Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Coñécese como diáspora galega o proceso de emigración masiva do pobo galego que se produciu durante as tres últimas décadas do século XIX ata ben pasada a metade do século XX. Así, entre 1850 e 1960 marchan cara a América máis de dous millóns de galegos e galegas. Cómpre destacar a importancia deste fenómeno nos contextos socioeconómico, político e cultural da Galicia territorial e da Galicia exterior. O historiador Antonio Eiras Roel estima en 2.041.603 o número de galegos emigrados a América, o que supón o 38,5% do total de migrantes españois (5.311.906).
Pablo Ruiz Picasso, nado en Málaga o 25 de outubro de 1881 e finado en Mougins, Francia, o 8 de abril de 1973, foi un pintor español máis coñecido polo nome artístico de Pablo Picasso, xa que asinaba co segundo apelido. Foi un dos máis recoñecidos artistas do século XX, coñecido sobre todo porque fundou o cubismo xunto con Georges Braque. Na súa dilatada carreira, evolucionou por diferentes estilos e experimentou con outras disciplinas como a cerámica, a escultura con bronce, o collage, e mesmo fixo poesía.
Glottolog é un proxecto da base de datos bibliográfica das linguas do mundo, en particular, das menos coñecidas. Creado polo Instituto Max Planck de Leipzig, Alemaña, é un intento de acadar unha fonte bibliográfica completa para as linguas do mundo (95% da diversidade lingüística do mundo) e para achegar unha forte base empírica para as definicións de linguas e as clasificacións da linguaxe. Está composto dun catálogo de linguas e familias de linguas do mundo chamado "Languoid" e a súa bibliografía " Langdoc ".
Alhambra é unha cidade palatina situada na cidade de Granada en España. Tratase dun rico complexo palaciano e fortaleza que aloxaba ó monarca e a corte do Reino de Granada. O seu verdadeiro atractivo, como noutras obras musulmás da época, non só radica nos interiores cunha decoración que está entre os cumios da arte andalusí, senón que tamén na súa localización e adaptación, xerando unha paisaxe totalmente integrada coa natureza preexistente.
Biblioteca Nacional Central de Florencia
A Biblioteca Nacional Central de Florencia (en italiano Biblioteca Nazionale Centrale dei Firenze) é unha biblioteca pública nacional e unha das dúas bibliotecas centrais de Italia, xunto coa Biblioteca Nacional Central de Roma. Atópase en Florencia.
Cyberpunk: Edgerunners (サイバーパンク エッジランナーズ, Saibāpanku Ejjirannāzu) é unha serie de animación cyberpunk polaco-xaponesa de 2022. Está baseada no videoxogo Cyberpunk 2077 de CD Projekt Red. A serie foi animada por Studio Trigger baixo a supervisión de CD Projekt, e estreouse en Netflix en setembro de 2022.
Un disc-jóckey, máis comunmente abreviado como DJ, é unha persoa que toca e mestura música gravada para un público. Os tipos de DJ inclúen DJs de radio (que organizan programas en emisoras de radio de música), DJ de clubs (que traballan nas discotecas ou festivais de música), DJs móbiles (que son contratados para traballar en eventos públicos e privados como vodas, festas ou festivais), e turntablists (que usan tocadiscos, para manipular os sons dos discos fonográficos). Orixinalmente, o "disco" en "disc-jóckey" referíase aos discos de goma laca e posteriormente de vinilo, pero hoxe en día úsase DJ como un termo que abarca tamén ás persoas que mesturan música doutros medios de gravación, como casetes, CD ou ficheiros de son dixital nun CDJ ou nun portátil.
Robert James Gilbert "Bob" Anderson, nado en Gosport o 15 de setembro de 1922 e finado en West Sussex o 1 de xaneiro de 2012 foi un esgrimista olímpico inglés, e un recoñecido coreógrafo de loita con espadas no cinema durante máis de 50 anos, traballando en Highlander, A princesa prometida, A máscara do Zorro, O señor dos Aneis e Die Another Day entre outras. Foi considerado o primeiro coreógrafo de Hollywood na loita con espada, e durante a súa carreira adestrou moitos actores na arte de armas, tales como Errol Flynn, Sean Connery, Antonio Banderas e Johnny Depp. Tamén apareceu como dobre nas pelexas de láser de Darth Vader en O imperio contraataca e O retorno do Jedi.
