Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
IRC son as siglas de Internet Chat Relay ("retransmisión de charla por internet"), unha forma de comunicación instantánea sobre a Internet deseñada para a grupos de persoas que utilizan foros chamados "canais". O IRC foi creado por Jarkko Oikarinen a finais de agosto de 1988 como substituta dun programa chamado MUT nun BBS chamado OuluBox en Finlandia. Oikarinen inspirouse no Bitney Relay Chat que funcionaba na rede Bitnet.
Unha canle ou canal en enxeñaría é unha vía artificial feita polo ser humano para o paso de auga ou outros líquidos. Utilízanse para o transporte de mercadorías, coñecidas co nome de canles de navegación, entre lagos, ríos ou océanos, mediante barcos, pero tamén para a condución de auga, tanto para a subministración como para o desecamento. Os canais interiores precederon ao desenvolvemento do ferrocarril durante a Revolución Industrial e algúns deles foron posteriormente secados e empregados como pasos libres para construír vías férreas.
O Samaín (do irlandés antigo Samain, pronunciado /ˈsˠaunʲ/) é unha festividade celta que marca o remate da tempada de colleita e o comezo do inverno ou "metade escura" do ano. Tradicionalmente, é celebrada do 31 de outubro ó 1 de novembro, xa que o día celta comeza e remata co solpor. Atópase a medio camiño entre o equinocio de outono e o solsticio de inverno.
O Supermarine Spitfire é un avión de caza monopraza usado pola RAF e outros países aliados antes, durante e despois da segunda guerra mundial. Construíronse moitas variantes do Spitfire, usando distintas configuracións de ás. Foi producido en maior número que outros avións británicos e foi o único caza aliado en produción durante toda a guerra.
Mubi, anteriormente coñecida como The Auteurs, é unha páxina web filmográfica en liña que integra elementos das redes sociais con video streaming. Foi descrita como unha "cinemateca online". O sitio permite que os seus usuarios vexan filmes, polo xeral tras o pagamento dunha tarifa, e conéctaos con outros usuarios de similares intereses.
Margaret Eleanor Atwood, nada en Otava o 18 de novembro de 1939, é unha poeta, escritora, crítica literaria, mestra, activista ambiental e inventora canadense. Dende 1961, publicou dezaoito libros de poesía, dezaoito novelas, once libros de non ficción, nove coleccións de historias curtas de ficción, oito libros infantís e dúas novelas gráficas, así como unha serie de publicación en prensa tanto de poesía como ficción. Atwood gañou numerosos premios e honras pola súa escritura, incluíndo dous Premios Booker, o Premio Arthur C. Clarke, o Premio do Gobernador Xeral, o Premio Franz Kafka, o Premio Princesa de Asturias das Letras e o Premio PEN Center USA Lifetime Achievement do Círculo de Críticos Nacional do Libro.
O escudo do Gran Ducado de Luxemburgo goza de protección legal dende 1972, regulación que foi complementada pola Lei do 17 de xuño de 1993. Ten tres versións, armas pequenas, medias e grandes. Todas elas teñen como elementos esenciais un único campo burelado de prata e azur de dez unidades, un león de goles, armado, lampasado e coroado de ouro.
Santiago o Xusto, tamén chamado irmán do Señor, a miúdo identificado con Santiago o Menor ou ben Santiago Alfeo, martirizado en 62, foi consonte a tradición, o primeiro bispo ou patriarca de Xerusalén, e o autor da Epístola de Santiago incluída no Novo Testamento. Hai tres personaxes neotestamentarias chamadas Santiago: Santiago o Maior fillo de Zebedeo e Salomé, irmán de Xoán evanxelista, un dos Apóstolos. Santiago o Xusto, irmán do Señor.
Isaac Asimov (Isaak Yudovich Ozimov; en ruso: Исаак Юдович Озимов), nado en Petrovichi o 2 de xaneiro de 1920 e finado en Nova York o 6 de abril de 1992, foi un autor e bioquímico estadounidense nado en Rusia. Trátase dun escritor de éxito e excepcionalmente prolífico coñecido polas súas obras de ciencia ficción e ciencia popular ou divulgación científica. A obra máis famosa de Asimov é a "Saga da Fundación", que despois combinou con dúas das súas outras series, a serie Imperio Galáctico e a serie de Robots.
