Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Hamás (en árabe حماس, fervor, e acrónimo de Harakat al-Muqáwama al-Islamiya, حركة المقاومة الإسلامية Movemento de Resistencia Islámica) é unha organización político-relixiosa palestina que pretende a destrución de Israel e a creación dun estado islámico en Palestina. Hamás fundouna Ahmed Yassin o 14 de decembro de 1987 na franxa de Gaza, coincidindo co levantamento popular, ou intifada, contra a ocupación israelí. Ten relacións estreitas cos Irmáns Musulmáns exipcios.
Bélxica ( pronunciación ) (en alemán: Belgien [ˈbɛlɡiən] , en francés: Belgique [bɛlʒik] , en neerlandés: België [ˈbɛl.ɣi.jə] ), oficialmente Reino de Bélxica ( pronunciación ) (en alemán: Königreich Belgien, en francés: Royaume de Belgique, en neerlandés: Koninkrijk België), é unha monarquía parlamentaria situada en Europa Noroccidental, que fai fronteira cos Países Baixos, Alemaña, Luxemburgo e Francia. É un dos membros fundadores da Unión Europea cuxas institucións principais están hospedadas no país, así como moitas outras organizacións internacionais, como a OTAN. O territorio belga espállase ao longo de 30.528 km², onde viven un pouco máis de 11 millóns de habitantes, o que fai de Bélxica un dos países máis densamente poboados do mundo. O país atópase na encrucillada entre os límites da Europa xermánica coa latina.
O Wikidata é unha base de datos editada de forma colaborativa, parte da Fundación Wikimedia, co obxectivo de proporcionar unha fonte común para certos tipos de datos, como datas de nacemento, que poden utilizar proxectos da Wikimedia como a Wikipedia. Isto é semellante á forma na que a Wikimedia Commons proporciona almacenamento para ficheiros multimedia e acceso a estes ficheiros en tódolos proxectos da Wikimedia.
Leoš Janáček, nado na localidade de Hukvaldy (Moravia, daquela pertencente ao Imperio Austríaco e na actualidade na República Checa) o 3 de xullo de 1854 e finado o 12 de agosto de 1928 en Ostrava (Checoslovaquia), foi un compositor, organista, teórico musical, folklorista, publicista e profesor checo. Inspirouse nas músicas tradicionais da súa Moravia natal, así como a de tódolos pobos eslavos, para crear un estilo musical orixinal e moderno.
Bernard Noël "Banjo Barney" McKenna, nado o 16 de decembro de 1939 en Donnycarney (Condado de Dublín) e finado o 5 de abril de 2012 en Howth (Condado de Dublín), foi un músico irlandés que pese a tocar varios instrumentos coma a mandolina e o acordeón pasou á historia como un dos mellores tocando o banjo tenor. Foi membro fundador do histórico grupo irlandés The Dubliners.
Airbus SE, máis coñecida como Airbus, é unha grande empresa paneuropea aeronáutica e aeroespacial. Airbus SE é un holding matriz sen actividade de produción. A actividade industrial lévase a cabo a través de filiais como Airbus SAS e Airbus Canada, que deseñan, fabrican e venden avións comerciais e ten divisións separadas de defensa e espazo e helicópteros.
American Basketball Association
Para a actual competición homónima véxase: American Basketball Association (2000).A American Basketball Asociation (ABA) foi unha liga de baloncesto creada en 1967 en directa competencia coa National Basketball Association (NBA) nos Estados Unidos. Por ela pasaron grandes figuras do baloncesto norteamericano, até a súa disolución, en 1976.
Chinese Basketball Association
A Chinese Basketball Association (do inglés: Asociación de Baloncesto Chinesa; en chinés: 中国男子篮球职业联赛, pinyin: Zhōngguó Nánzǐ Lánqiú Zhíyè Liánsài) é a máxima categoría do baloncesto profesional masculino na República Popular da China. Fundada no ano 1995, está considerada a máis importante competición deste deporte en Asia. A liga é coñecida de forma habitual tanto por fans como en xeral co acrónimo CBA. A CBA non debe confundirse coa National Basketball League (NBL), outra competición profesional chinesa de inferior categoría.
