida como ecosfera (do grego οἶκος oîkos "ambiente" e σφαῖρα) é o conxunto total de ecosistemas do planeta. Tamén se pode comprender como a zona de vida na Terra, que é un sistema pechado (sempre que non se teña en conta a radiación solar e cósmica e a calor do interior da Terra), e en boa parte autorregulada. Unha definición biofisiolóxica máis xeralista indica que a biosfera é o sistema ecolóxico global que integra a todos os seres vivos e xunto coas súas relacións mutuas, incluíndo a súa interacción cos elementos da litosfera, xeosfera, hidrosfera e atmosfera.
Un sitio web é unha colección de páxinas web, imaxes, vídeos ou outros elementos dixitais albergados nun ou máis servidores ligados entre si e, normalmente accesible vía Internet, teléfonos móbiles ou LAN. Ao conxunto de todos eses sitios web accesibles coñécese como World Wide Web (www). No ano 2006 a Web pasou dos 100 000 000 de sitios web. Ás páxinas dun sitio web accédese dende unha URL raíz común, a páxina principal.
Os isoflavonoides son un tipo de compostos fenólicos flavonoides. Son compostos bioloxicamente activos, como fitoestróxenos, producidos polas plantas da familia Fabaceae. Os isoflavonoides son derivados da vía de biosíntese dos flavonoides a través da liquiritixenina ou narinxenina.Os pterocarpanos son derivados dos isoflavonoides.
Diane Ernestine Earle Ross, nada en Detroit (Míchigan) o 26 de marzo de 1944, é unha cantante estadounidense de soul, máis coñecida como Diana Ross. Está considerada unha das artistas femininas de máis éxito, primeiro con The Supremes e despois en solitario. O seu estilo, a súa voz sexy, que flúe de forma natural, e a súa beleza física foron factores que conquistaron tanto a públicos brancos como negros.
Nathaniel Hawthorne, nado como Nathaniel Hathorne en Salem (Massachusetts) o 4 de xullo de 1804 e finado en Plymouth (Nova Hampshire) 19 de maio de 1864) foi un novelista estadounidense coñecido polas súas numerosas historias de ficción gótica e romanticismo escuro. Fillo de Nathaniel Hathorne e Elizabeth Clarke Manning, os seus antergos inclúen a John Hathorne, o único xuíz involucrado nos xuízos de bruxas de Salem que nunca se arrepentiu das súas accións. Nathaniel máis tarde engadiu un "W" para cambiar o seu apelido por "Hawthorne", coa fin de ocultar esta relación.
Os quirópteros ou morcegos (Chiroptera) son unha orde de mamíferos placentarios cuxas extremidades superiores se desenvolveron como ás. Con aproximadamente 1.100 especies, representan aproximadamente un 20% de todas as especies de mamíferos, o que os converte na segunda orde máis numerosa desta clase (tras os roedores). Están presentes en todos os continentes, agás na Antártida.Son os únicos mamíferos capaces de voar, espalláronse por case todo o mundo e ocuparon unha gran variedade de nichos ecolóxicos diferentes.
Unha embaixada é a delegación representativa oficial e xeralmente de carácter permanente dun estado no territorio doutro, decote localizado na súa capital, feito que a distingue dos consulados, que poden estar situados en calquera parte do territorio. En relación do dereito internacional, as embaixadas gozan dun status extraterritorial, é dicir, malia estaren en territorio estranxeiro están desligadas das leis locais e se rexen conforme ás leis do país de orixe.
Atentados de París de novembro de 2015
A noite do 13 de novembro de 2015 producíronse unha serie de ataques terroristas coordinados, consistentes en tiroteos en masa, explosións suicidas e toma de reféns en París (Francia) e no suburbio do norte, Saint-Denis. Comezaron ás 21:16 CET, con tres explosións suicidas preto de Stade de France e tiroteos en masa e outra explosión suicida en catro lugares preto do centro de París. O ataque máis sanguento produciuse no teatro Bataclan durante un concerto da banda estadounidense Eagles of Death Metal, onde os terroristas tomaron reféns e participaron nun enfrontamento coa policía que rematou ás 00:58 CET do 14 de novembro de 2015.
