Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
O mar Báltico (do latín Mare Balticum) é un mar interior de auga salobre do norte de Europa aberto ao mar do Norte e, finalmente, ao océano Atlántico a través dos estreitos de Kattegat e Skagerrak. Os países que o rodean son (empezando pola península Escandinava e seguindo en sentido horario): Suecia, Finlandia, Rusia (óblast de Leningrado e Kaliningrado), Estonia, Letonia, Lituania, Polonia, Alemaña e Dinamarca. A súa superficie é de 432 800 km² e inclúe dous grandes golfos: o golfo de Finlandia, entre o sur deste país e Estonia, e o golfo de Botnia, entre a costa oriental de Suecia e a occidental de Finlandia.
Midsommar é un filme sueco-estadounidense de 2019 escrito e dirixido por Ari Aster e protagonizado por Florence Pugh, Jack Reynor, William Jackson Harper, Vilhelm Blomgren e Will Poulter. É unha coprodución entre os Estados Unidos e Suecia, e foi rodada en localizacións de Budapest no verán e no outono de 2018. Midsommar estreouse nos cinemas dos Estados Unidos o 3 de xullo de 2019 a través de A24, e en Suecia o 10 de xullo de 2019 a través de Nordisk Film.
Francis-Marie Martínez de Picabia, nado en París o 22 de xaneiro de 1879 e finado na mesma cidade o 30 de novembro de 1953, foi un pintor francés. Amais de practicar a pintura e o debuxo, exerceu como escritor e poeta. Tras comezar experimentando co impresionismo e o puntillismo, achegouse ao cubismo.
Freebase foi unha base de coñecemento colaborativa composta por metadatos creados principalmente polos membros da súa comunidade. Tratábase dunha base de datos en liña recompilados dende diferentes fontes, incluíndo contribucións wiki individuais. O obxectivo de Freebase era crear un recurso global que permitise á xente e ás máquinas acceder á información dun xeito máis efectivo.
Anne Carson, nada en Toronto o 21 de xuño de 1950, é unha poeta canadense en lingua inglesa, ensaísta, tradutora e profesora de literatura clásica e comparada na Universidade de Míchigan. Está considerada pola crítica literaria como a poeta viva máis importante das letras anglosaxoas. En 2020 foi galardoada co Premio Princesa de Asturias das Letras.
Alfabeto Internacional de Transliteración Sánscrita
O Alfabeto Internacional de Transliteración Sánscrita ou AITS (do inglés International Alphabet of Sanskrit Transliteration, IAST) é un popular sistema de transliteración que permite a romanización de escrituras índicas sen perda de información. O AITS é o sistema máis popular de romanización do sánscrito e o pali. Emprégase normalmente en publicacións impresas, especialmente en libros sobre temas en sánscrito e pali antigos relacionados coas relixións da India.
A tempestade (en inglés: The Tempest) é unha obra de teatro de William Shakespeare, probablemente escrita arredor dos anos 1610 ou 1611, e crese que foi unha das últimas obras que Shakespeare escribiu só. Logo da primeira escena, que ten lugar nun barco no medio do mar durante unha tempestade, o resto da historia está ambientada nunha illa remota, onde o bruxo Prospero, unha personaxe complexa e contraditoria, vive coa súa filla Miranda, e os seus dous servos: Caliban, unha figura salvaxe e monstrosa, e Ariel, un espírito. A obra contén música e cancións que evocan o espírito de encantamento da illa.
Bertram Thomas, nado en Pill (Somerset) o 13 de xuño de 1892 e finado o 27 de decembro de 1950, foi un aventureiro e explorador británico. Explorou o deserto de Rub al-Khali. Cruzouno en camelo entre 1930 e 1931 e publicou un relato desta fazaña en 1932 (Arabia Felix, "Arabia feliz"), onde ademais describía animais, xeoloxía, habitantes, relacións e costumes do deserto.
Eleccións presidenciais dos Estados Unidos de 2016
As eleccións presidenciais dos Estados Unidos de 2016 foron as 58ª eleccións presidencias dos Estados Unidos de América, celebradas o martes 8 de novembro de 2016. Os votantes elixen ós compromisarios que á súa vez deberán escoller ó novo presidente e vicepresidente a través do Colexio Electoral. O límite estabelecido pola Vixésimo segunda Emenda constitucional impediu ó presidente en exercicio, Barack Obama, ser reelixido para un terceiro período de goberno.
