Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Desperate Housewives é unha serie de televisión estadounidense de comedia-drama e misterio creada por Marc Cherry e producida por ABC Studios e Cherry Productions. Foi emitida a través da canle ABC dende o 3 de outubro de 2004 até o 13 de maio de 2012. O argumento da serie céntrase en Wisteria Lane, un rúa da vila ficticia de 'Fairview'.
Coñécese como diáspora galega o proceso de emigración masiva do pobo galego que se produciu durante as tres últimas décadas do século XIX ata ben pasada a metade do século XX. Así, entre 1850 e 1960 marchan cara a América máis de dous millóns de galegos e galegas. Cómpre destacar a importancia deste fenómeno nos contextos socioeconómico, político e cultural da Galicia territorial e da Galicia exterior. O historiador Antonio Eiras Roel estima en 2.041.603 o número de galegos emigrados a América, o que supón o 38,5% do total de migrantes españois (5.311.906).
Mosaic foi o segundo navegador web gráfico, deseñado por un equipo dirixido por Marc Andreessen no National Center for Supercomputing Applications (NCSA) para o X Window System de UNIX. A versión 1.0 saíu o 22 de abril de 1993. A versión 2.0 saíu en decembro de 1993 xunto ás versións 1.0 para Apple Macintosh e Windows. Oficialmente deixou de desenvolverse o 7 de xaneiro de 1997.
As proteínas (do grego πρωτεϊνη, primeiro) son unhas macromoléculas formadas por α-aminoácidos. Poden estar formadas por unha ou varias cadeas de aminoácidos. As proteínas son moléculas orgánicas esenciais na estrutura e función dos seres vivos (por exemplo, forman parte integral dos tecidos biolóxicos e moitas delas funcionan como encimas).
O benceno, C6H6, é un líquido incoloro e inflamable, cun olor doce e agradable, base dos hidrocarburos aromáticos e constituínte natural do petróleo, aínda que usualmente sintetizado a partir doutros compostos que están presentes en maior cantidade relativa. Forma parte da mestura das gasolinas, do napalm etc, e é un disolvente moi usado e base para a produción de medicamentos, plásticos, gasolina, caucho sintético etc. É un coñecido carcinóxeno.
En dereito, denomínase cónxuxe a calquera das persoas físicas que forman parte dun matrimonio. O termo «cónxuxe» é de xénero común, é dicir, pódese usar para referirse a un home («o marido» ou «o cónxuxe») ou a unha muller («a muller» ou «a cónxuxe»). Cando o sexo é descoñecido normalmente dise «cónxuxe» aínda que tamén se pode dicir «o ou a cónxuxe».
O home ( pronunciación ), ou varón, é un ser humano macho, de sexo oposto á muller. Este tipo de oposición non é antinómica: existen casos intermedios tanto bioloxica (hermafroditismo) coma psicoloxicamente (transexualidade). O termo home pódese utilizar tamén para se referir ao ser humano de maneira xeral, sexa el home ou muller e mais tamén se pode restrinxir para referirse ao ser humano masculino que chegou á idade viril.
Un verso (do latín versus, que significa "volto", por oposición a prorsus, de onde vén prosa, que significa "todo seguido") é un conxunto de palabras suxeitas a medida, ritmo e cadencia, ou só a cadencia, en contraposición á prosa, que non está sometida habitualmente a estes procedementos. Adoita ser a canle formal habitual de expresión da poesía lírica. Convén distinguir claramente entre verso, que é unha forma literaria, e poesía lírica, que é un xénero literario.
A Internet Movie Database (IMDb) (en galego: Base de Datos de Películas en Internet) é unha base de datos en liña con información sobre directores, produtores, actores, películas, programas de televisión, videoxogos e case todo o relacionado coa industria fílmica privada e independente. Propiedade de Amazon desde 1998, IMDb celebrou o seu décimo quinto aniversario o 17 de outubro de 2005.
O Pagador de Promessas é un filme brasileiro de 1962 dirixido por Anselmo Duarte. Duarte adaptou el mesmo o guión a partir da obra de teatro de Dias Gomes. Rodado en Salvador, Baía, está protagonizado por Leonardo Villar.O filme gañou a Palma de Ouro no Festival Internacional de Cinema de Cannes de 1962, converténdose no primeiro e único filme brasileiro en conseguilo.
