Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Unha canle ou canal en enxeñaría é unha vía artificial feita polo ser humano para o paso de auga ou outros líquidos. Utilízanse para o transporte de mercadorías, coñecidas co nome de canles de navegación, entre lagos, ríos ou océanos, mediante barcos, pero tamén para a condución de auga, tanto para a subministración como para o desecamento. Os canais interiores precederon ao desenvolvemento do ferrocarril durante a Revolución Industrial e algúns deles foron posteriormente secados e empregados como pasos libres para construír vías férreas.
IRC son as siglas de Internet Chat Relay ("retransmisión de charla por internet"), unha forma de comunicación instantánea sobre a Internet deseñada para a grupos de persoas que utilizan foros chamados "canais". O IRC foi creado por Jarkko Oikarinen a finais de agosto de 1988 como substituta dun programa chamado MUT nun BBS chamado OuluBox en Finlandia. Oikarinen inspirouse no Bitney Relay Chat que funcionaba na rede Bitnet.
Internet é o sistema global de redes informáticas interconectadas que usa o conxunto de protocolos de Internet (TCP/IP) para comunicarse entre redes e dispositivos. É unha rede de redes que consiste en redes privadas, públicas, académicas, empresariais e gobernamentais de ámbito local e global, unidas por unha ampla gama de tecnoloxías de redes electrónicas, sen fíos e ópticas. Internet ofrece unha ampla gama de recursos e servizos de información, como os documentos de hipertexto interconectados e as aplicacións da World Wide Web.(WWW), correo electrónico, telefonía e intercambio de ficheiros.
Andy Warhol, nado o 6 de agosto de 1928 en Pittsburgh (Pensilvania) e finado o 22 de febreiro de 1987 en Nova York, foi un pintor, director cinematográfico e publicista americano, ademais de ser unha das principais figuras do movemento coñecido como arte pop. Logo dunha exitosa carreira como ilustrador comercial, Warhol fíxose famoso en todo o mundo polos seus traballos como pintor, cineasta, produtor musical, escritor e escultor. Foi unha importante figura pública coñecida pola súa pertenza a círculos sociais moi diversos que incluían desde persoas bohemias que vivían na rúa ata distinguidos intelectuais, celebridades de Hollywood, xente adiñeirada e aristócratas.
Andrea Bocelli, nado en Toscana, o 22 de setembro de 1958, é un tenor italiano e un dos cantantes de ópera máis famosos do mundo. Desde 1994 vendeu máis de 70 millóns de álbums no mundo, máis que calquera outro artista da música clásica.Durante a súa carreira, gravou duetos con cantantes de ópera como Luciano Pavarotti, Plácido Domingo, e José Carreras, pero tamén cantantes de música pop como Christina Aguilera, Stevie Wonder, Laura Pausini e Céline Dion.
Atletismo é o nome que recibe un amplo conxunto de probas deportivas divididas en carreiras, saltos e lanzamentos. Pódense practicar en pavillóns ou ao ar libre. O atletismo é un dos poucos deportes practicados de forma tradicional mundialmente, tanto no ámbito afeccionado como no transcurso de numerosas competicións de todos os niveis.
Samoa Americana (samoano: Amerika Sāmoa, [aˈmɛɾika ˈsaːmʊa], tamén Amelika Sāmoa ou Sāmoa Amelika) é unha colonia dos Estados Unidos no Océano Pacífico sur ao sueste do independente estado de Samoa. Está situada a 7.700 km da costa americana. En realidade o nome fai referencia ao xentilicio dos Estados Unidos, por contraposición á Samoa Alemá tras a repartición entre as potencias coloniais.
As plantas (tamén chamadas nalgunhas clasificacións Viridiplantae ou plantas verdes) son organismos multicelulares eucariotas do reino Plantae. Forman un clado que inclúe as plantas con flor (anxiospermas), as coníferas e outras ximnospermas, fentos, licopodios, antocerotas, hepáticas, musgos e, nas clasificacións recentes, as algas verdes. Están excluídos das plantas as algas vermellas e pardas, os fungos, os animais, as arqueas e as bacterias.
