Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Jeff Beck, nado en Wallington o 24 de xuño de 1944 e finado en Wadhurst (East Sussex) o 10 de xaneiro de 2023, foi un guitarrista inglés de rock. Formou parte da banda The Yardbirds para comezar logo unha carreira en solitario na que experimentou cunha variedade de xéneros como blues rock, rockabilly, heavy metal, jazz fusión e ata techno. Foi clasificado no quinto posto na lista dos "100 mellores guitarristas de todos os tempos" da revista Rolling Stone.
Gerard Piqué i Bernabéu, nado en Barcelona o 2 de febreiro de 1987, é un futbolista catalán que xoga como defensa no Fútbol Club Barcelona. Foi o terceiro futbolista, tras Marcel Desailly e Paulo Sousa, en lograr gañar a Liga de Campións da UEFA dous anos seguidos con dous equipos diferentes, no 2008 co Manchester United e no 2009 co Barcelona. Tamén xoga na selección de fútbol de España, coa que gañou a Copa Mundial de Fútbol en 2010 e a Eurocopa de 2012, dous dos tres títulos do triplete conseguido pola selección entre 2008 e 2012, inédito na historia do fútbol.
O Premio Óscar ó mellor actor é unha das categorías dos Premios Óscar que cada ano entrega a Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas nos Ánxeles (California). Entrégase a un actor que tivese unha interpretación nun papel principal na industria do cinema. Tradicionalmente, o premio é presentado pola gañadora do Óscar á mellor actriz na edición anterior.
Earthrise (traducible como albor ou espontar da Terra) é o nome da fotografía da NASA AS8-14-2383HR, tomada por William Anders durante a misión do Apollo 8 á Lúa o 24 de decembro de 1968 ás 16:40 UTC (aprox.). Nela apréciase parcialmente a Terra na sombra, nun primeiro plano da superficie lunar. O Apolo 8 non aterrou na Lúa; esta fotografía foi quitada dende a órbita lunar.
Os Calgary Flames son un equipo profesional de hóckey sobre xeo da cidade de Calgary, Alberta (Canadá). O equipo forma parte da Pacific Division, Conferencia Oeste da National Hockey League (NHL). Os Flames chegaron a Calgary en 1980 despois de trasladarse dende a cidade de Atlanta (Xeorxia, Estados Unidos), onde foron coñecidos como Atlanta Flames dende a súa fundación en 1972 ata a o seu traslado.
Restauración borbónica en España
Coñécese como Restauración Borbónica o período que abrangue dende o pronunciamento do xeneral Arsenio Martínez Campos en 1874, en Sagunto, e que dá fin á Primeira República española e a proclamación da Segunda República española o 14 de abril de 1931. A denominación alude ao feito da recuperación do trono español por parte dunha persoa da dinastía Borbón, o futuro Afonso XII, tras a paréntese do Sexenio Revolucionario. Este período caracterízase por certa estabilidade institucional, a conformación dun modelo liberal do Estado e a incorporación dos novos movementos sociais e políticos, froito da Revolución Industrial, que comeza a súa decadencia coa ditadura de Miguel Primo de Rivera en 1923.
A televisión é un sistema de telecomunicación para a transmisión de imaxes en movemento, habitualmente acompañadas de son, así como tamén o medio de radiodifusión desa imaxe e son a través de ondas electromagnéticas, funciona a partir da análise e conversión da luz e do son en ondas electromagnéticas e da súa reconversión nun aparello que recibe o mesmo nome do sistema ou pode tamén chamarse televisor ou aparello de televisión. O aparello de televisión capta as ondas electromagnéticas e a través dos seus compoñentes internos convérteas novamente en imaxe e son. Establecida comercialmente a fins da década de 1930 nuns poucos países e na maioría entre 1950 e 1970, converteuse nun aparello común en fogares, negocios e institucións, particularmente como fonte de entretemento e información, xerando unha potente industria ao seu redor, a partir de 1970 coa aparición do vídeo doméstico e despois do laserdisc, DVD, discos Blu-ray e discos duros permitiu ver contidos gravados ou lanzados especificamente neses medios.
