Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Cleveland é unha cidade estadounidense que pertence ao estado de Ohio. É a sede do condado de Cuyahoga, o máis poboado deste estado. Segundo o censo de 2010, a cidade de seu ten un total de 396.815 habitantes, convertendo a Cleveland na cuadraxésimo quinta cidade máis grande dos Estados Unidos, e na segunda máis grande de Ohio.
A Universidade de Zaragoza é un centro de educación superior público, repartida xeograficamente entre os campus de Zaragoza, Huesca, Jaca, Teruel e La Almunia de Doña Godina, todos eles na Comunidade Autónoma de Aragón (España). Fundada en 1542, reúne en 2008 a máis de 32.000 estudantes e 3.500 membros docentes entre os seus 22 centros e 74 titulacións e estudos propios. O seu actual reitor é Manuel López Pérez.
Harry Potter é o nome dunha serie de sete novelas de fantasía escritas pola británica J. K. Rowling. Os libros narran a vida dun meigo adolescente, Harry Potter, e dos seus amigos Hermione Granger e Ron Weasley, todos eles alumnos da Escola Hogwarts de Maxia e Feiticería. A trama central do argumento xira arredor da loita de Harry contra Lord Voldemort, un meigo escuro que pretende conseguir a inmortalidade, derrocar o goberno máxico coñecido como Ministerio de Maxia, conquistar o mundo máxico e someter os meigos e os muggles, as persoas non-máxicas.
Fitzcarraldo é un filme alemán de 1982 escrito e dirixido por Werner Herzog e protagonizado por Klaus Kinski. Conta a historia dun señor do caucho, un irlandés coñecido no Perú como Fitzcarraldo, que está determinado a transportar un barco de vapor sobre un outeiro para acceder a un rico territorio do caucho na conca do Amazonas. O filme baseáse nos feitos reais do peruano Carlos Fitzcarrald e a súa fazaña de transportar un barco de vapor desmontado sobre o istmo de Fitzcarrald.
As reservas naturais son, dentro do marco lexislativo español, espazos naturais que pretenden protexer a ecosistemas, comunidades ou outros elementos biolóxicos que por seren raros ou singulares son sensibles a se perder ou meritorios dunha alta protección.Nas reservas naturais limítase a obtención de calquera recurso, ben material biolóxico ou xeolóxico. Só se permite a explotación daqueles recursos que non interfiran na protección das singularidades da reserva, ou nalgún caso de investigación ou formación educativa.En Galiza é posible a declaración de microrreservas, ou espazos protexidos de reducida área, dentro das reservas, coa finalidade de conservar hábitats raros ou especies ameazadas. Esas microrreservas poden ter unha tempo determinado na para cumprir a súa función e ser revocadas posteriormente.
O inglés antigo ou anglosaxón, (Ænglisc na propia lingua) é unha forma temperá da lingua inglesa que se falaba en boa parte do que hoxe é Inglaterra entre os anos 425 e 1125 aproximadamente. Era unha lingua flexiva con moita liberdade na orde das palabras, ao contrario do inglés actual. Gardaba unha grande semellanza con outras linguas xermánicas, especialmente co frisón antigo e o saxón antigo, porque aínda non recibira a influencia do francés que a partir do século XII provocaría o cambio do inglés antigo ao medio.
Tianjin (pronunciado:Tián-Chín, en chinés: 天津, en pinyin: Tiānjìn, transcrición antiga: Tientsin), é un municipio da República Popular da China con rango equivalente ao dunha provincia. Está situado no nordés do país, preto da capital, Pequín (Beijing), á beira do río Hai, a 40 km da súa desembocadura no golfo de Bohai, no mar Amarelo. É a cuarta cidade máis poboada da China, tras Shanghai, Beijing e Guangzhou.
A tridimita (do grego Trydimos (tripleto) debido á formación frecuente de maclas con tres cristais) é un mineral silicatado e un polimorfo de alta temperatura do cuarzo. Áchase apenas en rochas magmáticas efusivas ácidas de alta temperatura (riolitas, obsidianas, traquitas, andesitas e dacitas). Tamén pode ser encontrado en meteoritos.