O topónimo Arcos pode referirse a: Na provincia da Coruña Arcos, parroquia do concello de Mazaricos; Arcos, lugar de dita parroquia.Na provincia de Lugo Arcos, parroquia do concello de Antas de Ulla; Arcos, lugar de dita parroquia; Cabo de Arcos, lugar de dita parroquia; Arcos, parroquia do concello de Castroverde; Arcos, parroquia do concello de Chantada; Arcos, lugar de dita parroquia; Arcos, parroquia do concello de Outeiro de Rei; Arcos de Frades, parroquia do concello de Pol; Arcos de Frades, lugar de dita parroquia.Na provincia de Ourense Arcos, parroquia do concello do Carballiño; Arcos, lugar de dita parroquia; Arcos, lugar da parroquia de Rocas do concello de Esgos; Arcos, lugar da parroquia de Piñeira de Arcos do concello de Sandiás; Arcos, parroquia do concello de Vilamartín de Valdeorras; Os Arcos, lugar da parroquia de Abruciños no concello de Amoeiro; Piñeira de Arcos, parroquia do concello de Sandiás; Piñeira de Arcos, lugar de dita parroquia; Seoane de Arcos, parroquia do concello do Carballiño.Na provincia de Pontevedra Arcos da Condesa, parroquia do concello de Caldas de Reis; Arcos, parroquia do concello de Cuntis; Arcos, lugar de dita parroquia; Arcos, lugar da parroquia da Lama do concello da Lama; Arcos, lugar da parroquia de San Tomé de Nogueira, do concello de Meis; Arcos, parroquia do concello de Ponteareas; Arcos, lugar da parroquia de Graba do concello de Silleda; Arcos, lugar da parroquia de Randufe do concello de Tui; Os Arcos, lugar da parroquia de Vincios no concello de Gondomar.En PortugalArcos de Valdevez, concello do distrito de Viana do Castelo.
O castelán mexicano é un conxunto de variedades da lingua castelá ou español falado en México e nalgunhas partes dos Estados Unidos e do Canadá. Tamén salienta o dialecto do castelán propio da península do Iucatán, coñecido como castelán iucateco. México posúe o maior número de falantes de castelán, chegando a superar o dobre de falantes que existe en calquera país do mundo.
As células Jurkat son unha liña celular inmortalizada de linfocitos T humanos, que se utilizan no estudo da leucemia aguda de células T, sinalización celular das células T e expresión de varios receptores de quimocina susceptibles á entrada de virus, especialmente do VIH. As células Jurkat poden producir interleucina 2 e son utilizadas en investigacións sobre a susceptibilidade do cancro a fármacos e radiacións.
A cruzada albixense —denominación derivada de Albi, cidade situada no suroeste de Francia—, tamén coñecida como cruzada cátara ou cruzada contra os cátaros, foi un conflito armado que tivo lugar entre 1209 e 1244, por iniciativa do papa Inocencio III co apoio da dinastía dos Capetos (reis de Francia na época), co fin de reducir pola forza o catarismo, un movemento relixioso cualificado como herexía pola Igrexa católica e asentado desde o século XII nos territorios feudais do Languedoc, favorecendo a expansión cara ao sur das posesións da monarquía capetana e os seus vasalos. A guerra, que se desenvolveu en varias fases, iniciouse co enfrontamento entre os exércitos de cruzados súbditos do rei Filipe Augusto de Francia coas forzas dos condes de Tolosa e vasalos, provocando a intervención da Coroa de Aragón que culminou na batalla de Muret. Nunha segunda etapa, na que inicialmente os tolosanos alcanzaron certos éxitos, a intervención de Luís VIII decidiu a submisión do condado certificada polo Tratado de París (1229).
