Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
A provincia é unha división territorial de España, de acordo coa Constitución española. En España hai 50 provincias, que, xunto coas cidades autónomas de Ceuta e Melilla e algunhas posesións insulares menores -que non están suxeitas á división provincial por depender directamente da administración central-, comprenden a totalidade do territorio español.
Qatar (/ˈkætɑːr/,) (en árabe: قطر), oficialmente o Estado de Qatar (en árabe: دولة قطر, Dawlat Qatar) é un país soberano localizado no oeste de Asia, ocupando a pequena Península de Qatar na costa noroeste da Península Arábiga. Ten fronteira terrestre con Arabia Saudita no sur, co resto do seu territorio rodeado polo Golfo Pérsico. Un estreito no Golfo Pérsico separa Qatar do seu veciño Bahrain, tamén compartindo fronteiras marítimas cos Emiratos Árabes Unidos e Irán.
Andorra, oficialmente Principado de Andorra (en catalán: Principat d'Andorra), é un estado soberano sen saída ao mar, situado nos Pireneos entre España e Francia, limitando coa comunidade autónoma de Cataluña ao sur e cos departamentos franceses de Pireneos Orientais e Ariège ao norte. O Principado de Andorra é o sexto país máis pequeno de Europa cunha superficie de 468 km² e unha poboación estimada de 88.815 habitantes en 2009.. A súa capital é Andorra la Vella e a súa lingua oficial o catalán, aínda que tamén se falan de xeito común o castelán, o francés e o portugués.
Muamar Abu Miniar al-Qadafi, nado en Sirte o 7 de xuño de 1942 e morto na mesma localidade o 20 de outubro de 2011, foi o xefe de Estado de Libia dende 1969 até 2011. En calidade de presidente do consello da revolución, nacionalizou a industria do petróleo e converteuse no primeiro representante da Unión do Magreb Árabe. Nas décadas de 1970 e 1980 apoiou diversos grupos islámicos de liberación nacional no Terceiro Mundo.
Os vertebrados (Vertebrata) ("os que teñen vértebras"), son un subfilo moi diverso de cordados que comprende aos animais con espiña dorsal ou columna vertebral composta de vértebras. Inclúe case 62 000 especies actuais e moitas máis fósiles. Aínda que procedentes do medio dulciacuícola, os vertebrados conseguiron evolucionar no mar e pasar, posteriormente, ao medio terrestre, onde dominan na actualidade logrando colonizar e adaptarse a diferentes ambientes, incluídos os máis difíciles e inhóspitos.
O humor negro é un tipo de humor que se exerce a propósito de cousas que suscitarían, contempladas dende outra perspectiva, piedade, terror, mágoa ou emocións similares. Cuestiona situacións sociais que xeralmente son serias mediante a sátira. O asunto máis recorrente no humor negro é a morte e todo o que está relacionado con ela.
O Burning Man (home que arde) é un festival estadounidense de carácter anual de seis días de duración que se desenvolve na cidade de Black Rock, en Nevada. Conclúe xusto no Día do Traballo, que no devandito país é no mes de setembro. Os organizadores do festival descríbeno como un experimento en comunidade, de autoexpresión e autosuficiencia radical.
Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda
O Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda foi un estado que existiu entre o 1 de xaneiro de 1801 e o 12 de abril de 1927 nas Illas Británicas formado pola fusión do Reino de Gran Bretaña e o Reino de Irlanda coa sinatura da Lei de Unión de 1800. Despois da independencia de Irlanda, o 6 de decembro de 1922, cando o Tratado Angloirlandés de 1921 entrou en vigor, o nome oficial continuou en uso ata que foi cambiado polo de Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte mediante a Lei de Títulos Reais e Parlamentarios de 1927. A parte da illa de Irlanda que se separou do Reino Unido da Gran Bretaña e Irlanda en 1922 hoxe constitúe a República de Irlanda.
Lydia Lunch, nada como Lydia Anne Koch o 2 de xuño de 1959 é unha cantante, poeta, actriz e escritora estadounidense. A súa carreira xurdiu da escena no wave de Nova York nos anos 70, principalmente como a cantante e guitarrista da banda Teenage Jesus and the Jerks. O seu traballo normalmente presenta unha provocativa e conflitiva música noise, e mantén unha ética anti-comercial, operando independentemente de grandes selos e distribuidores.
