Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
A Game of Thrones ("Un xogo de Tronos") é o primeiro libro de A Song of Ice and Fire ("Unha canción de xeo e lume"), unha serie de novelas de fantasía escritas polo autor norteamericano George R. R. Martin. Foi publicado por primeira vez o 6 de agosto de 1996. Na novela, preséntanse varios puntos de vista e liñas argumentais, sendo as tres máis importantes: a loita das casas nobres polo control dos Sete Reinos principalmente a Casa Stark, a Casa Lannister e a Casa Baratheon, a actual dinastía gobernante; o tema do Muro e a loita co descoñecido alén dos reinos, e a historia de Daenerys Targaryen, derradeiro membro da Casa Targaryen, que gobernara os Sete Reinos ata quince anos antes do comezo do libro.
The Dark Side of the Moon é o oitavo álbum da banda inglesa de rock progresivo Pink Floyd, publicado o 1 de marzo de 1973. Baseouse nas ideas exploradas en anteriores gravacións e en concertos, pero carece das estensas excursións instrumentais que caracterizaban aos seus traballos tras a saída en 1968 de Syd Barrett. Os temas de The Dark Side of the Moon inclúen conflito, cobiza, paso do tempo e enfermidade mental, este último inspirado parcialmente na deterioración do estado mental de Barrett.
BARTOC, siglas para Basel Register of Thesauri, Ontologies & Classifications (en galego: Rexistro de Tesauros, Ontoloxías e Clasificacións de Basel) é unha base de datos de Sistemas de Organización do Coñecemento creada na Universidade de Basel, Suíza. O seu obxectivo principal é documentar nun único punto de acceso os sistemas de organización do coñecemento (KOS) como son as clasificacións, os tesauros e os rexistros de autoridades de xeito que teñan maior visibilidade, se destaquen as súas características e poidan buscarse e compararse, fomentando que se comparta o coñecemento. A diferenza doutros rexistros de terminoloxías, BARTOC inclúe calquera tipo de KOS de calquera área do coñecemento, en calquera lingua, sexa cal sexa o seu formato ou forma de acceso.
Oslo, chamada Christiania entre 1624 e 1878 e Kristiania entre 1878 e 1924, é a capital e a cidade máis habitada de Noruega, amais de ser o seu centro político, económico e cultural. Politicamente constitúe un concello e a vez unha das dezanove provincias do país. En 2018 a súa poboación era de 673 469 habitantes, un 12% da poboación total de Noruega, sendo a terceira cidade e área urbana máis poboada de Escandinavia, só superada por Copenhague e Estocolmo.
The Last of Us é un videoxogo de acción e horror desenvolvido por Naughty Dog e distribuído por Sony Computer Entertainment exclusivamente para a PlayStation 3. Foi estreado oficialmente o 10 de decembro de 2011, durante a Spike TV Video Game Awards e a súa estrea mundial fíxose o 14 de xuño de 2013. O xogador ten o control de Joel (voz e movementos de Troy Baker), que está viaxando a través duns Estados Unidos postapocalípticos no ano 2033, coa fin de acompañar a Ellie (voz e movementos de Ashley Johnson) cara un grupo de resistencia, os Fireflies, que segundo cre Ellie, pode ser a chave para atopar a cura da infección que devastou o mundo.
Edgar Allan Poe, (/poʊ/) nado como Edgar Poe o 19 de xaneiro de 1809 en Boston e finado o 7 de outubro de 1849 en Baltimore, foi un novelista, ensaísta, editor e crítico literario estadounidense, coñecido pola súa poesía e as súas historias curtas, en particular os seus contos de misterio e terror. Está amplamente considerado unha das figuras principais do romanticismo escuro nos Estados Unidos e na literatura estadounidense no seu conxunto, e foi un dos primeiros escritores de historias curtas do seu país. Poe considérase xeralmente o inventor do xénero de ficción de detectives e acredítaselle unha contribución ó xénero emerxente da ciencia ficción.
A capacidade calorífica dun corpo é o cociente entre a cantidade de enerxía calorífica transferida a un corpo ou sistema nun proceso calquera e o cambio de temperatura que experimenta. Nunha forma menos formal podemos dicir que é a enerxía necesaria para aumentar 1 K a temperatura dunha determinada cantidade dunha substancia, (usando o SI). Indica a maior ou menor dificultade que presenta dito corpo para experimentar cambios de temperatura cando se lle subministra calor, e pode interpretarse como unha medida da inercia térmica.