FilmAffinity é un sitio web dedicado ao cinema, creado en 2002 polo crítico Pablo Kurt e o programador informático Daniel Nicolás. Tamén conta cunha versión en inglés. A edición americana de PC Magazine (abril de 2004) incluíu FilmAffinity entre as cen mellores webs por descubrir do mundo; cualificouno como a mellor web na categoría de entretemento.
A Dinastía Ming (en chinés 明朝; pinyin: Ming Chao), tamén coñecida como Imperio do Gran Ming (en chinés tradicional 大明国, en chinés simplificado 大明国; pinyin Da Ming Guo), foi a penúltima dinastía gobernante na China e que gobernou durante 276 anos (entre 1368 e 1644) trala caída do Imperio Mongol liderado pola dinastía Yuan. A Ming foi descrita por algúns como "unha das máis grandes épocas de orde de goberno e estabilidade social da historia humana", foi a derradeira dinastía da China rexida pola etnia han. O fundador da dinastía Ming, o emperador Hongwu (r.
Coñécese como asistencia sanitaria, atención médica, asistencia médica, atención sanitaria ou atención de saúde, ao conxunto de servizos que se proporcionan ao individuo, co fin de promover, protexer e restaurar a súa saúde. A asistencia sanitaria é basicamente un servizo ou un ben económico intanxible de tal forma que "o servizo chamado asistencia sanitaria é o que presta un axente ou operador especializado para as persoas que senten ou teñen manifestacións de alteracións no seu estado de saúde e que ademais este servizo préstase baixo unhas determinadas condicións de seguridade e por quen está en posesión dun determinado coñecemento, é dicir, é un servizo especializado e singular que só o poden dar persoas autorizadas ou acreditadas e en centros autorizados". "A singularidade do servizo prestado nun centro asistencial vén determinada por moitos factores que abarcan desde a súa cultura até pola grande influencia doutros sectores da economía".
O río Okavango é un longo río africano, que nace na meseta de Bié, en Angola, nunha zona bastante chuviosa, e que tras un percorrido duns 1.600 km penetra nunha conca endorreica, xa en Botswana, onde formou unha extensa rexión aluvial impropiamente denominada e coñecida en todo o mundo como o delta do Okavango. Como desemboca nunha zona cun clima moi árido, trátase dun río alóctono, como é o caso do río Nilo, en Exipto, ou o río Níxer en Malí. A súa conca drena unha superficie de 721.277 km².
O florín neerlandés (en neerlandés gulden) é o nome da moeda usada nos Países Baixos dende o século XV até o ano 2002, cando foi substituída polo euro. Dúas versións do gulden están aínda vixentes en Aruba e nas Antillas Holandesas. A versión de Suriname foi substituída polo dólar surinamés en 2004.
Os Altos do Golán (árabe: هضبة الجولان Haḍbatu 'l-Jawlān, ou مرتفعات الجولان Murtafaʻātu l-Jawlān, hebreo: רמת הגולן Ramat HaGolan, (son) ), ou simplemente o Golán, é unha rexión do Oriente Próximo cunha extensión aproximada de 1 800 km2. A rexión definida como os Altos do Golán difire segundo a disciplinas: segundo as xeolóxicas e bioxeográficas, os Altos do Golán son unha superficie basáltica rodeada polo río Yarmouk ao sur, o mar de Galilea e o val de Hula ao oeste, a cordilleira do Antilíbano co monte Hermon ao norte e o uadi Raqqad ao leste. Como rexión xeopolítica, os Altos do Golán son unha área de Siria capturada e ocupada por Israel, trala guerra dos seis días, e anexada en 1981.
Afonso XIII, alcumado «o Africano», nado en Madrid o 17 de maio de 1886 e finado en Roma o 28 de febreiro de 1941, foi rei de España. Fillo póstumo de Afonso XII e de María Cristina de Habsburgo-Lorena, foi coroado rei no seu nacemento e reinou até 1931. A súa nai exerceu a rexencia da coroa durante a súa infancia.
