Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Hamás (en árabe حماس, fervor, e acrónimo de Harakat al-Muqáwama al-Islamiya, حركة المقاومة الإسلامية Movemento de Resistencia Islámica) é unha organización político-relixiosa palestina que pretende a destrución de Israel e a creación dun estado islámico en Palestina. Hamás fundouna Ahmed Yassin o 14 de decembro de 1987 na franxa de Gaza, coincidindo co levantamento popular, ou intifada, contra a ocupación israelí. Ten relacións estreitas cos Irmáns Musulmáns exipcios.
Henri Matisse ou Henri-Émile-Benoît Matisse (en francés ɑ̃ʁi emil bənwɑ matis) nado en Le Cateau-Cambrésis o 31 de decembro de 1869 e finado en Niza o 3 de novembro de 1954, foi un pintor, escultor e deseñador francés que destacou por un uso característico da cor e por un debuxo fluído, brillante e orixinal. Como debuxante, gravador e escultor, pero principalmente como pintor, Matisse é comunmente considerado, xunto con Picasso e Marcel Duchamp, como un dos tres artistas que axudaron a definir os acontecementos revolucionarios nas artes plásticas nas primeiras décadas do século XX, responsables de importantes avances na pintura e na escultura. Aínda que é considerado como o máximo representante do fauvismo, estilo que cultivou nos seus primeiros anos, tamén foi aclamado como un dos representantes da tradición clásica na pintura francesa.Primeiro traballou nun estilo académico e posteriormente cultivou o impresionismo, o puntillismo, e o fauvismo, do que foi mestre de escola; continuou sempre, dentro dunha heterodoxia, fiel ao fauvismo.
Un navegador web ou web browser é unha aplicación software que permite ó usuario recuperar e visualizar documentos de hipertexto, comunmente descritos en HTML, desde servidores web de todo o mundo a través de Internet. Esta rede de documentos é denominada World Wide Web, WWW, Grande Arañeira Mundial ou, simplemente, Web. Os navegadores actuais permiten mostrar e/ou executar gráficos, secuencias de vídeo, son, animacións e programas diversos, ademais de texto e as ligazóns (hiperligazóns).
O sunnismo ou islam sunnita (سنّة) é a maior seita do islam, á cal pertencen 85% do total dos musulmáns. Os seguidores do sunnismo son os sunnitas.A maioría dos sunnitas acredita que o nome deriva da palabra Sunna que é a forma de conduta do profeta Mahoma. Algúns afirman porén que Sunnita deriva dunha palabra que significa "un camiño moderado" referíndose á idea de que o Sunnismo toma unha posición máis neutral do que aquela que ten sido apercibida como máis extrema dos xiítas e dos caridxitas.
O acorde de Tristán é un acorde formado polas notas Fa, Si, Re♯ e Sol♯. Máis xeralmente, pode ser calquera acorde que consista nos mesmos intervalos: cuarta aumentada (tritono), sexta aumentada, e novena aumentada en estado fundamental. Recibe o seu nome por escoitarse na primeira frase da ópera de Richard Wagner Tristan und Isolde como parte do leitmotif relacionado con Tristan.
Polonia (en polaco: Polska, [ˈpɔlska] (AFI), escoitar), oficialmente República de Polonia (Rzeczpospolita Polska), é un país da Europa central membro da Unión Europea (UE), cuxa capital e maior aglomeración urbana é a cidade de Varsovia. Polonia fai fronteira con Alemaña polo oeste; a República Checa e Eslovaquia polo sur; Ucraína, Belarús e Lituania polo leste; e o mar Báltico e o enclave ruso de Kaliningrado polo norte. O país abrangue unha superficie de 312.696 km² , facendo de Polonia o sexasésimo noveno país do mundo e o noveno de Europa[Cómpre clarificar].
Hamburg-Mitte (en baixo saxón Hamborg-Mitt), traducido ao galego literalmente como Centro de Hamburgo, é un distrito situado no centro da cidade Hanseática de Hamburgo con 276.234 habitantes (2008). Os barrios de Hamburgo-Alstadt (casco antigo da cidade de Hamburgo) e Neustadt (nova cidade) son a orixe histórica da cidade de Hamburgo.