Wolfram Alpha é un motor computacional desenvolvido por Wolfram Research. Wolfram é un servizo en liña que atopa respostas concretas baseadas en cálculos numéricos e información gardada en bases de datos, non en páxinas web ou documentos ligados. Wolfram Alpha baséase na plataforma computacional Mathematica, escrita polo científico británico Stephen Wolfram en 1988.
O canto é a emisión controlada de sons do aparello fonador (voz), seguindo unha composición musical. O canto ten un rol importante dentro da música porque é o único medio musical que pode integrar texto á liña musical. O intérprete denomínase cantante, e para certos xéneros musicais cantor e cantaor.
Real Orden del Mérito Deportivo
O Real Orden del Mérito Deportivo (en galego: Real Orde do Mérito Deportivo) é un dos máximos galardóns que se pode outorgar dentro do deporte español.
A escola de Frankfurt foi unha corrente académica de mediados do século XX que abrangueu as investigacións de varios sociólogos, psicólogos, economistas e filósofos neo-marxistas asociados ao Instituto de Investigacións Sociais da Universidade de Frankfurt. O proxecto do Instituto consistía en renovar a teoría marxista da época, incidindo sobre todo no desenvolvemento interdisciplinario e na reflexión filosófica sobre a práctica científica. Para esta tarefa conseguiu concitar os esforzos de estudosos de diferentes ámbitos.
O No Wave Cinema ou New Cinema foi unha eclosión de cinema underground producida no barrio neoiorquino de Lower East Side entre os anos 1976 e 1985 e que foi protagonizado polo colectivo Colab (Collaborative Projects). O movemento inspirábase no Punk e na No Wave fixándose sobre todo nas texturas e nos ambientes cinematográficos. A pesar da súa brevidade, este movemento tivo unha significante influencia nos filmes underground posteriores, en concreto no Cinema of Transgression (Beth B, Richard Kern, Nick Zedd, Tessa Hughes Freeland entre outros) e na nova xeración de cineastas independentes de Nova York (Jim Jarmusch, Tom DiCillo, Steve Buscemi e Vincent Gallo), así como no movemento Remodernist film.
Joan Miró, nado en Barcelona o 20 de abril de 1893 e finado en Palma o 25 de decembro de 1983, foi un pintor, escultor e ceramista catalán, un dos máximos representantes do surrealismo. Na súa obra reflectiu o seu interese no subconsciente, no infantil e no seu país. Nun principio mostrou fortes influencias fauvistas, cubistas e expresionistas, pasando a unha pintura plana con certo aire naïf, como o é o seu coñecido cadro La masia do ano 1920.
Educación obrigatoria, escolarización obrigatoria, escolarización compulsiva, estudos obrigatorios ou ensino obrigatorio son os nomes que reciben os distintos ciclos de educación, ensino ou estudos que de forma obrigatoria debe cursar un neno ou xove e cuxo currículo, duración, obxectivos, contidos, procedementos e metodoloxía varían en función do sistema educativo de cada país e época.
Satoshi Kon (今 敏, Kon Satoshi) nado o 12 de outubro de 1963 e finado o 24 de agosto de 2010 foi un director de cine, animador, guionista e artista manga xaponés. Orixinario de Sapporo, era membro de Asociación de creadores de animación xaponesa. Graduouse no departamento de deseño gráfico da Universidade de Arte de Musashino.
Inuyama (犬山市, いぬやまし, Inuyama-shi) é un concello da prefectura de Aichi no Xapón. Está situado na parte Tōkai da rexión de Chūbu, e ó noroeste da prefectura, na zona da provincia histórica de Owari, no centro da illa de Honshū. A súa superficie é de 74,97 km² e a poboación de 75.559 habitantes (2009) e ten unha densidade de poboación de 1.010 h/km².
