Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
IRC son as siglas de Internet Chat Relay ("retransmisión de charla por internet"), unha forma de comunicación instantánea sobre a Internet deseñada para a grupos de persoas que utilizan foros chamados "canais". O IRC foi creado por Jarkko Oikarinen a finais de agosto de 1988 como substituta dun programa chamado MUT nun BBS chamado OuluBox en Finlandia. Oikarinen inspirouse no Bitney Relay Chat que funcionaba na rede Bitnet.
Unha canle ou canal en enxeñaría é unha vía artificial feita polo ser humano para o paso de auga ou outros líquidos. Utilízanse para o transporte de mercadorías, coñecidas co nome de canles de navegación, entre lagos, ríos ou océanos, mediante barcos, pero tamén para a condución de auga, tanto para a subministración como para o desecamento. Os canais interiores precederon ao desenvolvemento do ferrocarril durante a Revolución Industrial e algúns deles foron posteriormente secados e empregados como pasos libres para construír vías férreas.
O Samaín (do irlandés antigo Samain, pronunciado /ˈsˠaunʲ/) é unha festividade celta que marca o remate da tempada de colleita e o comezo do inverno ou "metade escura" do ano. Tradicionalmente, é celebrada do 31 de outubro ó 1 de novembro, xa que o día celta comeza e remata co solpor. Atópase a medio camiño entre o equinocio de outono e o solsticio de inverno.
Moscova (en ruso: Москва) é a capital de Rusia e o principal centro político, económico, financeiro, educativo e de transporte, situado no río Moscova no Distrito Central Federal, na parte europea de Rusia. A poboación da cidade é de 12,5 millóns de habitantes xunto cos arrabaldes. Constitúe por si mesma o 7% da poboación de toda Rusia.
O Breda Ba.65 foi un avión italiano de ataque ao chan usado pola Aviazione Legionaria na guerra civil española e pola Regia Aeronautica na segunda guerra mundial. Desenvolveuse a partir do Ba.64 e voou por primeira vez en setembro de 1935. Foi o único avión italiano de ataque ao chan que operou con este rol.
Variety é unha revista estadounidense de entretemento e tendencias propiedade de Penske Media Corporation. Foi fundada por Sime Silverman en Nova York en 1905 como un semanario; en 1933 engadiu Daily Variety, baseado nos Ánxeles, para cubrir a industria do cine; e en 1998 lanzou Daily Variety Gotham, baseado en Nova York. Variety.com é unha páxina de novas de pago, con críticas, arquivos, resultados de recadación, base de datos de acreditacións, e calendario de producións e estreas.
O quilovatio-hora, simbolizado kWh, é unha unidade de enerxía. Equivale á enerxía correspondente a unha potencia dun quilovatio (kW) durante unha hora, que corresponde a 3,6 millóns de joules. O quilovatio hora úsase xeralmente para a facturación da enerxía eléctrica, dado que é máis práctico de utilizar que a unidade de enerxía do Sistema Internacional de Unidades, o joule, o cal corresponde a un vatio por segundo (W·s), que sendo como é unha unidade pequena, obrigaría a empregar cifras grandes.
This Is All Yours é o segundo álbum de estudio da banda inglesa de indie rock alt-J, publicado o 22 de setembro de 2014 a través do selo Infectious Music. Foi promocionado con catro sinxelos: "Hunger of the Pine", "Left Hand Free", "Every Other Freckle", e "Warm Foothills". Chegou ao número 1 da lista de álbums británica, ao 2 en Bélxica, Australia e o Canadá e ao 4 nos Estados Unidos.
O patrimonio natural, segundo a Convención sobre a Protección do Patrimonio Mundial, Cultural e Natural de 1972, está conformado, de xeito similar ao patrimonio cultural, por: Monumentos naturais de excepcionalidade estética ou científica constituídos por formacións físicas e biolóxicas. Formacións xeolóxicas e fisiográficas así como áreas delimitadas que constitúen o hábitat de especies animais e vexetais ameazadas. Lugares naturais ou espazos de excepcional valor dende o punto de vista científico, conservacionista ou estético.
Existen tres tratados coñecidos como Tratado de Lisboa: O Tratado de Lisboa de 1668, asinado entre Portugal e España, de independencia de Portugal e de remate da Guerra de Restauración portuguesa. O Tratado de Lisboa de 1864, asinado entre España e Portugal que definiou as fronteiras entre ambos países, e suprimiu a existencia do Couto Mixto O Tratado de Lisboa de 2007, acordo institucional da Unión Europea que emenda os tratados de Roma e de Maastricht.
