Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Hamás (en árabe حماس, fervor, e acrónimo de Harakat al-Muqáwama al-Islamiya, حركة المقاومة الإسلامية Movemento de Resistencia Islámica) é unha organización político-relixiosa palestina que pretende a destrución de Israel e a creación dun estado islámico en Palestina. Hamás fundouna Ahmed Yassin o 14 de decembro de 1987 na franxa de Gaza, coincidindo co levantamento popular, ou intifada, contra a ocupación israelí. Ten relacións estreitas cos Irmáns Musulmáns exipcios.
O paspallás (Coturnix coturnix) é unha especie de ave da orde das galiformes, familia dos fasiánidos e subfamilia dos perdicinos, unha das que integran hoxe en día o xénero Coturnix. É unha ave de pequeno tamaño, unha das poucas galiformes que son migratorias, que é moi apreciada gastronomicamente pola súa carne e os seus ovos.
Os moinantes son un grupo social de España e algúns países de Europa. Principalmente son nómades con algunhas similitudes co pobo xitano e considéranse unha etnia con identidade propia. Son tamén chamados quincalleros polo oficio que historicamente realizaban, vender, facer e reparar trebellos metálicos como tixolas e potas.
O monte Everest é o máis alto cumio do mundo, dentro da cadea do Himalaia. Está situado sobre a fronteira entre o Nepal e mailo Tíbet (China). En nepalés, o cumio chámase Sagarmata (do sánscrito सगरमाथा, fronte do ceo), en tibetano, Chomolungma (ཇོ་མོ་གླང་མ), Chomolangma ou Qomolangma (devesa do universo), e en chinés 珠穆朗瑪峰 (pinyin: Zhūmùlǎngmǎ Fēng) ou 聖母峰.
Pablo Ruiz Picasso, nado en Málaga o 25 de outubro de 1881 e finado en Mougins, Francia, o 8 de abril de 1973, foi un pintor español máis coñecido polo nome artístico de Pablo Picasso, xa que asinaba co segundo apelido. Foi un dos máis recoñecidos artistas do século XX, coñecido sobre todo porque fundou o cubismo xunto con Georges Braque. Na súa dilatada carreira, evolucionou por diferentes estilos e experimentou con outras disciplinas como a cerámica, a escultura con bronce, o collage, e mesmo fixo poesía.
Meleagris é un xénero de aves da orde dos galiformes, familia dos faisánidos e subfamilia dos meleagridinos. O xénero que inclúe tan só dúas especies que habitan en América, o pavo común (Meleagris gallopavo), que é orixinario dos Estados Unidos e México, e o pavo ocelado, (Meleagris ocellata), que é endémico das selvas da península do Iucatán.
O termo aglomeración ou ateigamento utilízase frecuentemente para facer referencia á acumulación de individuos ou de animais nun mesmo lugar, o cal non se acha fisicamente preparado para albergalos de tal maneira que, esas persoas ou animais que se achan vivindo nesa situación se verán afectadas non unicamente pola incomodidade de ter que compartir un espazo mínimo con outros, senón tamén que por mor diso será practicamente imposíbel que o lugar observe unha hixiene e seguridade satisfactoria, afectando a saúde das persoas, e mesmo, naquelas situacións máis extremas até pode existir risco para a vida.
O cría comercial do salmón ou salmonicultura é un tipo de acuicultura enfocada na produción de peixes da familia dos salmónidos (Salmonidae). Ao ser peixes anádromos deben pasar durante o seu ciclo de vida por etapas de auga doce e auga salgada. O salmón, xunto coa carpa, son as especies de peixe máis importante para a acuicultura.
Un quilómetro (escrito con q na súa forma plena, pero abreviado km por convención internacional) é unha unidade de medida derivada do metro, e equivale a mil (1.000) metros. O seu símbolo é km no Sistema Internacional. Nótese que se escribe con minúscula e sen punto, a non ser que coincida no fin dunha frase.