O Spirou Charleroi é un club profesional de baloncesto belga con sede na cidade de Charleroi (Hainaut, Valonia). Actualmente xoga na BNXT League, a máxima categoría do baloncesto de Bélxica e os Países Baixos. Desde o ano 1996 é un dos equipos dominadores do baloncesto do seu país, chegando incluso a competir na Euroliga.
A cor é a impresión producida por un ton de luz nos órganos visuais, ou máis exactamente, é unha percepción visual que se xera no cerebro dos humanos e outros animais ao interpretar as sinais nerviosos que lle envían os fotorreceptores na retina do ollo, que á súa vez interpretan e distinguen as distintas lonxitudes de onda que captan da parte visible do espectro electromagnético. É estudado pola ciencia da cor.Para observar a cor debe de haber luz, cando a luz reflíctese as cores rebotan do obxecto. Todo corpo iluminado absorbe unha parte das ondas electromagnéticas e reflicte as restantes.
Global Research Identifier Database
Global Research Identifier Database (GRID) é un conxunto de datos de acceso público sobre institucións de todo o mundo que están implicados na investigación. Na base de datos, cada institución está acompañada dun enderezo único, moitas veces complementado con información, como as coordenadas xeográficas, a páxina web e a páxina da Wikipedia. Hai todo tipo de organización e de institutos.
Geostationary Operational Environmental Satellite
Geostationary Operational Environmental Satellite, máis coñecidos como GOES, é unha serie de satélites meteorolóxicos estadounidenses dependentes da NOAA, situados en órbita xoestacionaria. O primeiro GOES foi lanzado en 1974 e desde entón a serie foi cambiando e mellorando, podendo dividirse en varias familias de satélites. Os tres primeiros GOES foron coñecidos inicialmente como Synchronous Meteorological Satellite (SMS), cambiándose posteriormente a súa denominación.
Alexandre I de Rusia (en ruso, Александр I Павлович, Aleksandr I Pavlovich), nado en San Petersburgo o 23 de decembro de 1777 e finado na mesma cidade finado o 1 de decembro de 1825, foi tsar de Rusia do 23 de marzo de 1801 ata o 1 de decembro de 1825, e rei de Polonia de 1815 ata 1825, tamén foi o primeiro Gran Duque de Finlandia ruso así como Gran Duque de Lituania.
Harold George "Harry" Belafonte, Jr., nado como Harold George Belafonte, Jr. en Harlem (Nova York) o 1 de marzo de 1927 e finado na mesma cidade o 25 de abril de 2023, foi un actor, músico e activista social estadounidense de orixe xamaicano. Axudou a popularizar o ritmo musical caribeño calipso na década de 1950.
O Club Balonmano Calpisa creouse en Alacant nos anos 70 partindo do histórico Obras del Puerto, e converteuse nun dos equipos máis importantes da Liga ASOBAL, competición que gañou en catro ocasións. Actualmente o seu herdeiro é o BM Alicante. Posteriormente pasou a denominarse Hércules-Calpisa, CB Tecnisa Alicante, CB Tecnisán Alicante e Helados Alacant, antes de trasladarse a Benidorm na súa última etapa.
Unha estación ferroviaria ou estación de ferrocarril é unha instalación ferroviaria con vías á que poden chegar e desde a que se poden expedir trens. Componse de varias vías, con desvíos entre elas, e delimítase por sinais de entrada e saída. Adicionalmente son un punto de acceso ao ferrocarril de pasaxeiros e mercancías, aínda que non é unha condición indispensable para ser unha estación.
Lista de personaxes de Family Guy
Estas son as personaxes da serie de animación televisiva Family Guy.
Pulp Fiction é un filme estadounidense do ano 1994, gañador dun Oscar, escrito e dirixido por Quentin Tarantino, e protagonizado por John Travolta, Bruce Willis, Samuel L. Jackson e Uma Thurman, entre outros. Está considerado coma un dos representantes do cinema posmoderno. Ademais, a súa estrutura non lineal e o seu estilo pouco convencional fixeron que se convertese nun filme de culto, cuxa inflúencia é notable noutras obras.