Stephen Blair Hedges (coñecido tamén como S. Blair Hedges) é profesor de bioloxía evolutiva e herpetólogo no Centro de Biodiversidade da Universidade Temple, Pensilvania, onde é director e investiga a árbore da vida. Asemais, lidera os esforzos de conservación en Haití e noutros lugares. Cofundou o Haiti National Trust.
O bitcoin (símbolo: ; abreviatura: BTC) é unha criptomoeda descentralizada creada por un autor anónimo de pseudónimo Satoshi Nakamoto. Está subdividida en 10 millóns de unidades máis pequenas chamadas satoshis.É a moeda alternativa máis empregada cun mercado total de 100 millóns de USD. No canto de ser creados por unha entidade central, a rede peer-to-peer de bitcoin regula a creación e intercambio de bitcoins segundo a programación da mesma rede. Hai nodos que se dedican a crear e a verificar bitcoins mediante operacións matemáticas que requiren gran capacidade de potencia de cálculo.
O día festivo, ou día feiral, é aquel que non é día laborable, no ámbito laboral, que non é día hábil, no ámbito procesual, podendo ser o domingo (na maioría dos países do mundo), o sábado (nos países influídos pola cultura xudía) ou o venres (nos países influídos pola cultura islámica), ademais doutros días declarados festivos. Ademais, un día festivo é unha data do calendario que é resaltada de forma especial e habitualmente adoita ser feiral. Todas as culturas e nacións celebran diferentes eventos durante o ano, en datas específicas de tipo cultural, político ou relixioso.
Laboratorio de Propulsión a Chorro
O Jet Propulsion Laboratory (JPL) é un centro de investigación e desenvolvemento espacial financiado polo goberno federal, administrado polo Instituto Tecnolóxico de California (Caltech) e patrocinado pola NASA, localizado en La Cañada Flintridge (California). O Laboratorio de Propulsión a Chorro ten como función primordial a construción e o control de naves robóticas enviadas ó espazo amais de controlar as misións de astronomía na orbita terrestre. O JPL tamén é o responsable de dirixir as operacións da "Rede do Espazo Profundo" da NASA. Entre os proxectos de máis relevancia que realizou o laboratorio destacan; a misión Mars Science Laboratory (da que forma parte o rover Curiosity), a sonda espacial Mars Pathfinder, a misión Cassini-Huygens cara á órbita de Saturno, a Mars Exploration Rover Opportunity, a Mars Reconnaissance Orbiter, a misión Dawn cara ao planeta anano Ceres e o asteriode Vesta, a nave Juno de camiño cara a Xúpiter, o telescopio espectroscópico de gama nuclear NuSTAR (telescopio de raios X) e o Telescopio Espacial Spitzer, entre outros.
Lión (en francés: Lyon, francoprovenzal: Liyon), é a terceira cidade máis grande e a segunda área urbana máis grande de Francia. Está situado na confluencia dos ríos Ródano e Saona, a uns 470 km ao sueste de París, 320 km ao norte de Marsella e 56 km ao nordés de Saint-Étienne. A cidade de Lión propiamente dita tiña unha poboación de 516.092 en 2017 dentro do seu pequeno territorio municipal de 48 km², pero xunto coa súa contorna e suburbios a área metropolitana de Lión tiña unha poboación de 2.323.221 ese mesmo ano a segunda máis poboada de Francia.
Estación de Santiago de Compostela
A estación de Santiago de Compostela é unha estación de tren de Adif situada na cidade de Santiago de Compostela. Ten servizos de longa e media distancia operados por Renfe. En 2010 recibiu 1.771.974 pasaxeiros, sendo a estación con maior número de viaxeiros de toda Galicia.
O Northrop Grumman B-21 Raider é un bombardeiro pesado estadounidense que está sendo desenvolvido para a Forza Aérea dos Estados Unidos (USAF) por Northrop Grumman. Como parte do programa Long Range Strike Bomber (LRS-B), será un gran bombardeiro intercontinental estratéxico, de longo alcance, con armament pesado e furtivo para a USAF, capaz delanzar armas convencionais e termonucleares.En 2021 agardábase que o bombardeiro entrase en servizo cara 2026-2027. Vai complementar as frotas de bombardeiros Rockwell B-1 Lancer, Northrop Grumman B-2 Spirit, e Boeing B-52 Stratofortress en servizo cos Estados Unidos, e finalmente substituirá a eses modelos.