Charles Frederick Kiraly, nado en Jackson (Míchigan) o 13 de novembro de 1960 é un xogador de voleibol estadounidense nas modalidades de sala e praia, coñecido como Karch Kiraly. Participou en tres Xogos Olímpicos, obtendo en cada edición unha medalla de ouro: nos Ánxeles 1984 e Seúl 1988 en voleibol e en Atlanta 1996 en volei praia. Tamén gañou unha medalla de ouro no Campionato Mundial de Voleibol de 1986 e unha medalla de bronce no Campionato Mundial de Volei Praia 1997.
Adam Bernard Mickiewicz, nado en Zavosse o 24 de decembro de 1798 e finado en Constantinopla o 26 de novembro de 1855, foi un poeta e nacionalista polaco cuxa obra marca o comezo do Romanticismo no seu país. Coñéceselle sobre todo como o autor do poema dramático Dziady e a epopea nacional Pan Tadeusz, a cal é considerada a último gran epopea da nobreza polaco-lituana. Hai un gran debate sobre a nacionalidade do poeta.
O Billboard Hot 100 é un gran conteo dos 100 sinxelos máis populares e vendidos nos Estados Unidos, axuda a promover a industria musical nacional e internacional, e defínese como a máis importante das listas de Billboard xunto co Billboard 200. A publicación desta lista é semanal a través da revista Billboard, e tamén a través de Internet na súa páxina oficial. A primeira canción en chegar ao número un da Billboard Hot 100 foi "Poor Little Fool" de Ricky Nelson en 1958.[Cómpre referencia]No ano 2008 a revista Billboard realizou a lista Billboard Hot 100 All-Time Artists, cos artistas máis exitosos, e situou a The Beatles e Madonna nos 2 primeiros postos.
Premio Princesa de Asturias das Letras
O Premio Princesa de Asturias das Letras (até 2014, se denominou Premio Príncipe de Asturias das Letras) é concedido desde 1981, á persoa, grupo de persoas ou institución cuxo labor creador ou de investigación represente unha contribución relevante á cultura universal nos campos da Literatura ou da Lingüística.
Tōkyō Goddofāzāzu (東京ゴッドファーザーズ) é un filme animado xaponés de 2003 escrito e dirixido por Satoshi Kon. É o terceiro filme dirixido por Kon, e o segundo que Kon escribiu e dirixiu. Ao contrario que os outros dous, Tōkyō Goddofāzāzu está protagonizado polas voces de Toru Emori, Yoshiaki Umegaki e Aya Okamoto.
O topónimo Boavista pode referirse a: En Galicia Boavista, lugar da parroquia de Dormeá, no concello de Boimorto; Boavista, lugar da parroquia de San Miguel de Coence, no concello de Palas de Rei; A Boavista, lugar da parroquia de Albeos, no concello de Crecente; A Boavista, lugar da parroquia de Ferreiros, no concello do Pino;En Portugal Boavista, lugar da freguesía de Torno, no concello de Lousada; Boavista, barrio da cidade de Lisboa, da freguesía de Benfica; Boavista, barrio da cidade de Porto, da freguesía de Ramalde; Boavista Futebol Clube, club deportivo de dito barrio; Circuíto de Boavista, circuíto de carreiras urbano de automobilismo.En Mozambique Boavista, localidade da provincia de Manica.
Unha sala de cinema, cinema ou cine é un edificio que contén un auditorio para ver filmes. Moitas salas de cinema son negocios para o público xeral, que asiste pagando unha entrada. Con todo, algunhas salas de cinema están operadas por organizacións que non perseguen beneficios ou sociedades nas que os membros pagan unha cota para ver filmes.
O dólar internacional é unha unidade monetaria hipotética que ten o mesmo poder adquisitivo que o dólar estadounidense ten nos Estados Unidos nun momento dado . Esta unidade mostra canto vale unha unidade dunha moeda local dentro das fronteiras do país. As conversións a dólares internacionais calcúlanse utilizando a "paridade de poder adquisitivo" (PPA).
KulturNav é un servizo dixital de almacenamento en nube orixinario de Noruega. O seu principal fin é que os seus usuarios poidan utilizar dita plataforma para crear e administrar un sistema de control de autoridades focalizado nas necesidades de museos e centros culturais. O proxecto foi creado e é dirixido polo Consello das Artes de Noruega.