A palabra concepto provén da voz latina conceptum que significa concibido. A formación do concepto está estreitamente ligada ó contexto. Isto significa que todos os elementos, incluíndo linguaxe e cultura, e a información percibida polos sentidos que sexa accessible ó momento en que unha persoa constrúe o concepto de algo ou alguén, inflúen na conceptualización.
Propiocepción, do latín "proprius" ("a si mesmo") e "-ception" ("per-cepción" ou "re-cepción"), tamén chamada propiorrecepción, cinestesia ou sexto sentido , é o sentido da posición do noso corpo e do control neuromuscular das articulacións. Os receptores dos músculos, tendóns e articulacións envían información ao cerebro que indica a posición exacta de diferentes partes do corpo en cada momento.A sensación de posición pode ser estática, dando información sobre unha parte do corpo con respecto a outra, ou dinámica, dando información sobre a presenza e grao de movemento das articulacións ao cambiar de posición. Por outra banda, o control neuromuscular fai referencia á resposta anticipada ou inmediata dos músculos arredor dunha articulación, mantendo así a súa congruencia articular.
O carcinoma lobular in situ (CLIS), é un termo médico que se refire a cambios neoplásicos non cancerosos nas células que revisten os lóbulos da mama nos extremos distais dos condutos mamarios. Denomínase in situ, porque a doenza non é infiltrante. Malia que o carcinoma lobular in situ non é un cancro, a súa presenza indica un risco maior na aparición de cancro de mama, aínda que non todas as pacientes cun carcinoma in situ, incluíndo os peores casos, desenvolven cancro de mama.
O Mitsubishi G4M foi un bombardeiro xaponés usado durante a segunda guerra mundial. Deseñouse no ano 1937 como bombardeiro de ataque baseado en terra e tivo moito éxito durante as primeiras fases da guerra, aínda que avanzada esta sufriu numerosísimas perdas. Foi o bombardeiro xaponés máis construído, fabricándose en total 2.446 entre 1939 e agosto de 1945.
O Cenomaniano é unha división da escala temporal xeolóxica, a primeira idade ou piso do Cretáceo superior, segunda época do período Cretáceo. Esta idade esténdese de 100,5 até 93,9 millóns de anos atrás, aproximadamente. A idade cenomaniana sucede o Albiano, do Cretáceo inferior, e precede o Turoniano.
O retrato fotográfico é un xénero onde se reúnen toda unha serie de iniciativas artísticas que xiran en torno á idea de mostrar as calidades físicas ou morais das persoas que aparecen nas imaxes fotográficas. A súa práctica encóntrase xa nos inicios da fotografía onde destaca o labor realizado polos fotógrafos ambulantes, os fotógrafos comerciais dos estudios parisienses, os primeiros retratos psicolóxicos, o retrato popular presentado pola fotografía academicista, así como a obra documental de David Octavius Hill. Os representantes principais do retrato fotográfico nos seus inicios son Nadar, Disdéri, Julia Margaret Cameron, Lewis Carroll, Gustave Lle Gray, Etienne Carjat, Antoine Samuel Salomon, Pierre Petit ou Lady Clementine Hawarden.
A potenciación é unha operación matemática escrita como an, na que interveñen dous números: a base a e o expoñente n. Cando n é un número natural maior que 1, a potencia an indica a multiplicación da base a por ela mesma tantas veces como indica o expoñente n, isto é, a n = a × ⋯ × a ⏟ n , {\displaystyle {{a^{n}=} \atop {\ }}{{\underbrace {a\times \cdots \times a} } \atop n},} da mesma forma que a multiplicación de n por a pode ser vista como unha suma de n sumandos iguais a a, ou sexa, a × n = a + ⋯ + a ⏟ n . {\displaystyle a\times n=\underbrace {a+\cdots +a} _{n}.} O expoñente é indicado á dereita da base, sobrescrito ou separado da base por un circunflexo.
