Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Steven Allan Spielberg, nado en Cincinnati (Ohio) o 18 de decembro de 1946, é un director de cine estadounidense. Foi sete veces candidato ao Óscar ó mellor director, obténdoo en dúas ocasións, cos filmes A lista de Schindler (1993) e Saving Private Ryan (1998). Tres das súas películas lograron converterse no filme de maior recadación no seu momento: Tiburón (1975), E.T. the Extra-Terrestrial (1982) e Parque Xurásico (1993).
Un lago (do latín lacus) é un accidente xeográfico constituído por unha grande extensión de auga (ou nalgún caso doutro líquido), en xeral auga doce, rodeada de terra e sen movemento fluído (isto é, sen corrente). Esa auga pode provir: da choiva; dunha nacente local; ou de cursos de auga, como ríos que desauguen nesa depresión.Normalmente, a auga dos lagos é auga doce, mais existen no mundo algúns importantes lagos salgados, como o Gran Lago Salgado da América do Norte ou o Mar Morto no Oriente Medio (Israel e Palestina). Nalgúns casos, o termo lago úsase para describir unha bacía que, aínda estando baldeira a maior parte do tempo, pode chegar a encherse de auga en condicións estacionais de chuvias fortes.
Lugar de importancia comunitaria
Os Lugares de importancia comunitaria (LIC) son espazos naturais europeos que foron designados polos estados membros europeos como candidatos a ser declarados zona especial de conservación da Rede Natura 2000.Estes lugares, seguindo a directiva 92/43/CEE da Unión Europea, foron propostos polos estados membros perante un comité científico avaliador. O comité avalía o interese de conservación do espazo, polas súas características dos seus ecosistemas ou a súa biodiversidade, fauna ou flora silvestres; ou do se potencial contribuíndo a restaurar hábitats. Se o proceso de avaliación finaliza de xeito positivo, os lugares de importancia comunitaria poden ser declarados polo estado membro onde se atopa como zonas especiais de conservación (ZEC), o cal significa a súa entrada na Rede Natura 2000.
The Dark Side of the Moon é o oitavo álbum da banda inglesa de rock progresivo Pink Floyd, publicado o 1 de marzo de 1973. Baseouse nas ideas exploradas en anteriores gravacións e en concertos, pero carece das estensas excursións instrumentais que caracterizaban aos seus traballos tras a saída en 1968 de Syd Barrett. Os temas de The Dark Side of the Moon inclúen conflito, cobiza, paso do tempo e enfermidade mental, este último inspirado parcialmente na deterioración do estado mental de Barrett.
O ollo dos humanos, como o doutros vertebrados, e un órgano que detecta a luz e é a base do sentido da vista. A súa función consiste basicamente en transformar a enerxía lumínica en sinais eléctricos que son enviadas ao cerebro a través do nervio óptico. O ollo humano funciona de forma moi similar ao da maioría dos vertebrados e dalgúns moluscos.
O parasol (en castelán: El quitasol) é unha obra de Francisco de Goya conservado no Museo do Prado e que forma parte da serie de cartóns para a Real Fábrica de Tapices de Santa Bárbara; en concreto, para a serie destinada á decoración do comedor do infante Carlos, daquela Príncipe de Asturias, no Palacio Real de El Pardo. O cadro foi executado con toda probabilidade entre o 3 de marzo e o 12 de agosto de 1777, a xulgar pola datación da entrega da obra rematada á Manufactura de Tapices. No verán de 1777, o pintor fixo entrega dunha serie que se destinaba a decorar o comedor dos Príncipes de Asturias (o futuro Carlos IV e a súa esposa María Luísa de Parma).
Elsker dig for evigt é un filme dinamarqués de 2002 dirixido por Susanne Bier empregando as técnicas de cinema minimalista do manifesto Dogma 95. Está protagonizado por Mads Mikkelsen, Nikolaj Lie Kaas, Sonja Richter e Paprika Steen. Foi escollido como candidato de Dinamarca para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 75ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.
O Oleiro valenciano ou o Cacheiro (1779) trátase dun dos cartóns, en óleo sobre lenzo, realizado por Goya coma base para un tapiz da Real Fábrica de Tapices de Santa Bárbara, fundada por Carlos III. Deste cartón, que se atopa no Museo do Prado fixéronse dous tapices que se conservan no Pazo do Pardo -o mencionado palacete dos príncipes- e no Escorial. O cadro foi taxado en seis mil reais e foi estimado, xunto con O parasol (1777) como a obra cumio do período inicial de Goya en Madrid.