A densidade é unha magnitude física derivada que expresa a cantidade de substancia nun mesmo volume (é unha magnitude que expresa unha propiedade intensiva). A fórmula para o seu cálculo é: ρ = m V , {\displaystyle \rho ={\frac {m}{V}},} onde ρ representa a densidade, m a masa do obxecto en cuestión e V o volume que ocupa. A súa unidade no SI é o kg/m3.
O microgramo é unha unidade de masa do Sistema Internacional de Unidades que equivale á milmillonésima parte dun quilogramo (10-9 kg) ou á millonésima parte dun gramo (10-6 g); o seu símbolo é µg. Algunhas organizacións, como Joint Commission, propoñen a utilización da abreviatura mcg polo risco de confusión da letra grega µ cunha m do que resultaría unha dose mil veces maior. Esta unidade de medida tamén era chamada gamma (símbolo: γ), nome e símbolo actualmente obsoletos, como sinónimos de microgramo.
Unha consoante nasal prodúcese cando o veo do padal —a parte carnosa do padal preto da parte posterior— se baixa, permitindo que o aire flúa libremente a través do nariz. A cavidade bucal aínda actúa como compartimento da resonancia do son, pero o aire non sae pola boca mentres que é bloqueado pola lingua. Outros tipos de consoantes poden ser nasalizados, pero normalmente referímonos a alófonos dos arquifonemas /N/ e /M/ Acusticamente, as consonantes nasais son sonorantes, é dicir, non restrinxen a saída de aire, e dende o punto de vista lingüístico case sempre son sonoras.
Un élitro (do grego ἔλυτρον, elitron, 'vaíña, cuberta') é unha á anterior modificada e endurecida de certas ordes de insectos, que son fundamentalmente os coleópteros e algúns hemípteros; non obstante, na maioría dos hemípteros, as ás anteriores son denominadas hemélitros, nas que só a metade basal está engrosada, mentres que o resto é membranoso.
Happy Tree Friends (Felices Amigos do Bosque, en tradución libre) é un deseño animado en Adobe Flash de humor negro de Mondo Mini Shows, creada por Kenn Navarro, Aubrey Ankrum, Rhode Montijo e Warren Graff. Como se mostra na web oficial, "non se recomenda para nenos". Mesmo con aparencia fofa e típica de deseños infantís dos personaxes, o deseño é moi violento, e case todos os episodios contén sangue, sufrimento, traxedias e mortes violentas.
Unreal Engine é un motor de xogo desenvolvido por Epic Games, exhibido por primeira vez no shooter en primeira persoa de 1998 Unreal. Malia estar enfocado principalmente para shooters en primeira persoa, utilizouse en varios outros xéneros, incluíndo videoxogos de sixilo, MMORPGs e outros videoxogos de rol. Escrito na linguaxe de programación C++, Unreal Engine posúe un alto grao de portabilidade e é unha ferramenta de grande uso na industria dos videoxogos.A última versión do motor é Unreal Engine 4, deseñado para Microsoft DirectX 11 e 12 (plataformas Microsoft Windows, Xbox One, Windows RT), GNM (para PlayStation 4), OpenGL (para macOS, Linux, iOS, Android, Ouya e Windows XP), Vulkan (para Android), Metal (para iOS) e JavaScript/WebGL (para navegadores HTML5).
Tradición é cada un daquelas pautas de convivencia que unha comunidade considera dignas de constituírse como unha parte integral dos seus usos e costumes. A tradición adoita versar xenericamente sobre o conoñecemento e tamén sobre principios ou fundamentos socioculturais selectos, que por consideralos especialmente valiosos ou acertados preténdese que se estendan ao común, así unhas xeracións os transmitirán ás seguintes a fin de que se conserven, se consoliden, se adecúen a novas circunstancias. Tamén se chama tradición aos patróns que poden formar idiosincrasias, como as tradicións: exipcia, grega, romana etc.
O Rinoceronte de Dürer é un gravado en madeira de Albrecht Dürer realizado en 1515 que se converteu nunha icona cultural, e que segundo algúns críticos, é a «representación dun animal que máis influencia tivo na historia da arte». Está baseado en bosquexos e descricións duns dos primeiros rinocerontes que chegaron a Europa, concretamente na corte portuguesa.