Amazon Prime Video, ou sinxelamente Prime Video, é un servizo estadounidense de streaming e alugamento de vídeo de subscrición baixo demanda ofrecido por Amazon como servizo autónomo ou como parte da subscrición a Prime de Amazon. O servizo distribúe principalmente filmes e series de televisión producidas por Amazon Studios e MGM Holdings ou con licenza de Amazon, como Amazon Originals. Este servizo tamén conta con contido doutros provedores, complementos de contido, eventos deportivos en directo e servizos de compra e alugamento de vídeos.
Maze Runner: The Death Cure é un filme estadounidense de 2018 dirixido por Wes Ball e con guión de T.S. Nowlin. Baséase na novela de 2011 The Death Cure escrita por James Dashner. É a secuela do filme de 2015 Maze Runner: The Scorch Trials e é o terceiro título da franquía cinematográfica Maze Runner.
Un experimento é un procedemento ordenado que se realiza para verificar, refutar ou establecer a validez dunha hipótese relacionada cun determinado fenómeno. Achegan coñecemento sobre a causa e efecto, demostrando cal é o resultado cando se manipula unha variable (factor) particular. O obxectivo e escala dos experimentos varían moito dun a outro, pero sempre seguen un procedemento repetible e unha análise lóxica dos resultados.
O Xefe de Goberno é o máximo funcionario do poder executivo e responsable do goberno dun Estado ou dunha subdivisión territorial (estado, provincia etc.) de mesmo. O proceso de elección de xefes de goberno varía de acordo ao país e depende, entre outros factores, da forma do goberno empregada no mesmo. Nun sistema parlamentario o título que adopta o xefe de goberno pode ser: Primeiro Ministro, Premier, Chanceler, Presidente do Consello de Ministros, Presidente do Goberno ou outro.
A licenza MIT (ou licenza X11 ou MIT X) é unha licenza de software libre permisiva Esta licenza creárona avogados no Instituto Tecnolóxico de Massachusetts (MIT) fundamentándose na licenza BSD e facéndoa máis sinxela.. Como o MIT liberou diversas licenzas a Free Software Foundation refírese a esta licenza chamándoa Licenza X11. Dálle ese nome porque é a licenza do xestor gráfico X Window System.
Unha antoloxía (do grego ἄνθος 'flor' e λέγω 'seleccionar': ramallete, grilanda) é unha recompilación de obras literarias, en orixe, de poemas. No contexto literario, unha antoloxía contería unha selección de textos literarios dun ou varios autores e, por extensión, calquera medio (libro, disco ou colección de discos, exposición etc.) que inclúa unha selección de obras artísticas. É común en poesía (antoloxía poética), aínda que tamén pode darse noutros xéneros, como fábulas, ensaios ou contos que tamén poida ter natureza temática.
Unha abreviatura é a representación escrita dunha ou varias palabras mediante unha ou varias das súas letras, a fin de que a palabra ou as palabras resulten máis curtas no texto. Créanse eliminando algunhas das letras ou sílabas finais ou centrais. Calquera escritor pode crear unha abreviatura para o seu uso particular.
Sacro Imperio Romano Xermánico
O Sacro Imperio Romano Xermánico ou sinxelamente Sacro Imperio (en alemán: Heiliges Römisches Reich Deutscher Nation "Sacro Imperio Romano da Nación Alemá", en latín: Sacrum Romanum Imperium Nationis Germaniae "Sacro Imperio Romano das Nacións Xermánicas") foi a unión política dun conglomerado de estados da Europa central, que se mantivo dende a Idade Media até inicios da Idade Contemporánea. Formado en 962 da parte oriental das tres en que se repartiu o reino franco de Carlomagno en 843 mediante o tratado de Verdún, o Sacro Imperio foi a entidade predominante de Europa central durante case un milenio, até a súa disolución en 1806 por Napoleón Bonaparte.Cando a elección como emperador de Carlos V (28 de xuño de 1519) ademais dos territorios alemáns e de Holstein e Prusia, que con Riga chegaba até o golfo de Finlandia, o Sacro Imperio comprendía Bohemia, Moravia e Silesia, alcanzando con Krajina as costas do mar Adriático; polo oeste, pertencían a el, o condado libre de Borgoña (ou Franco Condado) e Savoia, aos que se sumaban Xénova, Lombardía e Toscana en terras italianas. Tamén estaban integrados no Imperio a maior parte dos Países Baixos, coa excepción do Artois e Flandres, ao oeste do río Escalda.
