Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Unha canle ou canal en enxeñaría é unha vía artificial feita polo ser humano para o paso de auga ou outros líquidos. Utilízanse para o transporte de mercadorías, coñecidas co nome de canles de navegación, entre lagos, ríos ou océanos, mediante barcos, pero tamén para a condución de auga, tanto para a subministración como para o desecamento. Os canais interiores precederon ao desenvolvemento do ferrocarril durante a Revolución Industrial e algúns deles foron posteriormente secados e empregados como pasos libres para construír vías férreas.
O Samaín (do irlandés antigo Samain, pronunciado /ˈsˠaunʲ/) é unha festividade celta que marca o remate da tempada de colleita e o comezo do inverno ou "metade escura" do ano. Tradicionalmente, é celebrada do 31 de outubro ó 1 de novembro, xa que o día celta comeza e remata co solpor. Atópase a medio camiño entre o equinocio de outono e o solsticio de inverno.
Os hebreos (do latín Hebraei e do grego antigo Hebraioi [Ἑϐραῖοι], e ambos á súa vez do hebreo ‘Ivrīm [עברים]) son un antigo pobo semita do Levante mediterráneo (Próximo Oriente) establecidos no ano 616 a. C, tamén son devanceiros dos israelitas e do pobo xudeu.A tradicional fonte de referencia para os hebreos é a Biblia, cuxo contido tamén se atopa nas escrituras hebreas da Tora. Segundo estas fontes os hebreos constitúen o grupo monoteísta inicial, que é descendente dos patriarcas posdiluvianos Abraham, Isaac e Xacob.
A vicepresidencia é un cargo que se outorga a un funcionario (de carreira ou de facto) do Goberno, ou un empresario que está baixo o presidente na xerarquía organizacional. O nome deriva do latín «vice» (en lugar de).A vicepresidencia do país ocúpase de substituír o cargo da presidencia en caso de ausencia, temporal ou definitiva. É a persoa que, ben o pobo, ou ben a presidencia do Goberno de xeito directo, nomea para que o substitúa no cargo sen requirir novas eleccións ou discusións parlamentarias.
O adxectivo internacional fai referencia á interacción ou asociación entre dúas ou máis nacións ou estados. En política coñécense como internacionais as organizacións que integran individuos ou entidades dunha mesma ideoloxía ou que perseguen un mesmo fin. As primeiras asociacións internacionais tiveron un carácter obreiro, como a Primeira Internacional, a Segunda Internacional, a Asociación Internacional dos Traballadores ou a Internacional Socialista.
Ghalib (en urdú: غاؔلب; hindi: ग़ालिब) nado como Mirza Asadullah Beg Khan (en urdú: مرزا اسد اللہ بیگ خان; hindi: मिर्ज़ा असदुल्लाह् बेग़ ख़ान) en Agra o 27 de decembro de 1797 e finado en Delhi o 15 de febreiro de 1869, foi un destacado poeta en lingua urdú e persa dos últimos tempos do Imperio Mongol. Os seus pseudónimos eran Ghalib (en urdú, غالب, ġhālib, "dominante") e Asad (en urdú, اسد, Asad, "león"). O seu nome honorífico era Dabir-ul-Mulk, Najm-ud-Daula.
Arnaldo Otegi Mondragon, nado en Elgoibar o 6 de xullo de 1958, é un político vasco de ideoloxía marxista e independentista vasca. Foi voceiro de Batasuna e parlamentario vasco de Herri Batasuna e Euskal Herritarrok, as tres declaradas ilegais en España en 2003 por ser consideradas baixo tutela de Euskadi Ta Askatasuna. Foi tamén militante da desaparecida organización armada ETA político-militar.Foi condenado a seis anos e medio de cárcere por pertenza a organización terrorista no chamado «caso Bateragune».