En bioloxía, un taxon (do grego τάξις, transliterado como táxis, "ordenamento") é un grupo de organismos emparentados, que nunha clasificación dada foron agrupados, asignándolle ao grupo un nome en latín, unha descrición, e un "tipo" que, se o taxon é unha especie, é un espécime ou exemplar concreto. Cada descrición formal dun taxon está asociada ao nome do autor ou autores que a realizan, os cales fanse figurar detrás do nome. En latín o plural de taxon é taxa, sendo así como adoita usarse en inglés, pero en galego o plural adecuado é taxons.
O termo berce da civilización refírese a localizacións onde, segundo os datos arqueolóxicos, puido ter xurdido a civilización. O pensamento actual é que non houbo un único berce, senón varias civilizacións que se desenvolveron independentemente, co Crecente Fértil (Mesopotamia e Antigo Exipto) considerados os máis antigos. Outras civilizacións xurdiron en Asia entre as diferentes culturas que poboaban os vales dos ríos, como na chaira indoganxética do subcontinente indio e no río Amarelo da China.
Unha xiringa (do grego syrinx, "tubo") é un produto sanitario que está composto por un émbolo inserido nun tubo, que ten unha pequena abertura nun dos seus extremos. As xiringas son empregadas para introducir pequenas cantidades de gases ou líquidos en áreas que son inaccesibles. Polo xeral, énchese introducindo a agulla no líquido e estirando o émbolo.
Robin McLaurin Williams, nado en Chicago, Illinois o 21 de xullo de 1951 e finado en Paradise Cay, California o 11 de agosto de 2014, foi un comediante e actor estadounidense. Acadou a fama co papel do alieníxena Mork na Mork & Mindy (1978–1982), e labrou unha exitosa carreira como cómico e actor de cine. A súa carreira cinematográfica inclúe filmes como The World According to Garp (1982), Good Morning, Vietnam (1987), Dead Poets Society (1989), Espertares (1990), The Fisher King (1991) e Good Will Hunting (1997), así como éxitos de recadación como Popeye (1980), Hook, o capitán Garfo (1991), Aladdin (1992), Mrs.
O Samaín (do irlandés antigo Samain, pronunciado /ˈsˠaunʲ/) é unha festividade celta que marca o remate da tempada de colleita e o comezo do inverno ou "metade escura" do ano. Tradicionalmente, é celebrada do 31 de outubro ó 1 de novembro, xa que o día celta comeza e remata co solpor. Atópase a medio camiño entre o equinocio de outono e o solsticio de inverno.
LibreOffice é unha suite ofimática libre, de código aberto e de balde desenvolvida por The Document Foundation como unha bifurcación de OpenOffice.org, a súa orixe remóntase ao 28 de setembro de 2010 cando un grupo de membros da comunidade de desenvolvemento do proxecto OpenOffice.org formaron The Document Foundation (TDF), co obxectivo de coordinar e desenvolver unha bifurcación do produto de software Oracle Open Office (OOO), logo de que Oracle tras mercar Sun decidira pór fin á súa participación no desenvolvemento de OpenOffice.org. The Document Foundation obtivo o apoio maioritario da comunidade de desenvolvedores independentes de OpenOffice.org, e tamén de diversas empresas (Canonical, Novell, Red Hat etc.) co obxectivo de producir unha suite ofimática independente de calquera empresa, baseada no formato estándar e aberto ODF e sen a obriga de ceder a autoría do código a Oracle. Oracle, o mesmo que antes Sun, impuxo que a autoría do código se lle asigne a Oracle mediante a sinatura dun acordo de contribución.
O río Severn (do inglés: River Severn, en galés: Afon Hafren, en latín: Sabrina) é o río máis longo de Gran Bretaña con 354 quilómetros de lonxitude. O río nace a 610 msnm no monte galesa de Plynlimon, no condado de Ceredigion. Corre por catro pobos do condado Powys: Llanidloes, Caersws, Newtown e Welshpool antes de entrar en Inglaterra.