Fortnite é un videoxogo pertencente ao xénero de supervivencia e xénero aberto desenvolvido polas empresas Epic Games e People Can Fly. Foi lanzado como título de acceso anticipado o 25 de xullo de 2017 para Microsoft Windows, Mac OS, PlayStation 4 e Xbox One. En 2018 converteuse nun videoxogo gratuíto.
O Romanticismo foi un movemento artístico e ideolóxico que se orixinou en Alemaña e no Reino Unido a finais do século XVIII como unha reacción contra o racionalismo da Ilustración e o Neoclasicismo, dándolle preponderancia ó sentimento e a unha serie de valores humanos como a liberdade, o irracionalismo e a particularidade do individuo. O Romanticismo apareceu como consecuencia das loitas políticas, ideolóxicas e sociais que se estaban a dar no continente europeo, baixo un contexto de revolucións liberais e conquistas territoriais por parte do imperio napoleónico, que unidos a un desexo de liberdade contribuíron á aparición dun sentimento patriótico e nacionalista en Europa. Ademais, en medio das violentas tensións xeradas pola nova clase ascendente da burguesía e a decadente nobreza desenvolveuse o proceso de consolidación das grandes nacionalidades europeas.
Un contido de descarga ou contido descargable, tamén coñecido polas siglas DLC (inglés: DownLoadable Content, «contido descargable») o DDC (Descarga De Contido), é un arquivo de datos liberado en forma dixital, xeralmente creado para un videoxogo, e distribuído a través de Internet. A frase se utiliza para referirse especificamente a todo material novo, exclusivo o adicional creado polos desenvolvedores para os videoxogos e que se publica por separado, non incluído no produto base. A frase, non obstante, tamén se ha utilizado para referirse a calquera tipo de medios de entretemento dixital distribuído en liña, por exemplo os mods.
O calado dun corpo é a diferenza entre a súa parte máis somerxida e o nivel que acada a auga no corpo, polo tanto pódese definir como a altura dun corpo somerxida nun líquido, xeralmente aplicado a barcos, bateas, boias e demais obxectos marítimos ou fluviais na auga. Este calado dependerá da densidade do líquido, da superficie na que o corpo toca co líquido e da densidade do corpo principalmente. Por estas razóns mentres que un petroleiro, por exemplo, leva varios metros de barco afundidos, unha lancha planeadora apenas leva uns centímetros.
Squid Game (en coreano: 오징어게임; Ojingeo Geim) é unha serie de televisión surcoreana de 2021 escrita e dirixida por Hwang Dong-hyuk. A serie, composta de nove episodios, está protagonizada por Lee Jung-jae, Park Hae-soo e Wi Ha-joon, e conta a historia dun grupo de persoas que arriscan as súas vidas nun misterioso xogo de supervivencia cun premio de 45,6 billóns de wons. Estreouse internacionalmente o 17 de setembro de 2021 a través de Netflix.
O teorema do coseno é unha xeneralización do teorema de Pitágoras para triángulos non rectángulos que se utiliza, normalmente, en trigonometría. O teorema relaciona un lado dun triángulo cos outros dous e co coseno do ángulo formado por estes dous lados: Dado un triángulo ABC, sendo α, β, γ, os ángulos, e a, b, c, os lados respectivamente opostos a estes ángulos, entón: c 2 = a 2 + b 2 − 2 a b cos ( γ ) {\displaystyle c^{2}=a^{2}+b^{2}-2ab\,\cos(\gamma )} Na maioría dos idiomas, este teorema é coñecido co nome de teorema ou lei dos cosenos, denominación non obstante relativamente tardía. En francés leva o nome do matemático persa Ghiyath al-Kashi que unificou os resultados dos seus predecesores.