A Universidade de Alacant (UA, en valenciano: Universitat d'Alacant, en castelán: Universidad de Alicante) é unha universidade pública española con sede en Sant Vicent del Raspeig, na provincia de Alacant. Creouse en 1979 sobre a estrutura do Centro de Estudios Universitarios (CEU) fundado en 1968, e como herdeira da Universidade de Orihuela de 1569. Ten máis de cincuenta titulacións, máis de setenta departamentos universitarios e unidades e grupos de investigación en áreas de ciencias sociais e xurídicas, experimentais, tecnolóxicas, humanidades, educación e ciencias da saúde, ademais de cinco institutos universitarios de investigación.
As Protestas da Praza Tian'anmen de 1989, tamén coñecidas como Masacre da Praza Tian’anmen ou Incidente do 4 de xuño, foron unha serie de protestas lideradas por estudantes, intelectuais e activistas laborais na República Popular Chinesa que ocorreron entre o 15 de abril e o 4 de xuño de 1989. A protesta debeu o seu nome á localización da violenta supresión do movemento, que foi na Praza Tian'anmen de Pequín, polo Exército Popular de Liberación. Os manifestantes proviñan de distintos grupos, dende os intelectuais que pensaban que o goberno do Partido Comunista Chinés era demasiado corrupto e represor, até os traballadores urbanos que pensaban que a reforma económica chinesa chegara demasiado lonxe e que a inflación e o desemprego xeneralizado estaban a ameazar a súa forma de vida.
O antigo eslavo eclesiástico (словѣ́ньскъ ѩꙁꙑ́къ, slověnĭskŭ językŭ), foi a primeira lingua literaria eslava. Os misioneiros bizantinos do século IX Cirilo e Metodio, ámbolos dous de orixe eslava e grega, son os responsables da estandarización da lingua empregándoa nunha tradución da Biblia e noutros textos eclesiásticos en grego antigo como parte do proceso de cristianización dos eslavos. Crese que estaba baseado no dialecto dos eslavos bizantinos que viviron na provincia de Tesalónica no século IX (hoxe Grecia).
Asia ( pronunciación ) é o maior e máis poboado dos cinco continentes do planeta Terra localizado principalmente nos hemisferios norte e oriental. Abrangue un terzo das partes sólidas da superficie da Terra e é responsábel por albergar case tres quintos da poboación mundial. Limita ó norte a (Rusia) co océano Glaciar Ártico, ó leste co océano Pacífico e ó sur co océano Índico, ó oeste co mar Vermello, onde se xunta coa África pola canle de Suez.
Un electrón-volt ou electronvolt (símbolo: eV) é unha unidade de enerxía, equivalente á enerxía cinética que adquire un electrón simple non ligado, ao percorrer un campo electrostático cunha diferenza de potencial dun volt. É unha unidade aceptada polo SI (Sistema Internacional de unidades), mais que non pertence a el. Debido a que o electrón-volt é unha unidade moi pequena, úsanse con frecuencia múltiplos como o Megaelectrón-volt (MeV) ou o Xigaelectrón-volt (GeV).
O castelán de España é o conxunto de variedades da lingua castelá falada na Península Ibérica. Adóitanse distinguir dúas grandes áreas dialectais: as variedades setentrionais e as meridionais. Algúns autores tamén falan de dialectos para facer referencia ao castelán falado nas zonas de lingua catalá e lingua galega.
