Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
O BM Cangas do Morrazo ou Frigoríficos do Morrazo por motivos de patrocinio, é un club de balonmán profesional da localidade pontevedresa de Cangas (Galicia). Fundado en 1961, actualmente xoga na División de Honra A, tamén coñecida como Liga ASOBAL logo dunha tempada na que ascendeu por terceira vez da División de Honra B nunha fase de ascenso organizada no seu campo, o pavillón do Gatañal. O BM Cangas está considerado un clásico da Liga ASOBAL. Tralo primeiro ascenso en 1995 estivo ata 2006 ininterrompidamente.
Ole Einar Bjørndalen, nado en Drammen o 27 de xaneiro de 1974 é un ex biatleta noruegués, alcumando o "Rei do Bíatlon". Con 13 medallas nos Xogos Olímpicos de Inverno, é o segundo deportista con máis medallas despois de Marit Bjørgen. Tamén é o biatleta de máis éxito nos campionatos do mundo de bíatlon, con 45 medallas, máis do dobre que calquera outro biatleta agás Martin Fourcade.
Atmen é un filme austríaco de 2011 escrito e dirixido por Karl Markovics. O filme conta a historia dun recluso de 19 anos nun centro de detención para menores, cunha solicitude de liberdade condicional pendente, que é desafiado a reconsiderar a súa identidade por un traballo nun depósito de cadáveres. Está protagonizado por Thomas Schubert, Karin Lischka e Gerhard Liebmann, e estreouse no Festival Internacional de Cinema de Cannes de 2011.
Nintendo DS (abreviatura de Dual Screen, «pantalla dual» ou, segundo Satoru Iwata, presidente de Nintendo, abreviatura de Developer's System, «a consola dos desenvolvedores»). Segundo Nintendo, é unha terceira liña de produtos e non se trata da sucesora tecnolóxica da actual Game Boy Advance. O nome desta consola abréviase como "NDS" ou simplemente como "DS".
A guerra civil estadounidense (tamén coñecida como guerra de Secesión; en inglés, American Civil War, The Civil War ou War Between the States) ocorreu nos Estados Unidos de América entre 1861 e 1865. Ningunha guerra causou máis mortes de americanos do que a Guerra Civil, que provocou un total de mortos estimado en 970 mil persoas -dos cales 620 mil eran soldados, preto do 3% da poboación americana da época. As causas da guerra civil, o seu desenlace, e aínda os propios nomes da guerra, son aínda motivos de controversia e debate nos días actuais.
O H-II (ou H-2) foi un foguete espacial xaponés que voou entre 1994 e 1999. Foi o primeiro foguete pesado feito con tecnoloxía completamente xaponesa. Atopouse que o lanzador era demasiado custoso e que a súa fiabilidade non era a desexada, polo que foi redeseñado para paso ao H-IIA.O H-II podía ser lanzado en tres variantes: Con 2 aceleradores de propelente sólido.
Dragon Fall é unha serie española de banda deseñada en castelán, parodia da serie de manga e anime Dragon Ball, creada por Nacho Fernández e Álvaro López. O estilo de debuxo de Dragon Fall evolucionou ó longo da serie, manténdose ó principio fiel a Akira Toriyama, para despois evolucionar en tramas que se afastan moito do argumento da serie orixinal (aínda que parodiando tódolos seus personaxes).
Un litro é unha unidade de volume equivalente a un espazo de 1 dm³ (1000 cm³). O seu símbolo é l, se ben en moitas ocasións se usa L para distinguir entre 'l' e '1' nalgunhas grafías, sendo aceptado o seu uso. Porén, a unidade de volume do Sistema Internacional de Unidades (SI) é o metro cúbico (m³), e o litro equivale a unha milésima de metro cúbico.
Abrantes é un concello e cidade do distrito de Santarém (Portugal), na provincia de Ribatexo, rexión do Centro (Região das Beiras) e subrexión de Médio Tejo, cuns 18.500 habitantes.É a cabeceira dun concello con 714,69 km² de superficie e 39.325 habitantes (2011), subdividido e 13 freguesías ou parroquias e cunha densidade demográfica de 55,02 hab/km². O concello limita polo norte con Vila de Rei, Sardoal e Mação, ao leste por Gavião, no sul con Ponte de Sor e no oeste con Chamusca, Constância, Vila Nova da Barquinha e Tomar.