Diego Armando Maradona Franco, nado en Lanús (Buenos Aires) o 30 de outubro de 1960 e finado en Tigre o 25 de novembro de 2020, foi un futbolista e adestrador de fútbol arxentino. Xogaba de centrocampista ou dianteiro e foi internacional coa selección arxentina. Alcumado "El Diez" e "El Pelusa", entre outros, está considerado como un dos mellores xogadores da historia deste deporte, sendo elixido o mellor xogador do século XX nunha votación realizada no sitio web da FIFA.Ao longo da súa vida Maradona conseguiu importantes logros deportivos tanto coa selección Arxentina, coa que conseguiu a Copa Mundial de Fútbol de 1986, como con algúns dos clubs nos que xogou.
O Seibu Dome (西武ドーム, Seibu Dōmu), coñecido por motivos de patrocinio como MetLife Dome (メットライフドーム, Mettoraifu Dōmu), é un estadio de béisbol situado en Tokorozawa, Saitama (Xapón). Inaugurado o 14 de abril de 1979, foi erixido como campo local dos Saitama Seibu Lions da Liga do Pacífico da Liga Xaponesa de Béisbol Profesional (NPB). O estadio está cuberto por unha cúpula ao igual que outros moitos estadios do Xapón, mais dispón dunha separación entre a mesma e as bancadas para que o aire circule polo recinto.
Gareth Frank Bale, nado en Cardiff o 16 de xullo de 1989, é un xogador de fútbol galés que xoga de centrocampista e extremo no Real Madrid da Primeira División de España. É internacional coa selección de Gales, sendo o segundo xogador que máis veces vestiu a súa camiseta (100 veces), só por detrás de Chris Gunter (106), e o seu máximo goleador histórico, con 36 tantos.
MusicBrainz é un proxecto cuxo obxectivo é a creación dunha base de datos musical de contido aberto. MusicBrainz recolle información sobre música gravada, nomes de artistas, títulos, listaxes de cancións, datas de publicación, etc. O 30 de xaneiro de 2016, MusicBrainz contiña información de arredor dun millón de artistas, un millón e medio de álbums e máis de quince millóns e medio de gravacións.Os rexistros fanse grazas ao traballo de editores voluntarios que seguen unhas normas de edición precisas.
Alaris foi o nome comercial dun servizo ferroviario diúrno, de longa distancia, prestado por Renfe Operadora en España entre 1999 e 2013. Ía asociado habitualmente aos electrotrens da serie 490 aínda que dende 2009 tamén se empregaron unidades da serie 130. Na súa estrea cubrían a relación Madrid-Valencia/Gandia/Castelló aínda que posteriormente foron derivados cara outros trazados como os que unen Barcelona con Sevilla e Málaga ou Valencia con Alcázar de San Juan e Albacete.
Gran Premio dos Países Baixos de 1961
O Gran Premio dos Países Baixos de 1961 foi unha carreira de automobilismo de Fórmula Un, celebrada o 22 de maio de 1961 no circuíto de Zandvoort. Foi a segunda carreira da tempada de Fórmula Un de 1961.
The Cure é unha banda de post-punk inglesa, liderada por Robert Smith, que comezou a súa carreira a no ano 1976 en Crawley, West Sussex. Smith vén sendo o único membro permanente da banda dende a súa fundación. O seu primeiro álbum foi Three Imaginary Boys, editado en 1979, e colocou á banda nos movementos post-punk e New Wave que surxiran a raíz da revolución punk rock no Reino Unido.
O verbo é unha clase de palabra que funciona como núcleo do predicado e adoita indicar acción (traer, ler etc.), proceso (pensar, crer etc.) ou estado (existir, vivir, permanecer, ser etc.). En galego constitúe a clase de palabra máis variable. Dependendo da lingua, hai moitos factores que fan que os verbos poidan mudar a súa forma, entre eles pódense atopar o tempo, o modo, o aspecto, a voz.
Oakland é unha cidade en California situada na parte leste (East Bay) da Área da Baía de San Francisco. É unha cidade etnicamente moi diversa con visibles poboacións de asiáticos, afroamericanos, nativos do pacífico, árabes, indíxenas, indios, e mestizos. Ten unha poboación de 404.155 en 2008, 7.264.887 se contamos toda a área metropolitana de San Francisco.