Un contrarrevolucionario é calquera que se opón a unha revolución, sobre todo o que tenta reverter os seus resultados, parcial ou totalmente. O adxectivo contrarrevolucionario refírese ao movemento que desexa restaurar a situación ou os principios que prevalecían na época prerrevolucionaria. Unha contrarrevolución pode ter consecuencias positivas ou negativas, dependendo en parte do carácter beneficioso ou pernicioso da revolución que se reverte.
Ludwig Schnorr von Carolsfeld, nado o 2 de xullo de 1836 en Múnic (daquela no Reino de Baviera e actualmente en Alemaña) e finado o 21 de xullo de 1865 en Dresde (daquela no Reino de Saxonia e actualmente en Alemaña), foi o primeiro Heldertenor (tenor heroico) alemán, sendo o primeiro en encarnar a Tristan na ópera de Richard Wagner Tristan und Isolde. A súa prometedora carreira foi interrompida por unha grave enfermidade que o mataría aos 28 anos de idade, logo de tan só catro representacións do papel de Tristán.
A malaria (do italiano medieval "mal aire") ou paludismo (de paludis, xenitivo do termo latino palus: pantano, e -ismo, neste caso acción ou proceso patolóxico) é unha doenza parasitaria aguda ou crónica causada por protozoos parasitos do xénero Plasmodium, transmitidos pola picada da femia do mosquito Anopheles. Algúns estudos científicos suxiren que puido terse transmitido ao ser humano a través do Gorilla gorilla. Entre 700 000 e 2 700 000 persoas morren cada ano por mor da malaria, dos cales máis do 75% son nenos que viven en zonas endémicas de África.
A dos cinoglósidos (Cynoglossidae) é unha familia de peixes teleósteos da orde dos pleuronectiformes e suborde dos pleuronectoideos ou soleoideos, distribuídos por áreas tropicais e subtropicais mariñas, entre os 40º de latitude norte e os 40º de latitude sur, así como en estuarios, e mesmo hai cinco especies que habitan nos ríos. que son coñecidos en galego como linguas e linguas de can'.Apareceron por primeira vez no rexistro fósil no eoceno, durante o terciario inferior.Algunhas das súas especies péscanse por teren certa importancia comercial.
O termo símbolo, con orixe no grego súmbolon, designa un elemento representativo (realidade visíbel) que está no canto de algo (realidade invisíbel) que tanto pode ser un obxecto coma un concepto ou idea, determinada cantidade ou calidade. O "símbolo" é un elemento esencial no proceso de comunicación, encontrándose difundido no día a día e nas máis variadas vertentes do saber humano. Así a todo, existen símbolos que son recoñecidos internacionalmente, outros só son comprendidos dentro dun determinado grupo ou contexto (relixioso, cultural etc.).
O período crioxénico (do grego antigo κρύος krýos, 'xeo' e γένεσις génesis, 'orixe'), unha división ds escala temporal xeolóxica, é o segundo período xeolóxico da era neoproterozoica. Comezou hai 850 millóns de anos e finalizou hai 630 +5/-30 millóns de anos. A data de comezo definiuse cronometricamente, mentres que a de finalización está baseada na estratigrafía.O seu nome fai referencia aos sedimentos glaciarios encontrados en latitudes tropicais, seguidos de sedimentos de carbonatos.
Os dispositivos ou aparatos electrónicos consisten nunha combinación de diversos elementos ou compoñentes organizados en circuítos, destinados a controlar e aproveitar os sinais eléctricos, a diferenza dun dispositivo eléctrico, o cal serve para controlar e aproveitar o fluxo da corrente eléctrica. Comparemos o funcionamento dun dispositivo eléctrico e dun dispositivo electrónico para notar mellor o concepto anterior: Unha lámpada eléctrica aproveita o fluxo eléctrico para producir enerxía luminosa, mentres que un aparato amplificador de son gobernará, mediante os seus circuítos electrónicos, os sinais provenientes dun micrófono, e os sinais excitadores dos altofalantes. Un ordenador, está composto de diferentes dispositivos e circuítos electrónicos que cumpren variadas funcións, esencialmente gobernando sinais eléctricos, como por exemplo os producidos na unidade láser do lector de CD-ROMs.
