Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Andorra, oficialmente Principado de Andorra (en catalán: Principat d'Andorra), é un estado soberano sen saída ao mar, situado nos Pireneos entre España e Francia, limitando coa comunidade autónoma de Cataluña ao sur e cos departamentos franceses de Pireneos Orientais e Ariège ao norte. O Principado de Andorra é o sexto país máis pequeno de Europa cunha superficie de 468 km² e unha poboación estimada de 88.815 habitantes en 2009.. A súa capital é Andorra la Vella e a súa lingua oficial o catalán, aínda que tamén se falan de xeito común o castelán, o francés e o portugués.
Tribunal Supremo dos Estados Unidos de América
O Tribunal Supremo dos Estados Unidos (en inglés, Supreme Court of the United States), é o tribunal máis alto existente nos Estados Unidos de América. Como tal, o Tribunal é a cabeza do Poder Xudicial dos Estados Unidos. O Tribunal está formado por un Xuíz Presidente (Chief Justice) e oito Xuíces Asociados (Associate Justices), que son nomeados polo presidente dos Estados Unidos e confirmados co "consello e consentimento" do Senado dos Estados Unidos.
Halo: Combat Evolved (tamén coñecido como Halo: CE, Halo 1, ou sinxelamente Halo), é un videoxogo en primeira persoa creado por Bungie e publicado por Microsoft Game Studios. É o primeiro xogo da franquía, foi lanzado ó mercado o 15 de novembro de 2001 para a consola Xbox, e ten vendido máis de cinco millóns de copias en todo o mundo. Microsoft lanzou versións do xogo para Microsoft Windows (creada por Gearbox Software) e Mac OS X en 2003, e a historia foi adaptada e elaborada nunha serie de novelas e bandas deseñadas.
O castro de Santa Trega é un castro galaico e un sitio arqueolóxico que se atopa no contorno do monte de Santa Trega. Pertencente á cultura castrexa e o máis emblemático e visitado dos castros galegos. Foi declarado Monumento Histórico Artístico Nacional no ano 1931 e tamén ten a consideración de Ben de Interese Cultural.
Este artigo trata sobre o material de escritura, para a planta véxase o artigo: Papiro (planta). Papiro (do latín papyrus , e este do grego πάπυρος) é o nome que recibe o soporte de escritura elaborado a partir dunha planta acuática, moi común no río Nilo, en Exipto, e nalgúns lugares da conca mediterránea, unha herba palustre da familia das ciperáceas, o Cyperus papyrus. O Cyperus papyrus é unha planta nativa de África da mesma familia da Tiririca (Cyperus rotundus), que é a planta daniña máis difundida do mundo, segundo o Libro Guiness.
The Legend of Zelda é a epígrafe baixo a que se agocha unha das sagas máis rendibles e famosas da historia dos videoxogos. Creada nos anos 80 por Shigeru Miyamoto e Taqueshi Tezuka para a compañía Nintendo, pronto alcanzaría unha gran fama entre os xogos de acción e aventura. A historia conta como un rapaz da fraga de Kokiri (chamado Link) ten a misión de salva-lo mundo (Hyrule) ou ben rescatar á princesa Zelda.
A vesica piscis (vexiga de peixe) é un símbolo que consiste en dous círculos do mesmo radio que se cortan, de xeito que o centro de cada círculo está na circunferencia do outro. A forma creada denomínase mandorla (que significa "améndoa" en italiano). Era un símbolo coñecido nas antigas civilizacións de Mesopotamia, África e Asia.
US Airways (anteriormente coñecida como USAir) foi unha aeroliña estadounidense con base na cidade de Tempe (Arizona) controlada por US Airways Group. En maio de 2006 ocupaba o quinto lugar nos Estados Unidos. Ten unha frota de 358 avións para rutas principais e 295 para rutas express, conectando 240 destinos en Norteamérica, América Central, o Caribe, Hawai e Europa.
VVVVVV é un videoxogo de plataformas creado por Terry Cavanagh, desenvolvido orixinalmente en Adobe Flash e publicado o 11 de xaneiro de 2010 para Microsoft Windows e OS X. Simon roth adaptou o xogo a C++ no 2011, que foi publicado como parte do Humble Indie Bundle #3. Esta adaptación permitiu trasladar o xogo posteriormente a outras plataformas coma Linux, Pandora e Nintendo 3DS. A diferenza de moitos videoxogos de plataformas, en VVVVVV o xogador non pode saltar. No seu lugar pode reverter a dirección da gravidade, provocando que o protagonista caia cara abaixo ou cara arriba.