Lugano (en lombardo: Lügan) é unha cidade ao sur de Suíza, no cantón italiano-falante de Tesino, que fai fronteira con Italia. A cidade fica ás beiras do Lago Lugano. Os seus cálidos veráns e o incremento do número de celebridades que son atraídas pola vila leváronlle a recibir o nome de "Monte Carlo de Suíza".
Periscope é unha aplicación de vídeo en streaming desenvolvida para iOS e Android por Kayvon Beykpour e Joe Bernstein. Comezou a funcionar en febreiro de 2014 baixo o nome de Bounty. Acadaron o 1,5 millón de dólares de Founder Collective, Scott Belsky, Maveron, Google Ventures, Menlo Ventures, Bessemer, Stanford – StartX e Sam Shank en abril de 2014.
A medicina tradicional engloba o conxunto de prácticas e técnicas empregados para fins medicinais desenvolvido ó longo de xeracións dentro de varias sociedades de todo o mundo antes da era da medicina moderna. A Organización Mundial da Saúde define medicina tradicional como: "A suma total dos coñecementos, habilidades e prácticas baseadas en teorías, crenzas e experiencias orixinadas en diferentes culturas, xa sexan explicadas ou non, utilizadas no mantemento da saúde, así como na prevención, diagnóstico, mellora ou tratamento de enfermidades físicas e mentais".
Sir George Ivan Morrison, OBE, nado en Belfast o 31 de agosto de 1945, é un cantante e compositor e produtor de discos norteirlandés, expoñente do chamado celtic soul e coñecido como "Van the Man" polos seus fans ten unha carreira musical que, polo de agora, abrangue sete décadas. Morrison comezou a actuar cando era mozo a finais da década de 1950. Tocou unha variedade de instrumentos como guitarra, harmónica, teclados e saxofón para varias bandas irlandesas, interpretando os éxitos populares daquela época.
Cécile Hernandez-Cervellon, nada en Perpiñán o 20 de xuño de 1974, que tamén compite como Cécile Hernandez, é unha snowboarder paralímpica francesa e tres veces medallista paralímpico, cunha medalla de prata en Sochi 2014 e unha prata e un bronce en Pieonchang 2018. Compite polos equipos Les Angles e France Douanes, así como o equipo paralímpico nacional francés; fóra do deporte, é xornalista de aduanas e escritora.
Westworld é un filme estadounidense de ciencia ficción escrito e dirixido por Michael Crichton, o cal se estreou en 1973. O filme tivo unha secuela, Mundo futuro (estreada en galego o 21 de setembro de 1995 a través da TVG) e unha miniserie de televisión Beyond Westworld. En 2016, HBO estreou unha serie de televisión homónima baseada na trama do filme orixinal.
O guambiano ou moguex (tamén coñecida como "namtrik") é unha lingua indíxena falado polo pobo misak (tamén chamados guambianos) que habitan no departamento do Cauca, en Colombia. O parentesco máis estreito desta lingua dáse coa lingua totoró (falada no concello homónimo) e coa extinta lingua coconuco.
O topónimo galego Canelas pode referirse a: Canelas, lugar da parroquia de Dumbría, no concello de Dumbría; Canelas, lugar da parroquia de Cerqueda, no concello de Malpica de Bergantiños; Canelas, lugar da parroquia de Adina, no concello de Sanxenxo; Canelas, lugar da parroquia de Sobradelo, no concello de Vilagarcía de Arousa; Canelas, lugar da parroquia de Portocelo, no concello de Xove; As Canelas, lugar da parroquia de Sofán, no concello de Carballo; Praia de Canelas, en San Vicente do Grove (O Grove);Praia de Canelas, en Canelas (Sanxenxo); Praia de Canelas, en Vilaxoán (Vilagarcía de Arousa).
Call of Duty 3 é un videoxogo pertencente á serie Call of Duty, ambientado durante a segunda guerra mundial. Foi desenvolvido por Treyarch e distribuído por Activision, agás a versión para Playstation Portable, desenvolvida por Amaze. Púxose á venda para Playstation 3, Playstation 2, Playstation Portable, Nintendo Wii, Xbox e Xbox 360.
Edith Rebecca Saunders, nada en Brighton, Inglaterra, o 14 de outubro de 1865 e finada en Cambridge o 6 de xuño de 1945, foi unha xenetista e anatomista vexetal británica. Descrita polo xenetista e biólogo británico, como a "nai da xenética vexetal británica", xogou un papel activo no redescubrimento das leis de herdanza de Mendel, a comprensión da herdanza dos trazos nas plantas; foi a primeira colaboradora do xenetista William Bateson. Tamén desenvolveu un amplo traballo sobre a anatomía das flores, centrándose especialmente no xineceo, os órganos reprodutores femininos das flores.