O Museo de Arte de Filadelfia (en inglés, Philadelphia Museum of Art), situado ao oeste do Benjamin Franklin Parkway no Fairmount Park de Filadelfia, creouse en 1876 ligado á Exposición do Centenario dese mesmo ano e hoxe en día atópase entre os máis grandes e importantes museos de arte dos Estados Unidos. Orixinalmente chamouse Pennsylvania Museum and School of Industrial Art (Museo de Pensilvania e Escola de Artes Industriais). A súa fundación foi inspirada polo Museo de South Kensington (hoxe o Museo Vitoria e Alberto) en Londres, que naceu da Grande Exposición de 1851.
O metro de Moscova, en ruso: Московский метрополитен, tamén coñecido como o palacio subterráneo, foi inaugurado en 1935, e é actualmente o primeiro do mundo por densidade de pasaxeiros, transporta arredor de 3.341.500.000 persoas ao ano e cerca de 9,2 millóns de individuos ao día. Posúe 200 estacións e unha lonxitude de tendido subterráneo de 333.4 quilómetros (quinto no mundo despois de Nova York, Londres, Madrid e Toquio) con 12 liñas. Na liña nº 5, con forma de anel, que se cruza con todas as outras en dúas estacións, a megafonía indica aos usuarios o sentido en que viaxa o tren, utilizando voces masculinas cando avanzan no sentido das agullas do reloxo, e voces femininas cando se dirixe en sentido contrario.
Red Dead Redemption 2 é un videoxogo de acción e aventura do 2018 desenvolvido e publicado por Rockstar Games. O xogo é a terceira entrada na saga de videoxogos Red Dead e un precuela do xogo do 2010 xogo Red Dead Redemption. A historia é unha representación ficticia dos Estados Unidos en 1899 e segue as proezas do proscrito Arthur Morgan, un membro da banda de Van der Linde, e teñen que lidiar co decline Vello Oeste mentres tentan sobrevivir contra forzas de goberno, bandas rivais, e outros adversarios.
Broken Sword: The Sleeping Dragon
Broken Sword: The Sleeping Dragon é un videoxogo lanzado para Windows, Xbox e PlayStation 2 no 2003, mentres que para o Xapón, a versión de PlayStation 2 (lanzado só en Europa e no Xapón) foi estreado en setembro de 2004. Foi proposta unha versión para Nintendo GameCube, pero acabou sendo cancelada. É a terceira entrega da serie de videoxogos Broken Sword, lanzado seis anos despois do anterior título, The Smoking Mirror.
Museo de Historia Natural de Londres
O Museo de Historia Natural (Natural History Museum) de South Kensington, en Londres, é un dos tres grandes museos localizados na rúa Exhibition Road, en Kensington (os outros dous son o Science Museum e o Victoria and Albert Museum). O museo posúe unha variada colección con máis de 70 millóns de espécimes e obxectos en exposición. As cinco coleccións máis importantes son as correspondentes ás áreas de: botánica, entomoloxía, mineraloxía, paleontoloxía e zooloxía.
Resident Evil (coñecido no Xapón como Biohazard (バイオハザード, Baiohazādo) é unha serie de videoxogos de supervivencia de terror e unha serie de cómics, novelas, catro filmes e unha manchea de coleccionables como figuras de acción, guías de estratexia e publicacións. Desenvolvida pola compañía Capcom e creada por Shinji Mikami, a serie vendeu máis de 35 millóns de xogos ata marzo de 2009.
Rondae Jaquan Hollis-Jefferson, nado o 3 de xaneiro de 1995 en Chester, Pensilvania, é un xogador de baloncesto profesional estadounidense que xoga no Beşiktaş Icrypex turco. Foi elixido na vixésimo terceira posición do Draft da NBA do 2015 polos Portland Trail Blazers procedente da Universidade de Arizona.