O ramadán (en árabe: رمضان, Ramaḍān), é o noveno mes do calendario musulmán, e é considerado pola comunidade musulmá de todo o mundo como o mes de xaxún para conmemorar a primeira revelación do Corán a Mahoma segundo as crenzas do islam. Esta celebración anual está considerada como un dos 5 Alicerces do islam. O mes dura uns 29 ou 30 días baseándose no avistamento da lúa crecente, seguindo as numerosas referencias compiladas no hadiz.
Star Wars Episode III: Revenge of the Sith
A vinganza dos Sith (orixinal: Revenge of the Sith) é un filme de ópera espacial de 2005, escrito e dirixido polo estadounidense George Lucas. É o sexto filme da saga A guerra das galaxias e o terceiro en orde cronolóxica interna da saga.
Donkey Kong Country 2: Diddy's Kong Quest
Donkey Kong Country 2: Diddy's Kong Quest (titulado orixinalmente Super Donkey Kong 2: Dixie & Diddy (スーパードンキーコング2 ディクシー&ディディー, Sūpā Donkī Kongu Tsū: Dikushī ando Didī)) é un videoxogo de plataformas de 1995 desenvolvido por Rare e publicado por Nintendo para a consola Super Nintendo Entertainment System (SNES). Lanzouse o 21 de novembro de 1995 no Xapón, e o 14 de decembro en América do Norte e Europa. É o segundo título da serie de videoxogos Donkey Kong Country, e a secuela de Donkey Kong Country (1994).
Unha uceira ou uzal é un monte ou terreo poboado principalmente de uces (especies dos xéneros Erica e/ou Calluna). Outros nomes destas formacións son breixeira, moural e urceira.Atopamos uceiras en diferentes partes do mundo, sendo moi abundantes na Europa atlántica, como nas Illas Británicas e Galicia.
O funk é un estilo musical afroamericano. Naceu nos 60 con intérpretes coma James Brown, Sly and the Family Stone e The Meters, e emerxeu coma xénero a finais desa década. O funk caracterízase por ter ritmos bailables moi sincopados que enfatizan o primeiro tempo de cada compás, liñas de baixo prominentes, unha guitarra rítmica moi distintiva cun son afiado, voces ó estilo da música soul, seccións de vento poderosas e orientadas ó ritmo, unha grande énfase na percusión, incluíndo adoito diversos tambores ademais da batería, e influencias africanas e do jazz.
O taxi é un automóbil privado, conducido por un chofer e destinado ao transporte de pasaxeiros e mais das equipaxes destes. O transbordo faise de porta a porta, á elección do pasaxeiro, contrariamente aos transportes en común que circulan entre puntos predeterminados (paradas de autobús, estacións ferroviarias). A palabra taxi provén de taxímetro, aparato destinado a medir o tempo e a distancia dun traxecto para estabelecer o montante a pagar polo pasaxeiro.
Estados Federados de Micronesia
Os Estados Federados de Micronesia (abreviado en inglés FSM e tamén coñecido simplemente como Micronesia) é un país insular en Oceanía asociado cos Estados Unidos. Consta de catro estados, de oeste a leste, Yap, Chuuk, Pohnpei e Kosrae, que se reparten polo oeste do Pacífico occidental. Xuntos, os estados comprenden ao redor de 607 illas (unha superficie combinada de aproximadamente 702 km² que cobren unha distancia lonxitudinal de case 2 700 km (1 678 mi) xusto ao norte do ecuador.
Un artigo científico (coñecido polo anglicismo paper polos investigadores) é un traballo de investigación relativamente breve destinado á súa publicación en revistas especializadas. Debe estar coidadosamente redactado para evitar cambios de tema innecesarios, para lograr expresar dun modo claro e sintético o que se pretende comunicar, e para que inclúa as citas e referencias indispensábeis. En moitas ocasións os artigos científicos son sínteses de informes ou teses de maior envergadura, que orientan a quen poida estar interesado en consultar a obra orixinal.