Sakado (坂戸市, さかどし, Sakado-shi) é un concello da prefectura de Saitama no Xapón. Está situado no centro da rexión de Kantō e ó sueste da prefectura, na parte leste da illa de Honshū. A súa superficie é de 40,97 km², a poboación é de 100.499 habitantes (2009) e ten unha densidade de poboación de 2.450 hab./km².
O son cubano é un xénero de música e danza que se orixinou nas terras altas orientais de Cuba a finais do século XIX. É un xénero sincrético que mestura elementos de orixe española e africana. Entre os seus compoñentes hispánicos fundamentais están o estilo vocal, o metro lírico e a primacía do tres, derivado da guitarra clásica. Por outra banda, o seu característico ritmo de clave, estrutura de chamada e resposta e sección de percusión (bongó, maracas, etc.) están enraizados en tradicións de orixe bantú.
Wikivoyage é unha guía turística libre en Internet baseada na tecnoloxía wiki. Foi fundada en setembro do ano 2006 por autores alemáns de Wikitravel desconformes coas políticas dos donos do devandito sitio. Converteuse no wiki co tema viaxes máis popular en Alemaña, con máis de 8000 artigos, e en decembro do 2007 lanzouse a versión en italiano, que actualmente rolda os 1600 artigos.
Abiy Ahmed Ali (en amhárico: አብይ አህመድ አሊ, en oromo: Abiyyii Ahimad Alii, a miúdo acurtado como Abiy Ahmed ou só Abiy), nado o 15 de agosto de 1976, é un político etíope que dende o 2 de abril de 2018 é o cuarto e actual primeiro ministro de Etiopía.Segue sendo presidente tanto do partido Fronte Democrática Revolucionaria do Pobo Etíope (FDRPE) como do Partido Demócrata Oromo (PDO, que é un dos catro partidos en coalición coa Fronte Democrática). Abiy é tamén membro electo da Asemblea Parlamentaria Federal, e un membro dos comités executivos do FDRPE e do PDO. Un antigo oficial de intelixencia militar, dende que se converteu en primeiro ministro lanzou un amplo programa de reformas políticas e económicas, mais non todas as propostas contan co apoio dos partidarios da constitución federal, ou na rexión de Tigray (onde a reforma de Abiy é considerada selectiva en contra dos tigriñas).O 11 de outubro de 2019, anunciouse a Abiy Ahmed como gañador do Nobel da Paz "polos seus esforzos a prol da paz e da cooperación internacional e, en particular, pola súa decisiva iniciativa para resolver o conflito fronteirizo coa veciña Eritrea".En outubro de 2021, Abiy Ahmed xurou oficialmente un segundo mandato de 5 anos.
O Antonov An-148 (ucraíno: Антонов Ан-148) é un reactor de pasaeiros rexional deseñado pola compañía ucraína Antonov e producido por esta e a planta rusa Voronezh. O seu desenvolvemento comezou na década dos 90 e o seu voo de estrea realizouse o 17 de decembro de 2004. O avión completou o seu programa de certificación o 26 de febreiro de 2007.
Unha letra é cada un dos símbolos ou signos gráficos dun sistema de escritura. Os signos de certas escrituras, como algunhas moi antigas, son chamados silabogramas se describen unha sílaba, ideogramas se reflicten unha idea (ás veces parte dunha palabra) ou logogramas se reflicten unha palabra ou oración, como algúns xeroglíficos. Unha palabra é o conxunto formado por unha ou máis letras con significación semántica.
Interacción é un tipo de acción que ocorre cando dous ou máis obxectos sofren efectos mutuos. A idea de acción de dobre sentido é esencial no concepto de interacción, como diferenciador de efecto de sentido único. As combinacións de moitas interaccións sinxelas pode desembocar en fenómenos sorprendentes.
21 horas en Munich (en inglés: 21 Hours at Munich) é un telefilme estadounidense dirixido por William A. Graham que foi estreado en 1976. Está baseado no libro The Blood of Israel de Serge Groussard e conta os eventos reais ocorridos no masacre de Múnic. Foi emitido pola canle ABC o 7 de novembro de 1976.
O metro por segundo ao cadrado ou m/s2 é unha unidade derivada do Sistema Internacional de Unidades (SI) para medir a aceleración dun corpo. Mide o incremento da velocidade (en metros por segundos) conseguido en cada segundo. O símbolo desta unidade tamén pode verse escrito como m·s−2, ou simplemente m s−2.
