Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Unha canle ou canal en enxeñaría é unha vía artificial feita polo ser humano para o paso de auga ou outros líquidos. Utilízanse para o transporte de mercadorías, coñecidas co nome de canles de navegación, entre lagos, ríos ou océanos, mediante barcos, pero tamén para a condución de auga, tanto para a subministración como para o desecamento. Os canais interiores precederon ao desenvolvemento do ferrocarril durante a Revolución Industrial e algúns deles foron posteriormente secados e empregados como pasos libres para construír vías férreas.
Os moinantes son un grupo social de España e algúns países de Europa. Principalmente son nómades con algunhas similitudes co pobo xitano e considéranse unha etnia con identidade propia. Son tamén chamados quincalleros polo oficio que historicamente realizaban, vender, facer e reparar trebellos metálicos como tixolas e potas.
Os identificadores son aqueles determinantes que fan referencia a unha realidade indicando de cal se trata (identificadores simples: a, cada, un, calquera...) e establecen unha relación de igualdade ou diferenza de identidade ou grupo (identificadores reforzados: propio, outros,...). Polas súas características, están opostos ó pronome persoal, demostrativo, posesivo, relativo, interrogativo, exclamativo e cuantificadores.
José Roberto Gama de Oliveira, coñecido como Bebeto, nado en Salvador o 16 de febreiro de 1964, é un exfutbolista e político brasileiro. Considerado un dos mellores dianteiros da historia do seu país, foi un prolífico goleador, autor de preto de 400 goles en partidos oficiais. Xogou en tres dos catro grandes equipos do Río de Xaneiro (Flamengo, Vasco da Gama e Botafogo) e destacou tamén no Deportivo da Coruña, sendo o quinto máximo goleador histórico do club galego e un dos seus maiores ídolos.
Un xénero musical é unha categoría que reúne composicións musicais que comparten distintos criterios de afinidade. Estes criterios poden ser especificamente musicais, como o ritmo, a instrumentación, as características harmónicas ou melódicas ou a súa estrutura, e tamén basearse en características non musicais, como a rexión xeográfica de orixe, o período histórico, o contexto sociocultural ou outros aspectos máis amplos dunha determinada cultura. Os xéneros á súa vez divídense en subxéneros.
Mundial de Fútbol de 2014 - Grupo A
O Grupo A da Copa do Mundo de Fútbol de 2014, realizada no Brasil, estivo composto por catro equipos que se enfrontaron entre si nun total de seis encontros: a anfitrioa Brasil, xunto con Croacia, México e o Camerún. Ao termo dos mesmos os dous con maior cantidade de puntos, Brasil e México, con 7, clasificaronse á seguinte fase. Quedarían eliminadas Croacia, con 3 puntos, e Australia, que non conseguiu puntuar.
"Be Together" (ビー・トゥゲザー) é o sétimo sinxelo da cantante xaponesa Ami Suzuki, lanzado o mercado o 14 de xullo do ano 1999 baixo o selo Sony Music e producido por Tetsuya Komuro. Usado como o tema principal dun comercial de televisión de Mos Burgers onde saía a propia Ami, "Be Together" converteuse nun éxito no Xapón. Este foi o primeiro single de Ami en alcanzar a primeira posición nas listas de Oricon.
O Seibu Dome (西武ドーム, Seibu Dōmu), coñecido por motivos de patrocinio como MetLife Dome (メットライフドーム, Mettoraifu Dōmu), é un estadio de béisbol situado en Tokorozawa, Saitama (Xapón). Inaugurado o 14 de abril de 1979, foi erixido como campo local dos Saitama Seibu Lions da Liga do Pacífico da Liga Xaponesa de Béisbol Profesional (NPB). O estadio está cuberto por unha cúpula ao igual que outros moitos estadios do Xapón, mais dispón dunha separación entre a mesma e as bancadas para que o aire circule polo recinto.
Casablanca (en amazigh: ⴰⵏⴼⴰ "Anfa" ou "Taddart Tamellalt", e en árabe: الدار البيضاء, ad-Dar al-Baïdaa, en darija: Casa, كازا) é a maior cidade do Marrocos, o seu principal porto e centro económico e comercial do país. A súa poboación segundo o censo do 2004 é de 3 111 977 de habitantes. Sitúase na beira do Océano Atlántico, a 80 quilómetros ao suroeste de Rabat.