As Illas do Canal (ou Illas Anglo-normandas), (Channel Islands, en inglés; Îles Anglo-normandes, en francés), son un grupo de illas situadas ao longo da costa francesa, no Golfo de Saint-Malo, que antigamente formaron parte do Ducado de Normandía. Pertencen á Coroa Británica dende que Filipe Augusto confiscara os territorios franceses do rei de Inglaterra Xoán sen Terra. Xuridicamente non constitúen un territorio, senón que están divididas en dúas bailías (bailiwicks): Guernsey e Jersey.
Kussar ou Kussara é unha cidade hitita da Antigüidade, cuxos reis fundaron o primeiro gran reino anatolio na Idade de Bronce. A localización de Kussar está suxeita a debate, xa que aínda non se atopou a localización da cidade. Hai un certo acordo xeral de situala en Anatolia central, en pleno país hitita, cara o sur do río Kizil Irmak, pero se cadra estivo situada máis ao leste, na rexión da actual Divrigi.
Reunión (en francés La Réunion) é un departamento francés no Océano Índico, localizado ao leste de Madagascar. A illa principal é unha das dúas maiores illas Mascareñas, sendo o seu veciño máis próximo a outra: Mauricio. Reunión ten, ademais, varias dependencias, espalladas en torno de Madagascar, no Índico e na Canle de Mozambique.
Sobre a orixe das especies por medio da selección natural, publicada o 24 de novembro de 1859, é unha obra do naturalista británico Charles Robert Darwin . O seu enorme éxito de vendas permitiu sacar ata seis edicións corrixidas e aumentadas en vida do seu autor. O seu título completo desde a 1ª á 5ª edición británica foi: Sobre a orixe das especies por medio da selección natural, ou a conservación das razas favorecidas na loita pola vida (tradución de «On the Origin of Species by Means of Natural Selection, or the Preservation of Favoured Races in the Struggle for Life»).
O termo espiritualidade (do latín spiritus, espírito), depende da doutrina, escola filosófica ou ideoloxía que a trate, así como do contexto en que se empregue.Nun sentido amplo, significa a condición espiritual. Hai autores que o consideran unha dimensión máis da persoa, como a dimensión biolóxica ou social. Referido a unha persoa, é a disposición principalmente moral, psíquica ou cultural, que posúe quen tende a investigar e desenvolver as características do seu espírito.
O conto da criada (en inglés: The Handmaid's Tale) é unha novela distópica da autora canadense Margaret Atwood, publicada orixinalmente en 1985. Está ambientado nun futuro achegado, en Nova Inglaterra, nun estado relixioso totalitario que derrocou o goberno dos Estados Unidos. A novela céntrase na historia da criada Offred.
O dominio de primeiro nivel (en inglés Top Level Domain TLD) é un dos compoñentes dun enderezo de internet, estes van separados por puntos, así por exemplo: gl.wikipedia.org, e precisamente o último é o que se denomina dominio de primeiro nivel, ou TLD. Por exemplo, no nome de dominio "gl.wikipedia.org", "org" é o TLD, ou dominio de primeiro nivel. O sistema de nomes de dominio en internet transforma os nomes de dominio en enderezos IP numéricos, permitindo así referirse a sitios web e outros recursos mediante nomes doados de lembrar en vez dos enderezos IP numéricos, como 207.142.131.245, que identifican cada ordenador. Este Sistema de Servidores de Nomes de Dominio (DNS, de Domain Name Server) constitúe unha xerarquía en forma de árbore: Cada TLD (p.ex.
Aletta Henriëtte Jacobs, nada o 9 de febreiro de 1854 en Sappemeer e finada o 10 de agosto de 1929, foi unha doutora neerlandesa e activista a prol do dereito das mulleres ao voto. Nacida na aldea de Sappemeer (Holanda), contribuíu a avances en diversos campos como a medicina, o sufraxio das mulleres e a loita polas clases máis desfavorecidas. Ademais dos logros acadados na súa traxectoria, está considerada a primeira muller que cursou estudos universitarios en Holanda, e a primeira muller en obter o título de doutora en medicina nos Países Baixos.
