Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Biblioteca Nacional da República Checa
A Biblioteca Nacional da República Checa (checo: Národní knihovna České republiky) é a biblioteca central da República Checa, dirixida polo Ministerio de Cultura dese país. O seu edificio principal localízase no edificio histórico Clementinum, en Praga, onde se garda aproximadamente a metade dos libros da biblioteca, mentres que a outra metade da colección atópase no distrito de Hostivař. É a maior biblioteca do país, cun catálogo duns 6 millóns de documentos e uns 60 000 lectores rexistrados.
Catedral de Notre-Dame de París
Este artigo trata sobre a sé parisiense, para a novela véxase: Notre-Dame de París.A Notre-Dame de París, coñecida como Notre-Dame, é a catedral da arquidiocese católica de París. Notre-Dame de París non é a meirande das catedrais francesas, mais é, sen dúbida unha das máis importantes da arquitectura dese país. Esta obra mestra, un dos símbolos da capital francesa, sitúase no extremo leste da Île de la Cité (Illa da Cidade), centro histórico da capital, á beira do Sena.
Hayasa foi un reino situado na rexión ao sur de Trebisonda, que algúns ven como o antecedente inmediato de Armenia (Hayastan). O reino era veciño de Azzi, na zona do lago Van (ver Urartu) e mesmo algúns pensan que Azzi e Hayasa eran o mesmo reino ou que Azzi só era unha parte del, que acadou a hexemonía na segunda metade do século –XIV. Ao sur tiña a Ishuwa ou Isuwa. Tudhaliyas III estableceu a súa capital en Samuha, preto da fronteira de Hayasa sobre o -1370.
A Wikipedia en malaio (en malaio: Wikipedia Bahasa Melayu; en jawi: ويکيڤيديا بهاس ملايو) é a edición da enciclopedia libre Wikipedia en lingua malaia. Esta edición só usa o alfabeto latino e non o alfabeto jawi. Esta edición foi creada o 26 de outubro de 2002 e en xaneiro de 2019 contaba con 323 162 artigos.
A arquitectura do Barroco, tamén coñecida como arquitectura barroca, é un período da historia da arquitectura que veu precedida do Renacemento e do Manierismo; xerouse en Roma durante o século XVII e estendeuse até mediados do século XVIII polos Estados absolutistas europeos. O termo Barroco, derivado do portugués barru, "perla de forma diferente ou irregular", utilizouse nun primeiro momento de forma despectiva para indicar a falta de regularidade e orde do novo estilo. A característica principal da arquitectura barroca foi a utilización de composicións baseadas en puntos, curvas, elipses e espirais, así como figuras policéntricas complexas compostas de motivos que se intercalaban uns con outros.
Bomberman Fantasy Race (ボンバーマン ファンタジーレース) é un videoxogo de carreiras desenvolvido por GraphicResearch Inc., estreado o 6 de agosto de 1998 no Xapón para Sony PlayStation por Hudson Soft. Foi estreado o 31 de marzo de 1999 en América do Norte por Atlus e en xullo de 2000 en Europa por Virgin Interactive. É un spin-off da serie de videoxogos Bomberman.
Na relixión galo-romana, Alisanos ou Alisaunus foi un deus local adorado no que hoxe é a Côte-d'Or en Borgoña e en Aix-en-Provence . A inscrición de Gevrey-Chambertin en Côte-d'Or está en lingua gala: DOIROS SEGOMARI IEVRV ALISANV Doiros (fillo) de Segomaros adicou (isto) a AlisanosA inscrición de Visignot, tamén da the Côte-d'Or, está en latín: DEO·ALISANO·PAVLLINVS ❧ PRO·CONTEDIO·FIL·SVO ❧ V·S·L·M· Paullinus ten cumprido libremente e merecidamente o seu voto ó deus Alisanus en nome do seu fillo ContediusA raíz Alisa- do nome Alisanus é fonoloxicamante comparable co protocelta *alisā, ‘amieiro’. Polo contrario Miranda Green relaciona o teónimo co topónimo Alesia, o que suporía que foi un deus-montaña.