Helen Mirren, nada en Chiswick (Londres) o 26 de xullo de 1945, é unha actriz británica. Trátase dunha das poucas actrices que conta cos premios principais dentro do chamado cinema comercial, pola súa participación nun mesmo filme, The Queen: o premio Oscar, o BAFTA, o Globo de Ouro e máis o Premio do Sindicato de Actores.
Wang Yue (王悦), tamén coñecida como "Xiao Yue Yue" (小悅悅, "pequena Yue Yue"), nada en 2009 e finada o 13 de outubro de 2011, foi unha nena chinesa que foi atropelada mortalmente por dous vehículos en Foshan, Guangdong. Mentres se desangraba na estrada durante máis de sete minutos, até 18 persoas percorreron a rúa pasando xunta o seu corpo, ignorándoa. Finalmente foi axudada por unha persoa que estaba a traballar recollendo lixo e foi enviada ao hospital onde sucumbiu ás súas feridas e morreu oito días despois.
Pokémon Omega Ruby e Alpha Sapphire
Pokémon Omega Ruby (en xaponés: ポケットモンスター オメガルビー; Poketto Monsutā Omega Rubī) e Pokémon Alpha Sapphire (en xaponés: ポケットモンスター アルファサファイア; Poketto Monsutā Arufa Safaia) son dous videoxogos de rol de 2014, senllos remakes dos videoxogos de 2002 Pokémon Ruby e Sapphire, que tamén incúen caractertísticas de Pokémon Emerald. Os xogos forman parte da sexta xeración da serie de videoxogos de Pokémon e foron desenvolvidos por Game Freak e publicados por The Pokémon Company e Nintendo para a consola Nintendo 3DS. Foron anunciados en maio de 2014, e foron lanzados no Xapón, América do Norte e Australia o 21 de novembro de 2014, exactamente doce anos despois do lanzamento dos videoxogos orixinais Ruby e Sapphire, mentres que en Europa a data de lanzamento foi a semana seguinte.Omega Ruby e Alpha Sapphire recibiron polo xeral valoracións positivas por parte da crítica. Ata o 30 de setembro de 2020, os xogos venderon 14,34 millóns de copias en todo o mundo.
Un litro é unha unidade de volume equivalente a un espazo de 1 dm³ (1000 cm³). O seu símbolo é l, se ben en moitas ocasións se usa L para distinguir entre 'l' e '1' nalgunhas grafías, sendo aceptado o seu uso. Porén, a unidade de volume do Sistema Internacional de Unidades (SI) é o metro cúbico (m³), e o litro equivale a unha milésima de metro cúbico.
Canale 5 (Canale cinque) é unha canle de televisión privada en aberto que, xunto con Italia 1 e Rete 4, forma parte do grupo Mediaset, propiedade de Silvio Berlusconi. A súa programación abrangue unha oferta xeralista dirixida a toda a familia. Esta canle está considerada a primeira de televisión privada a nivel nacional en Italia[Cómpre referencia], comezando a funcionar a nivel nacional desde 1980.
WorldCat é o catálogo en liña da OCLC (Online Computer Library Center), considerado o meirande catálogo OPAC do mundo. O seu nome provén da contracción da expresión inglesa World Catalog ('Catálogo Mundial'). Creado no ano 1971, aloxa datos de máis de 10.000 bibliotecas públicas e privadas de todo o mundo.
GameSpot é unha páxina web especializada en videoxogos que achega novas, análises, recensións e informacións relevantes sobre os xogos lanzados no mercado. O sitio web foi creado en maio de 1996 por Pete Deemer, Vince Broady e Jon Epstein. Foi comprado pola ZDNet, unha marca que, tempos despois, foi adquirida pola CNET, a actual dona de GameSpot.
O florín de Aruba (arubaanse florijn en neerlandés; tamén chamada florin en inglés e papiamento, as dúas linguas máis utilizadas en Aruba, e non o neerlandés, aínda que sexa tamén oficial e mantén o termo gulden, pouco utilizado e que non aparece en moedas e billetes) é a moeda oficial de Aruba. O seu código ISO 4217 é AWG. Divídese en 100 cents. Introduciuse en 1986, substituíndo ao florín das Antillas Neerlandesas, ao mesmo tempo que se creaba o Banco Central de Aruba, no novo Estado autónomo dentro da coroa neerlandesa, con paridade coa aquela moeda.