Os moinantes son un grupo social de España e algúns países de Europa. Principalmente son nómades con algunhas similitudes co pobo xitano e considéranse unha etnia con identidade propia. Son tamén chamados quincalleros polo oficio que historicamente realizaban, vender, facer e reparar trebellos metálicos como tixolas e potas.
A Wikipedia en castelán é a edición da enciclopedia libre Wikipedia en lingua castelá. Foi creada o 11 de maio de 2001, acadando os 100 000 artigos o 8 de marzo de 2006 e o 1 000 000 de artigos o 16 de maio de 2013. Esta versión da enciclopedia contén 1.901.661 artigos e 6.975.168 usuarios, dos cales 14.243 son activos.
O baixo saxón é unha varidedade do baixo alemán, que conta con 5 millóns de falantes. É lingua rexional cooficial de 8 estados federados: Baixa Saxonia, Renania do Norte-Westfalia, Hamburgo, Schleswig-Holstein e Bremen. (A poboación do estado federado de Saxonia de hoxe en día non é realmente da pendente saxoa.
Lorraine Hansberry, nada en Chicago o 19 de maio de 1930 e finada en Nova York o 12 de xaneiro de 1965, foi unha escritora e dramaturga estadounidense, que participou na loita pola igualdade de dereitos. Foi a primeira autora afroamericana que tivo unha obra representada en Broadway. Foi candidata aos premios Tony á mellor obra e nos premios WGA ao drama estadounidense mellor escrito.
Caenorhabditis elegans é unha especie de verme nematodo de vida libre, transparente, de 1 mm de lonxitude, que vive en ambientes de solos temperados. O seu nome procede do grego caeno-, recente, rhabditis, con forma de bastón, e do latín elegans, elegante. En 1900, Maupas chamouno inicialmente Rhabditides elegans, despois, en 1952, Osche situouno no subxénero Caenorhabditis, e, finalmente, Dougherty elevouno á categoría de xénero en 1955.
O Club Baloncesto Peñas Huesca, tamén coñecido como Levitec Huesca por motivos de patrocinio, é un club profesional de baloncesto español con sede na cidade de Huesca, Aragón. Fundado inicialmente como Club Deportivo Peñas Recreativas de Huesca en 1977, non se constituíu legalmente até 1981. Competiu na liga ACB un total de 12 tempadas co obxectivo de eludir o descenso.
A narratoloxía é a disciplina da crítica literaria que se ocupa do estudo interno da narrativa en sentido sincrónico e paradigmático, é dicir, tomando os textos como entidades estruturais observables mediante un aparello teorético que permite a análise en atención ós principios (universais) que rexen a construción dun texto. Os narratólogos ocúpanse con temas como a caracterización, o tempo narrativo vs. tempo narrado, a trama ou argumento, os narradores-focalizadores vs.
Un estadio (do grego στάδιον, unha unidade de lonxitude equivalente a 176 metros) é unha infraestrutura que serve para albergar deportes, concertos ou outras actividades. Úsase para varios tipos de deportes ao aire libre que son populares a nivel mundial como o fútbol, o rugby, o béisbol etc. Os estadios poden influír de maneira moi importante na economía dun país albergando toda clase de eventos deportivos dependendo da capacidade que presentan.
A COVID-19 (do inglés coronavirus disease 2019 ou enfermidade por coronavirus 2019) é unha enfermidade infecciosa respiratoria causada polo virus SARS-CoV-2. Tamén se pode escribir Covid-19 ou, completamente lexicalizada, covid-19. Esta doenza foi identificada primeiramente en 2019 en Wuhan, capital da provincia chinesa de Hubei, e desde entón espallouse por todo o mundo, orixinando a pandemia por coronavirus de 2019–2021.
Online Computer Library Center
O Online Computer Library Center (OCLC) é un servizo de biblioteca por computador en liña e unha entidade de investigación sen ánimo de lucro. Máis de 57.000 bibliotecas en 112 países e territorios ao redor do mundo usan os servizos de OCLC para localizar, adquirir, prestar e preservar material bibliográfico. Foi fundado por Fred Kilgour en 1967.