O voo 2120 de Nigeria Airways foi un voo chárter de pasaxeiros dende Jeddah, Arabia Saudita ata Sokoto, Nixeria o día 11 de xullo de 1991 que se estrelou pouco despois de engalar do aeroporto internacional Rei Abdulaziz. Morreron as 247 pasaxeiros e 14 tripulantes a bordo do aparello. O avión era un Douglas DC-8 operado por Nationair para Nigeria Airways.
Unha sonda espacial é unha nave espacial non tripulada, utilizada para a exploración remota doutros planetas, satélites, asteroides ou cometas. Normalmente as sondas teñen recursos de telemetría, que permiten estudar á distancia as súas características físico-químicas, tirar fotografías e por veces tamén o seu medio natural. Algunhas sondas, como Landers ou Rovers, pousan na superficie dos astros celestes, para estudos da súa xeoloxía e do seu clima.
Xogos Olímpicos de Inverno de 1992
Os XVI Xogos Olímpicos de Inverno tiveron lugar entre o 8 e o 23 de febreiro de 1992 en Albertville, Francia.
Presión é a propiedade física que corresponde á forza aplicada sobre unha superficie (real ou imaxinaria). Máis formalmente, a presión é a medida da compoñente normal da forza que actúa sobre unha superficie (área): p = F A {\displaystyle p={\frac {F}{A}}} ou p = d F d A {\displaystyle p={\frac {dF}{dA}}} onde: p é a presión F é a compoñente normal da forza. A é a áreaAínda que a forza sexa unha magnitude vectorial, a presión é unha cantidade escalar, isto é, non ten dirección.
O tratado de Versalles é un tratado de paz asinado o 28 de xuño de 1919, exactamente cinco anos despois do asasinato do arquiduque Francisco Fernando de Austria, entre os países aliados e Alemaña que puxo un fin oficialmente á primeira guerra mundial. Entrou en vigor o 10 de xaneiro de 1920. Aínda que o armisticio, asinado o 11 de novembro de 1918, rematara coa loita real, levou seis meses de negociacións na Conferencia de Paz de París rematar o tratado de paz.
O Douglas DC-8 é un cuadrimotor de pasaxeiros fabricado entre 1958 e 1972 pola Douglas Aircraft Company. A pesar de ser lanzado máis tarde que o seu competidor Boeing 707, o DC-8 estableceu a Douglas nunha posición forte no mercado dos avións de pasaxeiros, e estivo en produción ata 1972, ando comezou a ser superado por deseños máis grandes, como o DC-10 e o Boeing 747. O deseño do DC-8 permitia levar algo máis de carga que o 707, polo que ducias de exemplares remotorizados continúan en servizo como avións de carga, mentres que a vida comercial dos 707 rematou principalmente de cara ao ano 2000.
Terremoto e tsunami de Sendai de 2011
O terremoto e tsunami de Sendai en 2011(東北地方太平洋沖地震, Terremoto da rexión de Tōhoku e da zona costeira do Océano Pacífico) foi un sismo ocorrido ás 14:46:23 (05:46:23 UTC) do venres 11 de marzo de 2011, que alcanzou unha magnitude provisional de 8,9 na escala sismolóxica de magnitude de momento (MW). O domingo 13 de marzo recalificouse pola axencia sismolóxica xaponesa nun 9 na escala sismolóxica de magnitude de momento (MW), o que o fai o cuarto maior terremoto do que se ten constancia na historia. O epicentro do terremoto situouse no mar, fronte á costa de Honshu, 130 km ao leste de Sendai, na prefectura de Miyagi, Xapón.
Hikikomori (ひきこもり o 引き篭り, literalmente "apartarse, estar recluído", i.e., "illamento social agudo") é un termo xaponés para referirse ao fenómeno de xente solitaria que escolleu abandonar a vida social; a miúdo buscando graos extremos de illamento e confinamento, debido a varios factores persoais e sociais nas súas vidas. O termo hikikomori refírese ao fenómeno sociolóxico, como tamén ás persoas que pertencen a este grupo social. Na terminoloxía occidental, este grupo pode incluír individuos que sofren de fobia social ou problemas de ansiedade social.