Paris Whitney Hilton, nada en Nova York o 17 de febreiro de 1981, é unha personalidade dos medios estadounidense, muller de negocios, membro da alta sociedade, modelo, cantante, actriz, deseñadora de moda e DJ. Hilton é bisneta de Conrad Hilton, fundador dos Hoteis Hilton, e criouse entre Nova York e Beverly Hills. Comezou unha carreira como modelo na adolescencia, cando asinou coa axencia de modelos neoiorquina Trump Model Management. A súa imaxe pública nocturna convertérona nunha habitual do xornalismo sensacionalista, e Hilton foi declarada a "It Girl líder de Nova York" en 2001.
Museo de Nova Zelandia Te Papa Tongarewa
O Museo de Nova Zelandia Te Papa Tongarewa, máis coñecido como Te Papa, é un museo nacional de Nova Zelandia que se atopa na cidade de Wellington. Trátase dun museo que mantén unha proposta de integración e traballo multidisciplinar.
As Illas Marianas do Norte, ou Marianas Setentrionais, oficialmente a Commonwealth of the Northern Mariana Islands (CNMI; chamorro: Sankattan Siha Na Islas Mariånas; Modelo:Lang-cal), é un estado libre asociado e un territorio non incorporado dos Estados Unidos formada por 14 illas no noroeste do Océano Pacífico. O CNMI inclúe as 14 illas máis setentrionais do Arquipélago das Marianas, a illa máis ao sur, Guam, é un territorio separado dos Estados Unidos. O Departamento do Interior dos Estados Unidos cita unha masa terrestre de 1 835 millas cadradas (4 752,63 km2).
Deep Wound foi unha banda estadounidense de hardcore punk formada en 1982 en Westfield, Massachusetts. O grupo só publicou un 7" autotitulado e colaborou con dúas cancións no álbum recompilatorio Bands That Could Be God, pezas que son buscadas por coleccionistas e fans no presente. Deep Wound influenciou a escena hardcore de Massachusetts e o desenvolvemento do grindcore.
A palabra forma pode referirse a: ArteForma musical, en música clásica, a forma, en sentido xenérico, designa unha estrutura ou unha tradición de escritura, que permite inscribir a obra na historia da evolución da creación musical. Forma, un dos elementos da arte.BioloxíaForma, categoría taxonómica que constitúe unha subdivisión xeralmente por debaixo da variedade ou da «raza».MatemáticasForma, figura espacial dos corpos. Forma canónica de Jordan, ou forma normal de Jordan, é un termo matemático empregado en álxebra lineal.
Non confundir co condado de Orange, Nova York.O Condado de Orange (en inglés Orange County) é un dos 58 condados de California. Fundouse en 1889 e conta cunha poboación de 3 046 876 habitantes (2008), o que fai del o 2º condado máis poboado de California e o 5º dos Estados Unidos. Sitúase ó sur dos Ánxeles e ó norte de San Diego.
O dianteiro ou dianteira é unha posición de liña no fútbol, os xogadores que realizan este labor colócanse en posicións de ataque, próximos á portería rival e son no decurso dun partido os principais responsables de marcar os goles do seu equipo. As formacións modernas empregan entre un e tres dianteiros, pero o máis común é que haxa dous. Os adestradores adoitan colocar a un no medio campo (dianteiro centro), enfrontado á portería rival, mentres o outro (ou os outros) se coloca atrás deste ou nos laterais do campo (extremo esquerdo ou dereito), na procura de dar pases de gol ao outro dianteiro.
Luísa Villalta Gómez, nada na Coruña, na rúa Vila de Laxe, o 15 de xullo de 1957 e finada na mesma cidade o 6 de marzo de 2004, foi unha escritora, filóloga e violinista galega. Escribiu poesía, teatro, narrativa de ficción, ensaio, articulismo e tradución. O colectivo A Sega acordou dedicarlle o Día das Galegas nas Letras do ano 2022, esta plataforma terá dito: "celebrámoste desde a complexidade da épica ao publicismo, deste ti, desde o teu pensar, lúcida e comprometida, sempre na construción dun pobo".
Lista de programas de Televisión Española
Esta lista inclúe programas emitidos pola Televisión Española, desde a súa creación en 1956.
