Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Coñécese como diáspora galega o proceso de emigración masiva do pobo galego que se produciu durante as tres últimas décadas do século XIX ata ben pasada a metade do século XX. Así, entre 1850 e 1960 marchan cara a América máis de dous millóns de galegos e galegas. Cómpre destacar a importancia deste fenómeno nos contextos socioeconómico, político e cultural da Galicia territorial e da Galicia exterior. O historiador Eiras Roel estima en 2.041.603 o número de galegos emigrados a América, o que supón o 38,5% do total de españois (5.311.906).
Para a enfermidade producida por este parasito ver Leishmaniose. Leishmania é un xénero de protozoos tripanosomátidos responsable de producir a enfermidade chamada leishmaniose, que afecta ao ser humano e a outros animais. Varias especies do xénero son as responsables de producir a enfermidade en diversas partes do mundo; na Península Ibérica as responsables adoitan ser L. donovani e L. infantum.
O palacio de Versalles ou castelo de Versalles (en francés: Château de Versailles) é un palacio real localizado na cidade de Versalles, unha aldea rural na época da súa construción, e hoxe en día un suburbio de París. A súa construción foi ordenada polo rei Luis XIV, e constitúe un dos complexos arquitectónicos monárquicos máis importantes de Europa. Con preto de 10 millóns de visitantes ao ano, é tamén un dos sitios turísticos máis importantes de Francia.
Michele Alboreto, nado en Milán o 23 de decembro de 1956 e finado en Klettwitz (Brandeburgo) o 25 de abril de 2001, foi un piloto italiano de Fórmula 1. É famoso por terminar segundo tras Alain Prost na tempada de Fórmula Un de 1985 así como por gañar as 24 Horas de Le Mans de 1977 e as 12 Horas de Sebring de 2001. Alboreto competiu en Fórmula Un de 1981 ata 1994, con varios equipos, destacando sobre todo as súas cinco tempadas (1984-88) pilotando un Ferrari.
A Wikipedia en italiano (en italiano: Wikipedia in italiano) é a edición da enciclopedia libre Wikipedia en lingua italiana. Esta versión foi creada o 11 de maio de 2001 e a primeira edición foi realizada o 11 de xuño de 2001. É a novena meirande Wikipedia en número de artigos (despois da inglesa, da cebuana, da sueca, da alemá, da francesa, da neerlandesa, da rusa e da castelá).Esta versión da enciclopedia contén 1.829.175 artigos e 2.430.586 usuarios, dos cales 7.427 son activos.
O substantivo acelular significa literalmente sen células, e se aplica principalmente aos virus, pero tamén aos provirus, viroides, e prións, que son entidades biolóxicas non formadas por células, a diferenza das bacterias e as cianobacterias, organismos compostos por células procariotas, e dos fungos, vexetais e animais, formados por células eucariotas.
Emma Newman, nada en Cornualla en 1976, é unha escritora británica de ciencia ficción e fantasía, podcaster e narradora de audiolibros. As súas candidaturas aos premios inclúen o British Fantasy Award (categorías: "mellor novela fantástica", "mellor novela") por Between Two Thorns en 2014 e o Arthur C. Clarke Award por After Atlas en 2017. A súa serie Planetfall foi nomeada ao Premio Hugo 2020 á mellor serie.
O Comité Olímpico Neozelandés (en inglés: New Zealand Olympic Committee; e antes de 1994, New Zealand Olympic and Commonwealth Games Association) é a asociación nacional dos Xogos da Commonwealth de Nova Zelandia, responsable de escoller e organizar os equipos de deportistas que representan a Nova Zelandia nos Xogos Olímpicos de Verán e Inverno, así como nos Xogos da Commonwealth.
A música country de Australia forma parte da música de Australia. Existe un amplo abano de estilos, dende o bluegrass, o iodelei ou o folk até os máis populares. O xénero foi influenciado pola música folk celta e inglesa, a tradición de bush ballad australiana, así como a música country estadounidense.