Ray Douglas Bradbury, nado en Waukegan (Illinois) o 22 de agosto de 1920 e finado o 6 de xuño de 2012, foi un escritor estadounidense de ciencia ficción e de misterio. Deuse a coñecer polos seus relatos breves de ciencia ficción, que deron lugar á colección de Crónicas marcianas publicadas en 1950. É coñecido sobre todo pola súa novela Fahrenheit 451 na que se describe un mundo no que os libros están prohibidos e o pensamento crítico é perseguido.
George Gaylord Simpson, nado en Chicago o 16 de xuño de 1902 e finado en Tucson o 6 de outubro de 1984, foi un paleontólogo e biólogo teórico estadounidense. Especialista nos mamíferos do mesozoico e do cenozoico, Simpson foi, xunto con Theodosius Dobzhansky e Ernst Mayr, un dos principais teóricos da Teoría evolutiva sintética. Tempo and Mode in Evolution e The Meaning of Evolution son as súas obras máis representativas.
Ian Hugh Gordon Ashley (nado o 26 de outubro de 1947 en Wuppertal, Alemaña) é un expiloto de competición británico que competiu na Fórmula 1 cos equipos Token, Williams, BRM e Hesketh. Ashley empezou a competir en 1966 cando fixo un curso na Escola de Carreiras Jim Russell. Era rápido pero errático, e pronto gañou o alcumo de "Crashley" (xogo de palabras co seu apelido e crash, accidente en inglés).
«Anouschka» é unha canción composta por Hans Blum e interpretada en alemán por Inge Brück. Lanzouse como sinxelo en abril de 1967 mediante Ariola Records. Foi elixida para representar a Alemaña no Festival de Eurovisión de 1967 tras ser seleccionada internamente pola emisora alemá Hessischer Rundfunk.
Kareem Abdul-Jabbar (en árabe: كريم عبد الجبار Karīm ‘Abd al-Jabbār), nado co nome de Ferdinand Lewis Alcindor, Jr. en Harlem (Nova York) o 16 de abril de 1947, é un antigo xogador de baloncesto estadounidense que militou en Milwaukee Bucks e Los Angeles Lakers da NBA dende 1969 até 1989. Era coñecido como Lew Alcindor antes de que trocase o seu nome a finais de 1971, varios anos despois de converterse ao islam, ao que chegou despois de ler unha autobiografía de Malcolm X.Abdul-Jabbar deixou o baloncesto á idade de 42 anos como o máximo anotador e taponador da historia da NBA, ademais de posuír a marca de máis MVP da Tempada con seis e ser o xogador que máis All-Star Game disputou.
O Tour de Francia 2015 foi a 102ª eddición do Tour de Francia, a carreira ciclista máis importante do mundo. Esta edición disputouse entre os días 4 e 26 de xullo de 2015. O percorrido contou con 21 etapas e 2 días de descanso, como é habitual, das cales 7 etapas eran de alta montaña, 2 de contra o reloxo (unha individual e outra por equipos), 1 de pavé, 2 totalmente chás e 9 con final en alto.
Brooklyn é un dos cinco distritos que conforman a cidade de Nova York. Unha cidade independente ata a súa inclusión dentro do conglomerado urbano de Nova York, en 1898, Brooklyn é o borough máis poboado con preto de 2,5 millóns de habitantes. Brooklyn concorda cos límites do Kings County (Condado de Reis), o cal é ademais o condado máis populoso do estado de Nova York.
Naturalista é a denominación coa que se coñeceu aos investigadores que realizaron estudos sobre ciencias naturais ou historia natural desde os séculos XVII ao XIX, aínda que o interese pola descrición da natureza e o seu estudo estímase que se remonta á Grecia clásica. Desde o século XX é a denominación coa que se designa aos científicos de campo dedicados á investigación e estudo da natureza e protección do ambiente.
O dólar (en chinés: 港元, e inglés: dollar) é a unidade monetaria da Rexión Administrativa especial chinesa de Hong Kong. Divídese en 100 centavos e o seu código ISO 4217 é HKD. Normalmente abréviase co símbolo do dólar ($), pero para diferenciala doutras moedas coa mesma denominación utilízase HKD. O dólar de Hong Kong é unha das moedas máis intercambiadas do mundo.
