Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Nomes da folla do piñeiro en Galicia
Existe en Galicia unha riqueza sinonímica enorme que fai referencia á folla do piñeiro, habendo gran número de palabras para denominar á folla desta árbore. Fermín Bouza Brey publicou no ano 1948 Nombres de la hoja del pino en Galicia, nos Cuadernos de Estudios Gallegos do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, traballo no que se recollen por orde alfabética un total de 92 termos diferentes para denominar á folla do piñeiro, e ó seu carón, os lugares onde son utilizados. Segundo os datos recompilados no Atlas Lingüístico de Galicia (ALGa), non se produciron variacións significativas ó longo dos últimos anos canto á terminoloxía descrita por Bouza Brey, polo que segue estando vixente na actualidade.
Hamás (en árabe حماس, fervor, e acrónimo de Harakat al-Muqáwama al-Islamiya, حركة المقاومة الإسلامية Movemento de Resistencia Islámica) é unha organización político-relixiosa palestina que pretende a destrución de Israel e a creación dun estado islámico en Palestina. Hamás fundouna Ahmed Yassin o 14 de decembro de 1987 na franxa de Gaza, coincidindo co levantamento popular, ou intifada, contra a ocupación israelí. Ten relacións estreitas cos Irmáns Musulmáns exipcios.
"Gangnam Style" (en coreano: 강남스타일) é unha canción do cantante surcoreano de pop PSY, cuxo son combina música dance/electrónica e rap. A canción foi lanzada o 15 de xullo de 2012 e debutou no posto número un en Gaon Chart, a lista musical nacional de Corea do Sur.O seu vídeo musical recibiu máis de 743 millóns de visitas en YouTube sen tomar en conta as visitas do sinxelo subido a canles non oficiais e a versión estendida non oficial, as cales representan máis de 150 millóns de reproducións, sendo isto un 25 por cento do total aproximadamente. Ademais, desde o 1 de novembro de 2012 converteuse no segundo vídeo máis visto, só superado por Justin Bieber con "Baby".
O Brasil, oficialmente República Federativa do Brasil, é unha república federal formada pola unión de vinte seis estados federados e un Distrito Federal, situada en América do Sur. O país conta con 5.570 municipios e unha superficie de 8 515 767 km², o que o converte no país máis grande do territorio suramericano, ocupando a súa superficie a metade do mesmo. En comparación co resto de Estados do planeta, ocupa o quinto lugar en número de habitantes, con 213 317 639 (2021), así como en territorio.
Os pingüíns son un grupo de aves mariñas non voadoras que habitan no hemisferio sur. Todos pertencen a unha mesma familia: Spheniscidae. Contrariamente á crenza popular, os pingüíns non habitan unicamente en climas fríos e moitas especies habitan tanto no norte como nas illas Galápagos cerca da liña ecuatorial.
Super Mario Bros. (スーパーマリオブラザーズ) é un videoxogo deseñado por Shigeru Miyamoto para a videoconsola NES en 1985. Universalmente considerado un clásico, foi un dos primeiros xogos de plataforma de desprazamento lateral, a súa popularidade non tivo precedentes e comezou unha nova era nos xogos para consola, convertendo a figura de Mario na mascota oficial de Nintendo e nunha icona internacional.
A inspiración na composición artística asóciase a un gromo de creatividade irracional e inconsciente. Literalmente, a palabra significa "recibir o alento," e ten as súas orixes no helenismo e a cultura hebrea. Homero e Hesíodo, nas primeiras discusións sobre a natureza da inspiración destacan como importante tanto os aspectos rituais como as orixes divinas do alento dun deus.
Sonny John Moore, nado no barrio de Highland Park, na cidade dos Ánxeles, o 15 de xaneiro de 1988, é un DJ, cantante e produtor musical estadounidense coñecido polo seu nome artístico Skrillex. Sonny Moore uniuse á banda post-hardcore From First to Last como o seu cantante en 2004, e gravou dous álbums con eles Dear Diary, My Teen Angst Has a Body Count (2004) e Heroine, (2006). Deixou a banda para comezar a súa carreira en solitario en 2007.