A guitarra, un instrumento musical de corda pulsada, evolución da vihuela, é un invento español, desenvolto nos séculos XVI a XVIII e perfeccionada polo lendario Antonio de Torres que lle deu a forma e estrutura que aínda ten hoxe. A guitarra clásica, de concerto ou española, está feita de madeira (normalmente nobres) e ten seis cordas, os tres bordóns graves metálicas e as agudas de nailon ou carbono; antigamente as cordas eran de tripa. No século XX apareceron outros tipos de guitarra nos Estados Unidos, primeiro a chamada acústica, con cordas de aceiro, e despois a guitarra eléctrica, que ten unha pastilla ou imán bobinado que transforma as vibracións nun sinal eléctrico que se pode amplificar.
O yiddish é unha das linguas empregadas polo pobo xudeu. A súa orixe non está clara pero crese que saíu da fusión entre dialectos hebreos e linguas xermánicas. O yiddish, ao revés que o hebreo, foi amplamente usado pola poboación xudía asquenací para a vida diaria (o hebreo era reservado para a liturxia).
Indicación Xeográfica Protexida
A Indicación Xeográfica Protexida (IXP) é un nome empregado para designar un produto agrícola, alimenticio ou doutro tipo, que posúe unha orixe xeográfica determinada e cuxa calidade ou reputación débese ao devandito lugar de orixe. Habitualmente, consiste no nome da localidade, rexión ou país de orixe de tales produtos. Debido a que as calidades do produto proveñen do medio xeográfico no que se elaboran, a indicación xeográfica supón un viorto entre o produto e o lugar de orixe.
O castelán mexicano é un conxunto de variedades da lingua castelá ou español falado en México e nalgunhas partes dos Estados Unidos e do Canadá. Tamén salienta o dialecto do castelán propio da península do Iucatán, coñecido como castelán iucateco. México posúe o maior número de falantes de castelán, chegando a superar o dobre de falantes que existe en calquera país do mundo.
Os maorís son un grupo indíxena polinesio de Nova Zelandia. A palabra maorí significa normal ou ordinario na lingua maorí, aínda que hoxe moitos maorís prefiran darse o nome de tangata whenua, literalmente, o pobo da terra. Chegaron a Nova Zelandia das illas do leste de Polinesia en ondas sucesivas nalgún momento antes do ano 1300.
Un foguete espacial é unha máquina que, utilizando un motor de combustión, produce a enerxía cinética necesaria para a expansión dos gases, que son lanzados a través dun tubo propulsor (chamada propulsión por reacción). Por extensión, o vehículo, xeralmente espacial, que presenta motor de propulsión deste tipo é denominado foguete ou mísil. Normalmente, o seu obxectivo é enviar artefactos (especialmente satélites artificiais e sondas espaciais) ou espazonaves e seres humanos ao espazo.
Academia de Ciencias de Francia
A Academia de Ciencias de Francia (en francés, Académie des sciences) é a institución francesa que: «Anima e protexe o espírito da investigación, e contribúe ao progreso das ciencias e as súas aplicacións». Creada en 1666, durante o reinado de [Lois XIV baixo o patrocinio do seu primeiro ministro Jean-Baptiste Colbert, contou inicialmente con científicos como René Descartes, considerado o pai da filosofía, Blaise Pascal e Pierre de Fermat. Trátase dunha das cinco academias francesas que constitúen o actual Instituto de Francia.
A cirurxía é a rama da medicina que manipula fisicamente as estruturas do corpo con fins diagnósticos, preventivos ou curativos. Ambroise Paré, cirurxián francés do século XVI atribúelle cinco funcións: Eliminar o superfluo Restaurar o que se escordou Separar o que se uniu Reunir o que se dividiu, e Reparar os defectos da natureza.Desde que o ser humano fabrica e manexa ferramentas empregou o seu enxeño tamén no desenvolvemento de técnicas cirúrxicas cada vez máis sofisticadas. Pero até a revolución industrial non se vencerían os tres principais obstáculos cos que se encontrou esta especialidade médica desde os seus inicios: a hemorraxia, a dor e a infección.