Robert Gordon Orr, nado en Parry Sound o 20 de marzo de 1948 é un xogador de hóckey sobre xeo canadense retirado, recoñecido como un dos mellores de todos os tempos. Orr empregaou a súa velocidade sobre os patíns e as habilidades para facer xogo para revolucionar a posición de defensa. Xogou na National Hockey League (NHL) durante 12 temporadas, dez cos Boston Bruins, ás que seguiron dúas cos Chicago Black Hawks.
A Dictionary of Greek and Roman Antiquities
A Dictionary of Greek and Roman Antiquities ("Dicionario de antigüidades gregas e romanas"), de William Smith (1813-1893), é unha enciclopedia en lingua inglesa que trata sobre a Antigüidade clásica. Publicouse por vez primeira en 1842 e conta con numerosas reedicións posteriores, tanto en Londres como en Boston e en Nova York, algunhas delas revisadas polo autor e aumentadas. Hoxe todas elas son de dominio público.A enciclopedia ocúpase de aspectos como a lexislación, a relixión, a arquitectura, a guerra ou a vida cotiá, entre outros, sempre desde o punto de vista dun clasicista.
A dos cranquíidos (Cranchiidae) é unha familia de moluscos cefalópodos da superorde dos decapodiformes e orde dos egópsidos, aínda que algúns autores encádrana na orde dos teútidos, suborde dos egospinos. (Véxase a clasificación). A familia comprende unhas 60 especies de luras que teñen un manto que mide desde os 10 cm aos 10 m de lonxitude.
Instagram é unha rede social e aplicación para partillar fotos e vídeos. Permite aos usuarios aplicar efectos fotográficos como filtros, marcos, cores retro e vintage, e posteriormente partillalas en diferentes redes sociais como Facebook, Tumblr, Flickr, Twitter ou Vkontakte. Unha característica distintiva da aplicación é que da unha forma cadrada ás fotrografías en honor á Kodak Instamatic e as cámaras Polaroid, contrastando coa relación de aspecto 16:9 que na actualidade usan a maioría das cámaras dos teléfonos móbiles.
O Gran Premio de Mónaco de 2018 (oficialmente Formula 1 Grand Prix de Monaco 2018) é unha carreira de Fórmula 1 que se celebrou o 27 de maio de 2018 no Circuíto de Mónaco, Monte Carlo, Principado de Mónaco. Foi a sexta carreira do Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2018. Foi a sesaxésima sexta carreira como unha proba do Campionato do Mundo, e a setenta e seis carreira en xeral.
Jackass é unha serie de televisión de comedia, transmitida nos seus comezos por MTV desde o 27 de febreiro de 2002. Nela, a repartición leva a cabo divertidas actividades cuxa finalidade habitualmente é inflixir dor ou buscar nestas actividades o máximo risco e perigo posíbel para divertir os televidentes. Algunhas das estrelas habituais foron Johnny Knoxville ou Ryan Dunn.
Almería é unha cidade costeira do sur de España, capital da provincia de Almería, en Andalucía. É considerada así mesmo capital da comarca metropolitana de Almería e da comarca turística denominada Costa de Almería. A cidade sitúase no extremo sueste da Península Ibérica e está rodeada ao oeste pola serra de Gádor, ao norte pola serra Alhamilla e o leste polo val e delta do río Andarax.
O antigo eslavo eclesiástico (словѣ́ньскъ ѩꙁꙑ́къ, slověnĭskŭ językŭ), foi a primeira lingua literaria eslava. Os misioneiros bizantinos do século IX Cirilo e Metodio, ámbolos dous de orixe eslava e grega, son os responsables da estandarización da lingua empregándoa nunha tradución da Biblia e noutros textos eclesiásticos en grego antigo como parte do proceso de cristianización dos eslavos. Crese que estaba baseado no dialecto dos eslavos bizantinos que viviron na provincia de Tesalónica no século IX (hoxe Grecia).
O Grupo f/64 foi un grupo de sete fotógrafos do século XX de San Francisco que compartían un estilo fotográfico común, caracterizado por imaxes nítidas e coidadosamente enmarcadas estas a través dun punto de vista particularmente do oeste estadounidense. En parte formouse en oposición ao estilo pictorialista que dominara durante a meirande parte de principios de século, pero por outra banda querían promocionar unha nova estética modernista que estaba en imaxes expostas con precisión de formas naturais e obxectos atopados.