Thomas Geoffrey Wilkinson, nado en Leeds, Inglaterra, o 12 de decembro de 1948, é un actor. Foi nomeado dúas veces aos Premios Óscar polos seus papeis en In the Bedroom (2001) e Michael Clayton (2007). En 2009, gañou o Globo de Ouro e Premio Primetime Emmy ao mellor actor secundario nunha miniserie ou filme por interpretar a Benjamin Franklin en John Adams.
Un intercomunicador é un sistema de comunicación electrónico autónomo que permite falar de xeito limitado ou con carácter privado. Os intercomunicadores poden ser sistemas móbiles pero polo xeral fíxanse permanentemente en edificios ou vehículos. Os intercomunicadores poden incorporar conexións a walkie-talkie, teléfonos ou móbiles ou a sinais de luces ou teclas.
Os shatuo eran unha tribo turca semi-nómade orixinaria da Asia interior, migrada á China durante a dinastía Tang do século VIII. Ao redor do colapso dos Tang no 907 e presionados por conflitos co pobo uigur e co pobo tibetano desplazáronse á Chaira central onde comezaron cun lento proceso de sinización e desde onde comezaron a influenciar de xeito notábel a política chinesa de finais do século IX e mais o seguinte, ata fundar tres curtas dinastías: a dinastía Tang posterior, a dinastía Jin posterior e a dinastía Han posterior.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2020
As eleccións ao Parlamento de Galicia de 2020 celebráronse o 12 de xullo de 2020 para elixir os 75 membros da 11ª lexislatura do Parlamento da comunidade autónoma de Galicia. As eleccións celebráronse de xeito simultáneo coas eleccións ao Parlamento do País Vasco. A comezos de febreiro de 2020, a posibilidade dun adianto electoral no País Vasco para o 5 de abril xerou especulacións sobre se o Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, estaría disposto a adiantar as eleccións galegas para celebralas conxuntamente coas vascas, como ocorrera nos comicios de 2009, 2012 e 2016, malia as afirmacións anteriores de Feijóo de que a súa vontade non era a dun final prematuro da lexislatura.
Sobradelo, Vilagarcía de Arousa
San Salvador de Sobradelo é unha parroquia que se localiza no concello de Vilagarcía de Arousa. Segundo o padrón municipal de 2016 tiña 3 412 habitantes (1 738 mulleres e 1 674 homes), distribuídos en 18 entidades de poboación, o que supón un descenso respecto ós anos 2010, cando tiña 3 569 habitantes, e 2005, cando eran 3 612.
Unha canle ou canal en enxeñaría é unha vía artificial feita polo ser humano para o paso de auga ou outros líquidos. Utilízanse para o transporte de mercadorías, coñecidas co nome de canles de navegación, entre lagos, ríos ou océanos, mediante barcos, pero tamén para a condución de auga, tanto para a subministración como para o desecamento. Os canais interiores precederon ao desenvolvemento do ferrocarril durante a Revolución Industrial e algúns deles foron posteriormente secados e empregados como pasos libres para construír vías férreas.
Nadia María Calviño Santamaría, nada na Coruña o 3 de outubro de 1968, é unha economista galega que desempeñou varios cargos na administración pública de España e da Unión Europea e, desde o 7 de xuño de 2018, foi a Ministra de Economía e Empresa de España. En xaneiro de 2020 foi nomeada Ministra de Asuntos Económicos e Transformación Dixital. É filla do ex-director de TVE José María Calviño.
Love Actually é unha comedia romántica escrita e dirixida por Richard Curtis que foi estreada no 2003. O filme, que entrelaza unha serie de historias divertidas co amor como punto común, supuxo o debut do exitoso guionista cinematográfico inglés Richard Curtis e reuniu a un elenco composto maioritariamente de actores británicos. A estrea de Love Actually en Inglaterra tivo lugar no Leicester Square en Londres o 16 de novembro de 2003.
Marçal Moliné, nado en Barcelona en 1936 é un publicista catalán. Estudou xornalismo e foi un dos membros fundadores da axencia MMLB, xunto con Eddy Bosten, Joaquín Lorente e Miguel Montfort. Traballou nas axencias Clarín, Carvis, Támden DDB e Bassat Ogilvy, e foi xurado en tres edicións do Festival de Cannes.