A Dictionary of Greek and Roman Antiquities
A Dictionary of Greek and Roman Antiquities ("Dicionario de antigüidades gregas e romanas"), de William Smith (1813-1893), é unha enciclopedia en lingua inglesa que trata sobre a Antigüidade clásica. Publicouse por vez primeira en 1842 e conta con numerosas reedicións posteriores, tanto en Londres como en Boston e en Nova York, algunhas delas revisadas polo autor e aumentadas. Hoxe todas elas son de dominio público.A enciclopedia ocúpase de aspectos como a lexislación, a relixión, a arquitectura, a guerra ou a vida cotiá, entre outros, sempre desde o punto de vista dun clasicista.
Campionato do mundo de ciclismo de montaña e trial 2007
O Campionato do mundo de ciclismo de montaña e trial de 2007 é a 18ª edición dos mundiais deste deporte, e celebrouse en Fort William (Escocia) entre o 3 e o 9 de setembro de 2007.
"Down Rodeo" é un sinxelo promocional da banda estadounidense Rage Against the Machine enviado a varias emisoras de radio estadounidenses. A canción foi collida do seu álbum, Evil Empire, e nun principio ía ser o seu terceiro sinxelo, aínda que finalmente non se editou nin se rodou videoclip para a mesma. "Down Rodeo" estreouse nun concerto segredo o 19 de abril de 1996 no Dragonfly en Los Angeles.
En informática, a palabra inglesa software utilízase para describir a parte non física ("lóxica") do ordenador, tamén chamada programa ou aplicación informática. Chámase así en contrapartida á parte física da computadora, o hardware (monitor, teclado, rato, escáner...etc), que é o que fai que os programas se poidan executar e o usuario poida interaccionar co ordenador. O software é o código compilado que se transforma en aplicacións utilizables, que poden ser ofimáticas, de deseño, multimedia etc.
O rap metal é un subxénero do metal alternativo que combina elementos do hip hop con outros do heavy metal. Adoita consistir en riffs de guitarra típicos do heavy metal, elementos do funk metal, voces rapeadas e en ocasións mesas de mesturas. O xénero comezou a popularizarse a finais dos anos 1980 cando Anthrax publicou o seu EP I'm the Man que incorporaba elementos de hip hop na súa música, e cando se uniron posteriormente ao grupo Public Enemy para facer unha nova versión do tema "Bring the Noise" que fusionou o hip hop co thrash metal.
O Commodore 64, tamén coñecido como C64, C-64, C= 64, e ocasionalmente CBM 64 ou VIC-64, é un ordenador persoal de 8-bits introducido en xaneiro de 1982 por Commodore International. Atópase no Libro Guinness dos Récords como o modelo de computadora máis vendido de tódolos tempos, con estimacións independentes que indican un número de unidades vendidas de entre 10 e 17 millóns de unidades.A súa produción deu comezo no 1982, coas primeiras unidades postas no mercado en agosto dese ano a un prezo de 595 $ (equivalentes a 1481,25 $ no 2016). Precededido polo Commodore VIC-20 e o Commodore PET, o Commodore 64 toma o seu nome dos seus 64 kB de RAM, e ten unhas especificacións técnicas de son e gráficos superiores en comparación con outros sistemas previos como o Apple II e o Atari 800, con sprites de múltiples cores e un procesador de son máis avanzado.
30 monedas é unha serie de televisión española de misterio e terror dirixida por Álex de la Iglesia para HBO. O guión foi escrito por Jorge Guerricaechevarría xunto con Álex de la Iglesia e conta a historia do Padre Vergara, un cura exorcista exiliado en Pedraza, unha vila pequena da provincia de Segovia onde se agocha dos seus inimigos.A serie estreouse o 29 de novembro de 2020 en HBO Europa.
