Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Resident Evil (coñecido no Xapón como Biohazard (バイオハザード, Baiohazādo) é unha serie de videoxogos de supervivencia de terror e unha serie de cómics, novelas, catro filmes e unha manchea de coleccionables como figuras de acción, guías de estratexia e publicacións. Desenvolvida pola compañía Capcom e creada por Shinji Mikami, a serie vendeu máis de 35 millóns de xogos ata marzo de 2009.
Library of Congress Control Number
O Library of Congress Control Number (LCCN) é un sistema baseado en números de serie para numerar os rexistros de catálogo da Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos. Este sistema de numeración están en uso dende 1898. Non ten relación algunha cos contidos dos libros e non debe confundirse coa Library of Congress Classification (LCC).
O Reino de Gran Bretaña foi un reino da Europa Occidental, entre 1707 e 1800. Foi creado a partir da unión das coroas de Escocia e Inglaterra, baixo a Acta de Unión de 1707 (Union Act, 1707), que fora establecido para formar un único país na illa de Gran Bretaña. Un novo parlamento e goberno foi creado en Westminster, Londres.
Os paradoxos de Zenón son unha serie de paradoxos, ideados por Zenón de Elea, para apoiar a doutrina de Parménides de que as sensacións que obtemos do mundo son ilusorias, e concretamente, que non existe o movemento. Pertencen á categoría de paradoxos falsídicos, isto é, que non só atinxen un resultado que aparenta ser falso, senón que ademais o é. Isto débese a unha falacia no razoamento, producido pola falta de coñecementos sobre o concepto de infinito na época na que foron formuladas.
Cábala (hebreo: קַבָּלָה, cabalá: "recibimento") é o conxunto de tradicións e practicas místicas do xudaísmo, que busca, por medio de métodos esotéricos, explicar os segredos da Creación e lograr coñecementos ocultos das escrituras sagradas. Un cabalista tradicional coñécese como Mekubal (hebreo: מְקוּבָל).Sucede, porén, que outras prácticas inspiradas na cábala pretenden estender e adaptar o seu contido, segundo esas outras relixións ou doutrinas. Así, definicións da cábala varían de acordo coa tradición e obxectivos daqueles que lle seguen.
Demersal é un adxectivo que cualifica a aqueles animais, especialmente aos peixes, que viven cerca do fondo do mar. O termo cuñouse durante o século XIX, e deriva do latín demersus, participio de demergere, que significa "afundir", "somerxer". Os peixes demersais divídense principalmente en dous tipos: Bentónicos, que son aqueles que viven constantemente sobre o fondo do mar, e Bentopeláxicos, que son os que nadan por riba do fondo.A fauna demersal vive na auga, pero na proximidade immediata do bentos, onde se alimenta.
O judo (en xaponés: 柔道) é unha arte marcial, un deporte e unha filosofía con orixe no Xapón. O judo foi creado a partir dalgunhas escolas clásicas de jujutsu por Jigoro Kano (嘉納治五郎) en 1882. O termo xaponés pode ser traducido como "Camiño da flexibilidade", influíndo no desenvolvemento físico, mental e emocional a través da práctica.
O topónimo francés Cher pode referirse a: Departamento de Cher, departamento francés pertencente á rexión Centre. Loir e Cher, departamento francés pertencente á rexión Centre. Río Cher, curso fluvial francés, afluente do Loira.Amais, como nome artístico pode referirse a: Cher, cantante, bailarina e actriz estadounidense (n.
Unha sociedade erudita (tamén coñecida como academia erudita ou asociación académica) é unha organización que existe para promover unha disciplina académica, unha profesión ou un grupo de disciplinas relacionadas como as artes. A afiliación pode ser aberta a todos, pode requirir posesión dalgunha cualificación ou pode ser unha honra conferida por elección.Moitas das sociedades eruditas son organizacións sen ánimo de lucro, e moitos son asociacións profesionais. As súas actividades tipicamente inclúen conferencias regulares para a presentación e discusión de novos resultados de investigación e publicación de revistas académicas patrocinadoras na súa disciplina.
