Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
IRC son as siglas de Internet Chat Relay ("retransmisión de charla por internet"), unha forma de comunicación instantánea sobre a Internet deseñada para a grupos de persoas que utilizan foros chamados "canais". O IRC foi creado por Jarkko Oikarinen a finais de agosto de 1988 como substituta dun programa chamado MUT nun BBS chamado OuluBox en Finlandia. Oikarinen inspirouse no Bitney Relay Chat que funcionaba na rede Bitnet.
Unha canle ou canal en enxeñaría é unha vía artificial feita polo ser humano para o paso de auga ou outros líquidos. Utilízanse para o transporte de mercadorías, coñecidas co nome de canles de navegación, entre lagos, ríos ou océanos, mediante barcos, pero tamén para a condución de auga, tanto para a subministración como para o desecamento. Os canais interiores precederon ao desenvolvemento do ferrocarril durante a Revolución Industrial e algúns deles foron posteriormente secados e empregados como pasos libres para construír vías férreas.
O Samaín (do irlandés antigo Samain, pronunciado /ˈsˠaunʲ/) é unha festividade celta que marca o remate da tempada de colleita e o comezo do inverno ou "metade escura" do ano. Tradicionalmente, é celebrada do 31 de outubro ó 1 de novembro, xa que o día celta comeza e remata co solpor. Atópase a medio camiño entre o equinocio de outono e o solsticio de inverno.
O Reino dos Países Baixos é un Estado soberano membro da Unión Europea composto por catro países, os Países Baixos, Aruba, Curaçao e Sint Maarten. O Estatuto do Reino dos Países Baixos, data de 1954, determina os asuntos xestionados polo Reino. O monarca do Reino é tamén o monarca de cada un dos países.
Blood on the Tracks é o décimo quinto álbum de estudio do cantautor estadounidense Bob Dylan, publicado o 20 de xaneiro de 1975 a través do selo Columbia Records. O disco marcou o regreso de Dylan a Columbia tras dous discos editados con Asylum Records. A meirande parte das letras do álbum xiran ao redor da anguntia, da ira e da soidade.
Enver Halil Hoxha (ɛnˈvɛɾ ˈhɔdʒa (Escuchar) ), nado en Gjirokastra o 16 de outubro de 1908 e finado en Tirana o 11 de abril de 1985, foi un xefe de Estado e ditador albanés, dirixente da República Popular de Albania dende 1944 ata a súa morte. Desempeñou as funcións de secretario xeral do Partido do Traballo de Albania (PPSH) entre 1941 e 1985, así como o cargo de primeiro ministro de Albania entre 1944 e 1955. Completou a educación secundaria no Liceo Nacional de Albania (Korçë) e máis tarde obtivo unha bolsa para estudar na universidade de Montpellier.
O bolero é un ritmo que mestura as raíces españolas coas influencias locais de varios países hispanoamericanos. Xurdiu no Caribe, mais sufriu modificacións, especialmente desenvolvendo temas máis románticos e un ritmo mais devagar. Ten tradición en Cuba, Porto Rico, a República Dominicana, Colombia, Ecuador, México, o Perú, Venezuela, o Uruguai, a Arxentina e o Brasil.
Dinamarca ( pronunciación ) (en dinamarqués: Danmark), cuxo significado literal é "a terra ou marca dos dinamarqueses", oficialmente Reino de Dinamarca ( pronunciación ) (en dinamarqués: Kongeriget Danmark), é o menor en extensión entre os países nórdicos, ademais do máis meridional, formando parte de Escandinavia. Ten os seus límites terrestres ao sur con Alemaña e dende 1999 atópase unida por estrada e ferrocarril con Suecia pola Ponte de Oresund, ao sueste do país. Rodeada polos mares Báltico e do Norte, limita ao norte con Noruega a través do estreito de Skagerrak.
Os moinantes son un grupo social de España e algúns países de Europa. Principalmente son nómades con algunhas similitudes co pobo xitano e considéranse unha etnia con identidade propia. Son tamén chamados quincalleros polo oficio que historicamente realizaban, vender, facer e reparar trebellos metálicos como tixolas e potas.