Preoccupations é unha banda canadense de post-punk procedente de Calgary, Alberta, e formada no ano 2012 co nome de Viet Cong. O grupo está composto por Matt Flegel (voces, baixo), Scott Munro (guitarra, sintetizadores), Daniel Christiansen (guitarra) e Mike Wallace (batería). O estilo musical da banda foi descrito como "post-punk labiríntico".
Just Cause 3 é un videoxogo de acción e aventuras en mundo aberto desenvolvido por Avalanche Studios e publicado por Square Enix no 2015. Foi anunciado o 11 de novembro de 2014 e é o terceiro xogo da serie Just Cause, sendo a secuela directa de Just Cause 2. Foi lanzado internacionalmente o 1 de decembro de 2015 para Microsoft Windows, PlayStation 4 e Xbox One.
Circa é unha palabra latina que significa ao redor ou cerca (podendo abreviarse como c., ca. ou cca.). Úsase fundamentalmente a súa abreviatura en bibliografía para describir diversas datas (normalmente de nacemento ou falecemento) ou datos que son incertos ou aproximados, polo que utilizar circa indica que a data ou valor é estimación aproximada.
Procariota e procarionte redirixen aquí. Para outras informacións taxonómicas ver Monera e Prokaryota.Chámase célula procariota (do grego πρό-, pro- = 'antes de' e κάρυον, káryon = 'noz, núcleo') a aquela célula sen núcleo celular diferenciado, é dicir, cuxo ADN se atopa disperso no citoplasma.As células que si teñen un núcleo, é dicir, co ADN pechado tras dunha cuberta membranosa, chámanse eucariotas e constitúen as formas de vida máis coñecidas e complexas, as que forman o imperio ou dominio Eukarya. As procariotas son células máis pequenas e moito menos complexas que as eucariotas e carecen de orgánulos como as mitocondrias, retículo endoplasmático, aparato de Golgi e outros.
A morte de George Floyd ocorreu o 25 de maio de 2020 na veciñanza de Powderhorn, na cidade de Minneapolis, Minnesota (Estados Unidos), como resultado do seu arresto por parte de catro policías locais. En poucos días, o feito xerou unha onda de indignación e protestas ao longo dos Estados Unidos en contra do racismo, a xenofobia e os abusos policiais cara a cidadáns de raza negra.
Na mitoloxía grega Zeus (en lingua grega Ζεύς), Zeús Kroniōn («descendente de Crono») ou Dias (Δίας, «rei divino») foi o soberano dos deuses e o deus do ceo e mais do trono. Na mitoloxía romana correspóndese con Xúpiter, protector da cidade de Roma desde o seu templo no Capitolio. Zeus deu orixe a boa parte dos deuses olímpicos e tamén á maioría dos heroes gregos, froito das relacións sexuais que tivo con diferentes mulleres mortais.
Prosopography of Anglo-Saxon England
A Prosopography of Anglo-Saxon England (PASE) é unha base de datos e un sitio web asociado que ten como obxectivo reunir todo o que se escribiu en rexistros contemporáneos sobre calquera persoa que vivise na Inglaterra anglosaxoa, nunha prosopografía. A base de datos en liña PASE, presenta detalles (que denomina factoides) das vidas de cada individuo rexistrado que viviu na Inglaterra anglosaxoa ou estivo estreitamente relacionado coa Inglaterra entre 597 e 1087, con citas específicas (e moitas veces citas de) de cada fonte primaria que describe cada factoide.PASE foi financiada polo British Arts and Humanities Research Council de 2000 a 2008 como un importante proxecto de investigación baseado no King's College de Londres no Departamento de Historia e no Centre for Computing in the Humanities, e no Departamento de Anglosaxóns, nórdicos e celtas da Universidade de Cambridge.A primeira fase do proxecto foi lanzada pola Academia Británica o 27 de maio de 2005 e está dispoñible gratuitamente en Internet. Unha segunda fase (PASE2), foi publicada o 10 de agosto de 2010, e engadiu á base de datos información extraída principalmente do Domesday Book.