O coñecemento adoita entenderse como: Feitos, ou datos de información adquiridos por unha persoa a través da experiencia ou a educación, a comprensión teórica ou práctica dun tema ou obxecto da realidade. O que se adquire como información relativa a un campo determinado ou á totalidade do universo. Conciencia ou familiaridade adquirida pola experiencia dun feito ou situación.
Adriano Celentano, nado en Milán o 6 de xaneiro de 1938, é un cantante, actor e cineasta italiano. Grazas á súa traxectoria de cincuenta anos e os seus grandes éxitos está considerado un dos piares da música italiana. O Seu carácter fixo que Celentano se convertese nun personaxe símbolo e icona da sociedade do seu país despois da Segunda Guerra Mundial.
Un periódico é unha publicación cuxa principal función consiste en presentar noticias. Ten unha aparición periódica, que pode ser diaria -denominado xornal ou diario, e que é o periódico por antonomasia-, ou semanal —denominado semanario— e mesmo quincenal ou mensual. Amais de proporcionar información, as publicacións periódicas adoitan defender diferentes posturas públicas, xa sexa con editoriais, artigos de opinión ou mesmo a través dun perfil ideolóxico determinado.
A microbioloxía é a ciencia encargada do estudo dos microorganismos, seres vivos pequenos (de mikros "pequeno", bios, "vida" e logos, "estudo"), tamén coñecidos como microbios. É a rama da bioloxía adicada a estudar os organismos que son só visibles a través do microscopio, seres vivos microscópicos que poden estar constituídos por unha soa célula (unicelulares) ou por pequenos agregados celulares formados por células equivalentes (sen diferenciación celular), como os procariontes ou procariotas (células carentes de núcleo, como as bacterias ou os virus, aínda que moitos non consideran os virus como seres vivos estritamente falando) e eucariontes ou eucariotas (células con núcleo, tales como fungos e protistas). Con todo, a microbioloxía tradicional ocupouse especialmente dos microorganismos patóxenos entre bacterias, virus e fungos, deixando a outros microorganismos en mans da parasitoloxía e outras ramas da bioloxía.
Aleksandr Sergeevich Pushkin, (en ruso: Александр Сергеевич Пушкин), coñecido como Aleksandr Pushkin (ás veces transcrito ao galego como Alexander ou Alexandre Puxquin), nado en Moscova o 26 de maio de 1799 e finado en San Petersburgo o 29 de xaneiro de 1837, foi un poeta, dramaturgo e novelista ruso, considerado o fundador da literatura rusa moderna. Foi pioneiro no uso da lingua vernácula nos seus poemas e obras, creando un estilo narrativo, mestura de drama, romance e sátira, que foi dende entón asociado á literatura rusa e influíu notablemente nas posteriores figuras literarias como Gogol, Dostoievski, Tolstoi, e Tiútchev, así como nos compositores rusos Chaikovskii e Musorgskii.
Atentados do 11 de setembro de 2001
Os atentados do 11-S ou ataques do 11S foron unha serie de ataques suicidas coordinados, realizados nos Estados Unidos o 11 de setembro de 2001. Segundo o Informe oficial, 19 terroristas pertencentes á organización Al Qaida, dirixida por Osama bin Laden, secuestraron catro avións comerciais, e fixeron chocar dous avións coas Torres xemelgas do World Trade Center en Manhattan, Nova York; pouco despois as dúas torres viñéronse abaixo. O terceiro avión chocou contra o Pentágono, cuartel xeral de defensa dos Estados Unidos, en Arlington, Virxinia.
A literatura de viaxes consiste en libros de viaxe que son considerados como literatura por diversos; non constitúe unha categoría ou un xénero literario universalmente recoñecido. Trátase de textos que recollen os acontecementos, os sentimentos e as voces dunha viaxe realizada polo narrador, que pode ou non coincidir co autor empírico. Segundo a perspectiva crítica pode sosterse que a mera enumeración de feitos non constitúe per se literatura, pero esta non é unha postura universal.