O Encontro das Augas é a confluencia do río Negro, de augas máis escuras case de cor negra, co río Solimões, como é chamado o río Amazonas no Brasil nese tramo, de augas máis claras con tonalidade arxilosa. Durante 6 km as augas dos dous ríos corren lado a lado sen mesturarse, e é unha das principais actividades turística de Manaus. Este fenómeno é producido polas diferenzas de temperatura, velocidade e densidade da auga dos dous ríos.
A Copa do Rei de fútbol 2016–17 foi a 114.ª edición do torneo de copa da Real Federación Española de Fútbol. Conta coa participación dos equipos de Primeira, Segunda, Segunda B e Terceira División, excepto os equipos filiais doutros clubs aínda que xoguen nestas categorías. A competición empezou o 31 de agosto de 2016 e finalizou o 27 de maio de 2017.
Disney+ (pronunciado Disney Plus) é un servizo de vídeo baixo demanda en streaming que é propiedade e é xestionado pola división Media and Entertainment Distribution de The Walt Disney Company. O servizo distribúe principalmente filmes e series de televisión de The Walt Disney Studios e Walt Disney Television, achegando tamén contido das compañías Disney, Pixar, Marvel, Star Wars, National Geographic e Star. Os filmes e as series de televisión orixinais do servizo tamén son distribuídos en Disney+.
A terceira revolta servil foi a última a última dunha serie de rebelións sen conexión fracasadas contra Roma, coñecidas colectivamente como revoltas ser exército de escravos escapados, en torno a 120.000, baixo as ordes de Espartaco, famoso gladiador da época, atacou o rural do sur de Italia e derrotou a varios exércitos romanos enviados para capturalos ou destruílos. O obxectivo era a obtención da liberdade, e cruzaron toda a península para superar os Alpes, pero chegando á Galia Cisalpina por razóns non de todo aclaradas deron volta cara ao sur de Italia e acabaron sendo derrotados por Craso e Pompeio.
O Douglas DC-3 é un avión que revolucionou o transporte de pasaxeiros nos anos 30 e 40. Foi desenvolvido por un grupo de enxeñeiros encabezados por Arthur E. Raymond e voou por vez primeira en 1935. O seu desenvolvemento debeuse en parte á competencia que representou a aparición do Boeing 247, un avión con características semellantes, cara a 1933.
Mute Records é un selo discográfico formado en 1978 por Daniel Miller, nun principio para realizar o seu propio sinxelo, T.V.O.D./Warm Leatherette, baixo o alcume de The Normal. Mute Records comezou a ser coñecido pola firma de artistas post-punk, como Fad Gadget (pseudónimo de Frank Tovey), a Einstürzende Neubauten, Throbbing Gristle ou Cabaret Voltaire. Cando a música electrónica se situou no cumio das listas de 1981 do Reino Unido, Mute Records asinou con artistas como Depeche Mode, Nitzer Ebb, Yazoo ou Erasure, bandas que facían uso de novas tecnoloxías que redefinirían o son das pistas de baile entre os finais dos 80 e principios dos 90.
Os célticos (en latín: Celctici, que quere dicir celta) é o nome dado aos celtas que habitaban na zona do Alentejo occidental, no sur de Portugal, o sur da provincia de Badaxoz e o norte da provincia de Huelva formando a zona occidental da Beturia: a Beturia Céltica. Segundo Jorge de Alarção, "a designación Celtici" sería un colectivo que abarcaría a diversos pobos, como os saefes e os cempsii e se cadra tamén os lusitanos. De feito propúxose unha orixe céltica para o etnónimo dos Cempsii que sería unha adaptación grega do orixinal Cimbii así recollido nunha estla do Algarbe para un tal kimbaitis 'dos Cimbios', e que se relaciona co antigo irlandés cimb 'tributo' e cimbid 'dador de tributos - vencido' < *kimbiatis.As poboacións dos célticos en Lusitania eran Lacóbriga, Caepiana, Braetolaeum, Miróbriga, Arcóbriga, Meribriga, Catraleucus e Arandis..Os célticos eran veciños dos turdetanos cos que compartían as chairas do Alentejo, ocupando os célticos a parte occidental.