Coñécese como período de entreguerras ou interbellum ao período duns vinte anos comprendido entre o final da primeira guerra mundial (1918) e o inicio da segunda guerra mundial (1939). Foron dúas décadas marcadas polo cambio radical da relación entre as forzas internacionais, a consolidación de réximes autoritarios, os avances técnicos e polo marcado contraste entre un enorme desenvolvemento do capitalismo (anos 1920) e a súa maior crise (anos 1930). Politicamente, este período viuse caracterizado pola crise das democracias liberais, o ascenso dos fascismos e os réximes autoritarios, así como o auxe dos movementos obreiros de inspiración socialista ou comunista que se inspiraban no triunfo bolxevique da Revolución Rusa.
GAINAX Co., Ltd. (株式会社ガイナックス, Kabushiki-gaisha Gainakkusu) é un estudio xaponés de anime coñecido pola produción como Neon Genesis Evangelion, Royal Space Force, Gunbuster, Nadia: The Secret of Blue Water, Kare Kano, FLCL, Magical Shopping Arcade Abenobashi e Gurren Lagann, os cales lle valeron a aclamación da crítica e un grande éxito comercial. Evangelion supuxo para o estudio beneficios por valor de 150 billóns de iens, ou 1,2 billóns de dólares.
My Stepmother Is An Alien é un filme estadounidense, unha comedia de ficción científica de 1988. O filme produciuno Weintraub Entertainment Group e distribuiuno Columbia Pictures, a dirección é de Richard Benjamin e os protagonistas principais Kim Basinger, Dan Aykroyd, Jon Lovitz e Alyson Hannigan.
Roma(AFI: /ˈroma/, pronuncia ) é unha cidade de 2.856.133 habitantes (2018), capital da República italiana e da rexión do Lacio, provincia de Roma. Cunha área de 1.285 km² é municipio máis grande de Italia e a quinta cidade máis grande de Europa despois de Moscova, Istambul, Londres e San Petersburgo. Así mesmo é o municipio máis poboado de Italia e a cuarta cidade máis poboada da Unión Europea despois de Londres, Berlín e Madrid.
A vitamina C ou ácido ascórbico é unha molécula usada na hidroxilación de varias reaccións bioquímicas nas células. A súa principal función é a hidroxilación do coláxeno, a proteína fibrilar que dá resistencia aos ósos, dentes, tendóns e paredes dos vasos sanguíneos. Alén diso é un poderoso antioxidante, usándose para transformar os radicais libres de osíxeno en formas inertes.
A illa Wake é un atol de tres illas de coral con 6,5 km2, situada no océano Pacífico e administrada polos Estados Unidos. Foi descuberta polos españois en 1568 e permaneceu sen poboación ata 1935 cando a Pan American Airways (PanAm) construíu instalacións para servir como escala nas viaxes á China. Wake caeu no poder dos xaponeses na segunda guerra mundial.
Este artigo trata sobre o cómic, para obter información sobre a película vaia a Watchmen (filme); e sobre a banda canadense vaia a The Watchmen. Watchmen (Vixilantes) é un cómic de superheroes da editorial DC Comics, escrito por Alan Moore e debuxado por Dave Gibbons. Foi publicado inicialmente coma serie limitada de 12 números entre 1986 e 1987 e posteriormente recompilado como novela gráfica e está considerado como un dos cómics máis revolucionarios da historia.
O neerlandés flamengo (vlaams-nederlands), ou simplemente flamengo (vlaams), é o dialecto ou variedade rexional da lingua neerlandesa falada en Flandres polo pobo flamengo, e polo tanto unha das linguas de Bélxica. O neerlandés era falado orixinalmente na zona da desembocadura dos ríos Rin, Escalda e Mosa que aproximadamente cubría os actuais Países Baixos, Norte de Bélxica, Norte de Francia (Dunkerque, Calais) e unha pequena parte do noroeste de Alemaña. A guerra dos Oitenta Anos (1568-1648) provocou a división das Dezasete Provincias nas Provincias Unidas ó norte e os Países Baixos do Sur ó sur.
