Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
O búlgaro (български език, bǎlgarski ezik) é unha lingua indoeuropea, pertencente á familia das linguas eslavas meridionais das linguas eslavas. O búlgaro posúe grandes innovacións lingüísticas que a manteñen afastada doutras linguas eslavas. A lingua búlgara está moi relacionada coa lingua macedonia, xeralmente recoñecida como unha lingua distinta, aínda que prevalece a opinión en Bulgaria, e en Grecia, xunto a opinión de lingüistas internacionais, de que as dúas linguas son variantes do mesmo diasistema.
Xogos Olímpicos da Antigüidade
Os Xogos Olímpicos da Antigüidade eran un festival relixioso e atlético da Grecia Antiga, que se realizaba de catro en catro anos no santuario de Olimpia, en honra de Zeus. A data tradicional atribuída á primeira edición dos Xogos Olímpicos é -776. Os Xogos Olímpicos eran os máis importantes xogos panhelénicos, tendo sido prohibidos polo emperador cristián Teodosio I en 393, por seren unha manifestación de rituais do paganismo.
Instagram é unha rede social e aplicación para partillar fotos e vídeos. Permite aos usuarios aplicar efectos fotográficos como filtros, marcos, cores retro e vintage, e posteriormente partillalas en diferentes redes sociais como Facebook, Tumblr, Flickr, Twitter ou Vkontakte. Unha característica distintiva da aplicación é que da unha forma cadrada ás fotrografías en honor á Kodak Instamatic e as cámaras Polaroid, contrastando coa relación de aspecto 16:9 que na actualidade usan a maioría das cámaras dos teléfonos móbiles.
Os eucariontes son os organismos con células que conteñen un núcleo e outros orgánulos rodeados de membranas. Os eucariontes pertencen ao dominio Eukarya ou Eukaryota. A característica que os distingue dos procariotas (as bacterias e as arqueas) é a posibilidade de que teñan orgánulos rodeados de membrana, especialmente un núcleo celular e que contén o material xenético rodeado dunha membrana nuclear.
A dialéctica --do grego διαλεκτική (dialektik?), τέχνη (tékhnē), literalmente: técnica da conversación; con igual significado, en latín (ars) dialectica—é unha rama da filosofía cuxo ámbito e alcance variou significativamente ao longo da historia. Orixinariamente designaba un método de conversación ou argumentación análogo ao que actualmente se chama lóxica. No século XVIII o termo adquiriu un novo significado: a teoría dos contrapostos nas cousas ou nos conceptos, así como a detección e superación destes contrapostos.
Terence Francis Eagleton, nado o 22 de febreiro de 1943 en Salford (Gran Manchester), é un crítico literario inglés. Eagleton traballa dende 2008 coma catedrático de literatura inglesa na Universidade de Lancaster e coma profesor visitante na Universidade Nacional de Irlanda, en Galway. Anteriormente ocupou a cátedra Thomas Warton de literatura inglesa na Universidade de Oxford (1992-2001) e a John Edward Taylor na Universidade de Manchester ata 2008.
Linda Evangelista, nada en Saint Catharines (Ontario) o 10 de maio de 1965, é unha modelo canadense. Foi unha das principais protagonistas do mundo da moda a finais dos anos 80 e durante os 90 xunto a Claudia Schiffer, Cindy Crawford, Elle McPherson e Naomi Campbell entre outras. Foi descuberta como modelo con 12 anos de idade, despois de gañar o concurso de Miss Niágara.
Tráfico de vehículos automóbiles
O tráfico de vehículos automóbiles, ou tránsito de vehículos automóbiles, ou circulación de vehículos automóbiles ou, máis frecuentemente, simplemente tráfico, é o fenómeno causado pola utilización das vías (sexan rúas, estradas ou autoestradas) por vehículos, sexan automóbiles (coches, autobúses, camións. motos, bicicletas) e tamén por vehículos de tracción animal e peóns, para fins de circulación (para os estudos de tráfico, cómpre tamén considerar as paradas de autobús).Os gobernos dos distintos países ditan leis que rexen o tráfico e regulamentan os vehículos, e leis de circulación que regulan o tráfico para facilitar e ordenar o fluxo dos vehículos (en España, a Ley sobre tráfico, circulación de vehículos a motor y seguridad vial e o Reglamento General de Circulación).
