Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
O corno é un filme galego de 2023 dirixido e escrito por Jaione Camborda e protagonizado por Janet Novás, Siobhan Fernandes e Carla Rivas. Foi rodado en lingua galega. Estreouse na 71ª edición do Festival Internacional de Cine de Donostia, onde se converteu no primeiro filme en galego en competir na sección oficial.O 30 de setembro de 2023 converteuse tamén no primeiro filme en galego en gañar a Cuncha de Ouro á mellor película no Festival de Donostia.
O Ficheiro Integrado de Autoridades (alemán: Gemeinsame Normdatei) ou GND é un ficheiro de autoridades internacional para a organización de nomes persoais, títulos temáticos e entidades corporativas para catálogos. Emprégase principalmente para a documentación en bibliotecas e en museos e arquivos. A entidade responsable do GND é a Biblioteca Nacional Alemá, en cooperación con diversas redes de bibliotecas rexionais na Europa de fala alemá.
O C (ce) é a terceira letra do alfabeto galego. Representa o fonema /θ/, fricativo interdental xordo, antes de e e i (fonema /s/ en zonas con seseo), ou o fonema /k/, oclusivo velar xordo, antes de a, o e u. O ce cedillado (Ç) non forma parte do galego normativo actual, empregándose só en estranxeirismos.
Un programa informático ou aplicación é un conxunto de instrucións que se lle dan a un sistema informático para realizar un conxunto de tarefas determinado. Un programa de ordenador é unha lista de instrucións escritas nunha linguaxe de programación. Todas as linguaxes de programación consisten en palabras reservadas (parecidas a substantivos e verbos) en inglés, un conxunto de operadores (equivalentes a operadores matemáticos como “máis”, “menos” etc.) e un conxunto de funcións e procedementos que realizan tarefas específicas tales como imprimir, ler un ficheiro, calcular a raíz cadrada dun número etc.
Unha galerna é un temporal súbito e violento con fortes refachos de vento do oeste ao noroeste que adoita azoutar o Mar Cantábrico e as súas costas, polo xeral na primavera e o outono. Tamén se dá na costa occidental de Francia. Englóbase dentro das denominadas Perturbacións Atrapadas na Costa (PAC - en inglés Coastal Trapped Disturbance).
François Hollande, nado en Ruán o 12 de agosto de 1954, é un político francés. O 6 de maio de 2012 foi elixido presidente da República Francesa. Foi Primeiro secretario do Partido Socialista de 1997 a 2008, alcalde de Tulle de 2001 a 2008, deputado da Corrèze de 1988 a 1993 e de novo dende 1997, e preside a deputación provincial (Conseil général) da Corrèze dende 2008.
A República de Madagascar, ou Madagascar, é unha illa e nación no océano Índico, afastada da costa sueste da África, separada pola canle de Mozambique. A illa principal, tamén chamada Madagascar, é a cuarta maior illa do mundo, e a maior de África. No pasado, a illa estaba unida ao continente africano, do cal se separou, por iso é lar do 5 % das plantas e animais do mundo, 80 % deles endémicos.
Kuduro é un xénero musical e sobre todo un xénero de danza xurdidos en Angola. Hoxe en día, está tamén amplamente diseminado polas áreas suburbanas da cidade de Lisboa, Portugal. Tamén se ten popularizado no Brasil ultimamente, existindo algúns grupos e bandas de kuduro propios do Brasil, en especial nos suburbios das cidades de Río de Xaneiro e de Salvador[Cómpre referencia].
Singin' in the Rain é un filme estadounidense de 1952 dirixido e coreografado por Gene Kelly e Stanley Donen. Está protagonizado polo propio Kelly, Donald O'Connor e Debbie Reynolds. Feito seguindo os esquemas clásicos do Metro-Goldwyn-Mayer, ten a súa inspiración en toda a serie de The Broadway Melody que se realizaron en Hollywood nos 30 e 40, coincidindo coa aparición do cine sonoro.