A cidade é actualmente considerada como unha entidade urbana con alta densidade de poboación na que predominan fundamentalmente a industria e os servizos. Diferénciase doutras entidades urbanas por diversos criterios, entre os que se inclúen poboación, densidade de poboación ou estatuto legal, aínda que a súa distinción varía entre países. Historicamente os habitantes das cidades foron unha proporción pequena da humanidade en xeral, mais hoxe, despois de varios séculos de urbanización sen precedentes e acelerada, a metade da poboación mundial vive nas cidades.
O metro por segundo ao cadrado ou m/s2 é unha unidade derivada do Sistema Internacional de Unidades (SI) para medir a aceleración dun corpo. Mide o incremento da velocidade (en metros por segundos) conseguido en cada segundo. O símbolo desta unidade tamén pode verse escrito como m·s−2, ou simplemente m s−2.
Francisca Romana Marqués López, nada en Tarazona o 9 de marzo de 1888 e finada en Barcelona o 26 de xullo de 1962, foi unha cantante, cupletista e actriz de cinema española coñecida como Raquel Meller.Durante as décadas de 1920 e 1930 foi unha artista de éxito internacional, que apareceu en varios filmes e fixo xiras por Europa e América. Estreou famosas cancións como "La Violetera" e "El Relicario", ambas escritas por José Padilla.
O dólar internacional é unha unidade monetaria hipotética que ten o mesmo poder adquisitivo que o dólar estadounidense ten nos Estados Unidos nun momento dado . Esta unidade mostra canto vale unha unidade dunha moeda local dentro das fronteiras do país. As conversións a dólares internacionais calcúlanse utilizando a "paridade de poder adquisitivo" (PPA).
O mestrado ou máster (do inglés master), é un grao académico de posgraduado que está orientado á especialización académica ou profesional dos alumnos para completar os estudos de grao. Ten unha duración dun ou dos anos que, sumados á duración do grao, fan que o título de mestrado equivalla normalmente a ter uns estudos universitarios de cinco ou seis anos. O seguinte grao académico de posgraduado é o doutoramento.
Un milisegundo é o período de tempo que corresponde á milésima fracción dun segundo (10−3 ou 1/1,000) = (0,001s). A súa simboloxía, igual que outras milésimas partes de distintas magnitudes, como poden ser a masa ou a lonxitude, especifícase como "m" minúscula anteposto ao símbolo da magnitude fundamental, que neste caso é o segundo (s), resultando, por tanto, ms. 1 ms = 0,001 segundos = 1 milisegundo.
Alicia no país das marabillas ou As aventuras de Alicia no País das Marabillas é unha obra literaria creada en 1865 polo matemático, diácono anglicano e escritor británico Charles Lutwidge Dodgson, baixo o pseudónimo Lewis Carroll. O conto explica a historia dunha rapaza chamada Alicia que cae por un buraco e atópase nun mundo de fantasía poblado por criaturas peculiares e antropomorfas.
Francis Charles Fraser, nado o 16 de xuño de 1903 e finado o 21 de outubro de 1978, foi un zoólogo briánico condiserado como unha das maiores autoridades mundiais no estudo dos cetáceos. Traballou no British Museum desde 1933 até 1969.Foi elixido como membro da Royal Society en 1966.A especie Lagenodelphis hosei descrita por el, é denominada, na bibliografía internacional e na súa honra, como golfiño de Fraser (Fraser's dolphin).