Bárbaro é un exónimo pexorativo que procede do grego (βάρβαρος) e a súa tradución literal é "o que tatexa". Aínda que os gregos empregaban o termo para referirse a persoas estranxeiras, que non falaban o grego e cuxa lingua estranxeira soaba aos seus oídos como un tatexo incompresible ou onomatopea (bar-bar- semellante a bla-bla-), tamén existen escritos, como os de Isócrates, que amosan unha apertura deste pobo para concibir aos bárbaros non como "estranxeiros", senón como individuos que carecían de educación, independentemente do seu lugar de nacemento, primitivos ou salvaxes.Os romanos tomaron posteriormente a palabra e o seu significado para o trato cos pobos que invadiron o Imperio Romano. Os clásicos deron o nome de bárbaros a todos os estranxeiros das comarcas fronteirizas co Imperio, e cos que loitaron, aínda que se limita a consideración aos que, ocupando en Europa as comarcas ao norte do Imperio, invadiron este, apoderándose da súa parte occidental.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Os crinoideos son animais mariños que constitúen a clase Crinoidea dos equinodermos. Os crinoideos que están fixados ao fondo mariño por un talo ou pedúnculo adoitan denominarse lirios de mar, mentres que outros carecen de pedúnculo cando son adultos e adoitan denominarse comátulas ou comatúlidos, que son membros da maior das ordes dos crinoideos, Comatulida. Os crinoideos son equinodermos (filo Echinodermata), entre os que tamén están as estrelas de mar, ofiuras, cogombros de mar (holoturias) e ourizos de mar.
O 404 é unha mensaxe de erro do código estándar de resposta do protocolo HTTP que indica que o cliente se puido comunicar co servidor pero que este non foi capaz de atopar o que se buscaba. Un erro 404 indica que o recurso buscado, xeralmente unha páxina web, pode estar dispoñible no futuro. A liña de texto asociada con este erro é "Non atopado".
Non confundir con Iolanda Díaz Gallego (Sarria 1934), activa colaboradora nas distintas actividades desenvolvidas pola emigración galega.Yolanda Díaz Pérez, nada en Fene o 6 de maio de 1971, é unha dirixente política galega, ministra de Traballo e Economía Social desde xaneiro de 2020 e vicepresidenta segunda do Goberno de España. Pertenceu ata 2019 á federación galega de Esquerda Unida, da que foi a súa coordinadora desde 2005 ata o 3 de xuño de 2017 en que foi relevada no cargo por Eva Solla. Foi deputada no Parlamento de Galicia entre 2012 e 2016.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e actualmente ten un total de 199.705.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Atendendo á distribución xeográfica e á maneira de se combinaren os fenómenos diferenciadores das falas galegas, poden delimitarse tres grandes complexos lingüísticos ou bloques: occidental, central, e oriental. No interior destes bloques hai varias áreas, zonas lingüísticas de desigual extensión e unidade, delimitables coa isoglosa dun ou dous fenómenos caracterizadores. Esta división baséase fundamentalmente na fonética e mais na morfoloxía; no futuro a análise da distribución de áreas léxicas do ALGa axudará a precisala ou modificala.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. Con 244.700 habitantes (INE 2022), é o segundo municipio máis poboado de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
Paloma San Basilio, nada en Madrid o 22 de novembro de 1950, é unha cantante e actriz española. Trátase dunha das intérpretes máis populares e prestixiosas no ámbito da canción melódica en castelán. A potencia vocal de Paloma San Basilio, e a súa precisión e nitidez no fraseo son as súas características máis destacables.
As chinches das camas ou simplemente chinches ou tamén chinchas ou percebellas son insectos parasitos da familia dos cimícidos (Cimicidae), que se alimentan exclusivamente de sangue. Cimex lectularius é a chinche das camas común e a especie máis coñecida que prefire alimentarse de sangue humano. Outras especies de Cimex especializáronse en alimentarse doutros animais, por exemplo, as chinches dos morcegos, como Cimex pipistrelli (de Europa), Cimex pilosellus (de Norteamérica) e Cimex adjunctus (de Norteamérica), ou as chinches das aves.
Lista de xentilicios de concellos galegos
Esta é unha lista dos xentilicios dos concellos de Galicia:
Iraq (en árabe العراق), e oficialmente República de Iraq (en árabe: [جمهورية العراق] , é un país de Asia Occidental que abrangue a chaira aluvial de Mesopotamia, o límite noroccidental dos Montes Zagros, e a parte leste do deserto sirio.Iraq limita con Turquía polo norte, con Irán polo leste, Kuwait polo sueste, Arabia Saudita polo sur, Xordania polo suroeste e Siria polo oeste. Ademais o país ten unha franxa costeira de 58 km de lonxitude no noroeste do Golfo Pérsico. A súa capital, Bagdad está localizada na zona do centro deste.