O Aconcagua é o pico máis alto do cordal dos Andes e por tanto de América do Sur, de toda América e o pico máis alto fóra de Asia, cunha altitude de 6.960,8 metros. Está situado na provincia arxentina de Mendoza. Ó norte e ó leste limita co Val das Vacas e ó sur e ó oeste co Val dos Horcones inferior.
Os símbolos monetarios son signos tipográficos ou abreviaturas empregados para representar moedas, e varían dunha divisa a outra. Moitos destes símbolos non aparecen no teclado ou son difíciles de introducir nun texto, polo que en ocasións emprégase no seu lugar o símbolo ¤, que representa unha moeda calquera.
Tel Arad é un sitio arqueolóxico próximo á moderna Arad, no deserto israelí do Neguev. Dividida en dúas partes diferencidas, a zona baixa primeiro habitada durante o calcolítico (-4000), e na que as escavacións descubriron un asentamento cananita da Idade de Bronce que estivo habitado ata -2650. Deshabitado durante 1500 anos, no século -XI formouse na zona alta un asentamento israelí.
Un parque nacional é, no marco lexislativo español, un espazo natural declarado como parque por estar pouco transformado pola explotación ou pola ocupación humana e que, en razón á beleza das súas paisaxes, a representatividade dos seus ecosistemas ou a singularidade da súa flora, da súa fauna ou das súas formacións xeomorfolóxicas, posúe uns valores ecolóxicos, estéticos, educativos e científicos, co cal a súa conservación merece unha atención preferente. Poden ser marítimos ou terrestres, e encontrarse na montaña, no mar, no deserto ou en calquera outro espazo definido xeograficamente. O único parque nacional galego é o Parque Nacional das Illas Atlánticas.
O quilogramo (comunmente quilo cando se usa para quilogramo-forza) é a unidade básica de masa do SI e o seu padrón, que se conserva na Oficina Internacional de Pesos e Medidas. O seu símbolo é kg. Un quilogramo equivale a 1000 gramos pero, dado que no SI é a unidade fundamental de masa, non debe ser considerado como derivado do gramo.
Ambroise Vollard, nado en Saint-Denis (Reunión) o 3 de xullo de 1866 e finado en París o 22 de xullo de 1939, foi un tratante de pintura e galerista francés. Foi unha figura clave das vangardas e axudou a descubir a varios artistas como Paul Cézanne, Paul Gauguin, Vincent van Gogh, Henri Matisse, Pablo Picasso, dos que, en moitas ocasións foi amigo persoal.
Un actor de voz é unha persoa que proporciona a súa voz para calquera soporte audiovisual: videoxogos, atraccións, series radiofónicas, series de televisión, stop motion, animacións (como debuxos animados, filmes e curtas animados), publicidades de televisión e radio. Cando fai falla cantar nun papel dado, ás veces contrátase un segundo actor de voz para as cancións. Un actor de voz non necesariamente ten que ser un actor de dobraxe.
En epistemoloxía un axioma é unha "verdade evidente" que non admite demostración, mediante a intuición racional; sobre a cal descansa o resto do coñecemento ou sobre a cal constrúense outros coñecementos. Non todos os epistemólogos están de acordo en que os axiomas existan dese xeito. En matemáticas un axioma non é necesariamente unha verdade evidente, senón unha expresión lóxica utilizada nunha dedución para chegar a unha conclusión.
Parque Nacional das Grandes Montañas Fumegantes
O Parque Nacional das Grandes Montañas Fumegantes[Cómpre referencia] (en inglés: Great Smoky Mountains National Park) é un parque nacional e un lugar Patrimonio da Humanidade pola UNESCO que se estende ó longo das Grandes Montañas Fumegantes, parte das Montañas Blue Ridge, que é unha división da cadea montañosa dos Apalaches. É a fronteira entre Tennessee e Carolina do Norte e discorre dende o nordeste até o suroeste. É o parque nacional máis visitado dos Estados Unidos de América con máis de 11,3 millóns de visitantes no ano 2016.