A luz é unha radiación electromagnética visible polo ollo humano responsable do sentido da vista. A luz visible ten unha lonxitude de onda que vai dos 380 nanómetros aos 740 nm (entre a luz infravermella e a luz ultravioleta invisibles). Como onda electromagnética, a luz propágase en forma de dúas ondas: unha móvese polo campo eléctrico e outra polo magnético.
A National Portrait Gallery (en galego: Galería Nacional de Retratos) é un dos museos máis famosos de Londres. Non debe confundirse coa National Portrait Gallery de Washington, Estados Unidos. A súa colección está formada por retratos de personaxes destacados da historia; o edificio está construído xusto detrás da National Gallery.
Stanford Encyclopedia of Philosophy
A Enciclopedia de filosofía de Stanford (SEP) é unha enciclopedia de libre acceso en liña mantida pola Universidade Stanford. A enciclopedia desenvolveuse inicialmente con fondos públicos do NEH e do NSF. Un plan de recollida de fondos a longo prazo co fin de asegurar o libre acceso á enciclopedia está apoiado a nivel mundial por varias universidades e consorcios de bibliotecas. Ditas institucións contribúen baixo un plan formulado polo SEP en colaboración coa Scholarly Publishing and Academic Resources Coalition (SPARC), a International Coalition of Library Consortia (ICOLC) e a Southeastern Library Network (SOLINET), con fondos equiparados pola NEH. Cada entrada é escrita e mantida por un experto no tema, incluíndo a profesores de máis de 65 Institucións académicas arredor do mundo.
A Cinémathèque Française (en galego: "Cinemateca Francesa") é unha institución francesa con sede en París, fundada en 1936, que se dedica a coleccionar, conservar, restaurar e dar a coñecer o patrimonio cinematográfico mundial. Malia ser unha asociación privada, está financiada principalmente polo Estado Francés.
Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda
O Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda foi un estado que existiu entre o 1 de xaneiro de 1801 e o 12 de abril de 1927 nas Illas Británicas formado pola fusión do Reino de Gran Bretaña e o Reino de Irlanda coa sinatura da Lei de Unión de 1800. Despois da independencia de Irlanda, o 6 de decembro de 1922, cando o Tratado Angloirlandés de 1921 entrou en vigor, o nome oficial continuou en uso ata que foi cambiado polo de Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte mediante a Lei de Títulos Reais e Parlamentarios de 1927. A parte da illa de Irlanda que se separou do Reino Unido da Gran Bretaña e Irlanda en 1922 hoxe constitúe a República de Irlanda.
A Commonwealth de Massachusetts (en inglés, Commonwealth of Massachusetts) é un dos 50 estados dos Estados Unidos de América. Localízase ao nordés do país, a uns cantos quilómetros da fronteira co Canadá. Massachusetts é o sexto menor estado dos Estados Unidos pero, a pesar do seu pequeno tamaño, é o décimo terceiro en poboación.
Sven Olof Joachim Palme, nado en Estocolmo o 30 de xaneiro de 1927 e asasinado na mesma cidade o 28 de febreiro de 1986, foi un político sueco, líder do Partido Socialdemócrata de Suecia dende 1969. Foi Primeiro ministro de Suecia entre 1969 e 1976, e reelixido en 1982. Foi asasinado o 28 de febreiro de 1986 mentres aínda exercía o cargo de Primeiro ministro: disparoulle supostamente Stig Engström cando paseaba en compaña da súa esposa tras saír do cine, de ver o filme Bröderna Mozart.
Partitura é un documento manuscrito ou impreso que indica como debe interpretarse unha composición musical, mediante unha linguaxe propia formado por signos musicais e chamado sistema de notación. Como os seus análogos os libros, os folletos, etc., o medio da partitura xeralmente é o papel ou, en épocas anteriores, o pergamiño. Aínda que o acceso á notación musical nos últimos anos inclúe tamén a presentación en pantallas de ordenador.
The Wall Street Journal é un xornal estadounidense internacional en lingua inglesa, con énfase especial en noticias de negocios e economía. Publícase seis días á semana na cidade de Nova York por Dow Jones & Company, unha división de News Corp, xunto coas edicións asiáticas e europeas. Journal é o xornal en circulación máis grande dos Estados Unidos.