Principais sitios mineiros de Valonia
Os Principais xacementos mineiros de Valonia son un Patrimonio da Humanidade da UNESCO que comprende catro sitios en Valonia no sur de Bélxica asociados coa industria da minería do carbón belga dos séculos XIX e XX. Os catro sitios da agrupación, situados na Provincia de Hainaut de fala francesa e a Provincia de Liexa, comprenden Grand-Hornu, o Bois-du-Luc, o Bois du Cazier e Blegny-Mine.
Angola, oficialmente República de Angola (en portugués: República de Angola; en quicongo, kimbundu, umbundu e chócue: Repubilika ya Ngola), é un país da costa occidental de África, limitado ao norte e ao leste pola República Democrática do Congo, ao leste por Zambia, ao sur por Namibia e ao oeste polo Océano Atlántico. Angola inclúe tamén o turbulento enclave de Cabinda, ao norte, que está constituído como unha das súas 18 provincias. A súa capital é Luanda.
Douglas Noël Adams, tamén coñecido como Bop Ad ou Bob pola súa firma ilexíbel ou polas súas iniciais DNA, nado en Cambridge o 11 de marzo de 1952 e finado en Santa Barbara, California, o 11 de maio do 2001, foi escritor e guionista para radio. Traballou na Radio BBC, sendo o seu libro Guía do autostopista galáctico, un bestseller no Reino Unido en 1984. Faleceu inesperadamente dun ataque cardíaco .
PSP é o acrónimo de: A toxina paralizante dos moluscos (Paralytic Shellfish Poisoning), toxina paralizante (tamén chamada, impropiamente, paralítica), que pode estar presente nos moluscos bivalvos e provocar nos consumidores trastornos nerviosos. A videoconsola de Sony PlayStation Portable.O Partido Socialista Popular, un partido da esquerda arxentina. O Partido Socialista Popular, un partido da esquerda española O Partido Socialista Popular, un partido de esquerda dinamarquesa.
No sistema circulatorio, unha vea (do latín vēna, -ae) é un vaso sanguíneo que leva sangue en dirección ao corazón. Os vasos que cargan sangue para fóra do corazón denomínase arterias. O estudo das veas e as doenzas das veas coñécese co nome de fleboloxía (dos elementos flebo-, do grego φλέψ, φλεβός phléps, phlebós, "vea", "vaso sanguíneo", e -loxía, do grego λόγοσ lógos, "palabra", "tratado") e é unha disciplina que ven sendo desenvolvida a través dunha variedade de científicos de diferentes áreas.
Sumak kawsay é un neoloxismo en quechua creado na década de 1990 como proposta política e cultural de organizacións indixenistas e adoptada posteriormente polos gobernos do movemento polo socialismo do século XXI en Ecuador e Bolivia. O termo alude á implementación dun socialismo que sexa máis independente das teorías socialistas europeas e que estea máis ben, ligado a un pensamento e estilo de vida comunitario e ancestral das etnias quechuas que debería ser promovido como novo modelo de organización social e estatal. En Ecuador traduciuse como bo vivir aínda que expertos en lingua quechua coinciden en sinalar que a tradución máis precisa sería a vida en plenitude.
Narendra Damodardas Modi, nado en Vadnagar o 17 de setembro de 1950, é un político indio, primeiro ministro desde o 26 de maio de 2014. Foi ministro-xefe do estado de Guxarat desde o ano 2001 ata 2014, membro do Partido do Pobo Indio (BJP). Membro da organización Rashtriya Swayamsevak Sangh (RSS), cualificado como un nacionalista hinduísta polos medios e por el mesmo.