Inon Zur (en hebreo: ינון צור), nado o 4 de xullo de 1965, é un compositor israelí-estadounidense. Orixinalmente compoñía para filmes e producións de televisión, e máis tarde comezou a compoñer para videoxogos. Foi descrito por ser "internacionalmente recoñecido como un dos compositores orquestrais A-list da industria dos videoxogos".
O voo 17 de Malaysia Airlines (MH17/MAS17) foi un voo internacional regular de pasaxeiros entre Ámsterdam e Kuala Lumpur que foi derrubado o 17 de xullo de 2014 mentres sobrevoaba o leste de Ucraína. O avión caeu preto de Hrabove no oblast de Donetsk, Ucraína, a unha 40 quilómetros da fronteira con Rusia. Os 283 pasaxeiros e 15 tripulantes a bordo do Boeing 777-200ER morreron.
Parsec (pc) é unha unidade de lonxitude usada en astronomía para medir grandes distancias. O nome é un acrónimo formado en inglés a partir das palabras paralax 'paralaxe' e second 'segundo'. Parsec é a distancia a cal se debería situar un observador para ver a distancia dunha unidade astronómica (UA), equivalente á distancia da Terra ao Sol, baixo un ángulo dun segundo de arco (1").
Un oficial de armas é o encargado por un soberano ou un Estado das funcións de iniciar e controlar os asuntos relativos á heráldica e os escudos de armas, preparar e participar nas cerimonias de Estado e manter e interpretar os rexistros heráldicos e xenealóxicos. Tradicionalmente existen tres graos: reis de armas, heraldos e persevantes.
El cant dels ocells (en galego O cantar dos paxaros) é unha canción popular catalá de orixe descoñecida e tradicional do Nadal tradicional catalán. A canción explica a ledicia da natureza o día do nacemento do neno Xesús no portal de Belén. Segundo Joan Amades, o texto desta canción cántase con diversas melodías.
Cosme e Damián (do grego Κοσμάς e Δαμιανός) médicos e irmáns, mártires e patróns dos nenos, os cirurxiáns, farmacéuticos, médicos e traballadores dos balnearios. Os dous irmáns foron torturados, queimados vivos, e como sobreviviron foron decapitados por orde de Diocleciano contra o ano 300 d. C. A súa festa celébrase o 26 de setembro.
Iraq (en árabe العراق), e oficialmente República de Iraq (en árabe: [جمهورية العراق] , é un país de Asia Occidental que abrangue a chaira aluvial de Mesopotamia, o límite noroccidental dos Montes Zagros, e a parte leste do deserto sirio.Iraq limita con Turquía polo norte, con Irán polo leste, Kuwait polo sueste, Arabia Saudita polo sur, Xordania polo suroeste e Siria polo oeste. Ademais o país ten unha franxa costeira de 58 km de lonxitude no noroeste do Golfo Pérsico. A súa capital, Bagdad está localizada na zona do centro deste.
Rhizoctonia é un xénero de fungo pertencente á familia Ceratobasidiaceae. As especies deste xénero non producen esporas mais están compostas de hifas e esclerocios (propágulos hifais) e snn estadios asexuais dos fungos do xénero Thanatephorus. As especies de Rhizoctonia son saprófitos, porén de xeito facultativo son parasitos patóxenos das plantes, que causan doenzas de importancia económica.
.int é un dominio de Internet xenérico de nivel superior usado nas DNS's de Internet. De acordo coa política do IANA, os dominios .int están reservados para organizacións con tratados internacionais e organizacións non gobernamentais co status de "observadores" das Nacións Unidas. Historicamente o dominio .int tamén foi usado para a infraestrutura de bases de datos de internet.
O galvanismo é unha teoría neurolóxica desenvolvida por Luigi Galvani, segundo a cal o cerebro dos animais produce electricidade que é transferida polos nervios, acumulada nos músculos e disparada para producir o movemento dos membros. Esta singular teoría percorreu os claustros universitarios europeos entre finais do século XVIII e primeiras décadas do XIX. Os experimentos con animais, e ata con cadáveres humanos, alentaban a secreta esperanza de que, mediante a electricidade, puidesen sanarse enfermidades que provocaban parálises e aínda reanimar un corpo morto. Esas experiencias poden considerarse un remoto antecedente do desfibrilador cardíaco moderno.