Chip e Chop (no orixinal en inglés Chip 'n Dale) son dúas tamias ficticias da Walt Disney, que aparecen en series de debuxos animados e historietas infantís. Chip e Chop non son verdadeiros esquíos, senón uns roedores do xénero Tamias, semellantes aos esquíos, tamén da familia Sciuridae. De acordo coa Disney, Chip é o lóxico e Chop o tolo.
Star Wars Episode III: Revenge of the Sith
A vinganza dos Sith (orixinal: Revenge of the Sith) é un filme de ópera espacial de 2005, escrito e dirixido polo estadounidense George Lucas. É o sexto filme da saga A guerra das galaxias e o terceiro en orde cronolóxica interna da saga.
O silencio dos cordeiros (en inglés: The Silence of the Lambs) é un filme estadounidense dirixido por Jonathan Demme que foi estreado en 1991. Está protagonizado por Jodie Foster, Anthony Hopkins e Scott Glenn. Está baseado na novela de Thomas Harris The Silence of the Lambs (1988), o segundo título sobre a personaxe de Hannibal Lecter, un brillante psiquiatra e asasino en serie caníbal.
Un peiteado refírese a un estilo de levar o cabelo. A súa elaboración pode considerarse un aspecto de hixiene, moda e cosmética, malia que tamén inflúen moito aspectos prácticos, culturais e populares. Os diferentes estilos de peiteados empréganse frecuentemente como sinal de identidade cultural, social ou étnica, e poden reflectir o status social e a individualidade.
O período crioxénico (do grego antigo κρύος krýos, 'xeo' e γένεσις génesis, 'orixe'), unha división ds escala temporal xeolóxica, é o segundo período xeolóxico da era neoproterozoica. Comenzou hai 850 millóns de anos e finalizou hai 630 +5/-30 millóns de anos. A data de comezo definiuse cronometricamente, mentres que a de finalización está baseada na estratigrafía.O seu nome fai referencia aos sedimentos glaciarios encontrados en latitudes tropicais, seguidos de sedimentos de carbonatos.
O aneto ou endro (Anethum graveolens) é unha planta herbácea de curta vida. Medra silvestre nos campos da Península Ibérica, sobre todo no val do Ebro e en Andalucía, resto da Europa meridional, Exipto, Asia Menor, África do Norte, cultívase en Alemaña, Hungría, Italia, Gran Bretaña, Países Baixos, India, Paquistán, Estados Unidos para a súa utilización nos sectores farmacéutico, cosmético, alimentario e para a produción de licores. É unha planta anual de entre 60 e 150 cm, co talo feble e oco, as flores amarelas, os froitos de cor castaña e arrodeados por unha película clara, cun cheiro aromático.
Unha rexión (latín: regĭo) é unha división espacial dun Estado ou dunha área distinta, determinada por caracteres étnicos, demográficos, históricos, culturais, económicos ou circunstancias especiais de clima, topografía, administración, goberno etc. O concepto de rexión está indisolubelmente ligado ao de escala, polo que podemos considerar a existencia de rexións de moi diverso tamaño, dende rexións supranacionais (por exemplo, Comunidade Europea, Rexión Andina etc.) até pequenas bisbarras ou un reducido val de montaña.
Presión é a propiedade física que corresponde á forza aplicada sobre unha superficie (real ou imaxinaria). Máis formalmente, a presión é a medida da compoñente normal da forza que actúa sobre unha superficie (área): p = F A {\displaystyle p={\frac {F}{A}}} ou p = d F d A {\displaystyle p={\frac {dF}{dA}}} onde: p é a presión F é a compoñente normal da forza. A é a áreaAínda que a forza sexa unha magnitude vectorial, a presión é unha cantidade escalar, isto é, non ten dirección.
Live at Reading é un CD/DVD ao vivo da banda estadounidense de grunge Nirvana, editado o 3 de novembro do 2009, coa crónica do concerto ofrecido o 30 de agosto de 1992 no Reading Festival. Despois da actuación houbo gran cantidade de copias piratas e esta foi a primeira vez que se editou remasterizado e coa cor corrixida. A interpretación do tema "Lithium" apareceu anteriormente no seu vídeo Live!