Benjamin Altman, nado o 12 de xullo de 1840 e finado o 7 de outubro de 1913, foi un empresario estadounidense de Nova York. Foi coñecido por crear a compañía B. Altman en 1865, e tamén por ser un grande amante e mecenas da arte, en especial do pintor Rembrandt. Altman chegou a ter unha importante colección de pinturas que doou ao Museo Metropolitano de Arte de Nova York.
«Amami se vuoi» (en galego: «Ámame se queres») é unha canción composta por Vittorio Mascheroni e interpretada en italiano por Tonina Torrielli. Lanzouse como sinxelo en 1956 mediante Fonit Cetra. Foi elixida para representar a Italia no Festival de Eurovisión de 1956 tras obte-lo segundo posto no Festival da Canción de Sanremo 1956.
Escala pode referirse a: escala musical, ordenación de sons. Existen varios tipos de escalas musicais: Escala menor Escala maior Escala pentatónica Escala de blues Escala, relación de medidas entre un obxecto e a súa representación. En cartografía, unha escala é unha relación numérica ou gráfica que existe entre a realidade e o debuxo.
O vello e o mar (na versión orixinal en inglés: The Old Man and the Sea) é unha novela escrita polo autor estadounidense Ernest Hemingway en 1951 en Cuba, que foi publicada en 1952. Trátase do maior traballo de ficción producido por Hemingway publicado durante a súa vida. É unha das súas obras máis sonadas e céntrase na personaxe de Santiago, un envellecido pescador que loita cun xigantesco peixe vela na corrente do Golfo.
Medalla da Royal Numismatic Society
A medalla da Royal Numismatic Society (en inglés: Medal of the Royal Numismatic Society) é un galardón anual outorgado pola Royal Numismatic Society, radicada en Londres, a partir do ano 1883, que supón un dos máis altos recoñecementos que un numismático pode recibir a nivel mundial. A presidencia e o Consello que rexen a Sociedade outorgan a medalla "a título individual a quen se distinga polos servizos prestados á ciencia numismática".Nos anos máis recentes o medallista foi convidado para recibir a medalla en persoa e pronunciar unha conferencia, coincidindo habitualmente coa Xunta Xeral Anual que a Royal Numismatic Society celebra cada mes de decembro. O gravador John Evans foi o autor dos cuños da medalla de prata orixinal da Sociedade en 1883.
Wendy A. Okolo, nada en Nixeria en 1989, é unha enxeñeira de investigación aeroespacial nixeriana que traballa na División de Sistemas Intelixentes do Centro de Investigación Ames da NASA e onde tamén dirixe o Programa de énfase especial para mulleres. Okolo foi a primeira muller negra en graduarse en enxeñería aeroespacial na Universidade de Texas en Arlington.
Unha sonda espacial é unha nave espacial non tripulada, utilizada para a exploración remota doutros planetas, satélites, asteroides ou cometas. Normalmente as sondas teñen recursos de telemetría, que permiten estudar á distancia as súas características físico-químicas, tirar fotografías e por veces tamén o seu medio natural. Algunhas sondas, como Landers ou Rovers, pousan na superficie dos astros celestes, para estudos da súa xeoloxía e do seu clima.
Marte é o cuarto planeta do Sistema Solar pola súa proximidade ao Sol. Chamado así polo deus da guerra da mitoloxía romana Marte, recibe ás veces o alcume de planeta vermello debido á aparencia avermellada que lle confire o óxido de ferro que domina a súa superficie. Ten unha atmosfera delgada formada por dióxido de carbono, e dúas lúas, pequenas e deformadas: Fobos e Deimos, posibelmente asteroides capturados polo planeta, así mesmo ten apenas un cuarto da superficie da Terra e apenas un décimo da súa masa.
