Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Exército Guerrilheiro do Povo Galego Ceive
O Exército Guerrilheiro do Povo Galego Ceive (EGPGC) foi un grupo terrorista galego operativo en Galicia entre 1986 e 1991 cuxo obxectivo era a independencia de Galicia e a instauración dun réxime socialista. Foi fundado por membros de Galiza Ceive-OLN e do Partido Comunista de Liberación Nacional (PCLN). O EGPGC estivo operativo entre 1986 e 1991, tempo durante o cal levaron a cabo arredor de 90 atentados, a maioría dos cales contra torres de alta tensión de Unión Fenosa en zonas deshabitadas.
Johann Heinrich Pestalozzi, nado en Zúric o 12 de xaneiro de 1746 e finado o 17 de febreiro de 1827, foi un pedagogo suízo. Foi un dos primeiros pensadores ó que se podería denominar "pedagogo" no sentido moderno do termo. O seu pai era cirurxián, pero morreu cando Johann Heinrich era aínda moi pequeno, polo que se criou coa súa nai.
A man é a parte final de cada extremidade superior (ou brazo), principalmente nos mamíferos bípedes. Por extensión tamén se usa ese termo e os nomes de moitos dos seus constituíntes para designar os órganos equivalentes dos membros anteriores de moitos vertebrados. Divídese xeralmente en tres rexións: carpo, metacarpo e dedos.
Stranger Things é unha serie de televisión estadounidense do xénero sobrenatural, ciencia ficción e terror creada polos Irmáns Duffer. Foi escrita e dirixida por Matt e Ross Duffer e o seu produtor executivo é Shawn Levy. A primeira tempada, estreada en xullo de 2016, está protagonizada por Winona Ryder, David Harbour, Finn Wolfhard, Millie Bobby Brown, Gaten Matarazzo, Caleb McLaughlin, Natalia Dyer, Charlie Heaton, Cara Buono e Matthew Modine, xunto con Noah Schnapp e Joe Keery nos papeis secundarios.
O Romanticismo foi un movemento artístico e ideolóxico que se orixinou en Alemaña e no Reino Unido a finais do século XVIII como unha reacción contra o racionalismo da Ilustración e o Neoclasicismo, dándolle preponderancia ó sentimento e a unha serie de valores humanos como a liberdade, o irracionalismo e a particularidade do individuo. O Romanticismo apareceu como consecuencia das loitas políticas, ideolóxicas e sociais que se estaban a dar no continente europeo, baixo un contexto de revolucións liberais e conquistas territoriais por parte do imperio napoleónico, que unidos a un desexo de liberdade contribuíron á aparición dun sentimento patriótico e nacionalista en Europa. Ademais, en medio das violentas tensións xeradas pola nova clase ascendente da burguesía e a decadente nobreza desenvolveuse o proceso de consolidación das grandes nacionalidades europeas.
As Cataratas do Iguazú (en portugués Cataratas do Iguaçu) localízanse 80% no Parque Nacional Iguazú (Arxentina) e 20% no Parque Nacional do Iguazú, (Brasil). O Parque creouse en 1939 co propósito de administrar e protexer o manancial de auga que representa esta catarata e o conxunto ambiental que hai ao seu arredor. Como o propio nome xa di, as cataratas están formadas polas augas do río Iguazú.
Prison Break é unha serie de televisión estadounidense creada por Paul Scheuring que comezou a emitir a Fox Broadcasting Company o 29 de agosto de 2005. A serie céntrase en dous irmáns, un que foi condenado á pena de morte por un crime que non cometeu e outro, Michael Scofield, que se fai deter expresamente para ingresar en prisión para fuxir co seu irmán. A serie produciuna Adelstein-Parouse Productions, en colaboración con Original Television e 20th Century Fox Television.
En Matemáticas, un número ordinal denota a posición dun elemento pertencente a unha sucesión ordenada. Por exemplo, na sucesión a b c d, o elemento a é o primeiro, b o segundo, c o terceiro etc. Os números ordinais poden xeneralizarse para as sucesións infindas, concepto introducido por Georg Cantor en 1897.