Unha feira é un acontecemento social, económico e cultural -establecido, temporáneo ou ambulante, periódico ou anual- que leva a cabo nunha sede e que chega a abarcar xeralmente un tema ou propósito común. Pode ter por obxectivo primordial a promoción da cultura, algunha causa ou estilo de vida, xeralmente nunha forma divertida e variada; máis comunmente o obxectivo é a estimulación comercial, pois ten a finalidade de lucro ou de xerar ganancias para as localidades anfitrioas, persoas ou organizacións patrocinadoras, e participantes hospitalarios, a cambio dun tempo grato que inclúe diversión e entretemento, participación en xogos de azar e de destreza, alimentos, manxares e lambetadas, obxectos, ou xoguetes etc., para os participantes visitantes e negociantes, xa sexan estes menores ou maiores de idade, dependendo do acontecemento, consignas, características, costumes locais e leis que rexen o lugar.
O Art & Architecture Thesaurus (AAT) é un vocabulario controlado empregado na descrición de elementos de arte, arquitectura e cultura material. O AAT contén termos xenéricos, como "catedral," mais non nomes propios, como "Catedral de Notre Dame". O AAT é empregado por, entre outros, museos, bibliotecas de arte, arquivos, catalogadores, e investigadores da arte e historia da arte.
A Baixa Saxonia (en alemán Niedersachsen, en baixo saxón: Neddersassen, en frisón oriental: Läichsaksen) é un dos dezaseis estados federados de Alemaña. O estado ten unha poboación preto dos oito millóns de habitantes nunha superficie de 47,618 km², sendo o segundo estado maior en terreo da Alemaña e o cuarto en poboación. A lingua maioritaria é o alemán, aínda que nalgunhas zonas rurais segue a empregarse o baixo saxón (Plattdeutsch).
María del Carmen Rosario Soledad Cervera, coñecida popularmente como Tita Cervera ou Tita Thyssen, nada en Sitges o 23 de abril de 1943, é unha coleccionista e marchante de arte de orixe catalá. Foi Miss España en 1961 e esposa de Lex Barker, Espartaco Santoni e Hans Heinrich von Thyssen-Bornemisza, II barón Thyssen-Bornemisza.
Un signo (do latín "signum", á súa vez do grego "σημειόν") é unha entidade que ten o significado doutra entidade, sendo a partícula máis pequerrecha no ámbito da expresión. Deste xeito, non obstante, trátase dun elemento complexo que leva consigo unha información significativa, así como da parte máis importante dunha mensaxe que chega aos nosos sentidos a través do sentido da vista ou o oído. Un signo natural é unha entidade que posúe unha relación casual coa entidade significante, como un relampo como signo de tormenta.
Os Minnesota Lynx son un equipo profesional de baloncesto con base na cidade de Minneapolis, Minnesota. Xogan na Conferencia Oeste da Women's National Basketball Association (WNBA). O equipo foi fundado antes do comezo da tempada 1999 da WNBA. Os Lynx clasificáronse para os Playoffs en 6 dos seus 16 anos en Minneapolis.
En botánica, denomínanse estomas aos orificios microscópico que se atopan nas partes verdes dos vexetais e permiten o intercambio de gases da planta co exterior. Constan de dúas grandes células de garda e oclusivas rodeadas de células acompañantes. A separación que se produce entre as dúas células oclusivas (que se poden separar polo centro manténdose unidas polos extremos) denominada "ostíolo", regula o tamaño total do poro e, por tanto, a capacidade de intercambio de gases e de perda de auga da planta.
Valence pode referirse a: Valence, Charente, unha comuna francesa no departamento de Drôme na rexión de Ródano-Alpes. Valence, Drôme, unha comuna francesa no departamento de Drôme na rexión Ródano-Alpes. Valence, Tarn-et-Garonne, unha comuna francesa no departamento de Tarn-et-Garonne na rexión Mediodía-Pireneos.
O Mont Blanc (en francés) ou Monte Bianco (en italiano) (Monte Branco, en galego) é a montaña granítica culminante dos Alpes, cunha altura oficial de 4.810,45 metros (segundo a última medición, en setembro de 2009). Trátase do punto máis elevado de Europa Occidental e un dos máis altos do resto de Europa, superado só por varias montañas de Rusia e Xeorxia como o Elbrus de 5.642 metros. O Mont Blanc, rodeado de vales con numerosos glaciares, forma parte do macizo do Mont Blanc que se estende entre as demarcacións do Val de Aosta, en Italia, e de Alta Savoia, en Francia.