Un numeral é unha categoría gramatical que designa cantidades exactas e contábeis. Pode ser cardinal, ordinal, múltiplo ou partitivo: Un número cardinal indica o número de elementos dun conxunto: un/unha, dous/dúas, tres etc. Un ordinal indica a posición de cada elemento na serie: primeiro, segundo, terceiro, cuarto etc.
Jane Marian Joseph, nada o 31 de maio de 1894 en Londres (Inglaterra) e finada na mesma cidade o 9 de marzo de 1929, foi unha compositora, arranxadora e profesora de música inglesa. Foi alumna e posteriormente compositora asociada de Gustav Holst, e estivo estreitamente implicada na organización e na xestión de varios festivais de música que Holst patrocinou. Moitas das súas obras foron compostas para ser interpretadas nestes festivais e en ocasións similares.
Unha prensa de viño ou lagareta é un dispositivo empregado para extraer o zume de uvas como parte do proceso de produción do viño. Existen varios tipos de prensas utilizadas polos vitivinicultores mais a súa funcionalidade é a mesma. Cada tipo de prensa emprega a presión controlada para ceibar o zume do bago.
Grand Royal Records foi un selo discográfico estadounidense baseado nos Ánxeles (California), fundado en 1992 polos Beastie Boys xunto con Capitol Records despois de que o grupo deixase Def Jam Recordings. Debido ao aumento das débedas, Grand Royal cesou as súas actividades no ano 2001. Os seus activos foron vendidos a través de poxas en Bid4Assets; estas non incluían os dereitos da música dos Beastie Boys.
O cortisol (ou hidrocortisona) é unha hormona esteroide do grupo dos glicocorticoides, producida na glándula adrenal. Libérase en resposta ao estrés e a baixos niveis sanguíneos de glicocorticoides. As súas funcións principais son incrementar os niveis de azucre en sangue estimulando a glicoxenólise; suprime o sistema inmunitario; e intervén no metabolismo das graxas, proteínas e carbohidratos.
A altitude é a distancia vertical dun obxecto respecto dun punto de orixe dado, considerado como o nivel cero, para o que se adoita tomar o nivel absoluto do mar. Na meteoroloxía a altitude é un factor de cambios da temperatura, provocando que diminúa a temperatura aproximadamente 1 °C cada 180 m. En xeografía a altitude é a distancia vertical dun punto da terra respecto o nivel do mar.
Para o artigo da illa, vexa Día, Grecia.Un día (do latín: dies) é o lapso de tempo que transcorre na Terra desde que o Sol está no punto máis alto sobre o horizonte ata que volve estalo. A duración aproximada do día son 24 horas, divididas, tradicionalmente, en tempo de luz (tamén chamado "día") e período escuridade (chamado "noite"). Non é unha unidade do SI, pero acéptase o seu uso con el.
Un número natural é un número enteiro non negativo (0, 1, 2, ...). Os números naturais son os primeiros que descubriu o home, xa que se corresponden coa necesidade de contar basicamente os obxectos. Neste contexto, un número natural é definido como un número enteiro positivo, i.e., sen incluír o cero.
Claude Monet tamén coñecido como Oscar-Claude Monet ou Claude Oscar Monet, nado en París o 14 de novembro de 1840 e finado en Giverny, Francia, o 5 de decembro de 1926, foi un pintor impresionista francés e un dos creadores deste movemento. As súas primeiras obras son de estilo realista, e na metade da década de 1860 comeza a pintar obras impresionistas. Este cambio provocoulle problemas económicos, xa que se desviaba do gusto marcado polas academias de arte da época.
A poesía é unha forma de literatura que emprega as calidades estética e rítmica da linguaxe, como a eufonía, o simbolismo fonético e a prosodia, para evocar significados engadidos ou o significado prosaico. A poesía ten unha longa historia que se remonta á Epopea de Gilgamesh sumeria. Os poemas máis antigos evolucionaron dende cancións populares, como o Shijing chinés, ou dende a necesidade de recoller a tradición das lendas orais, como os Vedas sánscritos, os Gathas zoroastras ou os poemas homéricos, a Ilíada e a Odisea.