Singin' in the Rain é un filme estadounidense de 1952 dirixido e coreografado por Gene Kelly e Stanley Donen. Está protagonizado polo propio Kelly, Donald O'Connor e Debbie Reynolds. Feito seguindo os esquemas clásicos do Metro-Goldwyn-Mayer, ten a súa inspiración en toda a serie de The Broadway Melody que se realizaron en Hollywood nos 30 e 40, coincidindo coa aparición do cine sonoro.
Seattle ( [siˈætəɫ] ) é a cidade máis grande do noroeste dos Estados Unidos. Fundada en 1853, a cidade está localizada no estado de Washington, na rexión de Puget Sound, a 182 quilómetros da fronteira con Canadá. En 2007 tiña unha poboación de 594 210 habitantes e na súa area metropolitana vivían 3 263 497 persoas.
Lourdes (en occitano Lorda) é unha cidade e comuna francesa situada nas chairas de Bigorre, ao sueste do departamento de Altos Pireneos, na rexión de Mediodía-Pireneos, a unha altitude de 400 metros. Está bañada polo río Gave de Pau que procede de Gavarnie. Os seus habitantes reciben o xentilicio en francés Lourdais.
Neon Genesis Evangelion (en xaponés: 新世紀エヴァンゲリオン; Shin Seiki Evangerion; que quere dicir literalmente "O Evanxeo do Novo Século") tamén coñecida sinxelamente como Evangelion ou Eva, é unha serie de animación xaponesa, ou anime, producida por Gainax e Tatsunoko Production, dirixida por Hideaki Anno e emitida orixinalmente pola canle TV Tokyo dende outubro de 1995 até marzo de 1996. O anime conta con 26 episodios e o elenco de voces xaponesas orixinais inclúe a Megumi Ogata como Shinji Ikari, Megumi Hayashibara como Rei Ayanami e Yūko Miyamura como Asuka Langley Soryu. A música da serie foi composta por Shirō Sagisu.
Anne Frances Robbins, coñecida máis tarde como Nancy Davis Reagan, nada en Queens (cidade de Nova York) o 6 de xullo de 1921 e finada en Bel Air, California o 6 de marzo de 2016, foi unha actriz estadounidense. Casada con Ronald Reagan, foi Primeira dama dos Estados Unidos de América dende 1981 até 1989.
A Arena Pantanal é un estadio de fútbol brasileiro da cidade de Cuiabá, no Estado de Mato Groso en substitución do Estádio José Fragelli, coñecido popularmente como "Verdão", que foi demolido. O novo estadio, construído de acordo con todas as exigências da FIFA, albergará catro partidos da Copa do Mundo FIFA 2014. A súa capacidade de público é de 42.968 persoas, sendo o investimento total da obra de R$ 518,9 millóns.
Os moinantes son un grupo social de España e algúns países de Europa. Principalmente son nómades con algunhas similitudes co pobo xitano e considéranse unha etnia con identidade propia. Son tamén chamados quincalleros polo oficio que historicamente realizaban, vender, facer e reparar trebellos metálicos como tixolas e potas.
O nariz ( pronunciación ) é unha protuberancia que forma parte do sistema respiratorio nos vertebrados. Trátase dun órgano do olfacto, sendo a entrada do tracto respiratorio. De conformación moi diversa pódese indicar que consta basicamente de dúas bolsas ou cavidades, unha no caso dos ciclóstomos, situadas na parte anterior da cabeza e abertas ao exterior por un número de orificios que oscila entre os dous pares por cavidade, no caso dos peixes e un nos outros vertebrados.En todos os vertebrados, agás os ciclóstomos e os peixes non crosopterixios, as cavidades nasais comunícanse a través do teito da boca coa farinxe e formas as coanas, o que permite que, ademais de cumprir a función olfactiva, sirvan como vías respiratorias.