A cirurxía é a rama da medicina que manipula fisicamente as estruturas do corpo con fins diagnósticos, preventivos ou curativos. Ambroise Paré, cirurxián francés do século XVI atribúelle cinco funcións: Eliminar o superfluo Restaurar o que se escordou Separar o que se uniu Reunir o que se dividiu, e Reparar os defectos da natureza.Desde que o ser humano fabrica e manexa ferramentas empregou o seu enxeño tamén no desenvolvemento de técnicas cirúrxicas cada vez máis sofisticadas. Pero até a revolución industrial non se vencerían os tres principais obstáculos cos que se encontrou esta especialidade médica desde os seus inicios: a hemorraxia, a dor e a infección.
Unha sílaba é un conxunto de realizacións que se pronuncian nun mesmo golpe de voz. É unha organización para unha secuencia de sons formada tipicamente por un núcleo silábico (habitualmente unha vogal) con marxes iniciais ou finais opcionais (tipicamente consoante). As sílabas adoitan ser consideradas "bloques construtivos" fonolóxicos das palabras.
O imperio colonial holandés ou imperio colonial neerlandés (en neerlandés: Nederlandse koloniale rijk), coñecido tamén como Imperio Holandés ou Imperio Neerlandés, comprendía os territorios de ultramar e os postos comerciais controlados e administrados por compañías holandesas -principalmente a Compañía Holandesa das Indias Orientais e a Compañía Holandesa das Indias Occidentais- e, posteriormente, pola República Holandesa (1581-1795), e polo moderno Reino dos Países Baixos despois de 1815. Inicialmente foi un sistema baseado no comercio que derivaba a maior parte da súa influencia da empresa mercante e do control holandés das rutas marítimas internacionais a través de postos avanzados estratexicamente situados, máis que de empresas territoriais expansivas.O dos holandeses foi un dos primeiros imperios de Europa da Idade Moderna, despois dos da Península ibérica, o español, o portugués e o ibérico, e unha das nacións máis ricas daquela época. Con poucas excepcións notábeis, a maioría das explotacións no exterior do imperio colonial holandés consistían en fortes costeiros, fábricas e asentamentos portuarios con diferentes graos de incorporación das súas terras interiores e rexións circundantes.
En informática, un servidor é un sistema informático que proporciona servizos a outro sistema informático, chamado cliente, a través dunha rede. O termo é utilizado para se referir ó sistema informático completo, pero tamén é utilizado para se referir só ó compoñente hardware ou só ó compoñente software do anterior sistema.
O movemento, no plano mecánico, é un fenómeno físico que se define como todo cambio de posición que experimentan os corpos dun sistema ou conxunto no espazo con respecto a eles mesmos ou conforme a outro corpo que serve de referencia. Todo corpo en movemento describe unha traxectoria. A parte da física que se encarga do estudo do movemento sen estudar as súas causas é a cinemática.
A Oficina Europea de Patentes é unha institución vencellada á Unión Europea pero independente dela (ten como socios da organización países que non están nela). O seu propósito é organizar e coordinar as diversas oficinas nacionais de patentes. Ten como linguas de traballo o inglés, francés e alemán, e sedes en Múnic, A Haia, Viena, Bruxelas e Berlín.
The Two Popes é un filme de 2019 dirixido por Fernando Meirelles e escrito por Anthony McCarten, adaptado a partir da obra de McCarten The Pope. Está protagonizado por Anthony Hopkins no papel do papa Bieito XVI e Jonathan Pryce como o cardeal Jorge Mario Bergoglio (máis tarde o papa Francisco).Estreouse no Festival de Cinema de Telluride o 31 de agosto de 2019. Tivo unha estrea limitada nos cinemas dos Estados Unidos o 27 de novembro de 2019 e no Reino Unido o 29 de novembro de 2019.
Este artigo trata sobre a Administración Nacional para a Aeronáutica e o Espazo, para a arte de pesca véxase nasa.A National Aeronautics and Space Administration (NASA, "Administración Nacional para a Aeronáutica e o Espazo") é a axencia do goberno norteamericano responsable do programa espacial dos Estados Unidos de América e a súa investigación aeroespacial xeral a longo termo. Establecida no 1958, é unha organización civil que dirixe e supervisa a investigación civil e militar nos sistemas aeroespaciais.