Yeah Yeah Yeah Yeah é o nome do lado de Bikini Kill dun álbum compartido coa banda Huggy Bear (o desta chámase Our Troubled Youth. Foi editado en marzo de 1993 a través do selo Kill Rock Stars. O tema "Rebel Girl" foi interpretado por primeira vez ao vivo polo grupo o 27 de decembro de 1991 en Washington, D.C., e está adicado a Juliana Luecking (QueenJuliana).
Coñécese como África Austral, África do Sur ou África subsahariana, á parte sur do continente africano. Comprende o conxunto de territorios situados ao sur do Sáhara. Normalmente considérase que forman parte desta magna rexión africana os seguintes territorios e estados: Angola Botswana Comores Eswatini Lesoto Madagascar Malawi Mauricio Mayotte (dependencia francesa) Mozambique Namibia Reunión (dependencia francesa) Santa Helena (dependencia británica) Suráfrica Zambia ZimbabueNalgúns lados tamén se inclúen as Seychelles e o Territorio Británico no Océano Índico, e noutros exclúense os estados insulares das Comores, Madagascar e Mauricio e as dependencias francesas de Mayotte e a Reunión, considerándoas partes da África Oriental.
Pamela "Pam" Denise Anderson, nada en Ladysmith (Columbia Británica), en 1967, é unha actriz e modelo canadense-estadounidense. É coñecida por interpretar a salvavidas C. J. Parker na serie de televisión Baywatch, na que tivo un papel entre os anos 1992 e 1997. Así mesmo participou en películas, comerciais, comedias de situación e programas de telerrealidade.
Unha serie de animación é un conxunto de episodios animados cun título común, polo xeral relacionados entre si. Estes episodios normalmente comparten os mesmos personaxes principais, algúns personaxes secundarios diferentes e un tema básico. As series poden ter un número finito de episodios como unha miniserie, un final definido ou ser de final aberto, sen un número predeterminado de episodios.
The Cure é unha banda de post-punk inglesa, liderada por Robert Smith, que comezou a súa carreira a no ano 1976 en Crawley, West Sussex. Smith vén sendo o único membro permanente da banda dende a súa fundación. O seu primeiro álbum foi Three Imaginary Boys, editado en 1979, e colocou á banda nos movementos post-punk e New Wave que surxiran a raíz da revolución punk rock no Reino Unido.
The Flaming Lips é unha banda de rock alternativo estadounidense formada en 1983 en Oklahoma City (Oklahoma). Actualmente está composta por Wayne Coyne (guitarra e voz), Michael Ivins (baixo), Steven Drozd (guitarra) e Kliph Scurlock (batería). O grupo gravou varios álbums e EPs co selo independente Restless Records nos 80 e principios dos 90.
Ray Douglas Bradbury, nado en Waukegan (Illinois) o 22 de agosto de 1920 e finado o 6 de xuño de 2012, foi un escritor estadounidense de ciencia ficción e de misterio. Deuse a coñecer polos seus relatos breves de ciencia ficción, que deron lugar á colección de Crónicas marcianas publicadas en 1950. É coñecido sobre todo pola súa novela Fahrenheit 451 na que se describe un mundo no que os libros están prohibidos e o pensamento crítico é perseguido.
Addenda et corrigenda son morfoloxicamente xerundios (en latín: gerundivum 'relativo ao que debe levarse a cabo') en neutro plural, que equivalen respectivamente a o que debe engadirse ou corrixirse (cf. axenda). No mundo editorial, tan empregados ata non hai moito, significan apéndice, o primeiro, e fe de erratas, o segundo.
Unha marca rexistrada considérase —a efectos legais— unha forma de rexistro sobre calquera símbolo utilizado para identificar de maneira exclusiva un ou varios produtos comerciais ou servizos. Dito símbolo adoita denominarse como marca rexistrada (en inglés, trademark), a cal se mostra de forma abreviada coas iconas ™, M.R. ou ®, aínda que isto non é indicativo do rexistro ante a autoridade competente. O símbolo dunha marca rexistrada pode ser unha palabra ou unha frase, unha imaxe ou un deseño, e o uso do mesmo para identificar un produto ou servizo só lle está permitido á persoa física ou xurídica que realizou o rexistro de dita marca ou a que estea debidamente autorizada por quen a rexistrou.