Universidade de Carolina do Norte en Chapel Hill
A Universidade de Carolina do Norte en Chapel Hill (en inglés: Universidade de Carolina do Norte en Chapel Hill), tamén coñecida como UNC polas súas siglas en inglés, ou sinxelamente Carolina, é unha universidade pública con sede en Chapel Hill, Carolina do Norte, nos Estados Unidos. Fundada en 1789, a universidade comezou a matricular estudantes en 1795, o que tamén a converte nunha das tres institucións que reclaman o título de ser a universidade pública máis antiga dos Estados Unidos, xunto con Xeorxia e William and Mary. Carolina do Norte é unha das oito universidades Public Ivy.
La Pianiste é un filme franco-austríaco do ano 2001 dirixido por Michael Haneke e protagonizado por Isabelle Huppert e Benoît Magimel. O guión, escrito polo propio Haneke, é unha adaptación da novela do mesmo nome de Elfriede Jelinek, gañadora do Premio Nobel de Literatura no ano 2004. Foi estreada o 14 de maio de 2001 no Festival de Cine de Cannes, onde conseguiu o Gran Premio do Xurado e a súa parella protagonista levou dous premios á mellor interpretación.
Vila-real é unha cidade e concello da provincia de Castelló, na Comunidade Valenciana, na comarca da Plana Baixa. O censo de 2011 asignáballe 51.357 habitantes. É a décimo cuarta poboación valenciana por número de habitantes e a terceira ao norte da Área Metropolitana de Valencia, só superada por Castelló e Sagunt.
Enténdese por metro cadrado a superficie que ocupa un cadrado que mide un metro de cada lado. Representado co símbolo m² é a unidade básica do Sistema Internacional de Unidades para a superficie, sendo derivada da unidade básica metro.En agrimensura, utilízanse algunhas unidades derivadas do metro cadrado, como a área (equivalente a 100 metros cadrados, 1 decámetro cadrado) e a hectárea (equivalente a 10.000 metros cadrados, 1 hectómetro cadrado). De aquí sae a sinonimia entre centiárea e metro cadrado, que son o mesmo.
O finés é, xunto co estoniano e o húngaro, unha das principais linguas discordantes dentro do monótono panorama indoeuropeo do vello continente. Emparentada fortemente co estoniano e distribuída fundamentalmente en Finlandia, a súa norma estándar baséase principalmente nas variantes xeográficas meridionais, pois antigamente tomábase como referencia a lingua da capital daquela, Turku. Con fortes contactos e influencias do sueco, o rexurdimento da lingua é recente e deuse a raíz da publicación do Kalevala.
Parque Nacional da Reunión (francés: Parc national de La Reunion) é un Parque Nacional de Francia situado na illa de Reunión, un departamento de ultramar no oeste do Océano Índico. Establecido o 5 de marzo de 2007, o parque protexe os ecosistemas endémicos de Les Hauts, o interior montañoso da Reunión, e cobre ao redor do 42% da illa. As especies endémicas notables inclúen o Cuco da Reunión e o Gueco do día da Illa da Reunión.
Wikipedia en xaponés (en xaponés: ウィキペディア日本語版; Wikipedia Nihongo-ban) é a edición xaponesa de Wikipedia, unha enciclopedia libre e aberta. Esta edición é a oitava máis grande despois da Wikipedia en inglés, alemán, francés, polaco, italiano, español e ruso. Comezou en marzo de 2001, e esta versión da enciclopedia contén 1.356.414 artigos e 2.017.247 usuarios, dos cales 14.371 son activos.
Unha alfaia ou xoia consiste nunha peza ornamental levada no corpo, que xeralmente se fabrica con pedras e metais preciosos, aínda que tamén se pode empregar materiais de menor valor. De feito, practicamente calquera tipo de material utilizouse para fabricar xoias. Entre os artigos de xoiaría cabe mencionar os brazaletes, colares, aneis, pendentes, así como ornamentos para o cabelo, entre outros.
Évariste Galois, nado o 25 de outubro de 1811 e finado o 31 de maio de 1832, foi un matemático francés. Mentres aínda era un adolescente, foi capaz de determinar a condición necesaria e suficiente para que un polinomio sexa resolto por radicais, dando unha solución a un problema que permanecera sen resolver. O seu traballo ofreceu as bases fundamentais para a teoría que leva o seu nome, unha rama principal da álxebra abstracta.