A auga destilada é aquela á que se lle elimina practicamente a totalidade de impurezas e ións mediante a destilación (a auga chega ó seu punto de ebulición e recóllense os seus vapores, condensándoos). Unha montaxe típica de laboratorio para levar a cabo a destilación consta dun matraz, un tubo refrixerante e outro matraz para recoller o destilado.
O dragón de Komodo (Varanus komodoensis) é unha especie de lagarto que vive nas illas de Komodo, Rinca, Flores, Gili Motang e Gili Dasami, en Indonesia central. É un membro da familia dos varanos (Varanidae), e é a especie máis grande vivente de lagartos; que acada unha medida de dous a tres metros e pesa aproximadamente setenta quilogramos. A súa medida infrecuente atribúese ó xigantismo insular, xa que non hai outros animais carnívoros que poidan cubrir o nicho das illas onde viven, e tamén ó ritmo metabólico baixo do dragón de Komodo.
O lago Manicouagan (tamén coñecido como encoro Manicouagan) é un lago anular alimentado polas augas do río Manicouagan, no centro do Quebec (Canadá). No seu interior destaca unha grande illa circular coñecida como René-Levasseur, cuxo punto máis alto é o monte Babel. Tanto o lago como a illa son claramente visibles dende o espazo, razón pola que reciben o nome de "ollo de Quebec".
O pianista (en inglés: The Pianist) é un filme do ano 2002 dirixido por Roman Polanski e protagonizado por Adrien Brody. O filme é unha adaptación das memorias do músico polaco de orixe xudía Władysław Szpilman. Recibiu en 2002 a Palma de Ouro no Festival Internacional de Cannes, e foi galardoada con tres Premios Óscar: mellor director, mellor actor protagonista e mellor guión adaptado.
Os dispositivos ou aparatos electrónicos consisten nunha combinación de diversos elementos ou compoñentes organizados en circuítos, destinados a controlar e aproveitar os sinais eléctricos, a diferenza dun dispositivo eléctrico, o cal serve para controlar e aproveitar o fluxo da corrente eléctrica. Comparemos o funcionamiento dun dispositivo eléctrico e dun dispositivo electrónico para notar mellor o concepto anterior: Unha lámpada eléctrica aproveita o fluxo eléctrico para producir enerxía luminosa, mentres que un aparato amplificador de son gobernará, mediante os seus circuítos electrónicos, os sinais provenientes dun micrófono, e os sinais excitadores dos altofalantes. Un ordenador, está composto de diferentes dispositivos e circuítos electrónicos que cumpren variadas funcións, esencialmente gobernando sinais eléctricos, como por exemplo os producidos na unidade láser do lector de CD-ROMs.
O mínimo de Maunder é o nome dado ó período de 1645 a 1715, cando as manchas solares desapareceron da superficie do Sol, tal como observaron os astrónomos da época. Recibe o nome do astrónomo solar E.W. Maunder quen descubriu a carencia de manchas solares durante ese período estudando os arquivos deses anos. Durante un período de 30 anos dentro do Mínimo Maunder, os astrónomos observaron aproximadamente 50 manchas solares, mentres que o típico sería observar entre unhas 40.000 e 50.000 manchas.
Mundial de Fútbol de 2014 - Grupo A
O Grupo A da Copa do Mundo de Fútbol de 2014, realizada no Brasil, estivo composto por catro equipos que se enfrontaron entre si nun total de seis encontros: a anfitrioa Brasil, xunto con Croacia, México e o Camerún. Ao termo dos mesmos os dous con maior cantidade de puntos, Brasil e México, con 7, clasificaronse á seguinte fase. Quedarían eliminadas Croacia, con 3 puntos, e Australia, que non conseguiu puntuar.
Lingua indíxena é un denominación que reciben moitas linguas, mais sobre a que non existe unha categorización clara. Para a lingüista Yásnaya Elena Aguilar Gil é calquera lingua cuxa poboación e territorio non alcanzou a formar o seu propio país e, polo tanto, sempre é precaria fronte a calquera lingua que utilice o Estado.