Os Xogos Olímpicos de 1980 foron celebrados en Moscova (Unión Soviética) entre o 19 de xullo e o 3 de agosto. Inaugurounos o presidente Leonid Brezhnev e contaron coa participación de 5.179 atletas de 80 estados, o máis baixo comparecemento ós Xogos dende Melbourne 1956, debido ó maior boicot realizado na historia olímpica, cando a inxerencia da política no deporte chegou a seu punto máis alto e decisivo. No comezo de 1980, como protesta contra a invasión soviética de Afganistán, o presidente norteamericano Jimmy Carter anunciou o boicot da súa nación ós Xogos Olímpicos de Moscova no ano seguinte, conclamando ós seus aliados polo mundo a daren o mesmo exemplo; 69 estados seguiron o camiño dos Estados Unidos, levando estes Xogos a un nivel de calidade máis baixo.
Unha tormenta de po é un fenómeno meteorolóxico común no deserto do Sahara da África setentrional, nas Grandes Chairas de Norteamérica, en Arabia, no deserto do Gobi de Mongolia, no deserto Taklamakán do noroeste da China e noutras rexións áridas e semiáridas. As tormentas de po severas poden reducir a visibilidade a cero, imposibilitando a realización de viaxes, e levar voando a capa superior do chan, depositándoa noutros lugares. A seca e, por suposto, o vento contribúen á aparición de tormentas de po, que empobrecen a agricultura e a gandaría.
Un tótem é un obxecto, ser ou animal sobrenatural, que nas mitoloxías dalgunhas culturas se toma coma emblema da tribo ou do individuo; este pode incluír unha diversidade de atributos e significados. No totemismo, enténdese tamén coma o principio ou orixe dun determinado grupo humano, que se cre descendente dese tótem, animal, vexetal ou obxecto inanimado. Neste senso, aínda que o termo provén da cultura ojibwa, orixinaria de América do Norte, o totemismo pódese observar ao longo da evolución das sociedades humanas noutros continentes e eras.
A Wikipedia en italiano (en italiano: Wikipedia in italiano) é a edición da enciclopedia libre Wikipedia en lingua italiana. Esta versión foi creada o 11 de maio de 2001 e a primeira edición foi realizada o 11 de xuño de 2001. É a novena meirande Wikipedia en número de artigos (despois da inglesa, da cebuana, da sueca, da alemá, da francesa, da neerlandesa, da rusa e da castelá).Esta versión da enciclopedia contén 1.789.138 artigos e 2.331.336 usuarios, dos cales 7.888 son activos.
A Billboard 200 é unha lista publicada semanalmente pola revista Billboard que amosa os 200 álbums máis vendidos nos Estados Unidos durante a semana en curso. Frecuentemente é usada para ver a popularidade dun artista ou grupo musical segundo a venda dos seus discos. Desde os anos 50 ata 1983 era chamada Top Pop Albums e ese ano cambiou o seu nome a Billboard, cambiando novamente en 1992 ao actual Billboard 200.
Un grupo étnico é un grupo de persoas que se identifican unhas coas outras, ou son identificadas como tal por terceiros, con base en semellanzas culturais ou biolóxicas, ou ambas, reais ou presumidas. Tal como os conceptos de raza e nación, o de etnicidade desenvolveuse no contexto da expansión colonial europea, cando o mercantilismo e o capitalismo promovían movementos globais de poboacións ao mesmo tempo que as fronteiras dos estados eran definidas máis clara e rixidamente. No século XIX, os estados modernos, en xeral, procuraban lexitimidade reclamando a representación de nacións.
Brighton é unha localidade costeira que xunto con Hove constitúe unha das cidades costeiras máis grandes do Reino Unido. Brighton é un sitio moi visitado, recibe 8 millóns de turistas cada ano. Ten multitude de hoteis, restaurantes, comercios e lugares de ocio ademais dun amplo sector turístico de congresos.
O inglés antigo ou anglosaxón, (Ænglisc na propia lingua) é unha forma temperá da lingua inglesa que se falaba en boa parte do que hoxe é Inglaterra entre os anos 425 e 1125 aproximadamente. Era unha lingua flexiva con moita liberdade na orde das palabras, ao contrario do inglés actual. Gardaba unha grande semellanza con outras linguas xermánicas, especialmente co frisón antigo e o saxón antigo, porque aínda non recibira a influencia do francés que a partir do século XII provocaría o cambio do inglés antigo ao medio.