Luís XVI de Borbón, nado en Versalles en 1754 e executado en París o 21 de xaneiro de 1793, foi rei de Francia (1774-1789), e despois rei dos Franceses (1789-1792). Era fillo do delfín Luís e de María Xosefa da Saxonia e esposo de María Antonieta de Austria (con quen casou aos 16 anos). Cando subiu ao trono, as finanzas reais non se encontraban nunha situación favorable, e así permaneceron até a chegada da Revolución Francesa, altura en que Luís XVI foi deposto.
O teatro é un espectáculo baseado na representación da conduta do ser humano. Esta conduta representada, chamada actuación, é realizada por actores. Por extensión tamén se chama teatro ao edificio onde se realizan representacións teatrais e espectáculos afíns, así como ao repertorio (conxunto de creacións teatrais que se consideran propias dun autor: "o teatro de Vidal Bolaño"), época ("o teatro das Irmandades da Fala) ou país ("o teatro francés").
Le Sacre du printemps (en francés) ou Весна священная (en ruso, transliterado Vesna sviashchennaia) é un ballet e concerto orquestral do compositor ruso Igor Stravinskii. Foi escrito para a tempada dos Ballets Russes de Sergei Diagilev de 1913; a coreografía orixinal foi obra de Vatslav Nizhinskii, con deseños de escena de Nikolai Rerikh. Cando foi estreada, no Théâtre des Champs-Élysées o 29 de maio de 1913, a natureza vangardista da música e a coreografía causaron sensación e case orixinaron disturbios na audiencia.
María Amparo Rivelles y Ladrón de Guevara, nada en Madrid o 11 de febreiro de 1925 e finada no mesmo lugar o 7 de novembro de 2013, foi unha actriz española de ampla traxectoria teatral e cinematográfica iniciada en 1939. Converteuse, xunto coa actriz Aurora Bautista, na principal figura feminina do cine español da posguerra mercé ás producións de Cifesa. Coñecida como a "raíña das telenovelas mexicanas", no país azteca tamén logrou enorme popularidade polos seus traballos para a televisión, ademais de pertencer á chamada Época de Ouro do cine mexicano.
Sherlock Holmes Baffled (literalmente, Sherlock Holmes perplexo) é unha curtametraxe estadounidense de cine mudo en branco e negro dirixido por Arthur Marvin en 1900 e estreada oficialmente en 1903. É a primeira adaptación cinematográfica coñecida do detective Sherlock Holmes, creado polo escritor británico Arthur Conan Doyle. A inclusión da personaxe de Holmes fai que a obra sexa tamén o primeio filme de misterio coñecido.
O Instituto Smithsoniano ou Smithsonian Institution é un centro de educación e investigación que posúe ademais un complexo de museos asociado. Está administrado e financiado polo Goberno dos Estados Unidos de América, ademais dos fondos que recibe grazas a doazóns, vendas, concesións, licenzas para actividades e revistas. A maioría das súas instalacións están localizadas en Washington, D.C., pero entre os seus 19 museos, nove centros de investigación e un zoo atópanse algúns situados en Nova York, Virxinia ou Panamá, entre outros lugares.
O drama (do grego δράμα, "facer" ou "actuar") é a forma de presentación de accións a través da súa representación por actores e por medio do diálogo. Posteriormente, o drama divídese en xéneros realistas e xéneros non realistas. O primeiro está composto pola traxedia e a comedia, e no século XX engadiúselle e traxicomedia, tamén coñecida como comedia tráxica clásica, recoñecida como tal desde o Renacemento.
O termo persoa provén do latín persōna, e este probablemente do etrusco phersona ('máscara do actor', 'personaxe'). O concepto de persoa é un concepto principalmente filosófico, que expresa a singularidade de cada individuo da especie humana en contraposición ao concepto filosófico de 'natureza humana' que expresa o común que hai neles. O significado actual de persoa ten a súa orixe nas controversias cristolóxicas dos séculos IV e V. No transcurso do debate entre as diferentes escolas teolóxicas, desenvolvéronse conceptos até entón non coñecidos.
Neutral Records é un selo discográfico independente dos Estados Unidos. O guitarrista Glenn Branca foi o seu fundador e encargouse del entre finais dos anos 70 e principios dos 80, durante o máximo esplendor da escena No Wave e post-punk. Entre as súas edicións están as primeiras gravaciósn de Swans, o EP de estrea de Sonic Youth e o seu álbum Confusion is Sex.