A revolución industrial foi un período de transición global da economía humana cara a procesos de fabricación máis eficientes e estables que sucedeu á revolución agrícola, e que se iniciou na segunda metade do século XVIII no Reino de Gran Bretaña, que se estendeu unhas décadas despois a gran parte da Europa occidental e a América anglosaxoa, e que concluíu entre 1820 e 1840. Esta transición incluíu o paso de métodos de produción manual a métodos mecanizados; novos procesos de produción de ferro e de fabricación de produtos químicos, e, o uso crecente de enerxía hidráulica e enerxía de vapor; o desenvolvemento de máquinas ferramenta; e o auxe do sistema de fábricas mecanizadas. A produción aumentou enormemente, e o resultado foi un aumento sen precedentes da poboación e da taxa de crecemento demográfico.
JSTOR (acrónimo de Journal Storage, Almacenamento de Xornais) é unha biblioteca dixital creada en 1995. Contiña orixinalmente copias dixitalizadas de números antigos de revistas académicas, pero agora inclúe tamén libros e fontes primarias, xunto cos números actuais das revistas. Proporciona a posibilidade de facer buscas de texto completo de case 2.000 revistas.
Scout B foi un foguete espacial dos Estados Unidos propulsado exclusivamente por propelente sólido e derivado do foguete Scout A. Estaba concibido como un lanzador de baixo custo, podendo lanzar cargas de ata 143 kg a órbitas baixas. Foi usado desde tres sitios de lanzamento: a Base Vandenberg da Forza Aérea en California; o complexo de Wallops Island; e o Complexo de Lanzamento San Marco fronte ás costas de Nixeria.
A trixésimo primeira edición da Copa CERS iniciouse o 20 de novembro do 2010 e finalizou o 8 de maio coa disputa da final. Nesta edición participaron 27 equipos, dos cales 22 se enfrontaron nunha rolda previa (dezaseisavos de final) e cinco se clasificaron de xeito directo para os oitavos de final. Tódalas roldas se disputan a dobre volta agás as semifinais e a final, que se xogan no formano de final a catro ou final four, que se disputou en Vilanova i la Geltrú, Barcelona (Cataluña).
O Goberno da Súa Maxestade de Xibraltar é o goberno democraticamente elixido do territorio británico ultramarino de Xibraltar. O goberno ten a Raíña Isabel II (representada por un Gobernador - actualmente, Sir Adrian Johns) como o seu xefe de Estado. As eleccións celébranse cada catro anos, cun parlamento unicameral de 18 membros (17 membros elixidos por voto popular e un membro, o "Speaker", nomeado polo Parlamento).
Los hombres de Paco foi unha serie de televisión española producida por Globomedia e emitida pola canle de televisión Antena 3 entre o 9 de outubro de 2005 e o 19 de maio de 2010. A súa liña argumental xira ao redor das vivencias de tres policías nacionais (Paco, Lucas e Mariano) algo torpes pero honrados, e as súas relacións persoais, profesionais e familiares. A serie, ademais de ser a primeira serie de comedia baseada no corpo nacional de policía, é unha das primeiras producións españolas en abordar en certo xeito o coñecido como humor negro.
Bambi é un filme de animación en Technicolor, baseado no relato Bambi, unha vida no bosque (Bambi, ein Leben im Walde no orixinal alemán), publicado en 1923 polo autor austríaco Felix Salten. É o quinto filme de animación producido por Walt Disney Pictures, estreado o 13 de agosto de 1942, e distribuído por RKO Radio Pictures nas salas de cinema dos Estados Unidos. Os personaxes principais son Bambi, un cervo de cola branca, os seus pais (o Gran Príncipe do bosque e súa nai), os seus amigos Tambor (un coello de fociño rosado) e Flor (unha mofeta), e a súa amiga de infancia e futura compañeira, Faline.
Wang Zhenyi, (en chinés: 王贞仪; tradicional: 王貞儀; Wáng Zhēnyí) nada en 1768 e finada en 1797 na China, foi unha afamada científica da dinastía Qing que rompeu as tradicións da súa época na que existía nas mulleres unha carencia de dereitos. Foi unha defensora do feminismo e formouse en matemáticas, astronomía e poesía (e noutros campos) de forma autodidacta, chegando a ser unha persoa brillante. Foi unha aclamada estudosa e "unha extraordinaria muller da China do século XVIII".