Spacewar (estilizado en ocasións Spacewar!) é un videoxogo de simulación de combate espacial desenvolvido no ano 1962, sendo un dos primeiros xogos creados nos comezos da historia dos videoxogos. Foi deseñado por Steve Russell, en colaboración con Martin Graetz e Wayne Wiitanen, e programado polo propio Russell coa axuda de Bob Saunders e Steve Piner para a minicomputadora DEC PDP-1 no Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts. Trala súa creación, outros estudantes e empregados das universidades da zona expandiron o videoxogo, entre eles Dan Edwards e Peter Samson.
The New Yorker é unha revista estadounidense semanal que publica críticas, ensaios, reportaxes de investigación e ficción. Aínda que se concentra preferentemente na vida social de Nova York, The New Yorker ten unha ampla audiencia fóra desta cidade debido á calidade dos seus xornalistas. É cosmopolita, cun carácter urbano acentuado pola súa sección "Talk of the Town", cos seus comentarios sobre a vida en Nova York, a cultura popular e as excentricidades estadounidenses, e o seco enxeño dos seus sketches e famosas viñetas.
O aloxamento web (en inglés web hosting) é o servizo que proporciona aos usuarios de internet un sistema para poderen almacenar información, imaxes, vídeo ou calquera contido accesíbel vía web. É unha analoxía de "hospedaxe ou aloxamento en hoteis ou en cuartos", onde un individuo ocupa un lugar específico; neste caso, a analoxía aloamxento web ou aloxamento de páxinas web, refírese ao lugar que ocupa unha páxina web, sitio web, sistema, correo electrónico, arquivos etc. en internet ou, máis especificamente, nun servidor que, polo xeral, hospeda varias aplicacións ou páxinas web.
A certeza é un coñecemento seguro, claro e evidente das cousas. Tamén se define como a firme adhesión da mente a algo coñecible, sen temor a errar, a persuasión completa de que se está en posesión da verdade. Se entendemos só o aspecto psicolóxico, referirmonos ao estado ou situación do espírito con relación a un xuízo que se considera verdadeiro e exclúe todo temor a equivocarse.
William Faulkner, nado en New Albany (Mississippi) o 25 de setembro de 1897 e finado en Oxford o 6 de xullo de 1962, foi un escritor estadounidense. O seu verdadeiro apelido era Falkner, que cambiou por motivos comerciais. Esta considerado o único modernista americano da década de 1930, seguindo a tradición experimental de escritores europeos como James Joyce, Virginia Woolf e Marcel Proust, e coñecido polo seu uso de técnicas literarias innovadoras, como o monólogo interior, a inclusión de múltiples narradores ou puntos de vista e saltos no tempo dentro da narración.
Sir Timothy John Berners-Lee, coñecido como Tim Berners-Lee e tamén por TimBL, nado o 8 de xuño de 1955, é un enxeñeiro e científico da computación británico, coñecido por ser o inventor da World Wide Web (www). É profesor numerario investigador do departamento de Ciencias da computación da Universidade de Oxford e profesor no Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts (MIT). O 12 de marzo de 1989, Berners-Lee propuxo un sistema de xestión da información, e en novembro dese mesmo ano estableceu a primeira comunicación exitosa entre un cliente e un servidor a través de Internet usando o protocolo HTTP. Berners-Lee é o director do World Wide Web Consortium (W3C) que el mesmo fundou en outubro de 1994 para supervisar e estandarizar o desenvolvemento das tecnoloxías sobre as que se fundamenta a Web e que permiten o funcionamento de Internet.
Baden-Württemberg é un dos 16 estados federados (Bundesländer) nos que se atopa dividida Alemaña. Baden-Württemberg atópase no suroeste do país, ó leste do río Rin. O estado limita ó norte co estado de Hesse, ó nordeste e ó leste co estado de Baviera, ó sur con 334 km de Suíza, polo oeste coa rexión francesa da Alsacia e polo noroeste co río Rin e co estado de Renania-Palatinado.