Coñécese como diáspora galega o proceso de emigración masiva do pobo galego que se produciu durante as tres últimas décadas do século XIX ata ben pasada a metade do século XX. Así, entre 1850 e 1960 marcharon cara a América máis de dous millóns de galegos e galegas. Cómpre destacar a importancia deste fenómeno nos contextos socioeconómico, político e cultural da Galicia territorial e da Galicia exterior. O historiador Antonio Eiras Roel estima en 2.041.603 o número de galegos emigrados a América entre o 1836 e 1960, o 38,5 % do total de migrantes españois (5.311.906), o que supuxo que Galicia tivese unha taxa de saída por cada mil habitantes superior a Irlanda nos momentos álxidos das correntes migratorias.
Michael Philip Jagger, nado o 26 de xullo de 1943 en Dartford, Kent, máis coñecido como Mick Jagger, é un músico de rock inglés coñecido, sobre todo, por ser vocalista (tamén cofundador e compositor) de The Rolling Stones. A súa carreira abarca máis de cinco décadas e foi descrito como "un dos cantantes máis populares e influentes na historia do rock & roll". Pola súa distintiva voz e a súa posta en escena, xunto co estilo de guitarra de Keith Richards, foron a marca rexistrada da banda durante toda a súa carreira.
The Rolling Stones é un conxunto de rock británico formado na cidade de Londres no ano 1962. Marcaron o renacemento do rock and roll tralo período de Elvis Presley e ocuparon un lugar importante no redescubrimento do blues negro. Estivo na vangarda das bandas da British Invasion que se fixeron populares nos Estados Unidos dende 1964-1965, e foi unha importante peza da contracultura dos anos 60.
Hamas (en árabe حماس, fervor, e acrónimo de Harakat al-Muqáwama al-Islamiya, حركة المقاومة الإسلامية Movemento de Resistencia Islámica) é unha organización político-relixiosa palestina que pretende a destrución de Israel e a creación dun estado islámico en Palestina. Hamas fundouna Ahmed Yassin o 14 de decembro de 1987 na franxa de Gaza, coincidindo co levantamento popular, ou intifada, contra a ocupación israelí. Ten relacións estreitas cos Irmáns Musulmáns exipcios.
Os malvados de Firecreek (en inglés: Firecreek) é un filme estadounidense de 1968 dirixido por Vincent McEveety e protagonizado por James Stewart e Henry Fonda, no seu segundo papel como antagonista ese ano xunto con Ata que chegou a súa hora de Sergio Leone. O filme é semellante a Só ante o perigo e o resto do elenco está composto por Inger Stevens, Dean Jagger, Ed Begley, Jay C. Flippen, Jack Elam e John Qualen.
A sobreira (Quercus suber L.) é unha árbore da familia do carballo e a aciñeira (as fagáceas, antes cupulíferas, integrada por 450 especies e con case tódolos seus xéneros boreais), espontánea e cultivada no sur de Europa e norte de África e a partir da cal é o único medio de onde se pode extraer a cortiza. Recibe en galego diferentes nomes comúns, entre os máis difundidos están corticeiro e corticeira.
A reacción acrosómica é a reacción de descarga de encimas hidrolíticos do acrosoma do espermatozoide sobre a cuberta que rodea o óvulo e as células que o rodean, que abre un paso para que o espermatozoide poida chegar ata a membrana do ovocito, fusionarse con ela e penetrar no óvulo. O óvulo está rodeado dunha cuberta protectora chamada zona pelúcida e sobre esta nos mamíferos placentarios hai unha coroa de células do cúmulo oóforo e unha substancia xelatinosa que fai de matriz. Para abrise paso por todas esas capas, os espermatozoides utilizan a reacción acrosómica, que ocorre no acrosoma, orgánulo situado no extremo do espermatozoide, e que se produce cando este se aproxima ao óvulo.