Asma Abdallá ou Asma Mohamed Abdallá (tamén coñecida como: Asmaa, Abdallah, Abdullah; en árabe: أسماء محمد عبدالله ), nada en Khartún en 1946, é unha diplomática sudanesa. Desde o 8 de setembro de 2019 é a ministra de Asuntos Exteriores do Sudán no gabinete do primeiro ministro Abdalla Hamdok, durante a transición sudanesa de 2019 á democracia. É a primeira muller en asumir o posto de Ministra de Exteriores na historia do Sudán.
República Democrática Federal de Iugoslavia
Para unha maior información véxase o artigo: República Federal Socialista de IugoslaviaA República Democrática Federal de Iugoslavia (en croata: Demokratska Federativna Jugoslavija, en esloveno: Demokratična Federativna Jugoslavija, en macedonio e serbio: Демократска Федеративна Југославија) foi a denominación oficial de Iugoslavia entre 1943 e 1946, sendo substituído polo de República Federal Popular de Iugoslavia e finalmente, en 1963 polo de República Federal Socialista de Iugoslavia. A República Democrática Federal de Iugoslavia xurdiu tras a vitoria dos partisanos, liderados por Josip Broz Tito, contra os alemáns e croatas. O Partido Comunista de Iugoslavia chegou ao poder, e aplicou un sistema económico socialista de corte leninista.
As cataratas do Niágara son un agrupamento de masivas caídas de auga localizadas no río Niágara, no leste da América do Norte, entre os lagos Erie e Ontario, na fronteira entre o estado norteamericano de Nova York e da provincia canadense de Ontario. Están compostas por tres grupos distintos de cataratas: as cataratas canadenses, as cataratas norteamericanas e as cataratas de Bridal Veil. Aínda que non sexan excepcionalmente altas, as cataratas do Niágara son moi largas, sendo a máis voluminosa caída de auga localizada na América do Norte.
U2 [juː tuː] é unha banda musical irlandesa liderada polo dublinés Bono (cantante) e The Edge (guitarra). Vén sendo unha das bandas de rock máis populares dende mediados dos anos 80, e son coñecidos tamén polas súas campañas humanitarias. Entre os seus discos máis destacados están The Joshua Tree (1987) e Achtung Baby (1991).
O stop motion ou parada de imaxe é unha técnica de animación que consiste en aparentar o movemento de obxectos estáticos por medio dunha serie de imaxes fixas sucesivas. En xeral, denomínanse animacións stop motion a aquelas que non entran na categoría dos debuxos animados, nin na de animación por computador. Isto é, que non son debuxadas en 2D nin animadas integramente por computador en 3D, senón que son animacións creadas tomando imaxes directamente da realidade.
White Airways é unha aeroliña chárter portuguesa con sede en Porto Salvo, Oeiras. Opera principalmente voos chárter dende o aeroporto de Lisboa no nome de turoperadores ademais de alugar avións a outras aeroliñas. Dende o 27 de marzo de 2016 White Airways opera 8 avións ATR 72 a nome de TAP Express, operando entre outros os voos entre a capital portuguesa e os aeroportos de Vigo e A Coruña.
Obradoiro Club de Amigos do Baloncesto
O Obradoiro Clube de Amigos do Baloncesto, S.A.D., denominado Monbus Obradoiro por razóns de patrocinio, é unha entidade deportiva profesional adicada ó baloncesto, con sede na cidade galega de Compostela.
Seether é unha banda de post-grunge/metal alternativo surafricana procedente da cidade de Pretoria e formada no ano 1999. Orixinalmente chamouse Saron Gas, pero cambiou de nome no ano 2002 coincidindo co lanzamento do seu segundo álbum, Disclaimer, que tamén foi a súa estrea cunha grande discográfica.