Cyberpunk: Edgerunners (サイバーパンク エッジランナーズ, Saibāpanku Ejjirannāzu) é unha serie de animación cyberpunk polaco-xaponesa de 2022. Está baseada no videoxogo Cyberpunk 2077 de CD Projekt Red. A serie foi animada por Studio Trigger baixo a supervisión de CD Projekt, e estreouse en Netflix en setembro de 2022.
Le nozze di Figaro é unha opera buffa en catro actos con música de Wolfgang Amadeus Mozart e libreto en italiano de Lorenzo da Ponte, baseado na obra de Pierre-Augustin de Beaumarchais, As vodas de Fígaro. Foi composta entre 1785 e 1786 e estreada en Viena o 1 de maio de 1786 baixo a batuta do propio compositor. Escrita en italiano, é considerada como unha das mellores creacións de Mozart e como unha das óperas máis importantes da historia da música.
Os taxicos (en persa: تاجيک: Tājīk, en taxico: Тоҷик) son un grupo étnico iraniano falante de persa orixinario de Afganistán, Taxiquistán e Uzbekistán. Os taxicos son o meirande grupo étnico de Taxiquistán, e o segundo grupo étnico de Afganistán, onde constitúen a metade da poboación global taxica. Falan diferentes variedades da lingua persa.
Addenda et corrigenda son morfoloxicamente xerundios (en latín: gerundivum 'relativo ao que debe levarse a cabo') en neutro plural, que equivalen respectivamente a o que debe engadirse ou corrixirse (cf. axenda). No mundo editorial, tan empregados ata non hai moito, significan apéndice, o primeiro, e fe de erratas, o segundo.
O retrato fotográfico é un xénero onde se reúnen toda unha serie de iniciativas artísticas que xiran en torno á idea de mostrar as calidades físicas ou morais das persoas que aparecen nas imaxes fotográficas. A súa práctica encóntrase xa nos inicios da fotografía onde destaca o labor realizado polos fotógrafos ambulantes, os fotógrafos comerciais dos estudios parisienses, os primeiros retratos psicolóxicos, o retrato popular presentado pola fotografía academicista, así como a obra documental de David Octavius Hill. Os representantes principais do retrato fotográfico nos seus inicios son Nadar, Disdéri, Julia Margaret Cameron, Lewis Carroll, Gustave Lle Gray, Etienne Carjat, Antoine Samuel Salomon, Pierre Petit ou Lady Clementine Hawarden.
Lakeshore Entertainment Group, LLC é unha empresa independente de produción de cinema estadounidense, antes tratábase de vendas e distribución internacionais, fundada en 1994 por Tom Rosenberg e Ted Tannebaum, ten a súa sede en Beverly Hills, en California. Lakeshore produciu máis de 60 películas, incluída a Premios Óscar galardonada Million Dollar Baby. Sigurjón Sighvatsson foi o primeiro presidente da compañía e exerceu de 1994 a 1998.
The Two Popes é un filme de 2019 dirixido por Fernando Meirelles e escrito por Anthony McCarten, adaptado a partir da obra de McCarten The Pope. Está protagonizado por Anthony Hopkins no papel do papa Bieito XVI e Jonathan Pryce como o cardeal Jorge Mario Bergoglio (máis tarde o papa Francisco).Estreouse no Festival de Cinema de Telluride o 31 de agosto de 2019. Tivo unha estrea limitada nos cinemas dos Estados Unidos o 27 de novembro de 2019 e no Reino Unido o 29 de novembro de 2019.
O Número de Mach ( M a {\displaystyle \mathrm {Ma} } or M {\displaystyle M} ) é a relación que existe entre a velocidade dun corpo que se despraza nun determinado medio e a velocidade do son nese fluído nas mesmas condicións físicas, en particular á mesma temperatura e presión. Recibe o nome do físico e filósofo austríaco Ernst Mach. Utilízase a miúdo para representar a velocidade dun obxecto que viaxa a velocidades próximas ou superiores á do son.