Chámase lingua morta ou lingua extinta a unha lingua que non é a lingua materna de ningún individuo, e polo tanto tampouco se usa en ningunha comunidade natural de falantes. Algunhas linguas mortas continúan en certos usos, como segunda lingua, lingua clásica ou lingua litúrxica, aínda que a lingua xa non sexa adquirida por ninguén como lingua materna. Aínda neses casos a lingua non segue o camiño normal de evolución e desenvolvemento que ocorren ó longo do tempo nas linguas vivas.
En fonética, unha vogal (do latín vocalis) é un son da lingua falada que se produce ó expulsar aire, habitualmente mais non necesariamente facendo vibrar asemade as cordas vocais, e ó modificar o timbre, sen oclusión nin fricación, mediante a distinta posición que adopten os órganos da boca e do nariz no caso das vogais nasais e nasalizadas. As consoantes, pola súa banda, diferéncianse das vogais por unha constrición ou pechazón nun ou varios puntos do tracto bucal e/ou nasal. Tamén se pode definir a vogal como núcleo silábico.
O pianista (en inglés: The Pianist) é un filme do ano 2002 dirixido por Roman Polanski e protagonizado por Adrien Brody. O filme é unha adaptación das memorias do músico polaco de orixe xudía Władysław Szpilman. Recibiu en 2002 a Palma de Ouro no Festival Internacional de Cannes, e foi galardoada con tres Premios Óscar: mellor director, mellor actor protagonista e mellor guión adaptado.
O bretón (brezhoneg) é unha lingua celta insular de tipo britónico, estreitamente emparentada co córnico. Fálase sobre todo nos territorios occidentais da Bretaña, aínda que se está a recuperar noutras partes do territorio da rexión, mesmo naquelas zonas onde tradicionalmente non se falou ou non se ten falado dende hai varios séculos. A lingua bretoa tamén tivo unha certa repercusión en Galicia, influíndo sobre a lingua galega e propiciando a aparición dun dialecto mindoniense nos seus asentamentos, que perduraron ata o século XV no norte da actual provincia de Lugo (na comarca de Mondoñedo) e mais nalgunhas outras zonas costeiras de Galicia.
AlloCiné é unha organización de servizo que achega información do cine francés, especialmente centrando na promoción das novidades en DVD, Blu-ray e información de VOD. A empresa foi fundada como comunicador telefónico, e posteriormente deveu nun portal de Internet, o cal ofrece información por acceso rápido e cobre todos os filmes que foron distribuídos en Francia. No 2005, empezou a cubrir series televisivas. AlloCiné foi lanzado en 1993, antes de ser adquirido por Canal+ no 2000 e por Vivendi Universal no 2002.
Plasmodium malariae é unha especie de protozoos parasitos, que é unha das especies de plasmodios causantes da malaria nos humanos. Está moi relacionado coas especies Plasmodium falciparum e Plasmodium vivax, que son as responsables da maioría das infeccións de malaria. A malaria que produce está moi estendida no mundo, pero denomínase "malaria benigna", xa que non é tan perigosa como a producida por P. falciparum ou P. vivax.
Prison Break é unha serie de televisión estadounidense creada por Paul Scheuring que comezou a emitir a Fox Broadcasting Company o 29 de agosto de 2005. A serie céntrase en dous irmáns, un que foi condenado á pena de morte por un crime que non cometeu e outro, Michael Scofield, que se fai deter expresamente para ingresar en prisión para fuxir co seu irmán. A serie produciuna Adelstein-Parouse Productions, en colaboración con Original Television e 20th Century Fox Television.
Unha vogal posterior ou velar é un son vocálico que se articula coa lingua retraída, achegando o dorso cara ó veo. Acusticamente, son orais, graves e bemolizadas, e caracterízanse porque o seu segundo formante é inferior a 1200 Hz, fronte ás vogais centrais e anteriores, cuxo segundo formante ten unha frecuencia superior.
O new age é un xénero musical destinado a crear inspiración artística, relaxación e optimismo. Os oíntes utilízano para ioga, masaxes, meditación e lectura como un método de manexo do estrés para provocar un estado de éxtase en lugar de transo, ou para crear unha atmosfera tranquila en fogares e outros ambientes. Ás veces asociase co ecoloxismo e a espiritualidade new age; porén, moitos dos seus artistas non teñen nada que ver coa "espiritualidade new age", e algúns incluso rexeitan o termo.