Na mitoloxía grega, as Horas (en grego Ὧραι; en latín, Horae) eran fillas de Zeus e Temis e representaban ás estacións do ano. Os seus nomes eran Talo (retoño), Auxo (crecemento) e Carpo (froita), aínda que tamén foron coñecidas como Irene (paz), Eunomia (orde) e Dice (xustiza). Desenvolvían funcións secundarias dentro da xerarquía dos deuses.
Un restaurante é un establecemento onde se elaboran e serven comidas preparadas, para o seu consumo no mesmo establecemento, a cambio do pago do servizo polos clientes. Pode tratarse dun local permanente ou temporal e admite distintas formas de organización, con ou sen servizo ós clientes. Cobre unha gran variedade de modalidades de servizo e tipos de cociña.
O grao militar ou rango militar, tamén chamado simplemente grao, ou rango é un sistema xerárquico para estabelecer a escala de mando que se usa en forzas armadas, forzas policiais e outras organizacións armadas ou uniformadas. Os rangos represéntanse de forma visual mediante divisas/insignias e galóns no uniforme, normalmente mediante pezas de tea cosidas aos ombreiros, as mangas ou o peito. O uso de rangos nas forzas armadas é practicamente universal.
A Corporación Espacial Estatal "Roscosmos" (ruso: Государственная корпорация по космической деятельности «Роскосмос»), coñecida de xeito sinxelo como Roscosmos (ruso: Роскосмос), é unha empresa estatal da Federación Rusa responsable dos voos espaciais, incluíndo o programa de cosmonáutica e a investigación aerospacial.
Os identificadores son aqueles determinantes que fan referencia a unha realidade indicando de cal se trata (identificadores simples: a, cada, un, calquera...) e establecen unha relación de igualdade ou diferenza de identidade ou grupo (identificadores reforzados: propio, outros,...). Polas súas características, están opostos ó pronome persoal, demostrativo, posesivo, relativo, interrogativo, exclamativo e cuantificadores.
A cor dos ollos é un carácter fenotípico polixénico, é dicir, no que interveñen varios xenes, e que está determinado por dous factores: a pigmentación do iris do ollo e a dispersión da luz causada pola turbidez do medio no estroma do iris.Nos humanos, a pigmentación do iris varía do castaño claro ao castaño moi escuro case negro, dependendo de tres cousas: a concentración de melanina no epitelio pigmentario do iris (localizado na parte posterior do iris), o contido de melanina do estroma do iris (situado na parte anterior do iris), e a densidade celular do estroma. O aspecto dos ollos azuis, verdes, e abelás débese á dispersión de Rayleigh da luz no estroma, un fenómeno similar ao que orixina que o ceo do noso planeta sexa azul. No ollo humano non hai pigmentos azuis nin verdes.
Terminator 3: A rebelión das máquinas
Terminator 3: A rebelión das máquinas (en inglés: Terminator 3: Rise of the Machines) é un filme de acción estadounidense dirixido por Jonathan Mostow que foi estreado no 2003. Estreouse en galego na TVG o 20 de abril de 2011.
Comisión Electrotécnica Internacional
IEC ou CEI (en inglés IEC, International Electrotechnical Commission ou en francés CEI, Commission électrotechnique internationale) é unha organización internacional de normalización eléctrica e electrónica con sede en Xenebra e complementaria con ISO.
O palacio de Versalles ou castelo de Versalles (en francés: Château de Versailles) é un palacio real localizado na cidade de Versalles, unha aldea rural na época de súa construción, e hoxe en día un suburbio de París. A súa construción foi ordenada polo rei Luis XIV, e constitúe un dos complexos arquitectónicos monárquicos máis importantes de Europa. Con preto de 10 millóns de visitantes ao ano, é tamén un dos sitios turísticos máis importantes de Francia.
Naruto: Shippūden (Traducido como: Crónicas do Furacán) é o nome con que se coñece á segunda parte da historia de Naruto, o manga de Masashi Kishimoto. Esta denominación é a que se adoptou no anime, e equivale á segunda parte do manga. O seguinte texto que está abaixo é o argumento de cada manga pero non esta dividido de acordo ao modo no que o manga avanza.