Unha glosa (do grego koiné γλώσσα glossa, "lingua", tanto co significado do órgano coma o de linguaxe) é unha nota escrita nas marxes ou entre as liñas dun texto, onde se explica o significado do escrito no seu idioma orixinal, ás veces noutro idioma. As glosas poden variar na súa complexidade e elaboración, desde simples notas á marxe dalgunhas palabras que poden parecer escuras ou difíciles, até traducións completas dun texto orixinal e referencias a parágrafos similares. Un conxunto de glosas é un glosario, aínda que este termo tamén se pode referir a unha colección de termos especializados e os seus significados.
O grafeno é unha substancia formada por carbono puro, con átomos dispostos nun patrón regular hexagonal similar ó grafito, pero nunha folla dun átomo de espesor. É moi lixeiro, unha lámina de 1 metro cadrado pesa tan só 0,77 miligramos. O grafeno é un alótropo do carbono, un teselado hexagonal plano (como panal de abella) formado por átomos de carbono e ligazóns covalentes que se xeran a partir da superposición dos híbridos sp2 dos carbonos enlazados.
A narratoloxía é a disciplina da crítica literaria que se ocupa do estudo interno da narrativa en sentido sincrónico e paradigmático, é dicir, tomando os textos como entidades estruturais observables mediante un aparello teorético que permite a análise en atención ós principios (universais) que rexen a construción dun texto. Os narratólogos ocúpanse con temas como a caracterización, o tempo narrativo vs. tempo narrado, a trama ou argumento, os narradores-focalizadores vs.
Unión Demócrata Cristiá de Alemaña
A Unión Demócrata Cristiá de Alemaña (CDU - Christlich Demokratische Union Deutschlands) é un partido político de centro-dereita de Alemaña que se fundou en 1945, é membro da Unión Demócrata Internacional. A CDU non opera en Baviera, aínda que mantén acordos de colaboración coa Unión Social Cristiá en Baviera e no Bundestag os dous partidos forman un único grupo. Dende a formación da República Federal Alemá, a CDU formou parte da maioría dos executivos federais e chanceleres como Konrad Adenauer, Helmut Kohl ou Angela Merkel foron militantes democristiáns.
Premio Princesa de Asturias das Artes
O Premio Princesa de Asturias das Artes é concedido pola Fundación Princesa de Asturias dende 1981 á persoa, institución, grupo de persoas ou institucións cuxo labor na arquitectura, cinematografía, danza, escultura, música, pintura e demais expresións artísticas, constitúa unha achega relevante ó patrimonio cultural da humanidade.
Discogs, abreviatura de discografías, é unha páxina web e unha base de datos colaborativa que recolle información sobre gravacións de son, entre as que se inclúe gravacións comerciais, promocionais e gravacións non comerciais. Os servidores de Discogs, aloxados baixo o dominio discogs.com, son propiedade de Zink Media, Inc., e atópanse en Portland, Oregón, nos Estados Unidos. Aínda que a páxina contén listas musicais de tódolos xéneros e en tódolos formatos, é especialmente coñecida por ser a meirande base de datos de música electrónica e polas súas gravacións en discos de vinilo.
O dólar da Liberdade sentada (en inglés: Seated Liberty dollar) foi unha moeda dun dólar de prata cuñada pola Casa da Moeda dos Estados Unidos entre 1840 e 1873, deseñada polo seu gravador xefe, Christian Gobrecht. Foi a derradeira moeda de prata deste valor cuñada antes da aprobación da Lei da Moeda de 1873, que supuxo unha interrupción temporal da emisión do dólar de prata. O anverso desta moeda baséase no do anterior "dólar Gobrecht", ao que substitúe, cuñado de xeito experimental entre 1836 e 1839.
Ecdótica en filoloxía é a crítica do texto cuxa finalidade é a de aproximar de novo un texto o máis posíbel á súa forma orixinaria, é dicir, á que quixo o autor. Deriva do grego ἔκδοτος ékdotos editado: ecdótica é o termo usado polo filólogo francés Dom Henri Quentin (1872-1935). A crítica textual abrangue todo tipo de texto, do literario ao musical.