O Arco de Constantino (en italiano: Arco di Costantino) é un arco de triunfo que se atopa a entre o Coliseo e a cuíña do Palatino, en Roma. É un dos 3 arcos que permanece na Vía do Foro Imperial, xunto co Arco de Tito (81) e o Arco de Septimio Severo (202-203). O arco foi ergueito polo Senado para conmemorar a vitoria de Constantino I o Grande contra Maxencio na batalla de Ponte Milvio, o 28 de outubro de 312, e para conmemorar, tamén, a outros emperadores anteriores.
Xacobe VI de Escocia e I de Inglaterra
Xacobe Carlos Estuardo , nado en Edimburgo o 19 de xuño de 1566 e finado en Theobalds House o 27 de marzo de 1625, foi rei de Escocia como Xacobe VI desde o 24 de xullo de 1567 ata a súa morte, e rei de Inglaterra e Irlanda como Xacobe I desde o 24 de marzo de 1603 ata a súa morte. Proclamado rei cun ano de idade, unha serie de rexentes gobernaron no seu nome durante a súa minoría de idade, ata que esta terminou oficialmente en 1578, aínda que non obtivo o verdadeiro control do aparello do Estado ata 1581. En 1603 sucedeu no trono de Inglaterra e Irlanda á última Tudor, Isabel I, que morreu sen descendencia.
A diferenza que se fai de Europa occidental fronte a Europa oriental (ou mesmo central), é máis por motivos culturais e históricos que propiamente xeográficos (como acontece con outras rexións). Basicamente, os estados de Europa occidental comparten a tradición do anhelo democrático dende a Revolución francesa (1789) e posterior invasión napoleónica. Durante a primeira guerra mundial, eran estados occidentais os que defendían a vía democrática (Reino Unido, Francia, Benelux,...) fronte ás políticas imperiais (Imperio Alemán, Imperio Austrohúngaro, Reino de Italia,...).
O telugu (en telugu: tĕlugu / తెలుగు) é unha lingua do estado de Andhra Pradesh na India. Neste estado é a lingua oficial, e tamén se fala en Ianaon (unión territorial de Pondichery), na parte central do territorio tamil, ao leste de Carnataca, en Maharastra e en Orissa. Existe unha grande diáspora telugu en Birmania, en Malaisia, na Illa Mauricio, en Arabia Saudita, nos emiratos do Golfo, na República de Suráfrica, nas Illas Fixi, en América do Norte, no Reino Unido e en Francia.
O joule (de símbolo J) é a unidade de enerxía e traballo no SI, e é definida como 1 kg × m2 × s−2 = 1 N × m = 1 W × s. Dito doutras formas, a unidade joule pode definirse como: a enerxía cinética (movemento) dun corpo cunha masa de dous quilogramos que se move a unha velocidade dun metro por segundo (m/s) no baleiro. E c = 1 2 m v 2 {\displaystyle E_{c}={\begin{matrix}{\frac {1}{2}}\end{matrix}}mv^{2}} o traballo necesario para mover unha carga eléctrica dun culombio a través dunha tensión (diferenza de potencial) dun voltio.
Romeu e Xulieta, ás veces Romeo e Xulieta (en inglés: Romeo and Juliet) é unha traxedia en lingua inglesa de William Shakespeare, escrita en 1597 co título orixinal de The Most Excellent and Lamentable Tragedie of Romeo and Juliet. Foi traducida ao galego por Miguel Pérez Romero e foi publicado pola Editorial Galaxia en 2003.
Indochine é a forma francesa para Indochina, e pódese referir a: Indochine (grupo musical), un grupo francés de new wave/rock, formado en 1981. Indochine (filme), filme francés de 1992 que conta a historia dunha moza indochinesa. Indochine (libro), unha novela de ficción histórica de 1987 de Christie Dickason.
Un acueduto é un conduto feito polo ser humano coa fin de transportar auga dun lugar para outro salvando os desniveis do terreo. Poden ser subterráneos ou ir pola superficie, ou estaren edificados sobre arcadas ou sobre plataformas. Un dos acuedutos máis famosos é o acueduto de Segovia, da época romana.
Luxemburgo ( pronunciación ) (en luxemburgués: Lëtzebuerg, en francés: Luxembourg, en alemán: Luxemburg), oficialmente Gran Ducado de Luxemburgo ( pronunciación ) (en luxemburgués: Groussherzogtum Lëtzebuerg, en francés: Grand-Duché de Luxembourg, en alemán: Großherzogtum Luxemburg), é un país de Europa Occidental e forma parte da Unión Europea e da eurozona. Limita ao leste con Alemaña, ao sur con Francia e a oeste e norte con Bélxica. Non ten saída ó mar.