Lista de xogos de PlayStation 3
Esta é unha lista de todos os xogos lanzados en Blu-Ray ou anunciados para PlayStation 3, a videoconsola de sobremesa de Sony.
Josep Rull i Andreu, nado en Terrassa o 2 de setembro de 1968, é un político e avogado catalán, membro do Partit Demòcrata Europeu Català (PDeCAT) e anteriormente de Convergència Democràtica de Catalunya. Licenciado en dereito pola UAB, militou desde novo na Joventut Nacionalista de Catalunya e posteriormente en Convergència Democràtica de Catalunya (CDC), partido do que foi secretario entre 2014 e 2016. Foi deputado polo Parlament de Catalunya entre 1997 e 2018, cámara na que foi Secretario Terceiro baixo a presidencia de Núria de Gispert, entre 2010 e 2015.
A pintura barroca é a pintura relacionada co movemento cultural barroco. Este movemento, a miúdo, é identificado co absolutismo, a Contrarreforma e o renacemento católico, mais a existencia dunha importante arte e arquitectura barroca en países non absolutistas e protestantes por toda Europa Occidental evidencian a súa ampla popularidade. A pintura adquiriu un papel prioritario dentro das manifestacións artísticas, e chegou a ser a expresión máis característica do peso da relixión nos países católicos e do gusto burgués nos países protestantes.
Unha alomona é unha substancia química producida e liberada polos individuos dunha especie que afecta o comportamento doutra especie para beneficio do produtor da substancia pero non do receptor. A produción de alomonas é unha forma común de defensa, especialmente polas especies de plantas contra os insectos herbívoros. Tamén as usan os depredadores.
Guillerme Alexandre dos Países Baixos
O rei Guillerme Alexandre Nicolás Xurxo Fernando de Orange-Nassau e Amsberg (Willem Alexander Claus George Ferdinand van Oranje-Nassau en Amsberg), nado en Utrecht o 27 de abril de 1967, é o fillo máis vello da antiga raíña Beatriz I dos Países Baixos e dende abril de 2013 o rei da monarquía holandesa, co tratamento de "A súa Maxestade o Rei dos Países Baixos". O 28 de xaneiro de 2013 a raíña Beatriz anunciou a súa decisión de abdicar o 30 de abril, no trixésimo terceiro aniversario da súa investidura real, a favor do príncipe Guillerme Alexandre.
The Hives é unha banda sueca de rock formada na cidade de Fagersta. Chegaron ao grande público coa edición do seu recompilatorio de grandes éxitos Your New Favourite Band, que contén o seu tema máis coñecido, "Hate to Say I Told You So". Un trazo característico da banda son os traxes brancos e negros que usan os seus membros nos directos.
Herbario Nacional dos Países Baixos
O Herbario Nacional dos Países Baixos, HNPB (en neerladés Nationaal Herbarium Nederland, NHN) é un herbario fundado en 1999, e que consta e tres seccións ou ramas localizadas en Leiden, Utrecht e Wageningen.Cada rama do HNPB, ademais das follas do propio herbario, tamén dispón dunha biblioteca que inclúe bibliografía botánica e micolóxica desde o século XVI até a actualiade. Durante os últimos 10 anos os datos recompilados recolléronse nunha base de datos que hoxe en día comprende máis de 820 000 entradas. Esta base de datos é unha poderosa ferramenta de investigación que se pode utilizar para moitas finalidades, por exemplo, para avaliacións sobre a biodiversidade.
O cabalo de vapor, de símbolo CV, é unha unidade de potencia, que equivale a 75 quilográmetros/s. Un quilográmetro corresponde ó traballo necesario para erguer un quilo a un metro de altura. É pouco utilizada no medio científico debido á existencia dunha unidade específica para iso no Sistema Internacional de Unidades, o Watt, pero a súa utilización persiste na industria automobilística para clasificar a potencia dos motores de combustión interna.