Federación Internacional de Baloncesto
A Federación Internacional de Baloncesto (en francés: Fédération Internationale de Basket-ball), máis coñecida baixo o seu acrónimo francés FIBA (pronunciado [ˈfibʌ]), é unha asociación de federacións nacionais encargada de organizar e gobernar as competicións internacionais de baloncesto. Orixinalmente coñecida como Fédération Internationale de Basket-ball Amateur, en 1989 eliminou a derradeira palabra do seu nome oficial, aínda que seguiu mantendo as iniciais. A súa sede actual está en Xenebra, Suíza, e o seu presidente é Bob Elphinston, de Australia.
O citotrofoblasto é a capa interna do trofoblasto (tamén chamada capa de Langhans) e tamén reciben ese nome as células que a constitúen. Está en posición interior respecto ao sincitiotrofoblasto e externa respecto á parede do blastocisto nun embrión en desenvolvemento. O citotrofoblasto considérase que é unha capa de células nai trofoblásticas porque a capa que rodea o blastocisto permanece mentres que as células fillas se diferencian e proliferan para realizaren diferentes funcións.
Tcl (pronunciado /tí.quel/, do acrónimo en inglés "Tool Command Language" ou linguaxe de ferramentas de comando), é unha linguaxe de programación dinámica creada por John Ousterhout. Emprégase principalmente para o desenvolvemento rápido de prototipos, aplicacións "script", interfaces gráficas e probas. A combinación de Tcl con Tk (do inglés Tool Kit) é coñecida como Tcl/Tk, e emprégase para a creación de interfaces gráficas.
Este artigo trata sobre a personaxe bíblica, para o nome de muller véxase o artigo Raquel (nome). Raquel, (do hebreo: רָחֵל; Rakhél ou Rāḥēl) de significado: ovella, como describe a Biblia, foi a dona favorita de Xacob, un dos tres patriarcas bíblicos, e nai de Xosé e Benxamín. Foi filla de Labán e a irmá máis nova de Lea, a primeira dona de Xacob.
Benedetta Carlini, nada en 1591 e finada en 1661, foi unha monxa católica italiana, mística e lesbiana, que viviu durante a contrarreforma en Italia durante os séculos XVI e XVII. Judith Brown narrou a súa vida en Immodest Acts (1986), onde discute os acontecementos que a levaron a acadar importancia para os historiadores da espiritualidade das mulleres e do lesbianismo. A dramaturga e directora canadense Rosemary Rowe escribiu unha peza sobre o seu caso coa irmá Bartolomeu, Benedetta Carlini: Lesbian Nun of Renaissance Italy.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
Para o álbum de Third Day, véxase Come Together (álbum)."Come Together" é unha canción de The Beatles escrita principalmente por John Lennon e acreditada a Lennon/McCartney. A canción é a primeira no álbum de setembro de 1969, Abbey Road. Un mes despois tamén apareceu como un dos lados do sinxelo número vinte e un do grupo (foi un single con dúas caras, a outra ocupábaa "Something" de George Harrison) no Reino Unido, e o seu número vinte e seis nos Estados Unidos.
O topónimo Brabante pódese referir a: O Ducado de Brabante, antigo ducado dos Países Baixos; O Brabante do Norte, unha das doce provincias que conforman o Reino dos Países Baixos, con capital en Den Bosch; O Brabante Flamengo, unha provincia de Bélxica, da rexión de Flandres que circunda completamente a Rexión de Bruxelas-Capital, con capital en Lovaina; O Brabante Valón, unha provincia de Bélxica, con capital en Wavre.
Denomínase prezo ao valor monetario asignado a un ben ou servizo. Conceptualmente, defínese como a expresión do valor que se lle asigna a un produto ou servizo en termos monetarios e doutros parámetros como esforzo, atención ou tempo. O prezo non é só diñeiro e ata non é o valor propiamente dito dun produto tanxible ou servizo (intanxible), senón un conxunto de percepcións e vontades a cambios de certos beneficios reais ou percibidos como talles.