Os estudios de gravación Abbey Road Studios (chamados EMI Studios ata 1970) están situados na rúa londiniense de Abbey Road. O grupo The Beatles gravou case a totalidade da súa discografía neles e para a portada do álbum Abbey Road decidiron tomar unha fotografía da agrupación mentres cruzaba o paso de peóns situado diante dos estudios. Esta imaxe foi e segue a ser unha das imaxes máis emblemáticas de portadas de álbums.
Super Mario Party (スーパー マリオパーティ, Sūpā Mario Pāti) é un videoxogo desenvolvido por NDcube e publicado por Nintendo para a consola Nintendo Switch. É o décimo primeiro título da serie de videoxogos Mario Party, e foi descrito como unha "renovación completa" da franquía, traendo e revitalizando elementos de xogo de títulos máis antigos á vez que introducía outros novos para acompañalos. Foi lanzado en todo o mundo o 5 de outubro de 2018 e vendeu 1,5 millóns de copias a finais dese mes.
Le Monde (pronunciación en francés: /lə mɔ̃də/; en galego: O Mundo) é un xornal vespertino francés fundado por Hubert Beuve-Méry e publicado de maneira continua en París dende a súa primeira edición o 19 de xaneiro de 1944. É a principal publicación do Groupe Le Monde. O xornal Le Monde non debe confundirse coa publicación Le Monde diplomatique, da cal o grupo Le Monde posúe un 51%, pero que é editorialmente independente.
Doraemon, o gato cósmico (ドラえもん, Doraemon) é un manga e anime creado entre os anos 1969 e 1970 polo debuxante xaponés Himiko Fujisaki, baixo o pseudónimo de Fujio Fujiko. Fujio Fujiko era pseudónimo común de dous debuxantes, Hiroshi Fujimoto e Motoo Abiko. Doraemon é a obra creada de Hiroshi Fujimoto, entón agora se utiliza Fujio F. Fujiko como o seu pseudónimo.
Ningxia (en chinés: 宁夏; xiao'erjing: نٍ ﺷﯿَا ﺧُﻮِ ذُﻮْ ذِ جِ ﺛُﻮْ), oficialmente Rexión Autónoma Hui de Ningxia, é unha rexión autónoma da República Popular da China que se atopa no noroeste do país. Antigamente unha provincia da China, Ningxia foi incorporada a Gansu en 1954, pero foi separada en 1958 e constituída como rexión autónoma para o pobo hui, un dos 56 grupos étnicos oficialmente recoñecidos pola China. O vinte por cento da poboación hui da China vive en Ningxia.
O etanol, ou alcohol etílico, é un composto químico orgánico alifático cun grupo funcional hidroxilo que forma parte da familia dos alcohois. A súa fórmula química é CH3-CH2-OH e o seu peso molecular é de 46.0684. En condicións normais de presión e temperatura preséntase como un líquido incoloro cun olor acedo parecido ao do vinagre e é moi inflamable, cun punto de ebulición de 78 °C. Ao mesturarse con auga en calquera proporción, dá unha mestura azeotrópica.
Wii U, coñecida oficialmente como Nintendo Wii U, é unha consola de videoxogos domésticos desenvolvida por Nintendo como sucesora da Wii. Lanzado a finais de 2012, é a primeira consola de videoxogos de oitava xeración e competiu coa Xbox One de Microsoft e a PlayStation 4 de Sony. A Wii U recibiu unha recepción xeralmente positiva, que incluíu eloxios polo seu innovador controlador, melloras na funcionalidade en liña da Wii, compatibilidade co software e accesorios de Wii e relativa accesibilidade.
"You're My Best Friend" é un sinxelo da banda británica de rock Queen, lanzado en 1976. A canción foi escrita polo baixista John Deacon, e pertence ao álbum A Night at the Opera, de 1975. A canción foi escrita en homenaxe á esposa de John Deacon, Veronica Tetzlaff, e salienta por estar escrita no piano, instrumento que John estaba aprendendo a tocar.