One Direction (tamén coñecidos como 1D) é unha banda xuvenil anglo-irlandesa de pop establecida en Londres, composta por Niall Horan, Liam Payne, Harry Styles e Louis Tomlinson; o antigo membro, Zayn Malik deixou o grupo en marzo de 2015. Asinaron co selo discográfico de Simon Cowell Syco Records despois de acabar terceiros na versión británica do programa The X Factor en 2010. Contan cun grande éxito internacional, e lanzaron cinco álbums ó mercado Up All Night (2011), Take Me Home (2012), Midnight Memories (2013), Four (2014) e Made in the A.M. (2015) cos cales bateron récords, estiveron na maioría das listas musicais, e deron sinxelos exitosos como "What Makes You Beautiful", "Live While We're Young", "Story of My Life" e "Steal My Girl".
O dólar da Liberdade sentada (en inglés: Seated Liberty dollar) foi unha moeda dun dólar de prata cuñada pola Casa da Moeda dos Estados Unidos entre 1840 e 1873, deseñada polo seu gravador xefe, Christian Gobrecht. Foi a derradeira moeda de prata deste valor cuñada antes da aprobación da Lei da Moeda de 1873, que supuxo unha interrupción temporal da emisión do dólar de prata. O anverso desta moeda baséase no do anterior "dólar Gobrecht", ao que substitúe, cuñado de xeito experimental entre 1836 e 1839.
Harry Potter é o nome dunha serie de sete novelas de fantasía escritas pola británica J. K. Rowling. Os libros narran a vida dun meigo adolescente, Harry Potter, e dos seus amigos Hermione Granger e Ron Weasley, todos eles alumnos da Escola Hogwarts de Maxia e Feiticería. A trama central do argumento xira arredor da loita de Harry contra Lord Voldemort, un meigo escuro que pretende conseguir a inmortalidade, derrocar o goberno máxico coñecido como Ministerio de Maxia, conquistar o mundo máxico e someter os meigos e os muggles, as persoas non-máxicas.
O Proxecto Manhattan (inglés: Manhattan Project) foi un proxecto de investigación e desenvolvemento levado a cabo durante a segunda guerra mundial que produciu as primeiras armas nucleares, liderado polos Estados Unidos co apoio do Reino Unido e do Canadá. Dende 1942 ata 1946 o proxecto estivo baixo a dirección do xeneral maior Leslie Groves do Corpo de Enxeñeiros do Exército dos Estados Unidos, mentres que o físico nuclear Robert Oppenheimer foi o director do Laboratorio de Los Alamos no que se deseñaron as propias bombas nucleares. A compoñente do exército deste proxecto recibiu a designación de Distrito Manhattan (inglés: Manhattan District), nome que gradualmente substituíu o nome en clave oficial, Desenvolvemento de Materiais Substitutos (inglés: Development of Substitute Materials).
A alquimia é unha antiga práctica protocientífica e filosófica que combina elementos da química, a metalurxia, a física, a medicina, a astroloxía, a semiótica, o misticismo, o espiritualismo e a arte. Practicouse no Antigo Exipto, na India, na China, na Grecia Antiga e no Imperio Romano, no Imperio Islámico, e despois en Europa ata o século XIX, nunha complexa rede de escolas e sistemas filosóficos que abrangue polo menos 2.500 anos.
O lago Vitoria (Nam Lolwe en luo; "Nalubaale" en Luganda e Nyanza en ruanda e bantú) é un dos Grandes lagos africanos, localizado nun planalto elevado na parte occidental do Gran Val do Rift, na África oriental. O nome foille dado en honor da raíña Vitoria polo explorador John Hanning Speke, o primeiro británico en documentar a súa existencia en 1858, no transcurso dunha expedición con Richard Francis Burton para localizar as Fontes do Nilo.En termos de superfice, con 68.870 km² (aproximadamente o mesmo que a Irlanda), é o maior lago do continente africano, o maior lago tropical no mundo e o segundo maior lago de auga doce do mundo, só superado pola superficie do lago Superior de América do Norte. En termos de volume, é o sétimo maior lago de auga doce do mundo con 2.750 km³ de auga.
O Senegal, oficialmente República do Senegal, é un país de África Occidental. Limita ao norte con Mauritania, ao leste con Malí, ao sur con Guinea e Guinea-Bissau, e ao oeste co océano Atlántico e Gambia. É o máis próximo veciño de Cabo Verde, arquipélago que se espalla polo Atlántico a occidente da península de Cabo Verde.