O voo 705 de Federal Express foi un McDonnell Douglas DC-10-30 de carga que transportaba equipos electrónicos dende Memphis, Tennessee ata San Jose, California que intentou ser secuestrado o 7 de abril de 1994 por Auburn Calloway, que supostamente quería suicidarse. Calloway, un empregado de Federal Express, enfrontábase a un posible despedimento por mentir sobre as súas horas de voo. Embarcou no avión voando gratis levando unha funda de guitarra que ocultaba varios martelos e un arpón.
Costa do Marfil (en francés: Côte d'Ivoire, [kot divwaʁ] (AFI), escoitar), oficialmente República de Costa do Marfil (en francés: République de Côte d'Ivoire), é un país africano. Limita ao norte con Malí e Burkina Faso, ao leste con Ghana, ao sur co océano Atlántico e ao oeste con Liberia e Guinea. A súa capital é Yamousoukro.
A Polinesia -do grego moitas (πολυ, poli) illas (νησα, nisa)- é un conxunto de illas que fican no leste e sur do océano Pacífico. Son basicamente as illas Cook, a illa de Pascua, Pitcairn, Samoa, Tahití, Tuvalu e Hawai. Tradicionalmente a Polinesia forma un triángulo, con esquinas en Hawai, Nova Zelandia e a illa de Pascua.
O Rinoceronte de Dürer é un gravado en madeira de Albrecht Dürer realizado en 1515 que se converteu nunha icona cultural, e que segundo algúns críticos, é a «representación dun animal que máis influencia tivo na historia da arte». Está baseado en bosquexos e descricións duns dos primeiros rinocerontes que chegaron a Europa, concretamente na corte portuguesa.
Unha máquina comecartos ou simplemente un comecartos é un aparello automático concibido para ofrecer xogos de aposta sen a intervención dun empregado. Estes dispositivos poden ser mecánicos, electrónicos ou dixitais. O xogo consiste en introducir unha moeda coa esperanza de que saia unha combinación gañadora e obter un premio en metálico que proporciona a propia máquina.
O Gran Gatsby é unha novela en lingua inglesa escrita polo estadounidense F. Scott Fitzgerald, publicada por vez primeira en 1925 co título orixinal de The Great Gatsby. A trama desenvólvese en Nova York e Long Island na década de 1920. O libro foi descrito como o reflexo da era do jazz na literatura estadounidense.
O asasinato de John F. Kennedy, presidente dos Estados Unidos, ocorreu o venres 22 de novembro de 1963 en Dallas (Texas), ás 12:30 hora local CTS (18:30 UTC). Despois de que a caravana presidencial atravesase a baixa velocidade o centro da cidade e cando a limusina presidencial descapotada pasaba por Dealey Plaza, Kennedy foi mortalmente ferido por disparos de arma de fogo. Foi o cuarto presidente dos Estados Unidos en ser vítima dun asasinato e o oitavo en morrer no exercicio do seu cargo.
Charles Jerome "Chuck" Daly, nado o 20 de xullo de 1930 en St. Marys (Pensilvania) e finado o 9 de maio de 2009 en Jupiter, Florida, foi adestrador profesional de baloncesto. Foi famoso por adestrar aos Detroit Pistons dos "Bad Boys", gañando dous campionatos consecutivos en 1989 e 1990, e ao "Dream Team" dos Xogos Olímpicos de Barcelona 1992.
O artista é a persoa que realiza ou produce obras de arte. O que se entende por artista depende polo tanto do significado da palabra arte, e, dado o cambiante significado deste concepto, o termo artista só pode definirse ou estudarse dende un punto de vista histórico, en función, por exemplo, dos cánones estéticos de cada época. Con todo, existen certas constantes que se repiten ao longo da historia e que serven para definir a noción asemade de arte e de artista.
O One World Trade Center (tamén coñecido como 1 World Trade Center, One WTC e 1 WTC; o edificio actual foi bautizado a "Torre da Liberdade" durante a planificación inicial) é o principal edificio do novo complexo World Trade Center (en galego: Centro do Comercio Mundial) no Baixo Manhattan, Cidade de Nova York. É o rañaceos máis alto do Hemisferio Occidental, e o quinto máis alto do mundo. A megaestrutura de 104 pisos comparte o nome numérico coa Torre Norte do World Trade Center orixinal, o cal foi destruído nos ataques terroristas do 11 de setembro de 2001.