"Seaside Rendezvous" é unha canción do grupo de rock británico Queen, que figura como número sete do seu cuarto álbum de estudio: Unha Noite na Ópera. A canción, que nunca foi interpretada en directo, foi escrita por Freddie Mercury e amosa claras influencias do vaudeville e do "music hall". Esta canción conta cunha curiosa sección de ponte musical executada vocalmente por Mercury e mais por Roger Taylor, na súa parte central.
Wisconsin (en inglés [wɪsˈkɒnsən] (AFI), escoitar) é un dos estados que conforma os Estados Unidos de América, localizándose no Medio Oeste. Limita ao sur con Illinois, ao oeste con Iowa e Minnesota, ao norte co lago Superior e a península setentrional do estado de Míchigan, e ao leste co lago Michigan. Wisconsin é o vixésimo terceiro estado máis extenso e o vixésimo máis poboado.
Giant Bomb é un sitio web de videoxogos e unha wiki estadounidense que inclúe noticias sobre a industria, recensións, comentarios e vídeos. Foi creado polos ex-editores de GameSpot Jeff Gerstmann e Ryan Davis, en colaboración con Whiskey Media. O sitio web foi votado pola revista Time como uno dos 50 mellores sitios web do ano 2011.
Final Fantasy XV é un videoxogo de rol de acción desenvolvido e publicado por Square Enix como parte da serie de Final Fantasy. Foi estreado para a PlayStation 4 e a Xbox One no 2016, e para Microsoft Windows no 2018. O xogo desenvólvese nun mundo aberto cun sistema de batalla orientado cara á acción en tempo real, incorporando un sistema de cambio de armas rápido, así como maxias elementais e outras características como a utilización de vehículos para o transporte e acampada.
En informática teórica e matemáticas, a teoría da computación é a rama que estuda como de eficientemente poden resolverse os problemas nun modelo de computación, empregando un algoritmo. O campo divídese en tres áreas principais: a teoría e linguaxe de autómatas, a teoría da computabilidade e a teoría da complexidade computacional, que están ligadas pola pregunta: "cales son as capacidades fundamentais e as limitacións das computadoras?".Para establecer un estudo rigoroso sobre a computación, os científicos computacionais traballan cunha abstracción matemática de computadoras denominada modelo de computación. Existen varios modelos en uso, mais o máis comunmente examinado é a máquina de Turing.
The New Yorker é unha revista estadounidense semanal que publica críticas, ensaios, reportaxes de investigación e ficción. Aínda que se concentra preferentemente na vida social de Nova York, The New Yorker ten unha ampla audiencia fóra desta cidade debido á calidade dos seus xornalistas. É cosmopolita, cun carácter urbano acentuado pola súa sección "Talk of the Town", cos seus comentarios sobre a vida en Nova York, a cultura popular e as excentricidades estadounidenses, e o seco enxeño dos seus sketches e famosas viñetas.
League of Legends (abreviado como LoL) é un videoxogo multixogador desenvolvido e publicado por Riot Games para Microsoft Windows e OS X. O xogo é un modelo freemium que se sostén con micro-transaccións. Inspirado polo modo de xogos como Warcraft III: The Frozen Throne e Defense of the Ancients os fundadores de Riot buscaron desenvolver un xogo independente do mesmo xénero. Dende o seu lanzamento en outubro de 2009, o xogo é de balde e monetízase mediante a personalización de personaxes que se poden comprar.
O Al-Ahly Sporting Club (popularmente Al-Ahly, que significa O Nacional) é un club deportivo de O Cairo, en Exipto, principalmente coñecido polos éxitos da súa sección de fútbol, a máis laureada de África. O club foi fundado en 1907 por un grupo de estudantes nacionalistas que se opoñían á colonización. No ano 2000 foi recoñocido pola CAF como mellor equipo africano do século XX. As súas cores son o vermello e o branco, sendo vermellas a camisola e as medias, e branco o pantalón.
O branco e negro é un termo amplamente usado para referirse a un abano de acabamentos e procesos das artes visuais de carácter monocromo, e onde só existen brancos, negros e distintas tonalidades de grises. Existe a fotografía en branco e negro e a banda deseñada en branco e negro. Tamén tiveron a súa época, se ben agora só se usan xa con carácter experimental, o cine en branco e negro e a televisión en branco e negro.
