Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Hamás (en árabe حماس, fervor, e acrónimo de Harakat al-Muqáwama al-Islamiya, حركة المقاومة الإسلامية Movemento de Resistencia Islámica) é unha organización político-relixiosa palestina que pretende a destrución de Israel e a creación dun estado islámico en Palestina. Hamás fundouna Ahmed Yassin o 14 de decembro de 1987 na franxa de Gaza, coincidindo co levantamento popular, ou intifada, contra a ocupación israelí. Ten relacións estreitas cos Irmáns Musulmáns exipcios.
O Estado de Israel (hebreo: מדינת ישראל, transliteración: Medinat Yisra'el; Árabe: دولة اسرائيل, transliteración: Daulat Isra'il) é un país no Oriente Medio (oeste de Asia, no chamado 'crecente fértil'), situado na costa oriental do mar Mediterráneo. É unha democracia parlamentaria e legalmente un estado xudeu. Fai fronteira co Líbano ao norte, con Siria ao nordeste, con Xordania e Cisxordania ao leste, con Exipto e a franxa de Gaza ao suroeste, e co golfo de Aqaba (no mar Vermello) ao sur.
O termo vídeo fai referencia a un proceso electromágnetico de rexistro de imaxe e son. Pode referirse ao soporte de rexistro chamando así á videocasete ou ao equipo encargado da gravación, chamado no ámbito profesional magnetoscopio. Tamén é posible falar de vídeo ao referirse a un determinado programa ao dicir que "está feito en vídeo"; isto remite a un modo de produción do programa ou a un tipo de imaxes que se diferencian na súa "textura" ás producidas polo cine (orixe fotoquímica).
Asia ( pronunciación ) é o maior e máis poboado dos cinco continentes do planeta Terra localizado principalmente nos hemisferios norte e oriental. Abrangue un terzo das partes sólidas da superficie da Terra e é responsábel por albergar case tres quintos da poboación mundial. Limita ó norte a (Rusia) co océano Glaciar Ártico, ó leste co océano Pacífico e ó sur co océano Índico, ó oeste co mar Vermello, onde se xunta coa África pola canle de Suez.
O mar Mediterráneo é un mar continental que esta conectado co océano Atlántico polo estreito de Xibraltar; rodeado pola conca mediterránea esta case completamente pechado por terra: ao norte baña as terras do sur de Europa e Anatolia, ao sur as do norte de África, o leste as do Levante mediterráneo e ao oeste baña as terras da península Ibérica. O mar Mediterráneo ocupa unha superficie duns 2.500.000 km2, que representan o 0,7% da superficie oceánica mundial, pero a súa conexión co Atlántico a través do Estreito de Xibraltar-o estreito que conecta o océano Atlántico co mar Mediterráneo e separa a Península Ibérica en Europa de Marrocos en África- só ten 14 km de ancho. A súa lonxitude oeste-leste, desde o estreito de Xibraltar ata o golfo de Alexandreta, na costa sueste de Turquía, é dun 4000 km.
Utopía e distopía na literatura
Utopía e distopía na literatura, ás veces referidas como ficción utópica e ficción distópica, son senllas denominacións para dous xéneros literarios nos que se exploran as estruturas sociais e políticas dentro dun determinado contexto.
Liverpool é unha cidade inglesa de 439.476 habitantes, capital do distrito metropolitano homónimo e do condado metropolitano inglés do Merseyside. A cidade esténdese ao longo do esteiro do Mersey cara ao Mar de Irlanda non moi lonxe de Gales. Limita polo norte co concello metropolitano de Sefton, polo leste co de Knowsley, polo sur e oeste co devandito río.
O Instituto Cato (en inglés: Cato Institute), que toma o seu nome das Cartas de Catón, é un laboratorio de ideas con sede en Washington, D.C.; non afiliado a partidos políticos e con personalidade xurídica como organización sen ánimo de lucro. Dedícase ó lobby e busca a promoción de políticas públicas que sexan consistentes cos principios de liberdade individual, goberno limitado, mercados libres e paz, dende un punto de vista xeralmente percibido como libertario ou prol laissez faire.O Instituto foi fundado en 1977 en San Francisco, California por Edward H. Crane e inicialmente financiado por Charles G. Koch. Estivo nestes anos relacionado cos inicios do Partido Libertario.