Cristiano Ronaldo dos Santos Aveiro, OIH, nado en Funchal (Madeira) o 5 de febreiro de 1985, máis coñecido como Cristiano Ronaldo (AFI: kɾɨʃˈtiɐnu ʁuˈnaɫdu), é un futbolista portugués. Xoga como extremo e actualmente non milita en ningún equipo, xa que en novembro deixóu de mutuo acordo o club no que se encontraba, o Manchester United da Premier League inglesa. É considerado un dos mellores futbolistas do mundo e un dos deportistas máis seguido polos medios de comunicación da actualidade.
Unha sámara é un aquenio ou froito seco, indehiscente que ten o pericarpo estendido a modo de á membranosa. Este tipo de froito ten como función facilitar a dispersión da semente valéndose do ar. Entre as especies vexetais que producen sámaras están varias árbores, como os pradairos, os freixos e os ulmeiros.
O Parque Nacional de Yosemite / joʊˈsɛmɨti sitúase a aproximadamente 320 km ao leste de San Francisco, en California, Estados Unidos. Cobre unha área de 3.081 km² e esténdese a través das ladeiras orientais da cadea montañosa de Serra Nevada. É visitado por máis de tres millóns de persoas cada ano, e a gran maioría só percorre a parte do val de Yosemite.
A viaxe de Chihiro (título orixinal en xaponés: 千と千尋の神隠し; Sen to Chihiro no kamikakushi) é un filme de animación xaponés escrito e dirixido por Hayao Miyazaki no 2001 e producido por Studio Ghibli. O filme conta a historia de Chihiro Ogino, unha cativa de dez anos que está a mudar de fogar cos seus pais, e que accidentalmente quedan presos nun misterioso mundo de espíritos e deuses.
Os Servizos Web, ou Web Services de acordo á nomenclatura orixinal en inglés, son unha serie de tecnoloxías, estándares e protocolos que permiten a comunicación e cooperación entre sistemas informáticos, independentemente das súas plataformas ou a linguaxe de programación na que estes sexan escritos.
A Internacional (L'Internationale en francés) é a canción socialista máis famosa, adoptada tamén polos anarquistas e comunistas, unha das cancións máis coñecidas internacionalmente, ademais do himno dos traballadores de todo o mundo. A letra orixinal é de Eugène Pottier en 1871 e música de Pierre Degeyter en 1888.
My Stepmother Is An Alien é un filme estadounidense, unha comedia de ficción científica de 1988. O filme produciuno Weintraub Entertainment Group e distribuiuno Columbia Pictures, a dirección é de Richard Benjamin e os protagonistas principais Kim Basinger, Dan Aykroyd, Jon Lovitz e Alyson Hannigan.
Ansel Easton Adams, nado o 20 de febreiro de 1902 en San Francisco (California) e finado o 22 de abril de 1984 en Monterey (California), foi un fotógrafo e ambientalista estadounidense. As súas fotografías de paisaxes en branco e negro do oeste estadounidense, especialmente do Parque Nacional de Yosemite, foron amplamente reproducidas en calendarios, pósters e libros. Con Fred Archer, Adams desenvolveu o Sistema de Zonas como un xeito de determinar a exposición axeitada e axustar o contraste na impresión final.
League of Legends (abreviado como LoL) é un videoxogo multixogador desenvolvido e publicado por Riot Games para Microsoft Windows e OS X. O xogo é un modelo freemium que se sostén con micro-transaccións. Inspirado polo modo de xogos como Warcraft III: The Frozen Throne e Defense of the Ancients os fundadores de Riot buscaron desenvolver un xogo independente do mesmo xénero. Dende o seu lanzamento en outubro de 2009, o xogo é de balde e monetízase mediante a personalización de personaxes que se poden comprar.
Disney+ (pronunciado Disney Plus) é un servizo de vídeo baixo demanda en streaming que é propiedade e é xestionado pola división Media and Entertainment Distribution de The Walt Disney Company. O servizo distribúe principalmente filmes e series de televisión de The Walt Disney Studios e Walt Disney Television, achegando tamén contido das compañías Disney, Pixar, Marvel, Star Wars, National Geographic e Star. Os filmes e as series de televisión orixinais do servizo tamén son distribuídos en Disney+.
Resident Evil (coñecido no Xapón como Biohazard (バイオハザード, Baiohazādo) é unha serie de videoxogos de supervivencia de terror e unha serie de cómics, novelas, catro filmes e unha manchea de coleccionables como figuras de acción, guías de estratexia e publicacións. Desenvolvida pola compañía Capcom e creada por Shinji Mikami, a serie vendeu máis de 35 millóns de xogos ata marzo de 2009.