Indonesia, oficialmente República de Indonesia (en indonesio: Republik Indonesia), é un extenso país insular localizado entre o sueste asiático e Oceanía e entre os océanos Índico e Pacífico, ocupando boa parte do territorio do maior arquipélago do mundo, de 17.508 illas, as illas da Sonda, e máis a metade occidental da illa de Nova Guinea, posuíndo un total dun 267 millóns de habitantes, convertendo a Indonesia no cuarto país máis poboado do mundo. Con 1 905 569 km², Indonesia é o décimo sexto país do mundo por superficie e a súa densidade de poboación de 134 hab/km² sitúao no 88 no mundo. Indonesia é unha república, cun poder lexislativo e un presidente escolleitos por sufraxio e o goberno ten a súa sede central na cidade de Iacarta, a capital.
Unha festa é un rito social mediante o cal as persoas marcan certo acontecemento derivado polo xeral dun motivo concreto ou especial, como un aniversario ou unha voda; non obstante, sobre todo na cultural occidental, non se considera imprescíndibel a existencia dun motivo definido, puidéndose xa que logo levar a cabo a festa coma un simple acto ocioso de xuntanza. Asé mesmo, o carácter festivo tamén engloba os festexos ou celebracións polulares, que segundo o tipo reciben o nome de foliadas ou romarías; tamén neste grupo de carácter folclórico entran as feiras. Como rito que é, a festa segue uns patróns, que adoitan incluír bailes, música e dispensación de comida e bebida.
Andrei Dmitrievich Sakharov (en ruso: Андре́й Дми́триевич Са́харов), nado en Moscova o 21 de maio de 1921 e finado na mesma cidade o 14 de decembro de 1989, foi un eminte físico nuclear soviético, socialista e activista en favor dos dereitos humanos e as liberdades. Foi galardoado co Premio Nobel da Paz en 1975.
A exiptoloxía é o estudo do Antigo Exipto e das antigüidades exipcias. A exiptoloxía estuda a lingua, historia, relixión, arte e economía da cultura exipcia antiga desde o V milenio a. C. até o fin do goberno romano no século IV. O descoñecemento desta cultura fomentou no pasado un culto a supostos coñecementos ocultos e máxicos que caen dentro do terreo do esotérico.
Fabiola Gianotti, nada en Roma o 29 de outubro de 1960, é unha física de partículas italiana e a primeira muller en ser a directora xeral do CERN de Xenebra. O seu mandato comezou o 1 de xaneiro de 2016 e ten unha duración de cinco anos. Na 195ª sesión, o Consello do CERN escolleu a Fabiola Gianotti como a próxima Directora Xeral da Organización para unha segunda sesión de mandato.
A lingua indonesia (Bahasa Indonesia) é a lingua oficial de Indonesia. É un dialecto estandarizado da lingua malaia que foi oficialmente definida coa declaración da independencia de Indonesia en 1945, aínda que tódolos xeitos permanecen co seu carácter similar. En orixe era unha lingua sen falantes nativos, hoxe unha parte da xente nova das cidades adoptouna a expensas das súas linguas nativas como a lingua xavanesa, a lingua sundanesa etc.
Un milímetro de mercurio (símbolo mmHg) ou torricelli (símbolo Torr, así denominada na honra de Evangelista Torricelli), é unha unidade de presión. O milímetro de mercurio defínese como a presión exercida na base dunha columna dun milímetro de mercurio, que ten unha densidade de 13,5951 g/cm3, baixo a acción da gravidade estándar (9,80665 m/s2), é dicir, 133,322 387 415 Pa, mentres que o torr equivale a 1/760 da presión atmosférica estándar, é dicir, 133,322 368 421... Pa (os decimais son periódicos).
A Universidade de Toquio (en xaponés: 東京大学, Tōkyō daigaku), abreviado como Todai (東大, Tōdai) ou UTokyo, é unha universidade pública situada en Bunkyō, Toquio, no Xapón. Establecida en 1877, a universidade foi a primeira Universidade Imperial e está recoñecida polo goberno xaponés como Universidade de Tipo Superior do Proxecto Universitario Top Global.UTokyo ten dez facultades, quince escolas de posgrao e matricula uns 30 000 estudantes, uns 4200 dos cales son estudantes internacionais. En particular, o número de estudantes internacionais financiados con fondos privados, que representan máis do 80%, aumentou 1,75 veces entre 2010 e 2020, e a universidade céntrase en apoiar os estudantes internacionais.