A Casa da Igrexa Ruchill, en inglés Ruchill Church Hall, é un edificio deseñado polo arquitecto glesca Charles Rennie Mackintosh como unha casa de traballo para a Igrexa Libre de Escocia, e que se rematou en 1899. Atópase no número 15/17 da rúa Shakespeare Street, unha perpendicular a Maryhill Road, en Glasgow, Escocia, preto da ponte que leva pola rúa Ruchill Street ata o bairro de Ruchill, cruzando a canle do Forth e do Clyde, e próxima a unha área comercial na rúa principal. A igrexa que está ao lado ergueuse máis tarde, da man doutro arquitecto.
Barlovento é a aba dun relevo ou rexión orientada cara ao lugar de onde procede o vento. Barlovento, a zona dun relevo; Barlovento, en meteoroloxía;Amais, como topónimo pode referirse a: Barlovento, un concello da illa de La Palma, nas Illas Canarias; Illas de Barlovento, un grupo de illas das Pequenas Antillas; Illas de Barlovento, un grupo de illas do arquipélago de Cabo Verde.Na cultura popular: Barlovento, álbum musical da orquestra folk galega SonDeSeu.
Alashiya ou Alasiya foi un reino do Mediterráneo Oriental durante o segundo milenio antes da era cristiá, que salientou pola súa importancia comercial e como fonte de valiosas materias primas. Desapareceu da historia tras a irrupción dos pobos do mar, sendo moi probábel que fose destruído por estes.
Diego de Torres Villarroel, nado en Salamanca en 1693 e finado na mesma cidade o 19 de xuño de 1770, foi un escritor, poeta, dramaturgo, médico, matemático e sacerdote español, profesor na Universidade de Salamanca. A súa obra máis coñecida é a súa autobiografía, Vida, ascendencia, nacimiento, crianza y aventuras del Doctor Don Diego de Torres Villarroel, publicada por primeira vez en 1743.
Véxase Retrato pictórico para saber máis sobre o xénero pictórico.O retrato é a descrición dunha persoa, tanto nos seus aspectos físicos como psicolóxicos. Se só se atende ós aspectos físicos denomínase prosopografía e se se fai unicamente referencia ás súas calidades morais etopeia. No retrato tradicional os escritores, partindo da perspectiva clásica, seguían o esquema cabeza → tronco → extremidades.
O Naismith Memorial Basketball Hall of Fame recoñece e premia a xogadores que demostraron unha habilidade extrema no baloncesto ao longo da súa carreira e a adestradores ou árbitros cunha grande contribución ao mundo do baloncesto. Algúns equipos ao completo tamén están no Hall of Fame, coma os Harlem Globetrotters. Creouse en 1959, e a construción do museo rematouse o 17 de febreiro de 1968 en Springfield, Massachusetts.
A escultura (do latín sculptūra) é unha das belas artes que representa imaxes plásticas de relevancia total ou parcial. Existen varias técnicas de traballar os materiais para a creación dun obxecto. A diferenza da pintura, a cal se crea nun plano -un espazo ficticio de dúas dimensións-, a escultura é unha forma de expresión artística en tres dimensións o vulto redondo, ou de relevo, altorrelevo ou baixorrelevo, todo empregando o espazo real.
Pseudopleuronectes herzensteini
Pseudopleuronectes herzensteini é un peixe teleósteo da orde dos pleuronectiformes, familia dos pleuronéctidos e subfamilia dos pleuronectinos, unha das cinco que integran o xénero Pseudopleuronectes, coñecida en galego como limanda castaña xaponesa.É un peixe mariño, demersal, oceanódromo, de certa importancia comercial, que habita en augas temperadas do Pacífico noroeste, nas costas do mar do Xapón, as illas Kuriles, a illa de Sakhalin, Corea, mar Amarelo e mar da China Oriental.Pode alcanzar até 50 cm de lonxitude, aínda que comunmente ronda os 28,5 cm. O seu peso máximo rexistrado é de 1,3 kg, e pode chegar a vivir 15 anos.
