Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Shigella é un xénero de bacterias gramnegativas, non formadoras de esporas, inmóbiles e con forma de bacilo, moi emparentadas con Salmonella. Son o axente causante da shigelose humana (enfermidade diarreica ); Shigella causa enfermidade en primates, pero non noutros animais. Só se encontra de forma natural en humanos e simios.
A Terra Santa (hebreo: אֶרֶץ הַקוֹדֵשׁ Eretz HaKodesh, latín: Terra Sancta; árabe: الأرض المقدسة Al-Arḍ Al-Muqaddasah) é unha área aproximadamente localizada entre o río Xordán e o mar mediterráneo, mais tamén inclúe a beira oriental do río Xordán. Historicamente, é sinónimo tanto da Terra de Israel como de Palestina, e actualmente son parte dela o Estado de Israel, os Territorios Palestinos, a República do Líbano, a República Árabe de Siria e o Reino Haxemita de Xordania. É considerada santa polos xudeus, os cristiáns e os musulmáns.
Este artigo trata sobre a Administración Nacional para a Aeronáutica e o Espazo, para a arte de pesca véxase nasa.A National Aeronautics and Space Administration (NASA, "Administración Nacional para a Aeronáutica e o Espazo") é a axencia do goberno norteamericano responsable do programa espacial dos Estados Unidos de América e a súa investigación aeroespacial xeral a longo termo. Establecida no 1958, é unha organización civil que dirixe e supervisa a investigación civil e militar nos sistemas aeroespaciais.
Coñécese como diáspora galega o proceso de emigración masiva do pobo galego que se produciu durante as tres últimas décadas do século XIX ata ben pasada a metade do século XX. Así, entre 1850 e 1960 marchan cara a América máis de dous millóns de galegos e galegas. Cómpre destacar a importancia deste fenómeno nos contextos socioeconómico, político e cultural da Galicia territorial e da Galicia exterior. O historiador Antonio Eiras Roel estima en 2.041.603 o número de galegos emigrados a América, o que supón o 38,5% do total de migrantes españois (5.311.906), o que supuxo que Galicia tivese unha taxa de saída por cada mil habitantes superior a Irlanda nos momentos álxidos das correntes migratorias.
Para os Xogos Olímpicos na Antigüidade véxase este artigo.Os Xogos Olímpicos (Jeux Olympiques en francés, e Olympic Games en inglés), ou olimpíadas son o maior evento deportivo internacional multidisciplinario no que participan atletas de diversas partes do mundo. Os Xogos Olímpicos son considerados a principal competición do mundo deportivo, con máis de duascentas nacións participantes. Existen dous tipos: os Xogos Olímpicos de Verán e os Xogos Olímpicos de Inverno, que se realizan cun intervalo de dous anos, segundo a Carta Olímpica: «Os xogos da olimpíada celébranse durante o primeiro ano dunha olimpíada, e os Xogos Olímpicos de inverno durante o seu terceiro ano».
Pieter Cornelis Mondriaan, nado en Amersfoort, Utrecht, 1872 e finado en Nova York, 1944, máis coñocido como Piet Mondrian, foi un pintor vangardista neerlandés. Membro de De Stijl e fundador do neoplasticismo xunto con Theo van Doesburg. Evolucionou dende o naturalismo e o simbolismo ata a abstracción, do cal foi un dos maiores representantes xunto os rusos Wassily Kandinsky e Kasimir Malevitch.
O verán (normalmente pronunciado v'ran ou v'rao) ou estío é unha das catro estacións do ano das zonas temperadas. Astronomicamente, comeza co solsticio de verán (arredor do 21 de decembro no hemisferio sur e o 21 de xuño no hemisferio norte), e remata co equinoccio de outono (arredor do 21 de marzo no hemisferio sur e o 21 de setembro no hemisferio norte). Aínda que ás veces é considerado como os meses enteiros de decembro, xaneiro e febreiro no hemisferio sur e xuño, xullo e agosto no hemisferio norte.