Un encoro, presa, represa, vaira ou encalco é unha barreira fabricada con pedra, formigón ou outros materiais, que se constrúe nun río coa finalidade de depositar parte da auga para un posterior aproveitamento en abastecemento ou regadío, para elevar o seu nivel co obxectivo de derivala a canalizacions de rego, ou para a produción de enerxía mecánica ao transformar a enerxía potencial do almacenamento en enerxía cinética, e esta novamente en mecánica ao accionar a forza da auga un elemento móbil. A enerxía mecánica pode aproveitarse directamente, como nos antigos muíños, ou de forma indirecta para producir enerxía eléctrica, como se fai nas centrais hidroeléctricas.
Swan Records foi un selo discográfico estadounidense de mediados do século XX, fundada en 1957, en Filadelfia, Pensilvania. Tiña unha compañía subsidiaria chamada Lawn Records. Swan chamou a atención logo de que Brian Epstein lanzara a canción de The Beatles "She Loves You" e se convertera en número un nos Estados Unidos en xaneiro de 1964.
Gary Player, nado en Xohanesburgo o 1 de novembro de 1935 é un golfista profesional surafricano retirado, considerado un dos mellores da historia. Durante a súa carreira, Player gañou nove campionatos do tour regular e outros nove do Champions Tour. Aos vinte e nove anos, Player gañou o U.S. Open de 1965, converténdose no único non estadounidense que gañou os catro grandes torneos, coñecidos como o Grand Slam.
Célula nai pluripotente inducida
As células nai pluripotentes inducidas (normalmente abreviadas como células iPS, polas súas siglas en inglés de "Induced Pluripotent Stem") son un tipo de células nai con características pluripotenciais (con capacidade de xeraren a maioría dos tecidos) derivadas artificialmente dunha célula que inicialmente non era pluripotencial. Xeralmente, utilízase para obtelas unha célula adulta diferenciada procedente dun tecido, sobre a que se induce a expresión de varios xenes exóxenos, tales como Oct4, Sox2, c-Myc e Klf4, que poden desdiferenciala. Esta desdiferenciación denomínase reprogramación.
A milgranda, tamén chamada granada, é o froito en balaustia da árbore Punica granatum, chamada milgrandeira (ou tamén milgranda, nome que se lle pode dar ao froito e á árbore). O froito está normalmente maduro no hemisferio norte de setembro a febreiro e no sur de marzo a maio.Estes froitos, como sarcotestas completas ou como zume, utilízanse en bolaría, cociña, mesturas de zumes, gornicións de comidas, batidos de froitas e bebidas alcohólicas, como cócteles e viño. As milgrandas describíronse orixinalmente na zona de Irán e na mediterránea e plantáronse por todo o mundo.
Ella Maria Lani Yelich-O'Connor, nada en Devonport, North Shore, Rexión de Auckland, Nova Zelandia, o 7 de novembro de 1996, máis coñecida polo seu nome artístico Lorde (ˈlɔrd), é unha cantautora neozelandesa. O seu primeiro EP, The Love Club, foi lanzado o 22 de novembro de 2012, e o seu primeiro sinxelo, "Royals", debutou no número un do top corenta de Nova Zelandia, e tamén acadou o primeiro posto na Billboard Hot 100 por nove semanas en 2013, converténdose na primeira artista neozelandesa en conseguilo. O seu álbum de estrea, Pure Heroine, foi estreado o 27 de setembro de 2013 e a finais dese mesmo ano foi nomeada ao Grammy en catro categorías, gañando dous dos premios.
O Windows Server 2003 é un sistema operativo creado por Microsoft para os servidores (ordenadores en xeral das empresas para o almacenamento de datos), este sistema está preparado para xestionar ata catro procesadores e unha capacidade moi alta de memoria RAM, tamén se diferenza de Windows XP en que ten características especiais de xestión de usuarios.
Les Roseaux sauvages é un filme francés de 1994 dirixido por André Téchiné. O filme trata do espertar de catro adelescentes e a súa transición á adultez a finais da guerra de Independencia de Alxeria. Foi escollido como candidato de Francia para o Óscar ó mellor filme internacional na 67ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.