A US Patriot Act ("Lei Patriota" en inglés), é un texto legal estadounidense promulgado o 26 de outubro do 2001. Foi aprobada por maioría tanto pola Cámara de Representantes como polo Senado estadounidense despois dos atentados do 11 de setembro de 2001. O obxectivo desta lei é ampliar a capacidade de control do Estado sobre a cidadanía co gallo de combater o terrorismo, mellorando a capacidade das distintas axencias federais de seguridade estadounidenses ó coordinalas e dotalas de maiores poderes de vixilancia contra os delitos de terrorismo.
O Perú (en quechua e Arequipa Piruw), oficialmente a República del Perú; é un país de Suramérica, limitado ao norte por Ecuador e por Colombia; ao leste polo Brasil, Bolivia e Chile; e ao sur e oeste polo océano Pacífico.Posúe unha complexa xeografía dominada principalmente polas elevacións da cordilleira dos Andes e as correntes do Pacífico, que lle configura climas e paisaxes variadas como a costa desértica, a puna dos altos Andes ou a selva tropical da conca amazónica. No seu territorio existiu unha das culturas máis antigas que se coñece de América, a civilización de Caral (XII milenio a. C.) No século XVI, o Imperio Inca foi anexionado polos conquistadores españois con apoio de etnias contra o dominio inca.
Unha convención constitucional é un encontro político, que ten como obxectivo redactar unha constitución nova ou revisar unha xa existente. Realízase unha convención constitucional xeneral para crear a primeira constitución dunha entidade política ou para substituír unha preexistente, mentres que unha convención constitucional limitada realízase para revisar unha constitución xa existente.
A viaxe de Chihiro (título orixinal en xaponés: 千と千尋の神隠し; Sen to Chihiro no kamikakushi) é un filme de animación xaponés escrito e dirixido por Hayao Miyazaki no 2001 e producido por Studio Ghibli. O filme conta a historia de Chihiro Ogino, unha cativa de dez anos que está a mudar de fogar cos seus pais, e que accidentalmente quedan presos nun misterioso mundo de espíritos e deuses.
Soñan os androides con ovellas eléctricas?
Soñan os androides con ovellas eléctricas? (en inglés: Do Androids Dream of Electric Sheep?; retitulado como Blade Runner: Do Androids Dream of Electric Sheep? nalgunhas edicións) é unha novela de ciencia ficción do escritor estadounidense Philip K. Dick, publicada por vez primeira en 1968.
O International Cricket Council (do inglés: Consello Internacional de Crícket), universalmente coñecido polo seu acrónimo ICC, é o organismo mundial reitor do crícket. Fundouse o en 1909 co nome de Imperial Cricket Conference (Conferencia Imperial de Crícket) con representantes de Australia, Inglaterra e Suráfrica. En 1965 mudou o nome a International Cricket Conference (Conferencia Internacional de Crícket) e en 1987 adoptou o seu actual nome.
A lonxitude é un concepto métrico definible para entidades xeométricas sobre a que se definiu unha distancia. Máis concretamente, dado un segmento, curva ou liña fina, pódese definir a súa lonxitude a partir da noción de distancia. Con todo, non debe confundirse lonxitude con distancia, xa que para unha curva xeral (non para un segmento recto) a distancia entre dous puntos calquera da mesma é sempre inferior á lonxitude da curva comprendida entre eses dous puntos.
Orzamento ou presuposto é o cálculo por anticipado dos custos que implicaría unha determinada obra, servizo ou calquera outra actividade económica. A elaboración dun orzamento permita ás empresas, os gobernos, as organizacións privadas ou mesmo ás familias establecer prioridades e avaliar a consecución dos seus obxectivos. Para alcanzar estes fins, pode chegar a ser preciso incorrer en déficit, isto é, que os gastos superen aos ingresos, ou pola contra, ser posíbel aforrar, de xeito que o orzamento presentará un superávit (os ingresos son maiores que os gastos).