As glándulas gástricas tamén chamadas glándulas fúndicas ou glándulas oxínticas (glandulae gastricae na terminoloxía anatómica en latín) son glándulas finas de forma tubular que se encontran na mucosa gástrica en posición perpendicular, e que desembocan noutros entrantes da mucosa chamados foveolas gástricas, as cales á súa vez se abren á superficie luminal do estómago. En cada foveola desembocan normalmente tres ou catro glándulas gástricas; ás veces ata sete. Son numerosas: uns 15 millóns en toda a mucosa, que desembocan en 3,5 millóns de foveolas.
O péptido YY ou PYY é unha pequena proteína de 36 aminoácidos con función hormonal liberada polas células do íleo e colon en resposta á alimentación. Nos humanos a forma YY3-36 parece reducir o apetito. Outros nomes cos que se coñece o péptido YY son: péptido tirosina tirosina, ou péptido pancreático YY3-36.
Evonne Fay Goolagong Cawley, nada en Griffith, Nova Gales do Sur o 31 de xullo de 1951, é unha xogadora de tenis profesional aborixe australiana. Goolagong liderou nos anos 1970 e comezos dos 1980 o tenis mundial a carón doutras tenistas da época. Gañou 14 títulos de Grand Slam: 7 en singles (4 Abertos de Australia, dous Campionatos de Wimbledon e un Roland Garros), seis en dobres feminino e un en dobres mixtos.
En informática teórica e matemáticas, a teoría da computación é a rama que estuda como de eficientemente poden resolverse os problemas nun modelo de computación, empregando un algoritmo. O campo divídese en tres áreas principais: a teoría e linguaxe de autómatas, a teoría da computabilidade e a teoría da complexidade computacional, que están ligadas pola pregunta: "cales son as capacidades fundamentais e as limitacións das computadoras?".Para establecer un estudo rigoroso sobre a computación, os científicos computacionais traballan cunha abstracción matemática de computadoras denominada modelo de computación. Existen varios modelos en uso, mais o máis comunmente examinado é a máquina de Turing.
Althea Gibson, nada en Silver (Carolina do Norte) o 25 de agosto de 1927 e finada en East Orange (Nova Jersey) o 28 de setembro de 2003, foi unha tenista e golfista estadounidense, e a primeira deportista de raza negra en cruzar a liña da cor no tenis internacional. En 1956 converteuse na primeira afroamericana que gañou un torneo de Grand Slam (o Torneo de Roland Garros). O ano seguinte gañou tanto Wimbledon como o US Nationals (precursor do aberto dos Estados Uniods), o que repetiu en 1958, e foi votada como a Deportista Feminina do Ano pola Associated Press os dous anos.
O Abeille des Aydes Blois Basket 41, habitualmente coñecido como ADA Blois, é un equipo de baloncesto profesional francés con sede na cidade de Blois (Centro-Val de Loira). Fundado en 1907, desde 2022 compite por vez primeira na LNB Pro A, a máxima categoría do baloncesto galo. Disputa os seus partidos como local no Jeu de Paume, un pavillón con capacidade para 2 525 espectadores.
Lapislázuli, coñecido tamén coma lapis, é unha rocha metamórfica de cor azul utilizada como xema ou como rocha ornamental dende antes do 7000 a.C. en Mehrgarh na India, situado no que hoxe é o Paquistán. A súa cor azul escura e opaca, fai que esta xema fose altamente apreciada polos faraóns exipcios, como pode ser visto polo seu uso destacado en moitos dos tesouros recuperados das tumbas faraónicas. É aínda moi popular hoxe.
O faro do cabo Beddouza é un faro situado no cabo Beddouza (antigo Cabo Cantin), a uns 35 quilómetros ao norte do porto de Safim, na rexión de Marrakech-Safim, Marrocos. É xestionado polo porto e autoridade marítima do Ministère de l'équipement, du transport, de la logistique et de l'eau.O faro construíduse en 1916 cunha torre de pedra cadrada con lanterna e galería. Está situado dentro dunha Kasbah, nun recinto cadrado con michos e torres cadradas nas esquinas.