Unha bandeira é unha peza de tea, normalmente rectangular, aínda que pode adoptar formas moi variadas, que se suxeita por un dos seus lados a unha hasta, ou se pendura dunha driza, e que se emprega para identificar unha persoa (guión, estandarte, bandeira persoal, bandeira de rango etc.), ou grupo de persoas (bandeira nacional, Nacións Unidas, a Unión Europea, a OTAN e a Cruz Vermella, por citar uns exemplos). Tamén se emprega para transmitir sinais (como un semáforo), especialmente na navegación marítima. O estudo das bandeiras coñécese como vexiloloxía.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
Boy é o álbum de estrea da banda irlandesa de rock U2, editado o 20 de outubro de 1980 a través do selo Island Records. O disco inclúe o primeiro sinxelo da banda que foi un éxito no Reino Unido, "I Will Follow". O disco foi producido por Steve Lillywhite e contén cancións do repertorio de 40 temas que o grupo tiña na época, incluídos dous temas regravados do seu primeiro lanzamento, o EP Three.
Freebase foi unha base de coñecemento colaborativa composta por metadatos creados principalmente polos membros da súa comunidade. Tratábase dunha base de datos en liña recompilados dende diferentes fontes, incluíndo contribucións wiki individuais. O obxectivo de Freebase era crear un recurso global que permitise á xente e ás máquinas acceder á información dun xeito máis efectivo.
En bioloxía molecular, o CD4 (cluster de diferenciación 4) é unha glicoproteína que se encontra na superficie de células inmunes como o linfocito T axudante, monocito, macrófago, e célula dendrítica. Descubriuse a finais da década de 1970 e orixinalmente deuselle o nome de leu-3 e T4 (debido aos anticorpos monoclonais OKT4 que reaccionaban con el) antes de ser rebautizado como CD4 en 1984. Nos humanos a proteína CD4 está codificada polo xene CD4 do cromosoma 12.Os linfocitos T axudantes CD4+ son leucocitos que son parte esencial do sistema inmunitario humano e con frecuencia denomínanse células CD4, células T axudantes ou células T4.
Sevilla é unha cidade española situada ao suroeste da Península Ibérica, capital de Andalucía e da provincia homónima. Sevilla é a cuarta cidade de España e cuarta área metropolitana por número de habitantes. Ten 696.676 habitantes en 2014, 1.317.098 na área metropolitana, 1.813.908 en total na provincia (datos de 2005).
Friends é unha serie de televisión estadounidense, creada por Marta Kauffman e David Crane, producida en asociación coa Warner Bros. Television, filmada nos Warner Bros Studios en Burbank e emitida por vez primeira o 22 de setembro de 1994 na cadea NBC. Inmediatamente despois do éxito no seu país, comezou a súa difusión por todo o mundo con similares resultados, sendo considerado ata hoxe en día coma un dos mellores na historia da televisión. A serie está composta de dez tempadas duns 24 capítulos cada unha, agás a terceira e a sexta que tiveron 25 e a última que só tivo 18.
O World Wide Web Consortium (W3C, "Consorcio da Rede Mundial") é unha organización creada por Tim Berners-Lee que agrupa a organizacións, actualmente unhas 500, interesadas en dar soporte e definición aos estándares en Internet. O consorcio adminístrano conxuntamente o Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts (MIT) o European Research Consortium for Informatics and Mathematics, con sede en Francia, e a Universidade de Keio no Xapón. O consorcio é a principal organización en relación cos padróns para a World Wide Web.
O trigo é o termo xeral que designa as distintas especies bravas e cultivadas do xénero Triticum spp, cereal anual que se cultiva en todo o mundo. Globalmente, é o segundo gran comestíbel máis cultivado, xunto ao millo; sendo o terceiro o arroz; e o máis consumido polo ser humano na civilización occidental dende a antigüidade. En Galiza cultívase dende hai séculos, aínda que outros cereais, como o millo, que ten máis importancia no país .