A música barroca é un estilo da música occidental relacionado coa época cultural homónima en Europa. Adóitase delimitala cronoloxicamente entre a estrea da ópera de Claudio Monteverdi L'Orfeo (que foi a primeira ópera do compositor italiano e unha das primeiras obras catalogadas como tal) a principios do século XVII e a morte de Johann Sebastian Bach en 1750, se ben esta delimitación non é de todo exacta.
A velocidade do son é a dinámica de propagación das ondas sonoras. Na atmosfera terrestre é de 343.2 m/s, 1 235.52 km/h (a 20 °C de temperatura). A velocidade ou dinámica de propagación da onda sonora depende das características do medio no que se realiza dita propagación e non das características da onda ou da forza que a xera.
A vexiga natatoria é un órgano de flotación que posúen moitos peixes. Trátase dunha bolsa de paredes flexíbeis chea de gas situada dorsalmente, por debaixoo da columna vertebral e por riba do tubo dixestivo, que controla a flotabilidade mediante un complexo sistema de intercambio gasoso co sangue, e permite ao peixe ascender ou descender na auga sen necesidade de utilizar a musculatura, é dicir, con pouco gasto enerxético. Tamén pode ter outras funcións, como a audición, en certas especies dulciacuícolas.
O río Prípiat, tamén transcrito ás veces como Prypiat ou Pripyat (en belaruso: Прыпяць, IPA [ˈprɨpʲatsʲ]; en ucraíno: Прип’ять, IPA [ˈprɪpjɑtʲ] é un dos principais afluentes do río Dniéper, o máis importante por conca, que nace en Ucraína e pouco despois entra en Belarús, onde discorre en dirección leste, volvendo a entrar en Ucraína pouco antes de desembocar no Dniéper. Ten unha lonxitude de 710 km e unha conca hidrográfica de 121.000 km². As principais cidades que atravesa son Pinsk e Mazir.
Denomínase disolvente, ou solvente, á substancia que permite a dispersión doutra, o soluto, no seu seo. Normalmente o disolvente establece o estado físico da disolución, polo que se di que o disolvente é o compoñente da disolución que está no mesmo estado físico que a disolución. A auga cualifícase moitas veces como o disolvente universal, porque disolve a máis do 50 % dos compostos coñecidos.
ASN.1 corresponde ás siglas de Notacion de Sintaxe Abstracta, version 1 (Abstract Syntax Notation 1, ASN.1) é un estándar, para a descrición de estruturas de representación, codificación e transmisión de datos, independentemente da máquina que se estea usando e as súas formas de representación internas. É un protocolo de nivel de presentación no modelo OSI. O protocolo SNMP usa o ASN.1 para representar os seus obxectos xestionables.
A incursión Doolittle, tamén coñecida como incursión a Tokyo, realizada o 18 de abril de 1942, foi o primeiro ataque aéreo dos Estados Unidos en golpear o arquipélago xaponés (concretamente a illa de Honshu) durante a segunda guerra mundial. Ao demostrar que o propio Xapón era vulnerable a un ataque a éreo estadounidense, proporcionou unha importante inxección de moral e a posibilidade de represalias tras o ataque a Pearl Harbor o 7 de decembro de 1941. A incursión foi planeada e liderada polo tenente coronel James "Jimmy" Doolittle, da Forza Aérea dos Estados Unidos.
Ju-On: The Grudge é un filme xaponés de terror escrito e dirixido por Takashi Shimizu. Trátase do terceiro filme da franquía Ju-on e o primeiro en ser estreado nos cines (os dous primeiros lánzaronse en vídeo). O filme estreouse no Screamfest Film Festival en outubro de 2002 e tivo varias secuelas e un remake estadounidense titulado The Grudge, estreado en 2004.
Lei para a represión dos delitos contra a Patria e o Exército
A Lei para a represión dos delitos contra a Patria e o Exército de España, coñecida como Lei de xurisdicións, foi aprobada polo Congreso o 23 de marzo de 1906 e sancionada polo rei Afonso XIII (1886-1941), e publicada na Gaceta de Madrid o 24 de abril de 1906, no número 114. Foi promovida por Segismundo Moret, presidente do Consello de Ministros, e o conde de Romanones, ministro do Interior, co apoio de Afonso XIII, como reacción aos sucesos de ¡Cu-Cut!. Foi aprobado durante o período constitucional do reinado de Afonso XIII. Aínda que supuxo un forte intervencionismo dos militares na política xa contaba con antecedentes como a Lei de Prensa de 1881 ou o Código de Xustiza Militar de 1886, baixo os gobernos de Cánovas del Castillo.