Rijksbureau voor Kunsthistorische Documentatie
Rijksbureau voor Kunsthistorische Documentatie (RKD; literalmente, Instituto Neerlandés para a Historia da Arte) é o centro de historia da arte máis grande do mundo e está situado na Haia. O centro está especializado en documentación, arquivos e libros sobre a historia da arte en Occidente a partir da Idade Media até o presente. Todo o seu contido está aberto ó público e a maioría están dixitalizados e dispoñible na súa páxina web.
O corvo mariño cristado (Gulosus aristotelis, ata hai pouco chamado Phalacrocorax aristotelis) é unha ave mariña presente nas costas rochosas do oeste e sur de Europa, no suroeste de Asia e no norte de África. Normalmente é unha especie sedentaria nas súas zonas de cría, aínda que os exemplares norteños son migratorios. O corvo mariño cristado é a principal e máis estendida especie europea da familia Suliformes.
A dedución ou razoamento dedutivo foi descrito por primeira vez por filósofos da Antiga Grecia, en especial Aristóteles. Opostamente ao razoamento indutivo no cal se formulan leis a partir de feitos observados, o razoamento dedutivo infire eses mesmos feitos baseándose na lei xeral. En lóxica, a dedución é unha modalidade de razoamento no cal a verdade das premisas non converte en verdadeira a conclusión, senón que a conclusión dun razoamento dedutivo só é probable.
Ex libris é unha locución latina que significa literalmente "de entre os libros", é dicir, libro procedente de entre os libros dunha biblioteca pública ou privada. Un ex libris é unha marca de propiedade que normalmente consiste nunha estampa, etiqueta ou selo que adoita colocarse no reverso da cuberta ou tapa dun libro, e que contén o nome do dono do exemplar ou da biblioteca propietaria. O nome do posuidor vai precedido usualmente da expresión latina ex libris (ou tamén frecuentemente ex bibliotheca, ou e-libris, por exemplo Ex libris Edward N. Crane), aínda que existen variantes (p.
A frecuencia cardíaca é o número de latexos do corazón ou pulsacións por unidade de tempo. A súa medición realízase baixo determinadas condicións (en repouso ou en actividade) e está expresa en batimentos por minuto (bpm). A medición do pulso pode facerse en diferentes puntos do corpo, sendo o máis común o pulso, o pescozo (sobre a carótide) ou o peito.
Para o artigo da illa, vexa Día, Grecia.Un día (do latín: dies) é o lapso de tempo que transcorre na Terra desde que o Sol está no punto máis alto sobre o horizonte ata que volve estalo. A duración aproximada do día son 24 horas, divididas, tradicionalmente, en tempo de luz (tamén chamado "día") e período escuridade (chamado "noite"). Non é unha unidade do SI, pero acéptase o seu uso con el.
Segundo a Unión Europea un medicamento orfo é aquel que cumpre os requisitos: Que se destine a establecer un diagnóstico, previr ou tratar unha enfermidade que afecte a menos de cinco persoas por cada dez mil na Unión Europea. Que se destine ó tratamento dunha enfermidade grave ou que produza incapacidades e cunha comercialización que resulte pouco probable (non comercial) sen medidas de estímulo.Os medicamentos orfos son medicamentos non desenvolvidos amplamente pola industria farmacéutica por razóns financeiras, xa que van destinados a un reducido grupo de doentes, e que, non obstante responden a necesidades de saúde pública. Foi nos Estados Unidos onde por primeira vez se desenvolveu unha lei, a Orphan Drug Act do 1983, facendo que o status de orfo permita subvencións para o desenvolvemento destes produtos, así como outras medidas de apoio, ata a súa aprobación comercial.