Lista de xentilicios de concellos galegos
Esta é unha lista dos xentilicios dos concellos de Galicia:
O pene é o órgano masculino que intervén na excreción urinaria e en certas prácticas sexuais. O pene en erección, en especial a súa representación, recibe o nome de falo. Intervén na expulsión do esperma e os ouriños e a súa forma e tamaño depende do grao de excitación sexual e doutros factores externos.
IRC son as siglas de Internet Chat Relay ("retransmisión de charla por internet"), unha forma de comunicación instantánea sobre a Internet deseñada para a grupos de persoas que utilizan foros chamados "canais". O IRC foi creado por Jarkko Oikarinen a finais de agosto de 1988 como substituta dun programa chamado MUT nun BBS chamado OuluBox en Finlandia. Oikarinen inspirouse no Bitney Relay Chat que funcionaba na rede Bitnet.
O Samaín (do irlandés antigo Samain, pronunciado /ˈsˠaunʲ/) é unha festividade celta que marca o remate da tempada de colleita e o comezo do inverno ou "metade escura" do ano. Tradicionalmente, é celebrada do 31 de outubro ó 1 de novembro, xa que o día celta comeza e remata co solpor. Atópase a medio camiño entre o equinocio de outono e o solsticio de inverno.
Este é un artigo sobre un territorio de Palestina, se procura outro artigo de igual nome vexa Gaza.A Franxa de Gaza (en árabe: قطاع غزة}, Qita' Ghazzah; en hebreo: רצועת עזה, Retzu'at 'Azza) é un estreito anaco de terra que se atopa na costa oriental do mar Mediterráneo, limitado por Israel polo leste e norte, e por Exipto polo suroeste. Cunha poboación de 2 millóns de persoas concentradas en 365 km2, Gaza ten unha densidade de poboación comparablemente alta. É un dos dous territorios palestinos, xunto con Cisxordania.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e actualmente ten un total de 199.647.
Coñécese como diáspora galega o proceso de emigración masiva do pobo galego que se produciu durante as tres últimas décadas do século XIX ata ben pasada a metade do século XX. Así, entre 1850 e 1960 marcharon cara a América máis de dous millóns de galegos e galegas. Cómpre destacar a importancia deste fenómeno nos contextos socioeconómico, político e cultural da Galicia territorial e da Galicia exterior. O historiador Antonio Eiras Roel estima en 2.041.603 o número de galegos emigrados a América entre o 1836 e 1960, o que supón o 38,5% do total de migrantes españois (5.311.906), o que supuxo que Galicia tivese unha taxa de saída por cada mil habitantes superior a Irlanda nos momentos álxidos das correntes migratorias.
Unha proteína desacoplante (UCP, do inglés uncoupling protein) é unha proteína da membrana mitocondrial interna que é unha canle de protóns ou transportador regulado. Unha proteína desacoplante ten a capacidade de disipar o gradiente de protóns xerado polo bombeo de protóns alimentado pola NADH desde a matriz mitocondrial ao espazo intermembrana. A enerxía perdida en disipar este gradiente de protóns por medio de UCPs non se usa para facer traballo bioquímico, senón que se xera calor.
Accidente da fábrica de alúmina de Ajka
O accidente da fábrica de alúmina de Ajka foi unha catástrofe industrial producida en Ajka (Veszprém, Hungría) o 4 de outubro de 2010 ás 12:25 CEST (10:25 UTC), tras romper un dique liberando preto dun millón de metros cúbicos de refugallos de "lodo vermello", na Fábrica de Alúmina de Ajka (Ajkai Timföldgyár). O lodo acadou entre 1 e 2 metros de altura asolagando as localidades contiguas, en especial Kolontár e Devecser. No primeiro día contabilizáronse catro mortos e 123 feridos, e até o día 8 a cifra aumentara a sete falecidos e 150 feridos.
Este artigo trata sobre a escritora e poetisa galega. Para a estrela situada na constelación de Ofiúco, ver Rosalíadecastro. Para o nome de Rosalía, véxase Rosalía (nome)Rosalía Castro de Murguía, de solteira, Rosalía de Castro Abadía, nada en Conxo (Santiago de Compostela) o 23 de febreiro de 1837 e finada na Matanza (Padrón) o 15 de xullo de 1885, foi unha escritora e poeta galega, considerada a máis ilustre figura da lírica moderna, unha das máis altas da poesía española do século XIX e a principal responsable do Rexurdimento galego do século XIX, xunto a Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez.O 17 de maio, Día das Letras Galegas, celébrase co gallo de ser a data de edición da súa obra Cantares gallegos.