A química é a ciencia natural que estuda a composición, estrutura e propiedades da materia xa sexa en forma de elementos, especies, compostos, mesturas ou outras substancias, así como os cambios que estas experimentan durante as reaccións e a súa relación coa enerxía química. Linus Pauling definiuna como a ciencia que estuda as substancias, a súa estrutura (tipos e formas de acomodo dos átomos), as súas propiedades e as reaccións que as transforman noutras substancias en referencia co tempo. A química, a través dunha das súas ramas coñecida como química supramolecular, ocúpase principalmente das agrupacións supratómicas, como son os gases, as moléculas, os cristais e os metais, estudando a súa composición, propiedades estatísticas, transformacións e reaccións, aínda que a química xeral tamén inclúe a comprensión das propiedades e interaccións da materia a escala atómica.
O padriño é unha figura común en varias denominacións cristiás. Asiste a outra persoa en certos sacramentos, con orixe no século II, de orixe relixiosa cristiá, e, posteriormente, pasou a obter diferentes significados dependendo da relixión e o código civil. Segundo Corpus Iuris Civilis, o sentido orixinal de patrocinio, e que segue sendo o máis amplo sentido, é un servizo que debe realizar un individuo que ten unha débeda que pagar ao pai ou nai co patrocinio dun ou máis fillos da parella, unha especie de tributo voluntario dado á familia da parella ao longo de toda a vida.
O bronce é o nome co que se denominan toda unha serie de aliaxes metálicas que teñen como base o cobre e outro metal, xeralmente estaño (entre un 3-20%) e proporcións variables doutros elementos como cinc, aluminio, antimonio, fósforo, prata. Outros elementos con características de dureza superiores ao cobre fan mellorar as súas propiedades mecánicas.
En Estatística a poboación, tamén chamada universo ou colectivo é o conxunto de elementos de referencia sobre o que se realizan as observacións. En Epidemioloxía unha poboación é un conxunto de suxeitos ou individuos con determinadas características demográficas, da que se obtén a mostra ou participantes nun estudo epidemiolóxico á que se quere extrapolar os resultados do devandito estudo (inferencia estatística). O número de elementos ou suxeitos que compoñen unha poboación estatística denomínase N e é igual ou maior que o número de elementos que se obteñen dela nunha mostra (n).
Astérix o Galo (en francés: Astérix le Gaulois) é o primeiro volume da serie de banda deseñada Astérix, creada por René Goscinny (historia) e Albert Uderzo (ilustración). Prepublicado na revista Pilote no n°1 (29 de outubro de 1959) e no n°38 (14 de xullo de 1960) e publicado como álbum en outubro de 1961.Foi traducido ó galego por Eduardo Blanco Amor en 1977. En 1996 publicouse de novo da man de Editorial Galaxia, con tradución de Antonio Pichel Lorenzo.
Neoimpresionismo foi un termo creado polo crítico de arte francés Félix Fénéon no ano 1887 para caracteriza-lo movemento que se estaba a dar na arte de finais do século XIX liderado por Georges Seurat e Paul Signac, que primeiro exibiron as súas obras en 1884 na mostra da Société des Artistes Indépendants en París. O termo de Fénéon sinalaba que as raíces destes desenvolvementos situábanse nas artes visuais do Impresionismo, mais ofrecíase, á súa vez, unha nova lectura da cor e a liña na práctica de Seurat e Signac, e o contexto teórico dos escritos de Chevreul e Charles Blanc.
Wikipedia en xaponés (en xaponés: ウィキペディア日本語版; Wikipedia Nihongo-ban) é a edición xaponesa de Wikipedia, unha enciclopedia libre e aberta. Esta edición é a oitava máis grande despois da Wikipedia en inglés, alemán, francés, polaco, italiano, español e ruso. Comezou en marzo de 2001, e esta versión da enciclopedia contén 1.388.654 artigos e 2.120.203 usuarios, dos cales 13.868 son activos.