O serbocroata ou bosníaco-croata-serbio, é unha lingua eslava a falada principalmente en Serbia, Montenegro, Croacia e Bosnia e Hercegovina. É unha lingua pluricéntrica con catro variedades estándar mutuamente intelixibles. Historicamente, os dialectos eslavos meridionais formaron un continuo dialectal.
O branco ou albo é unha cor cuxo espectro luminoso é mestura aditiva de distintos espectros puros, dando unha sensación de claridade. Pódese definir a partir da composición de cores, coas porcentaxes de cada unha precisas, se ben non hai unha única definición de branco. O branco é a cor do fondo desta páxina.
Ermida da Nosa Señora da Lanzada
A ermida da Nosa Señora da Lanzada é unha pequena capela situada na parroquia de Noalla, en Sanxenxo, construída no século XII en estilo románico tardío. Aséntase sobre o extremo máis occidental dunha punta que se introduce no mar, nas inmediacións dos restos dunha fortaleza medieval, coñecida como a torre da Lanzada e á beira do castro da Lanzada.
Roma(AFI: /ˈroma/, pronuncia ) é unha cidade de 2.856.133 habitantes (2018), capital da República italiana e da rexión do Lacio, provincia de Roma. Cunha área de 1.285 km² é municipio máis grande de Italia e a quinta cidade máis grande de Europa despois de Moscova, Istambul, Londres e San Petersburgo. Así mesmo é o municipio máis poboado de Italia e a cuarta cidade máis poboada da Unión Europea despois de Londres, Berlín e Madrid.
A Batalla de Vinegar Hill (Batalla do Outeiro do Vinagre, en inglés) foi un enfrontamento que tivo lugar o 21 de xuño de 1798 durante a Rebelión irlandesa de 1798 entre forzas da Coroa británica e os Irlandeses Unidos. Naquel combate, ao redor duns 15 000 soldados británicos lanzaron un ataque sobre o outeiro de Vinegar Hill, ás aforas de Enniscorthy, no Condado de Wexford, onde se atopaba o campamento máis grande e sede dos rebeldes en Wexford. A batalla marcou un punto decisivo na Rebelión irlandesa de 1798 xa que era o último intento dos rebeldes de manter e defender o seu territorio perante os militares británicos.
O voleibol ou balonvolea (do inglés: volleyball) é un deporte de balón xogado por 12 persoas en dous equipos de seis cada un. Neste deporte o balón pode ser tocado ou impulsado con golpes limpos, pero non pode ser parado, suxeitado, retido ou acompañado. Cada equipo dispón dun número limitado de toques para devolver o balón cara ó campo contraro.
Guanahani é o nome da primeira illa na que desembarcou Cristovo Colón o venres 12 de outubro de 1492, cando chegou por primeira vez a un territorio da chamada posteriormente América. A illa, bautizada co nome de San Salvador, fora descuberta a madrugada anterior e atopábase habitada polo pobo lucayo ou taíno. Guanahani é unha das illas do arquipélago das Antillas, máis precisamente das Bahamas.
Katsuko Saruhashi Saruhashi Katsuko (猿橋 勝子) nada en Toquio o 22 de marzo de 1920 e finada na mesma cidade o 29 de setembro de 2007 foi unha xeoquímica xaponesa que realizou algunhas das primeiras medicións dos niveis de dióxido de carbono (CO2) na auga do mar e ensinou a evidencia dos perigos da choiva radioactiva no mar e na atmosfera.
Snapchat é unha aplicación móbil gratuíta desenvolvida por Evan Spiegel e Robert Murphy que permite enviar fotografías, vídeos e mensaxes de texto que se autodestrúen aos dez segundos, como máximo. Estes contidos son coñecidos como Snaps. A aplicación pódese descargar dende a App Store para dispositivos Apple e dende a Play Store para dispositivos Android.
A Casa da Moeda de Dahlonega foi unha fábrica de moeda estadounidense, unha das ramas da Casa da Moeda dos Estados Unidos, que estivo operativa entre 1838 e 1861, exclusivamente para a cuñaxe de moedas de ouro.Esta casa de moeda estaba na localidade de Dahlonega, no condado de Lupkin, en Xeorxia, e a marca de ceca das súas moedas era a súa inicial "D" (coincide coa da ceca de Denver, aínda que non hai pé para a confusión, xa que o seu período de actividade é diferente).