Teorema do índice de Atiyah-Singer
Na xeometría diferencial, o teorema do índice de Atiyah-Singer afirma que para un operador diferencial elíptico sobre unha variedade compacta, o índice analítico (relacionado coa dimensión do espazo de solucións) é igual ao índice topolóxico (definida en termos dalgúns datos topolóxicos). Inclúe moitos outros importantes teoremas (como o teorema de Riemann-Roch) como casos especiais, e ten aplicacións en física teórica. Foi probado por Michael Atiyah e Isadore Singer en 1963.
A transliteración é o cambio de sistema de escrita e mesmo só ortográfico nun texto, aplicado tanto ó léxico común coma para nomes propios (principalmente topónimos e antropónimos). Para ter en conta a complexidade deste cambio débese comprender a fondo as regras que utilizan os sistemas de escrita orixinario e final. Tendo en conta que os sistemas de escrita poden ser alfabetos, abxades, sistemas rasgais ou pictográficos, os cambios poden ser dende moi lenes a moi importantes segundo a combinación.
Escocia (en inglés: Scotland; en scots: Scotland; en escocés: Alba) é un país que forma parte do Reino Unido. É o máis setentrional dos catro países constituíntes que forman o Reino Unido. Xunto con Inglaterra e Gales, forma parte da illa de Gran Bretaña, e abrangue un terzo da súa superficie total.
Lionel Andrés Messi Cuccittini, nado en Rosario (Santa Fe) o 24 de xuño de 1987, é un futbolista arxentino de orixe italiana. Xoga de dianteiro ou mediapunta no Paris Saint-Germain da Ligue 1 de Francia. É internacional coa selección absoluta da Arxentina, equipo do que é capitán, xogador con máis partidos e máximo goleador histórico.
Shinova é unha banda de rock alternativo vasca orixinaria de Berriz (Biscaia). Desde a súa fundación en 2008 publicaron seis discos: “Latidos” (2009), “La Ceremonia de la Confusión” (2011), “Ana y el Artista Temerario” (2014), “Volver” (2016), "Cartas de navegación" (2018) e "La Buena Suerte" (2021). O nome do grupo nace dun xogo de palabras entre o fonema “chi” (que deriva en shi) e a palabra “nova”, é dicir, “nova enerxía”.
Os Diplomáticos de Monte-Alto é un grupo de música rock formado no barrio de Monte-Alto (A Coruña, Galiza) e encadrado como un dos máximos representantes do movemento bravú. Teñen un son propio e único marcado polo uso do acordeón como instrumento principal, ademais de influencias ska, punk e folk. Cantan en galego.
The Forbidden Kingdom (en chinés: 功夫之王; Gong Fu Zhi Wang ou en cantonés: Gung Fu Ji Wong) é un filme chinés-estadounidense de 2008 escrito por John Fusco e dirixido por Rob Minkoff. Está protagonizado por Jackie Chan e Jet Li. Está vagamente baseado na historia do século XVI Viaxe ao Oeste, e é o primeiro filme coprotagonizado por Jackie Chan e Jet Li.
REC (estilado como [●REC]) é un filme español de terror coescrito e codirixido por Jaume Balagueró e Paco Plaza, que foi estreado no 2007. O filme foi rodado na cidade de Barcelona, e o título é unha abreviatura da palabra "record" que aparece na pantalla da cámara. Balagueró e Plaza dirixiran previamente o documental de 2002 OT: la película.
Rocío Pérez Armenteros, nada en Alcalá la Real (provincia de Xaén) o 13 de xullo de 1989 é unha cantante, compositora e actriz andaluza, máis coñecida polo seu nome artístico Roko compuxo cancións de estilo soul principalmente en castelán, aínda que tamén noutros idiomas. Maqueta temas para outros artistas e traballa con Antonio Ferrara que é colaborador de Carlos Jean. O seu disco de cabeceira é Un día en el mundo, de Vetusta Morla.
Gerard Piqué i Bernabéu, nado en Barcelona o 2 de febreiro de 1987, é un futbolista catalán que xoga como defensa no Fútbol Club Barcelona. Foi o terceiro futbolista, tras Marcel Desailly e Paulo Sousa, en lograr gañar a Liga de Campións da UEFA dous anos seguidos con dous equipos diferentes, no 2008 co Manchester United e no 2009 co Barcelona. Tamén xoga na selección de fútbol de España, coa que gañou a Copa Mundial de Fútbol en 2010 e a Eurocopa de 2012, dous dos tres títulos do triplete conseguido pola selección entre 2008 e 2012, inédito na historia do fútbol.