O Salvador (en castelán: El Salvador) oficialmente República do Salvador (en castelán: República de El Salvador), é o país máis pequeno e máis densamente poboado de América Central. Limita polo nordeste con Honduras, polo leste co golfo de Fonseca, polo sur co Océano Pacífico e polo oeste con Guatemala. A súa capital é San Salvador, sendo tamén a meirande cidade.
O Metropolitan Museum of Art (Museo Metropolitano de Arte) da cidade de Nova York, coloquialmente "The MET", é o maior museo de arte dos EUA. Con 6 479 548 visitantes nas súas tres sedes en 2019, foi o cuarto museo de arte máis visitado do mundo. A súa colección permanente contén máis de 2 millóns de obras divididas en 17 departamentos. O edificio principal, no número 1000 da Quinta Avenida, ao longo da Museum Mile no bordo oriental de Central Park no Upper East Side de Manhattan, é unha das galerías de arte maiores do mundo.
BARTOC, siglas para Basel Register of Thesauri, Ontologies & Classifications (en galego: Rexistro de Tesauros, Ontoloxías e Clasificacións de Basel) é unha base de datos de Sistemas de Organización do Coñecemento creada na Universidade de Basel, Suíza. O seu obxectivo principal é documentar nun único punto de acceso os sistemas de organización do coñecemento (KOS) como son as clasificacións, os tesauros e os rexistros de autoridades de xeito que teñan maior visibilidade, se destaquen as súas características e poidan buscarse e compararse, fomentando que se comparta o coñecemento. A diferenza doutros rexistros de terminoloxías, BARTOC inclúe calquera tipo de KOS de calquera área do coñecemento, en calquera lingua, sexa cal sexa o seu formato ou forma de acceso.
Judy Garland, nada co nome de Frances Ethel Gumm en Grand Rapids, Minnesota, o 10 de xuño de 1922 e finada en Londres, Reino Unido, o 22 de xuño de 1969, foi unha actriz e cantante estadounidense. O seu papel máis coñecido foi Dorothy Gale en The Wizard of Oz (1939). Foi nomeada para o Óscar á mellor actriz e gañou moitos outros premios na súa carreira.
Lituania ( pronunciación ) (en lituano: Lietuva, [ˈliɛtʊvaː] (AFI)), oficialmente República de Lituania ( pronunciación ) (en lituano: Lietuvos Respublika), é un país da Europa do norte localizado na rexión dos chamados países bálticos. Lituania atópase na beira sueste do mar Báltico, comparte fronteira con Letonia (453 km) polo norte, Belarús (502 km) polo sueste, Polonia (91 km), e o enclave ruso de Kaliningrado (227 km) polo suroeste. Lituania é membro da OTAN e da Unión Europea dende o 2004, ten unha poboación aproximada de 3,4 millóns de habitantes, a súa capital e cidade maior é Vilnius.
Fallout: New Vegas é un videoxogo de rol pertencente á saga Fallout, desenvolvido por Obsidian Entertainment, e distribuído por Bethesda Softworks. Fallout: New Vegas non é unha secuela do seu antecesor na saga, Fallout 3. Trátase dun xogo cunha trama illada do resto de episodios da saga, aínda que nel mantense o contexto histórico ucrónico e o tipo de personaxes.
Damien Hirst, nado en Bristol (Reino Unido) o 7 de xuño de 1965, é un artista británico pertencente ao grupo chamado Young British Artists («novos artistas británicos», ou YBAs polas súas siglas en inglés). É unha figura protagonista na escena da arte en Inglaterra dende comezos da década de 1990 e é internacionalmente coñecido como o artista vivo coa obra mellor pagada.
Ōkami (大神, literalmente "gran deus", "gran espírito" ou "lobo" se se escribe 狼) é un videoxogo de acción e aventuras desenvolvido por Clover Studio e publicado por Capcom. Foi estreado para PlayStation 2 de Sony Computer Entertainment no 2006, no Xapón e en América do Norte, e no 2007 en Europa e Australia. Malia o peche da Clover Studio uns meses despois do lanzamento inicial do xogo, unha versión para a consola Wii de Nintendo foi desenvolvida e producida por Ready at Dawn, Tose e Capcom, que foi estreado en América do Norte en abril de 2008, en Europe en xuño de 2008, e no Xapón en outubro de 2009.