A arquitectura románica, o estilo arquitectónico da arte románica, está ligada ás grandes reformas monacais, ás peregrinacións e ás cruzadas, tamén coincidiu co renacemento da cidade como núcleo urbano e de produción artesanal e que urbanisticamente xiraba arredor do edificio da igrexa-catedral. O mosteiro de Cluny coa elección do abade polos propios monxes como reacción ó poder dos señores feudais no seo das abadías, converteuse no centro espiritual da Europa Occidental e como organizador de cruzadas estableceu o contacto entre os diferentes pobos e como consecuencia un tipo de arquitectura común, renovando os conceptos da herdanza clásica romana, incluíndo tamén a tradición prerrománica e a oriental a través de Bizancio e o mundo árabe. O material de construción utilizado foi o perpiaño e como novidade as igrexas e mosteiros divídense en varios tramos, a cuberta componse na maioría dos casos por unha bóveda de canón que se divide en varios tramos independentes o que posibilita o abaratamento da construción ao permitir a utilización dunha mesma cimbra varias veces, a técnica requiría o reforzo da bóveda con arcos de perpiaño, o que obrigaba a levantar piares compostos como sistemas de apoio para transmitiren os empurramentos ás naves laterais que se absorben grazas a grosos muros de peche reforzados mediante contrafortes.
A calandra real ou calandra (Melanocorypha calandra) é unha ave paseriforme da familia dos aláudidos, que se reproduce en países de clima temperado cálido do Mediterráneo e polo leste a través de Turquía ata o norte de Irán e sur de Rusia. Máis ao leste é substituída polo seu parente a Melanocorypha bimaculata.
Na mitoloxía grega, os ciclopes (en grego Κύκλωψ, Kýklôps, plural Κύκλωπες Kýklôpes, que vén de κύκλος kýklos, «roda», «círculo», e ὤψ ôps, «ollo») eran os membros dunha raza de xigantes cun só ollo no medio da testa. Houbo tres xeracións de ciclopes : os fillos de Xea e Urano (ciclopes uranios, da primeira xeración), os ciclopes de Polifemo (ciclopes de Sicilia) e os ciclopes construtores de murallas; por veces estes dous últimos tipos fúndense nun mesmo grupo.
Tritón é o nome común que se lles dá aos anfibios urodelos pertencentes á familia dos salamándridos, semellantes ás píntegas ou salamántigas, pero que se distingue delas porque fican nas charcas onde se reproducen durante moito tempo, até chegar a varios meses. Porén, esta distinción ten numerosas excepcións debido a que as palabras "tritón" e "salamántiga" son moi anteriores ao descubrimento de numerosas especies, aínda que continúa sendo válida en Europa. Os tritóns son, pois, todos os membros da familia dos salamándridos excluíndo as "salamántigas verdadeiras", da subfamilia dos salamandrinos (xéneros Chioglossa, Mertensiella, Lyciasalamandra e Salamandra).
Os moinantes son un grupo social de España e algúns países de Europa. Principalmente son nómades con algunhas similitudes co pobo xitano e considéranse unha etnia con identidade propia. Son tamén chamados quincalleros polo oficio que historicamente realizaban, vender, facer e reparar trebellos metálicos como tixolas e potas.
A codia continental é a capa de rochas ígneas, metamórficas e sedimentarias que forman os continentes xeolóxicos e as áreas de fondo oceánico pouco profundas das súas costas chamadas plataformas continentais. Esta capa antes chamábase sial porque a súa composición global é principalmente rica en silicatos de aluminio, formados por silicio e aluminio (Si-Al) e ten unha densidade máis baixa comparada coa codia oceánica, chamada sima, que é máis rica en silicatos de magnesio (Si-Mg, si-ma). Os cambios na velocidade das ondas sísmicas mostran que en moitas zonas a certa profundidade (a descontinuidade de Conrad), hai un contraste bastante marcado entre a codia continental superior, máis félsica, e a codia continental inferior, de carácter máis máfico.A maior parte da codia continental é terra situada por riba do nivel do mar, pero as plataformas continentais poden ser ás veces moi extensas.
Unha máquina comecartos ou simplemente un comecartos é un aparello automático concibido para ofrecer xogos de aposta sen a intervención dun empregado. Estes dispositivos poden ser mecánicos, electrónicos ou dixitais. O xogo consiste en introducir unha moeda coa esperanza de que saia unha combinación gañadora e obter un premio en metálico que proporciona a propia máquina.