A ciencia ficción (do inglés science fiction) ou ficción científica é un xénero literario e cinematográfico baseado nos efectos de hipotéticos avances científicos e tecnolóxicos, presentes ou futuros, sobre a sociedade ou os individuos. A expresión science fiction utilizouna por primeira vez en 1851 un escritor inglés chamado William Wilson no seu libro A Little Earnest Book upon a Great Old Subject, pero o termo non se xeneralizou coa súa acepción actual ata que Hugo Gernsback o incorporou en 1926 á portada da revista estadounidense de narrativa especulativa Amazing Stories (logo de facer un intento previo co termo scientifiction, que non chegou a callar). Ata esa data as narracións que hoxe día non dubidamos en cualificar de ficción científica recibían diversos nomes: viaxes fantásticas, relatos de mundos perdidos, utopías, novelas científicas.
O Museo Raíña Sofía, oficialmente Museo Nacional Centro de Arte Raíña Sofía (en castelán: Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, MNCARS), é o principal museo español de arte do século XX e contemporánea, situado en Madrid. Inaugurouse o 10 de setembro de 1992, a partir dos procedentes do extinto Museo Español de Arte Contemporánea. É un organismo autónomo dependente do Ministerio de Cultura.
A República da China (en chinés tradicional: 中華民國; pinyin: ZhongHuá MínGuó; Wade-Giles: Chung Hua Min Kuo), coñecida polo xeral como Taiwán (en chinés tradicional: 臺灣 ou 台灣; chinés simplificado: 台湾; (mandarín) pinyin: Táiwān; Wade-Giles: T'ai-wan; Taiwanés: Tâi-oân), é un territorio asiático formado por un arquipélago do que a Illa de Taiwán (tamén chamada Formosa) é a máis importante. A República da China deixou de ser membro das Nacións Unidas cando os países membros decidiron que o fose a República Popular da China. Taiwán é recoñecido como a República da China por 14 países.
Tribunal Supremo dos Estados Unidos de América
O Tribunal Supremo dos Estados Unidos (en inglés, Supreme Court of the United States), é o tribunal máis alto existente nos Estados Unidos de América. Como tal, o Tribunal é a cabeza do Poder Xudicial dos Estados Unidos. O Tribunal está formado por un Xuíz Presidente (Chief Justice) e oito Xuíces Asociados (Associate Justices), que son nomeados polo presidente dos Estados Unidos e confirmados co "consello e consentimento" do Senado dos Estados Unidos.
A Wikipedia en tailandés (en tailandés: วิกิพีเดียภาษาไทย) é a edición da enciclopedia libre Wikipedia en lingua tailandesa. Foi creada o 25 de decembro de 2003. En xaneiro de 2021, a Wikipedia en tailandés é a edición de Wikipedia máis visitada en Tailandia e Laos.Esta versión da enciclopedia contén 161.079 artigos e 465.511 usuarios, dos cales 1.200 son activos.
Unha revista científica e un medio de comunicación escrito no que os investigadores e científicos poden publicar periodicamente os seus traballos e investigacións, xunto co desenvolvemento das mesmas, para dalas a coñecer ó resto da xente e a outros científicos. Estes artigos publicados teñen unha gran diversidade de temas, pero sempre referentes a aspectos científicos. Antes de ser publicados, tódolos artigos pasan un control e revisión dun panel de expertos que determinan se reúne uns mínimos de calidade e validez científica, e deciden se o artigo se publica ou non.
A Free Software Foundation (FSF) -Fundación polo Software Libre- é unha organización sen ánimo de lucro fundada por Richard Stallman para apoiar o movemento polo software libre (free significa neste caso libre e non necesariamente gratis, a outra acepción que a palabra ten en inglés) e, en particular o proxecto GNU. Desde a súa fundación até mediados da década de 1990, os fondos da FSF destináronse principalmente a pagar a programadores para que escribisen software libre. A partir de mediados ou finais da década de 1990 existen xa moitas compañías e autores individuais que escriben software libre, de xeito que os empregados e voluntarios da FSF traballan fundamentalmente en asuntos legais e estruturais en beneficio da comunidade do software libre.