Hideaki Anno (庵野 秀明, Anno Hideaki), nado en Ube o 22 de maio de 1960, é un animador, director de cinema e actor xaponés. É coñecido por ser o creador do popular anime Neon Genesis Evangelion. O seu estilo quedou definido pola incorporación do posmodernismo e da extensa representación dos pensamentos e emocións dos personaxes, a miúdo a través de escenas non convencionais que presentan a súa deconstrución mental.
Samo, tamén coñecido como o rei Samo foi o primeiro gobernante eslavo do que se coñece o nome. Ao parecer era un comerciante franco que, aproveitando unha derrota dos ávaros ante os bizantinos, sublevou aos eslavos contra os ávaros, formando, con axuda franca, un efémero reino que se estendía sobre gran parte das tribos eslavas (checos, moravos, eslovacos, eslovenos e algúns máis do sur), desde o Elba até as proximidades do Adriático. É o primeiro gobernante eslavo do que se coñece o nome.Como tal rei, identifícase como o fundador dos reinos nas historiografías de Bohemia e Eslovaquia.
Spider-Man: Homecoming é un filme estadounidense de 2017 dirixido por Jon Watts. É un filme de superheroes de Marvel Comics sobre a personaxe de Spider-Man, coproducido por Columbia Pictures e Marvel Studios, e distribuído por Sony Pictures Releasing. É o segundo "reboot" de Spider-Man e o décimo sexto filme do Universo Cinematográfico Marvel (MCU).
Silent Hill (en xaponés: サイレントヒル, Hepburn: Sairento Hiru) é unha franquía de terror centrada nunha serie de videoxogos de terror psicolóxico e supervivencia creados por Keiichiro Toyama e distribuídos por Konami. Os primeiros catro videoxogos da serie, Silent Hill, Silent Hill 2, Silent Hill 3 e Silent Hill 4: The Room, foron desenvolvidos por un grupo interno chamado Team Silent, un persoal de desenvolvemento dentro da antiga subsidiaria de Konami Konami Computer Entertainment Tokyo. Os seguintes seis xogos Origins, Homecoming, Shattered Memories, Downpour, Book of Memories e P.T. (un teaser xogable de Silent Hills), foron desenvolvidos por outros equipos, na súa maioría occidentais.
O detective Conan (名探偵 コナン, Meitantei Conan) é unha serie de Gosho Aoyama que aínda non está rematada nin en manga nin en anime e que alcanzou un éxito notable dentro e fóra do Xapón. O anime está producido por TMS Entertainment e supera xa os 830 episodios. Ademais, conta con 20 películas e aínda se emite tódalas semanas no Xapón en Yomiuri TV. No Xapón, o manga aínda se publica semanalmente todos os mércores no Shonen Sunday, dende 1994 e supera xa a cantidade de 925 capítulos.
Karl Raimund Popper, nado en Viena (Imperio Austrohúngaro) o 28 de xullo de 1902 e finado en Londres (Gran Bretaña) o 17 de setembro de 1994, foi un filósofo da ciencia austríaco e naturalizado inglés. É considerado por moitos como o filósofo máis influente do século XX en tematizar a ciencia. Foi tamén un filósofo social e político de estatura considerábel, un gran defensor da democracia liberal e un opoñente implacábel do totalitarismo.
Universidade Iaguelónica de Cracovia
A Universidade Iaguelónica de Cracovia (en polaco: Uniwersytet Jagielloński, UJ) (latín: Universitas Jagellonica Cracoviensis) localízase na cidade polaca de Cracovia, e ocupa a primeira posición da clasificación Times Higher Education Supplement como a mellor universidade de Polonia. Foi fundada en 1364 por Casimiro III o Grande co nome de Academia de Cracovia (Akademia Krakowska), nome que mantivo durante séculos até recibir a denominación actual (Uniwersytet Jagielloński) en 1817, para conmemorar a dinastía dos Iaguelón. Baixo o seu mecenado destacou entre as grandes universidades do renacemento e o humanismo.