O termo entrevista pode referirse a: Entrevista, conversa estruturada na que unha persoa fai preguntas e outro dá respostas; Entrevista xornalística, diálogo establecido por un periodista e unha persoa entrevistada; Entrevista clínica, comunicación entre médico e paciente para solucionar un problema de saúde; Entrevista de traballo, ferramenta utilizada dentro dun proceso de selección de persoal; Entrevista cognitiva, que consta de cinco técnicas xerais de incremento da memoria, e mais varios métodos específicos para aumentar os recordos da testemuña dun suceso. Entrevista de investigación, técnica de investigación cualitativa utilizada en ciencias sociais.
O sentimento anti-ucraíno ou ucrainofobia é o odio aos ucraínos, á cultura ucraína, á lingua ucraína ou á Ucraína como unha nación. Está moi presente en Polonia e na antiga Unión Soviética, sobre todo en Rusia e nalgunhas partes do leste de Ucraína, na fronteira con Rusia, moi habitada por rusos. O seu contrario é ucrainofilia.
Carcaixent é un concello da Comunidade Valenciana localizado na provincia de Valencia, concretamente na comarca da Ribera Alta. Ten unha poboación de 21.973 habitantes (INE 2008). A conurbación que forma na actualidade cos concellos de Alzira e Algemesí constitúe, cos seus 95.000 habitantes, o segundo núcleo de poboación da provincia de Valencia, tras a capital e a súa área metropolitana.
Partido Socialdemócrata de Austria
O Partido Socialdemócrata de Austria, chamada en alemán Sozialdemokratische Partei Österreichs, é un partido político socialdemócrata de Austria. É de tendencias centro-esquerdistas e forma parte do Partido Socialista Europeo.
Unha órbita alta terrestre é unha órbita xeocéntrica cunha altitude enteiramente por riba da órbita xeoestacionaria (ou xeosincrónica, isto é, cunha altura de 35 786 quilómetros). O período orbital de tales órbitas é maior que 24 horas, polo que os satélites en tales órbitas teñen un movemento aparente retrógrado. Ou sexa, mesmo se teñen unha órbita progrado (90° > inclinación ≥ 0°), a súa velocidade angular orbital é menor que a velocidade de rotación da Terra, o que causa que o seu movemento sexa visto dende a superficie terrestre como indo cara ó oeste.
Italia ( pronunciación ) (en italiano: Italia, [iˈtaːlja] (AFI), escoitar), oficialmente República Italiana ( pronunciación ) (en italiano: Repubblica Italiana), é unha república parlamentaria cuxo territorio está en Europa meridional (99,97%) e no norte de África (0,03%). O territorio europeo confórmano a maior parte da península Itálica, o val do río Po e dúas grandes illas no mar Mediterráneo: Sicilia e Sardeña. O territorio africano fórmano as pequenas illas de Lampedusa, Lampione e Pantelaria.
Para o artigo da illa, vexa Día, Grecia. Un día (do latín: dies) é o lapso de tempo que transcorre na Terra desde que o Sol está no punto máis alto sobre o horizonte ata que volve estalo. A duración aproximada do día son 24 horas, divididas, tradicionalmente, en tempo de luz (tamén chamado "día") e período escuridade (chamado "noite").
O sueco (svenska escoitar ) é unha lingua xermánica falada no norte de Europa, en concreto en Suecia e na costa de Finlandia (falada por un 5% dos fineses), é moi similar ó danés e o noruegués, máis diferénciase delas na pronunciación e ortografía. É falada por nove millóns de persoas, sobre todo en Suecia e en partes da Finlandia, especialmente na costa e nas illas Åland.
Unha bandeira é unha peza de tea, normalmente rectangular, aínda que pode adoptar formas moi variadas, que se suxeita por un dos seus lados a unha hasta, ou se pendura dunha driza, e que se emprega para identificar unha persoa (guión, estandarte, bandeira persoal, bandeira de rango etc.), ou grupo de persoas (bandeira nacional, Nacións Unidas, a Unión Europea, a OTAN e a Cruz Vermella, por citar uns exemplos). Tamén se emprega para transmitir sinais (como un semáforo), especialmente na navegación marítima. O estudo das bandeiras coñécese como vexiloloxía.