Os neurotransmisores monoaminas son compostos químicos que funcionan como neurotransmisores e neuromoduladores, que conteñen un grupo amino conectado a un anel aromático por medio dunha cadea de dous carbonos (como -CH2-CH2-). Exemplos son a dopamina, a norepinefrina e a serotonina. Todas as monoaminas derivan de aminoácidos aromáticos como a fenilalanina, tirosina e triptófano pola acción de encimas aminoácido aromático descarboxilases.
Anchorage é unha cidade estadounidense, capital do estado de Alasca. En 2012 tiña 298 610 habitantes (380 821 residentes incluíndo os arrabaldes),, o que a converte na cidade máis poboada de Alasca. Anchorage está situada no centro sur de Alasca, situada nunha península triangular, limitada ao leste polos Montes Chugach.
O éuscaro ou vasco (euskara en éuscaro) é a lingua tradicional do pobo vasco. Na actualidade fálase no territorio coñecido como Euskal Herria. Comprende Euskadi e o norte de Navarra (que conforman Hegoalde) e as rexións de Baixa Navarra/Nafarroa Beherea, Lapurdi e Zuberoa, no departamento francés de Pireneos Atlánticos (o que é coñecido como Iparralde.
O Parque Nacional de Mu Co Chan é un parque nacional situado no Golfo de Tailandia, na provincia de Trat no leste de Tailandia, consiste en 47 illas. Foi creado o 31 de decembro de 1982, abrangue 651 km², 192 de terra e 458 de mar, a illa maior é a de Co Chan. Hai 29 especies de mamíferos, 74 de aves, 42 de réptiles e anfibios presentes no parque.
A Société nationale des chemins de fer français (en galego: Sociedade Nacional de Ferrocarrís Franceses), máis coñecida polas siglas SNCF, é unha empresa estatal francesa que se encarga da explotación dos ferrocarrís nese país baixo un réxime de monopolio na práctica. Forma parte, xunto a outras 49 filiais, do que se denomina «Grupo SNCF». A forma xurídica da SNCF é a dunha empresa pública de carácter industrial e comercial (EPIC), que á súa vez ten participacións maioritarias ou totais en varias empresas privadas agrupadas no Grupo SNCF. A empresa emprega a preto de 160.000 persoas e facturou 17.800 millóns de euros en 2009.
O CD56 (cluster de diferenciación 56) ou molécula de adhesión celular neural (NCAM, ás veces N-CAM) é unha glicoproteína de adhesión celular que se expresa na superficie das neuronas, glía, células do músculo esquelético e células asasinas naturais. A NCAM está implicada na adhesión célula-célula, crecemento da neurita (dendritas, axóns), plasticidade sináptica, aprendizaxe e memoria.
Air Greenland A/S, tamén coñecida como Greenlandair, é a aeroliña nacional de Groenlandia. É subsidiaria do SAS Group, e pertende a este grupo, ao goberno groenlandés e ao goberno danés. Opera unha frota de 32 avións, incluídos un avión de pasaxeiros para voos transatlánticos e chárter, 9 pequenos avións usados principalmente na súa rede doméstica, e 22 helicópteros para levar pasaxeiros dende as pequenas comunidades ata os aeroportos domésticos.
F-Zero: Maximum Velocity, estreado no Xapón como F-Zero for Game Boy Advance, é un videoxogo futurístico de carreiras desenvolvido por Nd Cube e distribuído por Nintendo para Game Boy Advance. O xogo foi estreado no Xapón, América do Norte e Europa no 2001. É o primeiro videoxogo da serie en ser lanzado para consola portátil.