Campións dos Xogos Olímpicos da Antigüidade
Esta lista contén os campións dos Xogos Olímpicos da Antigüidade que se celebraron sen interrupción en Olimpia, na antiga Grecia, unha tradición que continuou durante máis de 1000 anos, desde o -776 ata o 393, cando todos os cultos pagáns foron prohibidos polo emperador cristián de Roma. Teodosio I o Grande. Trátase dunha lista incompleta que se basea en fragmentos de Pausanias (século II), Eusebio de Cesarea (século III), así como en inscricións compiladas por fontes modernas .
A Biblia foi traducida a moitas linguas dende as linguas bíblicas do hebreo, o arameo e o grego. En setembro de 2023, o texto completo da Biblia foi traducido a 736 linguas, mentres que o Novo Testamento foi traducido a unhas 1.658 linguas adicionais, e pequenos textos da Biblia foron traducidos a unhas 1.264 linguas máis segundo Wycliffe Global Alliance. Segundo isto, cando menos algunhas partes da Biblia foron traducidas a 3.658 linguas.Os primeiros tradutores trasladaron os textos bíblicos ao siríaco, latín, ge'ez, gótico e eslavo, entre outros.
Atendendo á distribución xeográfica e á maneira de se combinaren os fenómenos diferenciadores das falas galegas, poden delimitarse tres grandes complexos lingüísticos ou bloques: occidental, central, e oriental. No interior destes bloques hai varias áreas, zonas lingüísticas de desigual extensión e unidade, delimitables coa isoglosa dun ou dous fenómenos caracterizadores. Esta división baséase fundamentalmente na fonética e mais na morfoloxía; no futuro a análise da distribución de áreas léxicas do ALGa axudará a precisala ou modificala.
A Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura, UNESCO (en inglés United Nations Educational, Scientific and Cultural Organization e en francés: Organisation des Nations unies pour l'éducation, la science et la culture) é un organismo especializado das Nacións Unidas cuxo obxectivo é promover a paz e a seguridade mundial mediante a cooperación internacional en materia de educación, artes, ciencias e cultura. Ten 194 estados membros e 12 membros asociados, así como socios das organizacións non gobernamentais, intergobernamentais e do sector privado. A súa sede atópase en París, Francia, mais a UNESCO ten 53 oficinas rexionais de campo e 199 comisións nacionais que facilitan o seu mandato global.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e actualmente ten un total de 200.119.
Halloween (AFI: /ֽhæləυ'i:n/, do ing. All Hallows' Evening ou Noite de tódolos Santos) é unha festa anual que se celebra principalmente nos Estados Unidos na noite do día 31 de outubro pero que desde finais do século XX tamén se observa en moitos outros países. A súa orixe é cristiá pero con raíces nas tradicións pagás celtas (véxase Samaín).
Coñécese como diáspora galega o proceso de emigración masiva do pobo galego que se produciu durante as tres últimas décadas do século XIX ata ben pasada a metade do século XX. Así, entre 1850 e 1960 marcharon cara a América máis de dous millóns de galegos e galegas. Cómpre destacar a importancia deste fenómeno nos contextos socioeconómico, político e cultural da Galicia territorial e da Galicia exterior. O historiador Antonio Eiras Roel estima en 2.041.603 o número de galegos emigrados a América entre o 1836 e 1960, o 38,5 % do total de migrantes españois (5.311.906), o que supuxo que Galicia tivese unha taxa de saída por cada mil habitantes superior a Irlanda nos momentos álxidos das correntes migratorias.
Matthew Langford Perry, nado na vila de Williamstown (no condado de Berkshire, ao oeste de Massachusetts) o 19 de agosto de 1969 e finado o 28 de outubro de 2023 en Pacific Palisades, un barrio dos Ánxeles, foi un actor canado-estadounidense que se fixo coñecido polo seu papel de Chandler Bing na serie Friends da NBC, pola que obtivo unha candidatura ao Premio Emmy en 2002.