Bajocero é un filme español de 2021 dirixido por Lluís Quílez, escrito por Fernando Navarro e Lluís Quílez. Está protagonizado por Javier Gutiérrez, Karra Elejalde, Luis Callejo e Patrick Criado.Netflix reportou que o filme foi visto por máis de 47 millóns de contas no primeiro mes de estrea no servizo en liña.
O ouro é un elemento químico de número atómico 79 (isto convérteo nun dos elementos de maior número atómico que se producen na natureza) situado no grupo 11 da táboa periódica. O seu símbolo é Au (do latín aurum ‘brillante amencer’). O ouro é un metal de transición brando, brillante, amarelo, pesado, maleable, dúctil (trivalente e univalente) que non reacciona coa maioría de produtos químicos, pero é sensible ao cloro e á auga rexia.
Lucio Urtubia Jiménez, nado en Cascante (Navarra) o 18 de febreiro de 1931 e finado en París o 18 de xullo de 2020, foi un albanel e militante anarquista. Considerado como o último dos "bandidos bos", foi definido como un "Robin Hood", como un Quixote; aínda que en palabras de Albert Boadella "Lucio es un Quijote que no luchó contra molinos de viento, sino contra gigantes de verdad".
YouTube é un espazo web que lles permite aos usuarios publicar, ver e compartir vídeos. Fundouse en febreiro de 2005 por tres antigos empregados de PayPal: Chad Hurley, Steve Chen e Jawed Karim. YouTube é un nome composto de you (en inglés ti) e tube (en inglés tubo, ou sexa, televisión), que quere dicir algo así como ti es a televisión.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
Europa ( pronunciación ) é un dos continentes que conforman o supercontinente euroasiático, situado entre os paralelos 35º 30’ e 70º 30’ de latitude norte. Europa é unha das grandes penínsulas de Eurasia (segundo como se considere, a maior delas), á que de forma convencional e por motivos históricos considérase un continente propio, e pertence a súa a Eurafrasia. De forma convencional e por motivos histórico-culturais é considerada un continente, tras a delimitación realizada polo xeógrafo ruso Vasili Tatíshchev quen desexaba sinalar a pertenza de Rusia a Europa e a Asia.As fronteiras de Europa e a súa poboación son obxecto de controversia, xa que o termo continente pode referirse a un ben cultural e político ou a distincións fisiográficas.
Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. Ten actualmente 191.663 artigos, e o 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000.
Juana Domínguez Manso, coñecida como Juana de Aizpuru, nada en Valladolid o 22 de agosto de 1933, é unha galerista de arte española, pioneira do coleccionismo de arte contemporánea en España, que desenvolveu o seu labor principalmente en Andalucía e Madrid. Foi a creadora e directora de ARCO, a feira de arte contemporánea máis importante a nivel estatal, dirixíndoa desde a súa creación en 1982 até 1986. Presidiu a Asociación Española de Galerías de Arte Contemporánea e é membro da Xunta Directiva da Federación Española de Galerías de Arte.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, radicando nesta cidade e concello o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o INE en 2021 tiña 97.858 habitantes. O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
Urano é o sétimo planeta do sistema solar, situado entre Saturno e Neptuno, o terceiro de maior tamaño, e o cuarto máis masivo. Chámase así en honra da divindade grega do ceo Urano (do grego antigo Οὐρανός), o pai de Cronos (Saturno) e o avó de Zeus (Xúpiter). Aínda que é detectable a primeira ollada no ceo nocturno, non foi catalogado como planeta polos astrónomos da antigüidade debido á súa escasa luminosidade e á lentitude da súa órbita.
A India (en hindi: Bharat), oficialmente a República da India (Bharat Ganrajya), é un estado situado en Asia Meridional. É o sétimo país do mundo en superficie, o segundo máis poboado e a democracia máis poboada do mundo con máis de 1,2 miles de millóns de habitantes. Rodeado polo océano Índico ao sur, o mar de Arabia ao suroeste e a baía de Bengala ao sueste, a India conta cunha costa de 7 517 km de extensión.