A norma ISO 26262 é un estándar internacional deseñado para a súa aplicación sobre sistemas de seguridade que inclúan un ou máis elementos electrónicos levados a produción serie en motocicletas, vehículos de pasaxeiros e vehículos de transporte de mercadorías. A norma foi publicada pola Organización Internacional para a Estandarización (ISO) en 2011 (na que só se incluían os vehículos de pasaxeiros cunha carga máxima de 3500 kg) cunha segunda versión publicada en decembro de 2018. Exclúense os sistemas de carácter especial como por exemplo os deseñados para pasaxeiros con minusvalías.
Organización das Nacións Unidas
A Organización das Nacións Unidas (ONU) é un organismo intergobernamental mundial cuxo principal obxectivo e promover a cooperación internacional. Foi fundada oficialmente o 24 de outubro de 1945 en San Francisco, California, finalizada a segunda guerra mundial. A primeira Asemblea Xeral celebrouse o 10 de xaneiro de 1946 (celebrada en Central Hall Westminter, Londres).
A prevalencia (P) é un termo empregado en epidemioloxía para definir a proporción de individuos dunha poboación que presentan un determinado evento con respecto do total de individuos de dita poboación. Adóitase expresar, polo xeral, en porcentaxe, fracción ou número de casos por cada mil, dez mil ou cen mil habitantes. En medicina emprégase para expresar o número de pacientes que presenta unha doenza con respecto do total da poboación ou dun subgrupo poboacional.
Jarvis é unha illa deshabitada de 4,5 km² localizada a 0°22' a Sur e 160°03' a Oeste, no sur do Océano Pacífico, aproximadamente na metade do camiño entre o Hawai e as Illas Cook. É un territorio dependente dos Estados Unidos, administrado de Washington pola United States Fish and Wildlife Service, que é parte da United States Department of the Interior, controlada polo sistema da National Wildlife Refuge. A illa foi descuberta en 21 de agosto de 1821 polo navío británico Eliza Francis, e foi nomeada polo seu comandante, Capitán Brown.
Un ácido aldónico é un azucre ácido orixinado pola oxidación do grupo aldehido dunha aldosa, que se transforma nun grupo carboxilo (COOH) . A súa fórmula química xeral é HOOC-(CHOH)n-CH2OH. Os ácidos aldónicos adoitan prepararse por oxidación do azucre con bromo. Xeralmente encóntranse en forma de lactona, manténdose o anel esencialmente coa mesma estrutura cíclica do grupo hemiacetal que presentaba no azucre orixinal.
Burgenland (húngaro Várvidék, Őrvidék ou Felsőőrvidék, croata Gradišće, esloveno Gradiščansko) é o estado austríaco menos poboado (O estado posuía unha poboación de 277.569 habitantes no censo do 2001) e situado máis o leste de Austria. O estado está composto por dous ¨Statutarstadt¨ (vilas autónomas) e 7 distritos con 171 concellos. O estado ten 166 km de longo e chega ós 5 km de estreito.
Navassa (en castelán: Navaza) é unha pequena illa deshabitada do Mar Caribe. É unha Área insular dos Estados Unidos, e constitúe un territorio non incorporado dos Estados Unidos, administrado polo Servizo de Pesca e Vida Silvestre dos EUA. Con todo, a illa é reclamada por institucións privadas e por Haití.
O Pensilvaniano, tamén chamado Carbonífero Superior, unha división da escala temporal xeolóxica, é un subperíodo xeolóxico do período Carbonífero que se iniciou hai aproximadamente 318,1 ± 1,3 millóns de anos e que finalizou hai 299 ± 0,8 millóns de anos, aínda que a data exacta de comezo e fin do período son incertas nuns poucos millóns de anos. Ao igual que ocorre coa maioría dos outros períodos xeolóxicos, os estratos de rocha que definen o período están ben identificados e o Pensilvaniano leva o nome do estado de Pensilvania, onde as rochas desta antigüidade están moi estendidas. En Norteamérica, onde os primeiros estratos do Carbonífero son principalmente calcarias mariñas, o Pensilvaniano é considerado como un período xeolóxico pleno.