Lista de xogos de PlayStation 3
Esta é unha lista de todos os xogos lanzados en Blu-Ray ou anunciados para PlayStation 3, a videoconsola de sobremesa de Sony.
Coñécese como diáspora galega o proceso de emigración masiva do pobo galego que se produciu durante as tres últimas décadas do século XIX ata ben pasada a metade do século XX. Así, entre 1850 e 1960 marcharon cara a América máis de dous millóns de galegos e galegas. Cómpre destacar a importancia deste fenómeno nos contextos socioeconómico, político e cultural da Galicia territorial e da Galicia exterior. O historiador Antonio Eiras Roel estima en 2.041.603 o número de galegos emigrados a América entre o 1836 e 1960, o que supón o 38,5% do total de migrantes españois (5.311.906), o que supuxo que Galicia tivese unha taxa de saída por cada mil habitantes superior a Irlanda nos momentos álxidos das correntes migratorias.
Margin Walker é un EP da banda estadounidense de post-hardcore Fugazi, editado en xuño de 1989 polo selo Dischord Records. Foi lanzado en vinilo e ese mesmo ano no recompilatorio 13 Songs xunto co seu EP de estrea, Fugazi. O vinilo quedou descatalogado, pero Dischord Records reeditouno en outubro do 2009.
Grecia ( pronunciación ) (en grego: Ελλάδα/Elláda, [eˈlaða] (AFI), escoitar ou Ελλάς/Ellás), oficialmente República Helénica ( pronunciación ) (en grego: Ελληνική Δημοκρατία/Elinikí Dimokratía, [eliniˈci ðimokraˈti.a] (AFI)) é un país do sueste meridional europeo, situado ao sur da Península Balcánica. Fai fronteira con Albania, Macedonia do Norte e Bulgaria polo norte e con Turquía polo leste. O mar Exeo atópase no leste e sur da Grecia continental, mentres o mar Xónico se atopa no leste, a través do cal ten ligazóns con Italia, e con Albania.
A Bit of Fry & Laurie é unha serie de humor británica escrita e protagonizadas por Stephen Fry e Hugh Laurie, antigos membros de Cambridge Footlights e que se emitiu en BBC1 e BBC2 entre 1989 e 1995. Durante as súas catro tempadas realizáronse 26 episodios, incluíndo un episodio piloto realizado anteriormente, en 1987. O programa consistía en sketches de comedia bastante excéntricos, os elaborados xogos de palabras e as insinuacións formaban o alicerce de cada emisión, e algunhas das súas ideas estaban inspiradas na participación de Fry e Laurie en Saturday Live ao longo de 1987 e no programa de radio Saturday Night Fry, escrito por Fry.
Linus Benedict Torvalds, nado en Helsinqui o 28 de decembro de 1969, é un informático finés que comezou o desenvolvemento de Linux, un kernel, e hoxe fai de coordinador do proxecto. Inspirándose no sistema operativo Minix, desenvolto por Andrew S. Tanenbaum para aprenderlle ós seus alumnos como funcionaba un sistema operativo, sentiu a necesidade dun sistema operativo de tipo UNIX capaz de executarse no seu PC. Torvalds fixo o desenvolvemento orixinal do kernel Linux no seu propio equipo durante o seu tempo libre.
Un xogo é unha actividade recreativa que envolve un ou máis xogadores. Caracterízase por ter un obxectivo que os xogadores tratan de acadar e por un conxunto de regras que din o que os xogadores poden ou non poden facer. A función principal dun xogo é a de entreter e divertir, pero pode tamén representar un papel educativo.
Unha máquina comecartos ou simplemente un comecartos é un aparello automático concibido para ofrecer xogos de aposta sen a intervención dun empregado. Estes dispositivos poden ser mecánicos, electrónicos ou dixitais. O xogo consiste en introducir unha moeda coa esperanza de que saia unha combinación gañadora e obter un premio en metálico que proporciona a propia máquina.