A filla do ladrón de bicicletas
A filla do ladrón de bicicletas é unha novela de Teresa González Costa. Foi publicada por Edicións Xerais en outubro de 2010, logo de acadar o Premio Merlín de literatura infantil e xuvenil dese ano.
Cabo adoita referirse á parte final, extremo, fin dunha cousa. Pode referirse a: Cabo, accidente xeográfico; Cabo, gradación militar; Cabo, fíos para conducir a electricidade, cable; Cabo, en linguaxe mariñeira, corda, conxunto de cables para atar grandes pesos. Cabo, lugar onde se prende unha ferramenta coa man.Como topónimo pode referirse a: En Galicia Cabo, lugar da parroquia de Pinel no concello da Pobra do Brollón; Cabo, lugar da parroquia de Chavaga no concello de Monforte de Lemos; Cabo, lugar da parroquia de Freás no concello de Punxín; O Cabo, lugar da parroquia de Penamaior, no concello de Becerreá; O Cabo, lugar da parroquia dos Ánxeles, no concello de Brión; O Cabo, lugar da parroquia de Parada das Achas, no concello da Cañiza; O Cabo, lugar da parroquia de Landoi, no concello de Cariño; O Cabo, lugar da parroquia de Requeixo, no concello de Chantada; O Cabo, lugar da parroquia da Lamosa, no concello de Covelo; O Cabo, lugar da parroquia do Piñeiro, no concello de Covelo; O Cabo, lugar da parroquia de Fisterra, no concello de Fisterra; O Cabo, lugar da parroquia de San Clodio, no concello de Leiro; O Cabo, lugar da parroquia de Bascuas, no concello de Lugo; O Cabo, lugar da parroquia de Cerceda, no concello do Pino; O Cabo, lugar da parroquia de Lourizán, no concello de Pontevedra; O Cabo, lugar da parroquia de Sumoas, no concello de Xove;Fóra de Galicia Cabo da Boa Esperanza - cabo da África meridional.
Runaway: A Road Adventure é un videoxogo de aventuras desenvolvido por Péndulo Studios, S.L. no 2001. O xogo segue unha longa tradición de xogos de aventuras en dúas dimensións, como as dúas primeiras entregas da serie Broken Sword. Gozou dunha gran popularidade en países como Alemaña e Francia, onde este xénero era popular.
Unha revista científica e un medio de comunicación escrito no que os investigadores e científicos poden publicar periodicamente os seus traballos e investigacións, xunto co desenvolvemento das mesmas, para dalas a coñecer ó resto da xente e a outros científicos. Estes artigos publicados teñen unha gran diversidade de temas, pero sempre referentes a aspectos científicos. Antes de ser publicados, tódolos artigos pasan un control e revisión dun panel de expertos que determinan se reúne uns mínimos de calidade e validez científica, e deciden se o artigo se publica ou non.
Mehmed IV (en turco otomán: محمد رابع Meḥmed-i rābiʿ; en turco moderno: IV. Mehmet), tamén coñecido como Avcı Mehmet (Mehmed o Cazador), nado en Constantinopla o 2 de xaneiro de 1642 e finado en Edirne o 6 de xaneiro de 1693, foi o sultán do Imperio Otomán entre 1648 e 1687. Chegou ao trono aos seis anos, despois de que o seu pai fose derrocado nun golpe de estado. Mehmed tivo o segundo reinado máis longo dun sultán despois de Suleiman o Magnífico.
Festival de Cinema de Sundance
O Festival de Cinema de Sundance (en inglés: Sundance Film Festival e anteriormente coñecido como Utah/US Film Festival e US Film and Video Festival) é un acontecemento cinematográfico internacional que se celebra anualmente nas dúas últimas semanas de xaneiro na localidade de Park City, próxima á Salt Lake City, a capital do estado de Utah, nos Estados Unidos.