Francisco Fernández del Riego, bautizado cos nomes Francisco Jesús Benito Antonio, nado no lugar de Vilanova de Lourenzá (Lourenzá) o 7 de xaneiro de 1913 e finado en Vigo o 26 de novembro de 2010, foi un intelectual e activista político galego. Escribiu cos pseudónimos de Adrián Solovio, Adrián Soutelo, Salvador Lorenzana, S. L., Cosme Barreiros, Ronsel e Alevín. Desenvolveu dende os anos 30 un traballo constante e recoñecido a prol da cultura galega que continuou até os seus últimos meses e que fixo del unha das personalidades máis destacadas de Galicia.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. O concello da Coruña ten 245.711 habitantes (INE, 2019); é o segundo municipio con maior poboación de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
Xente ao lonxe é unha novela de Eduardo Blanco Amor publicada en 1972 pola Editorial Galaxia. A segunda edición é de 1976. Galaxia publicou en 2014 unha edición que é o resultado dunha investigación de Xosé Manuel Dasilva, na que reconstrúe definitivamente a versión orixinal que se sometera á censura na década de 1970.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
Trachypachidae (traquipáquidos) é unha familia de escaravellos adéfagos parecidos xeralmente aos carábidos, pero que se distinguen deles polas súas grandes coxas das patas posteriores. Só existen seis especies vivas desta familia, catro especies do xénero Trachypachus do norte de Eurasia e norte de Norteamérica e dúas especies do xénero Systolosoma en Chile e Arxentina. Eran moito máis diversos no pasado, con ducias de especies descritas do Mesozoico.Os seus hábitos son similares aos dos carábidos; procuran a súa comida entre as follas caídas de bosques de coníferas e crese que a súa maioría son predadores e preeiros, activos durante o día.Segundo o entomólogo George Ball, "a cousa máis interesante sobre esta pequena familia é as súas relacións filoxenéticas"; previamente foi clasificada como unha subfamilia de Carabidae, e como familia foi clasificada en diferentes posicións en realación con outras familias de escaravellos.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Os ripifóridos ou Ripiphoridae (antes escrito Rhipiphoridae) son unha familia cosmopolita de que comprende unhas 450 especies descritas de escaravellos. Os ripifóridos son peculiares entre os escaravellos porque moitas especies son parasitoides hipermetamórficos, un atributo que comparten cos meloidos. Os membros da familia difiren na súa elección de hóspede, pero a maioría ataca diversas especies de abellas ou avespas, mentres que outros atacan a cascudas ou a outros escaravellos.
Eleccións municipais de 2019 en Galicia
As eleccións municipais de 2019 celebráronse o 26 de maio de 2019 en toda España. En Galicia, escolléronse nelas 313 corporacións municipais, unha menos ca nos comicios precedentes, logo da fusión dos concellos de Cerdedo e Cotobade no de Cerdedo-Cotobade. Estas eleccións tamén serviron para determinar a representación dos partidos políticos no pleno das catro deputacións provinciais, de acordo cos resultados obtidos en cada partido xudicial.
Michelangelo di Lodovico Buonarroti Simoni, coñecido xeralmente como Michelangelo ou Miguel Anxo, nado o 6 de marzo de 1475 en Caprese Michelangelo (a Toscana), e finado o 18 de febreiro de 1564 en Roma, foi un escultor, arquitecto, pintor e poeta do Renacemento italiano, considerado un dos máis grandes artistas da historia da arte de Occidente, tanto polas súas esculturas coma polas súas pinturas e a súa obra arquitectónica.Desenvolveu o seu labor artístico ao longo de máis de setenta anos entre Florencia e Roma, que era onde vivían os seus grandes mecenas, a familia Medici de Florencia, e os diferentes papas romanos. Foi o primeiro artista occidental do que se publicaron dúas biografías en vida: Le vite de' più eccellenti pittori, scultori e architettori, de Giorgio Vasari, publicada en 1550, onde foi o único artista vivo incluído, e a Vita de Michelangelo Buonarroti, escrita en 1553 por Ascanio Condivi, pintor e discípulo de Michelangelo, que recolle os datos facilitados polo mesmo Buonarroti. Foi moi admirado polos seus contemporáneos, que o chamaban "o Divino".O historiador florentino Benedetto Varchi (1503-1565) envioulle unha carta o 12 de febreiro de 1560, no nome de todos os florentinos, dicíndolle: Triunfou en todas as artes nas que traballou, caracterizándose polo seu perfeccionismo.