Frodo Bulseiro (Frodo Baggins no orixinal), é un dos personaxes principais da novela O Señor dos Aneis de John Ronald Reuel Tolkien. Chamado "o portador do anel", este hobbit foi o encargado de levar o Anel Único ata o Orodruin (chamado en lingua común Monte do Destino) para destruílo. Posteriormente, deixou a Terra Media nun navío que o levou, xunto a Gandalf o branco, ás Terras Imperecedoiras.
Sistema Interestatal de Autoestradas
O "Sistema Nacional de Autoestradas Interestatais e de Defensa Dwight D. Eisenhower", comunmente chamado "Interstate Highway System" (Rede de Autoestradas Interestatais dos Estados Unidos), é unha rede de autoestradas nos Estados Unidos. É parte doutro sistema máis grande, pero pouco coñecido, denominado "Sistema Viario Nacional" (National Highway System). A totalidade do Sistema de Autoestradas Interestatais tiña, en 2004, unha lonxitude total de 75.376 km.
Amblin Television é unha produtora de televisión, división de Amblin Partners. Foi creada en 1984 por Amblin Entertainment como unha produtora para a pequena pantalla co obxectivo de producir a serie antolóxica Amazing Stories de Steven Spielberg, emitida na NBC. A compañía tamén produciu series de televisión como Tiny Toon Adventures, Animaniacs, SeaQuest DSV, ER, Falling Skies e The Americans. En 2012, DreamWorks Television, produtora de series como Spin City, Taken, Band of Brothers, The Pacific, United States of Tara, Smash e o filme de HBO All the Way, foi fusionada con Amblin Television.
Charles Babbage, nado en Teignmouth, Devon, Gran Bretaña, o 26 de decembro de 1791 e finado o 18 de outubro de 1871, foi un matemático inglés e científico protoinformático. Foi a primeira persoa en concibir a idea do que hoxe chamariamos un ordenador. No Museo de Ciencias de Londres exhíbense partes dos seus mecanismos inconclusos.
Un arranxo musical é a preparación dunha composición musical para ser executada por un grupo específico de voces ou instrumentos musicais, o que consiste basicamente en reescribir o material preexistente para que quede en forma diferente a como fora executado anteriormente ou para facer a música máis atraente para o público e usar técnicas de rítmica, harmonía e contrapunto para reorganizar a estrutura da peza de acordo cos recursos dispoñibles, tales como a instrumentación e a habilidade dos músicos.
Soñan os androides con ovellas eléctricas?
Soñan os androides con ovellas eléctricas? (en inglés: Do Androids Dream of Electric Sheep?; retitulado como Blade Runner: Do Androids Dream of Electric Sheep? nalgunhas edicións) é unha novela de ciencia ficción do escritor estadounidense Philip K. Dick, publicada por vez primeira en 1968.
Nintendo (任天堂, にんてんどう) é unha compañía de videoxogos, fundada no século XIX en Kyoto no Xapón. Comezou facendo xogos de cartas, de entre elas as chamadas Hanafuda (carta de flor) que tiveron grande éxito. Máis tarde entraría no mercado dos xoguetes electrónicos, para ser unha das pioneiras do videoxogo a finais dos anos setenta.
Deutsche Grammophon Records é un selo discográfico alemán especializado en música clásica, pertencente (2022) á empresa Universal Music Group, unha división do grupo francés Vivendi Universal. Foi fundada co nome de Deutsche Grammophon Gesellschaft o 6 de decembro de 1898 polo cidadán estadounidense de orixe alemán Emile Berliner como a filial alemá local da súa Berliner Gramophone Company, converténdoa na compañía discográfica máis antiga do mundo que aínda está en funcionamento.Deutsche Grammophon sempre foi moi coñecido polos seus altos estándares de alta fidelidade. Entre os intérpretes que gravaron coa compañía están Herbert von Karajan, Daniel Barenboim, Leonard Bernstein ou Maria João Pires.
Good Company é unha canción que forma parte do álbum A Night at the Opera, editado en 1975 pola banda de rock inglesa Queen. Brian May, o guitarrista, foi o autor da canción e era tamén quen a icantaba, ao tempo que tocaba o banjo, nas actuacións en directo, que substituíu por un ukelele na versión gravada. A canción, inspirada na vida do pai do compositor, narra a historia dun rapaz ao que o seu pai lle daba consellos para saber elixir as compañías.