Anya-Josephine Marie Taylor-Joy, nada en Miami, Florida o 16 de abril de 1996, é unha actriz e modelo estadounidense-británica, de orixe arxentina e española. Recibiu varios recoñecementos, incluído un Globo de Oro, un premio SAG e Premios da Crítica Televisiva, e nomeamentos aos premios BAFTA Filme Awards e Primetime Emmy Awards. En 2021, a revista Time colocouna no lista Time 100 Next.Nada en Miami e criada en Bos Aires e Londres, Taylor-Joy deixou a escola ao dezaseis anos e comezou a seguir unha carreira como actriz.
Le Fabuleux Destin d'Amélie Poulain
Le Fabuleux Destin d'Amélie Poulain é un filme francés do xénero comedia romántica estreada en 2001. O lema da película era "Ela vai cambiarche a vida..." (En francés: "Elle va te changer la vie..."). Co-escrita xunto a Guillaume Laurant polo seu director, Jean-Pierre Jeunet, foi distribuída en Estados Unidos por Miramax e en España por Manga Films.
Ruído de Poisson ou ruído de disparo é o tipo de ruído imperante nos sensores ópticos pasivos, incluso baixo unha alta iluminación. Este tipo de ruído é modelábel baixo o proceso de Poisson dada a fluctuación aleatoria discreta de fotóns e electróns, e a súa natureza cuántica, o que provoca que a cámara non sexa capaz de capturar fraccións de fotóns. É definido como a proporción entre a S N R = √ N {\displaystyle SNR=\surd N} onde N {\displaystyle N} é o nome dos electróns ou fotóns medidos no experimento.A maior sinal, menor fracción do mesmo contén ruído de disparo.
O lenzo é un soporte feito de tea que normalmente ten un bastidor para poder tensalo e emprégase para pintar enriba. Acostuman ser de algodón ou de liño: o algodón ten unha cor máis clara, unha trama menos compacta e é máis económico; o de liño é máis ríxido, de cor gris ocre un pouco escura e considérase a mellor tea para pintar ao óleo.
San Petersburgo (en ruso: Санкт-Петербург, tr. "Sankt-Peterburg", [sankt pʲɪtʲɪrˈburk] (AFI)), antes coñecida como Petrogrado (1914-1924) e máis tarde como Leningrado (1924-1991), é a segunda cidade máis poboada, cunha poboación de aproximadamente 5,4 millóns de habitantes, e importante de Rusia, só superada pola capital, Moscova. Está situada as beiras do río Nevá, na cabeceira do golfo de Finlandia no mar Báltico.
Unha vila é un núcleo de poboación dun tamaño intermedio entre a aldea, ou poboación, e a cidade, trátase dunha poboación que recibiu ao longo da historia certos recoñecementos explícitos, como determinados privilexios (por exemplo, o de celebrar feiras) da autoridade recoñecida, pero que, por razóns diversas, tampouco lle foi concedida a categoría superior, a de cidade. Nalgúns casos existen documentos antigos, sobre todo medievais e da Idade Moderna, que a categorizan como vila; noutros casos é o mesmo uso, derivado do costume popular, que a denomina sempre como vila pola súa importancia dentro da súa contorna. Dotada dunha economía na que o sector terciario (comercio e servizos) ten unha importancia como mínimo razoábel.
Schizosaccharomyces pombe, tamén chamado "lévedo de fisión", é unha especie de lévedo utilizado na fabricación de certas cervexas tradicionais e como organismo modelo en investigacións de bioloxía molecular e bioloxía celular. É un eucariota do reino dos fungos formado por células cilíndricas con forma de bastón (parecen bacilos, pero máis grandes). As células miden xeralmente de 3 a 4 micrómetros de diámetro e de 7 a 14 micrómetros de lonxitude.
Os moinantes son un grupo social de España e algúns países de Europa. Principalmente son nómades con algunhas similitudes co pobo xitano e considéranse unha etnia con identidade propia. Son tamén chamados quincalleros polo oficio que historicamente realizaban, vender, facer e reparar trebellos metálicos como tixolas e potas.