Lalín é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Deza. O municipio tiña unha poboación de 20.201 habitantes (2022), repartida entre o núcleo urbano, onde viven algo máis de 10.000 persoas, e as 47 parroquias do rural. Lalín é a capital e a vila principal da súa comarca e o noveno concello máis poboado da provincia, despois da Estrada.
O Deportivo da Coruña, que ten por nome oficial Real Club Deportivo de La Coruña, S.A.D., e que tamén se coñece popularmente como Deportivo ou Dépor, é un club de fútbol galego fundado no 1906 na cidade da Coruña. O seu terreo de xogo é o Estadio de Riazor, con capacidade para 34.899 espectadores. Na tempada 2022/23 compite no Grupo 1 da Primeira División RFEF. Historicamente, o Deportivo da Coruña tivo dúas épocas de maior éxito: unha entre 1992 e 1996, co popularmente chamado "Superdépor", onde gaña unha Copa do Rei, e unha Supercopa de España, e outra entre 1999 e 2004, co "Eurodépor".
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
Ignacio Rivera Quintana, nado na Coruña o 24 de abril de 1965, é un empresario galego, presidente executivo actual da Corporación Hijos de Rivera, empresa galega con actividade centrada na distribución de bebidas, cuxa marca máis recoñecida é a Estrella Galicia. Pertence á cuarta xeración da familia Rivera, sendo bisneto de José María Rivera Corral, o fundador da empresa Estrella Galicia na Coruña, en 1906.
Lionel Andrés Messi Cuccittini, nado en Rosario (Santa Fe) o 24 de xuño de 1987, é un futbolista arxentino de orixe italiana. Xoga de dianteiro ou mediapunta no Paris Saint-Germain da Ligue 1 de Francia. É internacional coa selección absoluta da Arxentina, equipo do que é capitán, xogador con máis partidos e máximo goleador histórico.
Traducións da Biblia ao galego
A primeira tradución da Biblia á lingua galega empezou en 1968 liderado pola editorial SEPT (Sociedade de Estudos, Publicacións e Traballos de Vigo), e publicouse en 1989.
Co nome de danza do abellón denomínase un antigo rito funerario no que tódolos familiares e asistentes ó velorio dun cadáver, formando roda collidos da man, daban voltas ó redor do corpo imitando o zunido dun abellón. Este ritual foi recollido por Alfredo Brañas a raíz dun velorio no que el mesmo participou en Vilanova de Arousa (Pontevedra) e constitúe un dos casos máis particulares das prácticas tradicionais galegas relacionados coa morte. Críase que se algún dos participantes falaba ou interrompía o baile por calquera causa, sería o primeiro dos presentes en morrer.
Christiaan Hendrik "Hein" Eersel, nado en Paramaribo o 9 de xuño de 1922, e finado ibídem o 11 de xuño de 2022, foi un lingüista e investigador cultural surinamés.Foi Ministro de Educación e Desenvolvemento de Poboación durante o goberno do Primeiro Ministro suplente Arthur Johan May. Tamén foi o primeiro reitor da Universidade de Suriname.
World Trade Center (1973–2001)
O World Trade Center (en galego: Centro Mundial de Comercio) foi un complexo de varios edificios no Lower Manhattan, na cidade de Nova York, Estados Unidos, sendo os dous máis altos coñecidos como Torres Xemelgas (en inglés: Twin Towers). Foron deseñadas polo arquitecto estadounidense de orixe xaponesa Minoru Yamasaki e por Leslie Robertson. O World Trade Center orixinal era un complexo de sete edificios.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
A meiga chuchona é unha figura mítica do imaxinario popular galego que dá orixe a unha lenda tradicional que se coñece co mesmo nome. De acordo coa lenda, a meiga chuchona entra ao empardecer o día nas casas onde hai cativos para lles chuchar o sangue, motivo que os fai enmagrecer até quedar co corpo mirrado. Existe unha versión cinematográfica de 2006 a cargo de Pablo Millán.