Iraq (en árabe العراق), e oficialmente República de Iraq (en árabe: [جمهورية العراق] , é un país de Asia Occidental que abrangue a chaira aluvial de Mesopotamia, o límite noroccidental dos Montes Zagros, e a parte leste do deserto sirio.Iraq limita con Turquía polo norte, con Irán polo leste, Kuwait polo sueste, Arabia Saudita polo sur, Xordania polo suroeste e Siria polo oeste. Ademais o país ten unha franxa costeira de 58 km de lonxitude no noroeste do Golfo Pérsico. A súa capital, Bagdad está localizada na zona do centro deste.
O Samaín (do irlandés antigo Samain, pronunciado /ˈsˠaunʲ/) é unha festividade celta que marca o remate da tempada de colleita e o comezo do inverno ou "metade escura" do ano. Tradicionalmente, é celebrada do 31 de outubro ó 1 de novembro, xa que o día celta comeza e remata co solpor. Atópase a medio camiño entre o equinocio de outono e o solsticio de inverno.
Jordi Évole Requena, nado o 21 de xullo de 1974 en Cornellà de Llobregat, Barcelona, é un presentador, humorista e guionista catalán, anteriormente coñecido tamén como El Follonero. Dende 2008 a 2019 presentou o programa Salvados, na cadea de televisión laSexta, e tamén escribe artigos de opinión no diario La Vanguardia e anteriormente en Mundo Deportivo e El Periódico de Catalunya.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Luísa Villalta Gómez, nada na Coruña, na rúa Vila de Laxe, o 15 de xullo de 1957 e finada na mesma cidade o 6 de marzo de 2004, foi unha escritora, filóloga e violinista galega. Escribiu poesía, teatro, narrativa de ficción, ensaio, articulismo e tradución. O colectivo A Sega acordou dedicarlle o Día das Galegas nas Letras do ano 2022, esta plataforma terá dito: "celebrámoste desde a complexidade da épica ao publicismo, deste ti, desde o teu pensar, lúcida e comprometida, sempre na construción dun pobo".
Alfonso Pedraza Sag, nado en San Sebastián de los Ballesteros (Provincia de Córdoba) o 9 de abril de 1996, é un futbolista profesional español formado na canteira do Villarreal CF, que actualmente xoga cedido como extremo no Deportivo Alavés. É internacional coas categorías inferiores da selección española.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e actualmente ten un total de 199.526.
Atendendo á distribución xeográfica e á maneira de se combinaren os fenómenos diferenciadores das falas galegas, poden delimitarse tres grandes complexos lingüísticos ou bloques: occidental, central, e oriental. No interior destes bloques hai varias áreas, zonas lingüísticas de desigual extensión e unidade, delimitables coa isoglosa dun ou dous fenómenos caracterizadores. Esta división baséase fundamentalmente na fonética e mais na morfoloxía; no futuro a análise da distribución de áreas léxicas do ALGa axudará a precisala ou modificala.
Lista de xentilicios de concellos galegos
Esta é unha lista dos xentilicios dos concellos de Galicia:
O A é a primeira letra do alfabeto galego, e representa a vogal máis aberta da lingua galega. Pode ter a función de artigo determinado feminino singular (a bolboreta), ou de preposición con distintos valores (axudar a alguén, ir a Santiago). Tamén pode ser un prefixo de orixe latina con valor de aproximación ou dirección (achegar, asentar), ou un prefixo de orixe grega con valor de negación (apolítico, anormalidade).
Ana Mena Rojas, nada en Estepona (Málaga) o 25 de febreiro de 1997, é unha cantante e actriz española. Deuse a coñecer no ano 2006 após gañar a XII edición rexional dos Premios Veo Veo, aínda que a súa popularidade aumentou cando participou na miniserie Marisol, la película interpretando a Marisol.Mena debutou na industria musical en 2016 co seu sinxelo "No soy como tú crees". En 2018 acadou gran popularidade en Italia coa canción "D'estate non vale" xunto ao cantante italiano Fred de Palma.