Suíza (en alemán: Die Schweiz, en francés: Suisse, en italiano: Svizzera, en romanche: Svizra) é un estado federal da Europa central, sen saída cara ao mar, mais con conexións a través do río Rin. Ten fronteiras ao norte con Alemaña, ao leste con Austria e Liechtenstein, ao sur con Italia e ao oeste con Francia. É tamén coñecida como a Confederación Suíza ou de xeito oficial, aínda que menos usual, Confoederatio Helvetica (en latín para Confederación Helvética).
AllMusic (anteriormente coñecido como All Music Guide ou AMG) é un sitio web propiedade da empresa RhythmOne dende abril de 2015, que está concibido como un servizo de guía musical para usuarios, fans e membros da industria musical. O seu creador foi Michael Erlewine e comezou a funcionar en 1991, aínda que a base de datos non estivo dispoñible en Internet ata 1994. Só está dispoñíbel en lingua inglesa.
Un mito (do grego μῦθος, mythos, conto) é a narración alegórica de fenómenos extraordinarios ou feitos inexplicables para os nosos devanceiros, protagonizada por personaxes fabulosos (deuses, semideuses, monstros) ou heroes. Nas comunidades antigas os mitos eran considerados como unha realidade vivida por diversos personaxes sobrenaturais.
Nintendo 3DS é unha videoconsola portátil producida pola multinacional Nintendo. O seu principal atractivo é a capacidade de mostrar gráficos en 3D sen a necesidade do uso de lentes ou calquera accesorio adicionais, grazas á autoestereoscopia A Nintendo 3DS presenta compatibilidade co software da Nintendo DS, incluíndo Nintendo DSi software. A compañía presentou oficialmente o aparello no ano 2010 no Electronic Entertainment Expo de 2010, levando videoconsolas de proba para os asistentes ao evento.
Joan Miró, nado en Barcelona o 20 de abril de 1893 e finado en Palma o 25 de decembro de 1983, foi un pintor, escultor e ceramista catalán, un dos máximos representantes do surrealismo. Na súa obra reflectiu o seu interese no subconsciente, no infantil e no seu país. Nun principio mostrou fortes influencias fauvistas, cubistas e expresionistas, pasando a unha pintura plana con certo aire naïf, como o é o seu coñecido cadro La masia do ano 1920.
O anarquismo é unha ideoloxía política, corrente filosófica e movemento social radical que chama á oposición e abolición de toda autoridade, xerarquía e forma de control social por consideralas non desexables, innecesarias e nocivas. Os tipos de autoridade rexeitados polos anarquistas inclúen os de tipo político (o Estado), económico (o capitalismo), relixioso (a Igrexa), cultural (o patriarcado), industrial (o especismo) ou calquera outra forma de opresión e explotación. Do mesmo xeito, os anarquistas pretenden abolir todo tipo de tratados ou normas impostas (é dicir, aquelas que sexan establecidas por imposición e sen a aprobación, mediante consenso, de todas as persoas), así coma as súas principais ferramentas de coerción e violencia, para conseguir acabar cos diversos tipos de dominación do ser humano polos seus conxéneres.
Clasificación Decimal Universal
A Clasificación Decimal Universal ou CDU é un sistema de clasificación do coñecemento que nace da necesidade de ordenar e catalogar as obras nas bibliotecas. Melvil Dewey, bibliotecario do Amherst College en Massachusetts, Estados Unidos, creou en 1876 o Sistema Dewey de clasificación. Este sistema foi adaptado por Paul Otlet e Henri A Fontaine e publicado por primeira vez en lingua francesa entre 1904 e 1907 co nome de Clasificación Decimal Universal.
La Sortie de l'usine Lumière à Lyon
La Sortie de l'usine Lumière à Lyon é un filme francés mudo en branco e negro dirixido e producido por Louis Lumière que foi estreado o 22 de marzo de 1895. A miúdo é referido como o primeiro filme da historia, a pesar de que Roundhay Garden Scene de Louis Le Prince é sete anos anterior, é dicir de 1888.