The Battle of Los Angeles (A batalla d'Os Ánxeles, en galego) é o terceiro disco de estudio da banda Rage Against the Machine; o álbum debutou no número #1 do top 200 de Billboard. Foi o disco máis popular da banda e o que xerou máis interese internacional. A revista Rolling Stone colocouno no posto número 426 na lista dos 500 mellores álbums de todos os tempos.
Carlos II, nado o 29 de maio de 1629 e finado o 6 de febreiro de 1685, foi rei de Inglaterra, Escocia e Irlanda desde o 30 de xaneiro de 1649 (nominalmente) e desde o 29 de maio de 1660 (de feito) ata a súa morte. O seu pai, Carlos I, foi executado en 1649 tras a Guerra Civil Inglesa; a monarquía foi entón abolida e o país converteuse nunha república baixo o mando de Oliver Cromwell, o "Lord Protector". En 1660, pouco logo da morte de Cromwell, restaurouse a monarquía baixo Carlos II. A diferenza do seu pai, Carlos II foi hábil na súa relación co Parlamento.
As antocianinas (do grego ἄνθος, anthos, 'flor' e κυάνεος/κυανοῦς, kuáneos/kuanoû, 'azul escuro'), tamén chamadas antocianos ou antocianósidos, son pigmentos vacuolares hidrosolubles que, dependendo do pH, poden ter cor vermella, púrpura, azul ou negra. Son glicósidos formados por un glícido (azucre) unido a un derivado flavonoide (unha aglicona), que durante a súa hidrólise renden agliconas coloreadas chamadas antocianidinas. antocianina = azucre + antocianidina En 1835, o farmacéutico alemán Ludwig Clamor Marquart deulle o nome de Anthokyan a un composto químico que lle daba ás flores unha cor azul no seu tratado "Die Farben der Blüthen" e de aí deriva o seu nome.
O Estado de Israel (hebreo: מדינת ישראל, transliteración: Medinat Yisra'el; Árabe: دولة اسرائيل, transliteración: Daulat Isra'il) é un país no Oriente Medio (oeste de Asia, no chamado 'crecente fértil'), situado na costa oriental do mar Mediterráneo. É unha democracia parlamentaria e legalmente un estado xudeu. Fai fronteira co Líbano ao norte, con Siria ao nordeste, con Xordania e Cisxordania ao leste, con Exipto e a franxa de Gaza ao suroeste, e co golfo de Aqaba (no mar Vermello) ao sur.
O búlgaro (български език, bǎlgarski ezik) é unha lingua indoeuropea, pertencente á familia das linguas eslavas meridionais das linguas eslavas. O búlgaro posúe grandes innovacións lingüísticas que a manteñen afastada doutras linguas eslavas. A lingua búlgara está moi relacionada coa lingua macedonia, xeralmente recoñecida como unha lingua distinta, aínda que prevalece a opinión en Bulgaria, e en Grecia, xunto a opinión de lingüistas internacionais, de que as dúas linguas son variantes do mesmo diasistema.
Bombai (en hindi: बंबई; en marathi: मुम़बई, "Mumbaī" nome oficial na India desde 1995, a forma galega tradicional Bombai deriva da forma inglesa Bombay) é a cidade máis grande da India e capital do estado indio de Maharashtra e o centro financeiro de facto da India. Segundo as Nacións Unidas, a partir de 2018, Bombai é a a segunda cidade máis poboada da India despois de Delhi e a oitava cidade máis poboada do mundo cunha poboación de aproximadamente 20 millóns de habitantes. Segundo o censo de poboación do goberno indio de 2011, Mumbai era a cidade máis poboada da India cunha poboación propia dentro da cidade estimada de 12,5 millóns que viven baixo a Corporación Municipal de Brihanmumbai..
O braille é un sistema de escrita táctil pensado para as persoas cegas. Foi inventado polo francés Louis Braille (1809-1852), cego dende a súa infancia debido a un accidente, a mediados do século XIX. Creou o código cando tiña 15 anos baseándose nun sistema militar deseñado por Charles Barbier de la Serre para a lectura de ordes durante os períodos nocturnos sen necesidade de prender ningunha luz. O braille resulta tamén interesante por tratase dun sistema de numeración binario, que precedeu á invención dos ordenadores.