Vietnam (en vietnamita: Việt Nam viət˨ næm˧), oficialmente República Socialista de Vietnam (en vietnamita Cộng hòa Xã hội chủ nghĩa Việt Nam ( listen)) é o país máis oriental da Península de Indochina, no sueste asiático. Cunha poboación estimada de 90 millóns de habitantes, é o décimo terceiro país máis poboado do mundo, e o oitavo de Asia. O nome Vietnam, que se traduce por "Viet do sur" (sinónimo do termo antigo Nam Viet), foi oficialmente adoptado en 1802 polo Emperador Gia Long, e foi recuperado de novo en 1945 coa fundación da República Democrática de Vietnam baixo Ho Chi Minh.
Erich Ernst Paul Honecker, nado en Neunkirchen o 25 de agosto de 1912 e finado en Santiago de Chile o 29 de maio de 1994, foi un político comunista alemán. Do 3 de maio de 1971 ao 18 de outubro de 1989 foi o político máis influente da República Democrática Alemá dado o seu cargo de secretario xeral do Comité central do Partido Socialista Unificado de Alemaña (SED).
O grunge é un tipo de música dos primeiros anos noventa. É unha mestura do rock máis duro dos sesenta coa forza da música punk aderezado con guitarras marcadamente distorsionadas, e caracterízase polo rexeitamento de estilo de metal que marcou os últimos oitenta, con grupos coma Bon Jovi, Whitesnake ou Van Halen. Naceu coa chamada escena de Seattle e o selo discográfico Sub Pop.
O Estado de Israel (hebreo: מדינת ישראל, transliteración: Medinat Yisra'el; Árabe: دولة اسرائيل, transliteración: Daulat Isra'il) é un país no Oriente Medio (oeste de Asia, no chamado 'crecente fértil'), situado na costa oriental do mar Mediterráneo. É unha democracia parlamentaria e legalmente un estado xudeu. Fai fronteira co Líbano ao norte, con Siria ao nordeste, con Xordania e Cisxordania ao leste, con Exipto e a franxa de Gaza ao suroeste, e co golfo de Aqaba (no mar Vermello) ao sur.
Acoustic : Latte é o cuarto álbum recompilatorio do grupo de J-Pop chamado Every Little Thing, lanzado ó mercado o 16 de febreiro do ano 2005 baixo o selo avex trax e producido por Max Matsuura. No álbum, inclúense doce das cancións máis populares da banda que foron regravadas nun ambiente acústico, entre os que están os dous singles máis exitosos da banda como son "Time goes by" e "fragile". Sinalar que as cancións non están masterizadas, polo que o álbum ten son de directo aínda que foron gravadas plenamente en estudio.
Un animal (do latín animus, "espírito", ou "principio vital") é, segundo a clasificación clásica, un ser vivo heterótrofo, é dicir, que se alimenta de substancias orgánicas. Hoxe en día resérvase o termo animais aos seres complexos e multicelulares, aínda que durante moito tempo se consideraban tamén os protozoos como animais unicelulares. Nas clasificacións científicas dos seres vivos modernas, o reino dos animais constitúe un amplísimo grupo de organismos cuxo taxon se denomina Animalia , creado orixinalmente por Linné en 1758, ou ben Metazoa, sinónimo creado por Haeckel en 1874.
Alain Poher, nado en Ablon-sur-Seine, en Val-de-Marne, o 17 de abril de 1909 e finado en París o 9 de decembro de 1996, foi un político francés membro do Mouvement Républicain Populaire. Presidiu o Senado de Francia entre os anos 1968 e 1992 e foi dúas veces Presidente Interino da República Francesa, en 1969 e en 1974.
Chanson é un termo francés, que se refire a calquera canción con letra en francés e, máis especificamente, a pezas vocais de tema amoroso, e tamén ás de crítica social e política, en particular as pertencentes ao estilo dos cabarés. Nese ámbito, chámase chansonnier ao intérprete de cancións de carácter humorístico ou satírico. Nun modo máis especializado, a chanson é unha peza musical polifónica da Baixa Idade Media e do Renacemento.
O termo gabián pode referirse a: A gabián (Accipiter nisus), unha ave forestal, de rapina e ornitófaga; O gabián, órgano de sustentación dalgunhas plantas.Como topónimo Gabián pode referirse a: Gabián, lugar da parroquia de Moreiras, no concello de Boborás; Gabián, lugar da parroquia da Barcia do Seixo, no concello da Lama; Gabián, lugar da parroquia de Devesos, no concello de Ortigueira; Gabián, lugar da parroquia de Longos, no concello de San Cristovo de Cea; O Gabián, lugar da parroquia das Achas, no concello da Cañiza; O Gabián, lugar da parroquia de Verducido, no concello de Pontevedra.