Ente (ens en latín, do grego on, participio presente do verbo einai, ser) ou entidade, é un termo central na meirande parte da historia da filosofía. No seu sentido máis xeral úsase para designar un ser calquera, isto é, unha cousa que está “sendo”, que existe.Na filosofía grega a discusión filosófica sobre o ente xiraba en torno a se está sometido ou non ó cambio. Neste sentido, pódese afirmar que todo o pensamento grego aliméntase da tensión entre Física (ciencia do cambio) e Metafísica (ciencia do inmutable).
O concepto identidade de xénero refírese ao xénero co que se identifica unha persoa; utilízase para distinguir a asociación psicolóxica da fisiolóxica. Este concepto desenvolveuse a partir de 1970 nos Estados Unidos. Antes, o sexo dunha persoa viña determinado soamente pola aparencia dos órganos sexuais visibles, mais coa descuberta dos cromosomas e dos xenes, son estes os que se utilizan para determinar o xénero.
Così fan tutte, ossia La scuola degli amanti (en galego Así fan todas, ou A escola dos amantes) é a antepenúltima ópera de Wolfgang Amadeus Mozart. Trátase dunha ópera en dous actos con libreto en italiano de Lorenzo da Ponte. Foi estreada no Burgtheater de Viena o 26 de xaneiro de 1790 baixo a batuta do propio compositor.
L'Orfeo (SV 318), ás veces chamada La favola d'Orfeo, é unha favola in musica ou ópera de finais do Renacemento/principios do Barroco, con música de Claudio Monteverdi e libreto en italiano de Alessandro Striggio. Está baseada na lenda grega de Orfeo, conta a historia do seu descenso ao Hades e o seu infrutuoso intento de devolver á súa muller morta Eurídice ao mundo dos vivos. Foi escrita en 1607 para unha representación na corte durante o Carnaval anual de Mantua.
Roma(AFI: /ˈroma/, pronuncia ) é unha cidade de 2.856.133 habitantes (2018), capital da República italiana e da rexión do Lacio, provincia de Roma. Cunha área de 1.285 km² é municipio máis grande de Italia e a quinta cidade máis grande de Europa despois de Moscova, Istambul, Londres e San Petersburgo. Así mesmo é o municipio máis poboado de Italia e a cuarta cidade máis poboada da Unión Europea despois de Londres, Berlín e Madrid.
Unha muller (do latín mulĭer, -ēris) ( pronunciación ), é un ser humano de xénero feminino. O termo muller adoita estar reservado para unha persoa adulta, sendo o termo rapaza o termo habitual para unha nena ou adolescente. Muller tamén remite a distincións de xénero de carácter cultural e social que se lle atribúen así como ás diferenzas sexuais e biolóxicas da femia na especie humana fronte ao macho.
Cyberpunk: Edgerunners (サイバーパンク エッジランナーズ, Saibāpanku Ejjirannāzu) é unha serie de animación cyberpunk polaco-xaponesa de 2022. Está baseada no videoxogo Cyberpunk 2077 de CD Projekt Red. A serie foi animada por Studio Trigger baixo a supervisión de CD Projekt, e estreouse en Netflix en setembro de 2022.
Mediaset é unha empresa italiana adicada á comunicación televisiva, que cotiza na Bolsa italiana e está controlada polo Grupo Fininvest, propiedade de Silvio Berlusconi. Está presidida por Fedele Confalonieri e o seu Vicepresidente é Pier Silvio Berlusconi, fillo do antigo Primeiro Ministro italiano. Boa parte dos seus estudios radican en Milano 2, a área da cidade de Milán dende a que comezou a emitir Telemilano (actual Canale 5).
Turandot é unha ópera en tres actos con música de Giacomo Puccini e libreto en italiano de Giuseppe Adami e Renato Simoni. A ópera, inconclusa pola morte de Puccini, foi completada por Franco Alfano. Foi estreada o 25 de abril de 1926 no Teatro alla Scala de Milán baixo a batuta de Arturo Toscanini e sen as adicións de Alfano.