Cores de carrozaría en competicións automobilísticas por país
Desde o comezo das carreiras organizadas do deporte do motor, no ano 1900, ata finais de 1960, antes de que a comercialización dos patrocinios na Fórmula 1 fora de uso común, os vehículos que competían na Fórmula 1, e demais carreiras de automobilismo internacional, corrían habitualmente cos seus coches pintados con cores estandarizadas que indicaban o país de orixe do coche ou piloto. Estes eran a miúdo moi diferente das cores nacionais utilizadas noutros deportes ou na política.
O clípeo (do latín clypeus ou clipeus, antigo escudo greco-romano) é un dos escleritos ou pezas do exoesqueleto que forman a "face" dun artrópodo. Nos insectos, o clípeo delimita a marxe inferior da cara, e leva o labro (labrum) articulado ao longo da súa marxe ventral. As mandíbulas rodean o labro pero non tocan o clípeo.
Ad Tuendam Fidem (en latín: Para protexer a fe) é unha carta apostólica do papa Xoán Paulo II publicada como motu proprio o 18 de maio de 1998. A carta apostólica modificou o Código de Dereito Canónico e o Código dos Canons das Igrexas Orientais en canto ás sancións canónicas por disidencia pública doutrinal por parte de ministros da Igrexa.
Chichibu (秩父市, ちちぶし, Chichibu-shi) é un concello xaponés da prefectura de Saitama. Está situado no centro da rexión de Kantō e ao extremo oeste da prefectura, na parte leste da illa de Honshū. Ten 577,69 km² de superficie, unha poboación de 68.154 habitantes (2009) e unha densidade de poboación de 118 hab./km².
En ecoloxía, un hábitat é o lugar ou o tipo de lugares onde vive unha especie de organismo particular ou onde a súa poboación aparece de xeito natural. Pódese entender que é tamén o ambiente e o conxunto de condicións dese ambiente que permiten a especie estea presente alí.Un hábitat está caracterizado por características tanto físicas como biolóxicas. Para unha especie os seus hábitats son aqueles onde poden atopar os seus alimentos, un lugar onde acollerse ou medrar, protección para a súa supervivencia ou un lugar onde propagarse ou reproducirse, como é atopando parella.
A imaxinación (do latín imaginatĭo, -ōnis) é un proceso superior que permite ao individuo manipular información xerada intrinsecamente co fin de crear unha representación percibida polos sentidos da mente. «Intrinsecamente xerada» significa que a información formouse dentro do organismo en ausencia de estímulos do ambiente. No que respecta a «sentidos da mente», son os mecanismos que permiten «ver» un obxecto que se visualizou previamente pero que xa non se atopa presente no ambiente.
O Zürcher Schlittschuh Club Lions ou simplemente ZSC Lions (coñecido coloquialmente como Zätt) é un equipo profesional de hóckey sobre xeo da cidade de Zúric, Suíza. O club foi fundado en 1930 e compite na máxima categoría do hóckey sobre xeo suízo, a National League A, competición que gañou en oito ocasións, a última delas en 2014. Xoga os seus partidos como local no Hallenstadion de Zúric, un pavillón con capacidade para 11.200 espectadores situado no distrito de Oerlikon.
O funcionario público é aquel traballador que desempeña funcións nun organismo do Estado, que pode representar a calquera poder público que exista, xa sexa o lexislativo, o executivo ou o xudicial. Habitualmente estes organismos son o Goberno, o Congreso o Parlamento, os tribunais, a Administración pública e, en xeral, todos aqueles organismos que non pertenzan ao sector privado.
Coñécese como diáspora galega o proceso de emigración masiva do pobo galego que se produciu durante as tres últimas décadas do século XIX ata ben pasada a metade do século XX. Así, entre 1850 e 1960 marchan cara a América máis de dous millóns de galegos e galegas. Cómpre destacar a importancia deste fenómeno nos contextos socioeconómico, político e cultural da Galicia territorial e da Galicia exterior. O historiador Eiras Roel estima en 2.041.603 o número de galegos emigrados a América, o que supón o 38,5% do total de españois (5.311.906).