Campionato do Mundo de Cross 2008
O campionato do Mundo de cross celebrouse na cidade escocesa de Edimburgo o 30 de marzo de 2008, na súa 36ª edición. Están organizados pola IAAF. Son os segundos mundiais de cross que se celebran en Escocia, logo da sexta edición, celebrada en 1978 en Glasgow.
Higo (肥後国, ひごのくに, Higo-no-kuni ou 肥後, ひご) foi unha provincia histórica do Xapón, nunha zona que hoxe forma a parte da prefectura de Kumamoto, historicamente na parte Saikaidō, actualmente na rexión de Kyūshū, na illa de Kyūshū. Higo limitaba coas provincias de Chikugo (筑後), de Bungo (豊後), de Hyūga (日向) e de Satsuma (薩摩).
Francia ( pronunciación ) (en francés: France, [fʁɑ̃s] (AFI), escoitar), oficialmente República Francesa ( pronunciación ) (en francés: République française, [ʁepyblik fʁɑ̃sɛz] (AFI)) é un estado membro da Unión Europea, con capital en París, que se estende sobre unha superficie total de 675 417 km², incluíndo Francia metropolitana e os territorios de ultramar espallados nos cinco continentes. Conta cunha poboación de 64,9 millóns de habitantes.Constituído en estado democrático de dereito, a súa forma de goberno esta organizada como república semipresidencialista, co nome oficial de República Francesa (République française) e o lema Liberté, Égalité, Fraternité (Liberdade, Igualdade, Fraternidade). O territorio de Francia esténdese por diversas rexións do mundo situándose a súa parte metropolitana (refírese ao territorio continental de Francia máis a illa de Córsega, a parte continental chámase popularmente l'Hexagone (o Hexágono) pola súa similitude con esta forma xeométrica), en Europa Occidental, onde limita ao sur co mar Mediterráneo, Mónaco (4,4 km), España (623 km) e Andorra (56,6 km); ao oeste co golfo de Biscaia e o océano Atlántico; ao norte coa canle da Mancha (que separa o continente das Illas británicas), o mar do Norte e Bélxica (620 km) e ao leste, con Luxemburgo (73 km), Alemaña (451 km), Suíza (573 km) e Italia (488 km).
Rolex SA (/ˈroʊlɛks/) é un deseñador e fabricante suízo de reloxos fundado en Gran Bretaña con sede en Xenebra, Suíza. Fundada en 1905 como Wilsdorf and Davis por Hans Wilsdorf e Alfred Davis en Londres, Inglaterra, a compañía rexistrou a palabra 'Rolex' como a marca dos seus reloxos en 1908 e pasou a ser Rolex Watch Co. Ltd.
Naruto: Shippūden (Traducido como: Crónicas do Furacán) é o nome con que se coñece á segunda parte da historia de Naruto, o manga de Masashi Kishimoto. Esta denominación é a que se adoptou no anime, e equivale á segunda parte do manga. O seguinte texto que está abaixo é o argumento de cada manga pero non esta dividido de acordo ao modo no que o manga avanza.
A Universidade Ruprecht Karl de Heidelberg (en alemán: Ruprecht-Karls-Universität Heidelberg; tamén coñecida simplemente Universidade de Heidelberg), é a universidade máis antiga de Alemaña, creada no ano 1386 na cidade de Heidelberg, Baden-Württemberg. O seu nome en latín é Ruperto Carola Heidelbergensis. O programa alemán para o fomento de investigación científica e actividades académicas de alto nivel, financiado con recursos federais e rexionais, levou a cabo en 2007, un "concurso de excelencia" entre os centros de estudos superiores do país.
O Palacio Real de El Pardo é unha das residencias da familia real española situada no Monte de El Pardo, en Madrid. O seu principal uso na actualidade é o de aloxar aos xefes de Estado estranxeiros de visita oficial en España. A súa xestión corresponde a Patrimonio Nacional, organismo estatal que administra os bens ao servizo da Coroa Española.
A substitución lingüística é un termo da sociolingüística que fai referencia ao proceso polo cal unha comunidade lingüística abandona a súa lingua e acaba formando parte doutra comunidade lingüística diferente. O abandono da lingua propia é un cambio social que se acelera cada vez máis. No presente, hai por volta de 7.000 linguas no mundo, mais esta realidade pode mudar, xa que as linguas morren cando deixan de ser empregadas polos seus falantes.