Time Trap é un filme estadounidense de 2017 dirixido por Ben Foster e Mark Dennis. Está protagonizado por Brianne Howey, Cassidy Gifford, Olivia Draguicevich, Reiley McClendon e Andrew Wilson, e conta a historia dun grupo de estudantes nunha remota área de Texas que están na procura do seu profesor. Posteriormente, descobren unha misteriosa cova por accidente.
macOS, anteriormente denominado OS X e inicialmente Mac OS X, é un contorno operativo baseado en Unix, desenvolvido, comercializado e vendido por Apple Inc. É o actual sistema operativo da familia de computadores Macintosh e o sucesor da familia Mac OS. No ano 1997 nomeouse a Steve Jobs CEO de Apple, e este decidiu terminar co sistema operativo Mac OS clásico (as primeiras versións do sistema ata o Mac OS 9), que carecía de características modernas presentes dende había moito tempo nos sistemas coetáneos, e crear un novo sistema operativo tomando como punto de partida o NEXTSTEP, o sistema operativo que Steve Jobs estivera desenvolvendo coa súa empresa NeXT, adquirida por Apple. OS X é un sistema operativo baseado en UNIX, máis no cal o sistema de fiestras X11, característico da meirande parte destes sistemas, foi substituído por outro denominado Aqua, desenvolvido integramente por Apple.
Emilia Pardo-Bazán y de la Rúa-Figueroa, nada na Coruña o 16 de setembro de 1851 e finada en Madrid o 12 de maio de 1921, foi unha escritora en lingua castelá, intelectual, xornalista, crítica literaria, narradora e rexionalista galega que triunfou na literatura española como escritora e como figura pública. Influída polo naturalismo, movemento literario que introduciría en España, escribiu máis de 500 obras en forma de novelas, contos, artigos e folletos. En recoñecemento polos seus méritos artísticos, concederíalle o rei Afonso XIII en 1908 o título de condesa de Pardo Bazán.O seu estilo foi enérxico e nel afondou en problemas e situacións difíciles.
O meridiano de Greenwich é o semicírculo imaxinario que une os polos e pasa por Greenwich, máis precisamente polo antigo observatorio astronómico deste suburbio de Londres. O meridiano de Greenwich serve de meridiano de orixe: é a partir do que se miden as lonxitudes, en graos, é dicir que corresponde á lonxitude cero, polo que tamén se chama meridiano cero e primeiro meridiano. Adoptouse como referencia nunha conferencia internacional celebrada en 1884 en Washington, D.C. auspiciada polo presidente dos Estados Unidos, á que asistiron delegados de 25 países.
Falange Española de las JONS é o nome de varios partidos falanxistas: Falange Española de las JONS, partido constituído en 1934 por Falange Española e as Juntas de Ofensiva Nacional-Sindicalista baixo a dirección de José Antonio Primo de Rivera; Falange Española de las JONS, constituído en 1976, principal partido falanxista en España desde a transición; Falange Española de las JONS (Auténtica), partido falanxista en oposición ó franquismo que xurdiu no tardofranquismo e que tivo que engadir o termo auténtica por razóns legais para poder concorrer ás eleccións;Estes partidos non se deben confudir coa Falange Española Tradicionalista y de las JONS que se constituíu tras o decreto de unificación (1937) que uniu ós falanxistas e ós carlistas nunha única organización política.
Scout D1 foi un foguete espacial dos Estados Unidos propulsado exclusivamente por propelente sólido e pertencente á familia de foguetes Scout. Estaba concibido como un lanzador de baixo custo, podendo lanzar cargas de ata 183 kg a órbitas baixas. Foi usado desde tres sitios de lanzamento: a Base Vandenberg da Forza Aérea en California; o complexo de Wallops Island; e o Complexo de Lanzamento San Marco fronte ás costas de Nixeria.
Áreas de goberno local de Nixeria
Nixeria posúe 774 Áreas de goberno local (LGAs, sigla do nome en inglés "Local Government Areas"). Estas subdivisións son equivalentes aos concellos. Cada área do goberno local é administrada por un Consello de Goberno Local, constituído por un presidente, que é o Xefe do Executivo da LGA, e outros deputados electos.
Scottie Maurice Pippen, nado o 25 de setembro de 1965 en Hamburg, no condado de Ashley (Arcansas), é un ex xogador profesional de baloncesto estadounidense que desenvolveu a maior parte da súa carreira na National Basketball Association (NBA). Alculamdo "Pip", é principalmente lembrado pola súa etapa nos Chicago Bulls, cos que gañou seis campionatos da NBA e bateu o récord de vitorias nunha soa tempada con 72. Pippen, xunto con Michael Jordan, xogou un importante papel en transformar aos Bulls nun vehículo para a popularización da NBA ao redor de todo o mundo nos anos 1990.