The Fantastic Flying Books of Mr. Morris Lessmore
The Fantastic Flying Books of Mr. Morris Lessmore é unha curtametraxe estadounidense de animación dirixida por William Joyce e Brandon Oldenburg, e producido por Moonbot Studios en Shreveport, Luisiana. Descrito como unha "alegoría sobre os poderes curativos das historia", o filme céntrase no bibliófilo Lessmore e unha libraría máxica libros voadores.
O Billó de Ouro é un premio outorgado polos concellos da comarca de Chantada (Taboada, Chantada e Carballedo) desde 1997. Desde o ano 2004 outórgao a Sociedade Cultural e Gastronómica Luso-Galaica, fundada para promover e potenciar a cultura e gastronomía galega e portuguesa. Billó é a forma local para nomear a castaña asada e sen casca ou bulló.
O Soiuz U2 foi un foguete espacial da antiga Unión Soviética e da actual Rusia derivado do mísil R-7 creado para lanzar tripulacións e carga á órbita baixa terrestre. Era unha modificación do Soiuz U cun mellor rendemento ao usar queróseno sintético (Sintin) e estaba formado por dúas etapas centrais rodeadas de catro foguetes aceleradores, unha configuración común para os foguetes da familia Soiuz. Foi usado por primeira vez en 1982 e por última en 1995, tódalas veces desde o cosmódromo de Baikonur.
O árabe libio (en árabe: ليبي; Lībī) é unha variedade do árabe falado principalmente en Libia e en zonas adxacentes dos seus países veciños. O árabe libio pode dividirse en dúas variedades importantes: a oriental, centrada en Benghazi e Beida, e a occidental centrada en Trípoli e Misrata. A variedade oriental esténdese máis aló das fronteiras do país e comparte o mesmo dialecto co oeste de Exipto.
"Surreal" é o single nº17 da cantante xaponesa Ayumi Hamasaki, lanzado o 27 de setembro do ano 2000 baixo o selo avex trax. En setembro tamén veriamos o lanzamento de Duty, o seu terceiro álbum en estudio. Duty, como os seus anteriores álbums, alcanzou a cima das listas de vendas e chegou a vender máis de dous millóns de copias.
Institución politicamente independente que representa e defende os intereses da Unión Europea no seu conxunto, propón a lexislación, políticas e programas de acción e é responsable de aplicar as decisións do Parlamento Europeo e do Consello da Unión Europea. A Comisión actúa seguindo o método dun gabinete do goberno, con 28 comisarios. Hai un Comisario por cada Estado membro, con todo os comisarios están obrigados a representar os intereses da UE no seu conxunto en lugar do seu Estado de orixe.
Tatsuya Nakadai (仲代 達矢), nado como Motohisa Nakadai en Toquio o 13 de decembro de 1932, é un actor xaponés coñecido pola ampla variedade de personaxes que interpretou e as súas moitas colaboracións con célebres directores de cinema xaponeses. Apareceu en once filmes dirixidos por Masaki Kobayashi e en cinco de Akira Kurosawa, ademais de filmes de Hiroshi Teshigahara, Mikio Naruse, Kihachi Okamoto, Hideo Gosha, Shirō Toyoda e Kon Ichikawa.
Alanis Nadine Morissette, nada en Otava o 1 de xuño de 1974, é unha cantautora, actriz e produtora canadense, nacionalizada estadounidense. Ten voz de mezzosoprano. É unha das artistas de maiores vendas na historia, debido en gran parte a Jagged Little Pill, o álbum debut máis vendido da historia, o primeiro máis vendido por parte dunha artista femenina, e o sétimo máis vendido de todos os tempos.
O Franco suízo (Código ISO 4217: CHF) é a moeda de curso legal na Suíza e Liechtenstein. Aínda que o seu peso na economía mundial non pode ser comparado ao do euro ou ao do dólar, a estabilidade do país ao que pertence faina ser tida en conta como unha "moeda refuxio", sobre todo despois da apreciación respecto da moeda europea desde abril até setembro de 2000. O seu valor rolda os dous terzos de euro.