Ernest Rutherford, Barón Rutherford de Nelson e de Cambridge, nado en Brightwater (Nova Zelandia) o 30 de agosto de 1871 e finado en Cambridge o 19 de outubro de 1937 foi un físico británico. Está considerado o pai da física nuclear. Dedicouse ao estudo das partículas radioactivas, clasificándoas en alfa (α), beta (β) e gamma (γ) e achou que a radioactividade ía acompañada por unha desintegración dos elementos.
Antígona, na mitoloxía grega, era filla de Edipo e Iocasta (modelo do amor filial), e irmá de Ismene, Eteocles e Polinices. Acompañou o seu pai Edipo, rei de Tebas, no seu desterro e, tras a súa morte, regresou á cidade. Enterrou o cadáver do seu irmán, Polinices, a pesar da prohibición do tirano Creonte.
Para outras moedas coa denominación de "real", véxase a páxina de homónimos Real.O real é a moeda oficial do Brasil. Logo de numerosos trocos monetarios (réis, cruzeiro, novo cruzeiro, cruzado, novo cruzado, novamente cruzeiro e cruzeiro real), Brasil adoptou o real en 1994. As moedas e os billetes brasileiros son emitidos polo Banco Central do Brasil e realizados pola Casa da Moeda do Brasil.
A pintura barroca é a pintura relacionada co movemento cultural barroco. Este movemento, a miúdo, é identificado co absolutismo, a Contrarreforma e o renacemento católico, mais a existencia dunha importante arte e arquitectura barroca en países non absolutistas e protestantes por toda Europa Occidental evidencian a súa ampla popularidade. A pintura adquiriu un papel prioritario dentro das manifestacións artísticas, e chegou a ser a expresión máis característica do peso da relixión nos países católicos e do gusto burgués nos países protestantes.
O límite de velocidade das estradas é empregado en moitos países para fixar a velocidade máxima (ou mínima nalgúns casos) na que os vehículos poden circular legalmente en diferentes tramos da estrada. Os límites poden ser variables nalgúns lugares, e noutros non existen límites (como as Autobahn en Alemaña). Os límites están normalmente indicados en sinais de tráfico.
Global Research Identifier Database
Global Research Identifier Database (GRID) é un conxunto de datos de acceso público sobre institucións de todo o mundo que están implicados na investigación. Na base de datos, cada institución está acompañada dun enderezo único, moitas veces complementado con información, como as coordenadas xeográficas, a páxina web e a páxina da Wikipedia. Hai todo tipo de organización e de institutos.
O voo 2120 de Nigeria Airways foi un voo chárter de pasaxeiros dende Jeddah, Arabia Saudita ata Sokoto, Nixeria o día 11 de xullo de 1991 que se estrelou pouco despois de engalar do aeroporto internacional Rei Abdulaziz. Morreron as 247 pasaxeiros e 14 tripulantes a bordo do aparello. O avión era un Douglas DC-8 operado por Nationair para Nigeria Airways.
Yersinia é un xénero de bacterias da familia Enterobacteriaceae. As Yersinia son bacilos gramnegativos de poucos microns de longo e menos dun micron de largo, anaerobios facultativos. Algúns membros de Yersinia son patóxenos humanos, especialmente Y. pestis, que é o axente causante da peste bubónica.
O capitán Nemo (do latín nemo, "ninguén"), comandante do submarino Nautilus, é o principal antagonista da novela de Jules Verne Vinte mil leguas baixo o mar e un dos personaxes de A illa misteriosa.En Vinte mil leguas baixo o mar, Nemo, home culto e gran enxeñeiro, é un personaxe sombrío e misterioso que esconde a súa verdadeira identidade (xa que "nemo" significa ninguén en latín) Obsesionado por un misterio, que é desvelado até o final da novela, renunciou a vivir en sociedade e percorre os mares con afán de investigación científica (as exploracións do submarino Nautilus), de xustiza (axuda aos revolucionarios gregos na súa loita pola emancipación de Turquía), e de vinganza (dedicado ao afundimento de barcos que levan a bandeira de Inglaterra). O personaxe foi traído de volta na serie de banda deseñada de Alan Moore The League of Extraordinary Gentlemen, e na súa adaptación cinematográfica.