Lista de xentilicios de concellos galegos
Esta é unha lista dos xentilicios dos concellos de Galicia:
Unha hidroxenase é un encima que cataliza a oxidación reversible do hidróxeno molecular (H2), tal como se mostra aquí: A captación de hidróxeno (ecuación 1) está acoplada coa redución de aceptores de electróns como o oxíxeno, nitrato, sulfato, dióxido de carbono (CO2), e fumarato. Por outra parte, a redución de protóns (ecuación 2) está acoplada coa oxidación de doantes de electróns como a ferredoxina (FNR), e serve para dispoñer dun exceso de electróns nas células (esencial na fermentación do piruvato). Poden actuar como doantes ou aceptores de electróns fisiolóxicos para as hidroxenases tanto os compostos de baixo peso molecular coma as proteínas, como as FNRs, citocromo c3, e citocromo c6.
O conto da criada (en inglés: The Handmaid's Tale) é unha novela distópica da autora canadense Margaret Atwood, publicada orixinalmente en 1985. Está ambientado nun futuro achegado, en Nova Inglaterra, nun estado relixioso totalitario que derrocou o goberno dos Estados Unidos. A novela céntrase na historia da criada Offred.
Coñécese como diáspora galega o proceso de emigración masiva do pobo galego que se produciu durante as tres últimas décadas do século XIX ata ben pasada a metade do século XX. Así, entre 1850 e 1960 marchan cara a América máis de dous millóns de galegos e galegas. Cómpre destacar a importancia deste fenómeno nos contextos socioeconómico, político e cultural da Galicia territorial e da Galicia exterior. O historiador Antonio Eiras Roel estima en 2.041.603 o número de galegos emigrados a América, o que supón o 38,5% do total de migrantes españois (5.311.906), o que supuxo que Galicia tivese unha taxa de saída por cada mil habitantes superior a Irlanda nos momentos álxidos das correntes migratorias.
Vigo ( pronunciación ) (tamén coñecida como a cidade olívica) é unha cidade e concello da provincia de Pontevedra, na comunidade autónoma de Galicia, no noroeste da península ibérica. É a capital da comarca de Vigo, aínda que historicamente pertenceu á comarca de Val do Fragoso. Ademais é a capital da súa área metropolitana.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e actualmente ten un total de 199.218.
Xosé Ramón Gayoso Bonigno, nado na Coruña o 25 de abril de 1956, é un presentador da Televisión de Galicia e un dos personaxes públicos máis coñecidos en Galicia. Presentou varios programas da canle pública galega dende a súa mesma creación, en 1985, facéndose enormemente popular polo seu traballo en Luar, programa que presenta dende 1992.
Os glucanos son un tipo de polisacáridos formados especificamente por unidades monómeras do monosacárido D-glicosa, que están unidos por medio de enlaces glicosídicos. Entre eles están polisacáridos tan importantes como o glicóxeno, o amidón e a celulosa, que exercen funcións de almacenamento enerxético ou estruturais na célula. Moitos beta-glucanos son medicamente importantes, xa que son dianas para fármacos antifúnxicos da clase da equinocandina.
A Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura, UNESCO (en inglés United Nations Educational, Scientific and Cultural Organization e en francés: Organisation des Nations unies pour l'éducation, la science et la culture) é un organismo especializado das Nacións Unidas cuxo obxectivo é promover a paz e a seguridade mundial mediante a cooperación internacional en materia de educación, artes, ciencias e cultura. Ten 194 estados membros e 12 membros asociados, así como socios das organizacións non gobernamentais, intergobernamentais e do sector privado. A súa sede atópase en París, Francia, mais a UNESCO ten 53 oficinas rexionais de campo e 199 comisións nacionais que facilitan o seu mandato global.
Luisa Victoria de Fátima Franco Iglesias, coñecida como Lis Franco, nada en Caracas en 1965, é unha exfutbolista, xornalista e produtora audiovisual galega. Histórica dianteira do Karbo Deportivo, no que entrou sendo nena e co que conquistou todos os títulos da historia do club, anotando ademais os goles decisivos nas finais da Copa da Raíña de 1981 e 1984. Formou parte da primeira selección española oficial.