Halloween (AFI: /ֽhæləυ'i:n/, do ing. All Hallows' Evening ou Noite de tódolos Santos) é unha festa anual que se celebra principalmente nos Estados Unidos na noite do día 31 de outubro pero que desde finais do século XX tamén se observa en moitos outros países. A súa orixe é cristiá pero con raíces nas tradicións pagás celtas (véxase Samaín).
Anxo Angueira Viturro, nado en Manselle (Dodro) o 13 de xaneiro de 1961, é un filólogo, escritor e estudoso da literatura galega. É o actual presidente da Fundación Rosalía de Castro, con sede na Casa Museo de Rosalía, desde o 1 de xuño de 2012.O 28 de outubro de 2023 foi nomeado académico de número da RAG, ocupando a vacante producida polo pasamento do poeta Salvador García Bodaño-Zunzunegui.
Campións dos Xogos Olímpicos da Antigüidade
Esta lista contén os campións dos Xogos Olímpicos da Antigüidade que se celebraron sen interrupción en Olimpia, na antiga Grecia, unha tradición que continuou durante máis de 1000 anos, desde o -776 ata o 393, cando todos os cultos pagáns foron prohibidos polo emperador cristián de Roma. Teodosio I o Grande. Trátase dunha lista incompleta que se basea en fragmentos de Pausanias (século II), Eusebio de Cesarea (século III), así como en inscricións compiladas por fontes modernas .
A Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura, UNESCO (en inglés United Nations Educational, Scientific and Cultural Organization e en francés: Organisation des Nations unies pour l'éducation, la science et la culture) é un organismo especializado das Nacións Unidas cuxo obxectivo é promover a paz e a seguridade mundial mediante a cooperación internacional en materia de educación, artes, ciencias e cultura. Ten 194 estados membros e 12 membros asociados, así como socios das organizacións non gobernamentais, intergobernamentais e do sector privado. A súa sede atópase en París, Francia, mais a UNESCO ten 53 oficinas rexionais de campo e 199 comisións nacionais que facilitan o seu mandato global.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
Unha máquina comecartos ou simplemente un comecartos é un aparello automático concibido para ofrecer xogos de aposta sen a intervención dun empregado. Estes dispositivos poden ser mecánicos, electrónicos ou dixitais. O xogo consiste en introducir unha moeda coa esperanza de que saia unha combinación gañadora e obter un premio en metálico que proporciona a propia máquina.
George Andrew Romero, nado en Nova York o 4 de febreiro de 1940 e finado o 16 de xullo de 2017 en Toronto, foi un director de cine, guionista e editor estadounidense de orixe galega. Romero é descrito a miúdo como un influente pioneiro do xénero cinematográfico de terror e foi chamado o "pai dos filmes de zombis" e considerado unha "icona". En varias ocasións contou o impacto que tiveron nel as historias da Santa Compaña que lle contaban as súas tías da Coruña, No documental "George Romero: zombis e Santa Compaña" explórase esa relación.
Lista de programas de Televisión Española
Esta lista inclúe programas emitidos pola Televisión Española, desde a súa creación en 1956.
José Luis Sanmartín Mato, coñecido como Joselu ou Joselu Mato, nado en Stuttgart (Alemaña) o 27 de marzo de 1990, é un futbolista galego. Xoga de dianteiro no Real Madrid, da Primeira División, cedido polo Espanyol. Formado na canteira do Celta de Vigo, debutou co primeiro equipo celeste na Segunda División en 2009, e máis tarde militou en catro equipos da Primeira División, entre eles o Real Madrid e o máximo rival histórico do Celta: o Deportivo da Coruña.
Vigo ( pronunciación ) (tamén coñecida como a cidade olívica) é unha cidade e concello da provincia de Pontevedra, na comunidade autónoma de Galicia, no noroeste da península ibérica. É a capital da comarca de Vigo, aínda que historicamente pertenceu á comarca de Val de Fragoso. Ademais é a capital da súa área metropolitana.