Avatar: The Way of Water é un filme estadounidense de 2022 dirixido por James Cameron, quen escribiu o guión xunto con Rick Jaffa e Amanda Silver a partir dunha historia que os tres escribiron con Josh Friedman e Shane Salerno. Producido por Lightstorm Entertainment e TSG Entertainment, e distribuído por 20th Century Studios, é a secuela de Avatar (2009) e o segundo título da saga cinematográfica Avatar. Os membros do elenco que xa apareceron no anterior filme son Sam Worthington, Zoe Saldaña, Stephen Lang, Joel David Moore, CCH Pounder, Giovanni Ribisi, Dileep Rao e Matt Gerald, xunto con Sigourney Weaver nun papel adicional.
Maimiño, tamén coñecido como Maimiño e o espello máxico, é un filme de animación 3D galego-cubano de 2015 escrito e dirixido por Ernesto Padrón, baseado nunha historia de José Martí. Na 13ª edición dos Premios Mestre Mateo gañou o premio a mellor filme de animación. Tamén estivo nomeado ao Premio Goya ao mellor filme de animación.
Javier Fernández López, nado en Madrid o 15 de abril de 1991, é un patinador artístico sobre xeo, dúas veces campión do mundo (2015 e 2016), sete veces consecutivas campión de Europa (2013, 2014, 2015, 2016, 2017, 2018), bronce olímpico no 2018, tres veces medallista da Final do Grand Prix (2014–15, 2015–16 e 2011–12), e oito veces campión nacional de España. Foi o segundo patinador masculino en superar a barreira de 100 puntos no programa curto, a barreira dos 200 puntos no programa longo, e a barreira dos 300 puntos na puntuación total. A data de maio de 2017 posuía as segundas mellores puntuacións nos dous segmentos e a terceira máis alta na puntuación combinada.Fernández representou a España nos Xogos Olímpicos de Inverno de 2010, nos de 2014 como abanderado e nos de 2018.
YouTube é un espazo web que lles permite aos usuarios publicar, ver e compartir vídeos. Fundouse en febreiro de 2005 por tres antigos empregados de PayPal: Chad Hurley, Steve Chen e Jawed Karim. YouTube é un nome composto de you (en inglés ti) e tube (en inglés tubo, ou sexa, televisión), que quere dicir algo así como ti es a televisión.
A tectónica de placas é unha teoría científica que establece que a litosfera (a porción superior máis fría e ríxida da Terra) está fragmentada nunha serie de placas ou baldosas que se desprazan sobre o manto terrestre fluído (astenosfera). Esta teoría tamén describe o movemento das placas, as súas direccións e interaccións. As diferentes placas desprázanse con velocidades da orde de 5 cm/ano o que é, aproximadamente, a velocidade con que crecen as uñas das mans.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Francis Albert Sinatra, máis coñecido como Frank Sinatra, nado en Hoboken o 12 de decembro de 1915 e finado en Los Angeles o 14 de maio de 1998, foi un cantante e actor estadounidense. Alcumado "A Voz", foi unha das figuras máis importantes da música popular do século XX. A súa popularidade chegou a ser inmensa e practicamente constante ao longo da súa vida, aínda que foron especialmente exitosos os anos corenta e cincuenta. Foi esta última década, coa súa produción discográfica para a compañía Capitol, a considerada como a súa etapa de maior calidade artística como cantante.
Rocío Pérez Armenteros, nada en Alcalá la Real (provincia de Xaén) o 13 de xullo de 1989 é unha cantante, compositora e actriz andaluza, máis coñecida polo seu nome artístico Roko compuxo cancións de estilo soul principalmente en castelán, aínda que tamén noutros idiomas. Maqueta temas para outros artistas e traballa con Antonio Ferrara que é colaborador de Carlos Jean. O seu disco de cabeceira é Un día en el mundo, de Vetusta Morla.
Marte é o cuarto planeta do Sistema Solar pola súa proximidade ao Sol. Chamado así polo deus da guerra da mitoloxía romana Marte, recibe ás veces o alcume de planeta vermello debido á aparencia avermellada que lle confire o óxido de ferro que domina a súa superficie. Ten unha atmosfera delgada formada por dióxido de carbono, e dúas lúas, pequenas e deformadas: Fobos e Deimos, posibelmente asteroides capturados polo planeta, así mesmo ten apenas un cuarto da superficie da Terra e apenas un décimo da súa masa.