A embrioxénese vexetal ou desenvolvemento embrionario das plantas é o proceso que ocorre despois da fecundación dun óvulo dunha planta para producir un embrión completamente desenvolvido da planta. Esta é unha etapa necesaria do ciclo vital da planta que vai seguida da dormancia e a xerminación. O cigoto producido despois da fecundación debe sufrir varias divisións celulares e diferenciacións para converterse nun embrión maduro.
A Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura, UNESCO (en inglés United Nations Educational, Scientific and Cultural Organization e en francés: Organisation des Nations unies pour l'éducation, la science et la culture) é un organismo especializado das Nacións Unidas cuxo obxectivo é promover a paz e a seguridade mundial mediante a cooperación internacional en materia de educación, artes, ciencias e cultura. Ten 194 estados membros e 12 membros asociados, así como socios das organizacións non gobernamentais, intergobernamentais e do sector privado. A súa sede atópase en París, Francia, mais a UNESCO ten 53 oficinas rexionais de campo e 199 comisións nacionais que facilitan o seu mandato global.
A dos laros (Lari) é unha suborde de aves acuáticas da orde dos caradriformes que comprende as gaivotas, os papamerdas, os carráns, os rincópidos, as alcas e os glareólidos. En xeral os membros desta suborde son aves de tamaño de madiano a grande, máis adaptadas ao voo que as limícolas, coas que comparten orde. A maioría son aves acuáticas que viven no mar ou en zonas húmidas, aínda que en inverno algunhas poden afastarse da costa dirixíndose ao interior continental.
Coñécese como diáspora galega o proceso de emigración masiva do pobo galego que se produciu durante as tres últimas décadas do século XIX ata ben pasada a metade do século XX. Así, entre 1850 e 1960 marcharon cara a América máis de dous millóns de galegos e galegas. Cómpre destacar a importancia deste fenómeno nos contextos socioeconómico, político e cultural da Galicia territorial e da Galicia exterior. O historiador Antonio Eiras Roel estima en 2.041.603 o número de galegos emigrados a América entre o 1836 e 1960, o 38,5 % do total de migrantes españois (5.311.906), o que supuxo que Galicia tivese unha taxa de saída por cada mil habitantes superior a Irlanda nos momentos álxidos das correntes migratorias.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e actualmente ten un total de 200.025.
Halloween (AFI: /ֽhæləυ'i:n/, do ing. All Hallows' Evening ou Noite de tódolos Santos) é unha festa anual que se celebra principalmente nos Estados Unidos na noite do día 31 de outubro pero que desde finais do século XX tamén se observa en moitos outros países. A súa orixe é cristiá pero con raíces nas tradicións pagás celtas (véxase Samaín).
Hamas (en árabe حماس, fervor, e acrónimo de Harakat al-Muqáwama al-Islamiya, حركة المقاومة الإسلامية Movemento de Resistencia Islámica) é unha organización político-relixiosa palestina que pretende a destrución de Israel e a creación dun estado islámico en Palestina. Hamas fundouna Ahmed Yassin o 14 de decembro de 1987 na franxa de Gaza, coincidindo co levantamento popular, ou intifada, contra a ocupación israelí. Ten relacións estreitas cos Irmáns Musulmáns exipcios.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Unha máquina comecartos ou simplemente un comecartos é un aparello automático concibido para ofrecer xogos de aposta sen a intervención dun empregado. Estes dispositivos poden ser mecánicos, electrónicos ou dixitais. O xogo consiste en introducir unha moeda coa esperanza de que saia unha combinación gañadora e obter un premio en metálico que proporciona a propia máquina.
O feísmo, tamén coñecido coma maltrato da paisaxe, é un termo acuñado en Galiza para referirse a unha problemática específica galega, xa que os expertos sosteñen que o fenómeno remata nas fronteiras con Portugal, Asturias e Castela e León. O concepto serve para designar un estilo arquitectónico ou urbanístico de trazos esteticamente discutíbeis. Trátase de construcións humanas que degradan o contorno e que chocan de fronte cos canons estéticos propios do lugar, e foi definido coma "un desleixo xeneralizado que impera en boa parte das construcións do país e que se fai especialmente patente no medio rural e naquelas zonas que sofren os estragos da especulación urbanística".En 2011, o colectivo Ergosfera comeza o proxecto Eu si quero feísmo na miña paisaxe!, unha liña de investigación sobre as calidades detectadas en moitas das arquitecturas e procesos urbanos asociados ao feísmo.