Albert Rivera Díaz, nado en Barcelona o 15 de novembro de 1979, é un avogado e foi un político catalán. Foi presidente de Ciutadans - Partit de la Ciutadania durante máis de 13 anos e foi deputado da Generalitat de Cataluña por este partido de 2006 a 2015 e logo deputado no Congreso dos Deputados nas XI, XII e XIII lexislaturas. Deixou a política tras obter o peor resultado do seu partido cando só atinxiu 10 escanos.
Os dos teleóstomos (Teleostomi) é un clado superior de vertebrados gnatóstomos que inclúe os osteíctios (Osteichthyes), os tetrápodos e os extintos peixes acoirazados ou acantodios (Acanthodii), é dicir, todos os vertebrados con mandíbulas excepto os peixes cartilaxinosos e os placodermos. O nome é similar ao dos teleósteos (Teleostei), ou peixes óseos, cos que no deben confundirse. Posúen un único par de aberturas branquiais cubertas por un opérculo, características que se perden nos grupos máis derivados (tetrápodos).
Clark Terry, nado o 14 de decembro de 1920 en Saint Louis e finado o 21 de febreiro de 2015, foi un trompetista de jazz estadounidense. Durante a súa época de militar, estivo nas orquestras de Charlie Barnet, de Quincy Jones, e doutros grandes mestres. Despois foi protagonista de pequenas orquestras de jazz, destacando no seu instrumento, para logo, ao final, na década dos anos 40, ter a súa propia orquestra de jazz.
TRS-80 ou TRS-80 Micro Computer System é unha familia de ordenadores que foi fabricada pola compañía Tandy Corporation, sendo unha das pioneiras da computación persoal, polo lanzamento do TRS-80 Modelo I. A sigla TRS é orixinada do nome da compañía Tandy mailo da Radio Shack. A familia era composta de varios modelos de ordenadores, desde o Modelo I ata o Modelo II e, despois, polos modelos Color, e tivo moito éxito nas vendas, o que incentivou outras empresas a produciren varios clones noutros países e dentro dos Estados Unidos, como o Max-80 (Estados Unidos), Aster CT-80 (Países Baixos) ou CP 500 (Brasil).A arquitectura do sistema era baseada nunha UCP formada polo microprocesador Zilog Z-80, que era mencionado polo número 80, do nome TRS-80. A velocidade de procesamento de datos era de 1,77 MHz e a capacidade de memoria RAM era de 4Kb.
"I Wanna Be Where You Are" é unha canción escrita por Arthur "T-Boy" Ross e Leon Ware para o artista Michael Jackson, quen a levou ó número 7 na Cash Box e ó número 16 na Billboard Hot 100. Tamén acadou o número 2 nas listas musicais de R&B dos Estados Unidos en 1972. Foi o seu terceiro éxito da súa carreira en solitario con Motown.
Mortal Kombat (xeralmente abreviado MK) é unha exitosa serie de videoxogos de loitas 1 vs 1 desenvolvido pola empresa Midway Games. Seus creadores son John Tobias e Ed Boon. No seu momento atraeu moita atención polo contido sanguento e os seus gráficos dixitalizados, cada loitador, de feito, era un actor humano recapturando seus movementos e incorporado no xogo (este estilo gráfico terminou en Mortal Kombat 4).
O corno é un filme galego de 2023 dirixido e escrito por Jaione Camborda e protagonizado por Janet Novás, Siobhan Fernandes e Carla Rivas. Foi rodado en lingua galega. Estreouse na 71ª edición do Festival Internacional de Cine de Donostia, onde se converteu no primeiro filme en galego en competir na sección oficial.O 30 de setembro de 2023 converteuse tamén no primeiro filme en galego en gañar a Cuncha de Ouro á mellor película no Festival de Donostia.