O xaponés é a lingua falada no Xapón e noutros lugares do mundo onde existen inmigrantes xaponeses e os seus descendentes, como por exemplo o Brasil. O nome xaponés para a lingua é Nihongo (日本語). O xaponés ten tradicionalmente tres formas de escrita: hiragana, katakana, e kanji, e ademais actualmente utilizase o rōmaji.
Lionel Andrés Messi Cuccittini, nado en Rosario (Santa Fe) o 24 de xuño de 1987, é un futbolista arxentino de orixe italiana. Xoga de dianteiro ou mediapunta no Paris Saint-Germain da Ligue 1 de Francia. É internacional coa selección absoluta da Arxentina, equipo do que é capitán, xogador con máis partidos e máximo goleador histórico.
Gerard Piqué i Bernabéu, nado en Barcelona o 2 de febreiro de 1987, é un futbolista catalán que xoga como defensa no Fútbol Club Barcelona. Foi o terceiro futbolista, tras Marcel Desailly e Paulo Sousa, en lograr gañar a Liga de Campións da UEFA dous anos seguidos con dous equipos diferentes, no 2008 co Manchester United e no 2009 co Barcelona. Tamén xoga na selección de fútbol de España, coa que gañou a Copa Mundial de Fútbol en 2010 e a Eurocopa de 2012, dous dos tres títulos do triplete conseguido pola selección entre 2008 e 2012, inédito na historia do fútbol.
REC (estilado como [●REC]) é un filme español de terror coescrito e codirixido por Jaume Balagueró e Paco Plaza, que foi estreado no 2007. O filme foi rodado na cidade de Barcelona, e o título é unha abreviatura da palabra "record" que aparece na pantalla da cámara. Balagueró e Plaza dirixiran previamente o documental de 2002 OT: la película.
Elvis Aaron Presley, máis coñecido por Elvis Presley ou polo seu nome de pía Elvis, e como o Rei do Rock and Roll, ou simplemente o Rei, nado en Tupelo, Mississippi, o 8 de xaneiro de 1935 e finado en Memphis, Tennessee, o 16 de agosto de 1977, foi un cantante e actor norteamericano. Está considerado como unha das máis significativas iconas culturais do século XX. Cando tiña 13 anos, trasladouse coa súa familia a vivir a Memphis, Tennessee. A súa carreira musical comezou en 1954 cando gravou para Sun Records co produtor Sam Phillips, quen quería levar o son da música afroamericana a unha audiencia máis numerosa.
Franz Kafka, nado en Praga o 3 de xullo de 1883 e finado en Viena o 3 de xuño de 1924, foi un escritor en lingua alemá. Está considerado un dos maiores novelistas en alemán, e dos mellores escritores de historias curtas do século XX. A súa obra, das máis influentes da literatura universal, é unha das pioneiras na fusión de elementos realistas con fantásticos e ten como principais temas os conflitos paternofiliais, a ansiedade, o existencialismo, a brutalidade física e psicolóxica, a culpa, a filosofía do absurdo, a burocracia e as transformacións espirituais. Escribio as novelas O proceso (Der Prozeß), Das Schloß (O castelo) e Amerika (ou Der Verschollene), a novela curta A metamorfose (Die Verwandlung) e un gran número de relatos curtos.
Jeff Beck, nado en Wallington o 24 de xuño de 1944 e finado en Wadhurst (East Sussex) o 10 de xaneiro de 2023, foi un guitarrista inglés de rock. Formou parte da banda The Yardbirds para comezar logo unha carreira en solitario na que experimentou cunha variedade de xéneros como blues rock, rockabilly, heavy metal, jazz fusión e ata techno. Foi clasificado no quinto posto na lista dos "100 mellores guitarristas de todos os tempos" da revista Rolling Stone.