A Galería Nacional de Arte (en inglés: National Gallery of Art ou NGA) é un museo de arte, que se atopa no National Mall de Washington, D.C. O museo fundouse en 1937 por unha acta do Congreso dos Estados Unidos, con fondos para a construción e unha substanciosa colección de arte de Andrew W. Mellon. Samuel H. Kress contribuíu á colección orixinal de arte italiana. Fito clave nos comezos do museo foi a compra dun lote de cadros do Ermitage, que o goberno soviético accedeu a vender para obter divisas.
James Bond (tamén coñecido como 007) é un personaxe ficticio creado polo novelista inglés Ian Fleming en 1952, ano no que foi publicada a súa primeira novela, Casino Royale, onde o autor se refire a Bond coma un axente secreto.[Cómpre referencia]Bond protagoniza as súas propias aventuras, que posúen un aspecto común: o seu traballo como espía internacional e as aventuras que se desenvolven con cada misión. A súa profesión outórgalle a denominación de axente encuberto, afiliado ao Servizo Secreto de Intelixencia británico -coñecido actualmente como MI6-. Aínda que nun primeiro momento se fixo famoso a través das novelas, agora é máis coñecido pola serie de películas creadas pola produtora EON, e aínda que se produciron dúas películas independentes e unha adaptación estadounidense da primeira novela de Fleming baixo licenza legal, só as películas de EON son polo xeral consideradas "oficiais" dentro da franquía do personaxe.
TV Tokyo Corporation (株式会社テレビ東京, Kabushiki Gaisha Terebi Tōkyō) é unha canle de televisión comercial de ámbito nacional xaponés que transmite dende Toquio. Foi fundada en 1964, e o seu principal accionista de referencia é o xornal Nihon Keizai Shimbun, sendo a canle principal da rede de emisoras TX Network (TXN). A canle, que tamén se coñece popularmente como Teleto (テレ東, Teretō), é a máis pequena das canles de televisión nacionais que emiten dende Toquio, e salienta pola alta presenza do anime na súa programación.
A Academia Sueca (Svenska Akademien en sueco) foi fundada o 20 de marzo de 1786 polo rei Gustavo III de Suecia, co obxecto de fomentar o uso do idioma sueco seguindo como modelo a Academia francesa (mesma academia sobre a que se modela a Real Academia Española). Consta de 18 membros, as súas funcións eran inicialmente similares á súa homóloga francesa.
Star Citizen é un videoxogo en desenvolvemento de simulación espacial para Microsoft Windows e Linux. Star Citizen ten catro grandes piares: combate espacial en primeira persoa, minaría, exploración, e comercio con elementos de tirador en primeira persoa, e unha campaña dun xogador ou multixogador cooperativo chamada Squadron 42. O xogo construíuse cun motor CryEngine modificado que apoia as principais VR headsets.En 2019, Cloud Imperium Games recadou máis de 220 millóns de dólares en investimento e emprega arredor de 475 desenvolvedores, o cal o converteu nun dos videoxogos máis ambiciosos da historia.
Zinedine Yazid Zidane, nado o 23 de xuño de 1972 en Marsella, é un exfutbolista francés e actual adestrador de fútbol, de familia orixinaria da Cabilia alxeriana. É considerado por algúns medios o máximo expoñente do fútbol mundial de mediados dos anos 90 e principios do 2000 así como un dos mellores xogadores de fútbol de tódolos tempos. Está incluído na lista dos 125 máis grandes xogadores vivos realizada por Pelé, en asociación coa FIFA. Dita organización distinguiuno como Mellor xogador Mundial en 1998, 2000, 2003.
Sonic the Hedgehog ou "Sonic o ourizo" é unha serie de videoxogos de SEGA ademais de ser o nome do personaxe principal da saga, sendo a mascota da compañía. Tamén está presente en cómics, debuxos animados e libros. O primeiro videoxogo desta saga foi creado en 1991 na consola Sega Mega Drive (ou Genesis, como é coñecida nos EUA).