Wikipedia é unha enciclopedia en liña baseada nun wiki multilingüe e de contido libre editado e mantido por unha comunidade de editores, a cal comezou o 15 de xaneiro de 2001 coa versión en lingua inglesa. Pouco despois, creáronse edicións en linguas diferentes do inglés: as edicións en alemán e o catalán foron creadas o 16 de marzo, a edición en francés o 23 de marzo, e a sueca creouse o 23 de maio.
O crecemento celular é o incremento da masa total dunha célula, incluíndo tanto o volume do citoplasma, coma do núcleo e os orgánulos. O crecemento celular ocorre cando a taxa global de biosíntese (produción de biomoléculas ou anabolismo) é maior que a taxa global de degradación celular (a destrución de biomoléculas por medio do proteosoma, lisosoma ou autofaxia, ou catabolismo).O crecemento celular non se debe confundir coa división celular ou o ciclo celular, que son procesos distintos que poden ocorrer xunto co crecemento celular durante o proceso da proliferación celular, no cal a célula, chamada célula proxenitora, crece e divídese para producir dúas células fillas. Porén, o crecemento celular e a división celular poden tamén ocorrer independentemente un da outra.
O tsampa (en tibetano: རྩམ་པ་, en tibetano transliterado: rtsam pa) ou sampa é un alimento básico do Tíbet, particularmente na parte central, así como da rexión do Himalaia en xeral. Adoita consumirse xunto co té con manteiga salgada tibetana (en tibetano: བོད་ཇ་, en tibetano transliterado: bod cha). Non existen produtos similares en occidente, malia o máis similar coñécese polo nome de gofio e é procedente das Illas Canarias.
Galería de imaxes de arañas de Galicia
Galería de imaxes de arañas de Galicia. As arañas pertencen á orde Araneae dos artrópodos.
O alfabeto galego, segundo a representación gráfica moderna e oficial, ten 23 letras e 6 dígrafos, ademais dalgunhas letras (ç, j, k, w, e y) usadas en estranxeirismos, abreviaturas e símbolos internacionais. No galego medieval (galego-portugués), como en calquera outro estándar non codificado, existían moitas vacilacións na representación de sons. Por exemplo, para o son (/ɲ/) aparecen nos textos galegos representacións con n, nn, ñ, ni, etc.
Scuderia Ferrari S.p.A. (Modelo:IPA-it) é a división deportiva do fabricante de automóbiles italiano de luxo Ferrari e o equipo de carreiras na actualidade só participa na Fórmula 1, pero participou en numerosas clases de deportes de motor desde a súa creación en 1929, incluídas as carreiras de resistencia. O equipo tamén é coñecido polo alcume de "O cabalo rampante", en referencia ao seu logotipo. É o equipo de Fórmula Un máis exitoso que sobrevive e o equipo de Fórmula 1 máis exitoso, que competiu en todos os campionatos mundiais desde a tempada de Fórmula Un de 1950.
Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1982
O Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1982 foi a 33ª tempada de Fórmula 1 organizada pola Fédération Internationale de l'Automobile (FIA), e a 25ª Copa Internacional de construtores de F1. O campionato contou con dezaseis Grandes Premios que se iniciaron o 23 de xaneiro e finalizaron o 25 de setembro.
A Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura, UNESCO (en inglés United Nations Educational, Scientific and Cultural Organization e en francés: Organisation des Nations unies pour l'éducation, la science et la culture) é un organismo especializado das Nacións Unidas cuxo obxectivo é promover a paz e a seguridade mundial mediante a cooperación internacional en materia de educación, artes, ciencias e cultura. Ten 194 estados membros e 12 membros asociados, así como socios das organizacións non gobernamentais, intergobernamentais e do sector privado. A súa sede atópase en París, Francia, mais a UNESCO ten 53 oficinas rexionais de campo e 199 comisións nacionais que facilitan o seu mandato global.