Johann Conrad Gessner, nado o 26 de marzo de 1516 e finado o 13 de decembro de 1565, tamén coñecido como Konrad Gessner, Conrad von Gesner, Conrad Gesner e Conradus Gesnerus (non confundir con Johannes Gessner, 1709-1790), foi un naturalista e bibliógrafo suízo. A súa Historia Animalium en catro volmes (1551-1558) considérase como o fundamento da zooloxía moderna.
A quimiotaxe (/takse/) é o movemento dun organismo ou entidade en resposta a un estímulo químico ao longo dun gradiente. As células somáticas, bacterias e outros organismos unicelulares ou pluricelulares dirixen os seus movementos segundo presenza de certas substancias químicas no seu ambiente. Isto é importante para que as bacterias atopen alimento (por exemplo, glicosa) nadando cara onde hai maior concentración das moléculas nutritivas, ou fuxindo de onde hai moléculas velenosas (por exemplo, fenol).
O Estado de Israel (hebreo: מדינת ישראל, transliteración: Medinat Yisra'el; Árabe: دولة اسرائيل, transliteración: Daulat Isra'il) é un país no Oriente Medio (oeste de Asia, no chamado 'crecente fértil'), situado na costa oriental do mar Mediterráneo. É unha democracia parlamentaria e legalmente un estado xudeu. Fai fronteira co Líbano ao norte, con Siria ao nordeste, con Xordania e Cisxordania ao leste, con Exipto e a franxa de Gaza ao suroeste, e co golfo de Aqaba (no mar Vermello) ao sur.
Raw Power é o terceiro álbum da banda estadounidense de garage rock The Stooges, publicado o 7 de febreiro de 1973 a través do selo Columbia Records. Aínda que inicialmente non tivo éxito comercial, Raw Power gañou popularidade nos anos seguintes á súa edición e, ao igual que o seu predecesor (Fun House de 1970), adoita a ser considerado un influente precursor do punk rock.
Lista de xentilicios de concellos galegos
Esta é unha lista dos xentilicios dos concellos de Galicia:
As mouras son espíritos, seres fantásticos con poderes sobrenaturais dos folclores portugués e galego. Son "seres obrigados por oculta forza sobrenatural a vivir en certo estado de sitio como limitados ou adormecidos, en canto determinada circunstancia non lles rompa o encantamento". Segundo antigos relatos populares, son as almas de doncelas que foron deixadas gardando os tesouros que os mouros esconderan antes de partir para a súa terra.
María del Pilar Bermejo Barrera, nada en Santiago de Compostela en 1956, é unha química galega, catedrática de Química analítica da Facultade de Química da Universidade de Santiago de Compostela, da que é a súa decana. En 2018 converteuse na quinta muller en ingresar na Real Academia Galega de Ciencias.
O calendario gregoriano é un calendario de orixe europea, actualmente empregado de xeito oficial en case todo o mundo. Recibe o seu nome por ser o seu promotor o papa Gregorio XIII, quen promulgou o seu uso uso por medio da bula Inter Gravissimas. A partir de 1582 substituíu gradualmente en distintos países ao calendario xuliano, utilizado desde que Xulio César o instaurara no ano 46 a.
A segunda guerra mundial foi un conflito armado a escala mundial que durou do 1 de setembro de 1939 ó 2 de setembro de 1945. Involucrou a maioría de países do mundo, incluídas todas as grandes potencias que eventualmente formaron dúas alianzas militares opostas: os Aliados e o Eixe. Foi a guerra de máis alcance da historia, involucrando directamente máis de 100 millóns de persoas de máis de 30 países.
Vigo ( pronunciación ) (tamén coñecida como a cidade olívica) é unha cidade e concello da provincia de Pontevedra, na comunidade autónoma de Galicia, no noroeste da península ibérica. É a capital da comarca de Vigo, aínda que historicamente pertenceu á comarca de Val do Fragoso. Ademais é a capital da súa área metropolitana.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
O corno é un filme galego de 2023 dirixido e escrito por Jaione Camborda e protagonizado por Janet Novás, Siobhan Fernandes e Carla Rivas. Foi rodado en lingua galega. Estreouse no Festival Internacional de Cinema de Toronto de 2023 antes de presentarse á 71ª edición do Festival Internacional de Cine de Donostia, onde se converteu no primeiro filme en galego en competir na sección oficial.O 30 de setembro de 2023 converteuse tamén no primeiro filme en galego en gañar a Cuncha de Ouro á mellor película no Festival de Donostia.