O gato ferruxento (Prionailurus rubiginosus) é un dos membros máis pequenos da familia dos gatos, que habita na India e Sri Lanka. En 2012, tamén foi rexistrado no oeste de Terai, no Nepal. Dende 2016, a súa poboación en estado salvaxe está categorizada como case ameazada segundo a Lista Vermella da IUCN, xa que está fragmentada e vese afectada pola perda e destrución do seu hábitat, a fraga caducifolia.
Wilhelm Reich, nado en Dobrzanica, Galicia (Imperio austrohúngaro) o 24 de marzo de 1897 e finado en Lewisburg (Pensilvania, EUA) o 3 de novembro de 1957, foi un inventor, postulador da teoría do orgón, médico, psiquiatra e psicanalista austríaco-estadounidense. Foi membro da Sociedade Psicanalítica de Viena, sendo inicialmente un discípulo de Freud, aínda que co tempo experimentou un cambio bastante apreciable en canto ás súas teorías sobre a psicanálise. Dos seus estudos de Freud, os puntos que máis lle interesaron foron o inconsciente, a neurose e a libido.
A Biblia é o libro que o cristianismo trata como inspirado directamente por Deus. A palabra vén do grego (lingua en que foi escrito o Novo Testamento) «τα βιβλία» tà biblía, ou sexa, os libros. O plural xustifícase, xa que a Biblia non é un libro soamente, senón unha biblioteca composta de 66 libros, sendo 39 pertencentes ao Antigo Testamento e 27 ao Novo Testamento.
Kathrin Romany "Kate" Beckinsale, nada o 26 de xullo de 1973 en Finsbury Park, Londres, é unha actriz inglesa. Despois dalgúns papeis menores en series de televisión, debutou no cine no filme Much Ado About Nothing (1993) mentres era estudante Universidade de Oxford. Logo apareceu en Prince of Jutland (1994), Cold Comfort Farm (1995), Emma (1996) e The Golden Bowl (2000), ademais de colaborar en producións de teatro e radio.
Deadpool é unha personaxe de banda deseñada, co verdadeiro nome de Wade Winston Wilson, caracterizado coma un mercenario ou antiheroe que aparece en historietas publicadas por Marvel Comics, orixinalmente na serie X-Men pero tamén nos últimos anos noutras series Marvel. Creado polo debuxante Rob Liefeld e o guionista Fabian Nicieza, Deadpool apareceu por primeira vez en The New Mutants nº 98, en febreiro de 1991. Deadpool é un mercenario que usa alta tecnoloxía e que como Wolverine, é un produto de Weapon X, un programa paramilitar clandestino que realizou o goberno canadense.
O acento é unha forma de articulación da voz ao falar mediante a cal se destaca unha sílaba dunha palabra respecto das demais. É importante non confundir o acento que aquí se describe co signo gráfico que se coloca sobre unha letra en moitos idiomas. En realidade estes signos denomínanse acentos gráficos, e colócanse para identificarmos a sílaba que se acentúa, son acentuacións.
Venecia (en italiano: Venezia, en véneto: Venexia) é unha cidade e comuna italiana, capital da rexión do Véneto e da provincia de Venecia, situada no nordeste da península itálica. A cidade, con 270.516 habitantes (a 31 de xullo de 2010), é coñecida pola súa historia, canais, museos e monumentos, así como pola súa industria. Xunto con Padua, forma a área metropolitana de Padua-Venecia cunha poboación de 1.600.000 habitantes.
O Reino de Inglaterra foi un estado soberano e país insular, situado o noroeste dá Europa continental, que existiu desde a caída do Imperio Romano (927) e os seus asentamentos na Britania Romana ata a súa fusión co Reino de Escocia (1707) creando así o Reino de Gran Bretaña. No seu cénit, o Reino de Inglaterra formábano as dúas terceiras partes do sur da illa de Gran Bretaña (incluíndo País de Gales) e varias illas pequenas periféricas, que é hoxe a unidade legal de Inglaterra e País de Gales. Inglaterra como un estado de nación comezou entre o século IX ou o século X, pero amplamente remonta as súas orixes á invasión anglosaxoa de Gran Bretaña e a Heptarquía anglosaxoa dos pequenos estados que a seguiron e en última instancia unificaron.