Year Zero (tamén coñecido coma Halo 24) é o sexto álbum de estudio da banda de rock industrial estadounidense Nine Inch Nails. Foi editado o día 16 de abril do 2007 baixo o selo Interscope Records. O álbum foi producido polo líder da banda, Trent Reznor, e Atticus Ross, mesturado polo vello colaborador do grupo Alan Moulder e masterizado por Brian Gardner.
Cities: Skylines é un videoxogo de construción de cidades creado pola compañía desenvolvedora de videoxogos finlandesa Colossal Order e publicado por Paradox Interactive o 10 de marzo de 2015 para Windows, OS X e Linux. Considerase popularmente como o competidor dos máis famosos xogos dentro deste xénero, principalmente o SimCity (2013) e en menor medida do Cities XXL. Cities Skylines está dispoñible polo sistema de distribución dixital Steam.
Unha tarxeta intelixente (smart card), ou cartón intelixente, ou tarxeta con circuíto integrado (TCI), é unha tarxeta ou cartón que inclúe un chip no que se pode almacenar información. Aínda que existe un amplo rango de tarxetas dispoñibles, as tarxetas intelixentes divídense en dous grandes grupos: as que contan con memoria, e as que ademais de memoria teñen procesador. Normalmente, as tarxetas intelixentes que non van embebidas en dispositivos, teñen o aspecto e as dimensións dunha tarxeta de crédito.
"Gangnam Style" (en coreano: 강남스타일) é unha canción do cantante surcoreano de pop PSY, cuxo son combina música dance/electrónica e rap. A canción foi lanzada o 15 de xullo de 2012 e debutou no posto número un en Gaon Chart, a lista musical nacional de Corea do Sur.O seu vídeo musical recibiu máis de 743 millóns de visitas en YouTube sen tomar en conta as visitas do sinxelo subido a canles non oficiais e a versión estendida non oficial, as cales representan máis de 150 millóns de reproducións, sendo isto un 25 por cento do total aproximadamente. Ademais, desde o 1 de novembro de 2012 converteuse no segundo vídeo máis visto, só superado por Justin Bieber con "Baby".
O número de onda e unha magnitude de frecuencia que indica o número de veces que vibra unha onda nunha unidade de distancia. Na literatura científica adóitase representar coa letra grega nu con til: ν ~ {\displaystyle {\tilde {\nu }}} . As súas unidades no sistema internacional son os ciclos por metro (ou metros recíprocos, m−1).
Obsidian Entertainment é unha empresa estadounidense desenvolvedora de videoxogos fundada en 2003 con sede en Irvine, California. Foi fundada por Chris Jones, Chris Avellone, Darren Monahan e Feargus Urquhart, ex-empregados de Black Isle Studios. Esta empresa é recoñecida polo desenvolvemento de xogos para PC, como Star Wars: Knights of the Old Republic II: The Sith Lords, Neverwinter Nights 2, Pillars of Eternity, Fallout New Veigas e The Outer Worlds.
Google Books (chamado anteriormente Google Book Search e Google Print) é un servizo en liña vía web para a consulta de publicacións. A busca faise en libros e publicacións periódicas dixitalizadas de todo o mundo que Google converte en texto con programas de recoñecemento de caracteres. O servizo foi presentado por Google en outubro de 2004 na Feira do Libro de Frankfurt.
En xenética e bioloxía molecular un par de bases son dous nucleótidos opostos e complementarios situados nas cadeas enfrontadas do ADN (ou ás veces do ARN) que están conectadas por enlaces de hidróxeno (frecuentemente abreviadas como pb ou nos textos ingleses bp). Nos pares de bases de Watson e Crick canónicas do ADN, a adenina (A) forma un par de bases coa timina (T), e a guanina (G) fai o mesmo coa citosina (C). No ARN ás veces poden aparecer bases apareadas en secuencias complementarias da mesma cadea, que están dobradas e quedan enfronte; neste caso a timina é substituída polo uracilo (U), conectándose coa adenina, polo que os pares son A-U, G-C. Tamén hai apareamentos de bases que non seguen a paridade canónica de Watson e Crick, especialmente no ARN, que poden ser pares de bases Hoogsteen ou pares de bases cambaleantes.