Luísa Villalta Gómez, nada na Coruña, na rúa Vila de Laxe, o 15 de xullo de 1957 e finada na mesma cidade o 6 de marzo de 2004, foi unha escritora, filóloga e violinista galega. Escribiu poesía, teatro, narrativa de ficción, ensaio, articulismo e tradución. O colectivo A Sega acordou dedicarlle o Día das Galegas nas Letras do ano 2022, esta plataforma terá dito: "celebrámoste desde a complexidade da épica ao publicismo, deste ti, desde o teu pensar, lúcida e comprometida, sempre na construción dun pobo".
Masculino e feminino en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego. En galego os substantivos son masculinos ou femininos.
Iraq (en árabe العراق), e oficialmente República de Iraq (en árabe: [جمهورية العراق] , é un país de Asia Occidental que abrangue a chaira aluvial de Mesopotamia, o límite noroccidental dos Montes Zagros, e a parte leste do deserto sirio.Iraq limita con Turquía polo norte, con Irán polo leste, Kuwait polo sueste, Arabia Saudita polo sur, Xordania polo suroeste e Siria polo oeste. Ademais o país ten unha franxa costeira de 58 km de lonxitude no noroeste do Golfo Pérsico. A súa capital, Bagdad está localizada na zona do centro deste.
O peronismo ou xusticialismo é un movemento político arxentino xurdido a mediados da década de 1940 arredor da figura de Juan Domingo Perón e un considerábel número de sindicatos. Dende o seu xurdimento tivo unha importante influencia na política da Arxentina. Na súa forma partidaria, organizouse primeiro como Partido Laborista, logo como Partido Peronista, renomeado posteriormente como Partido Xusticialista.
O A é a primeira letra do alfabeto galego, e representa a vogal máis aberta da lingua galega. Pode ter a función de artigo determinado feminino singular (a bolboreta), ou de preposición con distintos valores (axudar a alguén, ir a Santiago). Tamén pode ser un prefixo de orixe latina con valor de aproximación ou dirección (achegar, asentar), ou un prefixo de orixe grega con valor de negación (apolítico, anormalidade).
Atendendo á distribución xeográfica e á maneira de se combinaren os fenómenos diferenciadores das falas galegas, poden delimitarse tres grandes complexos lingüísticos ou bloques: occidental, central, e oriental. No interior destes bloques hai varias áreas, zonas lingüísticas de desigual extensión e unidade, delimitables coa isoglosa dun ou dous fenómenos caracterizadores. Esta división baséase fundamentalmente na fonética e mais na morfoloxía; no futuro a análise da distribución de áreas léxicas do ALGa axudará a precisala ou modificala.
O J (iota) é unha letra, non propia do alfabeto galego moderno pero usada no galego medieval, e no galego moderno para préstamos léxicos doutras linguas. No alfabeto fonético internacional, [j] representa o aproximante palatal. Na maioría dos teclados alfanuméricos, as teclas j e f xeralmente aparecen cun pequeno relevo perceptible ao tacto, que permite aos usuarios a súa orientación táctil no teclado.
As chinches das camas ou simplemente chinches ou tamén chinchas ou percebellas son insectos parasitos da familia dos cimícidos (Cimicidae), que se alimentan exclusivamente de sangue. Cimex lectularius é a chinche das camas común e a especie máis coñecida que prefire alimentarse de sangue humano. Outras especies de Cimex especializáronse en alimentarse doutros animais, por exemplo, as chinches dos morcegos, como Cimex pipistrelli (de Europa), Cimex pilosellus (de Norteamérica) e Cimex adjunctus (de Norteamérica), ou as chinches das aves.
A segunda guerra mundial foi un conflito armado a escala mundial que durou do 1 de setembro de 1939 ó 2 de setembro de 1945. Involucrou a maioría de países do mundo, incluídas todas as grandes potencias que eventualmente formaron dúas alianzas militares opostas: os Aliados e o Eixe. Foi a guerra de máis alcance da historia, involucrando directamente máis de 100 millóns de persoas de máis de 30 países.