Victoria Beckham (de solteira Victoria Caroline Adams), nada en Harlow (Essex) o 17 de abril de 1974, é unha cantante, deseñadora de moda e escritora inglesa. Victoria Beckham foi parte integrante do grupo pop feminino Spice Girls, popularmente alcumada Posh Spice é tamén coñecida por estar casada co xogador de fútbol David Beckham. A súa carreira e matrimonio canda David Beckham levouna a se converter nunha das mulleres máis adiñeiradas de Gran Bretaña.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. Con 244.700 habitantes (INE 2022), é o segundo municipio máis poboado de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
Atendendo á distribución xeográfica e á maneira de se combinaren os fenómenos diferenciadores das falas galegas, poden delimitarse tres grandes complexos lingüísticos ou bloques: occidental, central, e oriental. No interior destes bloques hai varias áreas, zonas lingüísticas de desigual extensión e unidade, delimitables coa isoglosa dun ou dous fenómenos caracterizadores. Esta división baséase fundamentalmente na fonética e mais na morfoloxía; no futuro a análise da distribución de áreas léxicas do ALGa axudará a precisala ou modificala.
Unha canle ou canal en enxeñaría é unha vía artificial feita polo ser humano para o paso de auga ou outros líquidos. Utilízanse para o transporte de mercadorías, coñecidas co nome de canles de navegación, entre lagos, ríos ou océanos, mediante barcos, pero tamén para a condución de auga, tanto para a subministración como para o desecamento. Os canais interiores precederon ao desenvolvemento do ferrocarril durante a Revolución Industrial e algúns deles foron posteriormente secados e empregados como pasos libres para construír vías férreas.
IRC son as siglas de Internet Chat Relay ("retransmisión de charla por internet"), unha forma de comunicación instantánea sobre a Internet deseñada para a grupos de persoas que utilizan foros chamados "canais". O IRC foi creado por Jarkko Oikarinen a finais de agosto de 1988 como substituta dun programa chamado MUT nun BBS chamado OuluBox en Finlandia. Oikarinen inspirouse no Bitney Relay Chat que funcionaba na rede Bitnet.
As chinches das camas ou simplemente chinches ou tamén chinchas ou percebellas son insectos parasitos da familia dos cimícidos (Cimicidae), que se alimentan exclusivamente de sangue. Cimex lectularius é a chinche das camas común e a especie máis coñecida que prefire alimentarse de sangue humano. Outras especies de Cimex especializáronse en alimentarse doutros animais, por exemplo, as chinches dos morcegos, como Cimex pipistrelli (de Europa), Cimex pilosellus (de Norteamérica) e Cimex adjunctus (de Norteamérica), ou as chinches das aves.
Lista de programas de Televisión Española
Esta lista inclúe programas emitidos pola Televisión Española, desde a súa creación en 1956.
Agustín Fernández Paz, nado en Vilalba o 29 de maio de 1947 e finado en Vigo o 12 de xullo de 2016, foi un escritor e pedagogo galego. Foi autor de máis de cincuenta títulos, preferentemente de literatura infantil e xuvenil. Os seus libros obtiveron numerosos premios, sendo recoñecido por dúas veces como o mellor autor do ano (no 2004, pola Federación de Libreiros de Galicia e no 2007, pola Asociación Galega de Editores).
Luísa Villalta Gómez, nada na Coruña, na rúa Vila de Laxe, o 15 de xullo de 1957 e finada na mesma cidade o 6 de marzo de 2004, foi unha escritora, filóloga e violinista galega. Escribiu poesía, teatro, narrativa de ficción, ensaio, articulismo e tradución. O colectivo A Sega acordou dedicarlle o Día das Galegas nas Letras do ano 2022, esta plataforma terá dito: "celebrámoste desde a complexidade da épica ao publicismo, deste ti, desde o teu pensar, lúcida e comprometida, sempre na construción dun pobo".
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
Manuel Quintáns López, nado en 1961, é un escritor e militante independentista galego, que foi un membro do Exército Guerrilheiro do Povo Galego Ceive. O 2 de febreiro de 1989, participou na primeira acción terrorista do grupo que provocou unha vítima mortal. En 1999 foi condenado a 72 anos de cárcere pola Audiencia Nacional.
A segunda guerra mundial foi un conflito armado a escala mundial que durou do 1 de setembro de 1939 ó 2 de setembro de 1945. Involucrou a maioría de países do mundo, incluídas todas as grandes potencias que eventualmente formaron dúas alianzas militares opostas: os Aliados e o Eixe. Foi a guerra de máis alcance da historia, involucrando directamente máis de 100 millóns de persoas de máis de 30 países.