Un ficheiro ou arquivo informático é un conxunto de información que se almacena nalgún medio de escritura que permita ser lido ou accedido por unha computadora. Un arquivo é identificado por un nome e a descrición do cartafol ou directorio que o contén. Os arquivos informáticos chámanse así porque son os equivalentes dixitais dos arquivos en cartóns, papel ou microfichas da contorna de oficina tradicional.
As caprifoliáceas (Caprifoliaceae) son unha familia de plantas dicotiledóneas arbustivas, de follas opostas, flores hermafroditas e froito en drupa ou baga, pertencente á orde Dipsacales. A esta familia pertencen rubideiras como o cadrifollo e todas as demais madreselvas, por isto tamén se coñece como a familia das madreselvas. Este clado agrupa unhas 380 especies, en 10 xéneros, cunha extensa área de distribución; centros de diversidade atópanse no Leste de América do Norte e Leste de Asia, mentres que se atopan ausentes no África tropical e no Sur deste continente.
Camillo-Guarino Guarini (7 de xaneiro, 1624 - 1683) foi un sacerdote, matemático, escritor e arquitecto. Nacido en Módena, estudou matemáticas, foi profesor de literatura e filosofía en Mesina e arquitecto do duque Filiberto de Savoia, escribiu libros de matemáticas en latín e italiano e o seu Euclides adauctus foi unha das primeiras obras de xeometría descritiva. Realizou a súa actividade arquitectónica en Turín inspirada na obra de Francesco Borromini, de quen procede o sentido ondulante das estruturas e elemementos, o carácter determinante do espazo, creando ámbitos con maior fantasía e variedade formal.
A Galería Nacional de Arte (en inglés: National Gallery of Art ou NGA) é un museo de arte, que se atopa no National Mall de Washington, D.C. O museo fundouse en 1937 por unha acta do Congreso dos Estados Unidos, con fondos para a construción e unha substanciosa colección de arte de Andrew W. Mellon. Samuel H. Kress contribuíu á colección orixinal de arte italiana. Fito clave nos comezos do museo foi a compra dun lote de cadros do Ermitage, que o goberno soviético accedeu a vender para obter divisas.
Metal Gear Solid é a terceira entrega da serie de videoxogos Metal Gear creada por Hideo Kojima. As primeiras entregas foron lanzadas primeiro para NES e MSX, e a seguinte para PSX e PC. Tamén dispoñible para PS3 (na Store Xaponesa). No Metal Gear Solid 4 apareceu un mapa orixinal do Metal Gear Solid.
Jennifer Lynn Lopez, nada en Nova York o 24 de xullo de 1969, é unha bailarina, cantante e actriz estadounidense de orixe portorriqueña. En 1986 realizou un pequeno papel na película My Little Girl, traballou a continuación como bailarina en diversos vídeos musicais de rap e cos New Kids on the Block e Janet Jackson. Como actriz o seu primeiro papel relevante foi na serie South Central en 1994 e na gran pantalla en My Family en 1995.
Fight Club é un filme estadounidense de 1999 baseado na novela homónima de 1996 escrita por Chuck Palahniuk, dirixido por David Fincher con Brad Pitt, Edward Norton e Helena Bonham Carter coma protagonistas. Norton representa o protagonista sen nome, ó que se fai referencia como Narrador, un home insatisfeito co seu traballo de oficina e con problemas de insomnio que forma un "club da loita" co fabricante de xabón Tyler Durden, representado por Pitt, ó que se unen outros homes que queren loitar entre eles por diversión. O Narrador vese envolto nunha complicada relación con Durden e con Marla Singer, representada por Bonham Carter, mentres que o club evoluciona cara a unha organización anticapitalista que leva a cabo un ataque terrorista.
O bolero é un ritmo que mestura as raíces españolas coas influencias locais de varios países hispanoamericanos. Xurdiu no Caribe, mais sufriu modificacións, especialmente desenvolvendo temas máis románticos e un ritmo mais devagar. Ten tradición en Cuba, Porto Rico, a República Dominicana, Colombia, Ecuador, México, o Perú, Venezuela, o Uruguai, a Arxentina e o Brasil.