Un movemento social é a agrupación informal de individuos ou organizacións dedicadas a cuestións político-sociais que ten como finalidade o cambio social. Os movementos sociais como estruturas de cambio social teñen a súa orixe nas crises das organizacións de esquerda socialdemócrata e do socialismo real, principalmente partidos políticos e sindicatos. Xorden como modos de organización de colectivos, fundamentalmente marxinais, que loitan dentro dun campo político máis ou menos concreto.
Alexandre I de Rusia (en ruso, Александр I Павлович, Aleksandr I Pavlovich), nado en San Petersburgo o 23 de decembro de 1777 e finado na mesma cidade finado o 1 de decembro de 1825, foi tsar de Rusia do 23 de marzo de 1801 ata o 1 de decembro de 1825, e rei de Polonia de 1815 ata 1825, tamén foi o primeiro Gran Duque de Finlandia ruso así como Gran Duque de Lituania.
007 Casino Royale (en inglés: Casino Royale) é un filme de 2006, o vixésimo primeiro da serie de espionaxe de Eon Productions James Bond e o primeiro interpretado por Daniel Craig como o axente de ficción do MI6 James Bond. Dirixido por Martin Campbell e escrito por Neal Purvis e Robert Wade e mais Paul Haggis, a película marca a terceira adaptación para a pantalla da novela de Ian Fleming Casino Royale (1953) ambientada ao inicio da carreira de Bond como o Axente 007 e a súa licenza para matar. Despois de evitar un ataque terrorista no Aeroporto Internacional de Miami, Bond namórase de Vesper Lynd, a funcionaria do tesouro designada para fornecerlle dos cartos que precisa para a creba do terrorista financeiro, Le Chiffre, por medio dunha partida de póker.
O Club Deportivo Lugo é un club de fútbol galego da cidade de Lugo, que xoga na Segunda División. O equipo foi fundado en 1953 trala desaparición dos dous principais equipos da cidade, a Ximnástica Lucense, que viña de competir na Segunda División, e o Club Deportivo Polvorín, desaparecido por motivos económicos. O club, baixo a presidencia de Emilio Núñez Torrón, comezou a súa andadura na Terceira División, só xogara anteriormente na categoría de prata durante a tempada 1992–93.
Enver Halil Hoxha (ɛnˈvɛɾ ˈhɔdʒa (Escuchar) ), nado en Gjirokastra o 16 de outubro de 1908 e finado en Tirana o 11 de abril de 1985, foi un xefe de Estado e ditador albanés, dirixente da República Popular de Albania dende 1944 ata a súa morte. Desempeñou as funcións de secretario xeral do Partido do Traballo de Albania (PPSH) entre 1941 e 1985, así como o cargo de primeiro ministro de Albania entre 1944 e 1955. Completou a educación secundaria no Liceo Nacional de Albania (Korçë) e máis tarde obtivo unha bolsa para estudar na universidade de Montpellier.
Shinova é unha banda de rock alternativo vasca orixinaria de Berriz (Biscaia). Desde a súa fundación en 2008 publicaron seis discos: “Latidos” (2009), “La Ceremonia de la Confusión” (2011), “Ana y el Artista Temerario” (2014), “Volver” (2016), "Cartas de navegación" (2018) e "La Buena Suerte" (2021). O nome do grupo nace dun xogo de palabras entre o fonema “chi” (que deriva en shi) e a palabra “nova”, é dicir, “nova enerxía”.
A Prisión Provincial da Coruña, popularmente coñecida como Cárcere da Torre, pola súa proximidade á Torre de Hércules, é un edificio singular que albergaba o antigo centro penitenciario da cidade, construída entre 1925 e 1927 seguindo o proxecto de Juan Álvarez de Mendoza, designado por a Dirección Xeral de Prisións, en colaboración co arquitecto municipal Pedro Mariño. Durante a ditadura franquista, albergou decenas de presos políticos como o último alcalde republicano da cidade, Alfredo Suárez Ferrín, o Gobernador Civil de Coruña Francisco Pérez Carballo, o secretario xeral do PCE en Galicia José Gómez Gayoso ou membros da guerrilla como Antonio Seoane Sánchez ou Benigno Andrade "Foucellas". Na década de1970 recibiu presos destacados do movemento obreiro de Ferrol e membros da banda terrorista ETA. Estivo en funcionamento ata 1997, ano en que entrou en servizo o novo centro penitenciario de Teixeiro, máis moderno e con mellores instalacións, e dende entón permaneceu sen uso definido, albergando actos esporádicos como a exposición "From I to J" da cineasta Isabel Coixet, mais cunha deterioración continua das instalacións en medio dunha disputa pola súa cesión entre o concello da Coruña e a Sociedade de Infraestruturas e Equipamentos Penitenciarios (SIEP).