Real Expedición Filantrópica da Vacina
A Real Expedición Filantrópica da Vacina, coñecida como Expedición Balmis-Salvany ou Expedición Balmis en referencia ao médico alacantino Francisco Xavier Balmis, foi unha expedición de carácter filantrópico que deu a volta ao mundo e que durou desde o 30 de novembro de 1803 até 1806. O seu obxectivo era nun principio que a vacina da varíola chegase a cada recuncho do daquela Imperio Español (América, Filipinas e outras illas do Pacífico), xa que a alta mortaldade do virus estaba ocasionando a morte de miles de nenos. O rei Carlos IV apoiou e sufragou con fondos públicos ao médico da corte, o doutor Balmis, na súa idea dunha vacinación masiva de nenos ao longo de todo o imperio, xa que a súa propia filla a Infanta María Luísa sufrira tamén a enfermidade.
O A é a primeira letra do alfabeto galego, e representa a vogal máis aberta da lingua galega. Pode ter a función de artigo determinado feminino singular (a bolboreta), ou de preposición con distintos valores (axudar a alguén, ir a Santiago). Tamén pode ser un prefixo de orixe latina con valor de aproximación ou dirección (achegar, asentar), ou un prefixo de orixe grega con valor de negación (apolítico, anormalidade).
A meiga chuchona é unha figura mítica do imaxinario popular galego que dá orixe a unha lenda tradicional que se coñece co mesmo nome. De acordo coa lenda, a meiga chuchona entra ao empardecer o día nas casas onde hai cativos para lles chuchar o sangue, motivo que os fai enmagrecer até quedar co corpo mirrado. Existe unha versión cinematográfica de 2006 a cargo de Pablo Millán.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e actualmente ten un total de 199.312.
Líbano (/ˈlɛbənɒn, -nən/, árabe: لُبْنَان), oficialmente a República do Líbano (árabe: الجمهورية اللبنانية) ou a República Libanesa, é un país de Asia Occidental. Está situado entre Siria ata o norte e o leste e Israel ata a o sur, mentres que Chipre atópase ao seu oeste atravesando o Mar Mediterráneo, a súa localización na encrucillada da Conca do Mediterráneo e do interior árabe contribuíu á súa rica historia e deu forma á unha identidade cultural de diversidade relixiosa. Forma parte da rexión do Levante de Oriente Medio.
Nixeria ( [n ), oficialmente República Federal de Nixeria, é unha república federal que comprende 36 estados e máis o Territorio da Capital Federal, Abuja. O país está localizado no oeste de África, e comparte fronteiras terrestres coa República de Benín polo oeste, o Chad e o Camerún polo leste, e Níxer polo norte. No sur está a costa, co golfo da Guinea no océano Atlántico.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
A Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura, UNESCO (en inglés United Nations Educational, Scientific and Cultural Organization e en francés: Organisation des Nations unies pour l'éducation, la science et la culture) é un organismo especializado das Nacións Unidas cuxo obxectivo é promover a paz e a seguridade mundial mediante a cooperación internacional en materia de educación, artes, ciencias e cultura. Ten 194 estados membros e 12 membros asociados, así como socios das organizacións non gobernamentais, intergobernamentais e do sector privado. A súa sede atópase en París, Francia, mais a UNESCO ten 53 oficinas rexionais de campo e 199 comisións nacionais que facilitan o seu mandato global.
Unha canle ou canal en enxeñaría é unha vía artificial feita polo ser humano para o paso de auga ou outros líquidos. Utilízanse para o transporte de mercadorías, coñecidas co nome de canles de navegación, entre lagos, ríos ou océanos, mediante barcos, pero tamén para a condución de auga, tanto para a subministración como para o desecamento. Os canais interiores precederon ao desenvolvemento do ferrocarril durante a Revolución Industrial e algúns deles foron posteriormente secados e empregados como pasos libres para construír vías férreas.