Tébily Didier Yves Drogba (AFI: [didje dʁɔɡba]), máis coñecido como Didier Drogba, nado en Abidjan (Lagunes) o 11 de marzo de 1978, é un futbolista profesional internacional marfilés que xoga como dianteiro para o Montreal Impact da Major League Soccer. Aínda que nado en Costa do Marfil, Drogba mudouse a Francia cando aínda era moi novo. Alí, comezou a súa carreira futbolística xogando en diferentes en equipos xuvenís, até que con 18 anos debuta como profesional nun partido da Ligue 2 co Le Mans.
Luísa Villalta Gómez, nada na Coruña, na rúa Vila de Laxe, o 15 de xullo de 1957 e finada na mesma cidade o 6 de marzo de 2004, foi unha escritora, filóloga e violinista galega. Escribiu poesía, teatro, narrativa de ficción, ensaio, articulismo e tradución. O colectivo A Sega acordou dedicarlle o Día das Galegas nas Letras do ano 2022, esta plataforma terá dito: "celebrámoste desde a complexidade da épica ao publicismo, deste ti, desde o teu pensar, lúcida e comprometida, sempre na construción dun pobo".
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
O alfabeto galego, segundo a representación gráfica moderna e oficial, ten 23 letras e 6 dígrafos, ademais dalgunhas letras (ç, j, k, w, e y) usadas en estranxeirismos, abreviaturas e símbolos internacionais. No galego medieval (galego-portugués), como en calquera outro estándar non codificado, existían moitas vacilacións na representación de sons. Por exemplo, para o son (/ɲ/) aparecen nos textos galegos representacións con n, nn, ñ, ni, etc.
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
O primeiro texto bíblico traducido á lingua ainu apareceu en 1887 coa publicación dunha edición de 250 copias de Mateu 1-9, traducido dende o grego por John Batchelor axudado por un ainu local e unha versión revisada. Os evanxeos de Mateu e Xoán foron traducidos polo mesmo autor en 1889, as probas foron lidas polo Sr. George Braithwaite, o axente da Sociedade Bíblica Británica e Estranxeira no Xapón.
Jennifer Joanna Aniston, nada no barrio de Sherman Oaks, nos Ánxeles (California) o 11 de febreiro do 1969, é unha actriz estadounidense de cinema e mais de televisión. Comezou a súa carreira na década dos 90 acadando sona internacional pola interpretación do personaxe Rachel Green da popular sitcom Friends; grazas ó devandito papel gañou un Premio Emmy, un Globo de Ouro e mais un Premio do Sindicato de Actores. É protagonista de varios filmes de Hollywood, e a pesar de que a maioría dos seus papeis veñen sendo comedias -Bruce Almighty, Office Space, Corre o rumor...- e comedias románticas -Along Came Polly, The Break-Up-, tamén actuou en filmes doutros xéneros, como a comedia de terror Leprechaun, o filme de suspense e crime Derailed e o drama musical Rock Star.
Masculino e feminino en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego. En galego os substantivos son masculinos ou femininos.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, radicando nesta cidade e concello o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2022 o concello tiña 98.179 habitantes. O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
30 monedas é unha serie de televisión española de misterio e terror dirixida por Álex de la Iglesia para HBO. O guión foi escrito por Jorge Guerricaechevarría xunto con Álex de la Iglesia e conta a historia do Padre Vergara, un cura exorcista exiliado en Pedraza, unha vila pequena da provincia de Segovia onde se agocha dos seus inimigos.A serie estreouse o 29 de novembro de 2020 en HBO Europa.
O Sacaúntos é un personaxe "asustanenos", igual có home do saco, un personaxe grande e mal vestido. Ás veces tamén se lle chama o papón, en alusión a que pode papar a alguén, especialmente os nenos. O Sacaúntos, de ollar terrible, dedícase a sacarlle a graxa aos nenos pequenos ata deixalos nos ósos.