Un lapis ou lapiseiro é un instrumento de man utilizado para escribir ou debuxar, usualmente sobre papel. Consta dunha variña de grafito (excepto para lapis de cor) e arxila, a cal é normalmente recuberta cunha capa de madeira. Os lapis poden ter tamén unha goma de borrar nun dos seus extremos, xa que a diferenza da pluma estilográfica ou o bolígrafo, o trazo do lapis pode ser borrado con facilidade.
Unha base de datos é un ficheiro organizado de datos sobre un tema. Nos servizos públicos é empregado como un arquivo para ter un acceso rápido ós os seus datos administrados. En informática, unha base de datos é un ficheiro informático que se emprega para preservar datos de xeito organizado e que permite atopar está información rapidamente cando sexa preciso.
O citotrofoblasto é a capa interna do trofoblasto (tamén chamada capa de Langhans) e tamén reciben ese nome as células que a constitúen. Está en posición interior respecto ao sincitiotrofoblasto e externa respecto á parede do blastocisto nun embrión en desenvolvemento. O citotrofoblasto considérase que é unha capa de células nai trofoblásticas porque a capa que rodea o blastocisto permanece mentres que as células fillas se diferencian e proliferan para realizaren diferentes funcións.
O dominio de primeiro nivel (en inglés Top Level Domain TLD) é un dos compoñentes dun enderezo de internet, estes van separados por puntos, así por exemplo: gl.wikipedia.org, e precisamente o último é o que se denomina dominio de primeiro nivel, ou TLD. Por exemplo, no nome de dominio "gl.wikipedia.org", "org" é o TLD, ou dominio de primeiro nivel. O sistema de nomes de dominio en internet transforma os nomes de dominio en enderezos IP numéricos, permitindo así referirse a sitios web e outros recursos mediante nomes doados de lembrar en vez dos enderezos IP numéricos, como 207.142.131.245, que identifican cada ordenador. Este Sistema de Servidores de Nomes de Dominio (DNS, de Domain Name Server) constitúe unha xerarquía en forma de árbore: Cada TLD (p.ex.
O antigo Exipto foi unha civilización do nordeste de África que se desenvolveu ao redor do curso medio e baixo do río Nilo, nos territorios que hoxe en día ocupan o actual estado de Exipto e o norte do Sudán. A civilización constituíuse cara ao 3150 a.C. coa unificación do Alto e Baixo Exipto baixo o primeiro faraón e persistiu durante os seguintes tres milenios ata a época romana. Entre todas as antigas civilizacións do Oriente Próximo a exipcia destaca pola súa singularidade; constituída por poboacións de orixe norteafricano, engadíronse pobos semitas procedentes da rexión de Siria e Palestina, libios vindos do oeste e individuos de Nubia, que descenderon Nilo abaixo.
O estómago é a primeira porción do aparato dixestivo no abdome, excluíndo a pequena porción de esófago abdominal. Funcionalmente podería describirse como un reservorio temporal do bolo alimenticio deglutido até que se procede ao seu tránsito intestinal, unha vez ben mesturado no estómago. É un ensanchamento do esófago.
Mario Gabriel Andretti, nado en Montovun (Croacia) o 28 de febreiro de 1940, é un piloto estadounidense (Italoamericano, posto que é oriúndo de Motovun, antiga cidade de Italia, hoxe en Croacia). Durante a súa carreira, gañou catro títulos de Champcar, e o campionato mundial de Fórmula Un do ano 1978. Andretti é a primeira e única persoa en gañar as 500 millas de Indianápolis, as 500 millas de Daytona e o Campionato Mundial de Fórmula 1.
Hans Florian Zimmer, nado en Frankfurt, Hesse, o 12 de setembro de 1957, é un compositor alemán. É un dos compositores de bandas sonoras máis recoñecidos en Hollywood. Pioneiro na utilización do uso de computadoras, tecnoloxía de sintetizadores dixitais e teclados xunto a orquestras sinfónicas tradicionais, en melodías de cine e televisión.
O cabaleiro escuro (en inglés: The Dark Knight) é un filme de superheroes de 2008 dirixido, producido e coescrito por Christopher Nolan. Secuela do filme Batman empeza (2005), está baseado como aquel en Batman, personaxe de banda deseñada de DC Comics. Está protagonizado por Christian Bale, Michael Caine, Heath Ledger, Gary Oldman, Aaron Eckhart, Maggie Gyllenhaal e Morgan Freeman.