Setlist ou Set list é un documento que fai relación das cancións que unha banda musical vai interpretar nun concerto en particular. Adoita a estar impreso ou escrito nun papel, nun cartón ou nunha lámina, aínda que xa hai conxuntos que empregan as novas tecnoloxías, coma a dun IPad. O termo pode facer tamén relación á lista das cancións, pero non nun sentido físico.
Sherlock Holmes Baffled (literalmente, Sherlock Holmes perplexo) é unha curtametraxe estadounidense de cine mudo en branco e negro dirixido por Arthur Marvin en 1900 e estreada oficialmente en 1903. É a primeira adaptación cinematográfica coñecida do detective Sherlock Holmes, creado polo escritor británico Arthur Conan Doyle. A inclusión da personaxe de Holmes fai que a obra sexa tamén o primeio filme de misterio coñecido.
Discogs, abreviatura de discografías, é unha páxina web e unha base de datos colaborativa que recolle información sobre gravacións de son, entre as que se inclúe gravacións comerciais, promocionais e gravacións non comerciais. Os servidores de Discogs, aloxados baixo o dominio discogs.com, son propiedade de Zink Media, Inc., e atópanse en Portland, Oregón, nos Estados Unidos. Aínda que a páxina contén listas musicais de tódolos xéneros e en tódolos formatos, é especialmente coñecida por ser a meirande base de datos de música electrónica e polas súas gravacións en discos de vinilo.
Warcraft II: Tides of Darkness
Warcraft II: Tides of Darkness é un videoxogo de estratexia creado por Blizzard Entertainment, secuela de Warcraft: Orcs & Humans Warcraft II mantén a mesma esencia de Warcraft: Orcs & Humans, nesta entrega os xogadores escollen entre algúndos dous bandos enemistados: os humanos ou os orcos. Esta vez, con todo, o número de criaturas involucradas é maior, os humanos posúen a axuda de elfos, ananos e gnomos; mentres que os orcos reúnen aos trols, ogros e goblins. O xogo mellora notablemente o control e as gráficas do xogo, así como a intelixencia artificial.
Sherlock é un nome inglés masculino de pouca frecuencia, que significa literalmente "loiro", do anglosaxón scir ("brillante") e locc ("mechón de pelo"). Popularizado a partir do personaxe literario Sherlock Holmes, pode referirse a: PatronímicoUn apelido irlandés anglificado desde o gaélico "Scurlog", do danés "feroz guerreiro".PersonalidadesThomas Sherlock, bispo de Londres no século XVIII. Lorcan George Sherlock, alcalde de Dublín até 1945. Sherlock Holmes, un detective ficticio de finais do século XIX e principios do século XX, creado por Arthur Conan Doyle.TelevisiónSherlock, unha serie de televisión de 2010.
O Apollo 13 foi a sétima misión tripulada do Proxecto Apollo dos Estados Unidos de América. Non puido cumprir o seu obxectivo, que era realizar unha aluaxe na rexión de Fra Mauro, debido ás enormes complicacións causadas pola explosión dun tanque de osíxeno cando a nave espacial viaxaba cara á Lúa. Esta aventura espacial foi levada ao cine en 1995 coa película Apollo 13.
The A.V. Club é un sitio de entretemento con recencións de filmes, música, televisión, libros e xogos, así como entrevistas e outras ofertas regulares que examinan novos medios, medios clásicos e outros elementos da cultura popular. The A.V. Club foi creado en 1993 como unha parte suplementaria de The Onion e tivo unha presenza mínima na páxina web de The Onion nos seus primeiros anos. Porén, un redeseño da páxina web en 2005 puxo a The A.V. Club nunha posición máis prominente, permitindo que a súa identidade en liña creza.
O voo 409 de Ethiopian Airlines era un servizo regular internacional dende Beirut ata Addis Abeba que se esnafrou no mar Mediterráneo pouco despois da engalaxe do aeroporto de Beirut-Rafic Hariri o 25 de xaneiro de 2010, matando ás 90 persoas a bordo. Este foi o primeiro accidente con vítimas mortais de Ethiopian Airlines dende o secuestro do voo 961 en 1996.