O C (ce) é a terceira letra do alfabeto galego. Representa o fonema /θ/, fricativo interdental xordo, antes de e e i (fonema /s/ en zonas con seseo), ou o fonema /k/, oclusivo velar xordo, antes de a, o e u. O ce cedillado (Ç) non forma parte do galego normativo actual, empregándose só en estranxeirismos.
O J (iota) é unha letra, non propia do alfabeto galego moderno pero usada no galego medieval, e no galego moderno para préstamos léxicos doutras linguas. No alfabeto fonético internacional, [j] representa o aproximante palatal. Na maioría dos teclados alfanuméricos, as teclas j e f xeralmente aparecen cun pequeno relevo perceptible ao tacto, que permite aos usuarios a súa orientación táctil no teclado.
Masculino e feminino en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego. En galego os substantivos son masculinos ou femininos.
Vigo ( pronunciación ) (tamén coñecida como a cidade olívica) é unha cidade e concello da provincia de Pontevedra, na comunidade autónoma de Galicia, no noroeste da península ibérica. É a capital da comarca de Vigo, aínda que historicamente pertenceu á comarca de Val do Fragoso. Ademais é a capital da súa área metropolitana.
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
Ollos de auga é unha novela negra en galego escrita por Domingo Villar e publicada en 2006 pola editorial Galaxia. Está protagonizada polo inspector de policía Leo Caldas que, acompañado polo seu axudante Rafael Estévez, leva a investigación do asasinato de Lois Reigosa, un músico na illa de Toralla.
Lista de etimoloxías dos concellos de Galicia
Nesta páxina recóllense as seccións de Toponimia que analizan a etimoloxía dos nomes dos concellos de Galicia. Para outras localidades, que deberían estar agrupadas na Categoría:Topónimos galegos con etimoloxía, esta información aparecerá nos seus respectivos artigos.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, radicando nesta cidade e concello o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2022 o concello tiña 98.179 habitantes. O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
Unha canle ou canal en enxeñaría é unha vía artificial feita polo ser humano para o paso de auga ou outros líquidos. Utilízanse para o transporte de mercadorías, coñecidas co nome de canles de navegación, entre lagos, ríos ou océanos, mediante barcos, pero tamén para a condución de auga, tanto para a subministración como para o desecamento. Os canais interiores precederon ao desenvolvemento do ferrocarril durante a Revolución Industrial e algúns deles foron posteriormente secados e empregados como pasos libres para construír vías férreas.
O calendario gregoriano é un calendario de orixe europea, actualmente empregado de xeito oficial en case todo o mundo. Recibe o seu nome por ser o seu promotor o papa Gregorio XIII, quen promulgou o seu uso uso por medio da bula Inter Gravissimas. A partir de 1582 substituíu gradualmente en distintos países ao calendario xuliano, utilizado desde que Xulio César o instaurara no ano 46 a.
O Estado de Israel (hebreo: מדינת ישראל, transliteración: Medinat Yisra'el; Árabe: دولة اسرائيل, transliteración: Daulat Isra'il) é un país no Oriente Medio (oeste de Asia, no chamado 'crecente fértil'), situado na costa oriental do mar Mediterráneo. É unha democracia parlamentaria e legalmente un estado xudeu. Fai fronteira co Líbano ao norte, con Siria ao nordeste, con Xordania e Cisxordania ao leste, con Exipto e a franxa de Gaza ao suroeste, e co golfo de Aqaba (no mar Vermello) ao sur.
Lista de palabras galegas de orixe celta
Esta é unha lista de palabras galegas de orixe celta (non completa), moitas delas comúns co portugués. Algunhas destas palabras existían no latín como préstamos dunha fonte celta, como o galo, mentres que outras foron recibidas máis tarde doutras linguas, como o francés, o occitano e o castelán. Por último, algunhas desas palabras proveñen directamente das linguas locais prerromanas.