O Avro Canada CF-100 Canuck (coñecido cariñosamente como "Clunk") foi un reactor caza/interceptor canadense que operou durante a guerra fría tanto en bases da OTAN en Europa como parte do NORAD. O CF-100 foi o único caza de deseño canadense en entrar en produción en masa, servindo principalmente coa RCAF/CAF e en pequeno número en Bélxica. Para a súa época, o CF-100 ofrecía engalaxes curtas e unha alta taxa de trepada, facéndoo moi axeitado para o seu rol de interceptor.
Unha estrea é a primeira representación, proxección ou exposición públicas dunha peza teatral, un filme ou unha obra musical, antes do comezo da súa explotación comercial e á cal asisten normalmente unha parte substancial do equipo que traballou na obra, o público asiste por invitación e son xeralmente críticos, persoas relacionados co medio e os seus autores, políticos e xente da cultura. A estrea adoita ir acompañada dunha rolda de prensa ou intervencións do autor, director ou actores e dunha sesión de fotos.
Plan 9 é un sistema operativo multiusuario de código aberto desenvolvido por Bell Labs (a filial de I+D de Lucent Technologies). O equipo de desenvolvemento de Plan 9 conta con algúns dos creadores orixinais de Unix, como Rob Pike e Dennis Richie. O seu nome ven do filme Plan 9 from Outer Space de Ed Wood.
A síndrome de Tourette é unha desorde neuropsiquiátrica herdable que comeza na infancia, caracterizada por múltiples tics físicos e polo menos un tic vocal. Estes tics adoitan variar na súa frecuencia, poden desaparecer temporalmente, e veñen precedidos dunha ansia premonitoria. Esta síndrome defínese dentro dun espectro de trastornos que inclúen tics temporais e persistentes.
Alagoas é un estado brasileiro situado na Rexión Nordeste. Ten como límites: Pernambuco (N e NO); Sergipe (S); Baía (SO); e o Océano Atlántico (E). Ocupa unha área de 27.767 km² (equivalente en tamaño a Albania) e tiña uns 2 827 856 habitantes segundo o Censo 2000 (poboación equivalente á de Galiza).
Enrico Fermi, nado o 29 de setembro de 1901 en Roma (Italia) e finado o 28 de novembro de 1954 en Chicago, Illinois (USA), foi un físico italiano coñecido polo desenvolvemento do primeiro reactor nuclear e o desenvolvemento da teoría cuántica. Gañou o Premio Nobel de Física no ano 1938 e é considerado un dos científicos máis importantes do século XX.Desde 1939 foi profesor de física na Columbia University, e colaborou nos primeiros ensaios e investigacións da bomba nuclear (proxecto Manhattan). Descubriu as reaccións no núcleo producidas por neutróns con movemento lento, e observou que estes eran absorbidos máis facilmente polo núcleo atómico que as partículas aceleradas.
A provincia de Zaragoza (en aragonés: Zaragoza, en catalán: Saragossa) está situada no norte de España e no centro da comunidade autónoma de Aragón. Abarca unha superficie de 17.274 km². Limita coas provincia de Huesca ao nordés, coas de Lleida e Tarragona ao leste, Teruel e Guadalaxara ao sur, Soria e A Rioxa ao oeste e Navarra ao noroeste.
Fallout 3 é un videoxogo, un RPG de acción, o terceiro da serie Fallout e o primeiro desenvolvido por Bethesda Game Studios, publicado nos Estados Unidos o 28 de outubro de 2008, en Europa e Australia o 30 de outubro para Microsoft Windows, PlayStation 3 e Xbox 360. Tras o seu lanzamento, Fallout 3 recibiu moi boas críticas en particular polo seu final aberto e o seu carácter flexible. NPD Group estima que o xogo vendeu 610.000 unidades no seu primeiro mes.
Homer Jay Simpson é un dos personaxes principais da serie de televisión de debuxos animados The Simpsons e pai da familia epónima. Dan Castellaneta é o encargado de proporcionarlle a voz e apareceu por vez primeira na televisión, xunta o resto da súa familia, na curtametraxe de The Tracey Ullman Show titulado "Good Night" o 19 de abril de 1987.
"Remember the Time" é un sinxelo do artista estadounidense Michael Jackson, gravado con Record One Studios. A canción foi lanzada por Epic Records o 14 de xaneiro de 1992 como o segundo sinxelo do oitavo álbum de Jackson, Dangerous. Escrito e composto por Teddy Riley, Michael Jackson e Bernard Belle, a canción foi producida por Riley e Jackson.