Luísa Villalta Gómez, nada na Coruña, na rúa Vila de Laxe, o 15 de xullo de 1957 e finada na mesma cidade o 6 de marzo de 2004, foi unha escritora, filóloga e violinista galega. Escribiu poesía, teatro, narrativa de ficción, ensaio, articulismo e tradución. O colectivo A Sega acordou dedicarlle o Día das Galegas nas Letras do ano 2022, esta plataforma terá dito: "celebrámoste desde a complexidade da épica ao publicismo, deste ti, desde o teu pensar, lúcida e comprometida, sempre na construción dun pobo".
Hamas (en árabe حماس, fervor, e acrónimo de Harakat al-Muqáwama al-Islamiya, حركة المقاومة الإسلامية Movemento de Resistencia Islámica) é unha organización político-relixiosa palestina que pretende a destrución de Israel e a creación dun estado islámico en Palestina. Hamas fundouna Ahmed Yassin o 14 de decembro de 1987 na franxa de Gaza, coincidindo co levantamento popular, ou intifada, contra a ocupación israelí. Ten relacións estreitas cos Irmáns Musulmáns exipcios.
Os Dolomitas (italiano: Dolomiti, Ladino: Dolomites; alemán: Dolomiten, véneto: Dołomiti, friulano: Dolomitis), tamén coñecidos como Montañas Dolomitas, os Alpes dolomíticos ou Alpes dolomíticos, son unha cordilleira situada no nordés de Italia. Forman parte dos Alpes surorientais e esténdense desde o Río Adige no oeste ata o Val de Piave (Pieve di Cadore) no leste. As fronteiras norte e sur están definidas polo Val Puster e o Val Sugana (en italiano: Valsugana).
Masculino e feminino en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego. En galego os substantivos son masculinos ou femininos.
O demostrativo é unha subclase semántica inserida na clase de palabra dos determinantes e que se caracteriza por integrar aqueles vocábulos que actúan como sinaladores ou mostradores, é dicir, vocábulos que serven para sinalar ou mostrar seres e entes, sen amentalos, situándoos no eixo espacial e/ou temporal. A función principal do demostrativo no discurso é a deíxe.
Lista de programas de Televisión Española
Esta lista inclúe programas emitidos pola Televisión Española, desde a súa creación en 1956.
Unha máquina comecartos ou simplemente un comecartos é un aparello automático concibido para ofrecer xogos de aposta sen a intervención dun empregado. Estes dispositivos poden ser mecánicos, electrónicos ou dixitais. O xogo consiste en introducir unha moeda coa esperanza de que saia unha combinación gañadora e obter un premio en metálico que proporciona a propia máquina.
A Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura, UNESCO (en inglés United Nations Educational, Scientific and Cultural Organization e en francés: Organisation des Nations unies pour l'éducation, la science et la culture) é un organismo especializado das Nacións Unidas cuxo obxectivo é promover a paz e a seguridade mundial mediante a cooperación internacional en materia de educación, artes, ciencias e cultura. Ten 194 estados membros e 12 membros asociados, así como socios das organizacións non gobernamentais, intergobernamentais e do sector privado. A súa sede atópase en París, Francia, mais a UNESCO ten 53 oficinas rexionais de campo e 199 comisións nacionais que facilitan o seu mandato global.
O Estadio Municipal de Riazor é un estadio público destinado principalmente á práctica de fútbol profesional masculino, situado na cidade da Coruña, inaugurado o 28 de outubro de 1944. Nel, xoga como os seus partidos como local o primeiro equipo masculino do Real Club Deportivo da Coruña. Ten capacidade para 34.899 espectadores sentados (logo das reformas de 1982, 1998 e 2018) e un terreo de xogo de 105×68 metros.
O A é a primeira letra do alfabeto galego, e representa a vogal máis aberta da lingua galega. Pode ter a función de artigo determinado feminino singular (a bolboreta), ou de preposición con distintos valores (axudar a alguén, ir a Santiago). Tamén pode ser un prefixo de orixe latina con valor de aproximación ou dirección (achegar, asentar), ou un prefixo de orixe grega con valor de negación (apolítico, anormalidade).
Vigo ( pronunciación ) (tamén coñecida como a cidade olívica) é unha cidade e concello da provincia de Pontevedra, na comunidade autónoma de Galicia, no noroeste da península ibérica. É a capital da comarca de Vigo, aínda que historicamente pertenceu á comarca de Val de Fragoso. Ademais é a capital da súa área metropolitana.
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.