Titanfall é un videoxogo multixogador de tirador en primeira persoa desenvolvido por Respawn Entertainment e publicado por Electronic Arts. Foi lanzado para Microsoft Windows e Xbox One o 11 de marzo de 2014. Unha versión para Xbox 360 foi adaptada por Bluepoint Games e foi estreado o 8 de abril de 2014.
O título deste artigo amósase incorrectamente debido a limitacións técnicas. O título correcto é C#.C# (pronunciado "si xarp" en inglés, ou C díese) é unha linguaxe de programación orientada a obxectos desenvolvido e estandarizado por Microsoft como parte da súa plataforma .NET, que despois foi aprobado como un estándar pola ECMA e ISO. A súa sintaxe básica deriva de C/C++ e utiliza o modelo de obxectos da plataforma .NET o cal é similar ao de Java aínda que inclúe melloras derivadas doutras linguaxes (máis notablemente de Delphi e Java). C# foi deseñado para combinar o control de linguaxes de baixo nivel como C e a velocidade de programación de linguaxes de alto nivel como Visual Basic.
Louis Vuitton Malletier, fundada en 1854 por Louis Vuitton, é unha empresa francesa de marroquinería de luxo especializada en artigos de viaxe, que vende a través de boutiques independentes, departamentos en almacéns de alta gama e a través da súa páxina web. Dende a entrada de Marc Jacobs na compañía, posúe tamén coleccións de prêt-à-porter e complementos de luxo. En 2017, a súa valoración de marca foi de 29 242 millóns de USD, o que fai que sexa a marca de luxo mais valiosa do mundo segundo a clasificación de BrandZ. É o principal patrocinador da Copa América.
Instagram é unha rede social e aplicación para partillar fotos e vídeos. Permite aos usuarios aplicar efectos fotográficos como filtros, marcos, cores retro e vintage, e posteriormente partillalas en diferentes redes sociais como Facebook, Tumblr, Flickr, Twitter ou Vkontakte. Unha característica distintiva da aplicación é que da unha forma cadrada ás fotrografías en honor á Kodak Instamatic e as cámaras Polaroid, contrastando coa relación de aspecto 16:9 que na actualidade usan a maioría das cámaras dos teléfonos móbiles.
O portugués é unha lingua romance nada na alta Idade Media na Gallaecia, que agora é Galiza e o norte de Portugal. Estendeuse polo mundo nos séculos XV e XVI, na época en que Portugal fundou un imperio colonial, incluíndo o Brasil en Suramérica, Goa na India e Macau na China. Daquela xurdiron tamén varias linguas crioulas baseadas no portugués, sobre todo en África, Asia e o Caribe.
Un signo (do latín "signum", á súa vez do grego "σημειόν") é unha entidade que ten o significado doutra entidade, sendo a partícula máis pequerrecha no ámbito da expresión. Deste xeito, non obstante, trátase dun elemento complexo que leva consigo unha información significativa, así como da parte máis importante dunha mensaxe que chega aos nosos sentidos a través do sentido da vista ou o oído. Un signo natural é unha entidade que posúe unha relación casual coa entidade significante, como un relampo como signo de tormenta.
Sesame Street é un programa infantil de televisión estadounidense dirixido a nenos en idade preescolar, coñecido pola combinación de educación e entretemento, empregando uns monicreques coñecidos como the Muppets creados por Jim Henson, a animación, as curtas, o humor, e a utilización de referencias culturais. En Galicia emitiuse desde 1979 e durante os anos oitenta do século XX en castelán e en Televisión Española cunha versión española chamada Barrio Sésamo. Na versión española, ademais dos monicreques internacionais: Big Bird (Caponata), Ernie and Bert (Epi e Blas), Elmo, Grover (Coco), Cookie Monster (Triqui ou Monstro das Galletas), Kermit the Frog (a Ra Gustavo), e Count von Count (o Conde) apareceron personaxes nacionais que acadaron gran sona, uns humanos e dous monicreques: O ourizo Espinete e o papagaio Don Pimpón.