Rock ou música rock é un xénero musical popular que se desenvolveu durante e despois da década de 1950. As súas raíces atópanse no rock and roll e mais no rockabilly que emerxeu e se definiu nos Estados Unidos de América ao final dos anos corenta e inicio dos cincuenta. Evolucionou a partir do blues, da música country e do rhythm and blues, entre outras influencias musicais que mesmo inclúen o folk, o jazz e a música clásica.
Luis del Sol Cascajares, nado en Arcos de Jalón o 6 de abril de 1935 e finado en Sevilla o 20 de xuño de 2021, foi un futbolista e adestrador de fútbol español. Xogaba como centrocampista e comezou a súa carreira no Betis, no que militou durante sete tempadas. Xogou dous anos no Real Madrid, co que gañou dúas ligas, unha Copa do Xeneralísimo, unha Copa de Europa e unha Copa Intercontinental, e a continuación pasou unha década no fútbol italiano.
San Vicente da Grade é unha parroquia do concello lugués de Chantada na comarca de Chantada. Segundo o IGE en 2014 tiña 60 habitantes (27 homes e 33 mulleres), o que supón unha diminución con respecto ao ano 1999 cando tiña 79 habitantes. Segundo o INE en 2017 eran 57 habitantes, 32 mulleres e 25 homes.
A quimiotaxe (/takse/) é o movemento dun organismo ou entidade en resposta a un estímulo químico ao longo dun gradiente. As células somáticas, bacterias e outros organismos unicelulares ou pluricelulares dirixen os seus movementos segundo presenza de certas substancias químicas no seu ambiente. Isto é importante para que as bacterias atopen alimento (por exemplo, glicosa) nadando cara onde hai maior concentración das moléculas nutritivas, ou fuxindo de onde hai moléculas velenosas (por exemplo, fenol).
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e actualmente ten un total de 199.291.
Lista de xentilicios de concellos galegos
Esta é unha lista dos xentilicios dos concellos de Galicia:
Iraq (en árabe العراق), e oficialmente República de Iraq (en árabe: [جمهورية العراق] , é un país de Asia Occidental que abrangue a chaira aluvial de Mesopotamia, o límite noroccidental dos Montes Zagros, e a parte leste do deserto sirio.Iraq limita con Turquía polo norte, con Irán polo leste, Kuwait polo sueste, Arabia Saudita polo sur, Xordania polo suroeste e Siria polo oeste. Ademais o país ten unha franxa costeira de 58 km de lonxitude no noroeste do Golfo Pérsico. A súa capital, Bagdad está localizada na zona do centro deste.
Un sistema operativo (S.O.), (en inglés operating system OS) é o software de sistema que manexa os recursos de hardware e software e fornece servizos comúns para os programas informáticos. O sistema operativo é un compoñente esencial para un sistema informático. Os sistemas operativos de tempo compartido programan as tarefas para un uso eficiente do sistema e tamén poden incluír software de contabilidade para a asignación de custos do tempo do procesador, almacenamento masivo, periféricos e outros recursos.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Coñécese como diáspora galega o proceso de emigración masiva do pobo galego que se produciu durante as tres últimas décadas do século XIX ata ben pasada a metade do século XX. Así, entre 1850 e 1960 marchan cara a América máis de dous millóns de galegos e galegas. Cómpre destacar a importancia deste fenómeno nos contextos socioeconómico, político e cultural da Galicia territorial e da Galicia exterior. O historiador Antonio Eiras Roel estima en 2.041.603 o número de galegos emigrados a América, o que supón o 38,5% do total de migrantes españois (5.311.906), o que supuxo que Galicia tivese unha taxa de saída por cada mil habitantes superior a Irlanda nos momentos álxidos das correntes migratorias.
Paloma San Basilio, nada en Madrid o 22 de novembro de 1950, é unha cantante e actriz española. Trátase dunha das intérpretes máis populares e prestixiosas no ámbito da canción melódica en castelán. A potencia vocal de Paloma San Basilio, e a súa precisión e nitidez no fraseo son as súas características máis destacables.
Luísa Villalta Gómez, nada na Coruña, na rúa Vila de Laxe, o 15 de xullo de 1957 e finada na mesma cidade o 6 de marzo de 2004, foi unha escritora, filóloga e violinista galega. Escribiu poesía, teatro, narrativa de ficción, ensaio, articulismo e tradución. O colectivo A Sega acordou dedicarlle o Día das Galegas nas Letras do ano 2022, esta plataforma terá dito: "celebrámoste desde a complexidade da épica ao publicismo, deste ti, desde o teu pensar, lúcida e comprometida, sempre na construción dun pobo".