O Atol de Midway (tamén coñecidas como Illas Midway) son un atol de 6,2 km² localizado no Pacífico Norte, cerca do extremo noroccidental do arquipélago de Hawai. A súa latitude é 28º13' N e a súa lonxitude 177º22' W, atopándose as illas a aproximadamente a terceira parte da distancia que separa Honolulu de Toquio. O atol consiste nunha barreira de coral en forma de anel, e numerosos illotes de area.
Der Hase und der Igel, en galego O ourizo e a lebre, é un conto ou Schwank (farsa humorística, na clasificación ATU 275C). Está nos Contos infantís e domésticos (Kinder- und Hausmärchen) dos irmáns Grimm na 5ª Edición de 1843 no lugar 187 (KHM 187) en baixo alemán e procede do Hannoversche Volksblatt de Wilhelm Schröder de 1840 (Ein plattdeutsches Volksmärchen. Dat Wettlopen twischen den Hasen un den Swinegel up de lütje Heide bi Buxtehude.
FilmAffinity é un sitio web dedicado ao cinema, creado en 2002 polo crítico Pablo Kurt e o programador informático Daniel Nicolás. Tamén conta cunha versión en inglés. A edición americana de PC Magazine (abril de 2004) incluíu FilmAffinity entre as cen mellores webs por descubrir do mundo; cualificouno como a mellor web na categoría de entretemento.
Le nozze di Figaro é unha opera buffa en catro actos con música de Wolfgang Amadeus Mozart e libreto en italiano de Lorenzo da Ponte, baseado na obra de Pierre-Augustin de Beaumarchais, As vodas de Fígaro. Foi composta entre 1785 e 1786 e estreada en Viena o 1 de maio de 1786 baixo a batuta do propio compositor. Escrita en italiano, é considerada como unha das mellores creacións de Mozart e como unha das óperas máis importantes da historia da música.
O LI Festival da Canción de Eurovisión tivo lugar no pavillón cuberto Olympic Indoor Hall de Atenas, Grecia, após que a súa representante Helena Paparizou gañara coa canción "My Number One" na edición do 2005 celebrada en Kíiv, Ucraína. A semifinal celebrouse o 18 de maio de 2006 e a final o 20 de maio de 2006. O gañador do certame foi o grupo finlandés Lordi, coa súa canción "Hard Rock Hallelujah", seguidos do ruso Dima Bilan, que dous anos despois gañou o certame.
Unreal Engine é un motor de xogo desenvolvido por Epic Games, exhibido por primeira vez no shooter en primeira persoa de 1998 Unreal. Malia estar enfocado principalmente para shooters en primeira persoa, utilizouse en varios outros xéneros, incluíndo videoxogos de sixilo, MMORPGs e outros videoxogos de rol. Escrito na linguaxe de programación C++, Unreal Engine posúe un alto grao de portabilidade e é unha ferramenta de grande uso na industria dos videoxogos.A última versión do motor é Unreal Engine 4, deseñado para Microsoft DirectX 11 e 12 (plataformas Microsoft Windows, Xbox One, Windows RT), GNM (para PlayStation 4), OpenGL (para macOS, Linux, iOS, Android, Ouya e Windows XP), Vulkan (para Android), Metal (para iOS) e JavaScript/WebGL (para navegadores HTML5).
Denomínase louza á terracota esmaltada ou vernizada, de pasta fina, porosa, absorbente e opaca. Esta pasta está composta de varias arxilas brancas mesturadas con terras silíceas calcinadas. Segundo sexa a clase de arxila así adquirirá a cor despois de cocida, que pode ser amarela, vermella, parda ou negra.
Rolling Stone é unha revista estadounidense dedicada á música e a cultura popular. Edítase dende 1967 e ademais de ter a súa edición norteamericana quincenal, posúe varias edicións estranxeiras mensuais, repartidas en distintos países do mundo, coas cales a revista permite dar unha ollada máis local á música. Foi fundada en San Francisco por Jann Wenner (que aínda é o editor xefe da revista) e o crítico musical Ralph J. Gleason.