A música industrial é un xénero musical que se basea en sons e temas ásperos, transgresivos ou provocativos. AllMusic define á música industrial como a "fusión de rock e música electrónica máis abrasiva e agresiva" que foi "inicialmente unha mestura de experimentos de electrónica de vangarda (música de cinta, musique concrète, ruído branco, sintetizadores, secuenciadores etc.) e provocación punk". O termo foi cuñado a mediados dos 70 coa fundación de Industrial Records por membros de Throbbing Gristle e Monte Cazazza.
O rock progresivo (tamén coñecido como prog rock ou prog) é un amplo subxénero do rock que naceu no Reino Unido e nos Estados Unidos entre mediados e finais dos anos 60 e tivo o seu máximo esplendor na década dos 70, aínda que hoxe en día continúa sendo un xénero moi popular. É comunmente asociado ao rock sinfónico e ao art rock, aínda que o termo rock progresivo actualmente abarca un espectro de música moito maior que eses dous xéneros. O rock progresivo acostuma combinar elementos do jazz, da música clásica, do folk e das músicas do mundo con formatos típicos do rock, a miúdo rexeitando determinadas normas do xénero, e usando porén estruturas musicais e ideas relativamente raras.
O agnome ou agnomen era na Antiga Roma un alcume honorífico que se engadía ao nome de determinada persoa para resaltar unha das súas virtudes ou lembrar o éxito dun dos seus feitos. Era un sobrenome individual que se podía agregar ao convencional sistema dos tria nomina (praenomen, nomen, cognomen).
Poker Face é o primeiro single oficial lanzado pola cantante xaponesa Ayumi Hamasaki o 8 de abril do ano 1998. O lanzamento oficial do single foi en 1998, pero no ano 2001 foi reeditado nunha edición maxi single, sendo maioritariamente completado con remezclas que foran feitas para a canción e nunca saíron a luz.
The Slip (tamén coñecido como Halo 27) é o oitavo álbum de estudio da banda estadounidense de rock industrial Nine Inch Nails. O álbum foi editado gratuitamente o 5 de maio do 2008 como descarga dixital, e baixo unha licenza Creative Commons, na páxina oficial da banda. Dous meses máis tarde lanzouse unha versión física.
"Beat It" é un sinxelo escrito e interpretado polo artista estadounidense Michael Jackson e producido por Quincy Jones (con coprodución de Jackson). É o terceiro sinxelo do seu sexto álbum en solitario, Thriller (1982). Eddie Van Halen executa o solo de guitarra, mais o seu selo discográfico impediulle aparecer no vídeo musical.
A animación por ordenador ou animación dixital é a técnica que consiste en crear imaxes en movemento mediante o uso dun ordenador. Cada vez máis os gráficos creados son en 3D, aínda que os gráficos en 2D seguen a empregarse amplamente para conexións lentas e aplicacións en tempo real que precisan renderizar rápido.
A República de Bashkortostán (en ruso Респу́блика Башкортоста́н, Respúblika Baixkortostan; en baskir Башҡортостан Республикаһы, Baixqortostan Respublikahi; en tártaro Başqortostan Respublikası), ata 1990, Bashkiria, en ruso Башки́рия), é un suxeito federal (república) da Federación Rusa desde o 31 de marzo de 1992. En 2002 contaba con 4 104 336 habitantes en 143 600 km². A capital é Ufá.
Ghosts I–IV é o sétimo álbum de estudio da banda estadounidense de rock industrial Nine Inch Nails, editado o 2 de marzo do 2008 coma descarga dixital e posteriormente en CD. O álbum foi o primeiro despois de que a banda anunciase que cortaría os seus vínculos co selo Interscope Records e procuraría editar o seu futuro material independentemente. Inicialmente pensouse como un EP de cinco pistas, pero finalmente lanzouse como 4 EPs de nove pistas cada un. O álbum lanzouse baixo unha licenza Creative Commons e en varios formatos e prezos, indo da descarga dixital gratuíta dos 9 primeiros temas a unha "edición limitada de luxo" de 300 dólares.