Parque Nacional de Yellowstone
O Parque nacional de Yellowstone é un Parque Nacional dos E.U.A. situado nas Montañas Rochosas nos estados de Idaho, Montana e Wyoming. Yellowstone é o primeiro e máis antigo dos parques nacionais do mundo. Foi establecido polo Congreso de E.U.A. e asinado en lei polo presidente Ulysses S. Grant o 1 de marzo de 1872.
Shinova é unha banda de rock alternativo vasca orixinaria de Berriz (Biscaia). Desde a súa fundación en 2008 publicaron seis discos: “Latidos” (2009), “La Ceremonia de la Confusión” (2011), “Ana y el Artista Temerario” (2014), “Volver” (2016), "Cartas de navegación" (2018) e "La Buena Suerte" (2021). O nome do grupo nace dun xogo de palabras entre o fonema “chi” (que deriva en shi) e a palabra “nova”, é dicir, “nova enerxía”.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. Ten actualmente 193.511 artigos, e o 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000.
Siddhārtha Gautama (este é o nome en sánscrito, sendo Siddhāttha Gotama en pali) foi un príncipe, asceta, meditador, ermitán e mestre espiritual que viviu do 563 a.C. ata o 483 a.C., no reino de Shakya - que hoxe en día sería parte da fronteira do Nepal coa India. Sobre a base dos seus ensinos fundouse o budismo, e é venerado polos budistas como un ser plenamente iluminado que ensinou un camiño cara o Nirvana (lit. desaparición ou extinción), a liberación da ignorancia, o apego, o renacemento e o sufrimento.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Byrrhoidea (birroideos) é unha superfamilia de escaravellos da infraorde Elateriformia que inclúe varias familias que son acuáticas ou están asociadas a hábitats semiacuáticos. Á parte dos escaravellos acuáticos da superfamilia Hydrophiloidea, a maioría dos demais escaravellos Polyphaga que son acuáticos, pertencen a esta familia.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Dos arquivos do trasno: Contos do monte e do mar é un libro de contos do escritor Rafael Dieste, publicado en 1926.Foi a súa primeira obra publicada. Apareceu publicado en 1926 con oito relatos que apareceran xa nos xornais Galicia e El Pueblo Gallego. En 1962 fíxose unha segunda edición de Editorial Galaxia con vinte relatos e ilustracións de Xohán Ledo.
Lista de nomes femininos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes femininos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Cantiga de escarnio e maldicir
A cantiga de escarnio e maldicir (cantiga de escarnho e maldizer en galego-portugués), subxénero da lírica galego-portuguesa, inclúe tanto sirventeses morais e políticos, sátiras literarias e maledicencias persoais, como tenzóns, prantos e parodias; en resumo, os textos que non encaixan como cantiga de amigo e de amor. O trobadorismo galego-portugués perfeccionou unha canción satírica procedente da Provenza, á que lle daban o nome de sirventés, que, chegada ás nosas terras, influíu nos nosos trobadores para que estes, apoiándose quizais nunha tradición satírica autóctona transmitida oralmente e anterior á convivencia coas formas occitanas, creasen un novo xeito de trobar: a cantiga de escarnho e maldizer. Dentro dos tres grandes xéneros do lirismo trobadoresco é o menos homoxéneo pola presenza dunha gran diversidade temática e tonal.
Francisco Fernández del Riego, bautizado cos nomes Francisco Jesús Benito Antonio, nado no lugar de Vilanova de Lourenzá (Lourenzá) o 7 de xaneiro de 1913 e finado en Vigo o 26 de novembro de 2010, foi un intelectual e activista político galego. Escribiu cos pseudónimos de Adrián Solovio, Adrián Soutelo, Salvador Lorenzana, S. L., Cosme Barreiros, Ronsel e Alevín. Desenvolveu dende os anos 30 un traballo constante e recoñecido a prol da cultura galega que continuou até os seus últimos meses e que fixo del unha das personalidades máis destacadas de Galicia.