A B.League (en xaponés: Bリーグ) é unha competición de baloncesto profesional masculino que abrengue as dúas máximas categorías do país, a B1 League e a B2 League. A liga, operada pola Japan Professional Basketball League (ジャパン・プロフェッショナル・バスケットボールリーグ), foi fundada o 1 de abril de 2015 como resultado da fusión entre a National Basketball League (NBL), operada pola Federación Xaponesa de Baloncesto, afiliada á FIBA, e a bj league operada de forma independente. A fusión foi obrigada pola FIBA como condición para que o Xapón retomara a súa adhesión ao organismo tras a súa suspensión en novembro de 2014.
Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas
A Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (en inglés: Academy of Motion Picture Arts and Sciences, abreviada como AMPAS) é unha organización profesional norteamericana dedicada ó progreso das artes e das ciencias da cinematografía. Foi fundada o 11 de maio de 1927 en California. A Academia está composta por 6.000 profesionais do mundo do cinema.
O Baloncesto Málaga S.A.D., coñecido por motivos de patrocinio como Unicaja Málaga, é un equipo profesional de baloncesto español con sede na cidade de Málaga. Actualmente compite na Liga ACB, disputando os seus encontros como local no Palacio de Deportes José María Martín Carpena, recinto con capacidade para 11 300 espectadores.
O pianista (en inglés: The Pianist) é un filme do ano 2002 dirixido por Roman Polanski e protagonizado por Adrien Brody. O filme é unha adaptación das memorias do músico polaco de orixe xudía Władysław Szpilman. Recibiu en 2002 a Palma de Ouro no Festival Internacional de Cannes, e foi galardoada con tres Premios Óscar: mellor director, mellor actor protagonista e mellor guión adaptado.
O arco musical é un instrumento musical formado por unha corda estirada entre as extremidades dun arco, normalmente de madeira. O arco tradicional pódese utilizar como instrumento musical ou como arma, descoñecéndose o seu primeiro uso. As pinturas rupestres no sur da actual Francia, de arredor de 15 000 a.
The Simpsons é unha comedia de situación de animación estadounidense creada por Matt Groening para a canle de televisión, tamén estadounidense, Fox Broadcasting Company. A serie é unha parodia satírica do estilo de vida do americano de clase media personificado na familia protagonista, formada por Homer, Marge, Bart, Lisa e Maggie. O programa está ambientado na cidade de ficción Springfield, satirizando moitos dos aspectos das condicións humanas, dentro das que se atopa a cultura, sociedade e televisión dos Estados Unidos.
Juliette Binoche, nada o 9 de marzo de 1964 en París, é unha actriz, artista e bailarina francesa. Ó longo da súa carreira como actriz, actuou en máis de 40 filmes, recibindo numerosos premios internacionais. Procendente dunha familia de artistas, comezou a recibir clases de interpretación durante a adolescencia.
El Burgo de Osma-Ciudad de Osma
El Burgo de Osma-Ciudad de Osma é un concello español da provincia de Soria (Castela e León). A súa poboación é de 5.218 habitantes (INE 2012) e ocupa unha superficie de 289,35 km². É cabeceira do partido xudicial de El Burgo de Osma e pertence á comarca de Tierras del Burgo, da que é capital.
O blues rock é un xénero musial que combina improvisacións de bluseiras sobre progresión de 12 compases do blues e extensas boogie jams con estilon rock and roll. O núcleo do son do blues rock está na guitarra eléctrica, no piano, no baixo e na batería, estando normalmente a guitarra eléctrica amplificada cun amplificador a válvulas, dándolle un carácter saturado. O estilo comezou a desenvolverse nos anos 60 no Reino Unido e nos Estados Unidos.
Delonte Maurice West, nado o 26 de xullo de 1983 en Washington, D.C., é un ex xogador profesional de baloncesto estadounidense da NBA. Xogou coa Universidade de saint Joseph na Liga Universitaria e na liga profeisonal, foi escollido no draft polo Boston Celtics e despois xogou con outros equipos como Seattle SuperSonics, Cleveland Cavaliers e Dallas Mavericks. Máis tarde pasou pola liga chinesa cos Fujian Xunxing e Shanghai Sharks para rematar a súa carreira profesional cos Texas Legends na D League. Mide 1,96 e xogaba de escolta.