Paulina Susana Rubio Dosamantes, coñecida artisticamente como Paulina Rubio, nada na Cidade de México o 17 de xuño de 1971, é unha cantante e actriz mexicana que vendeu máis de 20 millóns de discos en toda a súa carreira discográfica. O 30 de abril de 2007, contraeu nupcias co empresario español, Nicolás Vallejo-Nájera "Colate", do que se divorciou en 2012 e co que ten un fillo.
Luísa Villalta Gómez, nada na Coruña, na rúa Vila de Laxe, o 15 de xullo de 1957 e finada na mesma cidade o 6 de marzo de 2004, foi unha escritora, filóloga e violinista galega. Escribiu poesía, teatro, narrativa de ficción, ensaio, articulismo e tradución. O colectivo A Sega acordou dedicarlle o Día das Galegas nas Letras do ano 2022, esta plataforma terá dito: "celebrámoste desde a complexidade da épica ao publicismo, deste ti, desde o teu pensar, lúcida e comprometida, sempre na construción dun pobo".
The Beatles foi unha banda de rock formada en Liverpool (Inglaterra) en 1960, activa durante a década dos 60, e recoñecida como unha das máis comercialmente exitosas e criticamente aclamadas na historia da música popular. Formada en Liverpool, estivo constituída desde 1962 por John Lennon (guitarra rítmica, vocalista), Paul McCartney (baixo, vocalista), George Harrison (guitarra solista, vocalista) e Ringo Starr (batería, vocalista). Enraizada no skiffle e no rock and roll dos anos cincuenta, a banda traballou máis tarde con distintos xéneros musicais, que ían desde a balada pop ata o rock psicodélico, incorporando a miúdo elementos clásicos, entre outros, de forma innovadora nas súas cancións.
O bitcoin (símbolo: ; abreviatura: BTC) é unha criptomoeda descentralizada creada por un autor anónimo de pseudónimo Satoshi Nakamoto. Está subdividida en 10 millóns de unidades máis pequenas chamadas satoshis.É a moeda alternativa máis empregada cun mercado total de 100 millóns de USD. No canto de ser creados por unha entidade central, a rede peer-to-peer de bitcoin regula a creación e intercambio de bitcoins segundo a programación da mesma rede. Hai nodos que se dedican a crear e a verificar bitcoins mediante operacións matemáticas que requiren gran capacidade de potencia de cálculo.
"Nothing From Nothing" é o primeiro single da cantante xaponesa Ayumi Hamasaki lanzado ó 11 de setembro do ano 1995 baixo o selo Columbia Japan. Tanto o single, como o álbum do mesmo título, foron un fracaso en vendas, o que provocou que a súa axencia de talentos e a compañía a abandonasen. O single agora está fora da distribución, o que unido o grande éxito posterior da cantante, fixeron deste single un produto de coleccionistas altamente valorado.
A Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura, UNESCO (en inglés United Nations Educational, Scientific and Cultural Organization e en francés: Organisation des Nations unies pour l'éducation, la science et la culture) é un organismo especializado das Nacións Unidas cuxo obxectivo é promover a paz e a seguridade mundial mediante a cooperación internacional en materia de educación, artes, ciencias e cultura. Ten 194 estados membros e 12 membros asociados, así como socios das organizacións non gobernamentais, intergobernamentais e do sector privado. A súa sede atópase en París, Francia, mais a UNESCO ten 53 oficinas rexionais de campo e 199 comisións nacionais que facilitan o seu mandato global.
LibraryThing é unha aplicación web de catalogación social para almacenar e compartir listaxes de libros coa fin de establecer un catálogo ordenado e etiquetado que permite as valoracións e os comentarios e que posibilita conectarse con xente con gustos semellantes, destínase tanto a particulares como a autores, bibliotecas e editoriais. Desenvolvida polo estadounidense Tim Spalding, subiuna por vez primeira a internet de forma pública o 29 de agosto de 2005. En maio de 2006 AbeBooks mercou o 40% da compañía, que dous anos despois adquiriu Amazon.