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Unha motoserra é unha máquina formada por un conxunto de dentes de serra unidos a unha cadea accionada por un motor que a fai virar a alta velocidade. Está deseñada para cortar troncos, ramas ou outros obxectos de altura, mesmo se pode cortar xeo (bloques ou grandes anacos). Hai ademais persoas especializadas en facer esculturas tanto de madeira como de xeo utilizando para iso motoserras.
Palestina (Árabe: فلسطين, Filasṭīn, Falasṭīn ou Filisṭīn), oficialmente declarado como o Estado de Palestina (Árabe: دولة فلسطين, Dawlat Filasṭin), é un Estado con recoñecemento limitado situado no Oriente Medio, máis concretamente no Levante mediterráneo, e que limita con Israel, Xordania, Exipto e a ribeira sudoriental do mar Mediterráneo. Tamén é considerado un protoestado. Foi proclamado no exilio en Alxer o 15 de novembro de 1988, cando o Consello Nacional da Organización para a Liberación de Palestina (OLP) adoptou a declaración de independencia de Palestina de forma unilateral.
O testemuño de Naxira foi un falso testemuño pronunciado ante o caucus de Dereitos Humanos do Congreso dos Estados Unidos o 10 de outubro de 1990 por unha rapaza de 15 anos que só deu o seu nome de pila, Naxira. O testemuño foi moi publicitado e foi citado en numerosas ocasións polos senadores dos Estados Unidos e polo presidente George Bush para xustificar o seu apoio a Kuwait na Guerra do Golfo. En 1992, sóubose que o apelido de Naxira era Al Sabah (en árabe: نيرة الصباح) e que era filla de Saud Al-Sabah, o embaixador de Kuwait nos Estados Unidos.
O calendario gregoriano é un calendario de orixe europea, actualmente empregado de xeito oficial en case todo o mundo. Recibe o seu nome por ser o seu promotor o papa Gregorio XIII, quen promulgou o seu uso uso por medio da bula Inter Gravissimas. A partir de 1582 substituíu gradualmente en distintos países ao calendario xuliano, utilizado desde que Xulio César o instaurara no ano 46 a.
Galería de imaxes de arañas de Galicia
Galería de imaxes de arañas de Galicia. As arañas pertencen á orde Araneae dos artrópodos.
A segunda guerra mundial foi un conflito armado a escala mundial que durou do 1 de setembro de 1939 ó 2 de setembro de 1945. Involucrou a maioría de países do mundo, incluídas todas as grandes potencias que eventualmente formaron dúas alianzas militares opostas: os Aliados e o Eixe. Foi a guerra de máis alcance da historia, involucrando directamente máis de 100 millóns de persoas de máis de 30 países.
Charles Francis Feeney, coñecido tamén como 'Chuck' Feeny nado en Elizabeth (Nova Jersey) o 23 de abril de 1931 e finado en San Francisco o 9 de outubro de 2023, foi un empresario e filántropo irlandés-estadounidense. É o fundador de The Atlantic Philanthropies, unha das maiores fundacións privadas do mundo, e da súa filial General Atlantic.
Líbano (/ˈlɛbənɒn, -nən/, árabe: لُبْنَان), oficialmente a República do Líbano (árabe: الجمهورية اللبنانية) ou a República Libanesa, é un país de Asia Occidental. Está situado entre Siria ata o norte e o leste e Israel ata a o sur, mentres que Chipre atópase ao seu oeste atravesando o Mar Mediterráneo, a súa localización na encrucillada da Conca do Mediterráneo e do interior árabe contribuíu á súa rica historia e deu forma á unha identidade cultural de diversidade relixiosa. Forma parte da rexión do Levante de Oriente Medio.