«Liberty Enlightening the World» (A liberdade iluminando o mundo), coñecida como a Estatua da Liberdade (en inglés: The Statue of Liberty; en francés: Statue de la Liberté), é un dos monumentos máis celebres dos Estados Unidos de América localizado na entrada do porto de Nova York desde o 28 de outubro de 1886 (atópase na illa da Liberdade ao sur da illa de Manhattan, xunto á desembocadura do río Hudson e preto da illa Ellis). Conmemora o centenario da sinatura da Declaración de Independencia dos Estados Unidos e é un regalo en xesto de amizade de Francia para cos Estados Unidos de América. Foi proxectada e construída polo escultor alsaciano Frédéric Auguste Bartholdi (1834-1904), que supostamente usou a súa nai como modelo.
O estrés (do latín stringere ‘apertar’ a través do seu derivado en inglés stress ‘fatiga de material’) é unha reacción fisiolóxica do organismo no que entran en xogo diversos mecanismos de defensa para afrontar unha situación que se percibe como ameazante ou de demanda incrementada. Fisiolóxica ou biolóxica é a resposta dun organismo a un factor de tensión tales como unha condición ambiental ou un estímulo. O estrés é o xeito dun corpo de reaccionar a un desafío.
O cortisol (ou hidrocortisona) é unha hormona esteroide do grupo dos glicocorticoides, producida na glándula adrenal. Libérase en resposta ao estrés e a baixos niveis sanguíneos de glicocorticoides. As súas funcións principais son incrementar os niveis de azucre en sangue estimulando a glicoxenólise; suprime o sistema inmunitario; e intervén no metabolismo das graxas, proteínas e carbohidratos.
CSI: Crime Scene Investigation
CSI (Crime Scene Investigation, "Investigación da Escena dun Crime"), serie de televisión estadounidense de ficción televisiva e policial, céntrase en torno a un grupo de científicos forenses que traballa na cidade norteamericana de Las Vegas, Nevada investigando crimes. Foi creada por Anthony E. Zuiker e comezou a emitirse no ano 2000. A orixinal fórmula da serie, a súa calidade e o seu éxito e aceptación suscitaron dúas secuelas, CSI Miami e CSI New York, en torno ós equipos de científicos forenses desas respectivas cidades.
O Citröen 2CV (do francés: deux chevaux vapeur, literalmente «dous cabalos de vapor»; chamado popularmente Dous Cabalos) foi un modelo de automóbil de baixo custo creado pola compañía francesa Citroën. Foi presentado á prensa no Salón do Automóbil de París en 1948 cun motor de 375 cc. Máis adiante tivo melloras, como un novo motor de 425 cc en 1955 e outro de 602 cc en 1966.
James Francis Cameron, nado o 16 de agosto de 1954 en Chippawa, Ontario é un director de cine, produtor e guionista canadense. O seu traballo como gionista e director inclúe filmes como Piraña II (1981), Terminator (1984), Aliens (1986), The Abyss (1989), Terminator 2: O xuízo final (1991), True Lies (1994), Titanic (1997) e Avatar (2009).
A Praza de Venceslau (en checo: Václavské náměstí , coloquialmente: Václavák) é unha das principais prazas, ademais de centro cultural e de negocios, da Cidade Nova de Praga, República Checa. Moitos acontecementos notables da historia da cidade tiveron na praza o seu escenario, sendo ademais o sitio tradicional para manifestacións, celebracións, e outras xuntanzas públicas. A praza recibe o nome por San Venceslau, o santo patrón de Bohemia.
Procavia capensis (Pallas, 1766), é unha especie de mamífero da orde dos hiracoideos, o tipo da familia dos procavíidos e única especie actual do xénero Procavia.É un dos damáns máis estendidos por toda África, chegando tamén ao oeste da península Arábiga. Habitante dos rochedos, en aparencia aseméllase a unha marmota común ou a un coello de Indias, coas súas curtas orellas e cola.
A Head Full of Dreams é o sétimo álbum de estudio do grupo de música inglés Coldplay. Foi lanzado o 4 de decembro de 2015 polos selos discográficos Parlophone e Atlantic Records. É o segundo álbum da banda con Atlantic, despois de que Coldplay fosen transferidos dende Capitol Records America no 2013.