O hindi (हिन्दी) é un idioma falado en moitos estados do Norte e do Centro da India. É unha lingua indoeuropea, da familia Indoirania. Evolucionou a partir dos idiomas prákritos da Idade Media (indoario medio) e, indirectamente, do sánscrito, do cal toma gran parte do vocabulario técnico, relixioso e xurídico.
O termo orde podem referirse a: FilosofíaOrde, concepto filosófico oposto ao caos.RelixiónOrde sacerdotal, no cristianismo, o sacramento de incorporación a tarefas de pastor; Orde relixiosa, tipos particular de asociación relixiosa que respecta unhas regras comúns: orde franciscana, orde dominica, orde do Císter, orde de Cluny, etc.ExércitoOrde militar, en relación co significado anterior, grupo relixioso de combatentes que respecta unhas regras internas particulares, normalmente no marco duns principios e dunha misión específica. Por exmplo: orde de Santiago, orde Teutónica , orde de Malta, orde dos templarios etc. Orde de cabalaría, grupo cortesán que continúa cos antigos valores das ordes militares e baixo o código de cabalaría.Coñécese co nome de ordes tamén os distintos galardóns, de carácter cívico-militar, que os estados e algunhas asociacións lles conceden aos mellores dos seus cidadáns e membros, como a Orde do Imperio Británico, a orde da Lexión de Honra francesa etc.Arquitecturaorde arquitectónica, conxunto de trazos e estilos propios dunha época, que se aplican fundamentalmente aos cinco estilos clásicos: orde dórica, orde xónica, orde corintia, orde toscana e orde composta.Lingüística e informáticaImperativo, a expresión lingüística de mandato; Orde, en informática, instrución dada a unha máquina para que execute unha tarefa; Orde alfabética, secuencia pola que se distribúen os termos conforme a súa primeira letra inicial.BioloxíaOrde, determinado nivel de clasificación taxonómica;DereitoOrde ministerial, resolución administrativa de carácter xeral ditada por un Ministro; Tribunal de Orde Pública, institución xudicial española xa desaparecida.ToponimiaOrde, lugar da parroquia de San Miguel de Vilapedre, no concello de Sarria;A Orde, lugar da parroquia de Vilarrubín, no concello da Peroxa.
Bonaire (/bɒnˈɛər/; neerlandés: Bonaire, pronunciado [boːˈnɛːr(ə)] ( ); papiamento: Boneiru) é un municipio especial dos Países Baixos que abrangue a illa homónima e a deshabitada illa de Klein, constitúe un territorio de ultramar da Unión Europea. Está situada no sur do mar Caribe, fronte á costa occidental de Venezuela, e forma parte do grupo de illas de Sotavento das Antillas Menores, xunto coas illas de Aruba e Curaçao. Con 288 km² de superficie, é a segunda illa en tamaño das Antillas Neerlandesas, logo de Curaçao.
A segunda guerra mundial foi un conflito armado a escala mundial que durou do 1 de setembro de 1939 ó 2 de setembro de 1945. Involucrou a maioría de países do mundo, incluídas todas as grandes potencias que eventualmente formaron dúas alianzas militares opostas: os Aliados e o Eixe. Foi a guerra de máis alcance da historia, involucrando directamente máis de 100 millóns de persoas de máis de 30 países.
O cancro de mama ou carcinoma de mama é o cancro que se desenvolve no tecido mamario. Entre os sinais de cancro de mama están a aparición dun nódulo na mama ou preto da mama na zona da axila, alteracións na forma ou na aparencia da mama, como retracción da mamila, pel da mama, aréola ou mamila con aparencia escamosa, vermella ou con vultos, ou mesmo sensibilidade na mamila e secreción ou perda de líquido pola mamila. En persoas coa doenza diseminada, pode verificarse tamén dor ósea, ganglios linfáticos avultados, falta de aire e ictericia.Entre os factores de risco para o desenvolvemento de cancro de mama cóntanse ser de sexo feminino, a idade, a obesidade, a falta de exercicio físico, o consumo de alcohol, a terapia hormonal substitutiva durante a menopausa, a radiación ionizante, a idade precoz da primeira menstruación, ter fillos en idade tardía ou non ter tido fillos.