Illa inaccesible é un volcán extinguido (activo por última vez fai seis millóns de anos) co pico Cairn alcanzando 449 m. A illa ten 14 km² de superficie, no Océano Atlántico Sur a 45 km ao suroeste de Tristan da Cunha. Forma parte do arquipélago de Tristán dá Cunha, que é parte do territorio de ultramar do Reino Unido coñecido como Santa Helena, Ascensión e Tristan da Cunha.
O Eurocopter EC725 Caracal (no presente Airbus Helicopters H225M) é un helicóptero de transporte táctico de longo alcance desenvolvido a partir do Eurocopter AS532 Cougar para uso militar. É un aparello de dous motores que pode levar ata 29 soldados xunto con dous tripulantes, dependendo da configuración. O helicóptero está comercializado para transporte de tropas, evacuación de vítimas e tarefas de busca e rescate, e é semellante ao EC225 civil.
A polgada (en inglés inch) é unha unidade de lonxitude que foi, con distintos valores, case universal, e que agora se utiliza aínda e principalmente en países anglosaxóns (Estados Unidos, Gran Bretaña etc.). En case todos os demais países utilízase o metro como medida de lonxitude (os países mencionados están en proceso de transición). Orixinalmente a polgada foi unha unidade de lonxitude antropométrica que equivalía ao ancho da primeira falanxe do polgar, e máis especificamente á súa falanxe distal.[Cómpre referencia] Foi utilizada en moitos países, con diferentes equivalencias (moi probablemente dependendo da anchura da falanxe do gobernante que fixou a medida ou, máis ben, do tamaño desa falanxe que quería ter o gobernante para que os súbditos o tivesen por alguén moi grande).[Cómpre referencia] Pero tras a introdución do sistema métrico decimal no século XIX, foise abandonando en case todo o planeta, salvo nos países da angloesfera (aínda que tamén neles estase empezando a adoptar o Sistema Internacional de Unidades).
O Apollo Theater (Apollo Theatre) da rúa West 125th, entre Adam Clayton Powell Jr. Boulevard e Frederick Douglass Boulevard no barrio de Harlem en Manhattan, Nova York é unha sala de música que é coñecida polos seus artista afroamericanos. Foi o fogar do Showtime at the Apollo, un programa de televisión, emitido entre 1987 e 2008, que amosaba novos talentos.
Baviera (en alemán Bayern e en bávaro Boarn) ou, na súa designación oficial, Estado Libre da Baviera (Freistaat Bayern dende que deixou de ser un reino en novembro de 1918), é o meirande en superficie dos 16 estados federais (Länder) da Alemaña. Localizado no extremo sueste do país, ten unha área de 70 553 km² e 12 millóns de habitantes que cultivan as tradicións coma en ningunha outra parte de Alemaña. A súa capital é Múnic.
A orde Mononegavirales é unha orde de virus da clasificación do Comité Internacional de Taxonomía de Virus. Os seus membros chámanse mononegavirus. A orde comprende numerosos virus relacionados, os máis coñecidos dos cales son: virus Ebola, virus respiratorio sincicial humano, virus do sarampelo, virus das papeiras, virus Nipah, e virus da rabia.
Un pobo é unha pluralidade de persoas consideradas en conxunto, como un grupo étnico ou como unha nación. Colectivamente, por exemplo, os xudeus moitas veces chámanse "o pobo xudeu", os xitanos europeos constitúen a maior parte do "pobo romaní", e os árabes de Palestina gañaron o apelativo de "pobo palestino". Pero, por outra banda, tamén se fala de "pobo estadounidense" ou "pobo francés" como os respectivos corpos de cidadáns, que son a orixe e razón de ser da república, sen ningunha connotación de tipo étnico.
Nadia María Calviño Santamaría, nada na Coruña o 3 de outubro de 1968, é unha economista galega que desempeñou varios cargos na administración pública de España e da Unión Europea e, desde o 7 de xuño de 2018, foi a Ministra de Economía e Empresa de España. En xaneiro de 2020 foi nomeada Ministra de Asuntos Económicos e Transformación Dixital. É filla do ex-director de TVE José María Calviño.