AlloCiné é unha organización de servizo que achega información do cine francés, especialmente centrando na promoción das novidades en DVD, Blu-ray e información de VOD. A empresa foi fundada como comunicador telefónico, e posteriormente deveu nun portal de Internet, o cal ofrece información por acceso rápido e cobre todos os filmes que foron distribuídos en Francia. No 2005, empezou a cubrir series televisivas. AlloCiné foi lanzado en 1993, antes de ser adquirido por Canal+ no 2000 e por Vivendi Universal no 2002.
Endemismo é un termo empregado na bioloxía para indicar que a distribución dun taxón está limitada a un ámbito xeográfico reducido, non se atopando de forma natural en ningunha outra parte do mundo. Por iso, cando se indica que unha especie é endémica de certa rexión, quérese dicir que só é posible atopala de forma natural nese lugar.
O lumen (símbolo: lm) é a unidade do Sistema Internacional de Medidas para medir o fluxo luminoso, unha medida da potencia luminosa emitida por unha determinada fonte. O fluxo luminoso diferénciase do fluxo radiante en que o primeiro contempla a sensibilidade variable do ollo humano nas diferentes lonxitudes de onda da luz e o último involucra toda a radiación electromagnética emitida pola fonte segundo as leis de Wien e de Stefan-Boltzmann sen considerar se tal radiación é visible ou non.
Kenneth Bernard Simpson, máis coñecido como Kenny Simpson, nado o 12 de abril de 1960 en Shreveport, Luisiana, é un ex-xogador profesional de baloncesto estadounidense. Formado na Universidade de Grambling State, xogaba na posición de ala cunha altura de 1,95 metros. Foi o máximo anotador da Liga ACB 1987−88.
Donkey Kong 3 é o terceiro videoxogo da serie orixinal de Donkey Kong para Nintendo. Lanzouse de xeito case simultáneo en 1983 para os arcades e para Family Computer, lanzándose posteriormente en América para Nintendo Entertainment System en 1986. O xogo foi reestreado para as consolas Wii Virtual Console en América do Norte o 14 de xullo de 2008 e en Europa o 9 de xaneiro de 2009.
O termo canle pode referise a: Canle, en televisión, a emisora e a frecuencia en que esta emite; Canle, na teoría da comunicación, o medio que pon en contacto emisor e receptor; Canle, en economía, a vía de distribución ou venda; Canle iónica, en bioquímica, a proteína transmembrana que permite o paso de ións inorgánicos ao través; Canle, vía artificial de auga; Canle, descrición hidráulica de diferentes tipos de canles; Canle, descrición do tipo de accidente xeográficoAmais, como topónimo pode referirse a: Canle, lugar da parroquia de Trabada, no concello de Trabada; A Canle, lugar da parroquia de Bemil, no concello de Caldas de Reis; A Canle, lugar da parroquia de Refoxos, no concello de Cortegada; A Canle, lugar da parroquia de San Xes de Vilariño, no concello de Lobeira; A Canle, lugar da parroquia de Meaño, no concello de Meaño; A Canle, lugar da parroquia de Buscás, no concello de Ordes; A Canle, lugar da parroquia de Palmeira, no concello de Ribeira; A Canle, lugar da parroquia de Cordeiro, no concello de Valga; O Canle, lugar da parroquia de Ordoeste, no concello da Baña; O Canle, lugar da parroquia de Lendo, no concello da Laracha; O Canle, lugar da parroquia de Serantes, no concello de Laxe; O Canle, lugar da parroquia de Traba, no concello de Laxe; A Boca de Canle, lugar da parroquia da Ría de Abres, no concello de Trabada; A Fonte da Canle, lugar da parroquia de Vilaño, no concello da Laracha.