Os glucanos son un tipo de polisacáridos formados especificamente por unidades monómeras do monosacárido D-glicosa, que están unidos por medio de enlaces glicosídicos. Entre eles están polisacáridos tan importantes como o glicóxeno, o amidón e a celulosa, que exercen funcións de almacenamento enerxético ou estruturais na célula. Moitos beta-glucanos son medicamente importantes, xa que son dianas para fármacos antifúnxicos da clase da equinocandina.
O Estado de Israel (hebreo: מדינת ישראל, transliteración: Medinat Yisra'el; Árabe: دولة اسرائيل, transliteración: Daulat Isra'il) é un país no Oriente Medio (oeste de Asia, no chamado 'crecente fértil'), situado na costa oriental do mar Mediterráneo. É unha democracia parlamentaria e legalmente un estado xudeu. Fai fronteira co Líbano ao norte, con Siria ao nordeste, con Xordania e Cisxordania ao leste, con Exipto e a franxa de Gaza ao suroeste, e co golfo de Aqaba (no mar Vermello) ao sur.
Partido Comunista dos Traballadores de España
O Partido Comunista dos Traballadores de España (en castelán: Partido Comunista de los Trabajadores de España, abreviado PCTE) é un partido político comunista e marxista–leninista. Foi fundado o 3 de marzo de 2019 como resultado dunha escisión do Partido Comunista dos Pobos de España (PCPE).
As chinches das camas ou simplemente chinches ou tamén chinchas ou percebellas son insectos parasitos da familia dos cimícidos (Cimicidae), que se alimentan exclusivamente de sangue. Cimex lectularius é a chinche das camas común e a especie máis coñecida que prefire alimentarse de sangue humano. Outras especies de Cimex especializáronse en alimentarse doutros animais, por exemplo, as chinches dos morcegos, como Cimex pipistrelli (de Europa), Cimex pilosellus (de Norteamérica) e Cimex adjunctus (de Norteamérica), ou as chinches das aves.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Eyes Wide Shut é un filme británico-estadounidense de 1999, dirixido, producido e coescrito por Stanley Kubrick. Está baseado na novela Traumnovelle, escrita en 1926 por Arthur Schnitzler. É un drama psicolóxico de misterio e erótico que conta as aventuras sexuais do doutor Bill Harford, quen queda moi impactado cando a súa muller Alice lle revela que pensara en ter unha aventura o ano anterior.
Este é un artigo sobre un territorio de Palestina, de procurar outro artigo de igual nome vexa Gaza.A Franxa de Gaza (قطاع غزة , Qita' Ghazzah en árabe; רצועת עזה , Retzu'at 'Azza en hebreo) é un territorio baixo a xurisdición da Autoridade Nacional Palestina, aínda que de iure non forma parte de ningún Estado soberano. Os palestinos afirman que está baixo ocupación militar de Israel, quen nega esa afirmación, sobre todo tras o seu Plan de retirada de 2005. O territorio está limitado ao norte e leste por Israel, ao sur por Exipto e ao oeste polo Mar Mediterráneo.
Unha máquina comecartos ou simplemente un comecartos é un aparello automático concibido para ofrecer xogos de aposta sen a intervención dun empregado. Estes dispositivos poden ser mecánicos, electrónicos ou dixitais. O xogo consiste en introducir unha moeda coa esperanza de que saia unha combinación gañadora e obter un premio en metálico que proporciona a propia máquina.
Atendendo á distribución xeográfica e á maneira de se combinaren os fenómenos diferenciadores das falas galegas, poden delimitarse tres grandes complexos lingüísticos ou bloques: occidental, central, e oriental. No interior destes bloques hai varias áreas, zonas lingüísticas de desigual extensión e unidade, delimitables coa isoglosa dun ou dous fenómenos caracterizadores. Esta división baséase fundamentalmente na fonética e mais na morfoloxía; no futuro a análise da distribución de áreas léxicas do ALGa axudará a precisala ou modificala.