Palestina (Árabe: فلسطين, Filasṭīn, Falasṭīn ou Filisṭīn), oficialmente declarado como o Estado de Palestina (Árabe: دولة فلسطين, Dawlat Filasṭin), é un Estado con recoñecemento limitado situado no Oriente Medio, máis concretamente no Levante mediterráneo, e que limita con Israel, Xordania, Exipto e a ribeira sudoriental do mar Mediterráneo. Tamén é considerado un protoestado. Foi proclamado no exilio en Alxer o 15 de novembro de 1988, cando o Consello Nacional da Organización para a Liberación de Palestina (OLP) adoptou a declaración de independencia de Palestina de forma unilateral.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
A filla do ladrón de bicicletas
A filla do ladrón de bicicletas é unha novela de Teresa González Costa. Foi publicada por Edicións Xerais en outubro de 2010, logo de acadar o Premio Merlín de literatura infantil e xuvenil dese ano.
O alfabeto galego, segundo a representación gráfica moderna e oficial, ten 23 letras e 6 dígrafos, ademais dalgunhas letras (ç, j, k, w, e y) usadas en estranxeirismos, abreviaturas e símbolos internacionais. No galego medieval (galego-portugués), como en calquera outro estándar non codificado, existían moitas vacilacións na representación de sons. Por exemplo, para o son (/ɲ/) aparecen nos textos galegos representacións con n, nn, ñ, ni, etc.
Os melanosomas son orgánulos celulares que conteñen o pigmento melanina, o pigmento que absorbe luz máis común no reino animal. A melanina sintetízase nunhas células chamadas melanocitos e nas células do epitelio pigmentario da retina. Se a célula simplemente fagocita e incorpora a melanina (pero non a sintetiza) non é propiamente un melanocito e recibe o nome de melanófago.
A quimiotaxe (/takse/) é o movemento dun organismo ou entidade en resposta a un estímulo químico ao longo dun gradiente. As células somáticas, bacterias e outros organismos unicelulares ou pluricelulares dirixen os seus movementos segundo presenza de certas substancias químicas no seu ambiente. Isto é importante para que as bacterias atopen alimento (por exemplo, glicosa) nadando cara onde hai maior concentración das moléculas nutritivas, ou fuxindo de onde hai moléculas velenosas (por exemplo, fenol).
Unha máquina comecartos ou simplemente un comecartos é un aparello automático concibido para ofrecer xogos de aposta sen a intervención dun empregado. Estes dispositivos poden ser mecánicos, electrónicos ou dixitais. O xogo consiste en introducir unha moeda coa esperanza de que saia unha combinación gañadora e obter un premio en metálico que proporciona a propia máquina.
Coñécese como diáspora galega o proceso de emigración masiva do pobo galego que se produciu durante as tres últimas décadas do século XIX ata ben pasada a metade do século XX. Así, entre 1850 e 1960 marchan cara a América máis de dous millóns de galegos e galegas. Cómpre destacar a importancia deste fenómeno nos contextos socioeconómico, político e cultural da Galicia territorial e da Galicia exterior. O historiador Antonio Eiras Roel estima en 2.041.603 o número de galegos emigrados a América, o que supón o 38,5% do total de migrantes españois (5.311.906), o que supuxo que Galicia tivese unha taxa de saída por cada mil habitantes superior a Irlanda nos momentos álxidos das correntes migratorias.
Lista de xentilicios de concellos galegos
Esta é unha lista dos xentilicios dos concellos de Galicia:
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e actualmente ten un total de 199.271.
Atendendo á distribución xeográfica e á maneira de se combinaren os fenómenos diferenciadores das falas galegas, poden delimitarse tres grandes complexos lingüísticos ou bloques: occidental, central, e oriental. No interior destes bloques hai varias áreas, zonas lingüísticas de desigual extensión e unidade, delimitables coa isoglosa dun ou dous fenómenos caracterizadores. Esta división baséase fundamentalmente na fonética e mais na morfoloxía; no futuro a análise da distribución de áreas léxicas do ALGa axudará a precisala ou modificala.
Agustín Fernández Paz, nado en Vilalba o 29 de maio de 1947 e finado en Vigo o 12 de xullo de 2016, foi un escritor e pedagogo galego. Foi autor de máis de cincuenta títulos, preferentemente de literatura infantil e xuvenil. Os seus libros obtiveron numerosos premios, sendo recoñecido por dúas veces como o mellor autor do ano (no 2004, pola Federación de Libreiros de Galicia e no 2007, pola Asociación Galega de Editores).