En teoría de conxuntos, o axioma da escolla é un axioma que postula que para cada familia de conxuntos non baleiros, existe outro conxunto que contén un elemento de cada un daqueles. De maneira informal, afirma que dada unha colección de «caixas» con obxectos dentro delas, é posible escoller un obxecto de cada caixa. Que este procedemento se pode levar a cabo é trivialmente certo sempre que dita familia sexa finita, ou cando existe unha regra ben determinada que permite «escoller» un único elemento de cada conxunto dela.
Imprimatur ("Que se imprima", en latín) é unha aprobación por parte da xerarquía da Igrexa católica segundo a cal unha obra literaria ou semellante está libre de erros en materia de doutrina e moral e é polo tanto aceptábel para ser impresa e lida polos católicos. O imprimatur é de maior importancia nas obras que tratan da teoloxía e doutrina católicas e introduciuse como medida para reducir a exposición, especialmente dos leigos, á herexía. A presenza do imprimatur foi en tempos un asunto da maior preocupación para moitos católicos.
Os Arizona Diamondbacks son un equipo profesional estadounidense de béisbol con sede na cidade de Phoenix (Arizona). O club compite na Major League Baseball (MLB) como membro da Divisón Oeste da National League (NL). O campo onde xogan os seus partidos como local é o Chase Field, recinto con capacidade para 48.519 espectadores.
Unha soprano coloratura (en italiano soprano d'agilitá e en alemán Koloratursopran) é un tipo de voz de soprano especializada en música con pasaxes rápidos e saltos áxiles, nun estilo ornamentado ou con embelecementos elaborados, incluídas as pasaxes rápidas de escalas e os trilos, sexan escritas ou improvisadas. O termo coloratura refírese ás elaboradas ornamentacións dunha melodía, que é un compoñente típico da música escrita para esta voz. Dentro da categoría coloratura, existen roles escritos especificamente para voces lixeiras coñecidas como soprano lírica de coloratura e outros para voces grandes coñecidas como soprano dramática de coloratura, así como outros roles que poden ser cantados por calquera das dúas.
Os videoxogos de plataformas son un xénero de videoxogos que se caracterizan por ter que camiñar, correr, saltar ou escalar sobre unha serie de plataformas e cantís, con inimigos, mentres se recollen obxectos para poder completar o xogo. Este tipo de videoxogos adoitan usar vistas de desprazamento horizontal cara á esquerda ou cara á dereita. É un xénero moi popular de videoxogos, xurdido a comezo da década de 1980 e que segue mantendo bastante popularidade na actualidade.
O Mary Celeste foi un bergantín mercante norteamericano que se encontrou ao garete e sen tripulación no océano Atlántico a 400 millas náuticas dos Azores o 4 de decembro de 1872. Atopouno o bergantín canadense Dei Gratia en condicións de navegar, aínda que desantendido, coas velas parcialmente izadas e sen o seu bote salvavidas. A derradeira anotación do seu caderno de bitácora era de dez días antes.
O Google Arts & Culture é un sitio web que presenta unha recompilación de imaxes en alta resolución de obras de arte expostas en varios museos do mundo, así como un percorrido virtual polas galerías nas que se atopan. O proxecto foi posto en servizo por Google o 1 de febreiro de 2011 con 1061 obras de dezasete museos, entre os que se atopan o Tate Britain de Londres, o Museo Metropolitano de Arte de Nova York, e a Galería Uffizi de Florencia.
A Academia Francesa (en francés: Académie française) é unha institución encargada de regular e perfeccionar a lingua francesa. Foi fundada en 1635 polo cardeal Richelieu, durante o reinado de Luís XIII de Francia, feito que a converte nunha das máis antigas institucións do país galo. Está composta por un total de corenta membros, que son elixidos polos seus iguais.
Juliette Binoche, nada o 9 de marzo de 1964 en París, é unha actriz, artista e bailarina francesa. Ó longo da súa carreira como actriz, actuou en máis de 40 filmes, recibindo numerosos premios internacionais. Procendente dunha familia de artistas, comezou a recibir clases de interpretación durante a adolescencia.
Un planetoide ou planeta menor é unha clasificación, no presente en desuso, que até 2006 abranguía os corpos do Sistema Solar que, non sendo satélites nin cometas, resultaban ser máis pequenos que os planetas «tradicionais» pero meirandes que os meteoroides, comunmente definidos cun tamaño máximo de 10 metros.