Hyundai Motor Company (en coreano: 현대자동차 주식회사, hanja: 現代自動車株式會社, Hyeondae Jadongcha Jushikhwesa; que significa modernidade) é unha multinacional surcoreana de fabricación de automóbiles con sede en Seúl. A compañía foi fundada en 1967 e, xunto coa súa subsidiaria Kia Motors, conforma o Hyundai Motor Group, que é o quinto meirande grupo automobilístico do mundo en función de vendas anuais. No 2008, Hyundai Motor (sen Kia) clasificouse como a oitava meirande empresa de automoción.
Exército Guerrilheiro do Povo Galego Ceive
O Exército Guerrilheiro do Povo Galego Ceive (EGPGC) foi un grupo terrorista galego operativo en Galicia entre 1986 e 1991 cuxo obxectivo era a independencia de Galiza e a instauración dun réxime socialista. Foi fundada principalmente por membros de Galiza Ceive-OLN. O EGPGC estivo operativo entre 1986 e 1991, tempo durante o cal levaron a cabo un total de 90 atentados con danos materiais e persoais, incluíndo obxectivos empresariais, mais tamén militares, políticos e civís, e multitude de accións de aprovisionamento. Segundo a Policía Nacional, dende 1987 até 1993, o EGPGC matou dúas persoas (un garda civil e unha estudante) e feriu 48.
Louis Braille, nado en Coupvray, a 40 km de París, o 4 de xaneiro de 1809 e finado o 6 de xaneiro de 1852 en París, foi un profesor francés famoso pola invención do sistema de escrita para cegos que tamén se chama braille. Ensinou Matemáticas e Música entre outras materias. Pola súa orixe, o seu nome debe pronunciarse con elle e non con ele como se escoita ás veces.
O léxico técnico e científico utiliza adoito prefixos e sufixos na creación de palabras que denominen novos conceptos tomándoos habitualmente do latín ou do grego. Como é natural, este feito non se dá só no eido científico. Prefixo é todo elemento que se coloca diante dunha palabra ou raíz para modifica-lo significado da palabra ou formar unha nova palabra cun significado diferente.
O alfabeto galego, segundo a representación gráfica moderna e oficial, ten 23 letras e 6 dígrafos, ademais dalgunhas letras (ç, j, k, w, e y) usadas en estranxeirismos, abreviaturas e símbolos internacionais. No galego medieval (galego-portugués), como en calquera outro estándar non codificado, existían moitas vacilacións na representación de sons. Por exemplo, para o son (/ɲ/) aparecen nos textos galegos representacións con n, nn, ñ, ni, etc.
Un mitóxeno é unha pequena proteína ou péptido bioactivo que induce ás células a comezar a división celular, ou aumenta a taxa de división (mitose). A mitoxénese é a indución ou desencadeamento da mitose, xeralmente por medio dun mitóxeno. O mecanismo de acción dun mitóxeno é desencadear vías de transdución de sinais nas que intervén unha proteína quinase activada por mitóxeno (MAPK), o que conduce á mitose.
James Cook, nado o 27 de outubro de 1728 en Middlesbrough (Inglaterra) e finado o 14 de febreiro de 1779 en Hawai, foi un explorador, navegante e cartógrafo británico. Cook fixo mapas detallados das costas de Terra Nova antes de facer tres viaxes ao océano Pacífico, nos que logrou explorar as principais illas desta rexión. Entre outros, foi o primeiro europeo en explorar a costa oriental de Australia e as illas Hawai e fixo a primeira circunnavegación de Nova Zelandia.James Cook entrou na mariña mercante británica cando era adolescente e en 1755 alistouse na Royal Navy (Armada Real británica) onde alcanzaria o rango de capitán.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Este artigo trata sobre a escritora e poetisa galega. Para a estrela situada na constelación de Ofiúco, ver Rosalíadecastro. Para o nome de Rosalía, véxase Rosalía (nome)Rosalía Castro de Murguía, de solteira, Rosalía de Castro Abadía, nada en Conxo (Santiago de Compostela) o 23 de febreiro de 1837 e finada na Matanza (Padrón) o 15 de xullo de 1885, foi unha escritora e poeta galega, considerada a máis ilustre figura da lírica moderna, unha das máis altas da poesía española do século XIX e a principal responsable do Rexurdimento galego do século XIX, xunto a Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez.O 17 de maio, Día das Letras Galegas, celébrase co gallo de ser a data de edición da súa obra Cantares gallegos.
Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1982
O Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1982 foi a 33ª tempada de Fórmula 1 organizada pola Fédération Internationale de l'Automobile (FIA), e a 25ª Copa Internacional de construtores de F1. O campionato contou con dezaseis Grandes Premios que se iniciaron o 23 de xaneiro e finalizaron o 25 de setembro.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e actualmente ten un total de 199.147.
A Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura, UNESCO (en inglés United Nations Educational, Scientific and Cultural Organization e en francés: Organisation des Nations unies pour l'éducation, la science et la culture) é un organismo especializado das Nacións Unidas cuxo obxectivo é promover a paz e a seguridade mundial mediante a cooperación internacional en materia de educación, artes, ciencias e cultura. Ten 194 estados membros e 12 membros asociados, así como socios das organizacións non gobernamentais, intergobernamentais e do sector privado. A súa sede atópase en París, Francia, mais a UNESCO ten 53 oficinas rexionais de campo e 199 comisións nacionais que facilitan o seu mandato global.
Dos arquivos do trasno: Contos do monte e do mar é un libro de contos do escritor Rafael Dieste, publicado en 1926.Foi a súa primeira obra publicada. Apareceu publicado en 1926 con oito relatos que apareceran xa nos xornais Galicia e El Pueblo Gallego. En 1962 fíxose unha segunda edición de Editorial Galaxia con vinte relatos e ilustracións de Xohán Ledo.
Manuel Quintáns López, nado en 1961, é un escritor galego, que foi un membro do Exército Guerrilheiro do Povo Galego Ceive. O 2 de febreiro de 1989, participou na primeira acción terrorista do grupo que provocou unha vítima mortal, polo cal foi detido ás poucas horas. En 1999 foi condenado a 72 anos de cárcere pola Audiencia Nacional.
Lista de xentilicios de concellos galegos
Esta é unha lista dos xentilicios dos concellos de Galicia:
Lucía Pérez Vizcaíno, nada en Goó (O Incio) o 5 de xullo de 1985, coñecida artisticamente como Lucía Pérez, é unha cantante galega. Representou a España no Festival de Eurovisión 2011, en Düsseldorf (Alemaña), co tema «Que me quiten lo bailao». Foi a primeira galega en facelo por España e obtivo o 23º posto, con 50 puntos.
Unha canle ou canal en enxeñaría é unha vía artificial feita polo ser humano para o paso de auga ou outros líquidos. Utilízanse para o transporte de mercadorías, coñecidas co nome de canles de navegación, entre lagos, ríos ou océanos, mediante barcos, pero tamén para a condución de auga, tanto para a subministración como para o desecamento. Os canais interiores precederon ao desenvolvemento do ferrocarril durante a Revolución Industrial e algúns deles foron posteriormente secados e empregados como pasos libres para construír vías férreas.
IRC son as siglas de Internet Chat Relay ("retransmisión de charla por internet"), unha forma de comunicación instantánea sobre a Internet deseñada para a grupos de persoas que utilizan foros chamados "canais". O IRC foi creado por Jarkko Oikarinen a finais de agosto de 1988 como substituta dun programa chamado MUT nun BBS chamado OuluBox en Finlandia. Oikarinen inspirouse no Bitney Relay Chat que funcionaba na rede Bitnet.
Unha máquina comecartos ou simplemente un comecartos é un aparello automático concibido para ofrecer xogos de aposta sen a intervención dun empregado. Estes dispositivos poden ser mecánicos, electrónicos ou dixitais. O xogo consiste en introducir unha moeda coa esperanza de que saia unha combinación gañadora e obter un premio en metálico que proporciona a propia máquina.