Lionel Andrés Messi Cuccittini, nado en Rosario (Santa Fe) o 24 de xuño de 1987, é un futbolista arxentino de orixe italiana. Xoga de dianteiro ou mediapunta no Paris Saint-Germain da Ligue 1 de Francia. É internacional coa selección absoluta da Arxentina, equipo do que é capitán, xogador con máis partidos e máximo goleador histórico.
Xente ao lonxe é unha novela de Eduardo Blanco Amor publicada en 1972 pola Editorial Galaxia. A segunda edición é de 1976. Galaxia publicou en 2014 unha edición que é o resultado dunha investigación de Xosé Manuel Dasilva, na que reconstrúe definitivamente a versión orixinal que se sometera á censura na década de 1970.
REC (estilado como [●REC]) é un filme español de terror coescrito e codirixido por Jaume Balagueró e Paco Plaza, que foi estreado no 2007. O filme foi rodado na cidade de Barcelona, e o título é unha abreviatura da palabra "record" que aparece na pantalla da cámara. Balagueró e Plaza dirixiran previamente o documental de 2002 OT: la película.
O Tenebrio molitor ou escaravello da fariña, tamén chamado tenebrio amarelo ou tenebrio común é unha especie de escaravello tenebriónido. Tamén se denomina bicho da fariña, especialmente referido ás súas larvas. Como todos os insectos holometábolos, pasa por catro estadios vitais: ovo, larva, pupa e adulto.
Gerard Piqué i Bernabéu, nado en Barcelona o 2 de febreiro de 1987, é un futbolista catalán que xoga como defensa no Fútbol Club Barcelona. Foi o terceiro futbolista, tras Marcel Desailly e Paulo Sousa, en lograr gañar a Liga de Campións da UEFA dous anos seguidos con dous equipos diferentes, no 2008 co Manchester United e no 2009 co Barcelona. Tamén xoga na selección de fútbol de España, coa que gañou a Copa Mundial de Fútbol en 2010 e a Eurocopa de 2012, dous dos tres títulos do triplete conseguido pola selección entre 2008 e 2012, inédito na historia do fútbol.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
O Ferrado é un colectivo galeguista e revista cultural de publicacións periódicas centrado na sociopolítica, historia e economía de Galiza fundado no ano 2022. Os seus traballos abranguen un amplo número de temas tales como a sociolingüística, a antropoloxía, a psicoloxía social, a ciencia política, as relacións internacionais, a demografía, os estudos do territorio, o nacionalismo, o irredentismo e a historia en relación con Galiza e a lingua galega.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Os pechenegos ou patzinakos (en grego: Πατζινάκοι, Πετσενέγοι ou Πατζινακίται; en latín: Pacinacae ou Bisseni; húngaro: Besenyő; búlgaro: печенеги; ruso: Печенеги; ucraíno: Печеніги) foron un pobo seminómade das chairas da Asia Central que falaban unha lingua turca e invadiron Europa oriental e central arribando a Bulgaria, Hungría e Ucraína ao redor do século IX.
Os moinantes son un grupo social de España e algúns países de Europa. Principalmente son nómades con algunhas similitudes co pobo xitano e considéranse unha etnia con identidade propia. Son tamén chamados quincalleros polo oficio que historicamente realizaban, vender, facer e reparar trebellos metálicos como tixolas e potas.
O Nepal, cuxo nome oficial é República Federal Democrática do Nepal (en nepalés: सङ्घीय लोकतान्त्रिक गणतन्त्र नेपाल), é un país do sur de Asia, con fronteiras coa China (Tíbet) ao norte e a India ao sur. A súa capital e Katmandú; a lingua oficial é o nepalés e a moeda é a rupia nepalesa. O país foi unha monarquía ata 2008, sendo Gyanendra o seu derradeiro rei.
Tribolium castaneum é unha especie de escaravello tenebriónido, un dos denominados escaravellos da fariña (xunto con Tenebrio molitor e outros Tribolium). É unha praga en todo o mundo de produtos alimenticios almacenados, especialmente grans de cereais e un organismo modelo para estudos etolóxicos e de seguridade alimentaria.