Denomínase disolvente, ou solvente, á substancia que permite a dispersión doutra, o soluto, no seu seo. Normalmente o disolvente establece o estado físico da disolución, polo que se di que o disolvente é o compoñente da disolución que está no mesmo estado físico que a disolución. A auga cualifícase moitas veces como o disolvente universal, porque disolve a máis do 50 % dos compostos coñecidos.
O Reino de Inglaterra foi un estado soberano e país insular, situado o noroeste dá Europa continental, que existiu desde a caída do Imperio Romano (927) e os seus asentamentos na Britania Romana ata a súa fusión co Reino de Escocia (1707) creando así o Reino de Gran Bretaña. No seu cénit, o Reino de Inglaterra formábano as dúas terceiras partes do sur da illa de Gran Bretaña (incluíndo País de Gales) e varias illas pequenas periféricas, que é hoxe a unidade legal de Inglaterra e País de Gales. Inglaterra como un estado de nación comezou entre o século IX ou o século X, pero amplamente remonta as súas orixes á invasión anglosaxoa de Gran Bretaña e a Heptarquía anglosaxoa dos pequenos estados que a seguiron e en última instancia unificaron.
Mubi, anteriormente coñecida como The Auteurs, é unha páxina web filmográfica en liña que integra elementos das redes sociais con video streaming. Foi descrita como unha "cinemateca online". O sitio permite que os seus usuarios vexan filmes, polo xeral tras o pagamento dunha tarifa, e conéctaos con outros usuarios de similares intereses.
Uberon é unha ontoloxía de anatomía comparada que representa unha gran variedade de estruturas atopadas en animais, como pulmóns, músculos, ósos, plumas e aletas. Estas estruturas están conectadas a outras estruturas vía relacións como meronimia e "desenvolvido dende". Un dos usos desta ontoloxía é o de integrar datos dende bases de datos biolóxicas diferentes, e dende outras ontoloxías específicas de especies como o Foundational Model of Anatomy.
Narendra Damodardas Modi, nado en Vadnagar o 17 de setembro de 1950, é un político indio, primeiro ministro desde o 26 de maio de 2014. Foi ministro-xefe do estado de Guxarat desde o ano 2001 ata 2014, membro do Partido do Pobo Indio (BJP). Membro da organización Rashtriya Swayamsevak Sangh (RSS), cualificado como un nacionalista hinduísta polos medios e por el mesmo.
A poboación humana mundial é o número total de persoas que viven en todo o mundo nun momento específico. Está determinada polos nacementos e os falecementos dos individuos, así como pola súa esperanza de vida.A poboación mundial pasou dos case 1000 millóns no ano 1800 a máis de 6000 millóns no ano 2000, e o 30 de outubro de 2011 acadáronse os 7000 millóns.As estimacións da ONU (baseadas en estatísticas) calcularon aproximadamente que o 30 de outubro de 2011, o planeta alcanzaría a cifra de 7000 millóns de habitantes. Segundo estimacións da ONU no ano 2008, cada minuto nacen entre 323 e 358 bebés en todo o mundo.É usual que en artigos científicos, ensaios, e outro tipo de escritos, sexa tomada a expresión en toda a humanidade como equivalente a en toda a poboación mundial.
Xente ao lonxe é unha novela de Eduardo Blanco Amor publicada en 1972 pola Editorial Galaxia. A segunda edición é de 1976. Galaxia publicou en 2014 unha edición que é o resultado dunha investigación de Xosé Manuel Dasilva, na que reconstrúe definitivamente a versión orixinal que se sometera á censura na década de 1970.
O Barroco é un movemento cultural e artístico que tivo lugar principalmente durante o século XVII. O termo provén do francés baroque, de barocco, figura de siloxismo que os renacentistas aplicaban aos razoamentos absurdos, cruzado co portugués barroco, perla irregular ou, por extensión, xoia falsa.A cultura barroca nace dunha situación histórica concreta, que é a crise económica e social que as monarquías absolutistas e a Contrarreforma non puideron ocultar. Por esa razón, o home desa época refuxiouse nos avances da ciencia e na expresión artística e literaria. O Barroco caracterízase tanto polo esplendor artístico e cultural como pola decadencia social e económica.