A Mona Lisa (tamén coñecida como a Monna Lisa; Italiano La Gioconda; francés La Joconde), é unha pintura feita polo artista italiano Leonardo da Vinci mostrando unha muller cunha expresión introspectiva, lixeiramente sorrinte. É probabelmente o retrato máis famoso na historia da arte. Poucos outros traballos de arte son así conmemorados ou reproducidos.
«Liberty Enlightening the World» (A liberdade iluminando o mundo), coñecida como a Estatua da Liberdade (en inglés: The Statue of Liberty; en francés: Statue de la Liberté), é un dos monumentos máis celebres dos Estados Unidos de América localizado na entrada do porto de Nova York desde o 28 de outubro de 1886 (atópase na illa da Liberdade ao sur da illa de Manhattan, xunto á desembocadura do río Hudson e preto da illa Ellis). Conmemora o centenario da sinatura da Declaración de Independencia dos Estados Unidos e é un regalo en xesto de amizade de Francia para cos Estados Unidos de América. Foi proxectada e construída polo escultor alsaciano Frédéric Auguste Bartholdi (1834-1904), que supostamente usou a súa nai como modelo.
Unha batalla é un combate entre dous ou máis contendentes onde cada un deles tratará de derrotar os demais. Normalmente teñen lugar nun contexto de guerra ou campaña militar, e normalmente poden ser ben definidas polo espazo, o tempo e acción levada a cabo. As guerras e as campañas son guiadas pola estratexia mentres que as batallas son as fases nas que se emprega a táctica.
A Veiga de Valcarce ou A Veiga do Valcarce (en español e oficialmente Vega de Valcarce) é un concello da comarca do Bierzo, provincia de León, comunidade autónoma de Castela e León que cobre unha superficie de 69,38 km², na que vivían 732 habitantes no ano 2008, cunha densidade de poboación de 10,85 h/km². É considerado tradicionalmente como un dos 47 concellos da Galicia estremeira.
Os Xogos Paralímpicos de Verán son a competición olímpica para atletas con discapacidades físicas, mentais e sensoriais. Isto inclúe discapacidades motoras, amputacións, cegueira e parálise cerebral. A súa denominación débese á intención de diferencialos dos Xogos Paralímpicos de Inverno, adicados aos deportes de inverno, que se practican no xeo e a neve.
O calendario nacional indio Shaka Samvat, é o calendario civil oficial utilizado na India. Emprégase, xunto co calendario gregoriano, na Gazette of India, en difusións de noticias da All India Radio, e en calendarios e comunicacións publicados polo goberno da India. Á marxe de tales propósitos formais, o calendario non é moi amplamente utilizado.
Tokaji, que significa "procedente de Tokaj" en húngaro, é a denominación recibida polos viños producidos na rexión de Tokaj-Hegyalja en Hungría e tamén nunha pequena extensión de Eslovaquia. Foi adquirindo distintos nomes en Europa, dos cales o máis común é Tokay, utilizado en Francia e en Inglaterra.
O RMS Titanic (en inglés: Royal Mail Steamship Titanic) foi un transatlántico construído en Irlanda do Norte, que afundiu na súa viaxe inaugural a través do océano Atlántico Norte ao colidir cun iceberg a noite do 14 ao 15 de abril de 1912 na viaxe a Nova York. Finaron máis de 1500 persoas e recolléronse soamente uns 300 corpos do mar. Considérase popularmente a maior traxedia naval dun só buque da historia, aínda que outros afundimentos producisen máis vítimas, coma os do Steuben (4500) ou o KS Wilhelm Gustloff (7000).
O período crioxénico (do grego antigo κρύος krýos, 'xeo' e γένεσις génesis, 'orixe'), unha división ds escala temporal xeolóxica, é o segundo período xeolóxico da era neoproterozoica. Comezou hai 850 millóns de anos e finalizou hai 630 +5/-30 millóns de anos. A data de comezo definiuse cronometricamente, mentres que a de finalización está baseada na estratigrafía.O seu nome fai referencia aos sedimentos glaciarios encontrados en latitudes tropicais, seguidos de sedimentos de carbonatos.