Victoria Beckham (de solteira Victoria Caroline Adams), nada en Harlow (Essex) o 17 de abril de 1974, é unha cantante, deseñadora de moda e escritora inglesa. Victoria Beckham foi parte integrante do grupo pop feminino Spice Girls, popularmente alcumada Posh Spice é tamén coñecida por estar casada co xogador de fútbol David Beckham. A súa carreira e matrimonio canda David Beckham levouna a se converter nunha das mulleres máis adiñeiradas de Gran Bretaña.
O A é a primeira letra do alfabeto galego, e representa a vogal máis aberta da lingua galega. Pode ter a función de artigo determinado feminino singular (a bolboreta), ou de preposición con distintos valores (axudar a alguén, ir a Santiago). Tamén pode ser un prefixo de orixe latina con valor de aproximación ou dirección (achegar, asentar), ou un prefixo de orixe grega con valor de negación (apolítico, anormalidade).
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, radicando nesta cidade e concello o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2022 o concello tiña 98.179 habitantes. O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
Unha canle ou canal en enxeñaría é unha vía artificial feita polo ser humano para o paso de auga ou outros líquidos. Utilízanse para o transporte de mercadorías, coñecidas co nome de canles de navegación, entre lagos, ríos ou océanos, mediante barcos, pero tamén para a condución de auga, tanto para a subministración como para o desecamento. Os canais interiores precederon ao desenvolvemento do ferrocarril durante a Revolución Industrial e algúns deles foron posteriormente secados e empregados como pasos libres para construír vías férreas.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. Con 244.700 habitantes (INE 2022), é o segundo municipio máis poboado de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
A Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura, UNESCO (en inglés United Nations Educational, Scientific and Cultural Organization e en francés: Organisation des Nations unies pour l'éducation, la science et la culture) é un organismo especializado das Nacións Unidas cuxo obxectivo é promover a paz e a seguridade mundial mediante a cooperación internacional en materia de educación, artes, ciencias e cultura. Ten 194 estados membros e 12 membros asociados, así como socios das organizacións non gobernamentais, intergobernamentais e do sector privado. A súa sede atópase en París, Francia, mais a UNESCO ten 53 oficinas rexionais de campo e 199 comisións nacionais que facilitan o seu mandato global.
Castro Laboreiro é unha freguesía portuguesa do concello de Melgaço situado entre a serra do Laboreiro, a serra da Peneda e a serra de Queguas; a unha altura media duns 1.000 m de altitude. A pesar de ser a freguesía máis extensa de Melgaço, con 89,29 km², só ten unha poboación duns 726 habitantes segundo o censo do 2001, quedando deste xeito cunha densidade de poboación moi baixa, arredor dos 8,1 hab./km². Foi vila e sede de concello entre 1271 e 1855.
Vigo ( pronunciación ) (tamén coñecida como a cidade olívica) é unha cidade e concello da provincia de Pontevedra, na comunidade autónoma de Galicia, no noroeste da península ibérica. É a capital da comarca de Vigo, aínda que historicamente pertenceu á comarca de Val do Fragoso. Ademais é a capital da súa área metropolitana.
Rocío Pérez Armenteros, nada en Alcalá la Real (provincia de Xaén) o 13 de xullo de 1989 é unha cantante, compositora e actriz andaluza, máis coñecida polo seu nome artístico Roko compuxo cancións de estilo soul principalmente en castelán, aínda que tamén noutros idiomas. Maqueta temas para outros artistas e traballa con Antonio Ferrara que é colaborador de Carlos Jean. O seu disco de cabeceira é Un día en el mundo, de Vetusta Morla.
Lista de programas de Televisión Española
Esta lista inclúe programas emitidos pola Televisión Española, desde a súa creación en 1956.
José Luis Sanmartín Mato, coñecido como Joselu ou Joselu Mato, nado en Stuttgart (Alemaña) o 27 de marzo de 1990, é un futbolista galego. Xoga de dianteiro no Real Madrid, da Primeira División, cedido polo Espanyol. Formado na canteira do Celta de Vigo, debutou co primeiro equipo celeste na Segunda División en 2009, e máis tarde militou en catro equipos da Primeira División, entre eles o Real Madrid e o máximo rival histórico do Celta: o Deportivo da Coruña.