Terra de Miranda é unha serie feita por Zopilote e Voz Audiovisual para a Televisión de Galicia, cos exteriores gravados en Mondoñedo e Aranga. Comezou a emitirse en 2001 e constou de 7 tempadas e 138 episodios. Pechou o seu exitoso percorrido en 2007, cunha tempada de 26 capítulos nos que acadou unha media de 150.000 espectadores e un 14,7% de share.
O Nadal na cultura popular islandesa
O Nadal no folclore islandés representa personaxes montañosos e monstros que veñen ás vilas de Islandia neste tempo. Os contos están dirixidos aos nenos e úsanse para inducir neles o bo comportamento. O folclore inclúe tanto bromistas fedellos que deixan agasallos durante a noite como monstros que comen nenos desobedientes.
O Itinerario de Exeria, tamén coñecido como Itinerarium Egeriae, Peregrinatio Aetheriae ou Peregrinatio ad Loca Sancta, é un conxunto de textos en latín escritos por Exeria relatando a súa peregrinación dende a Gallaecia ata Terra Santa entre os anos 381 e 384.Como libro de viaxes, é unha fonte importante para coñecer a situación naquel momento das zonas percorridas. Nel detállanse costumes dos nativos, crenzas populares, rituais relixiosos e expresións da fala vernácula. Está redactado en primeira persoa no latín coloquial utilizado na vida diaria, cunha espontaneidade natural que difire do estilo solemne propio da lingua escrita.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Bieito XVI (en latín, Benedictus PP. XVI), nado co nome de Joseph Ratzinger en Marktl am Inn (Baviera) o 16 de abril de 1927 e finado no Vaticano o 31 de decembro de 2022, foi o 265º Papa da Igrexa católica, bispo da diocese de Roma e soberano do Estado da Cidade do Vaticano dende o 19 de abril de 2005 ata o 28 de febreiro de 2013 permanecendo como papa emérito desde entón. En 1981 Xoán Paulo II nomeouno prefecto da Congregación para a Doutrina da Fe, cardeal dende 1993, e en 2002 accedeu ao posto de deán do Colexio de Cardeais. Foi un dos homes con máis influencia durante os últimos anos do papado de Xoán Paulo II. O 11 de febreiro de 2013 anunciou a súa decisión de renunciar ao seu posto, que se fixo efectiva o día 28.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, radicando nesta cidade e concello o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2022 o concello tiña 98.179 habitantes. O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
REC (estilado como [●REC]) é un filme español de terror coescrito e codirixido por Jaume Balagueró e Paco Plaza, que foi estreado no 2007. O filme foi rodado na cidade de Barcelona, e o título é unha abreviatura da palabra "record" que aparece na pantalla da cámara. Balagueró e Plaza dirixiran previamente o documental de 2002 OT: la película.
O día dos tramposos (en inglés: There Was a Crooked Man...) é un filme estadounidense de 1970 dirixido por Joseph L. Mankiewicz e protagonizado por Kirk Douglas e Henry Fonda. É o único wéstern feito por Mankiewicz. Foi escrito por David Newman e Robert Benton, sendo o seu primeiro guión xuntos despois de Bonnie and Clyde.
O Apalpador, Apalpabarrigas ou Pandigueiro é a figura mítica dun xigante carboeiro, ligado á tradición do Nadal do que existen testemuñas nas comarcas de Sarria, Quiroga, Lemos, Terra de Trives e os Ancares, aínda que se está a recuperar en toda Galicia. O Apalpador baixa a noite do 24 ou 31 de decembro segundo a zona, para visitar os nenos, tocándolles no ventre para ver se comeron abondo durante o ano, deixándolles unha presada de castañas, eventualmente algún regalo e desexándolles que teñan un ano novo cheo de felicidade e fartura, murmurándolles "así esteas todo o ano".
Rebeca Baceiredo Pérez, nada en Ourense o 19 de decembro de 1979, é unha filósofa, profesora e escritora galega. Gañadora do Premio Ramón Piñeiro de Ensaio no 2005 por O suxeito Posmoderno. Entre a estética e o consumo, e o Premio Extraordinario de doutoramento no 2011 pola súa tese Achegas onto-éticas para a liberación do suxeito.