Lista de xentilicios de concellos galegos
Esta é unha lista dos xentilicios dos concellos de Galicia:
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
Hamas (en árabe حماس, fervor, e acrónimo de Harakat al-Muqáwama al-Islamiya, حركة المقاومة الإسلامية Movemento de Resistencia Islámica) é unha organización político-relixiosa palestina que pretende a destrución de Israel e a creación dun estado islámico en Palestina. Hamas fundouna Ahmed Yassin o 14 de decembro de 1987 na franxa de Gaza, coincidindo co levantamento popular, ou intifada, contra a ocupación israelí. Ten relacións estreitas cos Irmáns Musulmáns exipcios.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e actualmente ten un total de 199.872.
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
Os crinoideos son animais mariños que constitúen a clase Crinoidea dos equinodermos. Os crinoideos que están fixados ao fondo mariño por un talo ou pedúnculo adoitan denominarse lirios de mar, mentres que outros carecen de pedúnculo cando son adultos e adoitan denominarse comátulas ou comatúlidos, que son membros da maior das ordes dos crinoideos, Comatulida. Os crinoideos son equinodermos (filo Echinodermata), entre os que tamén están as estrelas de mar, ofiúras, cogombros de mar (holoturias) e ourizos de mar.
Shinova é unha banda de rock alternativo vasca orixinaria de Berriz (Biscaia). Desde a súa fundación en 2008 publicaron seis discos: “Latidos” (2009), “La Ceremonia de la Confusión” (2011), “Ana y el Artista Temerario” (2014), “Volver” (2016), "Cartas de navegación" (2018) e "La Buena Suerte" (2021). O nome do grupo nace dun xogo de palabras entre o fonema “chi” (que deriva en shi) e a palabra “nova”, é dicir, “nova enerxía”.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
O Celtic Football Club é un club de fútbol escocés da zona de Parkhead, en Glasgow, que actualmente compite na Scottish Premier League. Fundouse en 1887 e disputou o seu primeiro partido en 1888. Desde a súa fundación, o Celtic conseguiu 50 títulos de liga –só superado polo Rangers FC– e 39 copas escocesas –máis que ningún outro club escocés.
O Football Club Shakhtar Donetsk (en ucraíno: Футбольний клуб «Шахтар» Донецьк) é un club profesional de fútbol da cidade de Donetsk en Ucraína. Fundado no ano 1936, compite na Liga Premier de Ucraína, torneo que gañou 13 veces, nos anos 2002, 2005, 2006, 2008, 2010, 2011 e 2012, 2013, 2014, 2017, 2018, 2019, 2020.
Denomínase parafuso a un elemento ou operador mecánico cilíndrico dotado de cabeza, xeralmente metálico, aínda que tamén pode ser de madeira ou plástico, utilizado na fixación dunhas pezas con outras, que está dotado dunha cana roscada con rosca triangular que, por medio dunha forza de torsión exercida na súa cabeza cunha chave axeitada ou cun desaparafusador, pódese introducir nun burato roscado á súa medida ou atravesar as pezas e acoplarse a unha porca.O parafuso deriva directamente da máquina simple coñecida coma plano inclinado e sempre traballa asociado a un orificio roscado. Os parafusos permiten que as pezas suxeitas cos mesmos poidan ser desmontadas cando a ocasión o requira.
Na noite estrelecida é unha obra poética de Ramón Cabanillas, publicada en 1926. Está conformada por tres poemas escritos en series de pareados alexandrinos, mesturados con romances e sextinas, que ten como tema principal a materia de Bretaña. Dúas das sagas xa foran publicadas (con algunhas variantes) antes de 1926, mais foi nese ano cando apareceron as tres reunidas nunha publicación.
Lista de programas de Televisión Española
Esta lista inclúe programas emitidos pola Televisión Española, desde a súa creación en 1956.
O A é a primeira letra do alfabeto galego, e representa a vogal máis aberta da lingua galega. Pode ter a función de artigo determinado feminino singular (a bolboreta), ou de preposición con distintos valores (axudar a alguén, ir a Santiago). Tamén pode ser un prefixo de orixe latina con valor de aproximación ou dirección (achegar, asentar), ou un prefixo de orixe grega con valor de negación (apolítico, anormalidade).
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.