Sherlock é un nome inglés masculino de pouca frecuencia, que significa literalmente "loiro", do anglosaxón scir ("brillante") e locc ("mechón de pelo"). Popularizado a partir do personaxe literario Sherlock Holmes, pode referirse a: PatronímicoUn apelido irlandés anglificado desde o gaélico "Scurlog", do danés "feroz guerreiro".PersonalidadesThomas Sherlock, bispo de Londres no século XVIII. Lorcan George Sherlock, alcalde de Dublín até 1945. Sherlock Holmes, un detective ficticio de finais do século XIX e principios do século XX, creado por Arthur Conan Doyle.TelevisiónSherlock, unha serie de televisión de 2010.
Deadpool é unha personaxe de banda deseñada, co verdadeiro nome de Wade Winston Wilson, caracterizado coma un mercenario ou antiheroe que aparece en historietas publicadas por Marvel Comics, orixinalmente na serie X-Men pero tamén nos últimos anos noutras series Marvel. Creado polo debuxante Rob Liefeld e o guionista Fabian Nicieza, Deadpool apareceu por primeira vez en The New Mutants nº 98, en febreiro de 1991. Deadpool é un mercenario que usa alta tecnoloxía e que como Wolverine, é un produto de Weapon X, un programa paramilitar clandestino que realizou o goberno canadense.
O Perú (en quechua e en aimará Piruw), oficialmente a República del Perú; é un país de Suramérica, limitado ao norte por Ecuador e por Colombia; ao leste polo Brasil, Bolivia e Chile; e ao sur e oeste polo océano Pacífico.Posúe unha complexa xeografía dominada principalmente polas elevacións da cordilleira dos Andes e as correntes do Pacífico, que lle configura climas e paisaxes variadas como a costa desértica, a puna dos altos Andes ou a selva tropical da conca amazónica. No seu territorio existiu unha das culturas máis antigas que se coñece de América, a civilización de Caral (XII milenio a. C.) No século XVI, o Imperio Inca foi anexionado polos conquistadores españois con apoio de etnias contra o dominio inca.
Un milímetro de mercurio (símbolo mmHg) ou torricelli (símbolo Torr, así denominada na honra de Evangelista Torricelli), é unha unidade de presión. O milímetro de mercurio defínese como a presión exercida na base dunha columna dun milímetro de mercurio, que ten unha densidade de 13,5951 g/cm3, baixo a acción da gravidade estándar (9,80665 m/s2), é dicir, 133,322 387 415 Pa, mentres que o torr equivale a 1/760 da presión atmosférica estándar, é dicir, 133,322 368 421... Pa (os decimais son periódicos).
Centro de procesamento de datos
Un data center (do inglés "centro de datos") ou centro de procesamento de datos é unha instalación onde se concentran todos os recursos necesarios para o procesamento da información dunha organización. Ditos recursos consisten esencialmente nunhas dependencias debidamente acondicionadas (con refrixeración, sistemas anti-incendios, UPS etc.), computadoras e redes de comunicacións. Os centros de proceso de datos adóitanse denominar polo seu acrónimo CPD. Como o seu nome implica, un centro de datos pertence a unha organización, que o emprega para procesar os datos precisos para as súas operacións.
Patrimonio da Humanidade nos Emiratos Árabes Unidos
O Patrimonio da Humanidade da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO) componse de lugares de importancia para o patrimonio cultural ou natural descritos na Convención do Patrimonio Mundial da UNESCO, estabelecida en 1972. O patrimonio cultural está formado por monumentos (como obras arquitectónicas, esculturas monumentais ou inscricións), grupos de edificios e ruínas (incluíndo sitios arqueolóxicos). As paisaxes naturais (constituídas por formacións físicas e biolóxicas), as formacións xeolóxicas e fisiográficas (incluíndo os hábitats de especies de animais e plantas ameazadas) e os lugares naturais que son importantes dende o punto de vista da ciencia, a conservación ou a beleza natural, defínense como patrimonio natural.
O dólar da Liberdade sentada (en inglés: Seated Liberty dollar) foi unha moeda dun dólar de prata cuñada pola Casa da Moeda dos Estados Unidos entre 1840 e 1873, deseñada polo seu gravador xefe, Christian Gobrecht. Foi a derradeira moeda de prata deste valor cuñada antes da aprobación da Lei da Moeda de 1873, que supuxo unha interrupción temporal da emisión do dólar de prata. O anverso desta moeda baséase no do anterior "dólar Gobrecht", ao que substitúe, cuñado de xeito experimental entre 1836 e 1839.