Buggy Boy é un videoxogo para máquina recreativas realizado en 1985 por Tatsumi, a versión norteamericana licenciada por Data Est en 1986 denominouse Buggy Speed. Entre 1987 e 1988 realizáronse versións para Amiga, Amstrad CPC, Commodore 64 e ZX Spectrum. O xogo consiste en conducir un potente buggy a través de diversos circuítos, diversos atrancos agardan como manchas de aceite, grandes rochas no medio da estrada; toda bandeira que vexamos debermos recoller para colleitar puntos.
Un ditador é un gobernante que exerce a autoridade absoluta ou autocrática e que asume solitariamente o poder sobre o Estado (a pesar do termo non se aplica as monarquías absolutistas). Un estado gobernado por un ditador chámase ditadura. A palabra ditador proben do título dun maxistrado da Roma Antiga proposto polo senado romano para gobernar o estado en tempo de emerxencias.Do mesmo xeito que o termo "tirano" (que orixinalmente era un título respectable do grego antigo), e en menor grao "autócrata", "ditador" chegou a ser usado case exclusivamente como un termo non nominal para o dominio opresivo, mesmo abusivo, con todo era raro o uso coa acepción moderna de ditador.
Para a especie de raposo presente en Galicia, véxase raposo común. Para outros conceptos referenciados como raposo ou raposa, véxase raposo (homónimos).O raposo, raposa ou golpe é un mamífero carnívoro de pequeno e medio tamaño que pertence a varios xéneros da familia dos cánidos. Os raposos son un pouco máis pequenos que un can doméstico medio, cun cranio achatado, orellas triangulares, un fociño punzante, lixeiramente virado cara arriba, e unha longa e espesa cola.
Almudena Cid Tostado, nada en Vitoria o 15 de xuño de 1980, é unha ex-ximnasta española que competiu na disciplina de ximnasia rítmica e que participou en catro Olimpíadas (1996-2008), sendo a única ximnasta rítmica no mundo que disputou catro finais olímpicas. Abandonou o deporte profesional o 23 de agosto de 2008.
Een vrouw tussen hond en wolf é un filme franco-belga dirixido por André Delvaux. Estreouse no Festival Internacional de Cinema de Cannes de 1979 e recibiu o Premio André Cavens ó mellor filme. O filme foi escollido como candidato de Bélxica para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 52ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.
Lista de xentilicios de concellos galegos
Esta é unha lista dos xentilicios dos concellos de Galicia:
Unha máquina comecartos ou simplemente un comecartos é un aparello automático concibido para ofrecer xogos de aposta sen a intervención dun empregado. Estes dispositivos poden ser mecánicos, electrónicos ou dixitais. O xogo consiste en introducir unha moeda coa esperanza de que saia unha combinación gañadora e obter un premio en metálico que proporciona a propia máquina.
Agustín Fernández Paz, nado en Vilalba o 29 de maio de 1947 e finado en Vigo o 12 de xullo de 2016, foi un escritor e pedagogo galego. Foi autor de máis de cincuenta títulos, preferentemente de literatura infantil e xuvenil. Os seus libros obtiveron numerosos premios, sendo recoñecido por dúas veces como o mellor autor do ano (no 2004, pola Federación de Libreiros de Galicia e no 2007, pola Asociación Galega de Editores).