Un ano luz é unha unidade de lonxitude, utilizada en astronomía, que corresponde á distancia percorrida no vacuo pola luz durante un ano. Máis precisamente, é a distancia percorrida por un fotón no vacuo a unha distancia infinita de calquera campo gravitatorio ou magnético, nun ano gregoriano medio e a unha velocidade de 299.792.458 m/s. Para calcular o valor en quilómetros dun ano luz utilízase a velocidade indicada (299.792.458 m/s) e como tempo un ano gregoriano Medio (ver Calendario gregoriano) con 365,2425 días.
O teatro é un espectáculo baseado na representación da conduta do ser humano. Esta conduta representada, chamada actuación, é realizada por actores. Por extensión tamén se chama teatro ao edificio onde se realizan representacións teatrais e espectáculos afíns, así como ao repertorio (conxunto de creacións teatrais que se consideran propias dun autor: "o teatro de Vidal Bolaño"), época ("o teatro das Irmandades da Fala) ou país ("o teatro francés").
Samsung (en hangul: 삼성; en hanja: 三星; en coreano: Samseong) é unha das máis fortes e recoñecidas empresas de Corea do Sur a nivel mundial e líder en diversas ramas da industria electrónica e a industria en xeral. Samsung Electronics, fundada en 1969, é o membro máis grande do Grupo Samsung, que é á vez unha das compañías de aparellos eléctricos máis importantes ao redor do mundo. Fundada en Daegu, Corea do Sur, opera en ao redor de 58 países e ten máis de 208.000 empregados.
Un videoxogo para un xogador, (single-player en inglés) é aquel que ten entrada para un único xogador . Os videoxogos máis temperáns, como Tennis for Two, eran para dous xogadores, os xogos para un único xogador gañan popularidade pouco despois con títulos como Speed Race e Space Invaders. A primeiros dos 90 presentáronse moitos xogos que utilizaron redes de área local para modos de multixogador, Doom é un exemplo notábel destes.
Naruto: Shippūden (Traducido como: Crónicas do Furacán) é o nome con que se coñece á segunda parte da historia de Naruto, o manga de Masashi Kishimoto. Esta denominación é a que se adoptou no anime, e equivale á segunda parte do manga. O seguinte texto que está abaixo é o argumento de cada manga pero non esta dividido de acordo ao modo no que o manga avanza.
Overwatch é un videoxogo de tipo shooter en primeira persoa (ou FPS) desenvolto por Blizzard Entertainment lanzado ao público en maio do 2016 para Microsoft Windows, PlayStation 4 e Xbox One. No 2017 foi premiado como Xogo do Ano en The Game Awards 2016. Overwatch pon aos xogadores en equipos de seis persoas, con cada persoa escollendo un dos varios heroes dispoñibles, cada un cos seus movementos e habilidades únicas.
Songkick é unha compañía tecnolóxica estadounidense que proporciona servizos de descubrimento de concertos e de vendas de entradas para eventos musicais ao vivo. A web e a app móbil de Songkick permite aos usuarios rastrexar a artistas en xira, recibir alertas de concertos na súa área e mercar entradas para os espectáculos, usando tecnoloxía e servizos que dirixen e xestionan as vendas de entradas en nome de artistas.
A Tetrarquía foi un sistema de goberno creado polo emperador romano Diocleciano por forma a resolver serios problemas militares e económicos do imperio romano. Dividiu o seu poder sobre o imperio entre os sectores orientais (pars Orientis) e occidentais (pars Occidentis). Mantivo o control persoal do sector leste e o seu colega Maximiano controlou o occidente.
Live at Reading é un CD/DVD ao vivo da banda estadounidense de grunge Nirvana, editado o 3 de novembro do 2009, coa crónica do concerto ofrecido o 30 de agosto de 1992 no Reading Festival. Despois da actuación houbo gran cantidade de copias piratas e esta foi a primeira vez que se editou remasterizado e coa cor corrixida. A interpretación do tema "Lithium" apareceu anteriormente no seu vídeo Live!
Fanny Mendelssohn, nada en Hamburgo o 14 de novembro de 1805 e finada en Berlín o 14 de maio de 1847, posteriormente Fanny [Cäcilie] Mendelssohn Bartholdy e, tralo seu matrimonio, Fanny Hensel, foi unha compositora e pianista alemá. En Hamburgo, o Museo Fanny e Felix Mendelssohn está dedicado ás vidas e ás obras de Fanny e do seu irmán Felix.