Chámase programación á creación dun programa de computadora, un conxunto concreto de instrucións que unha computadora pode executar. O programa escríbese nunha linguaxe de programación, aínda que tamén se pode escribir directamente en linguaxe máquina, con certa dificultade. Un programa pódese dividir en diversas partes, que poden estar escritas en linguaxes distintos.
A sinatura ou firma, é unha escritura gráfica ou grafo manuscrito que representa o nome e apelidos, ou título, que unha persoa escribe da súa propia man e ten fins identificatorios, xurídicos, representativos e diplomáticos. A súa finalidade é identificar, asegurar ou autentificar a identidade dun autor ou remitente, ou servir como unha proba de consentimento e/ou de verificación da integridade e aprobación da información contenida nun documento ou semellante, e ten carácter legal. Os trazos ou debuxos que ornamentan e que adoitan acompañar a sinatura non son unha sinatura en si, senón un conxunto de trazos propios que funcionan como compoñente opcional e que non pode utilizarse de xeito independente a esta.
Unha vogal anterior ou palatal é un son vocálico que se articula adiantando a lingua cara ós incisivos e achegándoa ó padal duro. Acusticamente, son orais, agudas e sostidas, e caracterízanse porque o seu segundo formante é superior a 1800 Hz, fronte ás vogais centrais e posteriores, cuxo segundo formante ten unha frecuencia máis baixa.
O termo bar pódese referir a: Bar, local onde se serven bebidas; Bar, unidade de presión.Amais, como topónimo pode referirse a: Bar, lugar da parroquia de Branzá, no concello de Arzúa; Bar, comuna francesa do departamento de Corrèze; Bar-le-Duc, comuna francesa do departamento de Meuse; Bar-lès-Buzancy, comuna francesa do departamento de Ardennes; Bar-sur-Seine, comuna francesa do departamento de Aube; Bar, cidade de Montenegro; Bar, cidade de Ucraína; Río Bar, río de Francia.
Expedición de Magalhães-Elcano
A expedición de Magalhães e Elcano foi unha expedición marítima do século XVI financiada pola Coroa española e capitaneada por Fernando de Magalhães. Esta expedición, ao mando de Juan Sebastián Elcano no seu retorno, completou a primeira circunnavegación da Terra na historia. A expedición tiña o propósito de abrir unha ruta comercial coas illas das especias por occidente, buscando un paso entre o océano Atlántico e o océano Pacífico.
Songkick é unha compañía tecnolóxica estadounidense que proporciona servizos de descubrimento de concertos e de vendas de entradas para eventos musicais ao vivo. A web e a app móbil de Songkick permite aos usuarios rastrexar a artistas en xira, recibir alertas de concertos na súa área e mercar entradas para os espectáculos, usando tecnoloxía e servizos que dirixen e xestionan as vendas de entradas en nome de artistas.
A Masa de Xúpiter (Mx or MXUP) é a unidade de masa que é equivalente á masa total do planeta Xúpiter (1,8986 x 1027 kg, 317,83 masas terrestres; unha masa da Terra equivale a 0,00315 masas de Xúpiter). A masa de Xúpiter usase para expresa-las masas dos xigantes gasosos, coma os planetas exteriores e os planetas extrasolares. Tamén é usado para expresa-la masa das ananas marróns.
Lei, no sentido xurídico, é unha regra da conduta humana que é imposta e administrada ós cidadáns polo Estado. En sentido estrito, é unha norma escrita que obriga a todos indistintamente, e a súa aplicación é tarefa do Estado, que a realiza mediante os seus diversos representantes, a comezar polo goberno, cos seus varios axentes. Nun Estado democrático de dereito, as leis son a base do Dereito.
A física nuclear é unha rama da física que estuda as propiedades e o comportamento dos núcleos atómicos. A física nuclear é coñecida maioritariamente pola sociedade a traverso do seu papel na enerxía nuclear en centrais nucleares e no desenvolvemento de armas nucleares, tanto de fisión como de fusión nuclear. Nun contexto máis amplo, defínense a física nuclear e física de partículas como a rama da física que estuda a estrutura fundamental da materia e as interaccións entre partículas subatómicas.