Atendendo á distribución xeográfica e á maneira de se combinaren os fenómenos diferenciadores das falas galegas, poden delimitarse tres grandes complexos lingüísticos ou bloques: occidental, central, e oriental. No interior destes bloques hai varias áreas, zonas lingüísticas de desigual extensión e unidade, delimitables coa isoglosa dun ou dous fenómenos caracterizadores. Esta división baséase fundamentalmente na fonética e mais na morfoloxía; no futuro a análise da distribución de áreas léxicas do ALGa axudará a precisala ou modificala.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Unha hidroxenase é un encima que cataliza a oxidación reversible do hidróxeno molecular (H2), tal como se mostra aquí: A captación de hidróxeno (ecuación 1) está acoplada coa redución de aceptores de electróns como o oxíxeno, nitrato, sulfato, dióxido de carbono (CO2), e fumarato. Por outra parte, a redución de protóns (ecuación 2) está acoplada coa oxidación de doantes de electrón como a ferredoxina (FNR), e serve para dispoñer dun exceso de electróns nas células (esencial na fermentación do piruvato). Tanto os compostos de baixo peso molecular coma as proteínas como as FNRs, citocromo c3, e citocromo c6 poden actuar como doantes ou aeptores de electróns fisiolóxicos para as hidroxenases.
A prostaglandina E2 (PGE2), tamén chamada como medicamento dinoprostona (dinoprostone), é unha prostaglandina natural con propiedades oxitócicas que se usa como medicamento. A dinoprostona utilízase para a indución do parto, nas hemorraxia posparto, interrupción do embarazo e en bebés neonatos para manter aberto o conduto arterioso. Nos meniños utilízase nos defectos cardíacos conxénitos ata que se poida realizar a cirurxía.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e actualmente ten un total de 199.193.
Lucía Pérez Vizcaíno, nada en Goó (O Incio) o 5 de xullo de 1985, coñecida artisticamente como Lucía Pérez, é unha cantante galega. Representou a España no Festival de Eurovisión 2011, en Düsseldorf (Alemaña), co tema «Que me quiten lo bailao». Foi a primeira galega en facelo por España e obtivo o 23º posto, con 50 puntos.
Vigo ( pronunciación ) (tamén coñecida como a cidade olívica) é unha cidade e concello da provincia de Pontevedra, na comunidade autónoma de Galicia, no noroeste da península ibérica. É a capital da comarca de Vigo, aínda que historicamente pertenceu á comarca de Val do Fragoso. Ademais é a capital da súa área metropolitana.
A filla do ladrón de bicicletas
A filla do ladrón de bicicletas é unha novela de Teresa González Costa. Foi publicada por Edicións Xerais en outubro de 2010, logo de acadar o Premio Merlín de literatura infantil e xuvenil dese ano.
Non confundir con feixoaO feixón, fabeira, faba ou chicho (Phaseolus vulgaris) é unha planta rubideira da familia Fabaceae cultivada pola súa semente comestíbel, chamada feixón, feixó, chicho ou faba. As vaíñas ou casulas verdes da mesma planta coñécense co nome de feixóns verdes, e tamén son comestíbeis cociñadas ou, no caso dalgunhas variedades tenras, incluso crúas.
O reino suevo, reino suevo de Galiza ou reino de Galiza configurouse como a estrutura política máis antiga das actuais rexións de Galiza e o norte e centro de Portugal, despois da caída do Imperio Romano de Occidente. Foi o primeiro estado medieval da Europa occidental continental: nas Illas Británicas foi anterior en Gales o Reino de Dyfed, logo da fin do dominio romano en Britania. Os suevos eran un pobo xermánico que entraron no noroeste da Península Ibérica en 409 ou 410 nunha vaga migratoria ou guerreira, mais con pouca poboación (entre vinte mil e trinta e cinco mil persoas).
A Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura, UNESCO (en inglés United Nations Educational, Scientific and Cultural Organization e en francés: Organisation des Nations unies pour l'éducation, la science et la culture) é un organismo especializado das Nacións Unidas cuxo obxectivo é promover a paz e a seguridade mundial mediante a cooperación internacional en materia de educación, artes, ciencias e cultura. Ten 194 estados membros e 12 membros asociados, así como socios das organizacións non gobernamentais, intergobernamentais e do sector privado. A súa sede atópase en París, Francia, mais a UNESCO ten 53 oficinas rexionais de campo e 199 comisións nacionais que facilitan o seu mandato global.