A tortura é o acto de causar dano físico ou psicolóxico intencionadamente a unha persoa ou animal. O obxectivo pode ser variado: obter unha confesión ou información da vítima ou dunha terceira persoa, como vinganza por un feito cometido pola vítima ou tamén unha terceira persoa, como preludio dunha execución (nese caso fálase de morte-suplicio) ou simplemente como entretemento do torturador. Este dano pódese causar de varias formas.
As penicilinas son antibióticos do grupo dos betalactámicos empregados profusamente no tratamento de infeccións provocadas por bacterias sensibles. A maioría das penicilinas son derivados do ácido 6-aminopenicilánico, diferindo entre si segundo a substitución na cadea lateral do seu grupo amino. A bencilpenicilina ou penicilina G foi o primeiro antibiótico empregado amplamente en medicina; o seu descubrimento foi atribuído a Alexander Fleming en 1928, quen xunto cos científicos Ernst Boris Chain e Howard Walter Florey -que crearon un método para producir en masa o fármaco- obtivo o Premio Nobel de Medicina en 1945.
O coeficiente intelectual ou cociente intelectual (abreviado CI ou, en inglés, IQ) é un valor numérico que resulta da realización dun test estandarizado para medir as habilidades cognitivas dunha persoa ("intelixencia") en relación co seu grupo de idade. Exprésase de forma normalizada para que o CI medio nun grupo de idade sexa 100, é dicir, unha persoa cun CI de 115 está por riba da media entre as persoas da súa idade. O máis normal é que o desvío estándar (σ) dos resultados sexa de 15 ou 16, e os tests deséñanse de xeito que a distribución dos resultados sexa aproximadamente a distribución normal ou gaussiana, isto é, que seguen a curva de campá.
Lionel Andrés Messi Cuccittini, nado en Rosario (Santa Fe) o 24 de xuño de 1987, é un futbolista arxentino de orixe italiana. Xoga de dianteiro ou mediapunta no Paris Saint-Germain da Ligue 1 de Francia. É internacional coa selección absoluta da Arxentina, equipo do que é capitán, xogador con máis partidos e máximo goleador histórico.
Andy Warhol, nado o 6 de agosto de 1928 en Pittsburgh (Pensilvania) e finado o 22 de febreiro de 1987 en Nova York, foi un pintor, director cinematográfico e publicista americano, ademais de ser unha das principais figuras do movemento coñecido como arte pop. Logo dunha exitosa carreira como ilustrador comercial, Warhol fíxose famoso en todo o mundo polos seus traballos como pintor, cineasta, produtor musical, escritor e escultor. Foi unha importante figura pública coñecida pola súa pertenza a círculos sociais moi diversos que incluían desde persoas bohemias que vivían na rúa ata distinguidos intelectuais, celebridades de Hollywood, xente adiñeirada e aristócratas.
REC (estilado como [●REC]) é un filme español de terror coescrito e codirixido por Jaume Balagueró e Paco Plaza, que foi estreado no 2007. O filme foi rodado na cidade de Barcelona, e o título é unha abreviatura da palabra "record" que aparece na pantalla da cámara. Balagueró e Plaza dirixiran previamente o documental de 2002 OT: la película.
Un presentador é unha persoa que presenta ou conduce un programa de radio ou televisión (informativos ou concursos), así como algúns eventos públicos ou privados (entregas de premios, entregas de diplomas, funcións de cine ou de teatro, etc.). Habitualmente, o presentador é un comunicador, un xornalista, un locutor ou alguén con algunha profesión afín, escollido por certas calidades (boa dicción, carisma, coñecementos, aparencia física).
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Micromalthus debilis é unha especie de escaravello nativo do leste dos Estados Unidos de América e o único representante vivo do xénero Micromalthus e de toda a familia Micromalthidae. Ten un ciclo de vida moi pouco común no que as larvas femia se reproducen asexualmente por partenoxénese e hai "adultos fantasma" non funcionais.