Amarildo Tavares da Silveira, coñecido simplemente como Amarildo, nado en Campos dos Goytacazes, Río de Xaneiro, o 29 de xullo de 1939, é un exfutbolista brasileiro que xogaba como dianteiro. Destacou no Botafogo do Río de Xaneiro, antes de dar o salto ao fútbol italiano, onde vestiu as camisolas do Milan, a Fiorentina e a Roma. Internacional coa selección brasileira, foi o encargado de substituír a Pelé cando este se lesionou no Mundial de 1962 en Chile e tivo unha destacada actuación no torneo, marcando tres goles, un deles na final contra Checoslovaquia na que o Brasil conseguiu o seu segundo título mundial.
Son Goku (孫 悟空, Son Gokū, tamén chamado Goku) é un personaxe de ficción e o principal protagonista da franquía Dragon Ball creada por Akira Toriyama. Está baseado en Sun Wukong, o personaxe central de Viaxe é Oeste, mais Toriyama cambiou moitas das súas características para que fose máis orixinal. Goku é introducido como un estraño neno con rabo de mono que practica artes marciais e posúe unha forza sobre-humana.
A Idade Antiga é a época histórica que coincide co xurdimento e desenvolvemento das primeiras civilizacións ou civilizacións antigas. O concepto máis tradicional de historia antiga presta atención ao descubrimento da escrita, que convencionalmente a historiografía considerou o fito que permite marcar o final da Prehistoria e o comezo da Historia, dada a primacía que outorgan ás fontes escritas fronte á cultura material, que estuda co seu propio método a arqueoloxía. Outras orientacións procuran atender ao sistema social ou o nivel técnico.
Filipe de Habsburgo, alcumado o Fermoso, nado en Bruxas (Flandres) o 22 de xullo de 1478 e finado en Burgos o 25 de setembro de 1506, foi un nobre da casa de Habsburgo, arquiduque de Austria, duque de Borgoña, Brabante, Limburgo e Luxemburgo, conde de Flandres, Habsburgo, Hainaut, Holanda, Zelandia, Tirol e Artois, señor de Antuerpen e Malinas, entre outras cidades (1482 - 1506), e rei de Castela e de León (1504 - 1506) polo seu matrimonio con Xoana, filla e herdeira dos Reis Católicos. Foi quen trouxo a liñaxe dos Habsburgo nos territorios da actual España. O apelativo o Fermoso, deullo o rei Luís XII de Francia.
O día festivo, ou día feiral, é aquel que non é día laborable, no ámbito laboral, que non é día hábil, no ámbito procesual, podendo ser o domingo (na maioría dos países do mundo), o sábado (nos países influídos pola cultura xudía) ou o venres (nos países influídos pola cultura islámica), ademais doutros días declarados festivos. Ademais, un día festivo é unha data do calendario que é resaltada de forma especial e habitualmente adoita ser feiral. Todas as culturas e nacións celebran diferentes eventos durante o ano, en datas específicas de tipo cultural, político ou relixioso.
A filla do ladrón de bicicletas
A filla do ladrón de bicicletas é unha novela de Teresa González Costa. Foi publicada por Edicións Xerais en outubro de 2010, logo de acadar o Premio Merlín de literatura infantil e xuvenil dese ano.
Luísa Villalta Gómez, nada na Coruña, na rúa Vila de Laxe, o 15 de xullo de 1957 e finada na mesma cidade o 6 de marzo de 2004, foi unha escritora, filóloga e violinista galega. Escribiu poesía, teatro, narrativa de ficción, ensaio, articulismo e tradución. O colectivo A Sega acordou dedicarlle o Día das Galegas nas Letras do ano 2022, esta plataforma terá dito: "celebrámoste desde a complexidade da épica ao publicismo, deste ti, desde o teu pensar, lúcida e comprometida, sempre na construción dun pobo".
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.