Theo Jansen, nado en Scheveningen-A Haia, Países Baixos o 14 (ou o 17 segundo a fonte) de marzo de 1948 como Theodorus Gerardus Jozef Jansen é un artista holandés activo sobre todo no campo da escultura cinética, con creacións que se sitúan na fronteira entre a creación artística e o deseño de enxeñaría. As súas creacións máis famosas son os Strandbeesten (animais de praia), grandes estruturas móbiles construídas conectando e articulando tubos finos de PVC amarelo, do tipo utilizado na enxeñaría eléctrica para a canalización do cableado dos sistemas eléctricos, ensamblados con cinta adhesiva, gomas e bridas para cables. A estes materiais súmase o uso de botellas de polietileno reciclado, paus de madeira e mesmo palés.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, radicando nesta cidade e concello o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2022 o concello tiña 98.179 habitantes. O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
A Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura, UNESCO (en inglés United Nations Educational, Scientific and Cultural Organization e en francés: Organisation des Nations unies pour l'éducation, la science et la culture) é un organismo especializado das Nacións Unidas cuxo obxectivo é promover a paz e a seguridade mundial mediante a cooperación internacional en materia de educación, artes, ciencias e cultura. Ten 194 estados membros e 12 membros asociados, así como socios das organizacións non gobernamentais, intergobernamentais e do sector privado. A súa sede atópase en París, Francia, mais a UNESCO ten 53 oficinas rexionais de campo e 199 comisións nacionais que facilitan o seu mandato global.
A Xunta de Galicia aparece definida no Estatuto de Autonomía de Galicia como o órgano colexiado de goberno de Galicia. Está composta pola presidencia, a ou as vicepresidencias e mais as conselleiras e os conselleiros. As vicepresidencias e as conselleiras e conselleiros noméanse dende a presidencia.
O A é a primeira letra do alfabeto galego, e representa a vogal máis aberta da lingua galega. Pode ter a función de artigo determinado feminino singular (a bolboreta), ou de preposición con distintos valores (axudar a alguén, ir a Santiago). Tamén pode ser un prefixo de orixe latina con valor de aproximación ou dirección (achegar, asentar), ou un prefixo de orixe grega con valor de negación (apolítico, anormalidade).
Un kibbutz (do hebreo קיבוץ, que significa "asemblea" ou "xuntos") é unha comunidade ou vila colectivista de Israel baseada tradicionalmente na agricultura. O primeiro kibbutz, Degania Alef, foi creado en 1909. Hoxe en día, o traballo agrícola foi parcialmente substituído por sectores como fábricas industriais e empresas de tecnoloxía.
Unha canle ou canal en enxeñaría é unha vía artificial feita polo ser humano para o paso de auga ou outros líquidos. Utilízanse para o transporte de mercadorías, coñecidas co nome de canles de navegación, entre lagos, ríos ou océanos, mediante barcos, pero tamén para a condución de auga, tanto para a subministración como para o desecamento. Os canais interiores precederon ao desenvolvemento do ferrocarril durante a Revolución Industrial e algúns deles foron posteriormente secados e empregados como pasos libres para construír vías férreas.
O J (iota) é unha letra, non propia do alfabeto galego moderno pero usada no galego medieval, e no galego moderno para préstamos léxicos doutras linguas. No alfabeto fonético internacional, [j] representa o aproximante palatal. Na maioría dos teclados alfanuméricos, as teclas j e f xeralmente aparecen cun pequeno relevo perceptible ao tacto, que permite aos usuarios a súa orientación táctil no teclado.
Sônia Bone de Souza Silva Santos, nada o 6 de marzo de 1974, máis coñecida como Sônia Guajajara, é unha activista, ecoloxista e política indíxena brasileira. Como membro do Partido Socialismo e Liberdade (PSOL), foi candidata á presidencia do Brasil nas eleccións xerais do Brasil de 2018, antes de ser elixida como fórmula vicepresidencial do candidato Guilherme Boulos. Isto converteuna na primeira persoa indíxena en postularse para un cargo executivo federal no Brasil.
Os caracteres chineses tradicionais son un conxunto estándar dos caracteres empregados para escribir as linguas chinesas. En Taiwán, o conxunto de caracteres tradicionais está regulado polo Ministerio de Educación de Taiwán, estandarizado na forma estándar dos caracteres nacionais. Estas formas foron predominantes no chinés escrito até mediados do século XX, cando varios países que usan caracteres chineses comezaron a estandarizar conxuntos simplificados de caracteres, a miúdo con caracteres que existían antes como variantes das formas predominantes.Os caracteres simplificados, os codificados pola República Popular da China, son empregados principalmente na China continental, Malaisia e Singapur.
O Samaín (do irlandés antigo Samain, pronunciado /ˈsˠaunʲ/) é unha festividade celta que marca o remate da tempada de colleita e o comezo do inverno ou "metade escura" do ano. Tradicionalmente, é celebrada do 31 de outubro ó 1 de novembro, xa que o día celta comeza e remata co solpor. Atópase a medio camiño entre o equinocio de outono e o solsticio de inverno.