O Deportivo da Coruña, que ten por nome oficial Real Club Deportivo de La Coruña, S.A.D., e que tamén se coñece popularmente como Deportivo ou Dépor, é un club de fútbol galego fundado no 1906 na cidade da Coruña. O seu terreo de xogo é o Estadio de Riazor, con capacidade para 34.899 espectadores. Na tempada 2022/23 compite no Grupo 1 da Primeira División RFEF. Historicamente, o Deportivo da Coruña tivo dúas épocas de maior éxito: unha entre 1992 e 1996, co popularmente chamado "Superdépor", onde gaña unha Copa do Rei, e unha Supercopa de España, e outra entre 1999 e 2004, co "Eurodépor".
Unha canle ou canal en enxeñaría é unha vía artificial feita polo ser humano para o paso de auga ou outros líquidos. Utilízanse para o transporte de mercadorías, coñecidas co nome de canles de navegación, entre lagos, ríos ou océanos, mediante barcos, pero tamén para a condución de auga, tanto para a subministración como para o desecamento. Os canais interiores precederon ao desenvolvemento do ferrocarril durante a Revolución Industrial e algúns deles foron posteriormente secados e empregados como pasos libres para construír vías férreas.
Atendendo á distribución xeográfica e á maneira de se combinaren os fenómenos diferenciadores das falas galegas, poden delimitarse tres grandes complexos lingüísticos ou bloques: occidental, central, e oriental. No interior destes bloques hai varias áreas, zonas lingüísticas de desigual extensión e unidade, delimitables coa isoglosa dun ou dous fenómenos caracterizadores. Esta división baséase fundamentalmente na fonética e mais na morfoloxía; no futuro a análise da distribución de áreas léxicas do ALGa axudará a precisala ou modificala.
Eslovaquia ( pronunciación ) (en eslovaco, Slovensko [ˈslovɛnsko] ), oficialmente República Eslovaca ( pronunciación ) (en eslovaco, Slovenská republika [ˈslovɛnskaː ˈrɛpublika] ), é un país do centro de Europa, resultado da división de Checoslovaquia en 1993, que orixinou o novo estado e tamén a Chequia. Ten fronteira ó norte con Chequia e Polonia; ó leste con Ucraína; ó sur con Hungría e ó oeste con Austria. A súa capital é Bratislava.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
O mar Negro (en latín Pontus Euxinus, abkhaza: Амшын Еиқәа, xeorxiano: შავი ზღვა, turco: Karadeniz, en póntico: Μαύρον Θάλασσα, Εύξεινος Πόντος, búlgaro: Черно море, romanés: Marea Neagră, ruso: Чёрное море, ucraíno: Чорне море, en tártaro de Crimea: Qara deñiz) é un mar situado entre a Europa Oriental e a Asia Occidental. Atópase encerrado entre os Balcáns, a estepa póntica, Crimea, o Cáucaso e a península de Anatolia. O estreito do Bósforo conéctao co pequeno mar de Mármara, e o estreito dos Dardanelos conecta ao mar anterior co mar Exeo, que é unha división do mar Mediterráneo.
Alejandro Guillán Castaño, coñecido artisticamente como Baiuca, nado en Catoira en 1990 é un músico galego. Usou o nome artístico Alex Casanova ata 2017, momento no que deixou atrás o estilo musical pop para innovar coa mestura de música electrónica e música tradicional galega, resultando un estilo que algúns dan en chamar folktrónica. Reside en Madrid.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. O concello da Coruña ten 244.700 habitantes (INE, 2022); é o segundo municipio con maior poboación de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e actualmente ten un total de 199.116.
Este artigo trata sobre a escritora e poetisa galega. Para a estrela situada na constelación de Ofiúco, ver Rosalíadecastro. Para o nome de Rosalía, véxase Rosalía (nome)Rosalía Castro de Murguía, de solteira, Rosalía de Castro Abadía, nada en Conxo (Santiago de Compostela) o 23 de febreiro de 1837 e finada na Matanza (Padrón) o 15 de xullo de 1885, foi unha escritora e poeta galega, considerada a máis ilustre figura da lírica moderna, unha das máis altas da poesía española do século XIX e a principal responsable do Rexurdimento galego do século XIX, xunto a Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez.O 17 de maio, Día das Letras Galegas, celébrase co gallo de ser a data de edición da súa obra Cantares gallegos.